Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 21

O GALEGO ENTRE 1900 E O 1936 (resumir)

Nos comezos do século XX a situación da lingua galega sofre modificacións importantes verbo
dos séculos anteriores. No ano 1906 fúndase a Real Academia Galega coa finalidade de unificar
a nosa lingua, e comezan a publicar un dicionario en galego, que abandonan na palabra cativo.
Ademais desta fundación varias institucións que contribúen dun xeito moi importante á
presenza paulatina do galego na vida pública e ao seu prestixio como lingua. A primeira delas é
a fundación das Irmandades da Fala en A Coruña no ano 1916, que dous anos despois, na
Amemblea Nacionalista de Lugo, aproban como obxectivos a promoción da lingua e a súa
cooficialidade co castelán en Galicia. Dentro delas había unha liña culturalista e outra política.
Tamén destacan iniciativas como a fundación do Seminario de estudos Galegos, que vai realizar
estudos nos diferentes campos do saber sobre a realidade ou cultura galega (etnografía,
arqueología, xeografía, ...), moitos deles redactados na nosa lingua. Tampouco se pode esquecer
a aparición de diferentes editoriais ou coleccións nas que van aparecendo as obras dos autores
deste período (Céltiga, Lar Nós,...). Toda esta laboura normalizadora ten un dos seus momentos
máis destacados no ano 1931, data da fundación do Partido Galeguista en Pontevedra, que ten
como obxectivo a elaboración do Estatuto de Autonomía do 36, que non chegou a entrar en
vigor polo golpe militar dado uns días despois da súa aprobación en plebisticio.

Pese a todas estas iniciativas acelérase o proceso de substitución polo castelán debido a única
alfabetización nesa lingua, a aparición da radio, unicamente en castelán, ou o aumento da
urbanización. Aínda así a maioría da poboación segue sendo monolingue.

Na lingua escrita segue sen haber un modelo único pero seguen as tentativas de crear unha
norma (de aí á creación da Real Academia galega e a publicación de dicionarios e gramáticas
entre os que salienta o Dicionario galego-castelán de Leandro Carré e a Gramática do idioma
galego de Lugrís Freire, a primeira publicada integramente en galego ). Este período é coñecido
como galego enxebrista, enxebrizante ou diferencialista posto que tentar marcar a diferenza co
castelán, e para iso escollen o portugués como modelo. Tentan depurar a lingua de
castelanismos e para iso empregan arcaismos (cor, vegada por corazón ou vez),
hiperenxebrismos (abusando excesivamente deles, como soma por sombra ou hourizonte por
horizonte), lusismos (sotaque por acento ou ciúmes por celos)... todos eles incorrectos. Deste
modo, vaise consolidando o proceso de normalización e normativización do idioma, mellorando
a súa consideración social.
A POESÍA NA ÉPOCA DAS IRMANDADES DA FALA CARACTERÍSTICAS,
AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS

No primeiro terzo do século XX houbo unha serie de cambios que condicionaron a evolución
política e social da Galiza. Estes foron: a caída definitiva da fidalguía, a consolidación definitiva
dunha pequena burguesía industrial e financiera e a desruralización propiciada polo fenómeno
migratorio. O conflito social máis relevante desta época foi o movemento agrario, que consegue
a abolición dos foros no 1926.

Ata chegar ao nacionalismo vívese primeiro unha etapa provincialista e logo a chamada
rexionalista. Xa no século XX o ideario galeguista recólleno as Irmandades da Fala. Os seus
líderes foron os irmáns Villar Ponte, Vicente Risco e Cabanillas.. No seo do nacionalismo
chegou un momento no que se enfrontaron dúas posturas: unha delas avogaba pola actividade
política e a outra, que foi a que triunfou liderada por Risco, defendía o nacionalismo centrado no
ámbito cultural. Nesta segunda postura desenvolveuse o Grupo Nós e fundouse o Seminario de
Estudos Galegos. Nace o Partido Galeguista, co obxectivo principal de conseguir a
autodeterminación política para Galicia e mais o Estatuto de Autonomía, labores interrompidos
pola Guerra Civil española.
Os autores:

Nesta época a literatura colle novos folgos. A xeración do 16 ou das Irmandades propiciaron o
desenvolvemento da vida cultural galega.

O máis vello representante desta época é Antonio Noriega Varela coa súa obra Montañesas
titulada despois, con algúns poemas engadidos, Do ermo. Vai ser un dos poetas que mediante a
súa obra alenta á loita agraria. Na súa poesía podemos salientar dous aspectos:
- Costumista: a súa poesía céntrase na vida campesiña.
- Lírico: nos seus poemas apréciase a ternura polas cousas humildes da paisaxe. Estes poemas
caracterízanse pola ausencia de anécdota, neles atópanse sós o poeta e a natureza.
- poemas "franciscanos", a súa achega máis orixinal, onde o eu do poeta aparece só, mergullado
no medio da paisaxe na procura da estética do máis sinxelo da natureza. Poemas a un penedo, ao
orballo, á flor do toxo... Formalmente estes poemas imitan a poesía popular; a lingua usada é
tamén a do pobo chan

Outro autor fundamental do momento é Ramón Cabanillas (o poeta da raza). El recolle a


inquedanza de Rosalía de Castro, o celtismo de Pondal e a ira de Curros Enríquez. Ten tamén
paixón por transmitir a herdanza dos poetas anteriores. A esta paixón responden obras como
Vento mareiro, No desterro ou Da terra asoballada. Este autor, ademais, introduce na súa
poesía elementos estéticos renovadores de tipo modernista, especialmente na obra Na noite
estrelecida, dividida en tres sagas inspiradas na Corte do Rei Artur, a cal presenta tamén
elementos míticos, os cales axudaban a Cabanillas a crear símbolos que axudasen na causa do
nacionalismo galego. Dentro da súa poesía máis intimista e amorosa podemos nomear obras
como A rosa de cen follas ou Samos. Fóra dos seus libros poéticos ten dúas obras de teatro, a
comedia de costumes A man da santiña e a histórica O mariscal.
A POESÍA DE VANGARDA: CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS
REPRESENTATIVAS

A principios do século XX houbo unha serie acontecementos de grande importancia social (máquina
fotográfica, coche, avión, a psicoanálise, a primeira guerra mundial,....) que fan cambiar as
perspectivas e propor novos camiños, ao tempo que favorecen a creación de movementos rupturistas
coa arte anterior. Son as vangardas, distribuídas en ismos (futurismo, dadaísmo, cubismo,
surrealismo,...)

Na Galiza este século supón un cambio importante a nivel literario. A xeración Nós pretende
europeizar a cultura galega, contectala co resto do mundo, e a través das revistas van introducindo as
vangardas. Risco pensaba que había que abrir os ollos por necesidade, por espírito e inquedanza dun
mesmo, pero sen imitar, ser orixinais. Aquí as vangardas van ser tardías por diversos motivos:

• - Carácter periférico da nosa cultura (situación xeográfica)


• - Anormal traxectoria da nosa literatura, cun silencio de séculos.
• - Necesidade de compromiso e reivindicación.

Pódese chamar Xeración de vamgarda ou do 25, próximos a xeración do 27 castelá e ao novecentismo,


e van publicar os seus poemas en revistas como Alfar, Yunque, Cristal, Resol ou Papel de Color.
Neotrobadorismo: Xorde ao descubrírense os cancioneiros, que se publican por primeira vez no 1928.
Supón tal novidade que quedan abraiados e constrúen cantigas de xeito mediaval, cantigas de amor, de
amigo, de escarnio, con refráns, leixaprén, paralelismo,...e incluso empregan arcaísmos, palabras que
desapareceran. Imitan na forma, na estrutura, pero o espírito co que se fan non é o mesmo. Non pensan
igual, non teñen os mesmos desexos,... que un home medieval. Por iso dise ás veces que é vangarda
matizada, porque se non se descubrisen as cantigas non existiría, non é froito dunha renovación das
ideas estéticas senón pola causa externa da aparición dos cancioneiros. Os autores fundamentais van
ser Fermín Bouza Brei (Nao senlleira) e Álvaro Cunqueiro (Dona do corpo delgado, Cantiga nova
que se chama ribeira).

Hilizoísmo, imaxinismo ou animismo: Imaxinismo emprégase porque o recurso literario en que se


basean é a imaxe. Animismo porque vén de ánima, vida, os elementos da natureza personifícanse, van
falar, moverse, cantar,.... Hilozoísmo porque é fauna e flora animada. Tamén se pode dicir que é unha
vangarda matizada porque na nosa lírica tradicional e nos contos populares sempre falou a natureza, os
ríos, os animais,... pero á hora de contarnos isto faise cos recursos das vangardas, como a imaxe. O
seguidor principal é Amado Carballo (Proel, O galo).

