Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 37

4.

De a cabalo ou de peón

1
Ler e escribir / Escoitar e falar

Antes da lectura, reflexionamos!


Os medios de comunicación son fundamentais para acceder a toda clase de información. Os
textos xornalísticos, orais ou escritos, son os instrumentos mediante os cales nos decatamos do
que acontece ao noso redor. As novas tecnoloxías están axudando a espallar con enorme
rapidez calquera dato de interese, que en cuestión de minutos pode chegar a todos os
recunchos do planeta. Alí onde está a noticia, está o xornalista; estamos nós.

Por outra parte, grazas á dita tecnoloxía, a comunicación está a experimentar grandes
mudanzas nos últimos tempos. Calquera de nós pode «abrir» un blog, gravar un podcast, crear
unha canle de vídeo... e ofrecer opinións, compartir ideas, desenvolver proxectos etc.

Pensa, así pois, na poderosa ferramenta que tes entre as mans. Na responsabilidade que todos
e todas compartimos. Queremos información veraz, íntegra, contrastada, respectuosa con
todas as culturas, aberta, plural..., mais tamén queremos lectoras e lectores atentos, críticos,
reflexivos, curiosos e comunicativos. Non te deixes levar por todo que se publica na Rede ou nos
xornais. Pensa sempre por ti mesmo.

2
Escoita e le:

Resurrection Fest: Apocalípticos ben integrados


Oitava edición do festival Resurrection Fest, quizais o festival de metal máis importante
de todo o Estado. Slayer, Exodus, Bad Religion ou Jello Biafra conformaron un cartel
ecléctico para un festival que tira máis polo metal en todas as súas expresións pero
que abre as súas portas ao punk de hoxe e de sempre.

Os oito anos que van xa aló desde a primeira edición do Resurrection Fest fixeron de
Viveiro un referente no circuíto internacional da música punk e metal en todas as
súas formas e variantes. O campo de Lavandeiras en Celeiro, a dez minutos da vila,
foi o lugar onde bandas que a maioría só soñaba con ver, acabaron ao pé das súas
casas.

Mais se hai algunha palabra que define a este festival é integración. Viveiro era
para os que somos do norte de Lugo un lugar que nunca foi atractivo para

3
desenvolver unha cultura do metal ou punk. A capital do Landro era o San Roque, O
Naseiro e para nostálxicos da «canción lixeira», a vila do Festival da Canción do Landro
(ata que a crise impediu a súa celebración este ano).

Este ano de 2013 os días 1, 2 e 3 de agosto o Resurrection Fest atraeu 30.000 persoas,
segundo a organización. Xentes de todas as partes, Europa sobre todo, seguidos por
latinoamericanos. A integración destes visitantes nos días do festival supón para
Viveiro tirar abaixo cos complexos e medos dunha vila de provincias, que noutros
lugares xa teñen máis que superado desde hai décadas. Se todas esas persoas
vestidas de negro, con camisolas estampadas cos nomes das súas bandas favoritas, co
pelo tinguido de cores ou o corpo adornado de piercings, foron capaces de convivir cos
veciños e veciñas sen incidencias relevantes, é que algo por fin vai cambiando nunha
das vilas socialmente máis conservadoras da provincia de Lugo.

No 2005 uns amigos deciden montar un concerto de Sick Of It All dentro das festas de
Viveiro. Todo estaba listo e preparado pero ao final, a banda americana non puido
actuar debido á enfermidade dun dos membros. Chovéronlles críticas, mesmo houbo
xente que apuntou enganos por parte dos organizadores. Novembro de 2006, os
amigos non recuaron e montan o Resurrection Fest outra vez. Que lles fai tirar para
diante? O apoio desde a alcaldía, que bandas como Madball lembraron durante a súa
actuación este ano. Alguén coñece algún alcalde que asista a unha actuación en
directo de bandas metal? Tamén o apoio desde a Deputación de Lugo, ofrecendo a
loxística e persoal da Fundación TIC.

Autoría: Wikimedia.org / Fran Velasco

Todo acabou reducíndose a tres días de agosto nos que os hosteleiros ven
incrementarse os beneficios, tres días nos que a ocupación hosteleira sobe, nos que
4
as vendas das superficies
comerciais e do pequeno O festival de
comercio ven aumentar Viveiro pechou
beneficios. Pero tamén son así unha edición
tres días nos que os supostos que será
guerreiros do averno se lembrada tanto
comportan como o que son, pola súa calidade
fans da música que non e eclecticismo
veñen a outra cousa que non musical como
sexa botar unha fin de pola sentida
semana vendo as súas homenaxe a
bandas favoritas. Ao final, Melchor Roel, ex
eses xinetes da apocalipse alcalde da vila e
que son as persoas amantes un dos principais
do hard e o punk acaban ben impulsores do
integrados nun intenso día a evento.
día de só tres xornadas.

E as bandas?
Si, falemos das bandas. Con
tres escenarios e unha
Ao final, eses
sincronización case que
xinetes da
matemática, a puntualidade
apocalipse que
dos grupos no Ressurecction
son as persoas
Fest 2013 non foi
amantes
impedimento para que o
do hard e o punk
público puidese gozardos
acaban ben
concertos das súas bandas
integrados nun
preferidas e das que están
intenso día a día
por coñecer.
de só tres
xornadas.
Houbo moita reivindicación
nese 1 de agosto por parte
dalgunhas bandas.

