Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

DISCURSO CPI VIRXE DA CELA PARA ACTO CME 2024

Martes 4 xuño 2024


Parlamento Galego. Santiago de Compostela

Bos días a todos e a todas, somos Iván e Iria, e vimos a representar ao alumnado do
CPI Plurilingüe Virxe da Cela. O noso centro esta nunha contorna rural no concello de
Monfero, provincia de A Coruña. Hoxe non vimos aquí a falar das diferencias ou da
igualdade de oportunidades entre o rural e o urbano, como xa espuxemos en anos
anteriores.

Hoxe temos a oportunidade de dirixirnos aos representantes políticos da nosa


comunidade autónoma porque vostedes teñen a chave para cambiar certas actitudes que
podemos atopar na rúa, nos medios de comunicación, nas nosas conversas familiares, no
noso grupo de amigos… Xa saben, estamos a falar do discurso do odio.

É imprescindible que existan leis que sancionen esas conductas que incomodan ás
personas e aos colectivos que se ven minorizados pola súa procedencia, pola súa cor de
pel, pola súa orientación sexual, pola súa ideoloxía, pola súa relixión…

Nas escolas deberían existir programas de sensibilización para o alumnado dende


idades temperás para valorar ás persoas na súa diversidade, e considerar as diferenzas
como elementos para enriquecer as comunidades, algo que xa se esta facer nalgúns
centros coma no noso.

Un claro exemplo de diversidade é a clase que hoxe ven en representación do


noso centro. A nosa clase está formada por unha rapaza peruana, un arxentino, un xitano,
dúas galegas e un galego, todos do rural. A pesar desta diversidade convivimos como con
calquera outra persoa, isto é unha gran oportunidade que moita xente non consigue ver.

É por iso que non estaría de máis tratar de reeducar ás familias nas escolas de pais
e nais, e tamén de formar ao noso profesorado con cursos específicos. Tamén
consideramos moi importante implementar equipos de mediación nos centros educativos
para que o propio alumnado sexa quen de resolver os conflictos e erradicar esta lacra
social: o discurso do odio.

Agradeceríamos que tiveran en conta as nosas peticións xa que crear un clima de


convivencia pacífica e respecto entre a cidadanía é un dos pilares básicos para lograr
moitas das outras metas a nivel mundial.

Moitas grazas pola súa atención e por darnos a oportunidade de expresar as nosas
opinións e vivencias sobre este tema que causa tanta dor nas persoas que sofren os
insultos e a discriminación.

You might also like