Creacionismo: Maniféstase só na obra literaria de Manuel Antonio. A técnica deste movemento xira
arredor da imaxe, prescinde da rima e dos signos de puntuación. As súas ideas vainas expor no
manifesto Máis alá, onde quere romper con todo o anterior, sempre innovar, coa única premisa de ser
en galego. O único libro que publicou en vida é De catro a catro, escrito como un diario de abordo, un
caderno de bitácora onde o poeta vai anotando as incidencias mariñas. A paisaxe é fundamentalmente
a do mar. O paso do tempo é un tema recorrente nesta obra, e iso reflíctese a través dos elementos
naturais (sol, lúa,...) e dos técnicos (calendarios, reloxos,...). A travesía no mar é como a propia
travesía do ser humano, co inevitable paso do tempo, a monotonía, a soidade e a saudade. A novidade
da poesía de Manuel Antonio reside en tres factores: a orixinalidade lingüística (aparecen moitos
cultismos, sobre todo termos marítimos técnicos, nunca empregados en galego), a novidade temática
(case non se tratara o mar, e moito menos reflectindo o propio ser) e a novidade formal (as imaxes
vangardistas).

A PROSA DO PRIMEIRO TERZO DO S.XX: AS IRMANDADES E O GRUPO NÓS:


NARRATIVA, ENSAIO E XORNALISMO

O xornal máis importante deste momento vai ser A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala.
Xorde tamén a Xeración Nós: Agrúpanse baixo o nome de grupo nós ou cenáculo ourensán a
tres persoeiros da nosa cultura, Vicente Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. Os tres comparten
características comúns e camiñan da man no primeiro terzo do século XX. Os tres ourensáns,
universitarios e con inquedanzas literarias pasan unha etapa (ata 1917) de antigaleguismo total,
de odio cara á sociedade do seu tempo, pensan que Galiza non vale, é vulgar e noxento, e
buscan noutras culturas o seu interese. A partir do 1917 e ata o estalido da guerra van
comprender que sen entender o noso non comprenderás nin aprezarás o resto, e van pór a súa
vida ao servizo da sociedade do seu tempo e de Galiza. Introdúcense no galeguismo, colaboran
coas Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos, úneselles Castelao e publican a
revista Nós. Esta revista nace no 1920 como voceiro de todos aqueles que quixesen contribuír á
cultura galega, e aparecen artigos non só de literatura, senón tamén de arqueoloxía, bioloxía,
economía,... Nas súas páxinas escriben moitos dos autores da época, tanto galegos como doutras
culturas, e son traducidos ao galego obras doutras terras (a primeira traducción do Ulises de
Joyce a unha lingua peninsular foi ao galego por Otero Pedrayo). Todos eles vanse marcar uns
obxectivos: crear a moderna prosa galega (ata entón era case todo lírica) asumindo todo tipo de
temáticas, axeitar o idioma para a expresión científica (recuperar léxico, introducir
cultismos,...), europeizar a cultura galega superando o illamento, non deixar de ser galego pese a
ser europeo, posto que as diferentes culturas e linguas enriquecen e unha lingua propia e oficial
para a nación galega. Co estalido da guerra civil todo o labor remata. Castelao exíliase, Risco
colle medo e renega de todo o que fixera e Otero Pedrayo refúxiase no seu pazo e o pouco que
escribe ten que ser, en principio, baixo pseudónimo.

Vicente Risco: traballa arredor de certos mitos, como a herdanza celta do pobo galego, a
exaltación da Idade Media e a valoración do contorno natural. O seu pensamento xira arredor de
tres ideas básicas:
-irracionalismo gnoseolóxico ou coñecemento irracional das cousas, é dicir, pensar que hai
cousas e feitos que non se poden explicar coa razón, e de aí a súa crítica ás ciencias e técnica. -
visión cíclica da histora, é dicir, que como temos distintos tipos de home dependendo de quen
predomine vai haber unha etapa histórica que se repetirá.

-O sentimento da terra, unha constante no home galego.


Risco ten unha novela longa O porco de pé, un cacique que representa a vulgaridade e

materialismo que deixa de manifesto unha visión satírica das estruturas sociais ourensás , e
varios ensaios, Nós , os inadaptados (onde explica a súa etapa antigalega), Teoría do
nacionalismo galego (a súa interpretación do galeguismo culturalista) e Mitteleuropa. Ademais
ten dous relatos, O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, baseados nas lendas
populares do lobishome e dous mouros, e un relato longo sobre o mundo de ultratumba, Do
caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros.

Otero Pedrayo: fondamente comprometido co galeguismo foi perseguido na posguerra polas


súas ideas, aínda que proseguiu co seu labor literario e cultural, constituíndo ata a súa morte un
símbolo de resistencia cultural galega. Os camiños da vida, a súa primeira novela, amósanos a
sociedade rural galega en plena transformación, dá unha idea negativa do progreso
malinterpretado e da fidalguía do XIX, que non soubo manter os valores tradicionais, ao tempo,
que como en todas as súas obras, dálle unha importancia fundamental á paisaxe. En Arredor de
si retrata a súa xeración e o cambio ao galeguismo. Outras novelas son A romaría de Xelmírez,
Devalar,... e relatos curtos Contos do camiño e da rúa, O fidalgo e outros relatos,...)... Na sú
obra a paisaxe e a historia son unha constante, así como o contraste entre o estilo barroco
(oracións moi longas) e outro moito máis simple (oracións moi breves).

Castelao: Autor polifacético, extraordinario debuxante, literario orixinal, é considerado un mito


na historia da cultura galega. Profundamente comprometido coa causa galeguista (el nunca pasou
a etapa de antigaleguismo), asume a dirección artística da revista Nós, dirixe o Partido Galeguista
e contribúe a elaborar o Estatuto de Autonomía. En Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete,
está presente a temática de ultratumba, cun tratamento humorístico non alleo á sátira social de
carácter anticaciquil. Cousas é un conxunto de prosas con ilustracións. Retrincos son cinco relatos
autobiográficos. A súa única novela é Os dous de sempre, que ten como protagonistas a Pedriño e
Rañolas, o primeiro moi materialista e o segundo moi idealista, que se remata suicidando coa súa
propia bomba, e dentro do ensaio Sempre en Galiza, onde expón os seus argumentos da causa
galeguista e se fai unha defensa de Galiza contra o modelo centralista do Estado.

Rafael Dieste, pertencente á Xeración do 25, escribiu a obra de relatos Dos arquivos do trasno,
de temática variada e contos que xiran ao redor da psicoloxía e das experiencias e mundo galego.
EDUCACIÓN LITERARIA. TEMA 4. O TEATRO DO PRIMEIRO TERZO DO XX:
IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS.

A escasa produción teatral galega do século XIX e comezos do XX dirixíase a un público


formado sobre todo polas clases populares. O teatro era costumista, de asunto social, de
intención cómica ou sentimental e pequenas incursións na temática social e histórico-lendaria.
Os primeiros que tentaron sintonizar co teatro europeo foron os homes das Irmandades da
Fala, que crean o Conservatorio Nacional de Arte Galega, que permite formar actores e
directores. Un dos obxectivos fundamentais das Irmandades era o de galeguizar a sociedade, e
aí radica, precisamente, o seu interés polo xénero dramático, porque o teatro era considerado
como a arma de maior eficacia para a propaganda lingüística e ideolóxica. Isto explica algunhas
das liñas temáticas predominantes, como a histórica, que se centra nos aspectos máis
singulares do pasado de Galicia, ou a social, que denuncia problemas como o caciquismo e a
emigración. Fundamentais nesta andaina van ser os irmáns Vilar Ponte, dos cales Antón Vilar
Ponte escribe obras como A fonte do xuramento. Fundamentais tamén obras de Cabanillas
como A man da santiña e O mariscal (peza de intención política que desenvolve o tema da
morte de Pardo de Cela, opositor ao centralismo dos Reis Católicos, pois son o inicio do teatro
moderno, xa que por primeira vez os protagonistas son as clases poderosas de lingua culta e
unificada (na primeira das obras) ou aparece a temática histórica coas loitas irmandiñas na Idade
Media (na segunda).

A Xeración Nós, no seu intento de que houbese obras de todo tipo en galego, danlle moita
importancia á dramática. A súa intención era a de universalizar o teatro galego, introducindo as
innovacións do teatro europeo e superando o drama ruralista. Procuraban seguir o modelo do
“teatro da arte” que implicaba a estilización de todos os elementos: linguaxe, mímica, música,
pintura, iluminación...sen esquecer elementos propios como o celtismo, o atlantismo e os
modelos culturais de Portugal e Irlanda. Así de Risco contamos con O bufón de El-Rei, un
drama simbolista sobre a beleza física ou interior das persoas co que se achega, tanto na lingua
como na técnica, ao modernismo e ao simbolismo, na liña das vangardas. Destaca, ademais,
Castelao con Os vellos non deben de namorarse, unha traxicomedia sobre uns vellos que se
queren amarrar á vida casando con mozas , onde a escenografía, iluminación, caretas e vestiario
son fundamentais; esta obra realmente integraríase dentro da literatura galega que se publica no
exilio, pois Castelao, obrigado a exiliarse tras a guerra civil, estréaa en Bos Aires xa na
posguerra, no ano 1942. Secomasí, contémplase como unha aportación que este autor fai como
pertencente ao grupo Nós. Xunto aos anteriores, tamén escribirá teatro Otero Pedrayo en obras
como A lagarada, unha traxedia nunha vendima do Ribeiro na que insiste nos mesmos temas
tratados na súa narrativa, e que supuxo un paso de xigante na dramaturxia galega ao introducir
digresións líricas e elementos fantásticos, ou Teatro de Máscaras, obra profundamente
vangardista e simbolista e que repite os motivos do resto da súa obra: a fidalguía, o progreso, a
morte, a presenza do fabuloso e do irreal e a referencia a culturas estranxeira.