O primeiro día abriu con


1906, seguidos de Mutant
Squad e Amenaza de Muerte. A cousa incrementou o seu poder logo de que Against
the Waves, Bastards on Parade, Inordem, Posession, Oddy Lane e Anima abrisen o
apetito para deixarlles paso aos portugueses Swichtense. Ofreceron unha boa mostra
do que é o thrash ao sur do Miño. Logo chegaron os asturianos Escuela de Odio,
sempre lembrando a súa orixe obreira da conca mineira. Os New Haven Arise, Devil In
Me, os franceses The Amsterdam Red-Light District e, por último, The Flatliners
ofrecéronlle ao público tanto o que hai no panorama ibérico como internacional e as

5
novidades que veñen das dúas partes.

Pero o día realmente comezou para


moitos cando The Casualties deron o
toque tanto musical como de mensaxe. O
frontman Jorge Herrera berrou ao público
como lle deu a risa vendo a intervención
de Mariano Rajoy no Senado. Tiraron por
temas xa coñecidos do seu repertorio,
Ugly Bastard ou Nightmare. Lembraron a
Eskorbuto e aos Ramones ofrecendo un
concerto recomendable. Logo chegaron
Trivium, unha nova vaga de metal desde
Florida, profesionais a pesar de seren
moi novos neste terreo.

Madball, que xa veñen por cuarta vez, lembraron ao público a implicación de


autoridades locais no apoio ao Resurrection. Cousa curiosa foi pasar dun concerto
hardcore clásico aos Lamb Of God, metal en estado puro se queremos dicilo así. Forte
na voz Randy Blythe, sempre rechamante John Campbell no baixo. E, máis curioso
aínda, pasar do metal ao clásico punk Jello Biafra, que non decepcionou a quen o
seguiu ata Viveiro. Xunto coa banda Guantanamo School of Medicine, petou nas
cabezas do respectable con California Uber Alles, Nazi Punks Fuck Off e un discurso
intercalado contra a austeridade, o fascismo e a clase política. Sylosis, co seu death
metal de nova xeración, pecharon un primeiro día moi reivindicativo.

O dous de agosto, segunda


xornada e máis Slayer, cos
eclecticismo se cadra. impoñentes Tom
Primeiro bandas de aquí, Araya e Kerry
como Nao, ou as chegadas King e cos seus
doutras partes do estado colegas de
como os novísimos Dawn Of banda, varreron
The Maya, que foran e deron o toque
precedidos por xentes como de campá nunha
Vita Imana, Avulsed ou xornada que foi
Violente Eve. Cómpre quizais a de
mencionar tamén a presenza maior afluencia
duns No Turning Back de público.
divertidos e resolutivos. Pero
a descarga ecléctica comezou
con Lendakaris Muertos, pois
os navarros marcaron terreo
co tema Gora España. A
seguir, o público de
6
Lendakaris correu inmediatamente ao escenario máis grande; chegaban Exodus. Logo
dos anos pasados, das formacións cambiantes e de tanto traballo acumulado, os de
Gary Holt souberon superar un son por veces malo, todo atribuído ao vento que lle
quitou atractivo ao festival por unhas horas. Saíron airosos os Exodus e aínda que boa
parte do seu público foi ver os canadianos Comeback Kid, as dúas bandas só eran o
entrante para Slayer, quizais o prato máis forte do festival neste ano.

No terceiro e último día brillaban no cartel as


actuacións de Bad Religion, Black Flag e
Biohazard.

No terceiro e último día brillaban no cartel as actuacións de Bad Religion, Black


Flag e Biohazard. Antes, bandas como Crisix, Rise to Fall, Blowfuse, Horn of the Rhino,
We Ride, Trashnos e Día de los Muertos quentaron o ambiente nas primeiras horas do
derradeiro día.

A falta de sono no público e o cansazo acumulado xa chamaban á moderación da


maioría. Outros grupos como os arxentinos Mostomalta, os Evergreen Terrace
(impagable a súa versión de Sunday Bloody Sunday dos U2) ou os británicos Your
Demise (que despiden os escenarios xusto neste Resurrection Fest 2013) prenderon os
ánimos no público antes das actuacións máis esperadas. Pero antes, Toundra: os
madrileños ofreceron un concerto instrumental que seduciu o público. Chegaron e
7
namoraron. Os Killswitch Engage fixeron un concerto entretido e divertido co que
souberon mover o respectable nunha noite xa con frío. Pero a calor chegou cando
Greg Ginn e Ron Reyes moveron a súa Black Flag diante de público moi novo, tanto
que seguramente a banda californiana xa se tiña separado e unido varias veces antes
de ter nacido a maioría dos que estaban alí. Un Ginn entregado á súa guitarra deixou
que Ron Reyes fixese o traballo de remexer os asistentes, que responderon ben ás
arengas de My War, Room 13 e á versión de Louie Louie regaladas desde o escenario.

O ano que vén, segundo a organización, un dos


cabezas de cartel serán NOFX.

Tras rematar Black Flag, comezou unha carreira dunha punta a outra do campo
Lavandeiras para ver os Bad Religion. Para Greg Griffin non eran horas de filosofar,
pero podíase facer algo. You and Me, Fuck You ou Punk Rock Song sumáronse ás
cancións máis novas da Mala Relixión. Si, van maiores, pero saben dicir que as cousas
poden cambiar e podes facelo empezando por ti mesmo. Seguiron os Strung Out,
mallaron aínda máis nos tímpanos dos últimos asistentes antes de que Biohazard
alimentasen a noite coa súa forza rítmica de crossover seguida por un moi activo Bobby
Hambel e un falangueiro Graziadei. Pecharon os Rancis, técnico tributo aos Rancid. O
ano que vén, segundo a organización, un dos cabezas de cartel serán NOFX.

www.praza.gal, 6 de agosto de 2013 (adaptación).

8
Léxico
A polisemia e a homonimia

A polisemia é a relación semántica pola cal a un mesmo significante lle corresponden varios
significados.

