Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 153

3º Grao Historia (USC)

HISTORIA
CONTEMPORÁNEA II
Prof. Eduardo Rico Boquete

Valeria Martínez Lema | Curso 2018 – 2019


Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

BLOQUE I
A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL. CAUSAS E CONSECUENCIAS

Tema 1 – A Gran Guerra (1914 – 1918) e a nova configuración mundial.


1. Os antecedentes e as causas.

2. As forzas en presenza, a evolución da guerra e as consecuencias do conflito.


2.1. As forzas en presenza.
2.2. A evolución da Guerra.
2.3. As consecuencias da guerra: económicas, humanas e materiais.

3. Os tratados e o novo mapa político.


3.1. Armisticio e Conferencia de Paz de París.
3.2. As imposicións ós vencidos trala Conferencia de París.
3.2.1. As condicións de Versalles para Alemaña.
3.2.2. As condicións de Saint Germain para Austria.
3.2.3. As condicións de Trianon para Hungría.
3.2.4. As condicións de Neuilly sur Seine para Bulgaria.
3.2.5. A excepcionalidade do Tratado de Sevrès.
3.3. As opinións diplomáticas no debate de Versalles.

1
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Tema 1 A Gran Guerra (1914 – 1918) e a nova configuración


mundial

1. Os antecedentes e as causas.

Martes 11 setembro 2018


Nun contexto de ‘Paz Armada’, a finais do século XIX prodúcense unha serie de transformacións
substanciais que van a modificar a situación económica do momento: a globalización económica, a
segunda revolución industrial, e a expansión colonial. Estes elementos van xerar unha serie de
tensións entre as principais potencias estatais, creando unha cadea de rivalidades entre os
gobernos en termos políticos e militares, provocando sucesivas situacións de crises que finalmente
estalarán de xeito conflitivo.
Isto ten lugar nun ámbito mundial cambiante que atende á intromisión de novas potencias
extraeuropeas. Estámonos referindo a Xapón e a EEUU, que viñan incrementando
considerablemente a súa capacidade económica, industrial e militar. E todo iso traduciuse nunha
política militar cada vez máis ambiciosa. Farán a súa presentación a nivel internacional en ambientes
conflitivos:
Xapón descóbrese como potencia na guerra contra Rusia, constatando que algo estaba en
mutación no continente asiático. De feito, Xapón, que seguira unha estela de modernización,
estábase convertendo nun gran poder na rexión do Pacífico, erixíndose en interlocutora das
nacións asiáticas que mantiñan unha gran rivalidade con EEUU.
EEUU, pola súa banda, constátase como potencia no 1898 en Filipinas, cando afunde a
dominación española no territorio.
En definitiva, estes dous estados viñan a cuestionar o satus quo mantido até o momento polos
puxantes gobernos tradicionais e europeos.

CONGRESO DE BERLÍN (ANTON VON WERNER) Así mesmo, as novas transformacións


tecnolóxicas e avances industriais,
permitiran que moitos países acadasen
certo nivel de desenvolvemento, chegando
a desafiar a algunhas das vellas potencias
europeas. A nivel continental, Alemaña
ascendía en peso ao tempo que cuestionaba
a hexemonía inglesa dende o punto de vista
económico e militar. Polo tanto, falaremos
dunha clara competencia entre Alemaña e Gran Bretaña na pugna pola hexemonía europea.
Isto produciuse nun contexto de expansión colonial que atopa o seu punto álxido no Congreso de
Berlín1 (1884 – 1885) que repartía o mundo colonial. Potencias como Alemaña ou Italia chegaban

1
O Congreso de Berlín é una asamblea diplomática polos representantes das potencias europeas tra – los esforzos do
británico B. Disraeli para revisar o Tratado de San Stefano que resultara da guerra ruso – turca (1877–1878) e que poñía
2
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

tarde, e aínda por detrás de Francia e Gran Bretaña, igualmente pretendían construír os seus
imperios.
Esta expansión colonial levaba implícita a intensificación da pugna por conseguir prazas e colonias,
mercados, situacións xeoestratéxicas, etc., dando lugar a numerosos conflitos entre os aspirantes a
se converter en grandes imperios.
Neste panorama, cabe referenciar o Incidente de Fashoda2 (1898), que consistiu nun conflito entre
británicos e franceses que aspiraban a aumentar os seus territorios en África, tropezando polo tanto
nas súas ambicións. Houbo a posibilidade de resolver o conflito pola vía diplomática, pero en algúns
casos as potencias consideraban que tiñan o poder suficiente para impoñer os seus intereses sobre
os do inimigo, agravando as tiranteces. Entretanto, Alsacia e Lorena estaban sendo desputadas por
Alemaña e Francia.
Os Conflitos dos Bóeres 3 (1880 – 1881 / 1899 – 1902) en
Sudáfrica, e a Sublevación dos Bóxer 4 (1899 – 1901) en China que
cun marcado carácter nacionalista tentaba impedir o
sometemento da nación ós intereses das grandes potencias
coloniais, constituíronse nos dous grandes puntos de fricción
entre os estados europeos.
Unha década antes de 1914 vanse producir catro crises que
denominamos como as crises previas a 1914.
A Primeira Crise Marroquí (tamén coñecida como a Crise de
Tánxer) refírese á crise internacional sobre o status colonial de
Marrocos entre 1905 e 1906. Alemaña vai cuestionar as presenzas SUBLEVACIÓN BÓXER (1900)
francesa e española e esixirá beneficios xunto cunha maior presenza das súas posicións no territorio.
Este conflito solucionarase pola vía diplomática na Conferencia de Alxeciras (1906). Pero unha vez
máis, os alemáns atópanse disconformes con esta solución diplomática, e novamente en 1911
volven a esixir posicións na rexión. Chegan a un acordo con Francia: Francia e España seguirán
ocupando Marrocos, e Alemaña esquecerase desta praza a cambio de que o estado francés lle
outorgue territorio no Congo Francés. A crecente ambición da nación alemá porase de manifesto
cando Guillerme II e os seus ministros comecen a facer efectiva unha política exterior moito máis
agresiva respecto á efectuada por Bismarck, colisionando de xeito directo cos intereses franceses.

en perigo ó Imperio Otomán, entrando en contradición cos intereses do Reino Unido. Foi organizada baixo a presideza
de Otto von Bismarck. Tras a Conferencia, só dous países africanos conservaron o dereito para preservar a súa
independencia: Abisinia (Etiopía) e Liberia, esta última baixo a protección dos Estados Unidos de América (American
Colonization Society).
2
O Incidente de Fachoda ou Crise de Fachoda é o nome co que se coñecen os episodios que tiveron lugar en 1898 cando
Francia e Reino Unido deciden construír senllas liñas de comunicacións destinadas a conectar as súas respectivas
colonias africanas de maneira ininterrompida. Finalmente, a resolución rematou con Francia retira as súas tropas para
evitar unha guerra colonial.
3
As guerras dos bóeres foron dous conflitos armados que tiveron lugar en Sudáfrica entre o Imperio británico e os
colonos de orixe neerlandés. O seu resultado foi a vitoria do Imperio británico e a extinción das dúas repúblicas
independentes que os bóeres fundaran a mediados do século XIX: o Estado Libre de Orange e a República de Transvaal.
4
O Levantamento dos bóxers foi un movemento xurdido en China contra a influencia foránea no comercio, a política,
a relixión e a tecnoloxía dos últimos anos do século XIX.
3
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Outro dos conflitos ten que ver co «Home enfermo de Europa»5: o Imperio Otomán, que por aquel
entón era un imperio en clara decadencia e descomposición, o que suscitou as ambicións dos
estados localizados nas súas inmediacións (Rusia, Austria, Serbia, Bulgaria, Grecia, Hungría,
Montenegro, etc.). Serbia, Montenegro, Grecia e Bulgaria conformarán 1912 a Liga dos Balcáns á
fin acadar a liquidación do imperio para se repartir os seus territorios. A pretensión culminaría nas
Guerras Balcánicas 6 (1912 – 1913).
O triunfo de Xapón sobre un estado europeo como zarista, terá, dende o punto de vista asiático,
unha importancia política e ideolóxica de gran envergadura. Pois poñía de manifesto a falacia da
«superioridade do home branco». E para moitas colonias de Asia e do norte de África, isto significou
a esperanza de que o imperialismo europeo podía ser vencido.
Alemaña, sobre todo durante a segunda metade do século XIX e durante o proceso de unificación,
cimentara o seu poderío industrial cun apoxeo económico sen precedentes, achegándose cada vez
máis ó resto de potencias europeas. O que fará será desafiar o dominio inglés no continente, e a
comezos do século XX a súa capacidade industrial xa sería igual ou superior á británica. Practicará
unha política internacional máis ambiciosa que se sustenta no seu nivel militar. Unha vez máis en
competencia con Gran Bretaña. Ó exército británico caracterizámolo como un exército naval, e polo
tanto, imos a atender a un incremento na altura da súa flota como resposta á ambición
expansionista alemana.
Podemos dicir incluso, que o panorama internacional entrara nunha espiral armamentística que
implicou un incremento dos gastos militares en tódalas grandes potencias europeas.
A Conferencia de Berlín (1855) será o momento de eclosión dese colonialismo europeo: Alemaña e
Italia quédanse con pequenas zonas de escaso potencial; pero tentará mellorar as súas respectivas
posicións mediante unha maior agresividade política.
Entretanto, o Imperio Chino entraría en decadencia a causa da imposición dunha serie de tratados
desiguais que beneficiaban a unha serie de potencias occidentais. E daquí nacería a xa mencionada
Sublevación Bóxer (1899 – 1901).
Pola súa banda, os ingleses pretendían unir tódalas súas zonas de influencia do norte ó sur de África.
E ao tempo, os franceses, pretendían chegar dende a zona occidental africana ao corno de África,
chocando os intereses de ambas potencias. Mais nun primeiro momento, iníciase un proceso
diplomático.
Trala Segunda Crise Marroquí 7 (Agadir, 1911) Francia concédelle a Alemaña unha extensa zona no
Congo Francés a cambio de que esta se esqueza das súas ambicións no norte africano.

