Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 21

MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

DISTRIBUCIÓN DAS ESPECIES E FACTORES DETERMINANTES

1. Factores que determinan a distribución das especies .......................................................................... 2


A luz......................................................................................................................................... 2
A temperatura ...........................................................................................................................5
A auga ....................................................................................................................................... 6
A neve ....................................................................................................................................... 9
O relevo .................................................................................................................................... 9
O vento ................................................................................................................................... 10
O solo ..................................................................................................................................... 11
O lume .................................................................................................................................... 13
A atmósfera ............................................................................................................................. 14
Relación con outros seres vivos ..................................................................................................... 14
As formas de vida. Clasificación de Raunkiaër ................................................................................... 14
2 Áreas de distribución ................................................................................................................... 17
Delimitación e cartografía das áreas ................................................................................................ 17
Plantas naturalizadas, adventicias e aclimatadas ................................................................................ 19
Plantas invasoras ...................................................................................................................... 19

Páxina 1 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

1. Factores que determinan a distribución das especies


A distribución dos seres vivos non é aleatoria, e inflúen decisivamente na presenza ou ausencia dos
taxóns.
Dentro dos factores que inflúen na distribución distínguese entre factores propios (que dependen
únicamente da especie), e factores externos (que dependen dos elementos naturais).
Os factores propios máis importantes a ter en conta son: a súa capacidade de colonización, capaci-
dade reprodutora e diseminadora, fertilidade, a amplitude ecolóxica (canto maior sexa a adaptación
ás diferentes condicións ambientais, maior será o territorio potencial), capacidade de adaptación ao
medio, a xenética, o poder evolutivo...
Os factores externos están relacionados coas condicións ambientais que rodean á especie. Os máis
importantes son a luz, a temperatura, as precipitacións, a neve, a topografía, o solo, o lume, o ven-
to, a presión, a atmósfera e a relación coas outras especies.
Non se pode obviar o papel desempeñado polo ser humano que alterou conscientemente a cuberta
vexetal para adaptala as súas necesidades (roturación, agricultura...), e que, cada vez máis, modifi-
ca involuntariamente as áreas de distribución.
En moitos procesos biolóxicos os factores actúan conxuntamente, por exemplo, na fotosíntese das
plantas é determinante a luz, pero tamén depende da auga, a atmósfera, o solo... Pero noutras oca-
sións hai un factor limitante que domina, por exemplo en rexións frías polares o factor limitante é a
temperatura, con todo, nos desertos, o factor limitante son as precipitacións.
A distribución das especies é polo tanto o resultado da combinación de numerosos factores, pero a
medida que aumenta a antropización do medio, o factor humano é cada vez máis determinante.
A luz
As características máis importantes a ter en conta son: a intensidade, a cor, a cantidade e a periodi-
cidade; tanto ao longo do día, como ao longo do ano.
A luz depende de moitos factores:
– Do ángulo que forman os raios solares e a superficie terrestre.
– Da latitude (a maior latitude en xeral, hai menos cantidade de luz; a zona do ecuador
é a parte do planeta con maior cantidade de luz, ao longo do ano e do día, mentras
que nos polos a cantidade de luz é moito menor).
– Da estación do ano.
– Da duración do periodo día / noite.
– Da altitude (xeralmente a maior altitude, máis cantidade de luz).
– Do espesor da capa atmosférica, a transparencia do ár, a nubosidade...
– Do solo, en función da cor o solo pode repeler ou absorber luz.

Páxina 2 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

– Da topografía, en rochedos as diferencias de exposición á luz pode determinar cam-


bios importantes.
A distribución da luz é variable no espazo e no tempo pero tamén, dentro dunha mesma planta ou
dunha comunidade vexetal. Nunha planta a copa recibe luz intensa que vai diminuíndo cara abaixo
pola sombra producida. As especies, dentro das comunidades vexetais, se sitúan en estratos en
función competencia pola luz.
Nas plantas a luz inflúe en:
▪ A fotosíntese; da totalidade da luz recibida por unha planta só o 10% é empregado na
fotosíntese.
▪ A fisioloxía; a luz pode inhibir a xerminación ou activala.
▪ A morfoloxía, o desenvolvemento e/ou o crecemento dos vexetais; A falla de luz produ-
ce afillados, cambios na forma dos limbos, marchitamento das follas, talos débiles, en-
trenús alongados, follas reducidas... Pola contra, os períodos con moita luz favorecen a
maduración sexual e o desenvolvemento vexetativo da planta, por exemplo a eclosión
das xemas en primavera relaciónanse cos días máis longos. De feito, as árbores de rú-
as de cidades presentan un desenvolvemento desigual en función da cercanía á luz das
farolas. Nalgunhas especies a luz provoca dimorfismo foliar na mesma árbore: as follas
de luz son máis pequenas, máis grosas, con nerviación máis densa, maior densidade
de estomas; e as follas de sombra, xeralmente máis grandes, máis delgadas e capaci-
tadas para utilizar mellor a menor intensidade lumínica. Ademáis, as follas de sol por ri-
ba da copa, se dispoñen en sentido vertical para quentarse menos, perden menos auga
e deixan pasar máis luz (Walter, 1977).
En función da afinidade ou necesidade de luz as plantas se clasifican en:
– Plantas heliófilas: Teñen afinidade por zonas con iluminación directa. A maior parte
das herbas pertencen a esta categoría pero tamén numerosos matorrais e árbores.
No interior do bosque hai poucas herbas pero si se produce un claro aparecen llan-
téns, zarzas, fieitos, labazas… As plantas pioneiras (as primeiras que se instalan)
soen ser heliófilas tanto si son herbáceas como si se trata de matogueiras ou árbo-
res. É o caso do piñeiro albar (Pinus sylvestris), o bidueiro (Betula spp), a aveleira
(Corylus avellana), etc.
– Plantas fotófilas: Equipáranse habitualmente coas heliófilas pero presentan afinida-
de por lugares iluminados de forma indirecta. Son as plantas de áreas rochosas, pe-
dregais, escombreiras....