A polisemia, tamén coñecida como unha relación de significado múltiple, orixínase


cando un significante vai adquirindo, ao longo da evolución da lingua, diferentes
significados.

Xa que logo, nos casos de polisemia os dicionarios amosan unha única entrada con
diferentes acepcións. Observa este fragmento extraído da entrada 'agulla', no
DIGATIC:

9
O termo agulla comprende múltiples acepcións.

Das implicacións lingüísticas da polisemia vénse ocupando a filoloxía desde hai


séculos, partindo xa con Aristóteles. O estaxirita alertaba contra o risco de
ambigüidade provocado pola polisemia argumentando que «o engano se produce por
non poder distinguir aquilo que se di de varias maneiras».

Na actualidade, porén, outros lingüistas defenden que a polisemia achega unha


grande eficacia á lingua, favorecendo de feito a economía lingüística. Se non fose
posible atribuírmos varios sentidos a unha palabra, isto implicaría ter que crear
palabras distintas para cada tema ou obxecto imaxinable.

10
A homonimia dispón que dous ou máis significantes iguais fonolóxica ou graficamente
posúen significados distintos.

A homonimia é o resultado dunha evolución fonética pola cal varios significantes con
significados totalmente diferentes acaban por converxer nunha mesma forma,
compartindo a súa grafía ou a maneira en que esta se pronuncia.

Os homónimos son, entón, palabras diferentes que os dicionarios recollen, así pois,
en entradas distintas. Estas van enunciadas cun número voado que as distingue:

Dúas entradas para a palabra penal, con orixes e


significados diferentes, mais coa mesma grafía e
pronuncia.

11
Existen distintas clases de homonimia:

Homonimia absoluta: cando os homónimos se escriben e se pronuncian


igual, compartindo ademais a mesma categoría gramatical, mais sen gardar
relación ningunha nos seus significados.

cromo (subs. elemento químico) / cromo (subs. pequena estampa de papel)

Homonimia parcial: cando os homónimos se relacionan só por algunhas


características (grafía, pronuncia ou morfoloxía).
Homófonas. Son palabras que se pronuncian igual, mais escríbense
de xeito diferente: valor (coraxe) / balor (peluxe composta por fungos
microscópicos).

Homógrafas. Son palabras que se escriben igual, mais pronúncianse


de maneira distinta: sede (gana de beber, desexo de algo) / sede
(local, sé).

Palabras homógrafas e homófonas, mais sen equivalencia


sintáctica. Adoitan ser parellas de verbos e substantivos: mato (vbo.
matar) / mato (subs. restos vexetais).

Lembra
A semántica é a rama da Lingüística que estuda o significado das palabras, describindo o seu
funcionamento e as súas evolucións a través do tempo.

As relacións semánticas principais son: polisemia, homonimia, sinonimia, antonimia,


hiponimia, hiperonimia, meronimia e holonimia.

Le o seguinte texto e responde as preguntas:

12
Berobreos

O mar dános e o mar quítanos.

No inicio do verán, Clutamos o


Navegante gobernaba a súa frota á
altura do Promontorio dos Nerios camiño
do norte. Foi alí cando enxergaron ao
oeste unha illa nova que nin el nin os
seus mariñeiros coñecían, a medio día de
navegación. A illa era rugosa, chea de
penedas no seu cumio, pero presentaba
un abrigado porto natural cara ao leste,
protexido dos ventos e das tempestades,
no que parecían florecer numerosas
árbores e flores, e víanse moitos prados
verdes e ricos. Levados pola curiosidade,
os mariñeiros emproaron cara á illa e
desembarcaron nunha praia de augas
calmas, e en canto o fixeron unha
brétema espesa rodeou o lugar.

Atoparon dúas fontes limpas e frescas, altas árbores cabo da praia e ladeiras ben
augadas nas que florecían maceiras e cerdeiras. Tanto lles gustou o sitio que non
querían marchar del, e o propio Clutamos chamoulle á illa, que estaba deserta,
Moinoga. Pensou de vez en tomar posesión dela, xa que parecía que non fora
coñecida por ninguén antes. Isto último tamén o inquedaba, xa que do mesmo xeito
que aparecera, igual podería desaparecer con el e cos seus mariñeiros dentro.

Así que Clutamos subiu ao alto de Moinoga, mentres pensaba nestas cuestións, para
explorar toda a volta insular. E na subida viu entre os penedos unha cova. Cando
entrou nela, descubriu que aquela cova era un pazo como o do máis rico dos señores,
e naquel pazo observou un home vestido con luxosas vestiduras. Pero ao observalas,
decatouse de que o vestido non estaba tecido con la, senón con algas. A roupa estaba
feita con leituga de mar e a capa que o cubría con ramallo; a fíbula que a prendía era
unha raspa dun gran peixe e tiña un colar feito con cunchas de buguinas.

13
—Non pensas volver á casa, Clutamos? —preguntoulle aquel señor.

—É esta a túa illa, señor? —preguntoulle con curiosidade Clutamos.

—Chámome Berobreos e son señor destas augas que aquí ves e das que non ves. E
fixen emerxer esta illa das profundidades do mar ártabro para chamarte e que viñeses
aquí.

Manuel Gago, Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, Xerais, 2014.

14
Comunicación
Textos dos medios de
comunicación
A noticia

A noticia ou nova é un texto breve no que se informa sobre un suceso recente, de xeito claro
e conciso.

As noticias constrúense tendo en conta sete preguntas clave: quen?, que?, onde?,
cando?, como?, canto? e por que? Para dar resposta a estas cuestións (ou, cando
menos, á maior parte delas), a noticia segue esta estrutura:

Titular. É un enunciado que resume o contido da noticia. Ás veces, antes do


titular aparece un antetítulo e, despois del, un subtítulo. Estes dous
elementos orientan sobre as preguntas que a noticia debe responder,
complementando a información ofrecida no titular.