5
A orixe da frase atribúeselle ao tsar Nicolás I de Rusia, quen se refería á situación que atravesaba o Imperio otomán
no século XIX. O uso desta expresión popularizouse durante a Guerra de Crimea.
6
As guerras dos Balcáns foron dúas guerras ocorridas no sueste de Europa de 1912 a 1913. O Tratado de Bucarest puxo
fin ás guerras, pero deixou a zona nun equilibrio inestable, debido ao desexo dos derrotados búlgaros de tomarse o
desquite en canto xurdise a oportunidade. As contendas tampouco saciaron os apetitos dos nacionalistas gregos e
serbios, que seguían desexosos de ampliar os seus Estados á conta de otománs e austrohúngaros, respectivamente.
7
A crise de Agadir ou Segunda Crise Marroquí (1911) estivo a piques de desencadear unha guerra entre Francia e o
Imperio alemán, o que podería ocasionar a Primeira Guerra Mundial, só que tres anos antes. As causas: o envío dun
cañonero alemán ao porto de Agadir; e as pretensións alemás en Marrocos como parte do seu Imperio colonial.
4
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

A situación do Imperio Otomán estaba sendo moi delicada ante as presións que marcaron os seus
últimos anos a favor dos intereses das nacións adxacentes, en especial, dos do Imperio
Austrohúngaro.
Durante a Guerra Ítalo – turca 8 (setembro 1911 – agosto 1912), Italia ataca as posesións do Imperio
Otomán no norte de África (actual Libia), aproveitando a súa debilidade. Toma nese momento
algunha das illas do Dodecaneso. E foi neste conflito onde se utilizou por primeira vez a aviación con
fins militares.
Os demais estados pretendían mellorar a súa situación estratéxica. En outubro de 1912, Serbia,
Grecia, Montenegro e Bulgaria atacan ao imperio Otomán nos Balcáns. En escasos meses
desaparece e queda limitado practicamente ás aforas de Constantinopla.
Despois de ser vencido o imperio otomán nos Balcáns, algúns estados se van a enfrontar a Bulgaria.
Son Grecia, Montenegro, Macedonia, Romanía, Serbia e Hungría. Séguese dando unha situación de
gran inestabilidade, xa que Sarajevo e Bosnia Herzegovina pertencían a Austria, e hai sectores
nacionalistas que buscan a integración destes territorios en estados eslavos como Serbia e
Montenegro.
Neste contexto, os países buscan alianzas con outros que teñan intereses semellantes aos seus,
creando a Triple Entente (Gran Bretaña, Francia e Rusia) e a Triple Alianza (Alemaña, Austria –
Hungría e Italia). Estas alianzas producían a obriga de ir á axuda dos aliados integrantes en caso de
conflito bélico.

Neste panorama de máxima tensión calquera motivo ou incidente podía desencadear un conflito
de gran alcance: e será xusto o que suceda en 1914.

Tódolos países europeos tiñan os seus medos e as súas


ATENTADO DE SARAJEVO (A. BELTRAME)
ambicións, intereses determinados en distintos enclaves de
Europa e ao mesmo tempo temor a que o inimigo conseguira
mellorar a súa situación dende un punto de vista estratéxico.
Todo isto esta presente en xuño de 1914, cando o herdeiro da
coroa do Imperio austrohúngaro, o archiduque Francisco
Fernando de Austria e a súa muller Sofía Chotek son asasinados
no Atentado de Sarajevo, capital da provincia imperial de Bosnia
e Hercegovina, a mans dun estudante serbio integrante dun
grupo nacionalista. O atentado foi perpetrado por Gavrilo
Princip, membro do grupo Novo Bosnia, movemento cuxo
obxectivo era a emancipación de Bosnia de Austria-Hungría, que
contou co apoio de círculos de intelixencia e militares do Reino
de Serbia.

8
RESULTADO: Vitoria italiana; anexión de Libia. Pacificación de Libia. Comezo da Primeira Guerra dos Balcáns.
5
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Esta constituíu o detonante do estalido da Primeira Guerra Mundial (1914 – 1918) tres meses
despois, pero temos que ter en conta que xa se viña xestando, para ser quenes de entender as
causas máis profundas, como as ambicións imperialistas e as tentativas das grandes potencias por
solucionar os conflitos a través da violencia. Os estados están convencidos de que a diplomacia debe
deixarse de lado e apelan á violencia para solucionar o conflito.

2. As forzas en presenza, a evolución da guerra e as consecuencias do conflito.

EIXO CRONOLÓXICO DOS PRIMEIROS ACONTECEMENTOS DA I GUERRA MUNDIAL EN 1914


28 xuño ¡¡ Atentado de Sarajevo !!

Ultimátum de Austria – Hungría a Serbia.


23 xullo
O ultimátum é rexeitado.

28 xullo Declaración de guerra de Austria Hungría a Serbia.


30 xullo Rusia apoia a Serbia e comeza a mobilización xeral.
Declaración de guerra de Alemaña a Rusia.
1 agosto
Comeza a mobilización xeral en Francia.
3 agosto Declaración de guerra de Alemaña a Francia
Invasión alemá de Bélxica.
4 agosto
Declaración de guerra de Gran Bretaña a Alemaña.

1.1. As forzas en presenza.


En practicamente un mes, tódolos estados mobilizan os seus exércitos nun contexto de ‘entusiasmo
nacional’. A maioría dos estados maiores e gobernos dos países que se prestaban a iniciar o conflito
parecían convencidos de que o conflito sería moi breve, meramente uns meses, zanxando o asunto
de maneira definitiva. Sen embargo esta apreciación vaise evidenciar totalmente equivocada. O
fracaso da diplomacia e triunfo da acción bélica foi o peor que lle puido ocorrer a Europa e aos
seus cidadáns no momento.

O PLAN SCHLIEFFEN
Denomínase Plan Schlieffen ao plan proposto polo xefe do Estado Maior do II Reich alemán, Alfred
Graf von Schlieffen, para a invasión e a derrota de Francia e Bélxica, que foi o empregado no
momento do estalido da Primeira Guerra Mundial. Finalmente fracasa e Alemaña viuse obrigada a
pelexar nos dous frontes: oriental e occidental.

OS PAÍSES NEUTRAIS EN EUROPA


Suíza Suecia
Noruega Dinamarca
Holanda España
Albania Islandia

6
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

■ OS APOIOS NO CONFLITO
• En 1915, Italia cambia de bando e pásase á Triple Entente. Pois aínda que en 1914
colaboraba cos imperios centrais, verdadeiramente mantíñase á marxe do conflito. É un ano
despois cando se traslada de eixo e comeza a participar activamente no conflito.
• O Imperio Otomán, como Bulgaria, apoia ao bando da Triple Alianza.
• Por parte da Entente súmanse Xapón, Romanía e finalmente EEUU. Intégranse porque as
grandes potencias garantíanlles a consecución de determinados beneficios.

■ AS DÚAS FASES DO CONFLITO


• Guerra ou Fase de Movementos (1914).
• Guerra ou Fase de Trincheiras (1915 – 1918).

■ A MAGNITUDE DAS BATALLAS


Comezan a ter lugar os maiores combates e as grandes matanzas. É o caso da Batalla de Verdún
(1916), na que se enfrontaron os exércitos francés e alemán, cun millón de baixas. Foi a máis longa
da Primeira Guerra Mundial e a segunda máis sanguenta, tras a Batalla do Somme (1916).
Estamos falando duns niveis de destrucións non dados ata o momento. É unha contenda de ámbito
mundial, na que se implica toda a Europa tanto occidental como oriental, incluída Asia Menor, a cal
resaltará na Ofensiva de Galípoli (1916, no Océano Pacífico) e na Batalla de Jutlandia 9 (1916, no
Mar do Norte).

■ A APARICIÓN DE NOVAS ARMAS


• O submarino, sobre todo por parte de Alemaña.
• Os gases, como o mostaza ou o clórico, utilizados por primeira vez na cidade belga de Yprès
polos alemáns.

As consecuencias? Niveis de perdas humanas moi superiores ós producidos ata o momento.

• Condicións sumamente precarias nas trincheiras.


• Maior vulnerabilidade ante enfermidades e pragas.
Trátase dun conflito no que terán lugar algúns dos feitos mais dramáticos do século XX, como foi o
caso do Xenocidio Armenio10 (1915 – 1923).

9
A batalla de Iutlandia foi o maior combate naval da Primeira Guerra Mundial, única confrontación directa de gran
magnitude entre dúas frotas de toda a guerra, que enfrontou á Frota de Alta Mar da Mariña Imperial Alemá e á Armada
Real Británica entre o 31 de maio e o 1 de xuño de 1916, fronte ás costas de Dinamarca, no mar do Norte.
10
O xenocidio armenio, tamén chamado holocausto armenio, ou Gran Crime, foi a deportación forzosa e exterminio
dun número indeterminado de civís armenios, calculado entre un millón e medio e dous millóns de persoas, polo
goberno dos Mozos Turcos no Imperio otomán, desde 1915 ata 1923. Caracterizouse pola súa brutalidade nos masacres
7
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

1.2. A evolución da guerra.

ITALIA NO CONFLITO:
Ao mesmo tempo debemos de ser conscientes de que os países, na medida en que avanza o conflito,
irán modificando a súa estratexia; e os países aliados levan a cabo certa política co ánimo de
ensanchar a súa coalición, logrando que en 1915, Italia se una á Entente e ataque ós imperios
colindantes. Italia pertencería ata dito momento á alianza con Alemaña e Austria - Hungría, na que
había elementos que limitaban a coalición e que tiñan que ver sobre todo coa unificación italiana,
na que se loitara contra a dominación austríaca no norte do país.
Italia consideraba que aínda non afianzara por completo a súa unificación ao quedar certas zonas
baixo a dominación austríaca, como era o caso do Tirol do Sur, tamén denominado Alto Adigio.
Tamén tiñan interese na península de Istria (a maior do Adriático). E todo isto resultou ser o
prometido por Francia e Gran Bretaña para que os italianos tornasen de bando. No Pacto de
Londres11 (1915), os aliados da Entente – Gran Bretaña e Francia – comprométense a entregarlle
estas zonas ao estado italiano, xunto con gran parte da costa de Dalmacia. Mais na Conferencia de
Versalles (1919) non farán cumprir as promesas feitas á nación italiana.