Contemporáneo a eles aínda que moi influenciado polas vangardas está Rafael Dieste, que con
A fiestra valdeira, comedia de ambiente mariñeiro que mestrura elementos vangardistas e
populares, deixa o testemuño dun teatro de gran sabiduría escénica, pois evita tradicionalismo e
costumismo ao tempo que achega o teatro ás artes plásticas, xa que todo nas súas obras teñen
significado (movementos, luz, decorados, pausas, que actúan como símbolos). Nela, trata o
tema da loita pola defensa da propia identidade. Como conclusión, diriamos que o afán
normalizador das Irmandades da Fala contribuirá a potenciar o teatro en lingua galega e supón
o inicio dun teatro nacional, e tras o seu esforzo serán as Vangardas as que incluirán o teatro
galego na modernidade para xa, por último, a Xeración Nós supón para a dramática a madurez e
a universalización.
LINGUA E SOCIEDADE. TEMA 5
O GALEGO DE 1936 A 1975: CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS
FUNDAMENTAIS. CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA.
(resumir)

O 18 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación militar contra o goberno lexítimo da República.


Comeza así unha guerra que finaliza en 1939 coa derrota das forzas leais á República e a
instauración da ditadura franquista. A partir deste momento, iníciase un longo período de
represión, ausencia de liberdade e perda dos dereitos elementais dos cidadáns, como a
liberdade de expresión, de reunión ou de asociación, o que suporá a paralización da vida política
e cultural e o retroceso dos avances conseguidos durante o período anterior. O novo rexime
instaurado axiña dá mostras claras do seu desafecto cara ás linguas e culturas periféricas. O
castelán será a única lingua oficial para Escola, Administración, Igrexa e medios de
comunicación, que se converten en efectivos axentes castelanizadores que intensifican o
proceso de desgaleguización. O uso do galego en actos públicos desaparece por completo, pero
a maior parte da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, aínda que o
seu emprego quedou reducido aos rexistros informais.

Todas as iniciativas galeguistas foron suprimidas. Foron aniquiladas institucións, editoriais e as


persoas que, ben por seren asasinadas, encarceradas ou obrigadas ao exilio, fixeran posible o
notable avance na dignificación e cultivo da lingua que se viñeran producindo no primeiro terzo
do século. Así, desde 1936 a 1950, a vida cultural de Galicia queda paralizada.

Neste contexto, o labor galeguista desenvólvese en América, sobre todo na Arxentina, onde se
xuntan os exiliados coa numerosa comunidade de emigrantes, o que facilita unha importante
actividade cultural impensable en Galicia: conferencias en galego, publicacións de revistas
como “Vieiros”, emisións radiofónicas na nosa lingua, creación de editoriais como Galicia e
mesmo cursos de galego.

O inicio da recuperación en Galicia dátase en 1950, cando un grupo de galeguistas, entre os


que se encontran Ramón Piñeiro, Fernández del Riego e Xaime Isla Couto, deciden fundar a
Editorial Galaxia, que se converterá nun destacado instrumento de recuperación cultural
galega, e que será o principal referente da nosa cultura nas décadas seguintes. Esta editorial
esforzouse por demostrar a capacidade do galego como lingua de cultura en todos os ámbitos,
non só o literario. Ao tempo, inicia a súa andaina a Colección Grial, tamén baixo a dirección de
Piñeiro e Fernández del Riego, que chegará a publicar catro cadernos antes de ser prohibida.
Retómase a publicación nos anos 60, xa de forma ininterrompida. A importancia dos cadernos
que publicaría é grande, pois tiña como obxectivos servir de canle á produción cultural galega e
ser testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como
un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.

Ademais, pretendía servir de ponte entre as vellas xeracións do galeguismo e a mocidade que se
incorporaba, coas dificultades propias da época, ao discurso cultural galeguista.
Ao longo da década dos 60 prodúcese unha certa apertura do réxime franquista, acompañada
dun cativo desenvolvemento económico. En 1963 ponse en marcha a celebración do Día das
Letras Galegas, que permitirá unha certa popularización da literatura en galego. Aparecen as
primeiras asociacións culturais, como “O Facho” ou “O Galo”, que desenvolven un labor
ideolóxico e cultural en prol de Galicia e a súa lingua mediante a organización de conferencias,
recitais, cursos de lingua e representacións teatrais. Créanse novas editoriais como “Edicións do
Castro”. Constitúese o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento vinculado ao xa
desaparecido Seminario de Estudos Galegos, do que recolle a tarefa e a estrutura de traballo. Ao
tempo, a oposición democrática vaise artellando na clandestinidade e fúndanse varios partidos
nacionalistas como UPG, Unión do Pobo Galego. A partir do 68, as mobilizacións do
alumnado universitario e da clase obreira gañan pulo. Xorde o movemento da Nova Canción
Galega impulsado polo grupo musical “Voces Ceibes”, que emprega o galego nas súas
cancións. Responde a un movemento estendido de “canción protesta”, e as súas cancións e
poemas musicados de literatos galegos son de tipo social e belixerante. En 1971 nace o Instituto
da Lingua Galega, un centro de investigación pertencente á Universidade de Santiago de
Compostela. Despregará unha intensa actividade investigadora nos campos da lingüística e da
filoloxía galegas, e contribuirá decisivamente ao proceso de codificación ortográfica,
gramatical, léxica e fonética do galego moderno. A lingua empregada nesta etapa responde ao
chamado galego protoestándar, caracterizado pola simplificación ortográfica, xa que se
eliminan apóstrofos, guións e acentos circunflexos e graves, e polo predominio da tendencia
purista, é dicir, a de preservar a lingua do influxo foráneo, sobre todo do castelán. Ao tempo,
vai medrando a preocupación pola creación dun estándar lingüístico único, sentido como
unha necesidade para a normalización da lingua galega. Esta preocupación reflíctese en
publicacións como Gramatica elemental del gallego común, de Carballo Calero e o
Dicionario de Eladio Rodríguez. En 1975, a morte do ditador posibilita o paso á democracia e
a entrada nunha nova etapa da lingua galega.
A POESÍA ENTRE 1936 E 1975: A XERACIÓN DO 36, PROMOCIÓN DE ENLACE,
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

Como consecuencia da Guerra Civil e a represión franquista, a poesía galega viviu nos
primeiros anos da posguerra un período de silencio obrigado, que non se rompeu
definitivamente ata a publicación de Cómaros verdes, de Iglesia Alvariño. Isto fixo que nos
anos 50 comezasen a publicar, simultaneamente, autores de tres xeracións distintas: a Xeración
de 1936, a Promoción de Enlace e a Xeración dos 50 ou das Festas Minervais.

XERACIÓN DO 36

Son os poetas nados na segunda década do século. Destacan Xosé María Díaz Castro con
Nimbos, onde salienta o contraste entre luz e sombra e a busca do paraíso perdido da infancia, e
María Mariño (Verba que comeza), que recrea as vivencias da paisaxe do Courel. Por idade
Celso Emilio pertence a esta xeración. Outro poeta fundamental, aínda que xa escribira antes da
guerra, é Aquiliño Iglesias Alvariño (Cómaros verdes).

Unha tendencia fundamental é a poesía social, que pon de manifesto e denuncia a grave
situación que se estaba a vivir na Galiza a nivel político, económico e social, establece un claro
compromiso co idioma e defensa das clases populares. Este tipo de poesía xorde na década dos
sesenta e vai ter en Celso Emilio Ferreiro un dos seus máximos representantes co poemario
Longa noite de pedra, que acada gran éxito. Aquí predomina un ton belixerante de denuncia e
crítica inxeridas nunha ideoloxía de marcado carácter antifranquista e antiburgués. Os temas
recurrentes son a defensa dos oprimidos, crítica da inxustiza, busca da liberdade, defensa da
terra e idioma galego,... Esta liña vaina continuar noutros dos seus libros como Viaxe ao país
dos ananos, en contra da emigración e O soño sulagado, onde ademais introduce temas
intimistas e amorosos.

Outros autores nesta liña van ser Pimentel (Cunetas) ou Ferrín (Poesía enteira de Herbierto
Bens).

PROMOCIÓN DE ENLACE

Son os nados nos anos 30 ou primeiros dos 40. Destaca Antón Tovar (Arredores, Calados
esconxuros, A nada destemida), de peculiar intimismo e medo ao paso do tempo. Fundamental
tamén é Luz Pozo Garza (O paxaro na boca, Verbas derradeiras, Códice calixtino), cunha
poesía con matices surrealistas e sensuais, e especialmente no seu último libro, intimismo
esperanzado e contraste entre amor/morte, luz/sombra.

