Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 15

TEMA 6: DEMOCRACIAS MAIORITARIAS E DE CONSENSO

1. Poliarquía
É un concepto que se define como aquel tipo de goberno que é “exercido por moitos”.

Na poliarquía:
● Os cidadáns han de ter dereito a formar asociacións, partidos e grupos de
presión independentes.
● Os cidadáns han de ter dereito a expresar as súas opinións políticas sen perigo
a represalias.
● Dentro dos límites establecidos pola lei, todos os cidadáns adultos han de ter
dereito ao voto.
● Dentro dos límites establecidos pola lei, todos os cidadáns adultos han de ter
dereito a concorrer como candidatos aos cargos públicos.
● Os cargos públicos han de ser elixidos, e deben poder exercer os seus poderes
constitucionais sen interferencia ou oposición invalidante por parte doutros
cargos non elixidos.
● Os cidadáns han de ter acceso a fontes alternativas e plurais de información
que deben estar protexidas pola lei.
● Os cargos públicos han de ser elixidos en eleccións frecuentes, libres e limpas.
● Deben existir institucións que aseguren que o Goberno depende dos votos e
que garantan a libre expresión de alternativas.

O contraste entre maioritarismo e consenso aparece na definición máis básica e literal


de democracia, como o goberno do pobo ou, no caso da democracia representativa,
como o goberno dos representantes do pobo.

Aínda que hai dúas definicións de democracia, Dahl chama poliarquía á democracia
tal e como funciona, non o que queremos que sexa. É no oitavo punto no que hai un
quid entre a democracia e a poliarquía que di, que en función de como combinemos
esas institucións e en función de como o fagamos resultará un tipo ou outro de
democracia. El di que hai dous tipos “puros” como a democracia maioritaria dos que
hai moi poucos exemplos. E a maioría están nun sitio entre medias de democracia de
maioría pura e de consenso puro.

A definición de democracia como “o goberno do e para o pobo” plantexa unha


pregunta fundamental: quen gobernará e a os intereses de quen responderá o Goberno
cando o pobo estea en desacordo e teña preferencias diverxentes?

Unha resposta a este dilema é o que diga a maioría. Esta é a esencia do modelo
maioritario de democracia. Unha resposta alternativa ao dilema é o maior número de
xente posible. Este é o punto capital do modelo consensual. Non se diferenza do

1
modelo maioritario no referente a aceptar que o goberno da maioría e mellor que o
goberno da minoría, pero acepta o goberno da maioría unicamente como un requisito
mínimo.

Unha diferenza estreitamente relacionada é que o modelo consensual de democracia é


pola inclusión, o pacto e o compromiso. Por iso, a democracia consensual podería
denominarse tamén “democracia de negociación”.

En resumidas contas:
● Democracia: «o goberno do e para o pobo».
● Dilema → Que pasa se o pobo non se pon de acordo? preséntanse dúas
respostas:
- Modelo Westminster → a maioría simple decide (ás veces maioría
relativa):
➔ Excluínte, competitivo e de confrontación.
- Modelo consensual → a maioría decide pero hai un mínimo, busca
maximizar o tamaño das maiorías.
➔ Inclusión, pacto e compromiso.

Diferenzas: 2 dimensións executivos-partidos e federal-unitaria:

2. Dimensión executivos-partidos
As 5 diferenzas na dimensión executivos-partidos son as seguintes:
● Concentración do poder executivo en gabinetes maioritarios de partido único
fronte á división do poder executivo en amplas coalicións multipartidistas.
● Relacións entre o poder executivo e o lexislativo nas que o executivo domina
fronte ao equilibrio de poder executivo-lexislativo.
● Bipartidismo fronte a sistemas multipartidistas.
● Sistemas electorais maioritarios e desproporciónais fronte á representación
proporcional.

2
● Sistemas de grupos de interese de maioría relativa con competencia libre entre
os grupos fronte a sistemas de grupos de interese coordinados e
«corporatistas» orientados ao compromiso e á concertación.