Páxina 3 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

– Plantas esciófilas ou umbrófilas: Teñen afinidade por lugares sombreados e


constitúen o sotobosque de formacións pechadas. Nos bosques de Europa Occiden-
tal destacan o rusco (Ruscus aculeatus), a anémona (Anemone nemorosa), os xacin-
tos... No caso das árbores a esixencia de sombra limítase ás primeiras fases. Exem-
plos típicos son a faia (Fagus sylvatica), o arce (Acer spp), o tilo (Tilia cordata), o tei-
xo (Taxus baccata)... As follas adaptadas a un medio sombreado son xeralmente
máis delgadas e anchas que as habitualmente expostas ao sol.
O fotoperíodo: A duración dos días e das noites varía ao longo do ano de forma proporcional á
latitude e en función do ritmo das estacións. Estas variacións son nulas ou insignificantes preto do
Ecuador, donde o día e a noite duran sempre 12 horas pero resultan máximas nas rexións polares,
o que implica que o número de horas útiles para a fotosíntese permanece invariábel no Ecuador
pero varía moito nas rexións de latitudes altas.
O fotoperíodo é a adaptación das plantas a estas variacións e según este, distínguense catro gru-
pos de plantas:
– Plantas "de días curtos": O inicio da floración só se produce si a duración da luz
diaria é inferior a 12 horas. Con períodos superiores a xemas quedan en letargo aín-
da que a planta continúa crecendo. Inclúen as plantas dos trópicos e as de rexións
templadas que florecen en outono ou inverno. Exemplos destas especies son a caña
de azúcar, o crisantemo, a dalia e certas variedades de tabaco.
– Plantas “de días largos”: Son as que necesitan máis de 12 horas diarias de ilumi-
nación para florecer. A iluminación insuficiente suprime a floración e inhibe o normal
desenvolvemento polo que concentran a actividade no verán, a estación máis favo-
rábel. Abondan en latitudes superiores aos 40º.
– Plantas de fotoperíodo intermedio: A medio camiño entre as anteriores e caracte-
rísticas das latitudes medias. Inclúen a maior parte dos cereais cultivados.
– Plantas indiferentes: O fotoperiodo non parece exercer influenza sobre elas. Neste
grupo inclúense tamén aquelas capaces de iniciar o desenvolvemento (ou incluso de
florecer) a oscuras grazas ás reservas das raíces, como ocorre con algúns xacintos
e narcisos.

Páxina 4 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

A temperatura
A temperatura é un factor de diferenciación ecolóxica importante, de feito, sen calor o desenvolve-
mento dos seres vivos é imposíbel.
A distribución da temperatura no planeta depende:
– Da radiación solar (cantidade e ángulo).
– Da latitude: as zonas polares rexistran as temperaturas máis baixas, mentras que
nas zonas tropicais e ecuatoriais están os valores máis altos.
– Da altitude: a non ser que se produza unha inversión térmica, a máis altura hai valo-
res máis baixos de temperatura. En xeral, a temperatura media anual do ar descen-
de 0,55ºC cada 100 metros de altura. Por elo, a vexetación e a fauna se estratifican
en pisos de vexetación.
– Do medio: existen grandes diferencias entre a temperatura do solo, o subsolo, o
océano, a superficie e a atmósfera. A diferencia entre a temperatura do continente e
o océano é importantísima, sendo o factor que condiciona os climas terrestres
(oceánicos e continentais). Respecto á temperatura do ar, os valores extremos se
observan nos desertos fríos e calurosos, aínda que poden acadarse valores de tem-
peratura do solo de 70ºC ou máis, incluso nas latitudes templadas. En España a tª
da superficie do solo non supera os 50°C.
– Da cor e a composición da superficie terrestre: en xeral os solos claros repelen calor,
mentras que os obscuros reteñen e absorben máis calor.
– Da porosidade e o contido de auga do solo. En función da estrutura do solo varía a
absorción e a perda de auga, incidindo directamente na temperatura.
– Da cuberta vexetal: según o tipo de vexetación a temperatura pode presentar gran-
des diferencias debido á evapotranspiración, ao efecto sombra...
A temperatura actúa en todas as etapas do desenvolvemento das plantas. A actividade das fun-
cións biolóxicas da planta tenden a aumentar exponencialmente coa temperatura.
O factor temperatura inflúe en particular sobre a fotosíntese, a respiración, a transpiración, no cre-
cemento, no desenvolvemento, na fenoloxía (as temperaturas baixas poden favorecer a xermina-
ción ou inhibirla) e na floración, por exemplo, a orquídea Dendrobium crumenatum florece cando se
produce un enfriamento repentino do ambiente despois de grandes choivas (Walter, 1977). Non só
son decisivas as temperaturas normais, senon tamén as temperaturas extremas de calor e de frío.

