Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 26

elogho?

elogho?

en galego_2 enredos_12
a ciencia en galego_3 celebracións_14
unha lección de cine_4 viaxes_15
avelaíñas_samaín_5 biblioteca_de festa_17
correlingua_dinamización_6 corazóns solidarios_18
letras galegas_7 Iniciativas_19
25N_8 páxinas creativas_20
diálogos_10 formación profesional_23
escola de familias_11 despedidas_24

sobre a capa da revista a nosa revista


Esta é a publicación anual do
EDLG do Losada.

Pero, non só.

Temos vocación de ser a revista do


IES Losada Diéguez.

Non temos sitio para todas


actividades que se fan no noso
centro, que son moitas.

Se non ten encontras, é culpa nosa

Le, recorda, goza e comparte.


Seguro que aquí dentro atopas
algún motivo para lembrar.
A profe de Plástica e xefa do departamento,
O ano que ven volvemos.
Raquel Rodríguez Reino, que tamén forma parte
do EDLG, regalounos esta magnífica capa para
o ELOGO? 2024.

Revisitando a Losada Diéguez

2
elogho?

O pasado 14 de maio o alumnado de 1º ESO A participou


na gravación dun novo programa do proxecto Dinamiza
TV, promovido polo Concello da Estrada. Guiados por
Lucas Terceiro e Paula Cereixo viviron unha intensa mañá
Por sexto curso consecutivo o EDLG publicou o de cámaras, micros, iluminación, son, gravación. Polo que
almanaque anual que foi pesentando ao inicio de cada se ve, moi ben o pasaron. Agardamos impacientes o resul-
trimestre. Os contidos do mesmo foron seleccionados tado. Parabéns!!!
polo EDLG que tamén se encargou do seu deseño.
Cada mes estivo dedicado a unha escritora galega da
literatura contemporánea: Antía Otero, Begoña
Caamaño, Andrea Maceiras, María Solar, Olga Novo,
María Xosé Queizán, Alba Cid, María Lado, Luísa
Villalta e Lupe Gómez.
Foron moitos os grupos e tamén alumnado e
profesorado que descargou e imrimiu o calendario
para convertelo nunha ferramenta útil para o traballo
diario.

O DIA DE ROSALÍA foi celebrado unha vez máis no


Losada. A Biblioteca do centro coa colaboración do
EDLG preparou unha magnífica exopsición de libros
e de ilustracións a partir de poemas da nosa autora
que tamén se estendeu polos corredores do centro.

O equipo de audiovisuais do EDLG fixo un vídeo


que podes ver aquí:
https://youtu.be/8a15z7mQMZI

3
elogho?

Redacción EDLG

Con motivo do día de San Alberto Magno, patrón bacterias e antibióticos. Esta segunda actividade
das ciencias, o 15 de novembro conmemoramos inseríase, ademais, no proxecto
a semana da Ciencia en Galego no Losada. Esta VIDEOCONECTAD@S que levan adiante os
celebración pretende poñer en valor o uso da Equipos de dinamización da lingua galega dos
nosa lingua no ámbito científico e contribúe a centros educativos da Estrada (Dinamizaestrada)
promover a investigación desenvolta na lingua
propia de Galicia. As actividades estiveron
organizadas polo EDLG do Losada e os
departamentos de Física e Química e de Ciencias
Naturais.
Na primeira das actividades, un grupo de 9
alumnos e alumnas 1º de Bacharelato que cursa
a materia de Física e Química realizou unha
exposición de carácter científico, apoiándose en
presentacións de diapositivas e maquetas
realizadas por eles mesmos. Estivo destianada
aos máis novos do centro, os seus compañeiros
de 1º da ESO. A exposición tratou sobre os
Premios Nobel, dándolle especial relevancia aos
de Física e Química. Comezaron explicando qué
son estes premios, por que se dan, cal é a
remuneración que se lle da aos galardoados, que
logros se teñen que conseguir para acadalos e
cales foron os últimos en saír este mes de outubro
relacionados coa ciencia.
Para continuar, presentaron o Premio Nobel de
Física de 2010, que foi para os descubridores do
grafeno, un material composto por grafeno puro
que ten aplicacións moi interesantes en
electrónica como as novas baterías. Para rematar
falaron sobre o Premio Nobel de Química deste
2023, o dos inventores dunha tecnoloxía moi
innovadora en óptica. Trátase dos Quantum dots
ou puntos cuánticos, unhas partículas de tamaño
nanométrico que cambian de cor en función do
seu tamaño e que ademais teñen diversas
aplicacións en medicina, como a detección do
cancro.
A celebración completouse cunha sesión de
videoconferencia cos CEIP do Foxo e CEIP de
Figueiroa na que un grupo de alumnos e alumnas
de 1º Bac da materia de Bioloxía e Xeoloxía fixo
unha entretida exposición ao alumnado de 6º
destes centros. Contáronlles como algúns
“axentes” microscópicos producen enfermidades e
como o noso corpo se defende delas,
aproveitando para explicar quen descubriu o
primeiro antibiótico. Insistiron no tipo de
enfermidades coas que se poden usar antibióticos
e con cales non, tema importante na educación
científica da cidadanía. A sesión rematou con Imaxes das actividades arredor da ciencia en galego
interesantes preguntas da rapazada sobre virus,

4
elogho?

