Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

BOLETÍN DO TEMA 5: PREHISTORIA

Nome e apelidos: Curso:

¡Benvidos ao fascinante mundo da Prehistoria! Ao longo desta unidade exploraremos os


momentos máis antigos da Historia da humanidade con actividades que buscan
profundizar no coñecemento na Prehistoria. Preparádevos para un emocionante
percorrido polo pasado!

O concepto de Prehistoria
Actividade 1. Que acontecemento separa a Prehistoria da Historia? Cando tivo lugar?
Por que che parece importante? Da dúas razóns polo menos e explicaas.

Actividade 2. Fai un eixo cronolóxico da Prehistoria coas súas principais etapas e feitos
importantes.

A evolución: Os Primeiros Homininos


Actividade 3. O proceso de hominización. Define que foi o proceso de hominización.

Actividade 4 – Diferenciando as especies de Homíninos: Fai unha taboa coas


diferentes especies de homínidos e as súas características.

Actividade 5 - Adaptacións dos Primeiros Homininos. Explica que características


facilitaron a supervivencia dos homíninos.

Actividade 6- Comparación entre Homo erectus e Homo sapiens: Completa un


cadro comparativo coas principais diferenzas entre Homo erectus e Homo sapiens.
Podes buscar en Internet ou axudarche dos vídeos do aula virtual.

O Paleolítico
Actividade 7 - Preguntas sobre o Paleolítico: Responde brevemente
- Que foi o Paleolítico?
- Onde vivían as persoas durante o Paleolítico?
- Por que as persoas se desprazaban dun sitio a outro no Paleolítico?
- Que é unha tribo? Como se repartían as tarefas nunha tribo?
- Enumera todas as aprendizaxes que adquiriron as persoas durante o Paleolítico:
- Explica cando comezou o Paleolítico e cando rematou:

Actividade 8 – Define os seguintes termos:


- Nómades:

- Paleolítico:

- Tribos:

- Recolleita:

Arte Rupestre e Innovacións do Paleolítico:


Actividade 9 - Significado das Pinturas Rupestres: Busca 3 exemplos de pinturas
rupestres e arte parietal. Especifica o seu nome, cronoloxía e ubicación.

Actividade 10 - Utilidade do Arte Prehistórico: Investiga en Internet cal pudo ser a


función destas pinturas.

A Revolución Neolítica:
Actividade 11 - Vantaxes e Desvantaxes: Enumera vantaxes e desvantaxes da vida
como cazador-recolector e agricultor en poucas palabras.

Actividade 12 - Mapa Conceptual do Neolítico. Fai un mapa conceptual no que


aparezan as consecuencias da revolución agrícola.
Descubrindo a Idade dos Metais:
Actividade 13 - Metais na Idade dos Metais: - Identifica os principais metais que
foron utilizados na Idade dos Metais.

Actividade 14 -Investiga o tempo dos metai: - Procura nos apuntes e Internet


exemplos sobre o arte megalítico. Tes que atopar o máis famoso do mundo e especificar
onde se atopa, cando foi feito e cal puido ser a súa utilidade (hai varias teorías).

Actividade 15 -A sociedade da Idade dos Metais: Fai un esquema onde especifiques


como se organizada a sociedade na Idade dos Metais.

You might also like