ROMANÍA NO CONFLITO:
Pola súa banda, Romanía cambiará o seu apoio de cara á Entente en 1916, a cambio de recibir
algúns territorios que se encontraban en mans de Hungría.

e a utilización de marchas forzadas coas deportacións en condicións extremas, que polo xeral levaba á morte a moitos
dos deportados.
11
Por el, Italia entro una Primeira Guerra Mundial do lado da Entente.
8
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Mércores 12 setembro, 2018


ORIENTE NO CONFLITO:
Os aliados ingleses e franceses, co obxectivo de
debilitar máis ó Imperio Otomano, solicitan a
axuda dos pobos árabes de Oriente Medio,
convencéndoos de que en caso de se levantar
fronte ó ocupante otomano, unha vez
finalizado o conflito, favorecerían a
constitución desa «Gran Nación Árabe» que
esixian. É dicir, que se aproveitan de
importantes sectores nacionalistas, intelectuais
e económicos que se vían sometidos ao Imperio
Otomano. Deste xeito, incluso logran
convencer ás tribos árabes para combater ós
otomanos de debilitar o seu Imperio.

Ao mesmo tempo e de xeito secreto, ingleses e


franceses toman una decisión sobre o que
debería ser o futuro do Imperio Otomano
despois que rematara o conflito. Trátase do
Tratado de Sykes – Picot (1916), que corresponde ós nomes dos diplomáticos inglés e francés,
respectivamente, que levan a cabo as negociacións entre Gran Bretaña, Francia e Rusia. Este
acordo, implicaba que unha vez vencido o Imperio Otomano, os aliados se distribuirían as zonas de
influencia dos seus dominios, de tal xeito que:

TRATADO DE SYKES – PICOT (1916)


»ZONA DE INFLUENCIA INGLESA ZONA DE INFLUENCIA FRANCESA
Palestina
Líbano
Jordania
Iraq
Siria
Kuwait

Isto supoñía que as promesas feitas ós pobos árabes eran, sinxelamente, un engano. Pois
secretamente, ingleses e franceses xa se distribuíran as áreas de dominio. En todo caso, a destrución
do Imperio Otomano debía ser aproveitada polas demais potencias para aumentar as súas zonas de
influencia, que ó tempo, resultaban ser áreas ricas en petróleo e gas natural que fomentaban o
interese occidental. Todo isto redundou na expulsión dos otomanos do territorio.

É un tratado con actual influencia na problemática de Oriente Medio ata o punto e que un dos
principais videos do ISIS comeza facendo alusión a esta división que emprenden ingleses e franceses
no territorio. “Porque estes tipos zumbados están, pero tontos non son”. Quenes o fan público cando

9
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

chegan ao poder son os bolcheviques, poñendo en evidencia o cinismo, a hipocresía e o discurso


dos países occidentais.

Outra cuestión importante dende o punto de vista da diplomática e da política internacional foi a
chamada Declaración Balfour (1917). Viña a complicar aínda máis as cousas nese ámbito oriental:
se por un lado tanto ingleses como franceses dirían apoiar “independencia árabe”; polo outro, en
1917, o goberno inglés emitía unha declaración dirixida ao pobo xudeu afirmando que o goberno
da súa maxestade secundaría a constitución dun «Fogar Nacional» xudeu en Palestina, que entón
pertencera ó Imperio Otomano. Obviamente, isto tamén chocaba un pouquiño coa promesa feita
ós pobos árabes, e foi tamén un dos elementos que máis contribuíu posteriormente á inestabilidade
de Oriente Medio, favorecendo incluso a emigración xudía de cara a Palestina co fin de incrementar
a súa poboación na tentativa de definir o Estado Xudeu posterior a 1945.

«Estimado Lord Rothschild: Foreign Office. 2 novembro 1917.

Comprázome en transmitir a vostede, en nome do Goberno da súa Maxestade


Británica, a seguinte declaración de simpatía polas aspiracións xudías sionistas, cuxo
texto foi sometido ao Gabinete e aprobado por este: “O Goberno da súa Maxestade ve con
beneplácito o establecemento en Palestina dun fogar nacional para o pobo xudeu e fará
canto estea no seu poder para facilitar o logro deste obxectivo, quedando claramente
entendido que non tomará ningunha medida que poida prexudicar os dereitos civís e
relixiosos das comunidades non xudías de Palestina, ou os dereitos e a condición política
de que gocen os xudeus en calquera outro país”. Agradecerei a vostede sírvase poñer esta
declaración en coñecemento da Federación Sionista. – Atentamente, Arthur James
Balfour. »

Estes son só algúns exemplos de como actuaba a diplomacia internacional. Unha diplomacia que
todos os países practicaban para acadar, en definitiva, un maior avance das súas posicións en
beneficio propio. Son accións levadas a cabo fai cen anos – ou máis – e cuxo impacto perdura na
actualidade. En definitiva, o único interese que guiaba ás grandes potencias era o de ampliar os
seus beneficios en enclaves estratéxicos.

No caso dos Imperios Centrais, tamén se consegue que países como por exemplo Bulgaria, se
sumen a esta alianza a cambio das mesmas promesas de beneficio económico e expansión
territorial.

Todo isto supuxera un gran impacto nun conflito que no momento asemellaba estancado, xa que
ningún dos bloques estaba capacitado para levar a cabo unha ofensiva que acadara o triunfo de
xeito firme: aparecen motíns franceses, alemáns, comezan as persecucións, así como un cansazo
xeneralizado tanto por parte dos soldados como das poboacións.

Mais dous feitos modificarían a evolución do conflito: a Revolución Bolchevique e o ingreso de


EEUU na contenda. Trátase de dous feitos que en esencia non só posúen influencias diferentes,
senón tamén opostas.
10
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

• Coa Revolución Rusa na fronte do este, establécese un armisticio entre os exércitos ruso,
alemán e austríaco. Beneficia a Alemaña non ten que pelexar en dous frontes.

• Pola súa parte, a entrada de EEUU beneficia en gran medida aos aliados. A chegada masiva
a comezos de 1918 de soldados estadounidenses é o que vai a modificar esa situación de
empate técnico que había no momento.

O estado alemán cae na conta de que é imposible saia vencedora do conflito. Pois a aportación
estadounidense inclina a balanza en favor dos aliados e o desgaste tanto de Alemaña como de
Austria – Hungría era outro elemento de peso.

Sopésanse varias propostas e paz, e Benedicto XV propón un acordo ou


armisticio. Os franceses e ingleses considérano beneficioso para os
alemáns. Pola súa banda, os bolcheviques piden una paz sen
indemnizacións e sen anexións. E pola outra, o presidente
estadounidense W. Wilson, tamén lanza a súa proposta de paz: Os 14
puntos de Wilson (1918) que conteñen una serie de principios a discutir
na proposta. O seu obxectivo era cear unhas novas metas bélicas
defendibles moralmente para a Triple Entente, que puidesen servir de
base para negociacións de paz cos Imperios Centrais. WOODROW WILSON

Ningún dos plans tivo éxito, e o fracaso das últimas ofensivas alemás a mediados de 1918 xunto co
éxito do avance dos aliados que entre os meses de setembro e outubro foran capaces de progresar
nas súas posicións de xeito claro, vai a obrigar ós exércitos e Imperios Centrais a buscar un acordo
de «alto o lume», é dicir, unha amnistía.

a. Nun primeiro momento, en setembro, Bulgaria firma un armisticio cos aliados.


b. Xa en outubro, o Imperio Otomano, a punto de ser vencido totalmente, asina, tamén cos
aliados, un armisticio.
c. A comezos de novembro será Austria – Hungría.
d. Só queda Alemaña, que se ve obrigada a asinar ese armisticio o 11 de novembro de 1918.

Isto era, en definitiva, o acto que poñía fin ó comezado había algo máis de catro anos, e que
esperaba durar non máis de catro ou seis meses.

1.3. As consecuencias da guerra: económicas, humanas e materiais.

A mobilización de distintos recursos materiais e humanos que requiría a guerra supuña un gran
esforzo por parte de tódolos países por saír vencedores da contenda. Moitos dos recursos humanos
procedían das colonias, e inclusive hai soldados africanos, hindús, vietnamitas, etc. pelexando en
Europa. “E despois Hitler ve un negro e asústase”.

Isto implicara unha incorporación masiva das mulleres ao ámbito laboral. Polo que as
transformacións non foron só económicas, senón que se reflexaron tamén no social.

11
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Repercusión material:

En termos materiais, a guerra repercutiu sobre os produtos do ámbito colonial, esencialmente


inglés e francé. É unha cuestión importante non só a efectos bélicos para incrementar a capacidade
industrial dos países, senón tamén en tanto que o apoio colonial (material e humano) para o
conflito, funcionará como un argumento que empreguen
os movementos independentistas, anticoloniais e
nacionalistas en torno a 1920 para esixir unha maior
dinámica de autogoberno ou mesmo de independencia.
Eses medios materiais, en moitos casos tamén proceden
de países como EE.UU., que mantivera unha posición de
neutralidade ate 1917, pese os danos colaterais do
conflito como o foi o afundimento do Lusitania 12. AFUNDIMENTO DO LUSITANIA

Repercusión económica:

Para esa economía dos países belixerantes, este primeiro conflito mundial tamén ten consecuencias
dende o punto de vista mesmo económico – ideolóxico. É unha economía que se vai poñer ó servizo
do exército e que está destinada a elevar o máximo posible o esforzo bélico para saír vitoriosos.
Polo tanto, en certa medida, é unha economía militarizada na que os obxectivos bélicos
predominan por riba de calquera meta civil. Modifica un tanto a concepción económica que naquel
momento dominaba en todo o capitalismo occidental, xa que os estados xogaban cada vez un papel
máis importante: un maior
intervencionismo estatal na
economía, orientándoa cara
aquelas producións máis
necesarias dende o punto de
vista bélico, e planificando
incluso a produción de
certos sectores de
relevancia para o conflito.
Polo tanto, o dilema da
economía liberal manchesteriana vese, por circunstancias evidentemente excepcionais,
profundamente alterada. Esta experiencia de intervención do Estado na economía trala Crise do 29,
vai estar moi presente na mentalidade de importantes economistas á hora de determinar cal será o
dogma do intervencionismo no ideario liberal.