Páxina 5 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

A actividade fotosintética está íntimamente relacionada coa temperatura, aumentando casi lineal-
mente co incremento de calor, ata un umbral máximo a partir do cal comeza a decrecer.
Na respiración a relación é semellante á da fotosíntese. En cada planta existe unha temperatura
mínima baixo a cal non pode desenvolverse, unha temperatura óptima para a fotosíntese e outra
para a respiración, e un valor de temperatura a partir do cal se produce a morte por hipertermia. A
temperatura óptima das plantas é de 20-25ºC nas árbores caducifolias, 10-25ºC nas coníferas, 10-
20ºC nos esciófilos, 5-12ºC nos musgos e entre 8 e 15ºC nos liques de rexións frías (Ferreras
Chasco, 2000).
As temperaturas altas permiten unha maior evapotranspiración, e menor disponibilidade de agua. Si
a temperatura é excesiva, a planta tenderá a aumentar a transpiración para diminiur a temperatura
dos tecidos e detén o crecemento.
As temperaturas baixas ás veces son positivas, por orixinar efectos estimulantes nas plantas: evitar
o rebrote temprano, permitir a estratificación... A asimilación de clorofila se anula con baixas tempe-
raturas, e as funcións vexetativas poden chegar a deterse, reducíndose a respiración e a absorción
de auga.
En xeral, o frío é un factor moi limitante, sendo poucas as especies que sobreviven arredor dos po-
los e en áreas de alta montaña.
En función das necesidades de calor e temperatura, as plantas se clasifican en:
– Plantas termófilas: aquelas que necesitan moito calor para desenvolverse óptima-
mente, o umbral de crecemento está por riba de 0ºC.
– Plantas criófilas: aquelas que necesitan moi pouco calor para desenvolverse ópti-
mamente, o umbral de crecemento sitúase por baixo de 0ºC.
Según as plantas resistan mellor ou peor as variacións térmicas se dividen en:
– Plantas euritermas: aquelas que soportan unha gran amplitude térmica entre o má-
ximo e o mínimo.
– Plantas estenotermas: aquelas que non soportan fortes variacións.

A auga
A distribución da auga e as precipitacións é moi desigual, existindo zonas como o deserto do Sáha-
ra ou o do Gobi donde apenas chove un par de días ao ano, mentras que en zonas tropicais e mon-
zónicas hai lugares donde chove todos os días do año. O lugar donde se rexistra a maior cantidade
de precipitacións é na base do Himalaya, con máis de 12.000 mm/ano, mentras que a área máis
seca localízase no deserto de Atacama, e no Sáhara Central donde non se superan os 10 mm/ano.
En España os valores van dende os 3.000 mm/ano da Serra de Grazalema aos 200 mm/ano de
Cabo de Gata. Estas grandes variacións de precipitacións xunto á distribución das temperaturas
son os dous grandes factores que xeran os distintos tipos de formacións vexetais.

Páxina 6 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

As choivas dependen de:


– Momento do ano: en función das estacións, as precipitacións van variando. No clima
mediterráneo, na zona do hemisferio norte, os valores máis altos se rexistran nos
equinocios (primavera e outono), e os valores mensuais máis baixos nos solsticios
(verán e inverno).
– Dos movementos das masas de aire.
– Da cercanía ás masas de auga. As áreas cercanas aos océanos teñen maior humi-
dade ambiental que as áreas interiores dos continentes.
– Da vexetación: as plantas inflúen retendo a auga do solo, evitan a escorrentía e de-
volven auga absorbida a través da evapotranspiración.
A auga é fundamental para todos os seres vivos, e en especial para as plantas. É necesaria na ali-
mentación, na transpiración, na asimilación de clorofila, na respiración, na elaboración de compos-
tos; é o medio no que se producen as reaccións químicas da planta e o vehículo polo que circulan
os nutrientes. Tamén é importante para a fisonomía, e determina a distribución das plantas e das
comunidades vexetais.
Nas comunidades vexetais a cantidade necesaria de auga para o seu desenvolvemento depende
do tipo de formación, das plantas que compoñen a comunidade, e do seu tamaño. As superficies
herbáceas requiren menos auga que os bosques, e as coníferas menos que as caducifolias.
En climas moi húmidos, áreas con solos encharcados ou con alta humidade ambiental, as plantas
desenvolven determinadas características para combatir o exceso de auga:
– Puntas longas, formas en uve ou provistas dunha especie de canal que axuda a eli-
minar a auga.
– Follas grandes e alongadas, para ter maior superficie de transpiración.
– Moitas plantas adquiren a capacidade de pechar totalmente os estomas.
– Algunhas son capaces de expulsar a auga sobrante en forma líquida por medio da
gutación, a través de estomas acuíferos (hidatodos).
– Posúen pelos que axudan a transpirar activamente.
– Follas rugosas ou agretadas que evitan a acumulación de auga.
– Algunhas plantas acuáticas teñen raíces aéreas ou neumatóforos.

Pola contra, en climas secos desenvolven estratexias para compensar a falta de auga:
– Concentran a actividade vital (xerminación, crecemento, floración...) nos momentos
con maior precipitación, e reducen o crecimiento nas épocas de seca. Outras con-
centran todo o ciclo nun período curto de tempo, desenvolvéndose rápidamente no

Páxina 7 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

período húmido e mentras sobreviven en forma de sementes ou enterradas baixo te-


rra.
– Presentan follas pequenas, duras (ex. As esclerófilas* como a aciñeira Quercus ilex),
con estomas pouco numerosos e fundidos na superficie da folla, ás veces protexidos
con pelos.
*Esclerófilo: adxectivo que se refire as plantas perennifolias que posúen follas endurecidas e
coriáceas, adaptadas a rexións secas (rebolo, encina…)

– Follas con formas enroscadas ou paralelas aos raios solares.


– Follas con cores claros ou brillantes para repeler os raios solares e reducir a evapo-
ración.
– Follas pequenas e pouco numerosas, ás veces transformadas en espiñas, como nas
cactáceas.
– Sistema radicular moi desenvolvido, en sentido horizontal ou vertical, que pode che-
gar ás veces, ao nivel freático (freatofitas).
– Oturas, como as suculentas, almacenan auga dentro dos tecidos; nas follas como o
Ágave, o Aloe vera, a Crassula…, outras no talo como os Cactus, ou nas raíces co-
mo algunhas especies de Asparragus ou certas Leguminosas.

