Filosofía Tema 2 PDF

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 10

Filosofía

TEMA 2
En q consiste o coñecemento
Podemos de nir “coñecer” como o acto polo cal un suxeito aprehende un obxecto. E
diremos que un suxeito aprehende un obxecto cando o “representa”. Si o representa tal
como o obxecto é, o suxeito ten un coñecemento verdadeiro do obxecto; cando non o
representa tal como é, o suxeito ten un coñecemento falso do obxecto

O coñecemento humano
A preocupación por comprender mellor os procesos e modos de coñecemento humano
están presentes desde as orixes da Filosofía e foron abordados por Platón e Aristóteles,
pero os séculos XVII e XVIII foron os máis importantes para o desenvolvemento desta
disciplina, , polo que adoita seren considerados os séculos da epistemoloxía, Descartes,
Locke e Hume serán os autores mais destacados neste eido. Na actualidade a
Gnoseoloxía forma parte dun conxunto de disciplinas denominadas Teoría da Mente.
A Teoría do Coñecemento pretende responder algunhas das seguintes cuestións: cales
son as estruturas e ferramentas básicas do coñecemento humano? O coñecemento
depende da experiencia, da razón ou de ambas e en que medida o fai? Cales son os
criterios de verdade que nos permiten garantir a validez dos nosos coñecementos? Que
distingue unha opinión dun razoamento? Ten límites o coñecemento?

Grados e ferramentas do coñecer


Cando, por exemplo, debuxamos un gato nunha cuartilla de papel, non nos detemos a
pensar nas experiencias previas que xeron posible o debuxo e, con todo, só é posible
debuxar un gato porque ternos visto, non só un, senón varios gatos e puidemos recordar
por iso as súas características esenciais. Foi necesario para iso pór en xogo non só os
nosos sentidos senón a nosa capacidade de forxarnos unha imaxe mental diso que os
nosos sentidos nos envían.
De feito, e en rigor, non só é un proceso de representación o feito de crear unha
reprodución tanxible dun obxecto (como un debuxo), senón que xa o proceso mesmo de
forxar unha imaxe mental ou unha idea son tamén representacións, posto que son
"copias" máis ou menos eis
O coñecemento é un acto ou operación que pon en relación dous polos:
A) O Suxeito
O suxeito realiza o acto do coñecemento captando o que se lle enfronta, interiorizándoo,
é dicir, transforma unha realidade transcendente, isto é externa e oposta ao propio
suxeito, mediante unha operación que variará segundo o nivel de coñecemento que se
pretenda, nunha realidade inmanente. A calidade fundamental do suxeito do
coñecemento é a conciencia ou facultade pola que o suxeito coñece a súa existencia, as
súas calidades e os seus actos. A conciencia é o recoñecemento, tanto de realidades
exteriores ao suxeito, coma de realidades interiores, como cambios no propio eu; é o
elemento uni cador do eu e fai posible o acto de coñecemento. Neste sentido podemos
dicir que non existe verdadeiro coñecemento se non tomamos conciencia de que
coñecemos.
fi
fi
fi
fi
B) O obxecto
É toda realidade que pode ser, ou é de feito, termo da acción cognoscitiva do suxeito.
Neste sentido pode ser "obxecto" calquera cousa sobre a que recaia a acción do
coñecemento, incluído o propio acto de coñecemento, ao se volver obxecto de re exión.
En resumo, podemos dicir que o acto de coñecemento é produto do suxeito e ten como
fundamento o obxecto sobre o que recae e ao cal dota de sentido.
Esta correlación suxeito-obxecto condúcenos a dúas preguntas sobre o coñecemento:
1.- Como se leva a cabo este acto de coñecemento?
2.- A conciencia ou suxeito é unicamente receptiva respecto ao obxecto ou realiza
algunha actividade en relación con este?
As repostas a estas cuestións foron modi cándose ao longo da historia da Filosofía. A
Filosofía da antigüidade clásica era "realista", isto é, admitía que o noso coñecemento
estaba enteiramente provocado polos obxectos externos á conciencia; o suxeito era a
ese respecto pasivo e o obxecto determinaba o proceso cognoscitivo. Toda a Filosofía
moderna e contemporánea parte do feito de que o coñecemento é unha representación
e, como tal, é produto da actividade do suxeito aínda que aquilo ao que se dirixe esta
actividade sexa o obxecto.