3. Dimensión federal-unitaria
As 5 diferenzas na dimensión federal-unitaria son as seguintes:
● Goberno unitario e centralizado fronte a Goberno Federal e descentralizado.
● Concentración do poder lexislativo nunha lexislatura unicameral fronte á
división do poder lexislativo en dúas cámaras igualmente fortes pero
constituídas de forma diferente.
● Constitucións flexibles que aceptan enmendas mediante maiorías simples
fronte a constitucións ríxidas que unicamente poden cambiarse por medio de
maiorías extraordinarias.
● Sistemas nos que as lexislaturas teñen a última palabra no referente á
constitucionalidade da súa propia lexislación fronte a sistemas nos que as leis
están suxeitas a unha revisión xudicial para analizar o seu grao de
constitucionalidade mediante tribunais supremos ou constitucionais.
● Bancos centrais que dependen do executivo fronte a bancos centrais
independentes.

A maioría das democracias teñen trazos consensuais predominantes, as maioritarias


puras son raras.

4. Diferenzas entre ambas dimensións


A primeira dimensión podería tamén designarse como a dimensión da
responsabilidade conxunta ou do poder conxunto, e a segunda como a dimensión da
responsabilidade dividida ou do poder dividido.

TEMA 7: MODELO DE DEMOCRACIA MAIORITARIA: REINO UNIDO

1. Concentración do poder executivo en gabinetes de un só partido e de maioría


escasa
Polo xeral, está composto por membros do partido que ostenta a maioría dos escanos
na Cámara dos Comúns, e a minoría non forma parte del. Os gabinetes de coalición
son moi raros. Dado que no sistema bipartidista británico os dous partidos principais
posúen aproximadamente a mesma forza, o partido que vence nas eleccións representa
pouco máis dunha maioría estreita, e a minoría é relativamente ampla. Por tanto, o
sistema británico a base dun gabinete dun só partido con maioría escasa é a perfecta
encarnación do principio do goberno da maioría. Así, unha ampla minoría vese
excluída do poder e condenada a exercer o papel de oposición.

2. Predominio do Gabinete

3
O Reino Unido posúe un sistema parlamentario de goberno polo que o Gabinete
depende da confianza do Parlamento. En teoría, dado que a Cámara dos Comúns pode
votar a favor de retirar o poder ao Gabinete, «contrólao». En realidade, a relación está
invertida. Como se pretgende que o Gabinete se compoñs de líderes dun partido
maioritario, normalmente vese apoiado pola maioría na devandita cámara, e pode
confiar en permanecer no poder e sacar adiante as súas propostas lexislativas. Así, o
Gabinete domina claramente fronte ao Parlamento.

3. O poder executivo e bipartidismo


A política británica está dominada por dous grandes partidos: o partido Conservador e
o partido Laborista. O resto dos partidos do sistema político, ou non logran entrar no
Parlamento ou, se o fan, é a unha distancia considerable dos dous primeiros.

O órgano con máis poder é o Gabinete, composto polo partido con máis escanos no
Parlamento (partido único). É un sistema bipartidista, así que o que venza é o da
maioría, pero ambos os partidos teñen máis ou menos a mesma forza, polo que as
maiorías son escasas. Unha ampla minoría queda relegada á oposición.

Aínda que teoricamente a Cámara dos Comúns pode votar para retirar o Gabinete, o
poder executivo domina ao lexislativo, xa que o partido que controla o Gabinete é
maioría na Cámara dos Comúns, polo que o Goberno sempre está apoiado por esa
cámara, permitíndolle permanecer no poder e sacar adiante as súas propostas
lexislativas.

4. O sistema de eleccións maioritario e non proporcional


A Cámara dos Comúns é elixida en base ao sistema electoral de maioría simple, o cal
significa que en cada distrito electoral gana o candidato que obteña maior número de
votos, sendo irrelevante a distancia co segundo.

O país está dividido en tantos distritos como escanos se elixen no Parlamento. Na


actualidade son 650, pero o seu número é variable en función das decisións das
Boundary Commissions.

5. Pluralismo de grupos de interese


Ao concentrar o poder en mans da maioría, o modelo Westminster de democracia
establece un modelo de goberno contra oposición que propicia a competencia e o
enfrontamento. A competencia e o conflito tamén son característicos do sistema de
grupos de interese típico do modelo maioritario: un sistema de pluralismo
competitivo. O pluralismo implica unha multiplicidade de grupos de interese que
exercen presións no Goberno de forma competitiva e falta de coordinación. O sistema
de grupos de interese de Gran Bretaña é claramente pluralista.