Formas para combatir o exceso Estratexias para conservar a Estratexias para manter a
de auga auga por reducción da absorción de auga
transpiración

• Aumento do limbo foliar e • Formas redondeadas • Hipertrofia do sistema


estomas aeríferos • Diminución do tamaño radical
• Pilosidade foliar e nº das follas • Vasos vasculares gro-
• Estomas aeríferos su- • Follas paralelas aos sos
perficiais raios solares • Raíces superficiais
• Follas de superficie ru- • Follas caedizas no • Raíces profundas para
gosa perío- do seco captar auga freática
• Follas delgadas • Almacenamento de
• Follas con pantalla auga (suculencia)
(pigmentada ou gaso- sa) • Cor verde claro e
• Estomas acuíferos brilan- te: reflexa a luz
• Glándulas de auga • Follas enroladas
perma- nentemente
• Cutículas grosas e
im- permeables.
• Plantas semienterradas

Páxina 8 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

En función das necesidades hídricas Huetz de Lemps (1970) diferencia os seguintes tipos de plan-
tas:
– Especies hidrofitas ou higrofitas: Son as que viven en entornos permanentemente
anegados e solos saturados de auga: humidais, ribeiras, turbeiras, etc. O maior in-
convinte que teñen é a falta de osíxeno a nivel das raíces polo que se ven obrigadas
a absorbelo da atmósfera. Por esta razón, desenvolven moito os órganos aéreos ga-
rantindo que van a sobresair sempre por riba da auga ou flotar sobre a superficie. É
o caso das follas flotantes dos nenúfares, da lentella de auga (Lemna sp) ou das raí-
ces aéreas e "neumatóforos" do mangle. Poden desenvolver raíces cónicas como os
cipreses dos pantanos (Taxodium distichum) , tecidos especiais (aerénquima, parén-
quima lagunar estrelado en xuncos) ou capacidade de respirar de xeito anaeróbico
durante certo tempo (Salix sp).
– Especies mesófilas: Teñen requerimientos intermedios de auga.
– Especies xerofitas: Son plantas específicamente adaptadas á falta de auga. Presen-
tan adaptacións para limitar as perdas e facilitar ao máximo a absorción a través das
raíces. Moitas delas reducen ao mínimo as follas ou prescinden delas.

A neve
En áreas de alta montaña o coeficiente de nivosidade pode chegar ao 100%, e a vexetación e a
fauna destos lugares está fortemente condicionada pola duración e a cantidade de neve.
A neve ten efectos favorables e desfavorables para os seres vivos. Nas plantas, as defende da
desecación, evita a brotación temprana, abona o solo... pero tamén pode provocar a abrasión das
plantas, acurta o período vexetativo, produce danos (ás veces as árbores non poden soportar o pe-
so e perden algunhas ramas ou caen enteiros). Por todo elo, é un factor limitante para a vexetación
de alta montaña.

O relevo
A topografía ou a configuración do relevo inflúe nos seres vivos, aínda que ten maior importancia a
súa incidencia noutros factores como a luz, a temperatura, a agua...
A nivel xeral, o relevo e os movementos das placas tectónicas marcaron a evolución da vida e son
unha das causas da actual distribución dos seres vivos. Os accidentes xeográficos, como as mon-
tañas, as illas, os lagos, os mares, os ríos, os océanos... permiten ou interrumpen a expansión dos
seres vivos, e provocan a creación de especies endémicas e vicariantes.
As montañas provocan a formación de pisos de vexetación, con grandes diferencias entre as ver-

Páxina 9 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

tentes (solana e umbría, barlovento e sotavento). Ademáis, en áreas de alta montaña as temperatu-
ras medias son moi baixas, a amplitude térmica diaria moi alta, a luminosidade é maior, e soe haber
neve. Debido a estas características, o periodo vexetativo normal se altera, e obriga ás plantas a
desenvolver capacidades especiais, como a redución das partes aéreas, aparato vexetativo máis
denso, redución da superficie foliar e engrosamento das follas.

Fonte: http://ficus.pntic.mec.es

O vento
O vento é especialmente determinante en costas, llanuras, desertos e climas de montañas, donde a
forza é moito maior. Inflúe sobre os seres vivos pero tamén sobre a temperatura, a humidade, o
lume ou a neve.
Dentro dos efectos sobre as plantas cabe destacar:
– Importante papel na distribución das sementes e as esporas.
– Crea un efecto de desecación.
– Reduce o risco de xeadas ao mesturar as capas de ár e aumentar a tª.
– En áreas situadas a gran altitude, o vento é unha das causas (xunto coa neve princi-
palmente) que provoca o ananismo das especies vexetais.
– Inflúe na distribución da vexetación determinando o límite dalgúns bosques, pois ao
desecar os brotes nos periodos fríos, impide que a vexetación se desenvolva. En
teoría, non hai bosques se a velocidade do vento a 10 metros de altura é igual ou
superior a 6 m/s (Alcaráz Ariza, 2008).
– En xeral, as xemas das plantas situadas a barlovento dunha montaña (ladeiras máis
expostas) se danan máis que as situadas a sotavento (máis expostas ao vento).
– En áreas con dunas o vento desenterra e enterra as especies, determinando o cre-
cemento e a zonación na area.
A capacidade das distintas especies para soportar os efectos do vento é moi distinta e xeralmente,
as “primeiras líñas” das masas arboradas estarán ocupadas por especies con gran flexibilidade co-
mo palmeiras ou bidueiros.
As plantas tenden a adquirir un porte chaparro e aerodinámico (aspecto rastrero, formas redondea-
das ou en almohadilla, troncos e ramas inclinadas) desenvolvendo mecanismos de adaptación co-

Páxina 10 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

mo maior desenvolvemento do sistema radicular.

Un claro exemplo da influenza pode verse na zonación das dunas.