Posturas losó cas sobre o coñecemento


Na actividade cognoscitiva cabe diferenciar, polo tanto, dous polos: o suxeito,
protagonista da acción de coñecer, e o obxecto, aquilo sobre o cal recae a acción de
coñecer, aquilo que resulta aprehendido ou recoñecido. En función do papel que deamos
a cada un destes elementos no acto de coñecer, teremos dúas grandes correntes
epistemolóxicas que están presentes ó longo da historia da losofía:

O Realismo e o Idealismo.
O realismo defende que a realidade, é dicir, o obxecto do coñecemento, existe por si
mesma, con independencia do suxeito cognoscente. O suxeito só se limita a captar ou
coñecer a realidade, pero non a altera nin a modi ca. Polo tanto, para o realismo
podemos coñecer as cousas en si mesmas, tal e como son. Dentro desta corrente do
realismo podemos distinguir, sen embargo, posturas diferenciadas polo papel do
entendemento no proceso cognoscitivo.

- O realismo inxenuo que as cousas son tal e como as percibimos. O entendemento


limítase a re exar o que percibimos dun modo pasivo, coma se fora un espello. Dáse
nos primeiros presocráticos: Tales, Heráclito, etc.
- O realismo exaxerado. Platón, as cousas serian meras copias que nos permiten
“recordar” as ideas que as representan.
- O realismo moderado (ou natural) distingue entre o obxecto e a percepción do
mesmo. O pensamento (suxeito) representa a realidade (obxecto) e hai unha
fi
fl
fi
fi
fi
fi
fl
correspondencia entre ambos. Isto quere dicir que séguese considerando que a
representación (idea) é un re exo el – esencia - do representado (obxecto). O
coñecemento comeza polos sentidos, pero logo hai que ir mais alá dos datos, cara a
esencia das cousas, mediante un proceso de abstracción, polo tanto o entendemento
xoga un papel máis activo.nesta representación da realidade. Practicamente esta é a
postura mantida por todos os lósofos dende Aristóteles ata o Renacemento.
- O realismo crítico, representado fundamentalmente polo empirismo moderno (Locke
e Hume), por exemplo, as cores non existen na natureza, en realidade son unha
elaboración da nosa mente a partires da radiación electromagnética das cousas nunha
determinada lonxitude de onda. Como vemos o entendemento xa non se limita a
re exar o que percibimos, senón que “representa e elabora” a realidade a partires dos
datos que nos aportan os sentidos. Esta posición, xunto co racionalismo, xa estaría a
cabalo entre o realismo moderado e o idealismo transcendental kantiano que veremos
de seguido.

O idealismo. Pensamento medieval era profundamente obxectivista e realista: o home é


un ser volto cara un mundo de cuxa realidade era imposible dubidar. A partires do século
XVII, co Racionalismo, ábrese paso o subxectivismo: o home é un ser volto cara si
mesmo, que non coñece directamente mais que o seu pensamento. As cousas só son
coñecidas nas ideas, non directamente en si mesmas. Por iso é posible dubidar da súa
existencia. A realidade do mundo xa non é evidente: debe ser deducida. (por suposto a
non evidencia refírese á evidencia cientí ca). O racionalismo cartesiano é o que abre o
camiño cara o idealismo epistemolóxico, onde o suxeito xa non re exa a realidade, senón
que a “construe”.
O Idealismo parte de considerar que a realidade non existe independentemente do
suxeito que a coñece. Na postura mais radical, o idealismo cuetiona a existencia do
mundo exterior e redúceo a representacións mentais que facemos del. As cousas so
existen na medida en que son “pensadas”. Non hai obxectos independentes do suxeito
que os coñece, senón que todo obxecto é obxecto – para – un – suxeito. No proceso de
coñecer é o suxeito o que ten relevancia: o suxeito do coñecemento é quen “constrúe” a
realidade que coñece. Os principais representantes desta corrente son Kant (s. XVIII),
Schelling, Fichte e Hegel (s. XIX).

