Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

PAUTAS PARA DEFINIR PALABRAS

Á hora de definir palabras débense ter en conta as seguintes recomendacións:

➢ A definición debe ser breve e obxectiva. Trátase dunha oración que non pode ter nin
puntos nin puntos e coma.

➢ As definicións deben empezar por un concepto máis xeral para continuar coas
características máis concretas, os detalles.

Martelo. Ferramenta composta dunha peza de material forte e pesado como o


ferro encaixada nun mango, que se utiliza para dar golpes con diferentes fins.

➢ Unha definición non debe conter a palabra que se está a definir, nin derivadas.

*Rapidamente. De maneira rápida.


Rapidamente. Da maneira veloz.

➢ Non se debe definir unha palabra empregando sinónimos. Pódense incluír ao final da
definición, pero antes débese explicar ben o significado da palabra definida.

➢ Evítanse fórmulas como “é cando”, “é como se”.

➢ É mellor definir algo polo que é e non polo que non é.

*Correcto, -a: Que non se separa das regras, libre de erros ou de defectos.
Correcto, -a: Que segue as regras, libre de erros ou de defectos.

➢ Adoitan estar encabezadas por unha palabra da mesma categoría gramatical que a
palabra definida.

A continuación, indícanse unha serie de pautas segundo o tipo de palabra.

SUBSTANTIVOS

Para definir un substantivo débese utilizar outro substantivo que identifique a clase de
realidade que é (un hiperónimo). Por exemplo:

- persoa [Avogado,-a. Persoa que ten como profesión aconsellar en asuntos xurídicos e
intervir nos procesos xudiciais como defensor dunha das partes.]

- crenza [Animismo. Crenza segundo a cal todos os seres teñen alma.]

- actividade [Caza. Actividade do que se dedica a cazar.]

1
- calidade de… [Amabilidade. Calidade de amable.]

- instrumento [Bisturí. Instrumento en forma de coitelo pequeno moi afiado, utilizado


en cirurxía]

- fenómeno [Burbulla hipotecaria. Fenómeno económico polo cal os prezos soben e se


xeran expectativas de crecemento, aínda que con risco].

- doutrina [Existencialismo. Doutrina filosófica que privilexia a existencia do home na


súa realidade concreta e do individuo comprometido coa sociedade, antes que unha
suposta esencia humana ideal.]

- estado [Coma. Estado patolóxico caracterizado pola perda da consciencia, da


sensibilidade e da mobilidade.]

Despois nomearanse as características máis específicas que nos permitan diferenciar ese
ser/obxecto... dos demais.

ADXECTIVOS

Para definir un adxectivo pódense empregar expresións como:

- Dise de...
- Aplícase...
- Refírese a...
- Que...
- Relativo ou pertencente a...

VERBOS

No caso dos verbos, pódese recorrer a unha paráfrase/sinónimo ou a un verbo verbo


xenérico (facer, dar…). Exemplo:

Acelerar. 1. Facer que [algo] suceda, se mova ou se desenvolva máis pronto ou con
maior rapidez. 2. Aumentar a velocidade de [un automóbil] co acelerador.

2
ADVERBIOS

No caso dos adverbios rematados en -mente, podemos utilizar fórmulas como “de
modo/maneira” ou comezar a definición cunha preposición; no resto de casos, o común é
comezar con preposicións. Exemplos:

Rapidamente. De maneira veloz.

Pausadamente. Con pausa, con lentitude.

Xamais. En ningún momento, en ningún tempo.

EXPRESIÓNS

Á hora de definir expresións, débese definir o significado da expresión en conxunto. Se é


unha locución verbal, comezarase a definición cun verbo; se se trata dunha locución
adverbial, pódense utilizar fórmulas como “de maneira” ou comezar con preposición.

Andar con gaitas. Facer ou dicir cousas que enfastían ou molestan.

Poñer (a alguén) a pan pedir. Insultar e criticar duramente a alguén.

Ás agachadas. De maneira oculta.

Da Ceca para a Meca. Dun lado a outro para conseguir unha cousa; percorrendo
moitos lugares.

You might also like