AS NEVES DE SONIA MÉNDEZ coñecen. A noite de Entroido un grupo de


adolescentes celebran unha festa e dróganse con
75 alumnos/as e profes de 4º ESO e 1º cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte
BACHARELATO do Losada achegáronse no día de espertan cun temporal de neve e a noticia de que
onte, 22 de maio, aos Minicines Central para Paula, unha das mozas da festa, desapareceu.
gozar coa proxección da película AS NEVES Mentres, a vila queda incomunicada e cae
dirixida por Sonia Méndez. Internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase
unha investigación que causará un profundo
Trátase dun filme galego ambientado nunha vila cambio nas súas vidas e na súa relación co
galega de montaña, As Neves, onde todos se mundo.

ASÍ A VIRON...
“O filme gustoume, é entretido e “A película gustoume moito. “Gustoume moito esta película.
esta interpretado por persoas da Tiven a oportunidade de vela Pareceume moi divertida e reflicte
nosa idade, máis ou menos. dúas veces e se puidera veríaa moi ben o estado dos adolescen-
Trata temas de hoxe en día que máis. Considero que reflicte tes actualmente. Penso que eso
son próximos a nós. Todo isto unha realidade que temos moi axuda a conectar moi ben con
fai que nos interese máis e que preto de nós e que os protago- ela xa que quizais nos sentimos
o comprendamos mellor”. nistas son adolescentes da no- identificados”
sa idade para podermos ver
“A recomendación da sarxento aínda máis esa realidade”. “Non me gustou o final, como
á súa filla paréceme mal. Sexa morreu Pau. Non se sabe por
quen sexa, ten que asumir os “Entendo que se queiran cubrir que Manu ten esa ferida...”
seus feitos. Por outra banda, entre eles, pero se eu fose inte-
quere protexer a súa filla, polo grante do grupo confesaría sen “A sarxento no quere que a súa
que é comprensible que lle di- dubidalo, xa que o tempo para filla teña problemas, calquera nai
xera que non falase diso con atopala era o peor enemigo” faría o mesmo. Non digo que
ninguén” estea ben, pero parece lóxico”

Adelaida Vilariño Gómez, 4º ESO A Alba Albarellos Pose, 4º ESO A Noa Otero Calviño, 4º ESO A

5
elogho?

Ao peche da edición da revista a aula de teatro O EDLG e a Biblioteca propuxeron un Samaín


Avelaíñas do Losada continúa cos seus ensaios pa- terrorífico con iniciativas orixinais e con moita
ra a posta en escena da obra Pelexa no souto, da participación.
autoría do escritor e profesor estradense Olimpio O 16 de novembro, tivo lugar a entrega de pre-
Arca Caldas. Están previstas varias actuacións no mios do II Concurso de epitafios do Samaín, que
centro para toda a comunidade edcucativa e tamén volveu ter un enorme éxito despois da primeira
unha saída para representar a obra no IES O Ca- edición celebrada o curso pasado. Foron moitos e
rril, o día 19 de xuño. Dende a redacción da revis- moi orixinais os traballos presentados e o xurado,
ta desexámoslles moita sorte. constituído polo alumnado de 3º ESO, non o tivo
nada doado.
No mes de novembro, un pequeno grupo de com- O gañador do certame foi “ Pili, unha de tortilla”
poñentes da Aula de tearo Avelaíñasparticipou onte de Samuel Calviño Godoy 1º ESO B.
luns na VI Mostra de teatro escolar Olimpio Arca En 2º luigar “ Por fin deixei de fumar” de Manuel
Caldas. Puxeron en escena "Eu tamén fixien ouigha Rodríguez Rajoy 1º ESO A
co espírito de Castelao" baseada nun texto de Sé- En 3º lugar “ Torres Xemelgas. Aquí vén o avión”
chu Sende. Fixérono moi ben. Parabéns E tamén ao de Nerea Carrillo Fuentes 1º ESO B
seu director Fran Campos

Ademais por iniciativa de alumnado de 4º B, inte-


grante do EDLG, tivemos a ocasión de tirar fotos
no PHOTOCALL DO TERROR con OSIÑOS, es-
collendo a frase que máis medo dese. Habías
moi orixinais.

Momentos da representación e o grupo co seu director Mesa do terror na biblioteca

6
elogho?

O martes 21 de maio, despois de ser adiado polo Non podía faltar aquí a reseña da XI Festa das pa-
mal tempo, celbrouse unha nova edición do Sa- labras Dinamizaestrada na que o Losada estivo tan
maín, baixo o lema DE AQUÍ ATÉ ACOLÁ, GALE- ben representado. Foi o mércores 22 de maio, nun-
GO XÁ!. ha noite moi especial nun Teatro Principal ateigado
O Losada enviou unha magnífica representación a de palabras, música e xente. Parabéns aos nosos
través do alumnado de 3º ESO, que ademais tra- premiadas e premiadas Iria Pérez, Pablo Rosende,
ballou nos días previos na elaboración de dúas Xabier Ferro, Iago Lueiro e Joel Rivadulla (Lidia
pancartas que luciron no envento. Márquez, premiada tamén, non puido asistir).
Tamén esiveron por alí, acompañando e entregan-
do os premios dunha das categorías, Ana Parada e
Xabier Camba. Non faltou a fermosa alocución do
padriño, Carlos Loureiro Rodríguez e a música a
cargo de Lucía Azurmendi Grupo. Todo isto moi
ben presentado por Lía e Mateo do IES García Ba-
rros e envolveito nunha organización fantástica.