O Idealismo transcendental Kantiano. Segundo Kant, no coñecemento humano temos


que distinguir dous tipos de condicións: empíricas e transcedentais.
- As condicións empíricas proceden da experiencia, son os datos que nos aportan os
nosos sentidos.
- As condicións transcendentais son previas á experiencia, e son as estructuras que
utiliza o entendemento para organizar os datos da experiencia e “construír” o noso
coñecemento das cousas.
Sen as condicións transcendentais ou a priori non poderíamos organizar a experiencia
como coñecemento obxectivo, pero tampouco poderíamos coñecer sen os datos da
sensibilidade (experiencia). Hai algo recibido da experiencia (do obxecto) e algo posto
polo suxeito no acto de coñecer.
fl
fl
fi
fi
fi
fl
Con esta tese Kant deu un xiro copernicano na epistemoloxía ó darlle unha volta radical á
relación entre os dous polos do coñecemento: suxeito e obxecto. No idealismo
transcendental
O suxeito xa non é un mero receptor pasivo dos datos da experiencia (como facía o
empirismo), senón que “constrúe o obxecto mediante as estruturas transcendentais. A
realidade será polo tanto unha síntese entre as condicións do noso entendemento e os
datos que nos aporta a o mundo físico.
O Idealismo absoluto está representado por Hegel, que identi ca ser e pensar dun xeito
radical.

combinación dos planos subxectivo e obxectivo da lugar a tres graos de coñecemento:


opinión, crenza e saber.
A opinión é un estado de coñecemento no que o suxeito considera algo como verdadeiro
en ter seguridade del: Obxectivamente non atopa ningunha xusti cación que poida
comunicar ósdemais que poida ser aceptada como válida. Subxectivamente non se
atreve a a rmar a súa verdade, xa que non está plenamente convencido dela.
Crenza: estado de coñecemento no que o suxeito está convencido de que o que pensa é
verdade, pero non aporta unha xusti cación que poida ser aceptada por todos. A
seguridade é só subxectiva, o que creemos non ten unha xusti cación obxectiva
su ciente.
O saber é unha opinión fundamentada subxectiva e obxectivamente. O suxeito está, polo
tanto, convencido dela e ademais ten razóns para convencer obxectivamente ós demais.

