O Movemento Obreiro No Sexenio Democrático e Na Restauración

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

11.

O movemento obreiro no Sexenio democrático e na Restauración

Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado terá que
contextualizar a expansión do movemento obreiro no período político do Sexenio Democrático,
relacionándoo co recoñecemento de dereitos na constitución de 1869 e coa influencia da AIT.
Tamén deberá ofrecer unha explicación básica dos principios esenciais defendidos polas
ideoloxías obreiras anarquista e marxista/socialista (obxectivos e medios empregados para a súa
consecución). Así mesmo, cumpriría que se referise á evolución do movemento obreiro no
último terzo do século XIX, sinaladamente da Restauración, como momento de consolidación
das organizacións de traballadores e do recoñecemento dos sindicatos, sen esquecer os episodios
represivos.

Doc.1.- Queremos a abolición de todas as clases sociais e a súa conversión nunha soa de
produtores libres, honrados e intelixentes.
Queremos que sexa o traballo a base sobre a que descanse a sociedade, que o mundo se
converta nunha inmensa federación de libres colectividades obreiras (...). Queremos que os
instrumentos do traballo, a terra, as minas, os arsenais, os buques, ferrocarrís, fábricas,
máquinas... sexan propiedade da sociedade enteira, sendo utilizados unicamente polas
colectividades obreiras que as fagan producir directamente, e no seu seo recibirá o obreiro o
produto íntegro do seu traballo (...).
O noso lema non pode ser máis claro nin terminante: NON MÁIS DEREITOS SEN DEBERES,
NON MÁIS DEBERES SEN DEREITOS. Ou en outros termos: QUEN QUEIRA COMER QUE
TRABALLE.
CONSELLO FEDERAL DA REXIÓN ESPAÑOLA DA AIT. Manifesto aos federados e a
todos os traballadores de España. 31-1-1872

Doc.2.- A folga xeral debe de ser esencialmente revolucionaria. (...) Unha folga non debe
declararse para alcanzar un pouco máis de xornal ou unha diminución da xornada, senón para
lograr unha transformación total no modo de producir e distribuír os produtos. (...)
[O sindicalismo] non debe considerarse como unha finalidade social, non debe ser interpretado
como un ideal, senón como un medio de loita (...) para conseguir todas as vantaxes que
permitan á clase obreira poder intensificar esta loita dentro do presente estado de cousas (...) a
fin de conseguir a emancipación económica integral de toda a clase obreira mediante a
expropiación revolucionaria da burguesía.
CNT. Resolucións [do Congreso fundacional]. 1910

Doc.3.- O Partido Socialista declara que ten por aspiración:


1. A posesión do poder político pola clase traballadora.
2. A transformación da propiedade individual ou corporativa dos instrumentos de traballo en
propiedade colectiva, social ou común. (...).
En suma: O ideal do Partido Socialista Obreiro é a completa emancipación da clase
traballadora; é dicir, a abolición de todas as clases sociais e a súa conversión nunha soa de
traballadores, donos do froito do seu traballo, libres, iguais, honrados e intelixentes (...).
A decapitación da burguesía, a finalización da explotación do home polo home, terana o
Partido Socialista Obreiro no momento que, axudado dun de tantos conflitos como o réxime
capitalista provoca, teña suficientes forzas para arroxar do poder á clase dominante. Dono o
proletariado do poder político, valerase del, non para tiranizar unha parte da familia obreira,
como equivocadamente (...) sosteñen certos elementos revolucionarios, senón para arrancar á
burguesía todos os seus privilexios e monopolios e reducir os seus individuos á categoría de
simples produtores.
PSOE. Programa. 1888.
Temos diante tres documentos, todos de carácter político, situados cronoloxicamente no período
da Restauración borbónica, que nos axudarán a explicar a evolución do movemento obreiro en
España durante esa etapa. Pois é na Restauración cando o movemento obreiro alcanza a súa
madurez. Xa con anterioridade este dera os seus primeiros pasos presentando características
semellantes aos países industrializados aínda que de forma menos intensa e máis tardíamente en
correspondencia co atraso e menor intensidade da industrialización en España.
Na sociedade de clases que se configurou paralelamente á industrialización e ao
desenvolvemento capitalista, existiu unha importante conflitividade social que deu orixe ao
nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras salariais e laborais para a
clase traballadora. O conxunto destas actividades chámase movemento obreiro.
Os obreiros formaron asociacións de socorro mutuo xa que por unha lei de 1839 autorizábase
aos traballadores a loitar polas melloras salariais e a redución da xornada laboral, como pola
regulamentación de traballo e a formación de caixas de resistencia, cooperativas de axudas e
montepíos para facer fronte a unha enfermidade, un despido ou unha morte. En 1844, o goberno
suprimiu esta lei, ata que no 1887 volveron a legalizarse.
Será durante o Sexenio Revolucionario cando aparezcan novas ideoloxías que terán unha fonda
repercusión nos movementos sociais: anarquismo e socialismo.
O primeiro documento axudarános a explicar isto. É un manifestó da Federación Rexional
Española da AIT. No 1864 fundouse en Londres a Asociación Internacional de Traballadores,
tamén coñecida como I Internacional, co obxectivo de potenciar a unión e a loita dos
traballadores pola súa emancipación en todo o mundo. No 1870 en Barcelona fundouse a
Federación Rexional Española, organización federativa constituída por distintas seccións
obreiras e integrada na AIT. Esta fundación foi resultado da labor levada a cabo polo activista
enviado pola AIT, Giusseppe Fanelli, que pertenecía á corrente dirixida por Bakunin, o
anarquismo. Daquela o anarquismo será a primerira de estas ideoloxías en prender en España,
tendo aceptación especialmente entre os obreiros de Cataluña e Levante e os xornaleiros da
metade meridional da península.
O seu obxectivo básico era a transformación revolucionaria e total da sociedade capitalista
mediante:
• A destrución do Estado.
• A eliminación de calquera tipo de autoridade ou poder (político, relixioso, familiar,
económico, militar).
• A supresión da propiedade privada e a abolición do dereito de herdanza.
• Eliminación de todo tipo de diferenza socioeconómica.
• A nova sociedade anarquista debía organizarse en comunas autónomas, gobernadas en réxime
de autoxestión, onde a autoridade fose substituída por acordos libres e pactos solidarios entre os
seus habitantes, todos eles copropietarios dos medios de produción.
• Esta transformación social debían realizala os propios traballadores, especialmente os sectores
máis desfavorecidos do proletariado agrario.
Os anarquistas desconfiaban da loita política como medio para lograr a transformación da
sociedade, por iso practicaron a abstención e o retraemento electoral. Como vía de loita
revolucionaria propuxeron diversos medios, o que deu lugar á aparición de fortes discrepancias
entre eles: folga xeral revolucionaria – tal como vemos no doc.2, da CNT - , creación de
sindicatos, formación de organización clandestinas, emprego da violencia e do atentado
(propaganda pola acción).
Así, no doc.1, o obxectivo do anarquismo, compartido co socialismo, que vemos nas primeiras
liñas, é unha sociedades sen clases na que, polo tanto, non haberá explotación dunha clase por
outra. Nas seguintes liñas se reivindica como se organizará esa sociedade sen clases, en
comunas que libremente se asociarán nunha federación. Aquí xa temos unha diferencia
importante co ideario socialista, como veremos despois. Nesa querencia da federación pola AIT
en España está a orixe da participación da AIT na rebelión cantonalista durante a primeira
República e, ademáis do temor de empresarios e políticos liberáis, a sua posterior prohibición.