ESCOLA DA TEBRA, XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS OU GRUPO BRAIS


PINTO

Os nados na década dos 50, de actitude pesmimista e angustiosa. Chámanse xeración das festas
minervais por dárense a coñecer nestes certames nos que participan universitarios con
inquedanzas literarias. Tamén se dan a coñecer en grupos como Brais Pinto, constituído en
Madrid por universitarios e emigrantes que crean unha colección poética caracterizada pola
temática da tebra. Destacan Manuel María (Muiñeiro de brétemas, Fabulario novo), con
sentimento de soidade e desesperanza, Uxío Novoneira (Os Eidos, Do Courel a Compostela),
soidade e silencio das serras do Courel, Arcadio López Casanova (Memoria dunha edá), anceios
de liberdade individual e dunha Galiza inocente, prostada na dor e desesperanza, Bernardino
Graña (Profecía do mar, Poema dun home que quixo vivir, Xa non vexo nin Vigo nin Cangas),
de grande melancolía e un universo cheo de posibilidades ou Xohana Torres (Do sulco,
Estacións ó mar, Tempo de ría) onde se constata a súa autenticidade e emotividade.
No ano 1976 publícase a obra de Xosé Luis Méndez Ferrín Con pólvora e magnolias, que
combina estéticas vangardistas, formalmente moi elaboradas, un estilo fortemente simbolista e
unha ideoloxía revolucionaria, que farán deste poemario unha auténtica revolución na poesía
galega. Con esta obra péchase o período de posguerra e o franquismo e dáse paso a unha nova
etapa para a poesía galega.
A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA (FOLE, BLANCO
AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS)

A guerra civil española supuxo unha quebra moi importante no mundo literario galego, que se
ten que trasladar ao exilio. Mais no 1950 créase a editorial Galaxia, que vai impulsar a
publicación de autores novos, e escríbese a primeira novela galega de posguerra, A xente na
barreira de Ricardo Carballo Calero. A partir deste momento o mundo literario galego inicia de
novo a súa andaina e, así, aparecen obras de autores como Ánxel Fole, con Terra Brava ou Á
lus do candil, colección de contos de sinxela estrutura: personaxes reunidos a carón do lume,
incomunicados pola neve, contan as historias que compoñen o libro. O eixe temático de Fole é
Galicia, co referente das terras do Courel, onde se recrea a complexidade psicolóxica do home
galego, comentándose en lendas e historias fóra do normal. Fole recolle crenzas, lendas e mitos
da Galicia rural do seu tempo, utilizando a técnica narrativa semellante á narración dos contos
orais. Esta técnica narrativa apréciase nas fórmulas de introdución e remate, nas chamadas de
atención ao auditorio ou na narración en espiral, é dicir, que dentro dun conto se conte outro, e
dentro destoutro haxa outro e así sucesivamente.

A esmorga é a primeira obra de Eduardo Blanco Amor, un clásico na literatura galega coa que
entramos definitivamente no ámbito da novela moderna. Trata dos sucesos ocorridos durante un
día de esmorga e o seu tráxico desenlace. Os protagonistas móvense por escenarios urbanos,
baixo a presenza constante do clima adverso, motivo simbólico da novela. A lingua popular
empregada xustifícase pola condición social dos personaxes e os baixos fondos onde se
desenvolve a acción. Publica despois Os biosbardos, sete relatos breves, case todos en primeira
persoa, cun protagonista neno ou adolescente de ambientación urbana. Por outra parte Xente ao
lonxe é a crónica da familia Vilar e ó tempo unha crónica social, algo caricaturesca, da
evolución do socialismo en Ourense a comezos de século. Recréanse ambientes populares, da
pequena burguesía, do clero (ridiculizado e satirizado) e dos baixos fondos. Blanco Amor
representa o chamado realismo social. Na súa obra repítense motivos, como o espazo urbano da
vella Auria (Ourense) e a pertenza dos protagonistas ás clases populares. As accións apóianse
nun perfecto coñecemento dos medios técnicos, que innovaron a narrativa galega: a técnica do
interrogatorio (onde só se oe a versión do interrogado) ou a técnica magnetofónica, na estricta
transcrición dos diálogos. Estas innovacións viron continuidade na Nova Narrativa.

Por outra banda Álvaro Cunqueiro, que xa comezara a súa andaina literaria na preguerra,
publica Merlín e familia, onde se nos presenta ao vello mago retirado nos bosques galegos
acompañado por un axudante (que será quen conte a historia) e unha criada (dona Xenebra), a
onde acoden multitude de personaxes fantásticos para que lles axude. Publica tamén Se o vello
Sinbad volvese ás illas, co vello mito mariñeiro retirado na costa e fracasado nos seus intentos
de volver ao mar, As crónicas de Sochantre, unha carroza chea de mortos que van contando a
súa historia, e unha triloxía de contos sobre todo tipo de seres fantásticos (animais que falan,
verdugos, meigas que voan, o gatipedro,...) formada por Escola de menciñeiros, Xente de aquí e
acolá e Os outros feirantes. Cunqueiro retoma vellos mitos literarios para recrealos nas súas
obras, igual que fará co teatro, nun mundo desbordante de fantasía e imaxinación onde todo
pode ser posible. É un mundo marabilloso, no que conviven os soños coa realidade, os
habitantes reais cos mitos, e mesmo os personaxes de ultratumba cos vivos. É por isto que a súa
literatura foi denominada de “realismo fantástico”.
Neira Vilas: Aínda que é contemporáneo aos autores da Nova Narrativa o seu estilo é propio
desta época. Reproduce a realidade galega dende unha óptica completamente diferente, centrada
na relación entre a Galiza interior e emigrante. Describen a Galiza interior as obras Memoria
dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos de Moncho, obras narradas dende unha óptica
infantil ou adolescente, e outras como Xente no rodicio, A muller de ferro ou Querido Tomás,
nas que se nos ofrece unha visión do mundo rural, cheo de violencia, degradación e prexuízos
dos que a xente non pode escapar. O mundo da emigración galega aparece retratado en Camiño
bretemoso, Historias de emigrantes, Remuíño de sombras e Tempos novos, obras nas que
reflicte a súa morriña, o illamento e as dificultades coas que se atopan os emigrantes galegos.
Tecnicamente as súas obras caracterízanse pola heteroxeneidade no punto de vista (narrador e
primeira, segunda ou terceira persoa), formal (diario, epístola, conversa parcial, collage a
montaxe cinematográfica ou a ruptura da secuencia temporal.
A obra de Neira Vilas pode encadrarse dentro dun realismo crítico no que os personaxes están
moi marcados polo determinismo social. A Galiza retratada polo pontevedrés é a terra que
agroma no seu maxín, froito das súas lembranzas da nenez e mocidade. A linguaxe empregada é
directa e procura unha comunicación áxil co lector.

A NOVA NARRATIVA GALEGA: CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS


REPRESENTATIVAS

A Nova Narrativa galega, movemento que comeza nos anos 60, recolle o seu nome do Nouveau
roman da literatura francesa, que se dera nos anos 50. É precisamente a orixe do seu nome a que
marca unha das características fundamentais deste movemento, a influenza da literatura que se
facía en Europa. Deixan neles a súa pegada autores como Joyce, Kafka,... Esta literatura que se
viña desenvolvendo no vello continente serve de fonte de recursos para os novos narradores
galegos, dela recollen as novidades técnicas que van caracterizar as súas obras (o monólogo
interior, o mundo do absurdo, os ambientes urbanos e a súa función simbólica, a ruptura da
linealidade temporal, a exploración do subconsciente, a violencia, o sexo,...).

- Pluralidade de voces narrativas e predominio do monólogo interior para representar os


pensamentos tal como brotarían na mente do personaxe.
- Ruptura da cronoloxía lineal, optando polos saltos temporais, con prolepses e analepses, é
dicir, anticipacións ao tempo e voltas atrás.

- Espazos centrados en ambientes urbanos, claustrofóbicos e sórdidos


- Presenza de personaxes marxinais, desorientados, inseguros, angustiados, violentos,
desequilibrados e con frecuencia sumidos en estados patolóxicos: loucura, delirio, pesadelos ou
traumas.
- Temática centrada, de maneira recorrente, na morte e en estados psicolóxicos anormais e
patolóxicos de todo tipo: a violencia, a tortura, a tolemia, as perturbacións sexuais e os soños.
- Recorrencia a un mundo simbólico. Por exemplo, a aparición da noite como símbolo da morte,
á beira doutros como a cor vermella ou negra, o crepúsculo ou a lúa, todos eles anticipadores de
morte, como xa dixemos, ou violencia.

A pesar destas características comúns non se pode falar neste caso de xeración, polo feito de
carecer dun mestre ou guía, non obstante teñen en común a formación universitaria, as
inquietudes galeguistas, as súas vixes polo estranxeiro e o dominio dos idiomas e das literaturas
europeas.

