Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

O POETA QUE EMBELECE AO SER E AO ESTAR


DO MUNDO
CONTEXTO HISTÓRICO
Esta obra foi escrita no ano 1982 e escribiuna en Noia despois de volver de Colombia.
Estatua en Noia
BIOGRAFÍA
Xosé Antón Avilés de Taramancos naceu en Boa (Noia)
o 6 de abril de 1935 e morreu o 23 de marzo de 1992
na Coruña, foi un escritor galego e membro destacado
da chamada Xeración das Festas Minervais. En 2003
dedicáronselle o Día das Letras Galegas. É o pai do
cineasta Luis Avilés Baquero.

Fixo o bacharelato en Noia e aos 15 anos o seu primeiro


poema en galego na revista Tapal. Foise A Coruña para
facer estudos de náutica, alí fixo moitas amizades a
que máis destacou foi Urbano Lugrís González. No
tempo que estivo aquí colaborou en revistas literarias como Aturuxo de Ferrol ou
QuatroVentos de Braga. Participou na estrea da obra teatral de Álvaro Cunqueiro.

En 1961 emigrou a Colombia, alí permaneceu ata 1980, primeiro na Selva Amazónica e
máis adiante na embaixada brasileira en Bogotá. Alí coñeceu a súa muller. Conseguiu
un traballo como distribuidor de libros en Cali.

O 15 de agosto de 1980 regresou a Noia, rexentou unha taberna, a Tasca Típica, na


que organizou recitais poéticos e dende a que organizou a Sociedade Cultural
Catavento. Cantos caucanos (1985), produto das lembranzas colombianas do
poeta, que lle valeu o Premio da Crítica española e chegar a finalista do Premio
Nacional.

Foi elixido concelleiro en Noia polo Bloque Nacionalista Galego, polo que ocupou o posto
de concelleiro de cultura (1987–1991).

Sinatura
MOVEMENTO LITERARIO
Avilés de Taramancos foi un poeta que se encadra na Xeración dos 50, tamén chamada
Xeración das Festas Minervais, aínda que tamén estivo moi próximo aos poetas do 36.
Escribiu poesía intimista, costumista e paisaxística principalmente.

OBRAS DESTACABLES
-O tempo no espello (1982)
-Cantos Caucanos (1985)
-Nova Crónica das Indias (1989)
-Obra viva (1992)

POEMA
O TEMPO NO ESPELLO
Nova Crónica de Ulises (1978)

O teu amor é unha fonte


para beber moi de vagar,
onde o guerreiro apaga a sede
dempois de longo batallar.

E como un río pequeniño


que vai cantando cara ó mar...

O meu amor é un pozo fondo


para beber hai que cavar
e auga escura que non canta
se non se abre o manantial.

Ti e-la canle dos meus cantos,


eu son a túa eternidá.

Para min este poema fala de dous namorados pero un dos dous está pechándose a
outra persoa, é dicir, non lle quere contar nada da súa vida e non é capaz de demostrar
que quere a outra persoa.

En conclusión, para este autor, a poesía non só é un dereito, senón tamén unha
obrigación.

You might also like