Tema 6 - A ESTÉTICA Filosofía

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

tema 6: E S T É T I C A

Reflexión inicial: Escolle una película que che gustara e


intenta explicar por que? e unha persoa? e un cadro?

A estética trata de responder a preguntas como:


● ¿que entendemos por arte?,
● ¿en que consiste a beleza?,
● ¿que é a experiencia estética?,
● ¿como se establece se algo é ou non una obra de
arte?, ¿cal é a función da arte na sociedade?, etc.

Como tamén sucede na MORAL, a estética atópase coa


dificultade de delimitar o papel da SUBXECTIVIDADE e a
OBXECTIVIDADE á hora de efectuar xuízos de valor.

Postura OBXECTIVISTA: a beleza baséase nas cualidades


do obxecto, que son as que provocan unha reacción no
público.

Postura SUBXECTIVISTA: a fealdade ou a beleza están só


na mente do suxeito que percibe, e refírese ás emocións
que sente diante de certos obxectos.

Principais teorías estéticas


1. NATURALISMO ou REALISMO
2. FORMALISMO
3. EXPRESIONISMO
4. SIMBOLISMO

1. NATURALISMO ou REALISMO
● O produto artístico debe imitar a realidade, debe ser
coma un espello
● A beleza consiste en plasmar a realidade do modo
máis exacto
● Se non se representa ben o real, a obra é fea ou
dicimos que está mal feita
● É a forma máis antiga de entender a arte, e tamén a
máis estendida.
Lavabo y espejo - Antonio López - Historia Arte (HA!)

2. FORMALISMO
● O artístico vén definido pola forma e non polo contido.
● A arte non intenta representar o que vemos, a
realidade.
● Búscase a harmonía, a proporción e o equilibrio.
● A beleza xorde dos elementos formais da composición.
A fealdade é o caótico, o desordenado, o irracional.
● Kandiski, Modrian

3. EXPRESIONISMO
● A arte busca expresar emocións e sentimentos.
● A beleza está en conseguir expresar as contradicións
da natureza humana.
● Hai unha intención comunicativa.
● “O berro” de Munch
○ “buscaba estudar a alma, é dicir, a min mesmo”

4. O SIMBOLISMO
● A arte comunica ideas a través de símbolos.
● É necesario interpretar eses símbolos.
● A beleza reside na capacidade para transmitir un
significado.
● “A persistencia da memoria” de Salvador Dalí
○ o surrealismo intenta desvelar o inconsciente.

ACTIVIDADE
“O lago dos cisnes” de Tchaikovsky, representa o triunfo do

💜
ben (cisne branco) sobre o mal (cisne negro).
El lago de los cisnes
Compara o vídeo da obra de Tchaikovsky co da canción
“Chandelier”, da cantante australina Sia

Responde por escrito ás seguintes preguntas:


● En que teoría estética colocarías cada unha das obras
anteriores e por que.
● Interpreta o vídeo de Sia, explicando que cres que
intenta transmitir a artista.

You might also like