O que comeza o movemento é Mourullo, con Nasce un árbore, aínda que non volve publicar.
Un dos máis importantes continuadores é Xosé Luis Méndez Ferrín, con Percival e outras
historias, onde xa topamos xa as características das súa narrativa (mestura dos mundos
fantástico e real, o misterio, toponimia e antroponimia exóticas). Continúa con O crepúsculo e
as formigas, onde insiste no ambiente de terror, apoiándose nunha estrutura epistolar e Elipsis e
outras sombras. A primeira novela (os anteriores eran libros de relatos) vai ser Arrabaldo do
Norte, seguida por Retorno a Tagen Ata, entendida como unha parábola política de Galiza e os
seus opresores. Nas súas obras vai recorrer tamén ao mundo céltico e da materia de Bretaña,
como en Arnoia, Arnoia, ou Amor de Artur, dentro da literatura xuvenil e xa bastante afastados
da Nova Narrativa. Os eixes do mundo narrativo de Ferrín son o misterio e a violencia, o
simbolismo, o lirismo e a nostalxia, incidindo na materia de Bretaña, a angustia da vida humana
e unha moi persoal mitoloxía.

Carlos Casares inicia con Vento ferido a súa carreira narrativa. A obra xira arredor do
sufrimento vital. Xa en Xoguetes para un tempo prohibido o autor narra experiencias persoais.
É a crónica dunha mocidade galega nacida na posguerra. Fóra xa da Nova Narrativa publica
Ilustrísima, onde se refiren as inquedanzas dun bispo ante a intolerancia na curia catedralicia
pola aparición do cinematógrafo en Ourense. Na súa derradeira obra publicada en vida, Deus
sentado nun sillón azul, reflexiona sobre o papel dos intelectuais nos réximes totalitarios.
Ademais ten unha obra póstuma, O sol do verán, unha recreación da infancia e a chegada da
adolescencia. A narrativa de Casares revela unha grande capacidade inventiva, sempre
asentada no realismo. Un motivo recorrente na súa obra son as figuras eclesiásticas, xunto a
outros como o sufrimento e a morte, sempre deseñando os seus personaxes con grande ternura.
No seu estilo domina a forma breve e unha linguaxe clara.

María Xosé Queizán inica o labor pioneiro nas letras galegas de reivindicación feminista. A esta
etapa pertencen ensaios como Recuperemos as mans. En A orella no buraco describe as
miserias da soidade, en Amantia proxecta a ideloxía feminista no mundo galego dos séculos IV
e V. Posteriormente ten outras novelas como Ten o seu punto a fresca rosa, sobre a
homosexualidade feminina ou ¡Sentinela, alerta!

Por último estaría Camilo Gonsar (Suárez Llanos) con Lonxe de nós e dentro. A súa última
novela é A noite da aurora.

Á diposición de todos eles pon a editorial Galaxia a colección Illa Nova, na que van aparecendo
as súas obras.
O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1976: XERACIÓNS DOS 50 E GRUPO DE
RIBADAVIA

A Guerra Civil e a conseguinte ditadura franquista supuxeron o desmantelamento do sistema


literario galego, e por iso a produción literaria trasládase a Bos Aires, onde se van publicar as
obras que en Galicia non podían ver a luz. Se para o xénero narrativo e poético foron tempos
difíciles en Galicia, máis complicados o foron para o teatro, xénero que pola contra foi
especialmente traballado e utilizado polos exiliados en Bos Aires.

Cando o réxime ditatorial en España “suaviza” a represión e inicia un leve aperturismo


ideolóxico, iníciase tamén a recuperación cultural en Galicia coa creación en 1950 da Editorial
Galaxia, pero son tempos difíciles para o teatro: non existen grupos, salas teatrais nin apoios
institucionais, e tampouco público afeccionado ao teatro galego. A dramática que se fai neste
momento non ten como obxectivo ser representada, pois as posibilidades de seren plasmadas
obras no escenario eran máis ben escasas. As obras deste tempo non se centran na realidade
social, son máis ben pezas folclóricas. A publicación teatral foi, tamén, escasa.

Unha primeira etapa estaría representada polos escritores de xeracións anteriores ao 36 é dicir,
Cunqueiro (O incerto señor don Hamlet príncipe de Dinamarca, Romeo e Julieta, famosos
namorados, onde recrea mitos literarios nun mundo inventado por el) e Blanco Amor (Teatro
pra xente, pequenas pezas de carácter popular).

Unha segunda etapa estaría representada polos autores da primeira xeración posterior á guerra
civil, entre os que están Manuel María (A barriga verde, homenaxe ao teatro popular de feira) e
Xohana Torres, autora de teatro descritivo e psicolxgico (A outra banda do Iber). A finais dos
anos 60 comeza a xurdir un novo teatro en Galicia, caracterizado polas montaxes escénicas de
calidade, a defensa da lingua e da liberdade e o desexo de proxección profesional. Moitos dos
directores e actores que poñen en marcha este novo teatro son tamén autores dramáticos.

A partir do 1973 o teatro galego inica unha nova etapa coas Mostras de teatro de Ribadavia,
que deron un novo pulo ao teatro galego. Dá a coñecer autores, actores, directores e grupos de
teatro como o Grupo Abrente. As mostras estimularon a dramática, promoveron obras fáciles de
representar e achegaron o teatro ás clases populares. Conseguiron, ademais, a normalización
lingüística neste xénero. Fixeron un teatro comprometido, centrándose na realidade socio-
política
de Galicia, e conxugaron as tendencias vangardistas europeas coa tradición galega, baixo a
influencia de Castelao e Blanco Amor.
Nesta década aparece tamén o teatro para nenos a través de concursos teatrais como os que
convoca
a asociación coruñesa O Facho.
Destaca Manuel Lourenzo, fundador do grupo teatral O Facho e o Teatro Circo de Artesáns,
precursor do Centro Dramático Galego, que posibilita a edición de textos e a publicación da
revista periódica Cadernos da Escola Dramática. Este autor serve de enlace entre as
promocións de posguerra e os novos autores. A súa triloxía Veladas indecentes revela a temática
relacionada co misterio, o esoterismo e a mitoloxía clásica.Outras obras son Tres irmás parvas,
Medea dos fuxidos, Defensa de Helena,... ou Xoana, un case monólogo da raíña alcumada a
tola, dentro do seu gusto polo teatro histórico e mítico onde a acción xira en torno a personaxes
destacados da historia. Salienta tamén como ensaísta teatral a través de escritos como Antoloxía
do teatro galego.
Outro autor desta época é Roberto Vidal Bolaño, autor, director e fundador do Grupo Antroido,
un dos primeiros grupos profesionais de Galicia, feito que o converte nun dos maiores artífices
da profesionalización do teatro galego A obra de Vidal Bolaño está marcada pola estética da
derrota e a crítica da modernidade. Defendeu, quizais influído pola obra de Otero Pedrayo, unha
recuperación do popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura
de Rosalía de Castro, en obras que constitúen ensaios sobre a vida e a obra da autora. As súas
obras recollen e mesturan diferentes correntes estéticas como o realismo, o simbolismo ou o
surrealismo, e nelas destaca o coidado diálogo co público.

Outros autores contemporáneos a estes son Euloxio Rodríguez Ruibal (Azos de esguello,
Zardigot), e Camilo Valedoras (Progreso, Andrómena de Antroido)
A LITERATURA GALEGA NO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA, TEATRO E
PROSA

Como consecuencia da vitoria dos militares sublevados contra a República o labor literario que
se comezaba a desenvolver no primeiro terzo do século XX ten que trasladarse á diáspora, ata
que no 1950 Galaxia inice a recuperación das letras galegas. O centro de actividade literaria
galega trasládase a México e Bos Aires. Na capital arxentina entran en contacto os emigrados
cos exiliados e comezarán a desenvolver un amplo traballo intelectual
coa publicación de revistas como Vieiros, creación de editoriais como Galicia e mesmo
emisións radiofónicas... Eles van ser os continuadores do que non se podía facer na Galicia
interior pola represión do réxime, publicando as obras que pola censura non podían ver a luz.
No exilio potenciáronse, a través dos Centros Galegos, moitas facetas da nosa cultura, non só a

literatura.
Dentro desta, o xénero máis cultivado foi a poesía, seguido da narrativa; mais tamén o teatro
tivo un pulo decisivo, chegando a haber numerosas compañías que ocuparon con regularidade a
carteleira.
Na temática xeral predominan os contidos reivindicativos, que estaban censurados en Galicia, e
os referidos á emigración masiva do pobo galego. Publícase tamén literatura intimista na que
ocupa un lugar central o tema da saudade, motivada polo desterro e focalizada en temas como o
da exaltación da paisaxe natal, os amores, os amigos, a infancia, a mocidade ou o baleiro
interior.

Dende o punto de vista formal, na poesía hai influencias da literatura de preguerra como o
imaxinismo ou o vangardismo; tamén é frecuente o prosaísmo, caracterizado polo emprego do
verso longo e o estilo realista e coloquial, para desenvolver a temática máis comprometida.
. De entre todos os autores cabe destacar:

- Poesía: Emilio Pita, co seu poemario Jacobusland, ilustrado por Castelao, libro testemuña da
traxedia da guerra civil en Galiza; Luis Seoane, con Fardel de eisiliado, que canta a epopea
anónima da emigración galega, ou Na brétema Sant-Iago, lembranzas da terra; Lorenzo Varela,
que publica Lonxe, un libro dominado pola angustia e saudade do desterro.

- Narrativa: Contribuíron coas súas obras, entre outros, Ramón Valenzuela, coa publicación de
Non agardei por ninguén, narración en primeira persoa dun fidalgo galeguista republicano, ou
Era tempo de apandar, a loita da guerrilla no monte, e Silvio Santiago, que publica O silencio
redimido, novela autobiográfica que relata a súa condena, fuxida e desterro.