12
O afundimento do RMS Lusitania, ocorrido fronte ás costas de Irlanda o 7 de maio de 1915 a causa do ataque dun
submarino alemán foi un dos maiores desastres navais ocorridos a un buque de liña durante a Primeira Guerra Mundial.
O Lusitania foi identificado e torpedeado por un submarino e afundiuse en 18 minutos, preto do cabo de Old Head of
Kinsale, matando a 1.198 persoas e deixando 761 sobreviventes. O afundimento fixo que a opinión pública en moitos
países opuxésese maioritariamente a Alemaña, contribuíndo á entrada de Estados Unidos na guerra, e converteuse nun
símbolo das campañas militares de recrutamento.
12
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

O anterior, sen embargo, expuña unha cuestión: como financiarse? Pois por distintas vías, entre as
que destaca a solicitude de préstamos a outros estados. O que máis préstamos concedeu ós aliados
foi EE.UU., o gran acredor das potencias europeas entre 1914 – 1918. Isto significa o incremento da
débeda externa dos estados europeos, que procederán á emisión de débeda pública e a abandonar
o chamado patrón – ouro ante as fortes flutuacións ás que vían sometidas as moedas nacionais.

É dicir, que o contexto económico europeo é de inflación, aumento da débeda externa, e de un


xeneralizado descenso do nivel de vida que afecta especialmente ós países máis involucrados no
conflito.

Repercusión humana:

Dende o punto de vista das perdas humanas, sabemos que as estatísticas non sempre foron moi
fiables, polo que debemos tomalas con moderación. Mais si son o suficientemente indicativas do
nivel de destrución acadada. Hoxe en día fálase de en torno a 30 millóns de falecidos a nivel mundial.

Ao seren a maior parte dos falecidos, soldados, repercute nun decrecemento da natalidade e
mesmo na idade laboral, desencadeando unha carencia da man de obra. Trátase dunha experiencia
traumática que marcará a vida dos superviventes para sempre.

Perdas humanas da Triple Entente

Países Mortos Feridos Prisio./Desapar. Total

Rusia 1.700.00 4.950.000 2.500.000 9.150.000


Francia 1.357.800 4.266.000 537.000 6.160800
Gran Bretaña 908.371 2.090.212 191.652 3.190.235
Italia 650.000 947.000 600.000 2.197.000
Rumanía 335.706 120.000 80.000 535.706
EE.UU 126.000 234.300 4.500 364.800
Serbia 45.000 113.148 152.958 331.106
Bélxica 13.716 133.148 152.958 331.106
Portugal 7.222 13.751 12.318 33.291
Grecia 5.000 21.000 1.000 27.000
Montenegro 3.000 10.000 7.000 20.000
Total 5.151.815 12.830.097 4.121.087 22.102.999

Perdas humanas dos Imperios Centrais

Países Mortos Feridos Prisio./Desapar. Total

Alemaña 1.773.700 4.216.058 1.152.800 7.142.558


Austria - Hungría 1.200.000 3.620.000 2.200.000 7.020.000
Turquía 325.000 400.000 250.000 975.000
Bulgaria 87.500 152.390 27.020 266.919
Total 3.386.200 8.388.448 3.629.829 15.404.477

13
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Lecturas recomendadas sobre o «terror» da guerra:


“Sin novedad en el frente”, “Senderos de gloria”, “Adiós a las armas”, “El fuego. Diario de una escuadra” e “El miedo”.

Un exemplo da outra visión – non terrorífica – da Primeira Guerra Mundial, amósase na lectura
“Tempestades de aceiro” de E. Jünger, que relata a guerra como un acto de virilidade e fermosura:
é unha proba de madurez, de loita pola supervivencia. Esta obra gozou dun importante éxito nos
lectores de ultradereita en Alemaña, sendo de feito, ben considerado polo nazismo.

 Caricatura G. Grosz (pintor alemán de época


expresionista e membro prominente do
movemento Dada de Berlín, así como da Nova
Obxectividade 13 durante a República de
Weimar).

Interpretación: mentres uns se mataban, os


xenerais aumentan o seu número de medallas;
e os industriais beneficiábanse dos contratos
bélicos.

3. Os tratados de paz e o novo mapa político.

3.1. Armisticio e Conferencia de Paz de París.


Ao finalizar a Primeira Guerra Mundial e declararse o armisticio, os Países Aliados reúnense na
Conferencia de Paz de París (xaneiro 1919), na as delegacións daqueles países que saíran
vencedores na contenda, inician a chamada «conferencia de paz» co obxectivo de conseguir un
acordo a nivel mundial que impedise ou puxese fin a todo tipo de futuros conflitos similares. Sen
embargo, tendo en conta o que sucedeu vinte anos despois, ese obxectivo nunca se fixo efectivo.
En resumo, foi a reunión dos Aliados despois do armisticio para acordar as condicións de paz cos
países das Potencias Centrais: Alemaña, o Imperio otomán, Bulgaria, Austria e Hungría, estes dous

13
A nova obxectividade foi un movemento artístico xurdido en Alemaña a comezos dos anos 1910 que rexeita ao
expresionismo. O movemento acabou, esencialmente, en 1933 coa caída da República de Weimar e a toma do poder
polos nazis.
14
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

últimos como representantes do desaparecido Imperio


austrohúngaro. Os aliados empezaron os seus labores
de negociación entre si o 18 de xaneiro de 1919 baixo
a dirección do Comité dos Catro: Wilson (EE.UU.),
Clemenceau (Francia), Lloyd George (G.B.) e Vitorio
Emmanuel Orlando (Italia), aínda que os que
realmente dirixiron as negociacións foron os tres
primeiros (de feito, Italia abandona libremente a
conferencia antes de tempo). Aos países vencidos non
se lles deixou asistir a estas reunións, así que os que O COMITÉ DOS CATRO durante un descanso
nas negociacións de Versalles
decidiron o futuro dos vencidos, foron os países
vencedores, que tiñan distintas posturas.
Participan tamén destacados políticos e economistas, como por exemplo, na delegación inglesa,
Keynes. Pois debemos ter en conte que eran delegacións importantes, xa que estaban destinadas a
redistribuír o mapa mundial, e pretendían que ese feito xerase estabilidade política a moi longo
prazo.

Unha vez que estas chegaron a un acordo, revélanlle as condicións dos “acordos de paz” ós vencidos.
En definitiva, a imposición de toda unha serie de medidas que lesionaban profundamente os seus
intereses. Trátase de medidas moi duras, sobre todo para o caso de Alemaña.
O debate iníciase a partir dos 14 puntos de Wilson (1918). Daquí sae a iniciativa para a conformación
dunha Sociedade de Nacións, antecedente das Nacións Unidas. Devanditos puntos son:
1º. Convenios abertos e non diplomacia secreta no futuro.

2º. Liberdade de navegación na paz e na guerra fóra das augas xurisdicionais, excepto cando os mares
quedasen pechados por un acordo internacional.

3º. Desaparición, tanto como sexa posible, das barreiras económicas.

4º. Garantías adecuadas para a redución dos armamentos nacionais.

5º. Reaxuste das reclamacións coloniais, de tal maneira que os intereses dos pobos merezan igual
consideración que as aspiracións dos gobernos, cuxo fundamento haberá de ser determinado.

6º. Evacuación de todo o territorio ruso, dándose a Rusia plena oportunidade para o seu propio
desenvolvemento coa axuda das potencias.

7º. Plena restauración de Bélxica na súa completa e libre soberanía.

8º. Liberación de todo o territorio francés e reparación dos prexuízos causados por Prusia en 1871.

9º. Reaxuste das fronteiras italianas de acordo co principio da nacionalidade.

10º. Oportunidade para un desenvolvemento autónomo dos pobos do Imperio austrohúngaro.

11º. Evacuación de Romanía, Serbia e Montenegro, concesión dun acceso ao mar a Serbia e arranxo das
relacións entre os Estados balcánicos de acordo cos seus sentimentos e o principio de nacionalidade.
12º. Seguridade de desenvolvemento autónomo das nacionalidades non turcas do Imperio otomán, e o
Estreito dos Dardanelos libres para toda clase de barcos.

15
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

13º. Declarar a Polonia como un estado independente, que ademais teña acceso ao mar.
14º. A creación dunha asociación xeral de nacións, a constituír mediante pactos específicos co propósito
de garantir mutuamente a independencia política e a integridade territorial, tanto dos Estados grandes
como dos pequenos.

Pero pronto se vai a poñer de manifesto a existencia de importantes diverxencias entre os distintos
lideres. Mais o claro punto de partida é que a considerada culpable de todo o sucedido é Alemaña,
polo tanto vai ser o país que máis teña que pagar. O país máis intransixente co estado alemán vai
ser Francia, encabezada por Clemenceau. E así consideraban tamén outros países que Alemaña non
debería quedar tan debilitada. Con isto, a pretensión francesa era a de constituírse como gran
potencia en Europa ó tempo que suprimía un forte competidor. Pola outra banda, os ingleses eran
máis benevolentes, porque non querían que Francia, competidor nato da súa nación, se consolidara
como primeira potencia no continente.
Un dos resultados da Conferencia de París, é o chamado Tratado de Versalles (xuño 1919). As
discusións dos termos da Paz que comezaran o 18 de xaneiro de 1919 derivaron no tratado, que foi
presentado ante Alemaña en maio de 1919 como única alternativa, xa que o seu rexeitamento
implicaría a reanudación das hostilidades.

Consideracións sobre Italia nas negociacións:


Mais a redistribución do mapa europeo prexudicaba en gran medida a Italia, xa que EE.UU. non
recoñecía o Pacto de Londres (1915) mediante o que se lle concedían certas zonas estratéxicas a
Italia. É dicir, que os aliados non están considerando o gran esforzo bélico que realizou Italia.
Finalmente se lle concede o sur do Tirol, Alto Adiggio e certas cidades na zona iugoslava, pero
outras tantas demandas non lle son recoñecidas. Isto xerou unha sensación de humillación e
descontento na política e sociedade italianas que, de feito, van acuñar unha expresión que alude a
ese desencanto ou frustración no seu debate con aliados: “vittoria mutilata”. Estamos ante o
comezo do resentimento entre Italia e os aliados, cando o primeiro ministro italiano (E. Orlando),
abandona anticipadamente a capital francesa na Conferencia de París, sen favorecer tampouco ás
negociacións.
En definitiva, debemos considerar que as negociacións de paz están marcadas polos triunfadores, e
que ao tempo, confórmanse como actos consumados aos vencidos que, simplemente, tiñan que
admitilos.

Consideracións sobre Alemaña nas negociacións:

Cando a delegación alemá ameaza con non asinar o tratado de Paz de Versalles, os aliados contestan
desafiando ao Goberno alemán cunha invasión total do seu territorio; non queda outra alternativa.
Polo tanto, para todos estes países e especialmente para Alemaña, o tratado de paz foi unha
autentica esixencia, un ‘Diktat’ imposto á forza sen un mecanismo de consulta ou participación. De
aí que en practicamente todos os sectores sociais e políticos alemáns manifestasen unha notable
oposición fronte a esa obriga, aínda que finalmente teñan que acatalo.