O traballo A TRIGONOMETRÍA NON É UN TOS-


TÓN realizado por alumnas de 4º ESO da materia
de Matemáticas recibiu o 2º premio do certame
EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0
Este certame convócase para promover a utiliza-
ción do galego nas matemáticas e estimular a
creatividade do alumnado cos medios audiovi-
suais. Moitos parabéns!!!
Podes ver o vídeo, musical por certo, neste enlace:

https://youtu.be/lm1AHciKXdw?si=9GlWrsVJVhaZrVkF

7
elogho?

O EDLG do Losada, a Biblioteca e


o Departamento de Artes Plásticas
convocaron unha nova edición do
Concurso Fotográfico das Letras
Galegas, e xa imos pola terceira.

Nesta ocasión podías escoller al-


gún dos 6 textos de Luísa que
aparecían no cartel anunciador,
facer unha fotografía inspirada no
que che suxerise o texto e enviala.
Ao peche desta publicación están
expostas no corredor da biblioteca
as cinco fotografías finalistas, das
que sairá o traballo gañador.

Queremos remarcar especialmente cantan á Coruña, ao que se perdeu pais fontes de información sobre o
esta actividade dada a súa orixinali- co paso do tempo, coa especulación, réxime que se tivo no estranxeiro. O
dade e calidade da mesma. co egoísmo...e que non soubemos ou aire naif das súas creacións burlou a
Trátase dun total de 9 traballos reali- non quixemos parar. Trátase dunha censura; estas saíron de Chile ven-
zados polo alumnado da materia de escolma de 9 poemas vencellados a déndose como inocentes pezas de
Expresión artística de 4º de ESO rea- 9 “lugares ” emblemáticos da cidade, artesanía cando en realidade eran
lizados a partir de candanseu poema 9 anacos que a constrúen. Compár- valiosas e crúas testemuñas das bar-
da autora dedicado a diferentes lu- tese cos destinatarios a visión particu- baridades que estaban a vivir no
gares da Coruña. lar de todos eles mediante a metáfo- país.
Pretendeuse homenaxear á autora ra, bordada e recortada en 9 anacos Para chegar a aparente simplicidade
protagonista das Letras Galegas des- de feltro. das imaxes finais tivemos que facer
te ano, ademáis de indagar nunha Analizouse o traballo das chamadas un traballo de sintetización, para elo
técnica plástica pouco coñecida: a “arpilleristas chilenas”, nais, irmás, depuramos as ideas orixinais traba-
arpillera. De entre todos os textos da viúvas...dos desaparecidos durante a llando con LEGO.
autora, procurouse un nexo común: a dictadura de Pinochet. Mulleres que O proxecto foi elaborado polo De-
cidade de A Coruña, protagonista e aparentemente se entretiñan e tenta- partamento de Artes Plásticas e con-
referente en gran parte da súa obra. ban de sobrelevar a dor bordando tou coa colaboración do EDLG do
Retrátase a Luísa Villalta como un inxenuas e inocuas arpilleras con centro. O video:
faro que nos ilumina coa súa persoal anacos de teas de cores. Mais acaba- https://youtu.be/MYO_r7Zf4Xc?
ollada a través dunhas verbas que ron converténdose nunha das princi- si=A3Q39dGczVo19chU

8
elogho?

Lía Vieites, Xian Agra, Roi Nodar, e Inés Andrade, 1º BAC


Xa en 2004, a lei orgánica de medidas de reflexión sobre aquelas accións que pasan
protección integral contra a violencia de xénero desapercibidas, pero que poden desencadear
recoñecía a agresión contra as mulleres como un problemas maiores. Ser tolerante non significa
tipo de violencia. A día de hoxe, despois de normalizar actos violentos. Comprometidos e
dezanove anos, séguese a traballar para eliminar comprometidas a estes propósitos, pretendemos
de raíz este tipo de actitudes. O último paso dado acabar co acoso sexual en todos os ámbitos,
polo goberno español foi a publicación da lei de incluíndo por suposto o ámbito educativo, no cal
garantía integral de liberdade sexual ou lei do “só se inculcan valores para poñer fin a isto. Quedan
si é si“, publicada en outubro do 2022. Todo este aínda moitos anos de loita, pero cada vez menos
marco lexislativo posto en práctica ao longo dos para acadar un propósito: poñer fin a violencia de
anos ten o mesmo obxectivo, que non é outro que xénero.
facer que se cumpran os dereitos humanos da
vida da igualdade, da dignidade e da non
discriminación

É unha evidencia que a día de hoxe aínda nos


queda moito camiño que percorrer. De feito,
dende o 2003 ata o 2022 houbo 1224 vítimas de
violencia de xénero. Aínda así, un 25% da
xuventude non recoñece a día de hoxe a vixencia e
magnitude desta problemática.