Como o poder teno a maioría fronte á oposición, o modelo Westminster propicia a


competencia e o conflito, o que se manifesta tamén no sistema de grupos de interese

4
típico deste modelo: plural e competitivo. Contrástase co corporatismo de grupos de
interese, onde teñen lugar reunións regulares entre os representantes do Goberno, os
sindicatos de traballadores e as organizacións empresariais que buscan acordos en
políticas socioeconómicas. Este proceso denomínase concertación. A concertación
vese favorecida se os grupos de interese son grandes e poderosos no seu sector
(traballadores, empresarios, agricultores,...) e se contan cunha forte organización que
coordine as súas preferencias e estratexias. Ao contrario disto está o pluralismo, que
implica unha gran cantidade de grupos exercendo presións no Goberno de forma
competitiva e descoordinada. Gran Bretaña é pluralista, competición libre, non hai
sistema de concertación.

6. Goberno unitario e centralizado


O Reino Unido é unitario e centralizado. Os Gobernos locais teñen as súas funcións e
estas son importantes, pero proceden do Goberno central e os seus poderes non están
garantidos pola constitución, a diferenza do sistema federal. Son subdivisións
puramente administrativas. Aínda así, durante os anos 90 tivo lugar un proceso de
descentralización política (coñecido como “devolution”), en virtude do cal Gales e
Escocia crearon as súas propias Asembleas lexislativas e Irlanda do Norte recuperou a
súa.

7. Concentración do poder lexislativo nunha lexislatura unicameral


Segundo o modelo maioritario a organización do poder lexislativo débese concentrar
nunha única cámara. A tal respecto, o Reino Unido desvíase do modelo maioritario
puro:
● O Parlamento ten dous cámaras: a Cámara dos Comúns, elixida polos cidadáns
por maioría simple en cada distrito electoral (tantos distritos como escanos) e a
Cámara dos Lores, composta principalmente por nobreza hereditaria. A súa
relación é asimétrica, case todo o poder lexislativo perténcelle á Cámara dos
Comúns.

8. Flexibilidade constitucional
Non existe como tal, é sobradamente coñecido que o Reino Unido non ten un
documento escrito ao que denominar “Constitución”, pero si teñen leis e costumes de
rango constitucional, pero que poden ser modificadas polo Parlamento como calquera
outra lei, simplemente atendido ao que decida a maioría do momento, aínda que son
modificables polo Parlamento como o resto de leis. Algunhas normas de rango
constitucional son: Carta Magna de 1215 e Declaración de Deritos de 1689.

Como non hai Constitución, pois tampouco tribunais de revisión, así que a soberanía
do Parlamento é absoluta, ninguén apela ás súas decisións, excepto cando era parte da
UE, que estaba baixo supervisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

9. Ausenza de revisión xudicial


A outra implicación dunha constitución non escrita é a ausenza de revisión xudicial.

5
Neste sentido, a soberanía do Parlamento é absoluta, debido a que non existe
ningunha instancia de apelación contra as súas decisións.

Esta situación cambiou temporalmente, mentres o Reino Unido pertenceu á Unión


Europea, tempo durante o cal as leis do Reino Unido estaban baixo a supervisión do
Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Obviamente a saída do Reino Unido da UE
reverteu esta situación.

10. Un banco central controlado polo executivo


Esta última característica do modelo incide na idea de concentrar o poder en mans da
maioría. O Banco de Inglaterra, que como todos os bancos centrais son responsables
da política monetaria do país, depende directamente do executivo, é dicir, non é un
organismo autónomo. Isto significa que as decisións que toma han de ser consultadas,
e nalgúns casos directamente guiadas, pola política económica do Gabinete.

TEMA 8: Modelo de democracia de consenso: Suiza e Bélxica

Lewis: «Todos os que están afectados por unha decisión deberían ter a oportunidade de
participar na toma desa decisión de forma directa ou a través de representantes elixidos».
«Impedir que os grupos perdedores participen na toma de decisións é unha clara violación do
significado primordial de democracia.»

A exclusión da minoría do modelo de Westminster pódese liquidar de dúas formas:


● Excluír a un partido do poder pode resultar antidemocrático, pois vai contra a idea de
goberno polo pobo, pero se o partido no poder satisfai razoablemente os intereses da
minoría, achégase á definición de para o pobo.
● As maiorías e minorías pódense alternar no Goberno, a oposición e o Goberno non
son sempre o mesmo → sistema bipartidista británico.