Posibilidades do coñecemento
Algunhas das posturas respecto ó coñecemento son as seguintes:
fi
fi
fi
fi
fi
fi
- O dogmatismo. Actitude gnoseolóxica segundo a cal aceptase todo coñecemento ou
a rmación da razón sen ningún tipo de análise previo dos límites ou validez de dito
coñecemento. Para o dogmatismo resulta comprensible que o suxeito, a conciencia
cognoscente, aprehenda o obxecto. Esta actitude fundaméntase na con anza absoluta
na razón humana. O dogmatismo supón certa, sen ningún xénero de dubida, a relación
entre o suxeito e o obxecto. Kant acusou ós racionalistas de dogmáticos por crer na
posibilidade da metafísica sen determinar con antelación as posibilidades da razón.
- O escepticismo. Postura gnoseolóxica segundo a cal nada pode ser coñecido, non hai
ningún saber rme nin seguro. É, como podemos observar, a postura totalmente
oposta ó dogmatismo; pásase dunha con anza absoluta nas posibilidades do noso
coñecemento a non aceptar ningunha posibilidade de coñecemento. O escepticismo
apareceu no século III a. C da mán de Pirrón de Elis.
- O subxectivismo e o relativismo. O escepticismo sostén que non hai verdade algunha.
O subxectivismo e o relativismo non son tan radicais. Con eles afírmase a existencia
dunha verdade, aínda que esta ten unha validez limitada, non hai verdades
universalmente válidas. Así, para o subxectivismo a verdade depende do suxeito que
coñece e xuzga. Este pode ser tanto suxeito individual, coma o suxeito xeral ou o
xénero humano. poderíamos dicir que só existe “ a nosa” verdade. Non existen
obxectos independentes da conciencia, senón que todos os obxectos son
enxendrados nela, produtos do pensamento. Un dos primeiros representantes do
subxectivismo foi Protágoras (Va.C), para quen “ o home é a medida de todas as
cousas”
- O relativismo, que se asemella ó escepticismo losó co, tampouco admite ningunha
verdade absoluta que teña validez universal, pero mentras o subxectivismo fai
depender o coñecemento humano de factores que residen no suxeito cognoscente, o
relativismo subliña a dependencia de factores externos: a cultura, tradicións, etc. Os
primeiros relativistas foron os So stas (s. VI a.C) que consideraban que non hai unha
verdade universal, xa que toda verde é tal en función do contexto socio-cultural no que
se desenvolve.
- O pragmatismo. Teoría ética e gnoseolóxica segundo a cal o valor das ideas ou das
normas depende dos resultados prácticos, é dicir, da súa utilidade ou éxito. Para o
pragmatismo o home non é un ser esencialmente especulativo e pensante, senón un
ser práctico, e dende este punto de vista o valor do coñecemento virá determinado
pola súa utilidade. A rma, polo tanto, que non existen verdade absolutas e necesarias
senón simples postulados que explican e ordenan a nosa experiencia. Algúns dos
representantes do pragmatismo son: C. S. Peirce, W.James e John Dewey, todos eles
de nais do s. XIX e principios do XX.
- O Criticismo. Existe unha terceira postura intermedia entre o dogmatismo e o
escepticismo. Ó igual que o dogmatismo, o criticismo admite unha con anza
fundamental na razón humana, pero non dunha maneira inxenua ou acrítica, senón que
para evitar caer nesta postura o criticismo propón unha análise do limite das nosas
capacidades racionais ou ben contrastar criticamente os nosos coñecementos coa
realidade. O primeiro tipo re re o criticismo kantiano (XVIII) que suxire unha crítica da
razón para atopar hasta onde podemos coñecer. O segundo é propio do racionalismo
crítico (XX) e mantén que todo saber é falible, é dicir, que poder ser falsado, e por iso
debe ser posto a proba. Os seus principais representantes don Karl Popper e H. Albert.
- Perspectivismo. Teoría de José Ortega y Gasset (s.XX) segundo a cal cada ser humano
ten unha perspectiva irrepetible sobre a realidade. Cada persoa vive nunhas
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
fi
circunstancias históricas, económicas,
culturais e políticas peculiares. Iso fai
que teña unha visión particular sobre a
vida e a verdade: “ A realidade, coma a
paisaxe, ten in nitas perspectivas, todas
elas igualmente verídicas e auténticas. A
soa perspectiva falsa é a que pretende
ser única”. Só xuntando todas as
perspectivas teríamos a verdade
absoluta.
Que é a verdade?
Cales son os criterios a partires dos
cales podemos dicir que algo é
verdade? Cal é o valor da verdade? Hai
verdades absolutas ? Podemos, dende
unha visión psicoloxista, empezar por
considerar a verdade como un estado da
mente respecto da certeza dos nosos
coñecementos, e dende esta perspectiva falaríamos de tres estados:

- Ignorancia: estado da mente no que se descoñece totalmente o contido dun xuízo.


- Dúbida: estado subxectivo de incerteza entre un enunciado e o seu contrario. Non se
a rma nin se nega a verdade dun xuízo, porque as razóns a favor ou en contra teñen
unha forza semellante.
- Certeza: estado no que a mente acepta algo como verdade indubidable con absoluta
seguridade. Non admite a posibilidade de erro.