A desigualdade entre homes e mulleres,xerme das


violencias machistas, non é algo que se comece a
vivir na idade adulta, senón que os roles de
xénero son implantados xa dende a nenez. A
infancia dunha muller adoita estar máis enfocada
a dar unha imaxe de feminidade e manter a
estética sempre como unha das súas prioridades.
Isto vese reflectido en todos os estereotipos
dirixidos cara as mulleres orientados na constante
necesidade de acadar unha aparencia
determinada. Aínda que os canons de beleza
afectan a toda a sociedade, as mulleres son
claramente as máis afectadas. Isto explicaría a
supervivencia de moitas grandes marcas de
cosmética, reforzando así a cousificación da
muller, unha das lacras da sociedade 3.0 .
Amosamos a nosa solidariedade cas profesoras as
cales adoitan ver como se boicotean as súas clases
polo único feito de ser muller. E por extensión
reivindicamos o dereito de todas as traballadoras
deste centro a poder exercer o seu labor sen
escoitar comentarios de índole machista. BASTA
XAAA!!

Non se trata do 25 de decembro, día do Nadal,


senón do 25 de novembro, onde tamén temos
propósitos e desexos. Neste día de reflexión e
acción, dende o IES Antón Losada Diéguez
pedimos non ser cómplices do silencio. Animamos Diversos momentos da lectura do manifesto no Losada,
a todas e todos á denuncia de situacións de con alumnos e alumnas de 1º ESO mostrando os
violencia, a nunca calar ante elas. Pedimos tamén carteis que deseñaran.

9
elogho?

actividades

O venres 24 de novembro no Lo- carteis elaborados polo alumna- nero e polo bo trato que promo-
sada tratamos de achegar o noso do de 1º ESO. veu o Concello A Estrada e que
gran de area para combater esta O martes e o mércores da se- tan fantásticamente prepararon e
lacra desde a educación. Mesa guinte semana semana foron realizaron as profesionais de
de lecturas pola igualdade, pho- días de acción, xogo e aprendi- Anacos educativos. Moitos para-
tocall contra a violencia e pola zaxe na biblioteca do Losada. béns para elas e para todos os
igualdade, intervención plástica Todos os cursos da ESO e dos rapaces e rapazas que participa-
do alumnado de 1º ESO... E re- Ciclos Básicos da FP pasaron po- ron na actividade. Seguimos a
matou coa lectura do manifesto la mesma tratando de superar poñer o noso gran de area pola
elaborado por alumnado de 1º todas as probas do ESCAPE eliminación da violencia contra
Bacharelato acompañado dos ROOM contra a violencia de xé- as mulleres.

Mesa violeta na biblio, intervención plástica do alumnado de 1º ESO e imaxes do photocall contra a violencia de xénero.

10
elogho?

DIÁLOGOS INTERXERACIONAIS sorían, mentres Loli e Pablo tomaban notas para o


Loli Porto e Lara Rey et al 4º ESO B noso foro de Titoría. “Como me gustaría estudar
nun instituto, igual ca vós” – comenta Celsa- ,
Na rúa da Cultura, aquí na Estrada, hai tres “...coas normas de agora”- ri. Contoulles moitas
institutos. Hai tres anos vimos como se empezar cousas de cando era rapaza: como se estudaba,
unha obra nova e agora temos ao lado unha por onde ían de festa...
residencia de maiores. Dende a súa apertura
algunha das nosas profesoras pensou en colaborar Coñeceron a Lola, Obdulia, Bernardo, Fernardo,
con ela, pero ata este curso non se puidera realizar. Susa... Pasárono moi ben con Amador. “Cando
cheguei aquí, case non podía andar e mirade
Aproveitando que a nosa hora de titoría era a agora – ri – case fago acrobacias”.. Para probalo
media mañá, momento onde os residentes teñen levántouse da mesa e fixo caliatenia na silla .
tempo de lecer, fixemoslles visitas coa intención de Gústalle ir ao ximnasio e vai ver baloncesto, onde
aprender deles, e eles de nós. coincide con compañeiros do instituto nas gradas.
Era moi simpático.
A primeira semana foron tres parellas da nosa
clase: Claudia e Óscar, Lucía con María e Antía con Outra das residentes con alma de festa era Jesusa.
Samuel. A segunda semana foron Lara e Mauro, Era moi animada, polo que lles contaxiou o seu
Loli e Pablo, e Noa e Paula. E, na que parecia a entusiasmo facilmente. Contounos moitas cousas:
derradeira semana, foron Iker e Emma, David con unha delas foi o moito que lle gustan as
Pablo e César e Tomás. celebracións da residencia, e mesmo relatou unha
anécdota: “No Samaín estivemos de troula,
Unha vez chegamos á residencia a primeira vez, bailamos e todo!”. Por último agasallounos
algo nerviosos, fomos á sá de espera onde nos cantándonos unhas coplas.
a g a r d ab a n os r es i d e n t e s . E mp ez a r o n
presentándose e aí produciurse o primeiro contraste Aínda que en xeral estaban contentos, un deles
de ideas, cando a algúns lles extrañou que Emma sentíase atrapado dentro do centro. Gustáballe
tivera o pelo curto, xa que na súa época só o moito saír pero debido ás súas condicións físicas xa
levaban así os homes. Inmediatamente unha das non podía facelo, nin pasear polo xardín ou
residentes saltou para dicir que iso non tiña coidar plantas. Ao longo da visita foise animando e
importancia. Para nós está claro que cada quen incluso lles relatou algunha das súas aventuras por
viste e peitéase como quere, pero non en todas as Arxentina.
xeracións foi así.
Non podemos incluír a todos os residentes, pero
Unha das mesas máis dinámicas foi a de Fritz, que cada unha das súas historias era única e chea de
lles contou que viña de Alemaña onde casara lembrazas. Aos rapaces gustoulles moito esta
cunha galega. Traballara en moitos oficios pero o experiencia, tanto, que algúns voltaron uns meses
que máis nos sorprendeu foi que traballara nunha despois.
fábrica de moeda; chanceando dixo que non podía
darnos detalles. Obdulia e Lola, ao seu carón “Falar cos nosos maiores encheunos de novos
coñecementos e reflexións”.