Pero estas dúas estratexias non se poden levar a cabo en sociedades plurais, divididas por
motivos relixiosos, ideolóxicos, culturais, étnicos… créanse subsociedades que contan con
partidos, grupos de interese e medios de comunicación propios. Baixo estas condicións é
posible que non exista flexibilidade suficiente para unha democracia maioritaria, non só sería
antidemocrático, senón que pode ser perigoso. As minorías ás que constantemente se lles
nega o poder séntense excluídas e discriminadas e poderían perder a súa lealdade ao réxime.

Estas sociedades necesitan unha democracia que faga fincapé no consenso e non na
oposición, incluínte e centrada en aumentar a maioría. O modelo consensual tenta dividir,
dispersar e restrinxir o poder de varias formas.

1. Poder e representación: división do poder executivo nos gabinetes de ampla


coalición

6
O principio do consenso consiste en deixar que todos ou case todos os partidos
importantes compartan o poder executivo mediante a formación de gobernos de
coalición. O Consello Federal suízo (executivo) ofrece un excelente exemplo desta
idea: os seus sete membros pertencen aos catro partidos máis importantes segundo a
regra establecida en 1959 de 2:2:2:1. Ademais, os grupos lingüísticos han de estar
representados en proporción ao seu tamaño.

No caso belga, a Constitución esixe formalmente desde 1970 que os gabinetes estean
formados por un número aproximadamente igual de ministros francoparlantes
(valones) e flamencoparlantes (flamencos).

Como xa mencionamos, o poder é compartido por todos ou a maior parte dos partidos
importantes. A separación de poderes fai que tanto o poder lexislativo como o
executivo teñan máis independencia, ningún poder domina sobre o outro ao, contrario
que o que ocorre en Reino Unido.

Ambas teñen sistemas multipartidistas, isto é debido a dous factores: sociedades


plurais con varias divisións e a que os seus sistemas electorais non impiden que estas
divisións se reflictan no sistema de partidos, a diferenza da democracia maioritaria
que sobrerrepresenta aos partidos grandes e infrarrepresenta aos pequenos. Os escanos
repártense en proporción aos votos conseguidos.

2. Equilibrio de poder entre o executivo e o lexislativo


O réxime de goberno suízo non é nin parlamentario nin presidencial. Os membros do
executivo son elixidos por un período de catro anos nos que o lexislativo non pode
levar a cabo unha moción de censura. Esta separación formal de institucións fai que
ambas sexan máis independentes e a súa relación moito máis equilibrada que no
modelo Westminster.

Bélxica ten unha forma de goberno parlamentario cun executivo que depende da
confianza do lexislativo, como no caso do modelo anterior. Con todo, os gabinetes
belgas por mor das coalicións grandes e pouco cohesionadas que normalmente os
compoñen, non son en absoluto tan dominantes como no caso Westminster e adoitan
ter unha relación de intercambio co Parlamento.

3. Sistema multipartidista
Tanto Suíza como Bélxica teñen un sistema de partidos multipartidista sen que ningún
partido acade a maioría absoluta dos votos, facendo imprescindibles os gobernos de
coalición.

A existencia de sistemas multipartidistas en ambos os países pode ser explicada pola


concorrencia de dous factores. O primeiro é a existencia de sociedades plurais
divididas sobre diferentes liñas de ruptura. Esta multiplicidade de rupturas reflíctese
no carácter multidimensional do sistema de partidos.

7
4. Representación proporcional
A segunda explicación para a emerxencia dun sistema de partidos multipartidista é
que tanto Suíza como Bélxica teñen un sistema electoral proporcional que non
impediu o traslado das fracturas sociais ao sistema de partidos. En contraste co
sistema maioritario que tende a favorecer aos grandes partidos e a producir resultados
non proporcionais, o propósito principal do sistema proporcional é dividir os escanos
parlamentarios entre os partidos en proporción aos votos que obteñen.

5. Corporatismo dos grupos de interese


Os dous países mostran as características típicas do corporatismo: concertación
tripartita, relativamente poucos e grandes grupos de interese e a preponderancia de
asociacións “punta” que aglutinan os intereses de traballadores e empresarios.

● Social → predominan sindicatos.