Entradiña ou lead. Correspóndese cunha síntese dos datos esenciais da


noticia.

Corpo da noticia. A información disponse xerarquicamente, de maior a menor


importancia. Desta maneira, os datos principais aparecen nos primeiros
parágrafos e os menos relevantes, nos parágrafos finais.

15
A narración é a modalidade textual predominante nas noticias. Xa que logo,
predominan os tempos verbais do modo indicativo, especialmente os de presente e
pretérito. Ademais, os complementos circunstanciais de tempo e de lugar son moi
frecuentes.

Por outra parte, cómpre mencionar que nas noticias dixitais cobra grande
importancia o emprego de hiperligazóns, as cales lle permiten á persoa lectora
ampliar e verificar o contido principal. Así mesmo, moitos xornais dispoñen as novas
de xeito interactivo, o que lle facilita ao público lector a posibilidade de achegar os
seus comentarios e opinións.

16
Lembra
As noticias son os textos que nutren de contido os xornais, publicacións impresas ou dixitais
que ofrecen información e opinións sobre temas de actualidade. Así e todo, as noticias tamén
poden ser textos orais (as da radio ou TV).

Os textos xornalísticos pódense clasificar segundo o seu xénero:

Informativos. Informan de modo obxectivo (novas, reportaxes...).

De opinión. Analizan e interpretan a realidade de maneira subxectiva (artigos e


columnas de opinión, editorial, carta á dirección...).

Mixtos. Combinan información e opinión (crónica, entrevista...).

A reportaxe e a crónica

A reportaxe é un relato xornalístico, máis extenso que a noticia, no que se informa polo
miúdo sobre un tema concreto.

As reportaxes fundaméntanse na pertinencia de profundar ou ampliar a


información existente arredor dun tema. Fronte ás noticias, o interese no dito tema
non reside na súa actualidade, senón na súa transcendencia ou alcance.

Ademais, as reportaxes achegan con frecuencia testemuños de persoas expertas na


materia ou dos protagonistas dos feitos, alén de incorporar elementos non verbais

17
(infografías, fotografías, diagramas, mapas, táboas...) que completan a información
principal. Non obstante, non hai lugar para as valoracións persoais do xornalista.

As reportaxes non están ligadas estritamente á actualidade diaria, de aí que a


orixinalidade e a liberdade expresiva sexan os alicientes principais desta clase de
textos.

A crónica é un texto xornalístico que trata un tema de actualidade, combinando a


información e a opinión.

As crónicas informan sobre os feitos ocorridos nun día, nunha xornada ou nun breve
período de tempo que o xornalista analiza, valora e interpreta. Por mor do seu
carácter híbrido, a información obxectiva vai acompañada de opinións, o que
xustifica que conteña expresións e adxectivos valorativos.

A temática da crónica determina que teña unha determinada periodicidade (diaria,


semanal, mensual...), creándose unha serie de subxéneros: crónica deportiva, crónica
18
cultural etc.

Por outra parte, a crónica permite unha gran liberdade expresiva, que se traduce na
creación dun estilo persoal asociado ao cronista. Isto adoita aumentar o interese dos
lectores e lectoras, atraídos polo carácter «imprevisible» destes textos.

O artigo xornalístico

O artigo xornalístico é un texto argumentativo no que a persoa autora expón o seu punto de
vista sobre un tema determinado, de contido moi variable.

O artigo xornalístico reflicte a opinión do seu autor ou autora, quen adoita ser
alguén de recoñecido prestixio profesional. Esta clase de textos caracterízase por
presentar unha gran liberdade expresiva e unha estrutura moi aberta. Trátase, por
tanto, de textos cun carácter subxectivo, o que se traduce no uso de formas verbais
en primeira persoa do singular ou do plural, así como de adxectivos valorativos.

Dentro dos artigos xornalísticos podemos destacar tres tipos, pola súa presenza
recorrente nos medios:

O artigo de fondo. É un texto


extenso asinado por unha
persoa colaboradora ocasional
do periódico, experta nunha
materia ou nun tema de
actualidade.

A columna. De menor extensión


que o artigo de fondo, integra
unha sección fixa no xornal e vai
asinada por unha persoa
colaboradora habitual.

O editorial. É unha variante do

19
artigo de fondo (normalmente
breve) que expresa as ideas e
opinións da dirección do xornal
respecto dun tema, aberta e
directamente.

A entrevista
A entrevista é un texto conversacional no que unha persoa, normalmente coñecida, responde
as preguntas que lle fai un xornalista, ben arredor dalgún aspecto da súa traxectoria profesional
ou vital, ben sobre un tema concreto.

É habitual que a entrevista vaia introducida por unha breve presentación que achega algúns
datos de interese sobre o entrevistado ou entrevistada e presenta o motivo da dita entrevista,
seguida dun corpo de preguntas e respostas. Normalmente, a entrevista féchase cunha
despedida, máis ou menos formal.

Da mesma maneira que a crónica, a entrevista pertence aos xéneros mixtos e, particularmente,
pode ser oral ou escrita. Alén disto, as novas tecnoloxías reforzan o impacto informativo dunha
entrevista escrita, pois permiten engadirlle o arquivo de audio que a recolle ou acrecentarlle
contidos de imaxe e son.

Le o seguinte texto e responde as preguntas:

20
O volframio galego de don Federico Guillermo
Baixo da ponte de Rande, en Vigo, os restos do vello cargadoiro de
mineral lembran as actividades nazis na II Guerra Mundial.