16
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Insistindo: o que gaña impón todas as normas “resolutivas”, e o que perde, debe someterse a todas
esas esixencias. É dicir, son “tratados de paz” moi entre comiñas. Este feito será de notable
importancia na evolución dos acontecementos políticos.

Mais resultado desta Conferencia de París, onde lembremos só están presentes os vencedores,
vanse asinar distintos tratados de paz ademais do de Versalles.

3.2. As imposicións ós «vencidos» trala Conferencia de París.

Tratados de paz produto da Conferencia de París (1919)

1) Tratado de Versalles para Alemaña.


2) Tratado de Saint Germain para Austria.
3) Tratado de Trianon para Hungría.
4) Tratado de Neuilly sur Seine para Bulgaria.
5) Tratado de Sevrès para o Imperio Otomano.

En cada un destes tratados de paz se especificaban as condicións a seguir por cada un dos países
vencidos. Todos se aplican unha vez que son aprobados, excepto un: a Paz de Sevrès. Cada tratado
contén as distintas cláusulas de aplicación para cada un dos países, e esas cláusulas son e tipo
económico, político, diplomático e militar.

3.2.1. As condicións de Versalles para Alemaña – 28 xuño 1919:

• Manter un exército de menos de 100 000 efectivos.

• Renunciar a un 11% - 12% da súa superficie, e polo tanto, de recursos e poboación. Alsacia e
Lorena para Francia, Scheleswig – Holstein para Dinamarca, Eupen – Malmedy pasa á fronte
belga.

Alemaña experimenta especialmente na zona oriental un feito que dalgún xeito vai a complicar
a súa evolución posterior: cede gran parte do seus territorios a Polonia, un dos grandes estados
que xorde neste momento como nación independente. Tamén cede territorios a
Checoslovaquia.
Renania, área estratéxica na fronteira con Bélxica, Holanda e Francia, é desmilitarizada.
O feito máis significativo é que o estado alemán queda separado mediante o “Corredor de
Danzig” ou “Pasillo Polaco”. En principio, Danzig ía quedar como unha cidade libre baixo o
auspicio da Sociedade de Nacións, pero finalmente constrúese como un corredor para liberar o
acceso ó Mar Báltico.
En consecuencia, ALEMAÑA PERDÍA UNS 6 – 7 MILLÓNS DE HABITANTES (10% da poboación),
o que constitúe un serio risco de inestabilidade.

17
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

• Perda de tódalas súas colonias.

• Entrega das Minas de Sartre a Francia por un período de quince anos.

• Impedimento da unificación de Alemaña e Austria de xeito taxativo.

• Impedimento de formar parte da Sociedade de Nacións, quedando excluída do mesmo xeito que
a URSS.

• Pago dunha enorme indemnización a Francia, Gran Bretaña e Bélxica . Unha indemnización
millonaria con motivo da súa culpabilidade no conflito. Trátase dunha cantidade astronómica de
cartos como para estar capacitada para asumir o seu custo.

• Substituíase, en definitiva, o II Reich Alemán pola República de Weimar.

Algúns políticos eran conscientes de que tan graves imposicións podían ser a base necesaria para
acadar una cordo de paz, mais pola contra, xera un sentimento de revanchismo que afecta ó honor
de Alemaña como estado e cara os sectores máis amplos da poboación, e non só de cara os
militaristas. Pois en definitiva, supuña un serio empeoramento das condicións de vida.

Martes 18 setembro 2018

Un 12% da superficie de Alemaña desaparece, xunto cun 10% da súa poboación. Isto significa que
esa poboación antes alemá, agora vive nos límites doutros países.

18
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Un dos exemplos máis paradigmáticos desta situación, é dicir, da constitución de pequenas


minorías alemás noutros países, será o polaco. A poboación alemana que vivía na zona norte de
Checoslovaquia (sudetes) será a gran desculpa de Hitler para ocupala e dividila en 1938. O mesmo
ocorrerá con Polonia.

A maioría destes tratados de paz coincidían en moitos aspectos, como as indemnización e multas a
pagar por parte dos países perdedores.

3.2.2. As condicións de Saint Germain para Austria – 10 setembro 1919:

• Implica o pago dunha indemnización pola súa participación na contenda.

• Austria vía limitado o seu exército a uns 30 000 soldados, aproximadamente.

• Perdía superficies considerables como – entre outras – o Alto Adigio (que os aliados lle
prometerán a Italia), ou a costa de Dalmacia (que agora pertencerá a Iugoslavia).

De tódolos xeitos, Austria saíu bastante ben parada na medida en que non foi declarada culpable
de iniciar o conflito. De feito, pasados uns anos, Austria declarábase en creba, e cesaba no pago das
indemnizacións, sendo moi favorecida no trato polo aliados.

Cómpre lembrar que a desaparición do Imperio Austrohúngaro en 1918, dera lugar a aparición de
novos estados. Son catro: o Estado Iugoslavo (Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos como un
Estado Balcánico), a Primeira República de Austria, a República Popular de Hungría, e a Primeira
República Checoslovaca. E en xeral, a desaparición dos grandes imperios tivo como consecuencia
inmediata a aparición de novos estados. Por exemplo, da desintegración do Imperio Zarista (1917)
xorden, entre moitos outros, estes cinco: Estonia, Letonia, Lituania, Finlandia, e Polonia.

3.2.3. As condicións de Trianon para Hungría – 4 xuño 1920:


• Perde inxentes cantidades de poboación, un terzo do total; é dicir, que de 9 millóns de
húngaros, 3 millóns pasan ás fronteiras internas dos novos estados (Iugoslavia, Romanía,
Checoslovaquia, etc.) constituíndo minorías nacionais dentro dos mesmos. E unha vez máis,
dentro da URSS e da actual Ucrania, haberá importantes sectores poboacionais húngaros. Estes
estados son, polo tanto, etnicamente heteroxéneos, o que suporá unha futura razón de
conflitividade.

• Obrigada a pagar unha forte indemnización aos aliados.

3.2.4. As condicións de Neuilly sur Seine para Bulgaria – 27 novembro 1919:

• Unha indemnización moi elevada na súa totalidade.

• Queda sen acceso ao mar Exeo, que na zona de Tracia pasará a mans gregas.

19
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

3.2.5. A excepcionalidade do Tratado de Sevrès – 10 agosto 1920:

Todos estes tratados vistos ata agora, máis ou menos, son cumpridos na gran medida. Pero hai un
tratado que nunca se vaia a consumar. É o tratado que afectaba ao Imperio Otomano, que tamén
fora vencido.

• Divide o Imperio Otomano en áreas de influencia para os distintos países vencedores. A zona
de Oriente Medio, Siria e Iraq xa quedaran baixo influencia inglesa e francesa no T. Sykes –
Picot (1916); a zona sur da Península Anatolia, para Italia; cara o interior de Anatolia, dende
o oeste e o norte, a zona do Bósforo, para Grecia. Incluso se chega a discutir en París, a
posibilidade de que se estableza unha autonomía no chamado Kurdistán, que ocuparía toda a
zona interior do Imperio Otomano chegando a Mosul (actualmente nas
fronteiras de Iraq). Do mesmo xeito debateuse a posibilidade de conceder
unha autonomía á Armenia turca.

A principal oposición ó cumprimento deste tratado foi por parte do exército


otomano, con Mustafá Kemal Atatürk á cabeza, un dos máis prestixiosos
xerais turcos. Pois o tratado significaba a imposibilidade definitiva de crear un
ATATÜRK estado turco independente. Iníciase unha actividade insurxente ou ofensiva
militar contra os exércitos dos estados aliados, e con ese exército otomano,
dirixe a súa loita contra a presenza do exército grego (o máis interesado en ocupar a zona da costa
oeste anatolia).

Neste contexto, as grandes potencias, e sobre todo Francia e Gran Bretaña, estaban nunha situación
económica moi débil, polo que se ven incapaces de aplicar e facer efectivo o tratado, e sinxelamente
abandonan a zona, posibilitando que Atatürk consiga novamente impoñer a súa autoridade sobre
toda a Península de Anatolia. Pois de feito, obriga ó exército grego a se retirar do seu territorio. E
xunto coa retirada deste exército grego, prodúcese una emigración ou expulsión masiva de centos
de miles de poboadores de orixe grego que ata entón viviran en Turquía dende facía séculos.

Esta nova situación turca queda plasmada no Tratado de Lausana 14– 24 xuño 1923. Foi asinado na
cidade suíza de Lausana entre os gobernos de Grecia, Turquía e as nacións aliadas da Primeira
Guerra Mundial e considérase parte da partición do Imperio Otomán. As fronteiras do estado turco
moderno, e polo tanto, actual, teñen a súa orixe neste tratado de paz.

Neste momento, Atatürk convértese en presidente de Turquía, emprendendo unha política de


modernización e mesmo occidentalización do país dentro dun esquema estritamente laico fronte á
política califal islámica do antigo Imperio Otomano. A súa nova capital: Ankara, porque foi o núcleo
onde se concentraron as forzas insurreccionais, estando Istambul baixo a dominación aliada nun
primeiro momento.

14
O Tratado definiu as fronteiras europeas de Grecia, Bulgaria e Turquía. Oficialmente concluíu toda soberanía turca
sobre as illas do Dodecaneso, Chipre, Exipto e Sudán , Siria e Iraq. Os territorios de Kurdistán foron repartidos entre
varios países, e Armenia foi dividida entre o novo Estado turco e a URSS.
20
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

«O maior xacemento petrolífero do mundo esténdese ata Mosul ou máis alá e aínda que
non fose así, deberiamos, por razóns de seguridade, controlar suficiente territorio ante
os nosos importantísimos xacementos petrolíferos como para evitar o risco de que fosen
invadidos ao empezar a guerra.»

«Nalgúns sentidos, os kurdos lémbranche aos peles vermellas (..), o seu carácter é
apaixonado, resentido, vengativo, intrigante e traizoeiro. Son bos soldados, pero malos
líderes. Son avariciosos, totalmente egoístas, esmoleiros desvergonzados e teñen gran
propensión a roubar.»

«Privar ós turcos de Constantinopla é, na miña opinión, inevitable e indesexable como


proba definitiva da súa derrota na guerra.»

