FONÉTICA E FONOLOXÍA TEORÍA Ferro Couselo

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

Dpto. de Lingua Galega e Literatura. IES Ferro Couselo. 2º BAC.

Fonética e Fonoloxía

FONÉTICA E FONOLOXÍA

A fonoloxía estuda os fonemas e a súa función distintiva e a fonética estuda a realización dos sons, é
dicir, a maneira en que se pronuncia un son, que é a materialización física do fonema.

Os fonemas transcríbense entre barras /m/. Os sons transcríbense entre corchetes [m]. Diferenciamos
entre fonemas vocálicos e consonánticos.

Fonema vocálico : pode formar sílaba só e o aire sae pola boca sen ningún obstáculo.
Fonema consonántico : non pode formar sílaba só e o aire atopa obstáculos ao saír.

Non sempre hai correspondencia total entre fonema e grafía:

 un fonema pode corresponder a varias grafías: /b/: b e v


 unha grafía pode corresponder a varios fonemas: /k/ casa, /Ө / cea.

FONEMA GRAFÍAS
/b/ b/v
/K/ C(a,e,o), qu (e, i) ,k
/g/ g (a,o,u), gu(e,i)
/Ɵ/ C (e,i), z (a,o,u)
xesta exame
/ ᶴ/
ch
/tᶴ/
/ λ/ ll
/r/ / ṟ/ rr-r carro, roda - caro
Ñ uña
/ᶮ/
Nh unha
/ ᶯ/
Ningún fonema h

O SISTEMA VOCÁLICO

Os fonemas vocálicos son todos sonoros e o aire non atopa ningún obstáculo. O sistema vocálico do
galego está formado por sete fonemas que se clasifican segundo estes criterios:

 Grao de abertura da cavidade bucal


 Punto de articulación: determina o lugar onde se atopa a lingua respecto do padal no
momento da pronuncia.

1
Dpto. de Lingua Galega e Literatura. IES Ferro Couselo. 2º BAC. Fonética e Fonoloxía

En xeral, podemos afirmar que aparecen:

Vogalsemiaberta /ɛ/

 O e procedente dun ĕ (e breve tónico latino): ferro, tempo.


 O e procedente dun æ: caelum- ceo
 O e trabado por –l: felgo
 Palabras acabadas en –el e os seusplurais: papel, papeis.
 O e dos ditongos crecentes: ciencia
 O e trabado por consoante oclusiva: recto
 O e dos sufixos –ela, enza,-estre: orela, pertenza, silvestre.
 Palabras rematadas en –encio, -encia: silencio, prudencia.
 O e tónico de palabra esdrúxula: médico
 O e tónico de palabra grave rematada en ditongo crecente: criterio
 O nome das letras: ese, eme
 O e conxunción copulativa
 No tema de perfecto de verbos irregulares con e como vogal temática: viñera, tivesen
 Na raíz dos verbos semirregulares da CII e CIII nas P2, P·3 e P6 do presente de Indicativo:
bebes, serve (agás ler, crer e deber)

Vogalsemipechada/e/

 Palabras acabadas en –eo :feo, alleo. Excepto veo, cheminea


 O e dos ditongosdecrecentes: eira
 O e seguido de consoante palatal: frecha
 O e dos sufixos –és/-esa, -edo, -enza, -ello/-ella: lugués/luguesa, penedo, nobreza e cortello.
(nas palabras revés e vello non é sufixo)
 Os sufixos –echo/-a,- eño/-eña, -ete/-eta/-eto, -exo/exa: gordecho, empeño, alfinete,
desexo (nas palabras como sete oupreto non é sufixo)
 Todos os infinitivos rematados en –er: deber
 Os infinitivos en –ear: cear
 Nomes de letras: be, ce, de…
 O e dos demostrativos: este
 No tema de perfecto de verbos regulares con e como vogal temática: comestes
 O e tónico da maior parte dos verbos CII (excepto os vistos en /ɛ/): bebo

Vogalsemiaberta /ɔ/

 Cando vén de ŏ breve tónico latino: corvo, roda


 Palabras acabadas en –ol e os seusplurais: caracol.
 o trabado por consoante oclusiva: dogma
 o dos sufixos –oco, -oide, -ote, -olo: paifoco, androide, machote, rapazolo.
 Palabras rematadas en –oz e os seusplurais: voz, voces.
 o tónico de palabras esdrúxulas: código.
 o tónico de palabras graves rematadas en ditongo crecente: ocio
 o de só.
 Na raíz dos verbos semirregulares da CII e CIII nas P2, P3 e P6 do presente de Indicativo:
comes, foxe, soben.

2
Dpto. de Lingua Galega e Literatura. IES Ferro Couselo. 2º BAC. Fonética e Fonoloxía

Vogalsemipechada /o/

 O o dos ditongos decrecentes: ouro


 O o seguido de consoante palatal: focha
 Nos sufixos: -oso-a, -oño-a, -on-a, -ollo: curioso, risoño, papón, ferrollo
 Infinitivo pór e derivados.
 Os nomes acabados en –ón e –or: acción, dor.
 As formas do tema de perfecto dos verbos ser e ir: fostes.
 o tónico dos verbos da CII (excepto os vistos en /ɔ/) : como, coman

OS PARES MÍNIMOS. Palabras que se diferencian na abertura da vogal.