Por Eduardo Rolland | 09/11/2015 14:38

Baixo da ponte de Rande, unha vella estrutura de formigón trae recordos das
actividades nazis en Galicia durante a II Guerra Mundial. A historia do cargadoiro de
Rande está vencellada ao alemán Friedrich Wilhem Cloos, quen se estableceu en
Monforte de Lemos para explotar as minas de ferro de Freixo, en Marcelle. Este
enxeñeiro funda, en 1924, en Madrid, a empresa Minerales de Hierro de Galicia S.A.

Decidiu exportar o mineral por mar e escolleu un punto que estivese próximo á liña
férrea entre Ourense e Vigo. E atopou que o mellor lugar era o estreito de Rande.
Friedrich Wilhem Cloos, coñecido en Monforte como don Federico Guillermo, ordena
construír unha base de formigón, que aínda está hoxe en pé baixo dos piares da ponte
de Rande, e unha longa estrutura metálica, xa desaparecida.

En 1926, o vapor Estoril fai o primeiro cargamento de ferro. Consérvase no arquivo


Pacheco, do Concello de Vigo, unha foto do embarque destas primeiras duascentas
toneladas. Don Federico Guillermo, como tantos outros compatriotas, caeu enfeitizado
polo ascenso do nazismo. Aceptou un cargo no III Reich: vicecónsul en Monforte. E
din as crónicas que agasallaba os seus amigos a tradución castelá da obra de Hitler, A
miña loita.

21
Esta deriva filonazi prodúcese noutros moitos alemáns que estaban en Galicia antes da
guerra mundial. E, ao mesmo tempo, chegan ao país axentes para crear toda unha
arañeira económica e industrial que favoreza os intereses do Reich. En 1940, créase o
holding Sofindus (Sociedade Financeira e Industrial), con participación en bancos,
aseguradoras, minaría e navieiras. Participado maioritariamente por capital nazi, unha
das súas principais funcións é controlar a extracción e o transporte de volframio. Este
metal de gran dureza era empregado para a blindaxe dos carros de combate Panzer,
ademais de facer máis robustos os obuses. Hitler necesitaba volframio para fornecer
á industria bélica do Terceiro Reich.

Dúas foron as grandes


empresas tapadeira alemás Friedrich Wilhem
dedicadas ao volframio en Cloos agasallaba
Galicia. Unha, Estudos e os amigos con
Explotacións Mineiras Santa exemplares de ‘A
Tecla S.A., fundada en Vigo miña loita’, de
con capital de 12 millóns de Hitler
pesetas. Entre outros,
controlaba os xacementos do
monte Neme, en Carballo. A
segunda foi Montes de
Galicia S.A., con xacementos
sobre todo na provincia de
Ourense: Vilanova, Casaio, Vilardecervos ou Ribadavia...

Entre os españois que exercían como homes de palla do consello de administración


desta empresa estaba o Conde de Argillo, Martínez Ortego. Era o pai de Cristóbal
Martínez Bordiu, futuro xenro de Franco, avó de Carmen Martínez Bordiu. Outras
empresas nazis da época foron Somar e Minas Reunidas, fundadas en 1943, xa cando
a febre do volframio desfalecía.

O profesor Abel Losada, da Universidade de Vigo, un investigador capital para coñecer


a realidade económica da II Guerra Mundial en Galicia, afirma que co volframio se
desatou unha «guerra económica». Emprega así as propias palabras do entón
embaixador dos Estados Unidos en España durante a II Guerra Mundial. Nas súas
memorias, publicadas en 1946, Míster Hayes afirma: «Coido que non oíra falar do
volframio ata que cheguei a España. Pero de todos os xeitos, pronto souben o que
era. Todos os da embaixada convertémolo nun tópico de charla durante o día e máis
de un de nós soñaba con el durante a noite». Hayes conclúe que o volframio foi o
protagonista da «guerra económica en acción».

Os aliados boicotearon o tráfico de mineral cara a Alemaña facendo «compras


preventivas» para subir os prezos. Antes da guerra a tonelada de volframio custaba 20
dólares. Ao comezo da contenda, en 1939, xa valía cinco veces máis: 100 dólares. En
1943, subía dos 270 dólares, catorce veces máis.

22
O embarque de mineral polo cargadoiro de Rande provocou unha intensa actividade
de espionaxe. No Arquivo da Zona Marítima do Cantábrico, en Ferrol, hai informes
sobre espías sorprendidos cando tomaban fotografías de entradas e saídas de buques
nos portos de Ferrol e Vigo, que foron os máis activos para os nazis. Alí estaban os
buques Vessel e Max Albrecht, internados e dando servizo aos submarinos U-boot en
numerosas ocasións, como está recollido mesmo nos diarios persoais do almirante
Karl Doenitz.

A historia do cargadoiro de
Rande remata xunto coa O cargadoiro foi
propia guerra. En 1944, o usado dende
Departamento de Estado dos 1926 e o
Estados Unidos inclúe a volframio
Minerales de Hierro de forneceu a
Galicia na súa listaxe negra, maquinaria
como tamén a Otto bélica de Hitler.
Gerdtzen, propietario da
chamada «Fábrica do
Alemán», tamén en San
Simón, onde hoxe está o
museo Meirande. Como
aconteceu con moitos outros
nazis reclamados pola xustiza, don Federico Guillermo non foi detido. Morreu no ano
1949 en Monforte de Lemos e foi enterrado en Vigo, porque na súa vila non había
cemiterio civil. A súa tumba pode visitarse no camposanto de Pereiró.