Fases do sistema dunar:


a: praia alta (Cakile maritima, Polygonum maritimum),
b: dunas embrionarias (Elymus farctus, Sporobulus pungens)
c: dunas móbiles (Ammophila arenaria, Euphorbia paralias),
d: dunas semifixas (Helichrysum stoechas subsp. Caespitosum)
e: depresión interdunar (Juncus acutus),
f: dunas fixas (Juniperus phoenicea subsp. Turbinata)
O solo
O solo é o medio que fai posíbel o desenvolvemento da maioría das plantas, proporcionándolle au-
ga, nutrintes e osíxeno. É un sistema dinámico que evoluciona co paso do tempo pola acción com-
binada de certos factores ambientais a través dos procesos de edafoxénese (procesos de formación
de solos).
Para un bo crecemento vexetal, o solo debe ter unha textura (proporción de partículas minerais de
diferente tamaño: arxila, limo e area) e unha estrutura (xeito de unirse as partículas minerais en uni-
dades de maior tamaño ou agregados) axeitadas que permitan a circulación da auga e o ár.
Os principais factores de edafoxénese son a litoloxía , o clima, a topografía, o tempo, a vexetación e
a acción antrópica.
En función da abundancia de certos elementos químicos no solo se diferencian os seguintes tipos
de plantas:
– Plantas silicícolas: son as plantas e comunidades vexetais que viven en solos silíce-
os., como o carballo, a jara pringosa (Cistus ladanifer) ou a Calluna vulgaris. (Son
acidófilas)

Páxina 11 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

– Plantas silicófilas: son as plantas e comunidades vexetais que necesitan vivir en so-
los silíceos por lavado de carbonato cálcico. Presentan deficiencias de ferro en solos
calizos.
– Plantas calcófílas: son as plantas e comunidades vexetais que requiren e necesitan
solos calizos para desenvolverse. Por exemplo o Thymus vulgaris, (Son basófilas).
En substratos ácedos teñen deficiencias en fósforo e toxicidade por aluminio.
– Plantas calcícolas: son as plantas e comunidades vexetais que viven en solos ou
substratos calizos, é dicir, ricos en carbonato cálcico. Por exemplo, o Pinus halepen-
sis, Lavandula latifolia, ou Salvia lavandulifolia.(Plantas basófilas)
– Plantas calcífugas: son as plantas e comunidades vexetais incompatibles co solo ou
substrato calizo, como son o castiñeiro, a sobreira, e o rebolo. (Son acidófilas)
– Plantas dolomitícolas: A dolomita ten elevados contidos en Magnesio, que pode re-
sultar tóxico para plantas non adaptadas, polo que son frecuentes tamén os edafo-
endemismos, por exemplo a Lavandula lanata.
– Plantas serpentinícolas: As peridotitas e serpentinitas son rochas ricas en olivino,
con gran contido en metais pesados (Co, Cr e Ni), aparecendo edafoendemismos
adaptados a estas condicións, como a Centaurea laínzíí.
– Plantas nitrófilas: O nitróxeno se acumula en zonas alteradas polas actividades hu-
manas (barbeito, cultivos, marxes de camiños, entornos de vivendas, zonas de gan-
do, etc). Nestes hábitats instálanse plantas tolerantes a altas taxas de nitróxeno,
configurando unha vexetación moi estendida. En zonas semiáridas ou áridas a per-
manencia deste nitróxeno é moi duradeiro, aparecendo plantas nitrófilas endémicas
como Artemisia barrelieri ou Artemisia lucentica.
– Plantas halófilas: son aquelas plantas que se desenvolven sobre solos con altas can-
tidades de sal. Algunhas desenvolveron adaptacións para tolerar esas cantidades de
sal, como desenvolver cutículas grosas ou follas pequenas, produción de talos e/ou
follas suculentas para evitar a toxicidade e compensar as diferencias de presión os-
mótica co solo. Outra das defensas ante a sal é a redución do número de nervios e
estomas.

O pH é un parámetro fundamental, posto que moitas especies esixen un determinado valor de pH


para un crecemento óptimo. En función do pH do solo se distinguen tres tipos de plantas:
– Plantas basófilas: viven ou requiren solos básicos.
– Plantas acidófilas: viven ou requeren solos ácidos.
– Plantas indiferentes do pH e que admiten un rango amplo de pH.

Páxina 12 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

A estrutura do solo é moi importante, sobre todo en áreas como cantís, rochedos, canchais, pare-
des... poi neles hai un desenvolvemento moi limitado do solo e as raíces destas plantas, xenérica-
mente chamadas rupícolas, vénse obrigadas a contactar directamente coa rocha. Este tipo de plan-
tas se subdividen en:
– Plantas psamófilas: son aquelas plantas que están ligadas á area. En áreas con du-
nas, estas plantas son capaces de estabilizar o solo e fixar la duna.
– Vexetación ruderal: aquela que se desenvolve en camiños, sobre escombros e nas
proximidades de zonas humanizadas donde se desenvolven solos con forte contido
inorgánico e en nitratos.

O lume
O lume é un factor secundario, pero con gran incidencia en certas zonas como áreas con bosques
densos, espazos con especies resinosas...
A intensidade, duración e a potencia do incendio depende de moitos factores: da distribución verti-
cal e horizontal dos materiais combustibles, do tipo e da densidade de vexetación, da acumulación
de biomasa, a topografía do terreo, o tipo de solo, o vento, as condicións climáticas locais... (Alca-
ráz Ariza, 2008).
A nivel mundial existe unha maior concentración de incendios en áreas con influenza humana, e
presentan unha maior amenaza en zonas con bosques puros de coníferas, en toda a área medite-
rránea, e en áreas tropicais con climas secos. Os incendios tradicionalmente foron usados na gan-
dería para eliminar o estrato arbóreo e manter só o estrato herbáceo para o alimento dos animais.
A pesar de que na actualidade a maioría dos incendios están relacionados coa actividade do home,
ao longo da historia xeolóxica tiveron un importante papel e por elo as plantas e os animais tiveron
que desenvolver certas adaptacións e estratexias:
– Algunhas árbores de Acacia, Arctostaphylos, Ceanothus, Cistus, Epilobium, Pinus...
teñen sementes cubertas con capa dura e son capaces de agardar varios anos ata
que o lume as estimula e a planta comeza a xerminar.
– Outras como a Picea mariana, Pinus contorta... expulsan as sementes durante os in-
cendios abrindo os conos.
– No Populus tremuloides, por exemplo, o lume estimula a reprodución vexetativa e o
Cynodon dactylon produce gran cantidade de sementes durante os incendios.
– Outras son sensibles ao lume pero os froitos son capaces de resistir, como o Pinus
muricata de Baja California.
– Algunhas teñen follaxe resistente, rico en auga (Acacia mellifera) ou cortiza resisten-
te grosa, como en Pinus ponderosa, Quercus suber...