3.3. As opinións diplomáticas no debate de Versalles.

Vellos problemas, novos conflitos:

Esa actitude dos aliados, e esa consideración alemana do diktat, o único que provoca é o
revanchismo alemán, que estaba tan presente no discurso dos líderes políticos, e máis
especialmente no do nacional socialismo. Inclusive, dentro dos propios vencedores, houbo
descontentos: foi o caso de Italia. Estámonos a referir a iso que os italianos calificaron de «vitoria
mutilada» por non ter en conta – os aliados – o seu esforzo no momento en que decidiron non
cumprir o pactado en 1915 en Londres. Isto é, que “os italianos eran vencedores de guerra, mais
perdedores de paz”. Así, quedou un pouso de malestar en Italia que será aproveitado dende o
primeiro momento polo Fascismo da man de Benito Mussolini.

A cuestión do principio de autodeterminación:

Os Plebiscitos de Scheswig (1920) consistiron en dúas


votacións populares organizadas seguno o acordado
en Versalles un ano antes, co obxectivo de fixar unha
fronteira entre os estados de Alemaña e Dinamarca. O
nome dos plebiscitos explícase porque dita fronteira
debía atravesar o antigo Ducado Schleswig. Así, a
poboación optou por permanecer ben en territorio
Alemán (zona 1), ben en territorio danés (2).

Asimesmo, en marzo de 1920, ten lugar o Plebiscito


de Alta Silesia (lembremos pois, que trala I Guerra Mundial, dentro da Alemaña de Weimar, a
provincia prusiana de Silesia quedara dividida en dúas: Alta Silesia e Baixa Silesia).

O Plebiscito de Allenstein e Merienwerder (1920), tamén coñecido como Plebiscito da Prusia


Oriental, pola súa banda, outorgaba a opción destas rexións (ubicadas en Prusia segundo Versalles)

21
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

de elixir se pertencer a Alemaña de Weimar ou á II República


polaca. O resultado decantouse de xeito aplastante pola primeira
das opcións: Alemaña.

No Plebiscito do Saar (ou Sarre), de 1935, os seus habitantes


optaron nun 90% polo retorno ó Estado alemán, que sería un feito
empregado pola propaganda política nazi.

Mais tamén é certo que noutros sitios non se ten aplicado este mesmo principio de
autodeterminación das nacións, como foi o caso dos Sudetes (onde non houbo plebiscito), que
constituirá futuras queixas dos alemáns. E como era de esperar, ocorreu o mesmo nos pobos
extraeuropeos como Siria, Palestina, Iraq ou o Kurdistán.

As novas aspiracións nacionais:

John Maynard Keynes, foi un dos que más crítico se amosou con esta actuación dos aliados; e non
porque non estivese convencido de que Alemaña debería pagar os desperfeitos, senón porque
consideraba que a cantidade establecida era absolutamente desmedida. E consideraba, de feito,
que Alemaña non podería afrontar nunca semellante cantidade. *Lectura recomendada: “As
consecuencias económicas da Paz”.

«Se o que propoñemos é que, polo menos durante unha xeración, Alemaña non poida
adquiri sequera unha mediana prosperidade; se creemos que tódolos nosos recentes
aliados son anxos puros e tódolos nosos recentes inimigos, alemáns, austríacos,
húngaros e os demais, son fillos do demo; se desexamos que, ano tras ano, Alemaña sexa
empobrecida e os seus fillos morran de fame e enfermen, e que estea rodeada de
inimigos [...]. se tal modo de estimar ás nacións e ás relacións unhas coas outras fora
adoptado polas democracias da Europa occidental, entón que o ceo nos salve a todos! Se
nós aspiramos deliberadamente ó empobrecemento da Europa Central, a vinganza, non
dubido en predecilo, non tardará».

J. M. KEYNES

«O mesmo dilema afecta ó porvir de Polonia, no papel que Francia sinalou. Ten que ser
forte, católica, militarista e fiel, a consorte, ou ó menos a favorita, da Francia vitoriosa,
próspera e magnífica, entre as cinzas de Rusia e a ruína de Alemaña. Romanía, con tal
de que se a poida persuadir de gardar as aparencias un pouco máis, comparte a mesma
concepción. Pero a non ser que os seus grandes veciños sexan prósperos e estean
tranquilos, Polonia é unha imposibilidade económica sen máis industria que os
“progroms” xudeus. E cando Polonia atope que a política sedutora de Francia é unha
pura fanfarronada, e que sen ela non hai cartos nin gloria, caerá o máis pronto posible
nos brazos de calquera outro».

J.M. KEYNES

22
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Neste caso, Francia estaba especialmente interesada en construír un Estado potente na fronteira
este de Alemaña, por se nun futuro, ocorrera que os alemáns volvesen ás andadas.

O caso polaco, pola súa banda, foi significativo porque enlaza con outros que xorden en 1920, como
foi o caso da URSS, que era un Estado comunista abertamente declarado e polo tanto contrario a
todo o occidental. Mais, cal é a actitude que adoptan as potencias capitalistas ó respecto? Pois que
establecen unha especie de bloqueo, de «cordón sanitario» para que o «virus» do bolchevismo non
contaxiase á cidadanía europea. É así como xorden os que chamamos Estados – tapón como
Hungría, Polonia ou Romanía, que non teñen máis natureza que a de frear o suposto expansionismo
soviético. De tal xeito que o novo Estado Polaco tiña debilitadas as súas fronteiras occidentais polo
Tratado de Versalles, mesmo tratado no que se delimita a súa fronteira oriental (a liña Curzon). Non
obstante, o novo goberno polaco tiña máis ambicións, e aproveitando a debilidade do Estado
soviético, o que fixo foi avanzar nas súas fronteiras uns centos de quilómetros, de tal xeito que toda
esa área (antes soviética) queda no seu poder. É o caso inclusive da capital lituana de Vilnius, que
agora debe ser trasladada a Kaunas. E cando Hitler invada Polonia en 1939, unha parte será ocupada
pola URSSS.

O Estado máis favorecido foi Xapón, anque apenas participara no conflito. As illas alemás no Pacífico
pasaban ás súas mans. Agora, Xapón poñía un pé na China, avanzando dende a súa presenza (dende
1910) na península coreana. Xa en 1931, Xapón ocupaba unha boa parte do interior de China e
constitúese nun dos poderes máis importantes do Pacífico, onde xerará tensións pola hexemonía
con EE.UU.

A Sociedade de Nacións:

Se facemos memoria, lembramos que outro dos obxectivos da Conferencia de París fora a de
constituír unha organización de ámbito supranacional que tivese como obxectivo a defensa da paz
mundial. Esta era tamén unha das ideas presentes nos 14 Puntos Wilson que foran impulsadas con
bastante éxito. A idea remata por culminar en abril de 1919 coa constitución do pacto da Sociedade
de Nacións como unha institución que se organiza a través dunha serie de instancias:

• Unha Asemblea Xeral composta por tódolos seus membros.


• Un Consello (emanado da Asemblea Xeral).
• Un Secretario Xeral (emanado do Consello).

É unha composición similar, en certa medida, á organización das Nacións Unidas, debido a que no
momento da constitución da ONU, tómase como modelo a Sociedade de Nacións.

O seu obxectivo fundamental era o mantemento da pa a partir do «principio de seguridade


colectiva», que non era máis que o principio segundo o cal as grandes potencias garantían a
seguridade e estabilidade de tódolos países membros. E polo tanto, era un concepto de alcance
colectivo.

Tiña a súa sede central en Ginebra (Suíza), que era unha zona de longa tradición de neutralidade.
Estivo en vigor ata 1945/46, cando é substituída polas Nacións Unidas.
23
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Estudiarémola en torno a dúas etapas reseñables:

• Unha I etapa de colleita de considerables éxitos: momento no que os países súmanse a


distintas iniciativas postas en marcha pola Sociedade de Nacións.

• Unha II etapa de lento declive da Sociedade como institución garante da paz mundial.

Así e todo, a Sociedade de Nacións constituíase con fortalezas como a presenza dos vellos imperios
francés e británico xunto coa suma de novas incorporacións importantes; pero tamén con algunhas
debilidades como a ausencia de nacións como a alemana e, sobre todo, a estadounidense, que a
pesar de ser Wilson o gran impulsor deste “órgano pacífico”, o Senado estadounidense nunca
apoiou a súa integración na organización supranacional.

O Tratado de Versalles, establecera ademais, que Alemaña non podía ser incluída na Sociedade
porque era un Estado violador de toda a lexislación internacional, e que polo tanto debía someterse
ó establecido polos aliados. Outro país de relevancia que foi excluído de ingreso foi a URSS.

En 1925, o Pacto de Locarno significou que Aelamaña aceptaba totalmente as fronteiras occidentais
establecidas por Versalles. Ou noutras palabras: Alemaña olvídasse de Alsacia, Lorena, e de calquera
outro territorio antes no seu poder. E esa aceptación por parte de Alemaña das súas novas fronteiras
occidentais impostas, posibilita ó fin que os aliados permitan o seu acceso á Sociedade de Nacións
en 1926.

En 1928, o Pacto Briand Kellog implicou que tódolos seus asinantes se comprometesen a evitar o
uso da violencia na solución dos conflitos entre estados. É dicir, que tódolos conflitos internacionais
debían ser solucionados mediante a diplomacia e a vía pacífica, pero en ningún dos casos mediante
o militarismo.

Xa dende 1929, o impacto da crise económica mundial, tamén afectou negativamente á actuación
da Sociedade na medida en que fronte a esta situación internacional, a maior parte dos países vai
optar por unha vía individualista capaz de paliar os efectos da crise económica, debilitando así o
propio concepto da Sociedade de Nacións como un órgano de colaboración interestatal. O
proteccionismo que se vai instalar na maior parte dos países europeos – e máis especialmente nas
grandes potencias máis preocupadas polo seu Estado de Benestar – debilitan ese espírito de axuda
mutua que lle daba senso á institución, pese os esforzos levados a cabo entre 1923 – 1933:

• Conferencia de Desarme en Ginebra que remata nun fracaso dada a negativa dalgúns
Estados a asumir esta política. Foi, por exemplo, o caso da negativa de Francia, moi
preocupada polo ascenso do nazismo en Alemaña.

• Conferencia Internacional de tipo económico en Londres para a busca de solucións


conxuntas para a crise. Remata en fracaso na medida en que non se acada un acordo común
para practicar unha mesma política económica no ámbito internacional.

