Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 23

4.

Os animais
vertebrados

1
Os gato
Os gatos domésticos

Hoxe en día son millóns os gatos Autoría: wikipedia/bastet


domésticos que se distribúen por todo o
mundo.

Pero, que foi o que fixo que se


convertese nun animal tan popular?

A visión que o home tivo deste pequeno


vertebrado foi totalmente diferente ao
longo do tempo e marcou parte da súa
historia.

A súa época dourada foi no Antigo


Exipto. Bastet era unha deusa exipcia con
forma de gato que protexía o fogar e
representaba a alegría de vivir.

Tamén hai unha lenda exipcia que conta que os gatos guiaban aos faraóns no seu
camiño ao máis alá, grazas a que poden ver na escuridade.

Os exipcios sentían devoción polos gatos. Se morría un, todos os membros da familia
afeitaban as cellas en sinal de dó e agardaban un ano antes de adquirir outro.

A súa peor etapa foi na Idade Media. Os gatos eran considerados animais demoníacos
e foron perseguidos ata case ser exterminados.

2
Caracte
Características dos
animais vertebrados

Os animais vertebrados caracterízanse por ter un esqueleto interno ríxido que está
formado por moitas pezas que se articulan entre si. O esqueleto ten tres funcións:

Permite realizar movementos xa que forma parte do aparato locomotor.

Sostén e dálle forma ao corpo.

Protexe os órganos. Por exemplo, as costelas protexen os pulmóns.

As lampreas, as quenllas e as raias teñen un esqueleto formado por cartilaxe. O


esqueleto dos demais animais vertebrados está formado por ósos.

No esqueleto de todos os vertebrados distinguimos a columna vertebral e o cranio.

3
O corpo dos animais vertebrados está dividido en varias partes:

Cabeza.

Tronco.

Extremidades. As extremidades poden ser moi diferentes entre si.

Os peixes, mamíferos acuáticos e aves como os pingüíns teñen aletas que lles serven
para nadar. Os morcegos e a maioría das aves presentan ás que lles permiten voar.
Outros vertebrados posúen patas que lles permiten camiñar, correr, saltar.

As serpes non teñen extremidades, pero poden desprazarse igual movendo en zig zag
o seu corpo.

Algúns animais vertebrados, ademais, teñen cola.

Sabías que...?
Todos os animais vertebrados teñen un número par de extremidades. A única excepción son as
lampreas.

Os animais vertebrados poden dividirse en cinco grupos: os mamíferos, as aves, os


peixes, os anfibios e os réptiles. Ao longo desta unidade coñecerás as características
de cada un dos grupos.

4
Un reto antes de seguir
Os gatos son mamíferos. Pénsase que os actuais gatos domésticos son descendentes dun
pequeno grupo de gatos silvestres que se asociaron ao home no Oriente Medio hai uns 10.000
anos.

A partir de entón foron, pouco a pouco, chegando a diferentes lugares do planeta. Como se
moverían dun lugar a outro situado a milleiros de quilómetros?

5
Os mam
Os mamíferos

Os mamíferos son animais vertebrados. Case todos son terrestres pero tamén hai
algúns acuáticos, coma os golfiños e as baleas, e outros voadores, coma os morcegos.
Chámanse así porque posúen glándulas mamarias. Estas glándulas producen leite co
que alimentan ás súas crías.

Características
Os mamíferos teñen as seguintes características xerais:

Posúen catro extremidades. Algúns coma os corzos teñen patas, outros,


coma as focas, aletas, e outros, coma os morcegos, ás.

Son animais vivíparos. Nacen do ventre da súa nai e aliméntanse do leite que
producen as súas mamas.

Teñen fecundación interna. O óvulo e o espermatozoide únense no interior do


corpo da femia.

Respiran mediante pulmóns.

Teñen unha boca con dentes e beizos que lles permiten mamar.

Case todos teñen pelo.

Poden controlar a temperatura do seu corpo. É dicir, non importa se vai frío
ou calor, a temperatura corporal mantense estable.

Case todos son terrestres. Uns poucos son mariños ou voadores.

6
Sabías que...?
Os ornitorrincos e as equidnas son mamíferos. Son os únicos mamíferos non vivíparos; os
ornitorrincos e as equidnas poñen ovos.