23
O cargadoiro foi desmontado e vendido como chatarra na década dos 60. Quedan as
súas ruínas baixo da ponte de Rande. A grande estrutura metálica que hoxe aínda
vemos, moi preto cara ao interior da ría de Vigo, é moi posterior, construída para o
mineral de Coto Wagner en Ponferrada. Do antigo, queda a súa estrutura de
formigón e o recordo da guerra do volframio na enseada de San Simón, con nazis
como don Federico Guillermo señoreando por Galicia en plena II Guerra Mundial.

gciencia.com, 9 de novembro de 2015.

24
Funcionamento da lingua
O verbo (I)
As formas verbais

O verbo é unha palabra variable que indica accións, estados ou procesos. Funciona como
núcleo do sintagma verbal (SV).

A forma do verbo está composta por unha raíz verbal ou lexema, que achega o
significado léxico, e unhas desinencias (morfemas ou sufixos flexivos), as cales
engaden significado gramatical de persoa, número, tempo, modo e aspecto:

ando → and- (raíz) + -o (desinencias: 1.ª persoa, singular, presente,


indicativo, aspecto imperfectivo)

Na composición das formas verbais temos que salientar tamén a vogal temática (VT),
que indica a conxugación á que pertence o verbo. Así e todo, a VT non se reflicte de
maneira constante en todos os tempos e ás veces non está presente, o que se indica
co morfema de valor cero (Ø). Así pois, precisamos:

ando → and- (raíz) + Ø (VT) + -o (desinencias: 1.ª persoa, singular, presente,


indicativo, aspecto imperfectivo)

andabamos → and- (raíz) + -a- (VT) + -bamos (desinencias: 1.ª persoa, plural,
copretérito, indicativo, aspecto imperfectivo)

O verbo expresa número e persoa (mediante os morfemas número-persoais),


podendo distinguir seis persoais gramaticais:

25
  1.ª persoa 2.ª persoa 3.ª persoa

Singular eu ando ti andas el / ela anda

Plural nós andamos vós andades eles / elas andan

A acción do verbo pódese desenvolver nun tempo pretérito ou pasado


(comestes), no presente (loitan) ou no futuro (abrirá). Este tempo pode
expresarse nun modo indicativo, subxuntivo ou imperativo. As nocións de
tempo e modo indícanas os morfemas modo-temporais.

O aspecto gramatical presenta dúas variantes fundamentais:


Aspecto perfectivo, se a acción verbal se sitúa no pasado (Candela leu
o libro) ou no futuro (Candela mercará o billete de avión esta tarde)
respecto do momento da enunciación.

Aspecto imperfectivo, cando a acción verbal describe eventos,


procesos ou estados prolongados no tempo (Viñan de camiño).

Por outra parte, a voz verbal indica se o suxeito realiza a acción (voz activa:
O defensa interceptou o pase) ou a recibe (voz pasiva: O balón foi interceptado
pola gardameta).

26
As formas non persoais e as conxugacións
As formas non persoais carecen de flexión de número e persoa:

Infinitivo andar

Xerundio varrendo

Participio partido

Cómpre lembrares que en galego existe unha forma de infinitivo persoal que incorpora
morfemas flexivos de número e persoa. De aí o seu nome: infinitivo flexionado (aínda que
tamén recibe o nome de infinitivo conxugado). As súas desinencias son, para as seis persoas
gramaticais: Ø, -es, Ø, -mos, -des, -en:

andar, andares, andar, andarmos, andardes, andaren

Has profundar no infinitivo flexionado na vindeira unidade.

Por outra parte, recorda tamén que o verbo presenta tres conxugacións, definidas pola súa
terminación no infinitivo:

1.ª conxugación and-ar

2.ª conxugación varr-er

3.ª conxugación part-ir

A conxugación verbal
O verbo é a única clase de palabra que se pode conxugar. Cómpre recordar, ademais,
que toda a conxugación do verbo se articula sobre dous eixes ou temas: o tema de
presente e o tema de pretérito, isto é, a «forma fixa» que presentan os verbos para
os tempos de presente e de pretérito. Nos verbos regulares coincide o tema de
presente co de pretérito (and-o / and-ei), mais nos irregulares son diferentes (caib-o /

27
coub-en).

Segundo a raíz do tema de presente dun verbo, hase conxugar o copretérito, o


futuro de indicativo, o pospretérito, o presente de subxuntivo, o imperativo, o
infinitivo, o xerundio e o participio.

O tema de pretérito determina as raíces do antepretérito, do pretérito de


subxuntivo e do futuro de subxuntivo.

Recorda cales son os tempos verbais, que xa tes estudado en cursos anteriores.

MODO INDICATIVO

PRESENTE COPRETÉRITO PRETÉRITO

ando, andas... andaba, andabas... andei, andaches...

ANTEPRETÉRITO FUTURO POSPRETÉRITO

andara, andaras... andarei, andarás... andaría, andarías...

MODO SUBXUNTIVO

PRESENTE PRETÉRITO FUTURO

ande, andes... andase, andases... andar, andares...

INFINITIVO FLEXIONADO

andar, andares...

IMPERATIVO

anda, andade

FORMAS NOMINAIS

INFINITIVO XERUNDIO PARTICIPIO

andar andando andado

Os verbos regulares
28
Os verbos regulares son aqueles cuxa raíz se mantén invariable en toda a conxugación.

Desta maneira, nos verbos regulares o tema de presente coincide co de pretérito. As


formas dos verbos regulares constrúense seguindo os verbos modelo (andar, varrer,
partir), engadíndolle a cada raíz verbal as desinencias modo-temporais e número-
persoais correspondentes. Lembra, ademais, que a maioría dos verbos son regulares
na nosa lingua.