11
elogho?

A ESCOLA DE FAMILIAS deixou indiferente a ninguén, pois chegou para


Ana Parada, orientadora do centro. romper algúns mitos, tranquilizar ás educadoras e
educadores arredor das redes sociais e intentar que
Outro ano máis, a comunidade educativa do poñamos o foco no realmente importante para
Losada fórmase na nosa Escola de Familias: un garantir o equilibrio emocional do alumnado.
espazo de encontro, de formación e de aprendizaxe Xa cara ao final de curso, no mes de maio,
entre todos os axentes educativos que temos chegaron tamén Martina Martínez e Norma Pillado,
responsabilidade na educación do noso alumnado. docentes de educación secundaria e especialistas no
Comezabamos o curso cunha xuntanza interna de ámbito da convivencia escolar e a educación
diálogo para decidir cales debían ser os grandes emocional. Ambas, cunha actividade que levou por
temas de formación. A asistencia foi espectacular título “O acoso escolar: que poden facer as
por parte das familias e creouse un diálogo moi familias?”, achegáronnos aos diferentes fenómenos
enriquecedor arredor das principais preocupacións educativos e sociais que se atopan na base, moitas
que tiñamos naquel momento: saúde mental da veces invisible, do acoso escolar e do ciberacoso.
rapazada e equilibrio emocional, uso e xestión do Poñernos no lugar da rapazada e das súas familias
teléfono móbil na escola e no fogar, acoso escolar e a través do relato de Martina e Norma é clave para
ciberacoso, responsabilidade penal dos menores de poder traballar cara a minimizar estes fenómenos
idade... tan pouco desexables.
Ante todas estas inquedanzas, sucedéronse ao Queremos rematar agradecéndolle a todas as
longo do curso dúas formacións específicas que familias e docentes do Losada a súa participación
foron moi ben acollidas: unha delas sobre saúde nas actividades. Dende logo, consideramos que
mental e adolescencia e outra sobre o acoso fomos quen, ao longo destes dous cursos, de crear
escolar. un espazo onde pensar, reflexionar e aprender
Así, no mes de xaneiro chegaba ao Losada a xuntos. A nosa rapazada merece que poidamos
psiquiatra Iria Veiga Ramos, cunha sesión darlle o mellor de nós. Niso seguiremos para o
denominada “Redes Sociais e Saúde Mental na vindeiro curso. GRAZAS!
adolescencia”. Dende logo, a sesión de Iria non

12
elogho?

A ver se es quen de adivinar o lugar que hai detrás destas fermosas creacións

13
elogho?

Traballos realizados por alumnado de 1º ESO na materia de Plástica


14
elogho?

Celebramos coma sempre o DÍA DA MULLER no O 30 de xaneiro foi o Día da Paz e no Losada
Losada. celebrámolo. Máis que nunca, PAZ. Manuel
Unha selección de 20 retratos do proxecto Mulleres Rodríguez, Rodrigo Regueira, Iago Cabaleiro, Nerea
Valentes da artista estradense Rosa de Cabanas Carillo, Lois Fieiro, Nicolás Fernández, Xoel
estiveron expostos no corredor da Biblioteca Lea,Nerea Carbia e Hans Peñaranda, de 1º ESO
do centro, aos que se suman 3 paneis informativos leron o Manifesto Escolas sen racismo da Asemblea
da mostra. Para achegar o alumnado á mostra de Cooperación pola Paz
deseñouse tamén un caderno de actividades sobre
a mesma.
A actividade complementouse cunha charla da pro-
pia autora do proxecto que se achegou ao centro
educativo para explicar ao alumnado de 3º e 4º
ESO os detalles, obxectivos e característas da expo-
sición e do seu traballo en xeral.
Ademais na Biblioteca do centro instalouse unha
mesa violeta con diversas publicacións de mulleres

Uxía R. Nebra volveu ao Losada para falar da súa experien- O Dto. de Matemáticas convidou a María Ginzo para falar-
cia no mundial de motociclismo. Falou para o alumando dos nos da importancia da materia no control dos incendios ou
ciclos de electromecánica e mantemento de vehículos, un na estatística dos apelidos. Día da muller e a nena na ciencia
público entregado.

15
elogho?

