Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DO PROXECTO DE OBRAS CONDUCENTES Á

AUTORIZACIÓN DO CPR CESFOREM FORMACIÓN, DA CORUÑA, PARA IMPARTIR O CM


COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA E O CS HIXIENE BUCODENTAL

ANTECEDENTES

1. O representante legal de Formación Profesional y Certificados de Galicia, S.L., solicita


autorización para impartir dous ciclos formativos de grao medio (CM) Coidados auxiliares
de enfermería e un ciclo formativo de grao superior (CS) Hixiene bucodental nun centro
privado de nova creación que se denominaría Cesforem Formación, situado na Avda.
Monelos, 45 da Coruña.

2. A Xefatura Territorial da Coruña achega o expediente informado favorablemente pola


Unidade Técnica e Inspección Educativa.

3. A Dirección Xeral de Formación Profesional informa favorablemente.

CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS

1. O expediente foi tramitado conforme ao Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización


de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias
(DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que o
desenvolve.

2. A Unidade Técnica da Xefatura Territorial da Coruña, informa que o proxecto presentado


cumpre cos requisitos para as ensinanzas que solicita e que para a súa autorización
definitiva deberá presentar un proxecto completo redactado por técnico competente e
debidamente visado polo Colexio oficial correspondente, no que se xustifique o
cumprimento das condicións hixiénicas, acústicas, de habitabilidade e de seguridade que
se sinalan na lexislación vixente, así como o certificado de final das obras.

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. Aprobar o proxecto de instalacións presentado para a autorización de 2 CM Coidados


auxiliares de enfermería (2 unidades para 20 postos escolares cada unha) e 1 CS Hixiene
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

bucodental (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).


CVE: 5BgbnUO8d7F1
2. Para obter a autorización definitiva deberá aterse ao establecido no punto 4º e seguintes
da referida Orde do 20 de setembro de 1995, polo que unha vez rematadas as obras
deberá comunicarllo a Xefatura Territorial da Coruña coa finalidade das comprobacións
oportunas e presentar a documentación citada no apartado 2 das “Consideracións legais e
técnicas”.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada
ante a conselleira de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo de un
mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Santiago de Compostela
O director xeral
José Manuel Pinal Rodríguez
(Asinado dixitalmente)
Asinado por: ALVAREZ BERTOLO, JESUS MANUEL

Data e hora: 10/04/2023 11:09:31


Cargo: Director Xeral
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
CVE: 5BgbnUO8d7F1

You might also like