A seguir, incluímos algunhas consideracións sobre os verbos regulares que cómpre


teres en conta:

Os verbos en -cer (agás facer e derivados) e -cir (excepto dicir e os seus


derivados) son completamente regulares: obedezo, traduzo, conduzo...

A maior parte dos verbos cunha raíz rematada en vogal é regular:


Os verbos en -ear e -oar: nomeo, nomeas... / amontoo, amontoas...

Os verbos en -iar e -uar. Dentro destes, un grupo maioritario presenta


ditongo ou tritongo nas desinencias: cambia, anuncia, minguou...;
outro grupo, menos abundante, presenta secuencias de hiato: afío,
envíes, acentúa...

Os verbos acabados en -aer, -oer, -aír, -oír tamén son regulares, mais
intercalan un -i- entre a raíz e a desinencia, cando esta empeza por o
ou a: caio, saio, moia... Non entra neste grupo o verbo traer, que é
irregular.

Os verbos en -uír (concluír, posuír...) son regulares e, da mesma


maneira que os do grupo anterior, incorporan un signo de diérese ou
trema (¨) para marcar o hiato na 1.ª e na 2.ª persoas de plural do
copretérito de indicativo: posuïamos, posuïades.

Estudarás os verbos irregulares e os semirregulares na vindeira unidade.

Le esta entrevista e completa as actividades propostas:

29
«O turismo está a desvirtuar o sentido profundo do
entroido»
Falamos co antropólogo Rafa Quintía sobre a promoción destas festas.

Santiago de Compostela. Manuel Gago

Nos últimos anos, existe unha aposta crecente por parte das administracións por converter
determinados entroidos do rural galego nun produto turístico. O fenómeno está a espertar
algunhas reaccións críticas, como as da asociación compostelá Gentalha do Pichel, que
denuncian que o fenómeno ten repercusións en que aqueles que buscan o Entroido
abandonan a súa cidade para veren os entroidos ourensáns. Que cambios provoca nesta
antiga práctica da sociedade tradicional galega esta nova dimensión? Falamos co
antropólogo Rafa Quintía, especialista na festa do entroido, sobre estes cambios.

Cigarrón no Entroido de Verín.

—Percíbese nos entroidos galegos a presenza turística? Se for así, están a


provocar cambios nestas festas​?

—Si, estase notando unha tendencia cada vez maior á turistificación, sobre todo
naquelas declaradas de interese turístico nacional e naquelas que se están, diriamos,
«malpromovendo». Creo que se está a pasar dunha festa participativa, ritual e
poliédrica, na que entran moitos máis aspectos que o puramente estético, a un
30
espectáculo e a unha representación.

—Neste proceso, hai entroidos menos vistosos que quedan atrás e outros que se
favorecen?

—Hai que ter en conta que a maior parte dos entroidos se perdeu entre os anos 50 e
os 70. É unha festa espallada polo territorio e cada parroquia e lugar tiñan as súas
particularidades, porque iso tamén é propio do noso carácter e da tendencia a nos
diferenciarmos. Estase a aproveitar aqueles que teñen un maior impacto visual ou
estético, pero desvirtuando a festa, e por outro lado vemos unha pulsión de imitación,
estanse creando novos entroidos e recuperando outros. Igual que cando se crearon as
festas gastronómicas, nas que se inventaban especialidades locais.

—En que medida se producen invencións?

—Dáse o caso de novas máscaras. Ao querermos só a parte estética da festa,


buscamos unha personaxe propia, pero o importante dun entroido non é esa figura,
senón o rito que esta personaxe oficia. Cando o «Felo» percorre as aldeas de San
Mamede, iso é un asunto moi serio: un oficiante que está a facer un rito. Ficamos
cunha perspectiva banal, dos tempos modernos do consumismo e dunha visión
urbana do entroido no que este se reduce ao aspecto lúdico e satírico, cando o
entroido é moito máis.

—Como reaccionan as comunidades locais ante a chegada de tantos foráneos


para veren o seu Entroido?

—De dúas maneiras. Por unha banda, uns senten orgullo de que ao seu entroido veña
máis xente. Sobre todo isto pasa cos políticos e a Administración, que é a que está a
fomentar esta dinámica ata puntos sorprendentes. Tamén temos xente que está en

31
contra, sobre todo por certos comportamentos que se xeran por parte de foráneos
que non comprenden ben as tradicións. «Pantallas» de Xinzo de Limia que viven con
emoción o momento de vestir o traxe, e se desesperan de que calquera poida poñer o
traxe de pantalla e aparecer tirado polo chan bébedo. Ou xente que non sabe que as
máscaras non se poden tocar, pero bótanlles fariña ou agárranas. Despois, como estas
festas acaban sendo monopolizadas pola Administración e mal subvencionadas,
acaban reducindo o nivel de crítica, sátira e rebeldía que sempre levan asociadas. A
Administración tende a querer regular e normativizar todo, e aínda que o entroido
non é un caos nin moito menos, ten as súas propias normas.

A ninguén se lle ocorre, por exemplo, xuntar todos os pasos de Semana Santa na
Cidade da Cultura, porque non tería sentido. Porén, si se fai co entroido galego.
Aproveitamos todo o que ten de vistoso e visual pero deixamos atrás o que realmente
significa.

—Pero a sociedade galega tamén cambiou. Xa non está tan baseada no rural
como antes, no que nacían eses entroidos. Como poden estas festas afrontar o
futuro?