Páxina 13 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

A atmósfera
A atmósfera normalmente está formada por nitróxeno (78,1 % en volume), osíxeno (21%), argón
(0,93%) e anhídrido carbónico (0,035%) principalmente. Esta proporción de gases manténse esta-
ble grazas á actividade dos animais, pero sobretodo dos seres fotosintéticos.
A atmósfera vése alterada principalmente pola actividade humana. Moitos animais e plantas son
susceptibles a estos cambios. Por exemplo algunhas plantas como Gladiolus, Tulipa ou Zea son
capaces de detectar partículas de FH no ár, ou plantas como Geranium ou Medicago sativa detec-
tan SO2. Os liques, ademáis, son bioindicadores da contaminación atmosférica, e en áreas con ár
contaminado non poden crecer.
O valor do CO2 soe ser constante, aínda que en formacións vexetais densas pode haber escasez,
polo que a renovación do ár é importante. Ao ser un gas pesado, en alta montaña contén menor
cantidade de CO2, polo que algúns autores o relacionan co ananismo das plantas de altura.
É importante o factor da presión atmosférica, sobre todo en áreas de alta montaña. A presión pode
condicionar o tamaño e a forma das plantas e os animais, por elo existen comunidades vexetais
especialmente adaptadas a este factor, as chamadas barófilas.

Relación con outros seres vivos


Entre as árbores e os animais soe haber unha relación de cooperación, poisto que as plantas pro-
porcionan á fauna alimento (directo e indirecto), refuxio, acubillo... e en xeral, canto máis desenvolto
e estratificado está un bosque máis animais habitan nel. A fauna axuda a polinizar a a xerminar as
plantas, e aporta materiais orgánicos ao solo.
Pero as relacións entre plantas e animais non sempre son positivas; a aparición de novos parásitos,
a presenza de fungos ou bacterias, a implantación de especies invasoras... poden limitar a expan-
sión e progresión dun taxón e incluso chegar a eliminalo. Por exemplo as langostas cíclicamente
arrasan as superficies cultivadas e os elefantes provocan a deforestación nalgunhas das áreas que
habitan.
As formas de vida. Clasificación de Raunkiaër.
Os factores climáticos susceptibles de determinar a distribución dos seres vivos producen efectos a
escala rexional. Elo fai que as distintas especies dunha mesma zona adopten mecanismos e morfo-
loxías para superar os períodos máis desfavorables. Partindo desta idea, o botánico danés Raun-
kiaër propuxo en 1934 unha clasificación baseada na morfoloxía que adoptan as plantas, diferen-
ciando os seguintes tipos básicos:
▪ Fanerófitas: Son aquelas que manteñen o porte e forma inalterados pero frean as fun-
cións vitais durante a estación desfavorable (respiración, fotosíntese, evaporación). É o
caso das árbores, arbustos e mato. Moitos deles perden a folla estacionalmente (cadu-
cifolios) e o resto (perennifolios) a conservan pero controlan a apertura dos estomas.
Páxina 14 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2023-2024

▪ Caméfitas: Son herbáceas e pequenos arbustos capaces de soportar a estación desfa-


vorábel grazas ao escaso porte. As xemas están a moi pouca altura sobre o solo. É o
caso dos brezos, salgueiros ananos, arandos...
▪ Hemicriptófitas: Son plantas con xemas e brotes que apenas asoman sobre o solo e
nas que a maior parte do volumen do individuo está baixo terra.
▪ Criptófitas (ou xeófitas): Son especies que permanecen ocultas na estación
desfavorable subsistindo só os órganos soterrados (bulbos, rizomas...). Estos órganos
almacenan abundantes reservas nutritivas permitindo á planta desenvolverse a gran
velocidade unha vez chegada a primavera. As plantas son diversas: xacintos, tulipáns,
fieitos...
▪ Terófitas: Son plantas anuais que desenvolven todo o ciclo vital nunha única tempada,
morrendo despois. Durante a estación desfavorábel só subsisten as sementes. Trátase
sempre de especies herbáceas de pequeno porte e rápido crecemento, como os ce-
reais.
▪ Hidrófitas: Son plantas perennes, máis ou menos sumerxidas, con xemas protexidas
pola auga e con frecuencia polo lodo do fondo.
Lemna minor (lenteja de agua), Azolla filiculoides (helecho de agua), Scirpus mucrona-
tus, Heteranthera reniformis, etc.

Lemna minor (lentella de auga) Azolla filiculoides (fento de agua)

Páxina 15 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2022-2023

Tipos básicos de formas vitais:


P – fanerófitos, E – epífitos, L – lianas, Ch – caméfitos, H – hemicriptófitos, T – terófitos, Hel – heliófitos, Hyd –
hidrófitos, Pl – pleustófitos
Fonte: Felipe Alcaraz Ariza (Universidad de Murcia)

A clasificación de Raunkiaër é interesante dende un punto de vista descriptivo (dando conta dos
cambios de fisonomía das plantas ao longo do ano) e permite a caracterización do “espectro bio-
lóxico”.
O “espectro biolóxico” reflexa a proporción de plantas de cada tipo en cada unha das rexións da
terra. Permite observar que cando as condicións son favorables ao longo de todo o ano predominan
as fanerófitas mentras que nos entornos máis duros son substituídas por outras categorías. Cada
rexión ten o seu espectro biolóxico propio.
Por exemplo:
– As rexións ecuatoriais se caracterizan por un absoluto predominio das fanerófitas
con numerosas epífitas (plantas que crecen sobre as ramas e follas de outras).
– As rexións desérticas, polo contrario, presentan algunhas hemicriptófitas e numero-
sas terófitas, ben adaptadas á aridez, que desenvolven o ciclo vital completo tras
unha serie de choivas e producen sementes capaces de agardar durante anos un
novo período favorábel.
De esquerda a dereita, espectros biolóxicos correspondentes a un bosque oceánico caducifolio
(Bélxica), ao deserto (Arxelia) e á pluvisilva ecuatorial (Congo).