6.1 CRITERIOS DE VERDADE


Cando queremos discernir o que é verdadeiro do que é falso debemos recorrer a un
criterio que nos guíe.
- A autoridade. Dende este criterio, unha a rmación é aceptada como verdadeira cando
procede de alguén que se considera coñecedor ou experto nunha materia. Por
exemplo, non dubidamos do diagnóstico dun médico en base ó coñecemento que ten
da mediciña. A cosmoloxía aristotélica mantívose vixente ata o Renacemento pola
autoridade e prestixio do Estagirita.
- A tradición. Tómase como verdadeiro aquilo que tradicionalmente así se considera e
ninguén cuestiona. Unha das maiores di cultades para o avance da ciencia foi sempre
o peso da tradición a hora de postular unha nova teoría. Temos un claro exemplo nos
atrancos que tivo a teoría heliocéntrica de Copérnico para impoñerse a un modelo – o
xeocéntrico- que viña sendo aceptado dende que fora proposto por Ptolomeo no
século II d.C.
fi
fi
fi
fi
- A correspondencia ou adecuación. Un enunciado será verdadeiro se o que dí se
corresponde co que observamos. É o criterio propio das ciencias naturais, onde unha
teoría será aceptada como verdadeira na medida en que sexa contrastada
empíricamente.
- A coherencia lóxica. Este é un criterio lóxico-matemático, que consiste en comprobar
que non existe contradición entre os enunciados ou teoremas que pertencen a un
mesmo sistema e que estes se derivan necesariamente dos axiomas do mesmo. É un
criterio propio das ciencias formais: lóxica e matemáticas. Ex.: Un enunciado da
xeometría será certo na medida en que non entra en contradición con outros
enunciados da mesma ou cos axiomas de Euclides.
- A evidencia. Este criterio non exclúe a verdade como coherencia ou contradición,
senón que o complementa. É o criterio exposto por Descartes, para quen só son
verdadeiras aquelas proposicións que non conteñan a mais mínima dúbida, é dicir que
se presenten á nosa mente de forma clara e distinta. Aquilo que se lle presenta á nosa
razón como intuitivamente evidente. ex.: os axiomas da lóxica ( Principio de
identidade, A = A ).
- A utilidade. Un enunciado será verdadeiro cando nos é útil ou convinte. Este criterio
dáse fundamentalmente nas ciencias éticas e políticas.

Os criterios de verdade levan aparellada unha teoría da verdade que os fundamenta.