• - Teatro: neste ámbito cómpre destacar a estrea en Bos Aires da obra de Castelao Os
vellos non deben de namorarse, pola compañía de Varela Buxán, un dos autores de
teatro de maior éxito en Arentina, autor de moitas obras de tipo popular, cómicas e
sentimentais, encadradas nun ambiente rural (A xustiza dun muiñeiro, O cego de
Fornelos). Eduardo Blanco Amor estrea en Bos Aires tamén tanto Teatro pra xente
como Farsas pra títeres, baseadas no teatro popular.
• - Ensaio: Cómpre destacar a publicación no exilio da guía do nacionalismo galego, o
Sempre en Galiza de Castelao, e ademais podemos nomear a outros como Bieito
Cupeiro ou Antón Alonso Ríos
TEMA 6
O GALEGO A FINAIS DO SÉCULO XX E COMEZOS DO XXI: CARACTERÍSTICAS
LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS. CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN
SOCIOLINGÜÍSTICA (resumir)

Tras a morte de Franco, en 1975, España recuperou as formas democráticas, e isto significou un
aumento das liberdades cidadás, o que repercute no proceso de reivindicación cultural e
lingüística de Galicia. O mundo cultural galego vive un momento especialmente dinámico e
emprendedor motivado pola creación do novo marco administrativo autonómico, ao dotarse
Galicia de institucións propias de autogoberno. Así, coa Constitución de 1978 e o Estatuto de
Autonomía de 1981, a lingua galega acada o rango de lingua oficial. Maniféstase, ao tempo, a
necesidade de elaborar unha definitiva norma estándar. Por isto, o noso idioma convértese en
obxecto de estudo e investigación filolóxica na Universidade, e neste sentido cómpre mencionar
a creación en Santiago do Departamento Universitario de Galego-Portugués. O mellor
coñecemento lingüístico axuda a atopar solucións apropiadas para aquelas desviacións que
deformaban o galego escrito, e contribúe a adaptar a lingua á vida urbana e moderna. Procúrase
así un galego supradialectal, fiel á lingua oral, coherente coa historia e coa actualidade e
harmónica coas linguas do seu contorno. Esta lingua estándar que servirá de modelo para a
lingua escrita defínese nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, do ano
1982, obra froito do acordo entre a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. Tras
levar a cabo unha revisión no ano 1995, chégase ao actual texto no 2003, a chamada normativa
da concordia, que propiciou o acordo entre os criterios filolóxicos e culturais de diferentes
sectores.

En 1983 promúlgase a Lei de Normalización Lingüística. Con esta lei incorpórase a materia de
Lingua e Literatura Galegas ao sistema educativo, permitindo así que os galegos sexamos
alfabetizados na nosa lingua. Regúlanse tamén nesta lei diferentes cuestións, que van desde o
tratamento que deben ter os topónimos de Galicia, pasando polo uso normalizado do galego nos
medios de comunicación, ata a protección do galego no exterior e a responsabilidade dos
gobernos na protección e fomento da lingua, e ademais indica que será a RAG quen impoña o
criterio de autoridade en todo o que se refira á normativa, actualización e uso correcto da lingua.

Nesta mesma década dos 80, concretamente en 1986, comezan as emisións de Radiotelevisión
de Galicia (RTVG), e en 1988 créase a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), ONG que
loita polo uso normalizado do galego.
Neste período tamén moitas cabeceiras de prensa monolingüe ven a luz, como A Peneira.
Reaparece a publicación periódica A Nosa Terra, que segue fiel ao ideario nacionalista, e nace
O Correo Galego, diario integramente en galego(hoxe desaparecido, aínda que apareceron
outros como Nós, o único en papel, ademais de dixital, ou xornais dixitais como Galicia
confidencial ou Praza).

O mundo editorial galego vive unha etapa de grande actividade: nacen novas editoriais, como
Vía Lactea e Xerais, e mesmo editoriais foráneas como Anaya se interesan pola publicación en
galego. Destaca o medre de títulos editados e o aumento de lectores en lingua galega. Aparecen
tamén estudos lingüísticos e literarios sobre o galego e a súa literatura, como Boletín Galego de
Literatura.

Nos anos 90 a lingua galega tamén accede á Informática, mediante correctores ortográficos,
buscadores, páxinas web ou blogs no noso idioma, que facilitan a competencia dixital en galego.
Desde que a lingua galega foi recoñecida como lingua cooficial ata hogano, a percepción social
do idioma ten mellorado moito, e por iso este período é chamado o século da normativización e
da normalización. A lingua galega estándar está presente en todos os ámbitos da comunicación
social e en todos os medios, escritos e audiovisuais, pero trinta anos de política lingüística con
pretensións normalizadoras non deron invertido a tendencia desgaleguizadora das novas
xeracións. Un dos grandes retos da Xunta de Galicia, como institución sobre a que recae a
responsabilidade de promover o uso do galego, é o de transmitirlle de maneira clara a toda a
sociedade galega a idea de que a nosa lingua é o primeiro ben cultural e o activo social máis
importante do que dispoñemos.
En 2014 o Galego ocupaba por número de falantes o posto 136 entre as linguas do mundo, o 49
por libros traducidos, o 37 por páxinas de Internet, o 26 por uso nas redes sociais.

Mirando cara adiante, é a sociedade galega a responsable do futuro da súa lingua: -Escoller un
proceso de recuperación como están a facer en Cataluña e Euskadi grazas aos seus serios
proxectos de normalización. -Deixar que a lingua siga esmorecendo, perdendo falantes e
mantendo o seu uso nas clases de galego e en determinadas situacións e funcións sociais:

Nun estudo publicado no 2021 na mocidade de arredor de 16 anos, case o 44% dos informantes
responderon que eran bilingües iniciais, o 36,1% declarouse castelanfalante inicial, e só o 18,1%
galegofalante. En canto á lingua do uso diario, case o 70% respondeu que fala única ou
preferentemente o castelán, mentres que 30% se declarou galegofalante habitual.

Máis castelán que galego no día a día de Galicia. Eses son os datos que revela o barómetro
trimestral de Sondaxe (marzo 2022), onde a porcentaxe de falantes que priorizan o castelán
fronte ao galego é maior tanto na vida persoal como no eido laboral e educativo. Aqueles que
escollen de forma maioritaria o castelán coa familia son un 40,9 % (case un 21 % do total só usa
esa lingua), fronte a un 38,4 dos que prefiren expresarse en galego (o 22,5 son monolingües).
Entre os demais falantes, o 17,8 di que se expresa por igual en ambos idiomas, o 1,2 usa outros
e o resto preferiu non responder.

Hai sectores, como a xustiza, no que o galego está case desaparecido. En canto á infancia
apenas hai xogos en galego, apenas uns poucos como Vacaloura ou Ti non es de aquí.
A POESÍA DE FINAIS DO XX E PRINCIPIOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80
E 90. POETAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES

Este período, que abrangue desde a morte de Franco en 1975 ata os nosos días, é para Galicia e
para España a etapa democrática máis extensa da historia. A oficialidade do noso idioma e a
incorporación da Lingua e Literatura galegas ao ensino, contribúen a crear unha situación
favorable para a cultura galega. Nacen novas editoriais, medra o número de títulos editados e
aumenta o número de lectores en lingua galega. Hai certos aspectos que cómpre ter en conta
porque repercuten na creación poética destes últimos anos, como é o feito da aparición de
numerosas revistas culturais e de poesía nas que se dan a coñecer os novos poetas e novas
tendencias, como é o caso de “Nordés” ou “Dorna”. Por outra banda, os certames, como por
exemplo o Celso Emilio Ferreiro organizado en Vigo, os premios poéticos e a publicación de
antoloxías da poesía galega, difundirán socialmente o feito poético.

A poesía galega abre unha nova etapa en 1976 coa publicación das obras Con pólvora e
magnolias, de Méndez Ferrín e Mesteres de López-Casanova. Este poemarios actúan como
desencadeantes da renovación da poesía galega, porque representan a superación dunha poesía
de compromiso monótona que se fixera ata o momento. O que se pretende nelas é unha nova
maneira de facer poemas, buscando unha poesía estética e universal, que lograse unir a nosa
tradición poética cunha forma de poesía europea, e á vez tentando non particularizar en temas
exclusivamente galegos.

A poesía dos anos 80 presenta uns trazos comúns fundamentais:

• - Culturalismo e intertextualidade, é dicir, o afán por empregar referencias literarias


universais

e o emprego de referencias culturais variadas: filosóficas, mitolóxicas, musicais.

• - Ruptura co socialrealismo. Prodúcese un distanciamento entre o poeta e a sociedade.