F: fanerófitas. C: caméfitas. H: hemicriptófitas. G: xeófitas. T: terófitas. Fonte: elaboración a partir de Ozenda,


1982.
Páxina 16 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2022-2023

2. Áreas de distribución
A área de distribución dun taxón corresponde á área habitada polo taxón, e indícase nun mapa coa
superficie que encerra o conxunto das localidades nas que os individuos foron rexistrados. Depen-
dendo da cantidade de información dispoñible poden elaborarse distintos mapas de distribución.
▪ As áreas dependen de:
– Lugar de orixe da planta
– Hábitats aos que está adaptada
– Efectividade dos mecanismos de dispersión
– Especies coas que compartiu os recursos en cada localidade
– Resistencia a herbívoros e/ou parásitos
A presenza dunha especie nunha localidade significa que dende o lugar de orixe e a través de me-
canismos de dispersión, a planta chegou á localidade, atopando nela un hábitat compatible coas
súas esixencias e sobrevivindo á competencia con outros organismos.

Delimitación e cartografía das áreas


A cuberta vexetal, os hábitats, ou a área de distribución das especies deben representarse cartográ-
ficamente. Os mapas son realizados por institucións especializadas, representando o territorio abar-
cado e, sobreimposta, unha cuadrícula, xeralmente basada no sistema de coordenadas UTM. De-
pendendo da extensión do territorio e da precisión da información dispoñible, as celdas poden cubrir
superficies distintas aínda que o máis normal é que os lados dos cadrados representen entre 10 e
100 km.
Cada mapa representa a presenza ou ausencia dun determinado taxón dentro de cada unha das
celdas. A presenza se representa normalmente mediante un aspa, un fondo negro ou un círculo
mentras que no caso de ausencia, o cadrado queda baleiro.
Tamén é habitual utilizar mapas de síntese a pequena escala (de pouco detalle) nos que se repre-
senta “a zona” na que existe ou podería existir unha especie mediante unha mancha continua. Aín-
da que menos precisos que os anteriores, son moi visuais, doados de manexar e suficientes para
traballar a escala dun continente ou dun país.

Páxina 17 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2022-2023

Áreas de distribución de diferentes especies. Fonte: P.A.U. Castilla y León, 2004 e Andalucía, 2002

Distribución de Cortaderia selloana


Fonte: Plantas invasoras de Galicia. Xunta de Galicia

¿Dónde conseguir esta información?


Entre as fontes de información máis importantes figuran:
– Flora Ibérica (CSIC- Real Xardín Botánico de Madrid): http://www.floraiberica.org/
– Proyecto Anthos: http://www.anthos.es/
– Fauna Ibérica (CSIC- Museo Nacional de Ciencias Naturais):
http://iberfauna.mncn.csic.es/
– Inventarios Nacionais de Biodiversidade, Atlas e Libros Roxos de especies ameaza-
das:http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-
nacionales/inventario-espanol-patrimonio-natural-biodiv/default.aspx

Páxina 18 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2022-2023

Plantas naturalizadas, adventicias e aclimatadas


Cando unha especie entra nunha área alonxada de súa área primitiva, as posibilidades de implan-
tación dependen do vigor dos medios de dispersión, pero tamén das diferencias climáticas que se-
paran os dous territorios (o orixinal e o novo).
Según os casos e o resultado, fálase de plantas:
▪ Naturalizadas : Si os climas son semellantes, a especie pode implantarse definitiva-
mente no novo territorio.
▪ Adventicias : Hai diferencias climáticas acusadas entre as dúas zonas e a planta se
establece de xeito precario no territorio, polo que pode ser eliminada, por exemplo, por
un inverno riguroso.
▪ Aclimatadas : As diferencias climáticas son tan acusadas que só unha gran axuda por
parte do home permite a supervivencia na nova zona (invernadeiros, cultivos en zonas
abrigadas, interiores, etc).

Plantas invasoras
Denomínase especie invasora aquela especie dunha área xeográfica diferente, que se introduce de
forma intencionada ou accidental nunha área na que se naturaliza e é capaz de reproducirse e pro-
pagarse, aumentando a súa extensión e afectando ao ecosistema ao que invade.
O proceso das invasións biolóxicas ten tres fases principais:
– Na primeira, a especie é transportada, de forma intencionada ou non, a unha zona
en que non é nativa.
– A segunda fase é a aclimatación, fase en que a especie se naturaliza aínda que non
experimenta ningunha expansión.
– A terceira fase consiste na propagación e colonización de novas zonas por parte da
invasora.
A escala temporal destas fases é impredicible. Nun estudo en Alemaña (Kowarik, 1995) calculouse
unha media de 147 anos a partir da primeira introdución ata a fase de invasión en especies leñosas
exóticas. Nas especies arbóreas esta fase é máis longa que nas arbustivas, e a das arbustivas
maior que a das herbáceas.

Vías de entrada das plantas invasoras e problemáticas que xeneran


As plantas invasoras chegan ao noso territorio por causas diversas, unhas veces de forma intencio-
nada e outras non. Introducíronse especies empregadas na alimentación tanto humana como ani-
mal, uso forestal, ornamental, estabilización de noiros, etc. As problemáticas e impactos que xene-
ran son diversos e importantes.