Ademais, a política exterior de determinados países, ía directamente en contra dos principios


sostidos pola institución. Foron os casos de Alemaña, Italia e Xapón. As políticas agresivas dos
fascismos italiano e alemán, así como do militarismo xaponés, supuxeron a creba do principio
24
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

fundamental da seguridade colectiva. E a Sociedade foi incapaz de contelos, orixinando o total


descrédito de si mesma como institución garante de paz. E nove meses despois do ascenso de Hitler
ó poder, Alemaa xa se atopaba abandonando a Sociedade en 1936; e pouco despois, tamén o faría
Italia despois de ser condenada pola organización tras invadir Etiopía.

Entre tanto, a situación en Oriente Medio será estable ata 1945 grazas ó reparto de Sykes – Picot,
que tamén orixinou concesións petrolíferas a Inglaterra en Irán, Iraq, e Kuwait, por exemplo.

Os países restantes, trala descomposición da Sociedade de Nacións, optarán por tratados de paz de
carácter bilateral.

25
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

BLOQUE II
CAMBIOS POLÍTICOS E TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS
(1918 – 1939)

Tema 2 – A Revolución Rusa e a construción do sociaismo.


Introdución.
1. A Revolución Rusa de 1905.
2. A Revolución de Febreiro de 1917.
3. A construción do socialismo. A política económica do Estado Soviético.
4. O balance final da Revolución Rusa.

Tema 3 – A crise das democracias parlamentarias.


Introdución.
1. Francia.
2. Gran Bretaña.
2.1. A cuestión da independencia de Irlanda.
2.2. A cuestión colonial.
3. Alemaña. Do II Imperio á República de Weimar.
4. Introdución ó Fascismo e ás ditaduras.

Tema 4 – A economía: reconstrución, crecemento e crise (1918 – 1919).


Introdución ós ciclos económicos ata 1929.
1. Causas (I). A especulación bursátil dende 1927.
2. Causas (II). O círculo vicioso da crise.
3. Causas (III). A crise de sobreprodución.
4. Consecuencias e evolución da crise.

Tema 5 – Fascismo e ditaduras.


Introdución ós Fascismos.
26
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

1. Fascismo italiano.
1.1. Comezo do «Ventenio Fascista».
a. Etapa 1922 – 1926. Ultraliberal.
b. Etapa 1926 – 1930. Intervencionista.

2. Fascismo alemán.

27
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Tema 2 A Revolución Rusa e a construción do socialismo

Mércores 19 setembro 2018


Introdución:
Como viñamos dicindo, a Sociedade de Nacións vai optar por tratados e
acordos bilaterais. Francia e Gran Bretaña están preocupadas pola actitude
de Alemaña e de Italia, e isto será o que posibilite o ingreso da URSS na
mesma en 1935. Francia, de feito, pactará coa Unión Soviética Rusa para
controlar a política agresiva de A. Hitler. Esta será a tendencia; unha
tendencia pactista e diplomática que nos leva, en certa medida, á dos anos
anteriores.
O Imperio Ruso, que anteriormente se atopaba gobernado por un sistema
autocrático, co zar Nicolás II (dta.) á cabeza, xa sufrira un certo proceso de
modernización no campo industrial.
O conflito con Xapón entre 1904 – 1905 que derivou na Guerra Ruso – Xaponesa da que a URSS saíu
mal parada, puxera de manifesto a ineficacia da aristocracia zarista na medida en que unha gran
potencia Europea – a rusa – se viu derrotada por un Imperio emerxente – o xaponés – .

1. A Revolución Rusa de 1905.

A meirande parte da poboación rusa vivía no campo, e de feito, non fora ata 1861 cando se abolira
a servidume, sendo os campesiños quenes custearan a súa supresión endebedándose co Estado. A
partir de entón, comezan a xurdir certas sublevacións campesiñas en contra da orde establecida,
considerada, por suposto, como inxusta.
Xa en xaneiro de 1905, teñen lugar unha serie
de protestas protagonizadas por campesiños e
traballadores en San Petesburgo. Non eran
máis que unha serie de cidadáns rusos que se
reúnen fronte o palacio de Nicolás II para,
efectivamente, protestar. Son represaliados e
disparados pola Garda Zarista, dándolle nome ó
acontecemento que coñecemos como “O
Domingo Sanguento” (esq.).
A pesar da matanza, ese estado de conflitividade social vai persistir no longo de practicamente todo
o ano de 1905. En suma: unha sublevación dos sectores populares que sacudiu de xeito definitivo
os cimentos da autocracia zarista poñendo de manifesto a súa debilidade. E esa persistencia de
conflitividade social e política, é a que obriga a Nicolás II a facer unha serie de concesións: no mes
de decembro emite un decreto cumprindo algunhas das peticións dos manifestantes, guiándose
pola máxima de «cambiar para que todo siga igual».

28
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Os manifestantes, nun primeiro momento ían encabezados por un sacerdote ortodoxo. Atendemos
a un crecente proceso de politización das masas, as cales comparten toda unha serie de principios
democráticos que se farán constar nas demandas feitas ó zarismo ruso. Estas ideas espállanse entre
todas as capas dos sectores populares nun contexto de continua axitación; e o resultado non foi
outro que a xeración dunha auténtica escola política para os milleiros de súbditos do Imperio Zarista
Ruso.
Os manifestantes dótanse a si mesmos dunha institución organizadora: os soviet, ó xeito dun
órgano asambleario, unha especie de «consello» popular (baixo ningún concepto un partido
político).
Dende o punto de vista político, o Decreto de decembro de 1905 levou consigo grandes
modificacións da estrutura política do Estado:

• Creación dunha Duma (ou Parlamento) elixido por sufraxio universal e con funcións de
carácter lexislativo.
• Definición dunha serie de liberdades individuais.
Aínda que Nicolás II segue mantendo o poder nas súas mans, agora
a situación cambia substancialmente na medida en que unha serie
de partidos políticos que ata agora eran ilegais, emprenden a súa
actividade. É dicir: pásase dunha monarquía absoluta a unha
constitucional (Constitución de 1906).
Xa en 1907, limítanse algunhas das liberdades que se promulgaran
dous anos antes: restrínxese o sufraxio, agora censatario. Isto
beneficiou enormemente á nobreza e á gran burguesía, que
ademais eran os sectores maiormente relacionados coa monarquía
zarista. Así foi como se conformou unha Duma enormemente
conservadora que se adaptou ás esixencias de Nicolás II,
especialmente durante o ministerio de Piort Stolypin15 (esq.).
A pesar disto, na Duma vanse ver representados deputados de distintas orixes políticas que, dalgún
xeito, cubriron todo o espectro ideolóxico de esquerda a dereita. Serán (1) o Partido Socialista
Revolucionario (ou Partido Social – Revolucionario), (2) O Partido Socialdemócrata de Rusia, (3) a
Unión do 17 de Outubro, (4) o Partido Demócrata – Constitucionalista, e (5) as Centurias negras.

O Partido Socialista Revolucionario (PSR)


Os seus membros eran coñecidos como «eseristas» ou «eserres». O seu líder: Víctor Chernov.
Constituíuse a comezos do século XX e asumíase como herdeiro daqueles que foran denominados
«narodniki» (‘populistas’); un grupo de intelectuais que en torno a 1870 crearan un partido político
de carácter liberal chamado Vontade Popular.

15
Representou un tipo de altos funcionarios rusos opostos a calquera reforma política que puxese en perigo á
autocracia zarista, pero preocupados ao mesmo tempo pola modernización do seu país. Primeiro Ministro do Imperio
Ruso entre 1906 - 1911.
29
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

E a pesar de estar constituído por intelectuais, tiña o seu predicamento no


ámbito campesiño, onde alcanza os maiores apoios e capacidades
mobilizadoras. Mais ollo: pese a súa denominación non é un partido de
inspiración marxista.
Algúns dos seus membros procedían daqueles grupos que en 1870 – 80
participaran en grupos políticos ilegais e en accións indirectas contra o réxime
zarista, contra os membros do seu goberno, e contra o propio zar.

(Imaxes: 1- V. Chernov; 2- Emblema empregado polo PSR para as eleccións da


Asemblea Constituínte de 1917).

Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia (POSDR)


De inspiración marxista é constituído en 1898 en Minsk (na actual Bielorrusia) a raíz dun congreso
esquerdista do que xorde un manifesto fundacional. Segue a estela dos partidos socialdemócratas
europeos ó xeito dunha coalición dos distintos grupos marxistas ou «Unións de Loita». Terá maior
alcance de mobilización nas áreas urbanas; nas cidades nas que existía un maior número de
traballadores e asalariados, e polo tanto, nos lugares máis industrializados do momento.
Mais a súa fundación xa se xestaba
dende 1883 da man do grupo
“Emancipación do Traballo”,
creado polos primeiros marxistas
rusos, e que polemizaron coas
demais tendencias revolucionarias
que se opoñían ó zarismo, e máis
particularmente, cos chamados
“Vontade do Pobo” ou ‘populistas’.
O POSDR, consideraba que as formas de organización colectiva ou comunal en materia de
propiedade no ámbito rural, posibilitaría o socialismo sen ter que sufrir de xeito necesario un
tránsito polo capitalismo. Este tipo de comunidade campesiña estaría inspirada nos «mir»16 da Rusia
Prerrevolucionaria.
En definitiva, o partido concibía a loita proletaria de traballadores e asalariados coma un paso para
a creación dunha sociedade de corte socialista.

