Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

O día 4 de xuño de 2024 os alumnos/as de 4º da ESO xunto coas profesoras Verónica e

Yolanda, fomos ao Parlamento de Galicia, co obxectivo de falar diante dos representantes


políticos sobre o “discurso de odio”, tema principal da Campaña Mundial pola Educación
deste ano.

Os/as compañeiros/as que nos representaron e leron o manifesto que elaboramos entre
todos foron Iria Lence e Iván Bermúdez. Diante dun auditorio cheo de rapazada e
profesorado doutros centros educativos galegos, así como representantes de ONG’s, o
noso centro deixou patente que é necesario que tanto comunidade educativa, como o
profesorado, como pais e nais, así como o resto da cidadanía se conciencie do problema
que está a acontecer hoxe en día na nosa sociedade: desprecio cara determinados
colectivos, racismo, xenofobia, e non respecto ás ideas e identidade de cada persoa...
Esperamos que a nosa mensaxe influíse na clase política e que se tome en consideración
o que alí se dixo.

Logo da intervención de todos/as os/as participantes do resto de centros educativos,


os/as representantes políticos tomaron a palabra para respostar aos nosos manifestos, e
agradecernos a nosa participación e activismo político cara a conseguir un mundo mellor.

Xa rematado o acto e como non nos quedaba moito tempo fomos comer. Algúns levamos
a comida da casa e xantamos na Alameda e outros optaron polo “equilibrado” menú do
KFC. A verdade é que a nosa idea era rematar visitando Santiago, pero como o acto
comezou tarde non nos dou tempo, e tivemos que voltar cara Monfero.

De todos os xeitos foi un día xenial, gozamos dunha xornada na que o tempo nos
acompañou e esperamos poder repetir a experiencia nun novo contexto.

Alumnado de 4ºESO
CPI Plurilingüe Virxe da Cela

You might also like