—O entroido como expresión cultural foi mudando ao longo do tempo. A súa raíz está
en ser a interface entre o inverno que remata e a primavera que empeza. Despois o
cristianismo foi condicionando, limitando e anulando a festa, e esta cambiou. Na
sociedade rural tamén foi mudando o seu significado, pero en Galicia aínda conserva
moito do entramado social, das necesidades de ritualizar enfrontamentos e aliviar
tensións. Coido que segue a haber un espazo para ritos que favorezan a cohesión
social, a sátira e mesmo para manter certas ritualidades. Hoxe en día estamos nun
proceso de homoxeneización cultural derivado da globalización, pero á vez estase a
producir unha resposta de afirmación das identidades colectivas, e nesa tendencia é
onde debemos mirar o futuro do entroido.

culturagalega.org, 9 de febreiro de 2016 (adaptación).

32
Ortografía
A acentuación. Casos especiais (I):
ditongos, tritongos e hiatos

O ditongo é a unión de dúas vogais nunha mesma sílaba. O tritongo, daquela, será a unión
de tres vogais na mesma sílaba.

Os ditongos e os tritongos acentúanse graficamente seguindo as regras xerais de


acentuación. Repara en que o acento gráfico se sitúa sempre na vogal forte (a, e, o).

diálogo, béisbol, xoieiro, axóuxere

Tamén debes ter en conta que non levan acento gráfico as palabras agudas cuxa
última sílaba presenta un ditongo decrecente ou un tritongo:

adeus, convoi, fluviais, Paraguai

O hiato prodúcese cando dúas vogais contiguas, isto é, que están en contacto, pertencen a
sílabas diferentes.

Os hiatos seguen as regras xerais de acentuación. Con todo, cómpre reparar

33
nalgunhas normas para acentualos correctamente:

Os hiatos entre vogais fortes (a, e, o) só se acentúan cando así o exixan as


regras xerais: cheminea, voante, moeda, gaélico, caótico, alvéolo, preámbulo...

Os encontros entre vogal forte átona (a, e, o) e vogal débil tónica (i, u)
sempre forman hiato, sen importar a posición de cada vogal no encontro.
Este hiato márcase graficamente cun acento na vogal débil: crúa, baúl, cría,
raíz...

Se ambas as vogais son febles (i + u), constituirán hiato se a segunda delas é


a tónica: ruído, miúdo. Caso de ser tónica a primeira ou ambas seren átonas,
forman un ditongo homoxéneo: produciu, enviuvar. A única excepción a esta
regra é a palabra triunfo.

Os verbos que rematan en -aer, -oer, -aír, -oír, -uír levan un signo de trema ou
diérese (¨) na 1.ª e 2.ª persoas do plural do copretérito de indicativo para
reflectir as vogais que forman hiato: moïamos (verbo moer), puïades (verbo
puír).

Lembra
O sistema vocálico galego está formado por cinco fonemas, en posición átona, e sete
fonemas, en posición tónica. As vogais medias (e, o) poden estar representadas, cando son
tónicas, por dous fonemas: semiabertos (/ɛ/, /ɔ/) ou semifechados (/e/, /o/).

Nalgúns casos, a abertura ou fechamento destas dúas vogais márcase graficamente cun signo,
o acento diacrítico (presa vs. présa), mais polo xeral a distinción entre a pronuncia aberta ou
fechada non se reflicte mediante a grafía.

Olla o cadro do vocalismo tónico:

34
As vogais a, e, o son vogais fortes, mentres que as vogais i, u denomínanse febles ou débiles.
De acordo con isto, distinguimos, respecto dos ditongos:

Ditongos decrecentes. Vogal feble (i, u) + vogal forte (a, e, o): ambiente

Ditongos crecentes. Vogal forte (a, e, o) + vogal feble (i, u): voitre

Ditongos homoxéneos. Vogal feble + vogal feble: viviu

Canto aos hiatos, podemos distinguir:

Hiatos formados por dúas vogais fortes: aéreo, heroe, caoba...

Hiatos formados por unha vogal forte, átona, e outra feble, tónica: raíña, lúa...

Hiatos formados por dúas vogais febles, das cales a segunda é sempre a tónica: xuíza,
fiúncho...

Escoita o recitado do poema Canción da claridade das palabras, na voz do seu propio
autor, Manuel María:

Canción da claridade
35 das palabras
Canción da claridade das palabras
A PALABRA é a única chave que abre
a nosa soedade e pon, á luz
do sol e do luar,
a choída intimidade máis escura.
A palabra nomea e crea ás cousas,
pon orde no mundo
e harmoniza a toda a creación.
Cando prostituímos á palabra
estamos invocando ao demoníaco.
E se deixamos morrer unha palabra
o universo enteiro
dóese de orfandade e desamparo.

Manuel María, Miniescolma, Edición de autor, 1998 (adaptación).

Vocabulario

Banal
adx. Que carece de interese ou de importancia. Intranscendente, superficial.

Choída
adx. (do verbo choer) Fechada, encerrada.

Contenda
subs. Guerra, combate, pelexa.

36
Enxergar
vbo. Divisar algo ao lonxe, sen poder distinguilo moi ben. Avistar.

Estaxirita
adx. Natural da cidade de Estaxira, unha colonia de Andros e de lingua grega, na
Calcidia, nos antigos territorios da Macedonia. Hoxe en día pertence a Grecia.

Aristóteles é alcumado «o estaxirita», por mor da súa nacenza na dita cidade.

Fíbula
subs. Peza de metal que, a modo de broche, suxeita os extremos dunha vestimenta.

Infografía
subs. (Do inglés informational graphics) Conxunto de recursos gráficos, creado por
medio da computadora, para presentar unha determinada información.

Promontorio
subs. Terreo elevado, especialmente o que penetra no mar.

Pulsión
subs. Impulso ou motivación que alguén sente para facer algo, motivado polo pracer.

Respectable
subs. Expresión empregada coloquialmente para referirse ao público asistente a un
espectáculo.

37

You might also like