• - Busca de novos suxeitos líricos (negación da perspectiva autobiográfica)
• - Integración de elementos da cultura urbana e marxinal: grupos marxinais, drogas,
depresións..
- Incorporación do erotismo explícito e a nova visión da paisaxe e da natureza na
temática
- Preocupación formalista, barroquismo. Os poetas buscan novas formas rítmicas e
procuran unha nova linguaxe poética culta. Para eles, a beleza prevalece sobre os
aspectos morais ou sociais, e de aí a preocupación pola forma externa.
Nesta década está a chamada xeración do cambio, formada por autores que publican a
finais dos 70 e principios dos 80. Destacan os grupos Rompente pola súa poesía
rompedora (con Antón Reixa ou Manuel Romón), Alén e Cravo Fondo. Outros poetas
que destacan son Vilanova, mítico e simbolista e Alvarez Cáccamo, aberto á realidade a
través de vivencias familiares, e que superan a anterior estética e o realismo social, en
obras como Direivos eu do mester das cobras ou Praia das furnas. Lois Pereiro, pola
súa banda, converteuse nos últimos tempos nun poeta de culto para as novas xeracións,
pola orixinalidade, modernidade e autenticidade da súa poesía.
Ademais destes grupos literarios, arredor das cidades de A Coruña e Vigo confórmanse
nos 80 dúas escolas ou grupos. O grupo da Coruña plasma o seu labor en dous volumes,
De amor e desamor, no que participan, entre outros, Manuel Rivas. No grupo de Vigo
salientan poetas como Ramiro Fonte ou Román Raña. Caracterízanse polo rigor formal,
unicidade da obra, culturalismo, linguaxe brillante, emoción e intimismo. A finais desta
década é cando publica o seu primeiro poemario Xela Arias, que adianta o que logo
serían algunhas das liñas poéticas da xeración dos 90 e mostra unha voz transgresora e
valente. Ademais doutras obras, xa nos anos 90 publica Darío a diario, obra que nace
da experiencia de ser nai e que ofrece novas lecturas sobre a maternidade.

A creatividade dos 80 vai esmorecendo, momento no que irrompe a Xeración dos 90, que lle
devolve á poesía certa vitalidade. Desde o punto de vista formal, as propostas son diversas:
achamos propostas clásicas á beira do versolibrismo. Desde o punto de vista temático, uns
autores adoptan unha actitude desmitificadora, combativa ou provocadora (no sexual, no
ideolóxico, no literario...), mentres outros teñen enfoques máis tradicionais (amor, desamor,
soidade, morte...). Algunhas características comúns poderían ser:

• - Linguaxe máis directa e coloquial a través da chamada Poética do cotián


• - Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades; ecoloxismo, feminismo.
• - Difusión dos versos a través da Internet, en textos, audios ou vídeos.
• - Predominio dos recitais para potenciar o contacto poeta-oínte
Na década anterior xa se producira unha imporante incorporación da muller á poesía, e
isto proporciona unha nova vertente feminina e feminista, coa deconstrución do
universo masculino-machista e a presenza do erotismo e sexualidade fenininos.
Destacan autoras como Chus Pato, unha das voces máis representativas da poesía
galega contemporánea a través de obras como m-Talá ou A ponte nas poldras, unha
poesía civil feita nunha linguaxe nova, contundente, moi elaborada e lúcida, resistente
ao paso da circunstancia histórica. m- Talá é un poemario que marca un antes e un
despois nesta época. Cabe destacar xunto a ela outras autoras como Olga Novo, coa súa
obra Cráter, un libro de poemas que exalta a beleza que se extingue. Nesta obra hai
moitas elexías, declaracións de amor a seres que xa non están, pero hai tamén unha
proclama rotundamente vital, libertaria e optimista. Nesta liña poética sitúanse outras
poetas como Iolanda Castaño a través da súa obra O libro da egoísta, que ao igual ca as
anteriores, afonda na destrución da linguaxe erótica convencional, a través dunha
sensualidade que rompa cos tabús e da busca de novos termos que plasmen ese
erotismo.

O recurso ás devanceiras nun labor de restauración dos dereitos para a muller toma
forza igualmente nunha das apostas máis celebradas dos últimos tempos, a que supón o
descubrimento de María do Cebreiro en O estadio do espello. Pola súa parte, Lupe
Gómez retoma, tanto en Os teus dedos na miña braga con regra como en Poesía fea, as
formas breves e concisas para seguir afondando na súa poética da revisión dos modelos
femininos patriarcais. Outras das poetas fundamentais do momento son Ana Romaní
(Palabra de mar) ou María Reimóndez, que na obra Moda galega verte unha ollada
crítica e mordaz á sociedade consumista que obxectaliza os corpos das mulleres. Máis
de 10 anos despois, publica Moda galega reloaded, volvendo a aquela primeira obra, e
vertendo unha crítica ao sistema capitalista que destroza a muller baixo o prisma dun
patriarcado eterna. A cirurxía estética está presente no libro como o está na sociedade,
como unha forma de maltrato das mulleres.

Nesta época seguen publicando a maioría dos autores anteriores e xorden multitude de
novos autores, como Xosé Carlos Caneiro, Anxo Quintela, Millán Otero ou Daniel
Asorey a través da súa obra Transmatria, onde se mostra como home comprometido
coa dignidade, coas identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere
renovarse e ser libre. Por último, cabe destacar tamén a poesía para os máis novos, a
través de obras como a de García Teijeiro (Poemar o mar), Carlos Negro (Penúltimas
tendencias, Makinaria ou Aplicación instantánea) ou Elvira Ribeiro Tobío (Mar de
mazá).

A poesía galega goza nos últimos anos dun dos mellores momentos da súa historia en calidade e
cantidade. A chegada da Internet supuxo unha grande axuda xa que facilita novas canles de
publicación: blogs, redes sociais e portais específicos de poesía. Ademais permite a difusión de
recitais e videopoemas (Vimeo, YouTube...). Hoxe é moi difícil publicar un libro en papel con
poemas, máis é moi doado compartir na rede (seguramente con máis lectores) as creacións
poéticas.
A PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E
DOS 90. PROSISTAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES.

Este período, que abrangue desde a morte de Franco en 1975 ata os nosos días, é unha época na
que nacen novas editoriais, medra o número de títulos editados e aumenta o número de lectores.
Aparecen tamén publicacións especializadas en temas literarios e culturais, nacen as primeiras
editoriais electrónicas e o quefacer literario profesionalízase a partir dos anos 80 co nacemento
da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Todo isto fará que se incremente a produción
narrativa en galego. A isto hai que sumar as diferentes coleccións xuvenís nas que se dan a
coñecer novos novelistas xunto aos xa consagrados que se achegan agora á mocidade. Trátase
de coleccións como Fóra de Xogo (Xerais) ou Costa Oeste (Galaxia), editoriais nas que
publican Agustín Fernández Paz (Cartas de inverno, Corredores de sombra), María Reimóndez
(Fóra do normal) e Ledicia Costas (O corazón de Xúpiter, Infamia) entre outros.

Desde a década dos 80 dáse un avance e unha renovación significativa con respecto á Nova
Narrativa Galega, pois aparece a novela longa e a prosa ábrese a moi diferentes tendencias e
temáticas que marcan novas modalidades narrativas, procurando un maior número de lectores,
ao tempo que se pretende que sexan lectores heteroxéneos e urbanos. A principal
característica é a diversificación en todos os aspectos: estilos, temas e rexistros lingüísticos:

a) Xénero policial, inaugurado por Reigosa con Crime en Compostela e seguido por autores
como Aníbal Malvar (A man dereita e Unha noite con Carla) e novela negra, que acada
grande éxito con autores como Domingo Villar, a través de obras como Ollos de auga e A praia
dos afogados ou Arantza Portabales en Beleza vermella

b) Narrativa do xénero do oeste (pouco traballada na nosa literatura pero con mostras como A
morte de Frank González, de Ferreiro), de ciencia fición, erótica ou a narrativa
experimental a través de autores como Suso de Toro, que nos descubriu o experimentalismo
técnico, presente en Polaroid e en obras posteriores como Tic Tac ou Trece badaladas. A
publicación de Polaroid supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido
cambio de rumbo narrativo, converténdose nun libro polémico, absurdo, burlón, crítico,
provocador..., a través do humor e do ton paródico, sorprendente nos rexistros coloquiais, na
lingua empregada e mais na ambientación urbana e suburbana.

c) Narrativa histórica e fantástica, a primeira delas cultivada por autores tan senlleiros da
nosa literatura como Freixanes, na súa obra O triángulo inscrito na circunferencia. Nesta
narrativa obsérvase a introdución de elementos fantásticas ou de aventuras, en boa parte
influencia de Cunqueiro, como ocorre na obra Galván en Saor, de Cabana.

d) Narrativa realista, centrada na guerra civil e na posguerra, na que se recoñece unha liña que
se deu en chamar narrativa memorialista, como Fernández Ferreiro na obra Agosto do 36 ou
Rivas na súa obra Os libros arden mal, autor que tamén destaca na narrativa intimista con
obras como O lapis do carpinteiro.