Páxina 19 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2022-2023

Impacto sobre os ecosistemas


A presenza de elementos estraños aos ecosistemas, como son as especies exóticas invasoras,
pode afectar ás condicións ambientais, á cadea trófica e aos ciclos de nutrientes.
As condicións ambientais que se ven alteradas con maior frecuencia son as de insolación, cantida-
de e riqueza de humus no horizonte superior do solo; e osixenación e nutrientes nas invasións en
medios acuáticos.
Estes cambios afectan a todo o sistema, incluíndo a fauna, a flora, os solos e o medio.
Outros problemas son os relativos á introdución de patóxenos ou especies asociadas coas invaso-
ras, que poden afectar a outros elementos do ecosistema. Tamén se describiron efectos de invaso-
ras en forma de perturbacións periódicas, como os incendios, posto que determinadas especies
pirófitas poden favorecer a aparición ou cambio de condicións de incendios forestais.

Impacto sobre a flora autóctona


Nun estudo recente conclúese que as invasións biolóxicas son a segunda causa de ameaza para
as especies, só por detrás da perda ou degradación do seu hábitat natural (Wilcove et al., 1998).
Outros autores colocan esta ameaza en terceiro lugar, tras a perda dos hábitats e a fragmentación
da paisaxe (Williamson, 1996).
Nas plantas, este efecto negativo sobre as especies nativas prodúcese principalmente pola compe-
tencia dos recursos, aínda que existen outros problemas asociados a cambios nas condicións do
hábitat: as alteracións do ciclo hidrolóxico, a nitrificación ou efectos indirectos dos incendios.
Especies moi sensibles a pequenos cambios ambientais no seu medio vense máis afectadas. Estas
especies coinciden en gran medida coas de maior interese, caso de gran parte das especies endé-
micas. Diversos endemismos de zonas costeiras; medios sensibles, como os sistemas dunares ou
comunidades pioneiras, poden verse gravemente afectadas.
Entre outros, prodúcense problemas por hibridación con especies autóctonas, o que deriva nunha
perda de diversidade xenética e a aparición de híbridos dos que non se coñece o seu comporta-
mento. Tamén os híbridos artificiais, producidos para un mellor aproveitamento forestal ou de xardi-
naría son potenciais invasoras, como no caso de Crocosmia x croscomiiflora.

Danos socioeconómicos das especies invasoras


As especies invasoras teñen tamén efectos sobre os medios antrópicos. O efecto máis obvio para
todo o mundo está na aparición de novas malas herbas nos campos de cultivo. Pero existen outros
moitos problemas: algunhas especies son tóxicas ou lesivas para o gando, chegando a imposibilitar
o desenvolvemento do pastoreo; as plantas acuáticas impiden a rega, inutilizan totalmente portos,
canles, lagos, encoros ou plantas de tratamento e limitan a dispoñibilidade de auga.
Outras especies causan danos estruturais en edificios, muros, camiños, encanamentos…
Páxina 20 de 21
MÓDULO: BOTÁNICA AGRONÓMICA IES ARZÚA 2022-2023

O establecemento de plantacións monoespecíficas arbóreas aumentou o risco de incendio e redu-


ciu o acceso aos ríos. Algunhas especies causaron importantes danos arqueolóxicos ou cuantiosos
custos na reparación de infraestruturas destinadas ao transporte de enerxía ou ás comunicacións.

Alerxias e especies invasoras


Varias especies exóticas presentan características polas que se definen como flora alerxénica. Es-
tas características son as relativas ao seu pole, que pode causar reaccións alérxicas en humanos
pola retención dos grans nas mucosas. A exina ou parede externa do pole contén diversas substan-
cias proteicas que son as responsables destas reaccións.
A produción de pole prodúcese nun momento determinado, na floración das especies, concentrada
en gran parte na primavera, aínda que tamén hai especies que florecen no inverno, ou no verán-
outono.
As reaccións que provocan son dificultades respiratorias, rinite, conxuntivite, etc., que poden com-
plicarse en persoas con alta sensibilidade ou problemas de saúde engadidos.
Exemplos de especies exóticas alerxénicas son a Acacia dealbata, que pode provocar ademáis
problemas nefríticos derivados da alerxia; as gramíneas, xunto con algunhas compostas (quenopo-
diáceas, amarantáceas e euforbiáceas), son o grupo que representan a gran maioría das especies
alergóxenas. Paspalum e Sorghum son dous dos xéneros que causan reaccións, representadas en
Galicia por Paspalum dilatatum, P. paspalodes, P. vaginatum e Sorghum halepense.
Entre as compostas destacan a Artemisia verlotiorum ou Ambrosia artemisiifolia cunha alta alerxeni-
cidade.
Pola abundancia hai que destacar tamén o Ailanthus altissima e o Eucalyptus spp.
Ademais das reaccións de irritación das mucosas nasal, bronquial e conxuntival, e das molestias
respiratorias, prodúcese dermatite de contacto, que se observa nalgunhas compostas exóticas co-
mo Centaurea cyanus, Tanacetum vulgare ou Calendula officinalis.
Coñécense tamén efectos sinérxicos das reaccións ao pole de diversas especies, coñecidos como
reactividade cruzada. A presenza e proliferación dalgunhas especies exóticas poden presentar pro-
blemas que se suman ás alerxias xa coñecidas das especies alergóxenas da flora autóctona.

Toxicidade en especies invasoras


A produción de substancias tóxicas por parte das plantas superiores responde a un mecanismo de
defensa contra a depredación dos animais. Entre as especies exóticas existen varias que posúen
unha toxicidade considerable. Algunhas, como Tropaeolum majus ou o dondiego (Mirabilis jalapa),
presentan toxicidade en toda a planta, pero principalmente nas sementes, con efectos sobre o apa-
rello dixestivo ou o sistema renal. Outras poden afectar ao sistema nervioso, como a atropina que
se atopa no estramonio (Datura stramonium), ou a escopolamina de Datura arborea. É necesario
coñecer os posibles efectos tóxicos destas especies para a súa xestión.
Páxina 21 de 21

You might also like