O anarquismo caracterizouse pola súa división, tanto ideolóxica como práctica. Uns, como é o
caso do doc.2, foron partidarios de centrar a actuación no terreo sindical e de crear
organizacións que defendesen os principios colectivistas e antiautoritarios, mentres que outros
optaron por defender as súas ideas a través de accións directas e violentas.
Este documento pertenece ao congreso fundacional da CNT. A finais do século XIX, as
organizacións anarquistas eran numerosas pero pequeñas, e polo tanto pouco eficaces. Para
superar iso foi creada Solidariedade Obreira, moi activa en Cataluña nos anos 1906-1908. A
reacción anarquista ante a represión desatada despois da Semana Tráxica de Barcelona
propiciou a fundación nesta cidade, en 1910, do sindicato Confederación Nacional do Traballo
(CNT), que defendeu a folga xeral revolucionaria como a táctica esencial para a emancipación
da clase traballadora.
Algún tempo máis tarde que Fanelli chegou a España Paul Lafargue, xenro de Karl Marx, que
trouxo consigo a difusión do ideario socialista, que a grandes rasgos consiste en:
• O medio máis eficaz para conseguir a modificación da sociedade é a loita de clases.
• Estes cambios debía realizalos o proletariado, organizado en sindicatos e partidos políticos
obreiros.
• Os traballadores debían conquistar o poder e utilizar o Estado como instrumento de nivelación
social.
• Unha vez conquistado o poder, o proletariado debía imponer medidas de forza (ditadura do
proletariado): expropiación da propiedade privada e dos medios financeiros e de produción,
que debían pasar ao Estado.
• Lograda a colectivización e socialización dos medios de produción, todos os individuos
deberían ter iguais condicións de vida (desaparición das clases sociais) na nova sociedade
socialista.
No nacemento das organizacións socialista destacou o tipógrafo ferrolán Pablo Iglesias Posse,
máximo impulsor do partido político e do sindicato socialista, o Partido Socialista Obreiro
Español, fundado clandestinamente en 1879 por socialistas madrileños.
Contaba cun periódico, El Socialista, fundado en 1886 e, tras a publicación da Lei de
Asociacións de 1887, celebrou o seu primeiro Congreso en 1888. A Unión Xeral de
Traballadores foi constituída como federación de sindicatos socialistas en 1888.
O doc.3 é o programa de máximos do PSOE. Nel hai obxectivos común ao anarquismo, a
aspiración a unha sociedades en clases, na liña 5. E nos medios no que difiere e enfróntase co
anarquismo, pois para conseguilo, tal como se ve nas primeiras liñas, a clase traballadora debe
organizarse políticamente, crear partidos políticos e tomar o poder para, a través da dictadura do
proletariado, socializar os medios de producción como paso previo a unha sociedade socialista.
Aos enfrontamentos entre anarquismo e socialismo –reflexados nos enfrontamentos entre
Bakunin e Marx na AIT- fan referencia as últimas liñas na que, fronte a acusación de
autoritarismo, se matiza a dictadura do proletariado como algo transitorio.
En virtude de esa estratexia, a partir de 1890, o PSOE presentou candidatos ás eleccións
municipais e xerais. En 1909 os socialistas formaron unha alianza electoral cos republicanos
que permitiu a elección de Pablo Iglesias como o primeiro deputado obreiro.
Aínda que CNT e UXT foron os sindicatos hexemónicos na Restauración, a publicación, a
finais do XIX, da encíclica De Rerum Novarum (de las cosas nuevas) polo papa León XIII,
impulsou a creación de sociedades obreiras desde unha óptica cristiá co fin de contrarrestar o
avance do anarquismo e socialismo. Destacaron o Sindicato Católico dos Ferroviarios Españois
e o Sindicato Católico Obreiro de Mineiros Españois e a Federación Nacional de Sindicatos
Católicos, que defendían a colaboración de clases e pretendían lograr a concordia social que
defendía a Igrexa.
O incremento dos prezos e a escaseza dos produtos ou os impopulares impostos dos consumos e
a política de quintas orixinaron frecuentes motíns protagonizados polos sindicatos. Ante esta
situación, a actitude do Estado variou dependendo de quen gobernase. A grandes rasgos, os
gobernos conservadores tenderon a ser máis represivos coas movilizacións obreiras e os liberáis
máis permisivos, o dereito de asociación de 1887 foi cun gobernó de Sagasta. Aínda así sempre
houbo unha forte vixilancia e non dubidaron en empregar a forza, mediante a Garda Civil e o
exército, para sufocar os levantamentos, sobre todo no Primeiro de Maio.
No inicio do s. XX aparecerá, con Silvela, o Instituto de Reformas Sociais que elabora informes
da situación laboral e condicións de traballo da clase obreira coa intención de desenvolver unha
lexislación de tipo laboral e de seguridade no traballo. Este intervencionismo en materia laboral
non era ben vista pola patronal. Conseguiu promover leis que regularon o descanso dominical,
a protección do traballo infantil e feminino en determinadas industrias ou a creación de
organismos fundamentais como a Inspección de Traballo, o Instituto Nacional de
Previsión (1908),orixe do que logo será a Seguridade Social, os Tribunais Industriais ou o
Retiro Obreiro, entre outras realizacións. En 1909 se regula o dereito de folga e en 1919
apróbase a xornada laboral de 8 horas e o seguro obreiro obrigatorio.

You might also like