● Liberal → predominan as asociacións empresariais (Suíza e Bélxica).

6. Goberno federal e descentralizado


Suíza é un estado federal co poder dividido entre o goberno central e os gobernos dos
seus cantóns, os cantóns están representados na Cámara federal e no Consello dos
Estados. Actualmente é un dos estados máis descentralizados do mundo.

No caso belga haberá que esperar á reforma constitucional de 1993 cando este país se
converte nun Estado federal certamente “sui generis”. Trátase de tres rexións
xeográficamente definidas (Flandes, Valonia e a capital Bruxelas) e tres comunidades
culturais que non están definidas por áreas xeográficas (a comunidade flamenca, a
comunidade francesa e a comunidade xermano-parlante). Cada comunidade e cada
rexión ten o seu propio executivo e lexislativo excepto no caso de Flandes no que o
goberno da comunidade flamenca é ademais o goberno da rexión flamenca. Bélxica
era unitario e centralizado, pero xa non.

7. Bicameralismo forte
Sistema suízo: o Consello Nacional é a Cámara baixa que representa ao pobo suízo e
o Consello dos Estados é a Cámara alta que representa aos cantóns (cada cantón ten
dous representantes ou un se se trata de medio cantón cuxa elección está regulada
polo dereito cantonal ou é directa polos Parlamentos Cantonais).

O caso belga non pode ser considerado como dun perfecto bicameralismo debido a
que a súa Cámara Alta, o Senado, representa desde 1995 aos dous grupos lingüísticos
maioritarios, pero non á minoría xermanoparlante. Ademais os seus poderes
reducíronse fronte ao vello Senado. Xunto coa Cámara de Representantes forma o
Parlamento Federal belga.

8
8. Constitución: rixidez constitucional
Ambas teñen Constitución escrita, para cambiala necesítanse maiorías especiais.

En Suíza necesítase un referendum con maioría de votantes a escala nacional e na


maioría dos cantóns.

En Bélxica necesítase maioría de ⅔ nas dúas Cámaras e as leis relacionadas coa


organización de poderes das comunidades e as rexións ademais desa maioría,
necesitan a aprobación do grupo de fala francesa e do de fala holandesa en cada unha
das Cámaras. Desta forma os francófonos, aínda sendo minoría poden vetar.

9. Revisión xudicial
Non existe en Suíza ningunha instancia destas características. Con todo, o Tribunal
Federal actúa en certo sentido como Corte Constitucional e é o máximo intérprete e
garante da Constitución Federal. Encárgase da resolución de conflitos entre a
Confederación e os cantóns e pode declarar inconstitucional unha lei cantonal que
sexa contraria á Constitución Federal. Con todo, non pode pronunciarse sobre a
constitucionalidade das leis federais.

En Bélxica hai un Tribunal de Arbitraxe que se encarga de interpretar a Constitución


sobre todo polo que se refire á separación de poderes entre o goberno central, as
comunidades e as rexións. A súa reforma en 1988 converteuna nun verdadeiro
tribunal constitucional.

Bélxica ten tribunal constitucional e dereito de revisión xudicial, en Suíza non


(afástase do modelo).

10. Independencia do banco central


O Banco Central suízo é considerado un dos bancos centrais más fortes e
independentes.

O caso belga non é comparable, aínda que a súa autonomía reforzouse desde
principios dos 90 e sobre todo como resultado do Tratado de Maastricht, que obriga
aos estados membros da Unión Europea a aumentar a independencia dos seus bancos
centrais.

TEMA 9: O modelo de Arend Lijphart aplicado ao caso do sistema político


francés: semipresidencialismo

1. Gabinetes de varios partidos


Os gobernos franceses normalmente son de coalición, o seu sistema electoral dificulta
que ningún partido consiga a maioría absoluta, pero a fragmentación do seu sistema
termina converténdose en bipartidismo de alianzas con dous grandes partidos, os

9
gaullistas e os socialistas.

Se só nos fixamos na composición dos Gabinetes dos últimos 15 anos, todos estiveron
formados por diferentes partidos. Isto é consecuencia, en primeiro lugar, da
peculiaridade do seu sistema electoral que dificulta que ningún partido obteña a
maioría absoluta nas eleccións á Asemblea Nacional e que sexa suficiente a maioría
relativa na segunda para conseguir o escano.