Alimentación
Segundo o alimento que comen os mamíferos agrúpanse en:

Herbívoros. Aliméntanse de plantas. Os ruminantes son un grupo de


herbívoros que teñen un estómago dividido en catro partes que lles permite
dixerir os alimentos en dúas etapas. A vaca e a xirafa son ruminantes.

Carnívoros. Aliméntanse de carne. Os lobos e as focas, por exemplo, son


carnívoros.

7
Omnívoros. Aliméntanse de plantas e carne. Os raposos e os osos son
omnívoros.

Un reto antes de seguir


Os gatos son animais moi territoriais. O máis probable é que os primeiros gatos que se
asociaron ás poboacións humanas fixérano cando apareceron os primeiros asentamentos
sedentarios.

Estes mamíferos son uns superviventes. Pero, sabes por que? Que características os fan tan
fortes?

8
Sabías que...?

Jane Goodall Créditos: Nick Stepowyj

É unha científica nacida no Reino Unido que


se considera pioneira no estudo dos
chimpancés. Pasou numeros anos estudando
o seu comportamento en estado salvaxe en
África.

Conta con numeros premios e


recoñecementos á labor realizada durante a
súa carreira.

9
As aves
As aves

As aves viven e crían na maioría dos hábitats terrestres.

Son animais vertebrados que teñen as súas extremidades anteriores modificadas


como ás. As ás e outras adaptacións do seu corpo permítenlles voar, pero algunhas,
como a avestruz, non o poden facer. Ademais de voar as aves poden camiñar, dar
chimpos ou manterse erguidas sobre as súas patas, incluso hai algunhas que poden
nadar.

Características
As aves teñen as seguintes características xerais:

Teñen ás e patas. Autoría: Andreas Trepte

Reprodúcense por fecundación


interna.

Son ovíparas. As femias poñen


ovos que incuban coa calor do
seu corpo ata que se produce a
eclosión e nace a cría.

Respiran por pulmóns. Os


pulmóns comunícanse cos sacos
aéreos que son órganos que se Picapeixe
enchen e baleiran de aire durante
a respiración.

Posúen un peteiro sen dentes.


Os peteiros das aves teñen
formas diferentes segundo o tipo

10
de alimentación.

Teñen ósos ocos, así pesan menos e poden voar con máis facilidade.

Teñen a pel cuberta de plumas.

Posúen catro extremidades. As posteriores son patas e as anteriores, ás.

Manteñen a temperatura do seu corpo estable, tanto se vai frío coma se vai
calor.

Alimentación
Segundo o alimento que comen as aves agrúpanse en:

Herbívoras. Aliméntanse de plantas. Os gansos e as perdices son herbívoros.

Carnívoras. Aliméntanse de carne. Por exemplo a aguia e a anduriña son


carnívoras. Algúns carnívoros son carroñeiros. Non cazan as súas presas,
senón que se alimentan de animais mortos; por exemplo, o voitre.

Omnívoras. Aliméntanse de plantas e carne. A galiña e a pomba son


omnívoras.

11
Un reto antes de seguir
Os gatos teñen moi desenvolvido o sentido da vista e poden distinguir obxectos con moi pouca
luz. Tamén son moi sensibles aos ruídos e vibracións. Ademais teñen bo sentido do equilibrio e
da orientación.

Teñen unha mandíbula moi poderosa con dentes especializados para unha dieta carnívora.
Tamén posúen garras retráctiles.

Estas son algunhas das características que fan que sexan uns magníficos cazadores.

Precisamente, esta faceta é a que contribuíu ao comezo da “amizade” entre o ser humano e o
gato. Sabes cal é o motivo concreto? Pensas que esa relación sempre foi boa?

12
Os peix
Os peixes

Os peixes son animais acuáticos. Poden vivir en auga doce (ríos e lagos) ou en auga
salgada (mares). Só algúns casos, como os salmóns, os esturións e as anguías, pasan
parte da súa vida en auga doce e outra parte en auga salgada.

Características
Os peixes teñen as seguintes características xerais:

As extremidades dos peixes son as aletas.

Reprodúcense por fecundación externa. Os peixes liberan os seus gametos


na auga, onde se produce a fecundación e o desenvolvemento das crías. Os
peixes non incuban os seus ovos.