Algúns dos mais signi cativos son os seguintes:
Teoría da verdade como correspondencia ou adecuación.
Esta teoría proporciónanos a estrutura básica da verdade e que está na base das demais
teorías. Na súa metafísica Aristóteles escribe: “ a verdade é dicir do que é que é, e do
que non é que non é.....di a verdade quen xulga que o separado está separado e que o
unido está unido”. A verdade enténdese, polo tanto, como a correspondencia ou
adecuación entre un xuízo sobre un obxecto e o que ese obxecto é ou a súa
representación.
Esta mesma interpretación é a que fai a Filosofía Escolástica na Idade Media. Tomás de
Aquino dirá que “verdade é a adecuación entre o entendemento e as cousas” . A
adecuación dáse no xuízo. O xuízo consiste en a rmar ou negar un concepto de outro. O
mar é azul é un xuízo no que o predicado a rma ou nega algo do suxeito. Se a a rmación
ou a negación está conforme coa realidade e verdadeira, no caso contrario sería falsa.
Por iso a verdade é unha propiedade do xuízo, non das cousas.
Esta teoría da verdade caracterízase polos seguintes trazos:
1. Hai unha realidade obxectiva externa ó pensamento.
2. A verdade consiste na concordancia pensamento-realidade.
3. O coñecemento racional é a representación da realidade.
- A verdade como coherencia. Esta teoría foi formulada por primeira vez por Hegel (1770-
1831) non pon como criterio de verdade a adecuación á realidade, senón a coherencia –
non contradición - entre o conxunto de proposicións dun sistema. Nada é verdadeiro ou
falso illadamente, senón que cada un dos nosos coñecementos está esencialmente
referido e conectado co resto do sistema de coñecementos no que se integra. Só así
cobra sentido a verdade, pois “ a verdade é un todo” como dicía Hegel.
fi
fi
fi
fi
Como xa vimos, trátase dunha teoría da verdade cuxo criterio é válido para as ciencias
formais: lóxica e matemáticas.
- A verdade como evidencia. Descartes (1596-1650) introduce un novo concepto de
verdade: a verdade como evidencia. A razón ten dous modos de coñecer, a intuición e a
dedución. A intuición é o coñecemento directo da mente pura e atenta, tan claro e tan
distinto que é absolutamente imposible dubidar del. A verdadexa non consiste, polo
tanto, na adecuación do pensamento coa realidade, senón que é unhapropiedade dos
xuízos, e inmanente óentendemento. A dedución sería a ferramenta que a partir das ideas
que a intuición descobre como verdadeiras nos permite deducir ou “demostrar” o resto
dos coñecementos.
- Teoría pragmatista da verdade. A teoría pragmatista, desenvolta por J. Dewey (1859-
1952) e W. James (1842-1910), equipara a verdade coa utilidade. Partindo da función
práctica do coñecemento, o pragmatista reduce a verdade a esa función e estima que un
coñecemento é verdadeiro (adecuado) se nos permite actuar con éxito e falso se nos
conduce ó fracaso. ( un mapa de estradas é verdadeiro (adecuado) se nos orienta e nos
permite chegar ó noso destino, e falso no caso contrario).
No ámbito da ciencia empíricas, a verdade manifestase no éxito da experimentación. E
no ámbito das ciencias humanas, sobre todo ética e política, no éxito – bene cios na
convivencia – das ideas que lexitiman as normas.
Un dos problemas desta teoría é o carácter relativo do útil, que varía coas persoas, as
sociedades ou no tempo. Isto lévanos a unha verdade sempre cun carácter provisional.
Ademais, en aras do pragmatismo ou da utilidade pódense xusti car ideas tan
“maquiavélicas” coma : “ o n xusti ca os medios”, recurso utilizado en numerosas
ocasións ó longo da historia para lexitimar réximes totalitarios.
Tamén podemos argumentar que hai verdades inútiles e mentiras útiles.
- Teoría do consenso. A teoría do consenso como medio para acadar a verdade ten a súa
orixe en Sócrates e foi desenvolvida no século XX por Apel e Habermas. Destaca a
importancia do diálogo como o mellor dos procedementos para descubrir a verdade. De
un diálogo libre, limpo de coacción e de intereses, sen ignorancia de datos relevantes.
Quensosteñen esta teoría danseconta que piden unha situación ideal, moi difícil de
conseguir. Saben tamén que o consenso non é criterio de verdade, pois ó longo da
historia déronse consensos maioritarios radicalmente falsos: a escravitude, a
inferioridade da muller, a pena de morte, o racismo... Tampouco ignoran que, mais que
derivar a verdade do consenso, é o consenso o que deriva do común recoñecemento da
verdade. A súa principal aportación consiste en mostrar que a mellor forma de acceder á
verdade é aducir razóns propias, escoitar as alleas e dialogar con rigor e serenidade.
- A verdade como perspectiva. A realidade é tan ampla e complexa que é inabarcable
dende un só punto de vista. Isto supón que podemos vela dende diferentes puntos de
vista, e cada un deles é unha perspectiva única desa realidade. Dous dos lósofos mais
destacados desta teoría da verdade como perspectiva foron F. Nietzsche (1844- 1900) e
Ortega y Gasset (1883-1955).
O perspectivismo de Ortega y Gasset. É unha teoría a medio camiño entre o racionalismo
e o relativismo. Cada ser humano vive inmerso nunhas circunstancias que constitúen a
súa perspectiva vital e danlle unha visión particular da realidade. Di Ortega que “eu son
eu e a miña circunstancia” , para destacar que as circunstancias – culturais, sociais,
económicas, etc. – condicionan (non determinan ) a miña visión da realidade e o meu
modo de ser.
fi
fi
fi
fi
fi
A verdade consistirá en saber dar conta da realidade dende a perspectiva vital na que
vivimos e complementándoa coa dos demais. A verdade é algo que se alcanza
paulatinamente, a medida que se uni can as perspectivas.

fi

You might also like