Emma Duro San Martín, 4º ESO B


O domingo 21 de abril foi o día que burbulla. ra cear. Logo volvemos tamén ao
tiñamos que saír da nosa querida Logo visitamos a tenda Lego, onde hotel en metro. Cada viaxe de metro
Galicia (e España, vaia) para poñer algún de nós fixemos unhas compras entre o centro e o hotel son de trinta
rumbo a Ámsterdam, Países Baixos. cadradas, e pasamos polo distrito minutos, así que a esas horas da
A verdade e que estaba moi nerviosa vermello. Despois da cea volvemos noite coas poucas que tiñamos de
aquel día, pero unha vez que me ao hotel en metro. sono era un bo momento para botar
reunín cos meus compañeiros no Ao día seguinte levantámonos outra unha sonecada. (Vixiando non que-
aeroporto de Santiago, xa me sentín vez ás seis e tomamos o tranvía para dar dentro, claro.)
mellor. Os profes déronnos os bille- ir ao museo Moco, un museo de arte O mércores 24 foi o último día com-
tes de avión e despedinme da miña un pouco alonxado da arte clásica. A pleto en Ámsterdam.
familia que viñera a acompañarme. verdade é que era un pouco peque- Pola mañá visitamos unha das maio-
Despois de facturar as maletas e pa- niño e rematamos pronto de velo. res tendas de queixo, onde aprovei-
sar o control (menos mal que non Camiñamos ata o mercado de Alber tamos para merendar grazas ás
me pitou o control de explosivos) Cuyp no que compramos moitos re- mostras gratis. E tamén fomos á de
esperamos cerca dunha hora para cordos (entre eles roupa de abrigo tulipáns.
coller o avión. Foi un traxecto tran- porque facía un frío tremendo). Di- Fixemos unhas fotos diante da casa
quilo, fun falando cos meus compa- mos outro paseo para chegar ao de Anna Frank e ao lado da súa pro-
ñeiros. Menos mal que estaba entre- Oosterpark, un parque precioso, on- pia estatua.
tida, porque non me gusta nada voar de había un parque para nenos no Ese día pola mañá visitamos o Rijk-
en avión. que o pasamos xenial. museum que, a parte de ser un no-
Cando chegamos sacamos unha foto A chuvia comezou a caer forte e fo- me moi complicado de pronunciar,
e fomos directos ao hotel. O plan era mos ao tranvía. Eu seguín á profe de era un museo de arte clásico. Vimos
dar un paseo despois, pero estaba- física e química, pero cando me xirei obras de Van Gogh e Vermeer, como
mos tan cansos que ceamos no hotel dinme conta de que só eramos oito A Leiteira.
o que nos sobrara da merenda. persoas contadas e o resto quedou Comemos na zona do Hard Rock
Ao día seguinte levanteime as seis da dentro do tranvía. Despois dunha Café e aproveitamos para facer al-
mañá para darnos tempo ás miñas chamada rápida ao outro profe des- gunhas compras.
compañeiras de habitación a du- cubrimos que dous dos nosos com- Fixemos un viaxe en barco sobre os
charnos antes de ir a almorzar. pañeiros quedaran dentro do tran- canais de Ámsterdam, pero por mor
Ese día visitamos a praza Dam, e vía. A nosa primeira reacción foi bo- do lixeiro movemento do barco e o
visitamos a rúa Kalvestraat, a máis tar as mans a cabeza e rir, xa que sono que tiñamos por riba algún
grande de Países Baixos. Botamos un sabiamos que non ía pasar nada. aproveitou para pechar un rato os
bo anaco dentro dunha tenda de Chegaron todos xuntos despois dun ollos.
parrulos de goma e vimos un elefan- rato á estación de metro onde os Logo fomos á praza Dam e puide-
te de decoración de 2200€. esperabamos e fomos ao A’Dam mos visitar o museo de cera
Visitamos o mercado das flores e eu Lookout. A pesar de que chovía un (Madame Tussaud), os que quixe-
fun xantar cos profes e un grupo pouco montamos no columpio máis mos, e os que non tiñan tempo para
máis de amigos a un sitio de patacas grande de Países Baixos, situado a volver facer compras por Kalvestraat.
fritas que estaban riquísimas. Esa cen metros do chan. Foi unha expe- No meu caso fun ao museo e encan-
tarde fomos ao museo Nemo, onde riencia asombrosa. toume. Saqueime fotos con Harry
o pasamos xenial con todas as atrac- Esa noite ceamos no barrio xudeu e Styles, Zendaya, A Mona Lisa, Iron
cións científicas que tiña, coma no media excursión (incluídos os profes) Man etc.
que te podías meter dentro dunha escollemos o mesmo restaurante pa- Cando saímos aínda tiñamos tempo

16
elogho?
para pasear, pero desgraciadamente esperar ata as doce para cantarlle o a aqueles que se quedaban durmi-
chovía moito así que acabamos me- cumpleanos e darlle o noso agasa- dos. Cando aterrou o avión sacamos
dio grupo no Starbucks (que curiosa- llo. Algúns quedaron para poñer a última foto de grupo diante dos
mente nunca acertaban a escribir música en recepción, pero como eu nosos pais, e xa foi cada un coa súa
ben os nomes). me encontraba mal fun para a cama familia.
Cando chegamos ao hotel (que foi directamente.
onde ceamos, xa que ao día seguin- Ao día seguinte tivemos que despe- Gustoume moito esta excursión e
te tiñamos que ter a maleta feita) a dirnos de Ámsterdam. A algúns pe- sempre a recordarei coa ilusión de
min deume un mareo e tiven que gáronselle as sabas, pero chegamos que foi a miña última viaxe da ESO.
descansar. a tempo.
Como ao día seguinte era o cum- No avión iamos todos durmindo,
pleanos da profe Marta, tivemos que incluso os profes, e sacabamos fotos

Xornada de rafting no Rio Ulla. 1º Bacharelato Visita á Catedral de Santiago. 2º Bacharelato

Actividade “Ríos da Estrada”. 4º e 1º BAC de Bioloxía Vistita CRTVG. 4º ESO. Premio podcast 2023.