Son ovíparos.

Teñen boca con dentes. A forma dos dentes é diferente segundo o tipo de
alimentación.

Respiran por branquias. As branquias son órganos con forma de láminas finas
situadas aos lados da cabeza. Permítenlles aos peixes obter osíxeno da auga e
expulsar dióxido de carbono.

A maioría dos peixes teñen esqueleto óseo, aínda que algúns como as quenllas
e as raias posúen un esqueleto de cartilaxe. O esqueleto dos peixes está
formado por espiñas.

Teñen a pel recuberta por escamas. As escamas poden ter formas e tamaños
diferentes. Dispóñense en ringleiras que se solapan. O extremo libre de cada
escama queda por encima da escama seguinte.

Non son capaces de controlar a temperatura do seu corpo por si mesmos,


dependen do ambiente no que se atopen.

13
A maioría dos peixes teñen vexiga natatoria. A vexiga natatoria é unha bolsa
de paredes flexibles que se pode encher cunha cantidade variable de gases.
Con ela, controlan a profundidade á que se sitúan, sen necesidade de nadar.

Branquias do atún

Sabías que...?
Algúns peixes forman parte das nosas dietas. Para evitar que as actividades pesqueiras poñan
en perigo ás poboacións de peixes, os gobernos estableceron unhas tallas mínimas. Non se
poden pescar peixes de tamaños menores a estas tallas.

Esta non é a única norma para protexer ás poboacións de peixes. Por exemplo, hai outras que
nos din cantos podemos pescar e cando o podemos facer.

14
Alimentación
Segundo o alimento que comen os peixes poden agruparse en:

Herbívoros. Aliméntanse de plantas acuáticas ou algas. Os muxes son


herbívoros.

Carnívoros. Aliméntanse doutros peixes, insectos, crustáceos, moluscos e


outros invertebrados. Por exemplo, o atún e as troitas.

Omnívoros. Aliméntanse de vexetais e doutros animais. Por exemplo, as


carpas.

Un reto antes de seguir


Coa aparición da agricultura xurdiron os primeiros asentamentos humanos. Ao almacenarse
colleitas nos poboados, comezaron a aparecer pequenos roedores. Os gatos, atraídos por
tantas presas, achegáronse. Axiña comezou unha relación beneficiosa para o home e o gato.

Os gatos tamén poden cazar serpes ou víboras, o que fai que os arredores das casas sexan máis
seguros.

15
Os anfi
Os anfibios

A diferencia doutros vertebrados, os anfibios sofren unha transformación durante o


seu desenvolvemento. Este cambio pode ser moi drástico e chámase metamorfose.

As crías dos anfibios viven na auga mentres que os adultos viven na terra, aínda que
precisan moita humidade. Durante a metamorfose, o corpo dos anfibios sofre
transformacións que permiten este cambio de hábitat.

Características
Os anfibios teñen as seguintes características xerais:

Cando son adultos teñen catro patas. Nalgúns anfibios son todas do mesmo
tamaño, coma os tritóns; outros teñen as patas posteriores moito máis longas
para poder saltar, coma as ras.

Algúns, como as píntegas, teñen cola cando son adultos e outros, como as ras,
non.

Reprodúcense por fecundación externa. O macho e a femia liberan os


gametos á auga e é aquí onde se produce a fecundación.

Son ovíparos. Dos ovos nace unha larva que, no caso das ras, chámase
cágado. Os cágados sofren un proceso de metamorfose para adquirir as
características dos adultos.

As larvas respiran por branquias, e os adultos, por pulmóns e pola súa pel
húmida.

Teñen o corpo recuberto por unha pel núa; é dicir, non teñen nin pelo, nin
plumas, nin escamas. A pel dos anfibios debe estar sempre húmida.

A temperatura do seu corpo depende do medio, é dicir, de se vai calor ou frío.

16
Metamorfose da ra.

Alimentación
A alimentación dos anfibios depende da súa idade:

As larvas son herbívoras. Comen plantas acuáticas.

No seu estado adulto, os anfibios son carnívoros. Aliméntanse de


invertebrados ou pequenos vertebrados.