2. Dominio do executivo sobre o lexislativo


A clave para entender a relación dos poderes executivo e lexislativo en Francia é a
existencia dunha Presidencia da República con amplos poderes desde a Constitución
de 1958. Ao obxecto de evitar a inestabilidade que sufriran na Cuarta República,
Charles de Gaulle entende que a mellor maneira de evitala sería a existencia dun
executivo forte, reforzo que culmina coa elección directa do presidente por sufraxio
universal desde 1962. É o presidente o que pode convocar un referendo ou disolver a
Asemblea Nacional, sen necesidade do aval do primeiro ministro.

Temos pois un claro dominio dun executivo dual cunha Presidencia independente do
Parlamento e que non é politicamente responsable ante o mesmo, e un Goberno con
amplas competencias, por exemplo, en materia orzamentaria.

O presidente da República ten moitos poderes, pode convocar un referendo ou


disolver a Asemblea Nacional. A presidencia é independente do Parlamento e non é
responsable ante o mesmo. Elíxese por referendo.

3. Sistema multipartidista
En Francia existe un sistema multipartidista, apoiado pola tradición histórica. Con
todo, o comportamento electoral cambiou moito con respecto ás III e IV Repúblicas e
proporcionou maiorías estables que deron ao Consello de Ministros a oportunidade de
gobernar.

Dúas alianzas, unha de dereita e outra de esquerda, unen aos partidos nas eleccións
parlamentarias e nas presidenciais. Esta bipolarización, resultante entre outras causas
dos mecanismos institucionais do réxime semi-presidencial, estruturou o habitual
multipartidismo francés.

Francia é multipartidista de tradición, pero agora os partidos únense en dúas alianzas


nas eleccións, a de esquerda e a de dereita.

4. Sistema electoral maioritario


O sistema electoral francés, tanto para as eleccións presidenciais como para as
lexislativas, é de maioría absoluta/simple a dúas voltas en distritos uninominais. Isto
último significa que, para as eleccións lexislativas á Asemblea Nacional, o país está

10
electoralmente dividido en tantos distritos ou circunscricións como membros do
Parlamento haxa (577).

Para ser elixido na primeira volta requírese que un candidato logre a maioría absoluta
dos votos emitidos. Se ningún dos candidatos cumpre esta condición, realízase unha
segunda volta na que se permiten soamente os candidatos de primeira volta co apoio
de polo menos o 12,5% dos votantes rexistrados. No caso de que esta condición non
sexa cumprida por ningún ou só por un dos candidatos, os dous candidatos co maior
número de votos na primeira volta poden continuar á segunda volta. Na segunda
volta, o candidato cunha maioría relativa é elixido.

5. Grupos de interese
Os grupos de presión teñen unha gran importancia na vida política francesa. Entre os
máis importantes están os sindicatos: a Confederación Xeral do Traballo (CXT); a
Confederación Francesa Democrática de Traballadores (CFDT); e Forza Obreira
(FO). Pola súa banda, as organizacións empresariais más significativas son:
Movemento de Empresas de Francia (MEDEF); Confederación Xeral de Pequennas e
Medianas Empresas (CGPME); así como a patronal dos artesáns (UPA) e a da
industria e o metal (UIMM).

6. Estado unitario
Francia é un Estado centralizado aínda que a súa Constitución diga que non, que “a
súa organización é descentralizada”. Estrutúrase en tres niveles; rexión, departamento
e comuna, aínda que a cada un deles se lle asignan unha serie de competencias,
carecen de autoridade administrativa e lexislativa.

7. Bicameralismo asimétrico
Característico do modelo institucional francés, o “parlamentarismo racionalizado”
maniféstase por unha limitación estrita do poder do Parlamento, tanto a nivel da súa
estrutura e o seu funcionamento, como do procedemento lexislativo (en parte
controlado polo goberno).

A pesar da existencia de dúas cámaras - unha cámara baixa (Asemblea Nacional) e


unha cámara alta (Senado) – o sistema da Quinta República é un exemplo de
bicameralismo desigual (...) este bicameralismo beneficia principalmente á Asemblea
Nacional, que dispón de amplos poderes en comparación co Senado francés.

