UD6 e UD7. Vocabulario para Repasar

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 2

UD6 e UD7-Mesopotamia e Exipto: Vocabulario

Politeístas- Esfinxe – momificación – persas – ladrillo- Uruk – privilexiados/as – troco


Sacerdotes – civilización – escravos/as – sumerios/as – faraón/oa – mastaba – escribas –
Sargón – funcionarios – escritura cuneiforme – Hammurabi – pirámide – campesiñado
Pilono – aristocracia – adobe – dinastía – zigurat – templo – hipoxeo – privilexiados

1. Corpo de traballadores que nas civilización fluviais se encargaban de administrar os territorios


do rei ou raíña:

2. Gran área das que forman parte persoas que teñen unha mesma forma de entender o mundo e
que comparten características (lingua, relixión, cultura):

3. Tipo de escritura desenvolta polo pobo sumerio e que se realizaba en táboas de barro
mediante imaxes chamadas pictogramas:

4. Cidade sumeria que estivo habitada hai cinco mil anos e que foi abandonada despois:

5. Pobo que construíu as primeiras cidades-estado independentes entre si:

6. Rei acadio que invadiu as cidades-estado sumerias e que fundou o imperio acadio:

7. Rei que gobernou a cidade de Babilonia, fundou o Imperio babilónico e dá nome a un código de
leis:

8. Pobo que invadiu Asiria e Caldea, o que significou a fin da civilización mesopotámica:

9. Grupo social que tiña todos os dereitos e posuía a maior parte das riquezas:

10. Grupo social encargado dos rituais relixiosos, que posuía terras e obradoiros de artesanía e
que colaboraba co goberno:

11. Persoal que sabía ler, escribir e contar e que controlaba a calidade dos produtos, anotando a
cantidade producida por cada traballador/a. Tiñan moito poder:

12. Poboación que carece de dereitos e que pertencía a outras persoas:

13. Grupo social formado polo rei, a familia real e a nobreza. Dispoñían de gran parte das terras e
ocupaban os cargos máis altos:

14. O pobo mesopotámico era , é dicir, cría na existencia de varios


deuses e deusas.
15. Os materiais que se empregaban para a construción eran o e os
.

16. Sede do goberno, dos tribunais de xustiza e das escolas:

17. Torres con escaleiras que podían ser observatorios astronómicos, lugares de culto ou centros
de adiviñación:

18. Rei que unificou o Baixo e o Alto Exipto, converténdose no primeiro faraón de Exipto:

19. Nome que tomaba o rei de Exipto, quen tiña un poder absoluto:

21. Sucesión de reis ou raíñas dunha mesma familia:

22. Ocupación á que se dedicaban 90% da poboación no Antigo Exipto:

23. Intercambio duns produtos por outros:

24. Estatuas con corpo de animal e cabeza humana situadas na longa avenida que levaba á porta
do templo no Antigo Exipto:

25. Groso muro a través do que se accedía ao templo no Antigo Exipto:

26. Método que evita que os cadáveres se descompoñan para conservar os corpos e permitir á
alma viaxar ao outro mundo:

27. Exemplo das tumbas máis antigas en Exipto, que tiñan unha cámara subterránea á que se
accedía por un pozo:

28. Tumba exipcia na que se enterraban os faraóns e faraoas e que tiña forma triangular. No
interior había unha cámara á que se accedía a través de rampas e pasadizos:

29. Tumba exipcia escavada no interior dunha montaña para ocultala:

You might also like