17
Un reto antes de seguir
O comercio tivo moito que ver coa distribución dos gatos por todo o mundo. Foi frecuente a
presenza de gatos en embarcacións para protexer as mercadorías fronte aos roedores. Tamén
se comerciou con eles, vendéndose como animais de compañía ou para controlar pragas.

Os gatos expandíronse con rapidez, pero na Idade Media sufriron un gran desprestixio e foron
case exterminados porque se relacionaban con bruxas e demos.

Cos avances científicos, conseguiuse demostrar que as enfermidades están causadas por
microorganismos tales como as bacterias. Con frecuencia, as ratas transmiten enfermidades
perigosas. Volveuse valorar o papel de control que exercían os gatos para reducir epidemias,
como a da peste negra que matou millóns de persoas no século XIV.

18
Os rép
Os réptiles

A maioría dos réptiles viven na terra, aínda que hai uns poucos que viven na auga.

Características
Os réptiles teñen as seguintes características xerais:

Teñen catro patas cortas, agás as serpes que carecen de extremidades.

Reprodúcense por fecundación interna.

Son ovíparos e non incuban os seus ovos.

Case todos teñen dentes que empregan para suxeitar a comida. Algúns como
as víboras teñen dentes que inxectan veleno.

A lingua dos réptiles ten varias funcións: gustativa, olfactiva e táctil. Nalgúns
casos é bífida.

Teñen o corpo recuberto por escamas. Estas escamas non son flexibles, polo
que os réptiles téñenas que cambiar a medida que medran. As escamas
antigas despréndense e, por debaixo, quedan outras novas. Este proceso
denomínase muda. As tartarugas posúen, ademais, unha coiraza dura que as
protexe.

A temperatura do seu corpo depende do medio, é dicir, de se vai calor ou frío.

19
Sabías que...?
Dependendo da temperatura do ambiente á que estean os ovos do crocodilo, nacerán machos
ou femias.

Alimentación
Segundo o alimento que comen, os réptiles poden agruparse en:

Herbívoros. Aliméntanse de plantas, como as tartarugas terrestres e as


iguanas.

Carnívoros. Aliméntanse doutros animais. Os réptiles tragan as súas presas


sen mastigar. As características da mandíbula das serpes permítenlles tragar
presas grandes. As lagartas e os camaleóns son insectívoros.

Omnívoros. Algúns réptiles aliméntanse sobre todo de plantas, pero ás veces,


poden tamén comer algúns invertebrados de pequeno tamaño. É o caso
dalgúns tipos de tartaruga.

Autoría: Karl Larsaeus

20
Un reto antes de seguir
Os gatos non só serviron para controlar pragas.

Algúns exemplos son:

A súa beleza foi inspiración para moitos artistas, escritores... Seguro que coñeces gatos
famosos dalgunha serie, libro ou película, non si?

O seu carácter afable e independente fai que sexa o animal de compañía preferido
dalgunhas persoas.

Algúns gatos incluso viaxaron ao espazo. O primeiro foi Felicette, en 1963, que regresou
a salvo á Terra.

21
Glosario

Aparato locomotor
Aparato formado polos ósos e músculos que permite realizar movementos.

Bífida
Que está dividida en dúas partes.

Cartilaxe
Tecido animal resistente e elástico. No ser humano, por exemplo, atopamos cartilaxe
na farinxe, no nariz, nas orellas ou nas articulacións.

Eclosión
Acción de abrirse o ovo.

Espermatozoide
Gameto masculino.

Fecundación
Proceso no que dous gametos, un feminino e un masculino, se unen para formar un
novo individuo.

Gameto
Célula reprodutora masculina ou feminina que, ao unirse á célula reprodutora do sexo
oposto, dá lugar a un novo individuo.

Glándula
22
Glándula
Órgano do corpo que ten como misión segregar certas substancias. Por exemplo, as
glándulas mamarias segregan leite.

Hábitat
Lugar que reúne as condicións axeitadas para que unha especie poida vivir e
reproducirse.

Larva
Individuo que nace dun ovo e que sofre unha metamorfose para adquirir as
características dun adulto. Ocorre en certos animais como os anfibios, insectos ou
crustáceos. As larvas son moi diferentes aos adultos.

Óvulo
Gameto feminino.

Vivíparo
Animal que durante a súa etapa ou estado embrionario permanece e se desenvolve
no interior do organismo da súa nai.

23

You might also like