8. Constitución ríxida
Norma suprema do ordeamento xurídico francés, a Constitución foi modificada en
vinte e catro ocasións desde a súa publicación, sexa polo poder constituínte, sexa polo
Parlamento coas dúas Cámaras reunidas, sexa directamente polo pobo tras un
referendo. Actualmente consta de dazaseis títulos, cento catro artigos (entre os cales
un artigo transitorio) e un preámbulo. Non se limita a organizar os poderes públicos
ou definir as súas funcións e relacións, posto que este preámbulo remite directa e

11
explícitamente a outros tres textos fundamentais: a Declaración dos Dereitos do Home
e do Cidadán do 26 de agosto de 1789, o preámbulo da Constitución do 27 de outubro
de 1946 (a Constitución da IV República) e a Carta do Medio de 2004.

A iniciativa de reformala corresponde ao Presidente, ao Primeiro Ministro e ao


Parlamento. Ambas as Cámaras votan e débese aprobar por un referendo, a non ser
que o presidente decida sometelo a votación do Parlamento, que deberá aprobalo con
maioría de 3/5. A forma republicana de Goberno non pode ser obxecto de reforma.

9. Tribunal de revisión
O Consello Constitucional francés aparece no título VII da Constitución de 1958.
Entre as súas atribucións más importantes están a de controlar a actividade lexislativa
do Parlamento, cuxos Regulamentos ha de ser revisados polo Consello antes de entrar
en vigor, así como as leis orgánicas. As leis ordinarias só o poden revisar co
pedimento das autoridades facultadas para facelo (Presidente da República,
Presidentes de ambas as Cámaras, Primeiro Ministro, sesenta deputados ou
senadores).

10. Banco Central independente do executivo


O Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) está composto polo Banco Central
Europeo (BCE) con personalidade xurídica propia e os Bancos Centrais Nacionais
(BCN) de cada un dos estados membros. Nin o BCE nin os bancos centrais nacionais
podrán aceptar instrucións das institucións comunitarias (Parlamento Europeo,
Comisión Europea) nin dos gobernos dos estados membros.

TEMA 11: O modelo de Arend Lijphart aplicado ao caso do sistema político


español

1. Gabinetes: de un só partido a máis de un


Nesta variable da tipoloxía de Lijphart, o sistema político español pasou por un
importante cambio nesta última lexislatura e é que é a primeira cun goberno de
coalición desde as primeiras eleccións democráticas de 1979. En efecto, todos os
gobernos desde entón foron gobernos dun só partido. Aínda que só houbo catro
maiorías absolutas, nunca ata o de agora se recorrera á formación de coalicións e os
gobernos baseados en maiorías relativas sostivéronse con apoios puntuais doutras
forzas parlamentarias.

Pasaron de ser dun só partido a máis dun. A última lexislatura é a primeira en toda a
democracia cunha coalición. Aínda que antes había poucas maiorías absolutas (4) os
gobernos de maiorías relativas sostíñanse con apoios e pactos puntuais (nacionalistas).

2. Executivo e lexislativo
Nesta variable o sistema español é híbrido. A ausencia de maiorías absolutas (salvo en

12
4 ocasións), fai que as relacións Goberno-Parlamento puidesen parececerse más ao
modelo de consenso. Cando non había maiorías absolutas podía parecer que era
consensual, pero realmente tanto o PP como o PSOE tiñan controlado ao Parlamento
pactando cos grupos nacionalistas, cando había maioría absoluta pois evidentemente o
executivo controla.

Na última lexislatura temos un goberno de coalición que nin sequera alcada a maioría
absoluta, co que os pactos son moi necesarios para sacar adiante calquera lei → o
Parlamento ten máis importancia que o Goberno.

Ademais, a relevancia do Parlamento no xogo político púxose de manifesto en 3 feitos


recentes: a disolución do mesmo por parte do Presidente Mariano Rajoy ao non poder
formar goberno tras as eleccións de 2016, a moción de censura ao Presidente Rajoy en
2018 e, de novo, a disolución do Parlamento por parte do Presidente Sánchez ao non
obter a confianza do Congreso dos Deputados en 2019.

3. Sistema de partidos: do bipartidismo imperfecto ao multipartidismo


O sistema de partidos en España desde 1979 evolucionou desde un bipartidismo
chamado “impertecto”, cara a un claro multipartidismo. Só dous partidos obtiveron
maiorías suficientes para gobernar desde 1979 e fixérono apoiados en grupos
parlamentarios máis pequenos.