17
elogho?

A biblio do Losada dá para moito. Ademaís de presentación de traballos, programas de radio, en-
punto de lectura e estudo, como non!, alí podes trega de premios e mesmo serve como set de gra-
atopar mostras de libros en datas especiais, inten- bación de televisión. Orgollos@s da nosa BIBLIO-
sas partidas de xadrez, animados clubs de lectura, TECA

18
elogho?

CORAZÓNS SOLIDARIOS mes do amor e da amizade. A colaboración e


O xoves 7 de marzo foi un día especial. Recibimos participación da comunidade educativa foi
a visita de Juan Manuel Soutelo e Manuela Gestoso excepcional e o traballo do equipo organizador,
en representación da Cruz Vermella A Estrada para exemplar. Parabéns a todos e a todas: Iago
facerlles entrega dos 200 euros recadados a través Cabaleiro, Enma Villanueva, Iván Barbeito, Lía
do proxecto CORAZÓN SOLIDARIO. González, Andrés Duro, Manuel Matalobos, Lía
Durante a semana do 19 ao 23 de abril un grupo Rey de 1º ESO e Laura Álvarez, Carla Calviño,
de alumnos e alumnas de 3º e 1º ESO recadou Hugo Cao, Marta Vilas, Ainhara Mata e Xián
este diñeiro coa venda de cartas e bombóns no Torres de 3º.

PREMIO DOWN COMPOSTELA PARA O LOSADA


O IES Pl. Antón Losada Diéguez recibiu o XI premio da
Fundación Down Compostela xunto con Ofelia Vieites
García e El Corte Inglés de Santiago.
A xustificación de dito Padroado foi a seguinte:
No IES A. Losada saben como poñer o foco no contexto
educativo e non nas dificultades da persoa, como pui-
deron comprobar Sara Romero, no seu momento, e
agora Fabián de Paz, nas aulas de formación profesio-
nal.
Este centro da Estrada favorece que o alumnado con
necesidades educativas desenvolva as súas capacida-
des e habilidades ao máximo para conseguir unha cali-
dade de vida digna. O equipo docente sabe que é ne-
cesario instaurar novas metodoloxías educativas e cam-
biar estruturas para fomentar unha inclusión real. En-
tender que detrás do alumnado con síndrome de Down
ou discapacidade intelectual hai soños, ilusións e capa-
cidades é o primeiro paso para que o sistema educativo
sexa accesible e inclusivo. No Antón Losada as per-
soas con discapacidade contan.

19
elogho?

PREMIO PARA UN PROXECTO QUE SABE


A PAN
Os Premios Sociedade Galega de Estatística (SGAPEIA)
recoñeceron o traballo do alumnado da materia de
Matemáticas de 1º e 2º da ESO outorgándolle o 4º premio
do certame:Concurso estatístico “Incubadora de sondaxes e
experimentos" polo proxecto CALIDADE DO PAN.
Podes ver un vídeo resume deste traballo aquí:
https://youtu.be/r1UUp1aOf_Q?si=A4WmNXDkxvCTt7zR

UN PODCAST SOBRE LUÍSA VILALTA


ACADA O 4º PREMIO
Alumnado da materia de Oratoria, de 4º ESO acadou o 4º
premio do 6º certame escolar internacional de podcast Xosé
Mosquera Pérez. O traballo premiado titúlase: Luisa Villalta
ten talento. Parabéns polo traballo!

Podes escoitar este e moitos outros na canle de radio do


Losada:
https://www.ivoox.com/podcast-radio-
xoven_sq_f11514025_1.html

O LOSADA DEBATE
Interesantísima participación do alumnado da materia de Para prepararse para este importante
Oratoria, de 4º ESO, no Torneo de debate da Fundación certame, os rapaces e rapazas de 4º
Barrié Lara, Iker, Fran e Mauro representaron ao centro debateron en varias ocasións con
neste certame no que se debatiu sobre o tema: Que é máis alumnos e alumnas do IES nº 1.
importante no desenrolo da persao: a xenética ou o
contexto? Foi in día intenso e no que os nosos alumnos e Todos estes tamén se poden escoitar na
alumnas tiveron unha experiencia inesquecible. canle de radio do Losada

20
elogho?

POESÍA

É unha recén nacida


que chora polos que non a entenden
pero que sente alegría
polos que a viven como se debe.

É unha boa meniña


que dorme arroupada polo mar
e á que a gaita
adormece co seu doce soar.

Adolescente tamén é
e gústalle ben a festa
non hai xuntaza que chegue
para bailar ao son dunha orquestra.

