Configuración Do Imperio Español No S.xvi

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

10. A configuración do Imperio español no S.

XVI (a herdanza de Carlos I, os cambios en tempos de


Fellipe II: a rebelión de Flandes, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra)

Durante os séculos XVI e XVII a dinastía dos Habsburgo, tamén coñecidos como os Austrias,
ocupou o trono español. Neste período España formou un vasto imperio e foi a primeira potencia mundial,
aínda que tamén foi unha etapa na que libraron longas guerras que acabarían por levar á ruína á Facenda e
precipitar a decadencia durante o século S,XVII.

Carlos I (1516-1556), primeiro monarca Habsburgo que reinou na península Ibérica, fillo de Juana de
Castela e Felipe de Austria, herdou un conxunto heteroxéneo de territorios que só compartían rei e que se
atopaban dispersos por Europa e América. A morte do seu pai e a incapacidade da que acusaron á súa nai
deixaron nas súas mans unha combinación de reinos, territorios e títulos que o converteron no monarca máis
poderoso do seu tempo. En 1516 foi proclamado rei de Castela, asumindo a importante herdanza territorial
dos Reis Católicos: Castela, Aragón e Navarra, ademais de todos os territorios que estes reinos posuían na
península Itálica, norte de África e América. Por vía paterna herdara o Franco Condado, Luxemburgo e os
Países Baixos; e, tras a morte do seu avó, Maximiliano de Austria, no ano 1519, herdou os estados da casa
de Austria, ademais dos dereitos ao título de Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Carlos practicou en todos estes territorios heteroxéneos unha activa política integradora con dous
obxectivos: manter a unidade relixiosa en torno ao catolicismo, o que o levou a enfrontamentos militares
contra Imperio Otomán (musulmáns) e a expansión do Protestantismo; e desenvolver a idea dunha
monarquía universal que organizase o conxunto da política europea (ao estilo do Sacro Imperio de orixe
medieval). Tras o fracaso da unidade relixiosa sancionado pola Paz de Augsburgo, Carlos I decidiu
renunciar á Coroa, cedeu ao seu fillo Felipe a Monarquía Hispánica, Borgoña, os Países Baixos, o Franco
Condado e Luxemburgo (o título imperial legouno ao seu irmán), e retirouse ao mosteiro de Yuste a pasar
os seus últimos anos.

Felipe II (1556-1598) comezou o seu reinado mantendo os dous grandes obxectivos de Carlos I: a
defensa do catolicismo e da hexemonía dinástica en Europa. Instalou en Madrid a capital administrativa do
Reino e concedeu a máxima importancia aos seus dominios hispánicos. Da aplicación exterior da súa
política deixan constancia os seguintes feitos:

- A Rebelión de Flandes (Países Baixos)- 1568-1648): unha das zonas máis ricas e prósperas
sometidas á presión fiscal da Coroa. O conflito empezou cando Felipe II quixo gobernar o territorio cos
principios absolutistas que aplicaba en Castela. Á oposición política uniuse a oposición relixiosa, xa que o
Calvinismo se estendera polas provincias do norte. Ao perseguilo, o monarca desencadeou unha rebelión
que aglutinaba a amplos sectores descontentos coa dominación española: os disidentes relixiosos e os ricos
burgueses cuxos impostos financiaban unha política allea e mesmo hostil. Foi o inicio dunha longa guerra
que culminaría coa independencia das sete provincias do norte, que tomarían o nome de Provincias Unidas.

- O elemento máis positivo da política exterior de Felipe II foi a unión con Portugal en 1580, que
reforzou o potencial marítimo do Imperio Hispánico. O trono de Portugal quedara vacante tras a morte de
Manuel I, feito que Felipe II aproveitou para reclamar os seus dereitos dinásticos, en virtude das alianzas
matrimoniais da súa dinastía coa familia real portuguesa. Combinando esforzos militares e diplomáticos,
Felipe II fíxose co apoio da clase dirixente portuguesa e ocupou o trono.

- A guerra contra Inglaterra (1585-1604) deu comezo cando a raíña anglicana Isabel I accedeu ao
trono inglés. Ao enfrontamento relixioso uníase o apoio financeiro que Inglaterra prestaba aos rebeldes
flamencos e ás actuacións dos corsarios ingleses abordando a navíos españois que proviñan de América.
Felipe II, en 1588, enviou a Armada Invencible co obxectivo de poñer fin ao enfrontamento de xeito
definitivo, campaña que rematou nun profundo fracaso.

You might also like