ɛ e
Bésta (arma) Besta (bruto)
Pé (extremidade) Pe (letra)
Pegada (substantivo) Pegada (verbo pegar)
Pega (obstáculo) Pega (ave)
Pelo (verbo pelar) Pelo (substantivo)
Pesca (substantivo) Pesca (sverbo pescar)
Présa (rapidez) Presa (detida)
Rego (verbo regar) Rego (substantivo)
Sé (substantivo) Se (verbo)

ɔ o
Bóla (esfera) Bola (pan)
Bota (calzado) Bota (verbo botar)
Corda (cabo) Corda (asisada)
Mollo (feixe) Mollo (verbo mollar)
Ola (saúdo) Ola (recipiente)
Rodo (verbo rodar) Rodo (utensilio)
Toco (verbo tocar) Toco (maneto)
Tomo (verbo tomar) Tomo (volume)

FENÓMENOS DE VACILACIÓN VOCÁLICA. Algúns fenómenos orais que afectan ó vocalismo:

Vocalismo tónico

 Metafonía, que consiste na cerrazón ou abertura das vogais medias tónicas por influencia dun
fonema /o/ ou /a/ ao final da palabra : medo /mɛ do/ /medo/, ela /ela/, /ɛla/
 Influxo dunha nasal, a presenza dunha nasal trabando unha vogal media aberta pode pechar: dente
/dɛ nte/ dente/

Vocalismo átono

Fenómenos de adición

 Prótese, que consiste en engadir unha vogal ó principio da palabra: abidueiro, arradio,
arremedar (por bidueiro, radio, remedar).
 Epéntese, ou intercalación dun iode entre dúas vogais que forman hiato: a iauga, a ialma,
comeraio (por a auga, a alma, comerao).

3
Dpto. de Lingua Galega e Literatura. IES Ferro Couselo. 2º BAC. Fonética e Fonoloxía

 Paragoxe de -e, ou aparición dunha vogal ó final da palabra: mullere, nose, fácile,
corazonhe(por muller, nós, fácil, corazón)

Fenómenos de supresión

 Aférese, ou perda dunha vogal ó principio da palabra: inda, topar (por aínda, atopar).
 Sincopa, ou perda da vogal no medio da palabra: espranza, vran, pra (por esperanza, verán,
para).
 Apócope, suprimir un ou varios fonemas, xeralmente vocálicos, ao final de palabra: quer
(quere)

OUTROS fenómenos de vacilación vocálica

 Asimilación ou harmonización vocálica: consiste na influenza da vogal tónica sobre outra


veciña: pedir, +pidir.
 Disimilación:cando un fonema inflúe sobre outro diferenciándoo: ministro, +menistro
 Labialización: alteración dun e cando vai en contacto con consoante labial que pasa a realizarse
como /o/: somana( semana).

O SISTEMA CONSONÁNTICO

A característica dos fonemas consonánticos é que nalgún punto da cavidade bucal se obstaculiza o paso
do aire. Os criterios de clasificación son:

 Punto de articulación: determina o lugar onde se produce o obstáculo.


 Modo de articulación: canto dura a obstrucción e como se vence.
 Vibración das cordasvocais:xordasou sonoras.

O sistema consonántico do galego estándar está formado por dezanove fonemas:

As consoantes na cadea falada sofren diferentes fenómenos fonéticos:

 Metátase: consiste no desprazamento do fonema /r/: *catredal, *freba, *probe

4
Dpto. de Lingua Galega e Literatura. IES Ferro Couselo. 2º BAC. Fonética e Fonoloxía

 Seseo:consiste na realización da fricativa interdental xorda como unha fricativa alveolar xorda
/s/. Diferenciamos entre seseo explosivo (principio de sílaba, sapato) e seseo implosivo (final
sílaba, des)

 Gheada, fenómeno dialectal consistente na evolución de /g/cara a unha pronuncia aspirada /h/,
maioritariamente farinxal. Estas pronuncias aspiradas están documentadas desde finais do
século XVIII. Son maioritarias na lingua oral-popular de todo o galego coruñés e pontevedrés, así
como do occidente de Ourense e Lugo, e tamén na zona ancaresa (exterior).
Non hai interferencias estruturais castelán-galegas. É un fenómeno interno xerado dende o
galego, a partir da evolución de /g/ en posición fraca. A explicación da gheada hai que buscala
no sistema fonético (e fonolóxico) da lingua galega.

Para representar a pronuncia con gheada utilízase o dígrafo –gh-: ghato, amigho,...

 Rotacismo, é o cambio da fricativa interdental xorda ou de /s/ por /r/ ante consoante sonora:
rotacirmo (por rotacismo), or domingos (por os domingos).

You might also like