Romarías ten abondo


para celebrar durante o ano
foliadas baixo os carballos
para bailar muñeira ou pateado

É unha muller adulta


que precisa coidado
para tratar as enrugas
que as malas linguas lle teñen ocasionado

Con ela non pasas fame


polbo da ría che dá
unha cunca de viño
e unas filloas ao rematar

É unha vella soñadora


que vive das lendas
que conta nas corredoiras
cando pasan as nenas

Galicia somos nós


os que con orgullo berramos
aos catro ventos
que somos galegos

Esta é a nosa Galicia


prados, ríos, mares,
festas, xuntanzas, morriña,
Galicia viva nos nosos lares.

Uxía Seoane Duro, 1º BAC

21
elogho?

MÚSICA
Dende Fillas de Cassandra a todo o alto no Coliseum da actualidade comeza a participar
Tanxugueiras, pasando por Coruña sendo un cheo absoluto. en pequenos festivais e outros de
artistas como Baiuca, The E seguimos faldando do “efecto nome máis coñecido como o
Rapants, Ortiga, Guadi galego, Tanxugueiras“, tendo aos Portamérica no que participará
Xabier Díaz e Adufeiras do salitre seguidores de sempre e agora este verán. Como para todos
a Mondra podemos escoitalos conseguindo que preto de 9000 nesta profesión os inicios non son
hoxe en día en numerosas listas persoas corearan as súas pezas fáciles pero pouco a pouco vai
de reprodución e podemos gozar en dito concerto, e en moitos gañando fama e máis xente
deles en multitudinarios concertos máis que fixeron e o farán canta as súas cancións no coche
que enchen prazas, parques, noutros que están por vir. (e mesmo na ducha). Outro
estadios e pronto, non teño Outro gran exemplo son as Fillas exemplo de que a música en
ningunha dúbida, encheran o día de Cassandra, un dúo de música galego gaña medios de expresión
a día de moita xente nun futuro en galego que transmiten a nosa e cada vez máis de recepción.
preto a nós. cultura, a transmisión oral, o E deste xeito poderíamos seguir

Mondra Tanxugueiras Fillas de Cassandra


A música, unha vía de expresión feminismo e a mitoloxía grega a ata mañá falando de cada un
para moitos, e unha vía de través de pezas que non deixan dos grandes cantantes que
evasión para outros tantos. Nós indiferente a ninguén. Dúas atopamos hoxe en día difundindo
como galegos temos o orgullo de mozas que se xuntaron aló polo música en galego e que ademais
poder contar con artistas de ano 2022 e en relativamente están conseguindo levala máis
renome e outros que pronto pouco avanzaron con pasos de aló das nosas fronteiras.
pasarán a esfera nacional como xigante grazas a todo eso que Pequenos grandes xestos que van
o efecto Tanxugueiras. Tres son capaces de ensinar ao marcando a diferenza. É
mozas dun concello moi preto do mundo con un canto e notas emocionante ver como a
noso que foron quen de levar a musicais que nos chegan a todos. xuventude galega que nos segue
nosa música, a nosa cultura e a Podo decir que eu son parte das xa non escoita só reggaeton, trap
nosa tradición ao Benidorm Fest e dionisiacas e que espero que e demais estilos en castelán
quedar as portas do festival de poidan encher estadios e todos o senón que tamén teñen a
Eurovisión de 2022. Esas tres poidamos ver. oportunidade de facelo en
rapazas cuxas primeiras Mondra, un rapaz do concello de galego. Que aquí entre nós, mola
aparicións eran no cartaz das Teo, involucrado no folclore máis porque é noso e ninguén
Nosas Músicas da aldea de dende pequeno. Membro do nolo vai sacar.
Couso, de aquí da Estrada e Centro Cultural a Pontevella onde
agora veñen de rematar unha dous anos atrás foi mestre da
xira por toda España cun fin por escola de pandeireta. Na Uxía Seoane Duro, 1º BAC

22
elogho?

BANDA DESEÑADA

Emma Duro San Martín, 4º ESO B

23
elogho?

Brais Fernández e Daniel Míguez, medalla de prata #GALICIASKILLS_ Visita dos ciclos de madeira a PEMADE_Xénero e IA, ciclos informática

Visita a Viagalicia, #emprendemento_Roteiro cooperativo emprendedor 2º CS DAM E DESAMO_Visita FINSA e SOGAMA, CM Carpintaría

Museo do videoxogo, ciclos Informática_Charla erasmus+ Deputación Pontevedra_Visita a Cambados, CS Administración e Finanzas.

Tesouros da Estrada, ruta ciclos básicos_A mesa intelixente, 1º CB Carpintaría_Congreso mobilidade sostible en Vilagarcía, ciclos automoción.

Obradoiro RCP para 1º curso ciclos_Charla EGAP Dereitos básicos dos consumidores, CS Admin_Visita Porto da Coruña, CS Admin.

CONSULTA TODA A OFERTA FORMATIVA DA FP

24
elogho?

CS Desenvolvemento aplicacións multi. CM Sistemas microinformáticos e redes CM Carpintaría e moble

CS Admintstración e Finanzas CM Automoción CS DAM DUAL

2º Bacharelato

MARCHAS,
PERO SEMPRE TE
LEVAREMOS
NOS NOSOS
CORAZÓNS.
SEMPRE, SEMPRE Foto La voz de Galicia_Miguel Souto

25
elogho?

26

You might also like