A lista de excelentes narradores en galego nos últimos tempos é interminable, pero destacamos
figuras emblemáticas e tradicionais, que veñen publicando desde hai décadas, como Méndez
Ferrín e Casares. Algunhas das características presentes na narrativa de Ferrín son a
preocupación crítica polos problemas de Galicia, a flutuación entre o real e o ficticio, a
recorrencia ao mundo dos soños, a presenza do inexplicable e o predominio da violencia e da
morte. Se a isto unimos o dominio da lingua que presenta, compréndense que esteamos ante un
dos grandes autores da actualidade, o que se comproba en obras como Arraianos. Carlos
Casares, que tamén se iniciara na Nova Narrativa Galega, publicou obras máis realistas
centradas no século XX, como Deus sentado nun sillón azul, a derradeira obra denantes do seu
pasamento. As principais características que definen a súa narrativa son o emprego do humor e a
ironía, os espazos urbanos e o tratamento dos conflitos sociais.

Tampouco non debemos esquecer os Autores do novo milenio, escritores que acadan a maior
relevancia nestes últimos anos, como é o caso de Riveiro Coello, cuxa novela Laura no deserto
é unha das grandes obras dos últimos anos; Xabier Quiroga, creador de mundos de fición
arredor da Ribeira Sacra e autor de novelas como Izan o da saca (palíndromo que desvela o
tema da obra). A narrativa das autoras vive unha auxe nesta época, e aínda que é moi variada
posúe algúns trazos comúns, como o protagonismo feminino, o cuestionamento do rol
feminino tradicional e os valores patriarcais, e o profundamento na relación entre mulleres.
Autoras destacables son Teresa Moure coa súa obra Herba moura ou Rosa Aneiros con
Resistencia, Sol de inverno ou Veu visitarme o mar, onde se trata por primeira vez nunha novela
a marea negra do Prestige. Á beira delas, destacan María Reimóndez (O club da calceta, Dende
o Conflito) e Anxos Sumai, con obras como Melodía de días usados ou A lúa da colleita.
Mención á parte merece a literatura infantil e xuvenil (frecuentemente premiada fóra das
nosas fronteiras). Algúns dos seus autores, aínda que ningún deles se dedica en exclusiva a este
xénero son: Marilar Aleixandre -A expedición do Pacífico-, Francisco Castro -Chamádeme
Simbad-, ou Agustín Fernández Paz, o autor de máis éxito, traducido a moitos idiomas -Cartas
de inverno, Aire negro-.

En canto ao ensaio, os primeiros ensaios galegos naceron coa Xeración Nós, pero non vai ser
ata a década dos 70, con Ramón Piñeiro e Xesús Alonso Montero cando se inicie o verdadeiro
ensaio na nosa lingua. Hogano, desde a creación das filoloxías e doutoramentos respectivos,
moitos xorden desde a universidade, a maior parte deles relacionados con gramática e literatura,
sexa análise de texto, teoría literaria, etc... Contamos con ensaístas xa recoñecidos como
literatos, como é o caso de Ferrín (De Pondal a Novoneyra), Manuel Rivas, Suso de Toro ou
Forcadela, e outros que se adican case exclusivamente a este xénero, como Ramón Nicolás.
Salienta dentro do ensaio feminista María Xosé Queizán (Recuperemos as mans).
A PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E
DOS 90. PROSISTAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES.

Este período, que abrangue desde a morte de Franco en 1975 ata os nosos días, é unha época na
que nacen novas editoriais, medra o número de títulos editados e aumenta o número de lectores.
Aparecen tamén publicacións especializadas en temas literarios e culturais, nacen as primeiras
editoriais electrónicas e o quefacer literario profesionalízase a partir dos anos 80 co nacemento
da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Todo isto fará que se incremente a produción
narrativa en galego. A isto hai que sumar as diferentes coleccións xuvenís nas que se dan a
coñecer novos novelistas xunto aos xa consagrados que se achegan agora á mocidade. Trátase
de coleccións como Fóra de Xogo (Xerais) ou Costa Oeste (Galaxia), editoriais nas que
publican Agustín Fernández Paz (Cartas de inverno, Corredores de sombra), María Reimóndez
(Fóra do normal) e Ledicia Costas (O corazón de Xúpiter, Infamia) entre outros.

Desde a década dos 80 dáse un avance e unha renovación significativa con respecto á Nova
Narrativa Galega, pois aparece a novela longa e a prosa ábrese a moi diferentes tendencias e
temáticas que marcan novas modalidades narrativas, procurando un maior número de lectores,
ao tempo que se pretende que sexan lectores heteroxéneos e urbanos. A principal
característica é a diversificación en todos os aspectos: estilos, temas e rexistros lingüísticos:

a) Xénero policial, inaugurado por Reigosa con Crime en Compostela e seguido por autores
como Aníbal Malvar (A man dereita e Unha noite con Carla) e novela negra, que acada
grande éxito con autores como Domingo Villar, a través de obras como Ollos de auga e A praia
dos afogados ou Arantza Portabales en Beleza vermella

b) Narrativa do xénero do oeste (pouco traballada na nosa literatura pero con mostras como A
morte de Frank González, de Ferreiro), de ciencia fición, erótica ou a narrativa
experimental a través de autores como Suso de Toro, que nos descubriu o experimentalismo
técnico, presente en Polaroid e en obras posteriores como Tic Tac ou Trece badaladas. A
publicación de Polaroid supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido
cambio de rumbo narrativo, converténdose nun libro polémico, absurdo, burlón, crítico,
provocador..., a través do humor e do ton paródico, sorprendente nos rexistros coloquiais, na
lingua empregada e mais na ambientación urbana e suburbana.

c) Narrativa histórica e fantástica, a primeira delas cultivada por autores tan senlleiros da
nosa literatura como Freixanes, na súa obra O triángulo inscrito na circunferencia. Nesta
narrativa obsérvase a introdución de elementos fantásticas ou de aventuras, en boa parte
influencia de Cunqueiro, como ocorre na obra Galván en Saor, de Cabana.

d) Narrativa realista, centrada na guerra civil e na posguerra, na que se recoñece unha liña que
se deu en chamar narrativa memorialista, como Fernández Ferreiro na obra Agosto do 36 ou
Rivas na súa obra Os libros arden mal, autor que tamén destaca na narrativa intimista con
obras como O lapis do carpinteiro.

A lista de excelentes narradores en galego nos últimos tempos é interminable, pero destacamos
figuras emblemáticas e tradicionais, que veñen publicando desde hai décadas, como Méndez
Ferrín e Casares. Algunhas das características presentes na narrativa de Ferrín son a
preocupación crítica polos problemas de Galicia, a flutuación entre o real e o ficticio, a
recorrencia ao mundo dos soños, a presenza do inexplicable e o predominio da violencia e da
morte. Se a isto unimos o dominio da lingua que presenta, compréndense que esteamos ante un
dos grandes autores da actualidade, o que se comproba en obras como Arraianos. Carlos
Casares, que tamén se iniciara na Nova Narrativa Galega, publicou obras máis realistas
centradas no século XX, como Deus sentado nun sillón azul, a derradeira obra denantes do seu
pasamento. As principais características que definen a súa narrativa son o emprego do humor e a
ironía, os espazos urbanos e o tratamento dos conflitos sociais.
Tampouco non debemos esquecer os Autores do novo milenio, escritores que acadan a maior
relevancia nestes últimos anos, como é o caso de Riveiro Coello, cuxa novela Laura no deserto
é unha das grandes obras dos últimos anos; Xabier Quiroga, creador de mundos de fición
arredor da Ribeira Sacra e autor de novelas como Izan o da saca (palíndromo que desvela o
tema da obra). A narrativa das autoras vive unha auxe nesta época, e aínda que é moi variada
posúe algúns trazos comúns, como o protagonismo feminino, o cuestionamento do rol
feminino tradicional e os valores patriarcais, e o profundamento na relación entre mulleres.
Autoras destacables son Teresa Moure coa súa obra Herba moura ou Rosa Aneiros con
Resistencia, Sol de inverno ou Veu visitarme o mar, onde se trata por primeira vez nunha novela
a marea negra do Prestige. Á beira delas, destacan María Reimóndez (O club da calceta, Dende
o Conflito) e Anxos Sumai, con obras como Melodía de días usados ou A lúa da colleita.
Mención á parte merece a literatura infantil e xuvenil (frecuentemente premiada fóra das
nosas fronteiras). Algúns dos seus autores, aínda que ningún deles se dedica en exclusiva a este
xénero son: Marilar Aleixandre -A expedición do Pacífico-, Francisco Castro -Chamádeme
Simbad-, ou Agustín Fernández Paz, o autor de máis éxito, traducido a moitos idiomas -Cartas
de inverno, Aire negro-.

En canto ao ensaio, os primeiros ensaios galegos naceron coa Xeración Nós, pero non vai ser
ata a década dos 70, con Ramón Piñeiro e Xesús Alonso Montero cando se inicie o verdadeiro
ensaio na nosa lingua. Hogano, desde a creación das filoloxías e doutoramentos respectivos,
moitos xorden desde a universidade, a maior parte deles relacionados con gramática e literatura,
sexa análise de texto, teoría literaria, etc... Contamos con ensaístas xa recoñecidos como
literatos, como é o caso de Ferrín (De Pondal a Novoneyra), Manuel Rivas, Suso de Toro ou
Forcadela, e outros que se adican case exclusivamente a este xénero, como Ramón Nicolás.
Salienta dentro do ensaio feminista María Xosé Queizán (Recuperemos as mans).

You might also like