Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

1_ A ACTIVIDADE POLITICA conxunto de actos realizado por individuos,

grupos e institucións que están destinados a influír no sistema de interese dominante


nunha sociedade e co fin de mantenelo ou modifícalo. Pode realizarse dentro duns
marcos legalmente recoñecidos ou fora deles, tamén pode ser pacifica ou violenta.
Segundo o seu nivel de participación política acostumase agrupase aos cidadáns:
-INACTIVOS aqueles cun nivel de participación que se limita a estar informados
politicamente, e que poden chegar a firmar algunha petición.
-CONFORMISTAS so participan naquelas actividades políticas legalmente
recoñecidas.
-REFORMISTAS participan en actividades legalmente recoñecidas e en actividades
que aínda que non sexan legais, si están consentidas.
-ACTIVISTAS participan nas legalmente recoñecidas e tamén poden chegar a
participar noutras que non son nin legais nin están consentidas.
- CONTESTATARIOS rexeitan as actividades legalmente recoñecidas.

1.1_OS MOVEMENTOS POLITICOS COLECTIVOS para que unha actividade


política sexa efectiva, necesita estar organizada en grupos. Os principais axentes
políticos colectivos son os partidos e grupos de presión.
Dependendo do principio que rixa a elección teremos:
-Sistemas bipartidistas: nos que domina o principio da maioría. Son politicamente
mais estables, pero non expresan toda a variedade ideolóxica existente na sociedade.
-Sistemas pluripartidistas: domina o principio de representación proporcional. Son
ideoloxicamente mais representativos do conxunto da sociedade, pero politicamente
mais inestables.
PARTIDO POLITICO: é un grupo organizado que orienta a súa acción á
consecuencia do poder político. Propóñense o acceso aos cargos públicos por medio
dos candidatos que presentan ás eleccións.
GRUPOS DE PRESION: son organizacións que pretenden influír coa súa acción no
goberno para facer triunfar as súas aspiracións ou reivindicación. Poden defender
intereses varios. A súa finalidade é conseguir que as decisións que toman sexan
favorables para os intereses que representan. De forma excepcional utilizan os
procedementos electorais e tratan de influír sobre o poder a través de medios distintos,
que van desde os que se achan legalmente reglamentados nas sociedades
democráticas ata outros que ou non están reglamentados ou son claramente ilegais.
(J. Rodríguez Aramberri, “Política”, 1992)

2_ ESTADO E PODER POLITICO:


-Autoridade ou poder político consiste na capacidade de dominar ou influír sobre
a totalidade de sociedade.
-Estado conxunto de institucións que:
1. ten poder territorial dentro das súas fronteiras, nada nin ninguén escapa do seu
poder e todos estamos suxeitos as súas normas.
2. é soberano, polo que non existe unha instancia superior a el, calquera organización
está sometido a el.
3. encargase de manter a orde dentro do estado e de defendelo de ataques externos.
2.1_ ESTADO E SOCIEDADE CIVIL o estado distínguese da sociedade. A
sociedade é o conxunto de individuos que viven nun territorio determinado e que
participan dunha cultura común. A sociedade civil é o conxunto destas institucións
sociais.
As relacións entre estado e sociedade civil presentase dentro do contexto da relación
entre o publico e o privado. O estado é a máxima autoridade na administración dos
intereses públicos. O ámbito privado, no que os cidadáns son autónomos, constitúe o
limite do seu poder. O problema xorde cando hai que delimitar a fronteira entre o
publico e o privado, xa que na maioría das actividades ,que realiza a sociedade civil,
son privadas pero teñen interese publico (ensinanza). O que xera tensións entre o
estado e algúns sectores da sociedade civil, que reclaman a non interferencia do
estado en estes asuntos.

2.3_ A LEXITIMACION DO ESTADO a dubida de quen lexitima o poder do


estado ten xustificación:
-Relixiosa: a divindade outorgaba o poder ao soberano, quen quedaba así lexitimado
ante os seus súbditos para exercelo sen ter que rendirlles contas.
-Racional: sobre o poder no estado.
1.Hobbes di que o home é malo e egoísta por natureza. En ausencia dun poder
político o home viviría nun estado de “guerra de todos contra todos”, no que periga a
súa seguridade persoal. Por eso os homes renuncian á súa liberdade e igualdade
naturais en beneficio da súa seguridade. Para el a finalidade do estado consiste en
garantir a seguridade dos individuos. Hobbes xustifica racionalmente un estado
autoritario.
2. Locke considera que so pode xustificarse racionalmente o estado liberal, pois é
o único que pode garantir a liberdade e dereitos naturais do individuo. De non existir,
seria o propio individuo o que debería que facer que estes dereitos se respectasen, o
que derivaría nun estado de guerra permanente. Por iso os homes, mediante un pacto,
delegan o poder que cada un deles posúe por natureza, no estado.

2.4_ SISTEMAS POLITICOS DEMOCRATICOS unha democracia é un sistema


político caracterizado por que a cidadanía ten igualdade en oportunidades para
formular as súas preferencias, para expresalas ante o goberno ou ante outros
cidadáns, e para que estas sexan tidas en conta.
Para que un sistema político sexa democrático, ten que garantir: liberdade de
asociación, liberdade de expresión, sufraxio universal, e eleccións libres, competitivas,
periódicas e correctas.
A súa tipoloxía é moi variada e depende do tipo de indicadores que se teñan en conta
(presidenciais ou parlamentarias, maioritarias ou proporcionais...).
A teoría política trata de averiguar as condicións que favorecen a aparición e desenrolo
dos sistemas democráticos, pois recurrese a elas para xustificar, nun pais, a ausencia
de democracia. A este respecto insístese en 3: existencia dunha sociedade plural,
difusión da educación e ausencia de desigualdades económicas extremas.
2.5_ SISTEMAS POLITICOS AUTORITARIOS caracterízanse pola importancia
secundaria que ten neles a sociedade civil e o seu papel subordinado ao estado.
Todos caracterízanse pola limitación do pluralismo político , a ausencia de
participación política dos cidadáns, a lexitimación do réxime mediante unha ideoloxía
política pouco elaborada no plano teórico, a función directiva dun líder e o exercicio
arbitrario do poder. Os réximes autoritarios poden ser civís ou militares. Distínguense
dos totalitarios en que neste a participación política dos cidadáns é elevada, aínda que
esta impulsada e controlada por un partido único, ao que se subordinan todos os
axentes políticos e sociais.

You might also like