Con todo, esta tendencia cambiou tras as eleccións de decembro de 2015, cando
entran no Congreso os partidos de Unidas Podemos e Ciudadanos, con 42 e 40
escanos respectivamente. Este multipardismo fíxose patente pola imposibilidade de
Rajoy de formar goberno e a disolución das Cortes en 2016.

A entrada de Vox no Congreso tras as eleccións de abril de 2019 con 24 escanos,


favorecería esta tendencia multipartidista á espera do que ocorra con Ciudadanos e
Unidas Podemos, que non fixeron senón perder escanos desde 2016. Agora teñen 10 e
26 respectivamente. Tamén hai outros partidos más pequenos que poderían
consolidarse ou saír do Parlamento.

4. Sistema electoral proporcional


A Constitución especifica que o Congreso dos Deputados debe estar composto por un
o mínimo de 300 e un máximo de 400 deputados. O número actual é de 350
deputados por determinación da Lei Orgánica do Régimen Electoral Xeneral de 1985.

O sistema electoral español para as eleccións ao Congreso dos Deputados é


proporcional e utiliza a fórmula D’Hont.

A efectos de converter votos en escanos, o reconto faise por circunscripción electoral


(50 provincias + Ceuta e Melilla), cada unha das cales ten dúas escanos seguros. O

13
resto dos escanos (248) repártese según o que establece o artigo 162 da Lei Orgánica
do Régimen Electoral Xeneral.

A lei electoral española establece que en cada circunscripción se exclúen as


candidaturas que non obtivesen polo menos o 3% dos votos vaílidos. Desta forma
quedan fóra os partidos moi minoritarios.

5. Grupos de interese
En España dáse un corporatismo de grupos de interese, onde teñen lugar reunións
regulares entre os representantes do Goberno, os Sindicatos de traballadores e as
organizacións empresariais. Nestas reunións acádanse a miúdo acordos tripartitos.

● Sistema de concertación.
● CCOO, UXT, CEOE, CEPYME (empresas).
● Estado descentralizado.
● A constitución do 78 rompeu coa tradición de centralización.
● As CCAA son personalidades xurídicas propias e independentes, non son
simples órganos do estado.
● Contan con autonomía política (toman decisións propias), normativa (poden
lexislar), institucional, administrativa e financeira.
● Bicameralismo asimétrico Constitución ríxida.
● Existe tribunal de revisión Tribunal Constitucional.

6. Estado descentralizado
Rompendo a tradición histórica de centralización do Estado español, a Constitución
de 1978 establece a existencia de 17 Comunidades Autónomas máis as dúas cidades
autónomas de Ceuta e Melilla.

7. Bicameralismo asimétrico
O Parlamento español está composto por dúas Cámaras: o Congreso dos Diputados e
o Senado.

8. Constitución ríxida
A Constitución española é evidentemente unha constitución rígida. O mecanismo de
reforma, estipulado no artigo 167 da norma suprema, estipula que as reformas desta
deben ser aprobados por unha maioría de 3/5 de cada unha das Cámaras, ou, na súa
falta según o 167.2 por dous terzos do Congreso sempre que o Senado aprobase a
reforma por maioría absoluta. Isto responde unha vez máis ao modelo consociacional.

9. Existencia de tribunal de revisión


O noso é un sistema consociacional puro neste sentido, pois ten unha constitución
ríxida e que permite a revisión xudicial. A revisión efectúase polo Tribunal
Constitucional, ao que o resto de Tribunais poden remitir as súas dúbidas de
inconstitucionalidade.

14
10. Banco central independente do executivo
O inicio da terceira fase da Unión Económica e Monetaria (UEM) o 1 de xaneiro de
1999 supuxo a redefinición dalgunhas das funcións exercidas ata entón polo resto dos
bancos centrais nacionais da zona do euro.

No caso de España, foi necesario modificar a Lei de Autonomía de o Banco de


España para recoller a potestade do Banco Central Europeo (BCE) na definición da
política monetaria da zona do euro e as súas facultades na política de tipo de cambio e
para adaptarse ás disposicións tanto do Tratado da Unión Europea (TUE), como dos
Estatutos do Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) e ás orientacións e
instrucións emanadas do BCE.

15

You might also like