Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

O SISTEMA PRONOMINAL

O sistema pronominal latino non é homoxéneo, algunhas palabras funcionan só como pronomes (os
persoais, p. ex.) e outras poden facelo tamén como adxectivos.

Os pronomes latinos, agás os persoais e posesivos (que comparten cos verbos a categoría gramatical
persoa), teñen unha serie de características comúns nas súas declinacións que os diferencian do
resto de palabras do sistema nominal (substantivos e adxectivos) e que son:

• Xenitivo Singular para os tres xéneros en -ius


• Dativo Singular para os tres xéneros en -i
• Nominativo e Acusativo Plural Neutros igual ao Nominativo Singular Feminino
• A maioría deles carecen de Vocativo

O PRONOME RELATIVO

O relativo introduce, polo xeral, oracións subordinadas de relativo (adxectivas)

O pronome relativo é: qui, quae, quod

A declinación do pronome relativo é a seguinte:

qui, quae, quod


Singular Plural
M F N M F N
Nominativo qui quae qui quae
quod quae
Acusativo quem quam quos quas
Xenitivo cuius quorum quarum quorum
Dativo cui
quibus
Ablativo quo qua quo

NOTA BENE: O pronome qui, quae, quod muda a súa raíz qu- por cu- no Xenitivo e no Dativo de
singular.
O Acusativo Singular Masculino e o Dativo e Ablativo Plurais fanse como os da
terceira declinación.
A SUBORDINACIÓN DE RELATIVO (ADXECTIVA)
Definición.
O uso fundamental do pronome relativo é o de introdutor de oracións subordinadas
adxectivas ou de relativo:
O pronome relativo ten unha primeira función que é a de poñer en relación a oración
subordinada adxectiva ou de relativo cun nome da oración principal: o antecedente, co que
concorda obrigatoriamente en xénero e número. A función da subordinada adxectiva será sempre a
de complemento do nome ou adxacente do seu antecedente.
O pronome relativo cumpre dentro da súa oración, a subordinada, unha segunda función
sintáctica, a que determine o seu caso.

Accepi litteras quas ad me misisti.


Recibín a carta que me enviaches

O pronome is utilízase frecuentemente como antecedente do relativo:


is qui ('o que'), ea quae ('a que'), id quod ('o que'), etc.,

Is, qui in horto est, meus frater est

pero poden facer distintas funcións e, polo tanto, ter distinto caso.

Video eum qui in horto est

Oración de relativo substantivada.


De maneira análoga a como se pode substantivar un adxectivo, unha oración adxectiva pode
adquirir a categoría funcional de substantivo. Isto sucede cando o relativo non leva antecedente
expreso:
E civibus eligetur qui civibus imperabit.
Oración de relativo adverbializada.
En ocasións, unha oración de relativo, ademais de marcar unha relación adxectiva co seu
antecedente, establece unha relación entre as accións da principal e da subordinada, o que é
característico das subordinadas adverbiais. Nestes casos, a oración adxectiva leva o seu verbo en
modo subxuntivo:
Misit legatos qui peterent pacem. ”enviou embaixadores que =para que pedisen a paz”
Casos especiais de construción.
a) O relativo pode ser atraído ao xénero e número dun substantivo predicativo da súa proposición:
Animal, quem vocamus hominem...
b) O antecedente pode ser atraído ao caso do relativo, situándose xeralmente na proposición relativa:
Quam ostendisti doctrinam, magnopere nobis placuit. // Quam urbem statuo, tua est.
c) O pronome relativo pode equivaler a un demostrativo cando aparece a principio absoluto, é dicir,
tras puntuación forte:
Varus vobis dux erit. Cui parebitis.

You might also like