16
Na Rusia prerrevolucionaria, un mir, era unha comunidade campesiña cuxas terras se posuían e labraban en común.
A terra estaba dividida en parcelas que se asignaban a cada familia en función do seu tamaño. As familias cultivaban as
parcelas e pagaban un alto alzado ao mir, despois do cal retiñan o resto de beneficios. O mir era responsable ante o
Goberno polo pago dos impostos da comunidade, polo xeral en forma dun imposto de capitación sobre os homes
adultos. Os seus asuntos estaban controlados polo Selski Stárosta (alcalde pedáneo), elixido polos cabeza de familia.
30
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

No Congreso de Londres (1903), o partido proponse unha serie de obxectivos:


unificar as organizacións esquerdistas alí representadas nun só partido marxista
ruso, escoller un programa, e escoller os comités do partido, así como decidir
sobre diversas cuestións políticas e organizativas. Mais durante o debate,
configuráronse dúas faccións: a bolchevique («membro da maioría» en ruso) en
torno a figura de Vladimir Lenin (arr.); e a menchevique («membro da minoría»
en ruso) en torno a figura de Yuli Mártov (abx.). Gaña o sector bolchevique fronte
ó minoritario sector menchevique, que remataron por constituír as dúas
tendencias internas do POSDR, e que se irán distanciando ata se escindir en dous
partidos políticos diferenciados. As causas primeiras das diferenzas faccionais
radicaban esencialmente en tanto de estratexias: participación ou non na Duma,
o carácter dos movementos políticos, etc.
En 1917, os bolcheviques consideran que están ante o momento clave de cara
a instauración do socialismo; mentres que os mencheviques pensarán que non,
xa que primeiro hai que transitar no capitalismo. Asimesmo, as súas diferenzas
víranse tamén acentuadas polo debate sobre a participación ou non na Primeira
Guerra Mundial.

Unión do 17 de outubro (ou Partido Octubrista)

É un Partido monárquico pero constitucionalista (o que viría sendo, en certo modo, o “centro”
político) fundado a finais de 1905. Defende a idea, polo tanto, do establecemento dun sistema
parlamentario da man dun sistema monárquico; é dicir, que seguía o modelo inglés. Porén, non
adoptaba en absoluto ese carácter revolucionario que vimos ata entón. Recibe o seu nome do
“Manifesto de Outubro”17 de 1905. O seu líder: A. Guchkov.
Aglutinou a algúns sectores da nobreza e da alta burguesía financeira e dos negocios. Serán quenes
controlen o poder entre 1905 – 1917.

Partido Demócrata – Constitucionalista (KD)


É un partido de ámbito liberal e partidario da Monarquía, fundado en 1905. Os seus membros eran
chamados kadetes (polas siglas do partido). Compoñíase de sectores das clases medias (pequena e
mediana burguesía) e de intelectuais. O seu máximo representante: P. Miliukov (á esq. ; mestre de
Historia na Universidade).

17
O Manifesto de Outubro foi emitido en 1905 por Nicolás II baixo a influencia do conde Serguéi Witte en resposta á
Revolución de 1905. O nome oficial do documento foi O Manifesto para a mellora da orde do Estado e ía dirixido a
mitigar o malestar existente en Rusia; e contiña garantías para o outorgamento de liberdades civís para a poboación:
incluíndo a inmunidade persoal, a liberdade relixiosa, a liberdade de expresión, o dereito de reunión, e o dereito de
asociación; unha participación extensa na Duma; a introdución do sufraxio universal masculino; e un decreto que
establecía que as leis non se podían impoñer sen o consentimento da Duma. O manifesto foi o precursor da primeira
Constitución rusa de 1906. O manifesto e a constitución resultaron uns feitos insignificantes para a democratización,
tendo en conta que o tsar seguía ostentando o dereito de veto na Duma, que de feito disolveu e reformou en numerosas
ocasións.
31
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Centurias negras
Corresponde, no espectro político, ó que viría
sendo a extrema dereita; e constituiuse no
baluarte máis importante do zarismo e da súa
autocracia. É un movemento ortodoxo e
antisemita, e endefinitiva, defensor dunha
monarquía absoluta.
(Imaxe: Centenanegristas manifestándose en
Odesa tras a publicación do Manifesto de
Outubro).

En suma, aqueles que xogarán un papel máis importante nas futuras xornadas de 1917, serán
todos estes partidos políticos.
Por aquel entón, Rusia constaba de aproximadamente, uns 170 millóns de habitantes; mais a
representación de ditos partidos non dependerá do censo en termos cuantitativos, xa que as
circunstancias atópanse rexidas ó sufraxio censatario. E o resultado será que en maior ou menor
medida, todos teñan certa representación vía deputados na Duma.

Nos anos posteriores a 1907, e dentro dese contexto de relativa liberdade política, o país
experimenta un sensible progreso económico que achegaba a Rusia á industrialización e ó
desenvolvemento das vías ed comunicación. Mais debemos contar con que Rusia era e é un país de
enormes dimensións, con numerosos problemas de orde económica e políticia ante unha clase
proletaria moi ben organizada. E esta situación de certa inestabilidade vaise ver moi agravada pola
decisión de Nicolás II de participar la I Guerra Mundial do lado da Triple Entente, levando, en
definitiva, ó seu propio sistema – zarista – ó colapso.
A partir de agora veremos como se acentúa a conflictividade social, a acción antibélica e polo tanto,
tamén a diminución da popularidade do zar e da súa monarquía entre os súbditos. Os resultados da
guerra foron desastrosos para o exército ruso, e as dificultades económicas víronse agravadas xunto
coa escaseza de alimentos. A moral da poboación estaba cada vez máis baixa.
Este deterioro da imaxe de Nicolás II vese acentuada cando decide poñerse a el mesmo á fronte
militar; mais sen cesar nos fracasos bélicos.
A existencia daquela camarilla e dos grupos de poder na inmediación do zar (como fora o caso de
Rasputín, o místico ruso que se gañou a confiaza da emperatriz) creara un enorme deterioro da
Monarquía, tanto con respecto ós grupos populares como entre a propia clase aristocrática. A
sensación, en xeral, era de decadencia e de debilidade de poder.
A isto sumóuselle o cansanzo manifesto entre os soldados, que derivou en desercións masivas do
corpo militar. E entretanto crecía a conflitividade política e social, deron comezo as loitas.

32
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

2. A Revolución de Febreiro de 1917.


Chegado febreiro de 1917, prodúcense unha serie de mobilizacións encabezadas por distintos
sectores sociais e que en suma, vand erivar no derrocamento da monarquía zarista.
Algo que debemos considerar novidoso neste momento – con respecto ás mobilizacións de 1905 –
é o feito de que o corpo militar, confraternizan coa poboación e súmanse á masa manifestante. Isto
implicou ca caída inmediata do sistema, dado que o exército negábase a poñer orde.

Instálase un Goberno Provisional escolleito pola Duma despois de doce días de enfrontamento e a
consecuente abdicación de Nicolás II.

Ao mesmo tempo, aparecía a figura do


soviet, que será esencial para a
comprensión do contexto a estudar.
Estamos ante a existencia de dous
poderes [dualidade de poder]: o poder
isntitucional do Goberno Provisional; e o
poder dos soviets, quenes aparecen na
meirande parte das cidades para
constituir nelas o poder local. Esta
dicotomía é o que caracterizará ó período
entre febreiro e outubro de 1917.

A Revolución do 17 de febreiro

 Os Gobernos provisionais do Príncipe Luov (marzo – xullo) e de A. Kerenski (xullo – outubro):

Marzo – xullo de 1917 – PRÍNCPIPE LUOV

O Goberno Provisional desgastábase, pero tamén o facían os partidos políticos


que o apoiaban. Un dos maiores ‘contras’, fora o esforzo bélico que continuou
o Goberno Provisional, e que se convertiu nun grandísimo obstáculo para a súa
propia estabilidade.

Con iso, a existencia dos dous poderes que mencionabamos antes, levou a
continuos enfrontamentos entre as institucións derivadas do Parlamento, e as
derivadas dos soviets. En principio, os soviets compoñíanse daqueles militantes dos partidos de
esquerda (esencialmente bolcheviques e mencheviques). En defitnitiva, quedou evidenciado que a
convivencia destes dous poderes en tensión era algo estreitamente conxutural e que non se podía
soster no tempo. Ademais, aquel esforzo bélico tamén repercutira nunha recesión demográfica e
nun proceso inflacionario dos prezos dos produtos básicos, así coma no desabastecemento das
cidades. E todo isto, atizou aínda máis a inestabilidade política e a conflitividade social:

33
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

• En moitos sitios, os campesiños tomaban as propiedades dos latifundistas seguindo os


dictados dos soviets.
• Os obreiros, ocupaban as fábricas.

• En moitos frontes bélicos, os soldados desertaban e tornaban ó fogar.

Os soviets, entre tanto, recadaban maiores apoios por ser a única proposta permanentemente
condenatoria do “conflito imperialista” e da participación no mesmo.

Ao mesmo tempo, esa situación de inestabilidade política, vai fomentar as ansias de independencia
de moitos daqueles pobos ata entón sometidos ó Imperio Ruso: finlandeses, polacos, bálticos, etc.
Quenes deciden aproveitar o momento para avanzar as súas posicións na tentativa dde se liberar
do iugo imperial ó que estiveran sometidos ata entón.

A situación, xa en xullo, era o suficientemente complicada como para que Luov abandonase o poder,
e Kerenski fose nomeado primeiro ministro.

Xullo – outubro de 1917 – A. KERENSKI

Pero Kerenski non foi quen de revertir a situación, mantendo a posición de


apoiar á Triple Entente e o esforzo bélico que iso implicaba. A economía
deteriórase aínda máis e o discurso bolchevique acada progresiva audiencia ó
berro de «¡PAZ, PAN E TERRA!».

Todo parecía indicar que a situación de crise non podía continuar no tempo. E
de feito, en agosto de 1917, produciuse un Golpe de Estado: sectores do
exército que aínda eran zaristas moi vinculados a Nicolás II, encabezados polo
Xeral Kornilov, tentan voltar á situación previa. O golpe fracasa non pola oposición do Goberno
Provisional – totalmente bloqueado – senón pola fortísima oposición dos soviets e do Partido
Bolchevique, que nese momento fora ilegalizado polo mesmo Goberno Provisional (e de feito, Lenin
tivera que fuxir, e outros líderes como Trotsky ou Stalin, foran detidos).

O Golpe foi capaz de demostrar que esa dualidade de poderes non se podía perpetuar. E é neste
momento cando ante un Estado xa practicamente desaparecido e ilexitimado, os bolcheviques
deciden facer efectiva a toma de poder. O poder “cáelle nas mans” (pois o Estado, repetimos, era
case inexistente), e tómano na noite do 24 ó 25 de febreiro.

¡¡ TODO O PODER PARA OS SOVIETS !!

A situación xa estaba o suficientemente madura para que un Partido – o bolchevique – que tiña
audiencia entre os soldados e nos soviets, se instaurase no poder. E a noite do 24 de febreiro, o
Goberno Provisional dimite por obrigación, deixando o camiño libre á constitución dun Novo
Goberno constituído, esencialmente, por bolcheviques.

34
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Recomendacións de lectura: «México insurgente» e «Diez días que estremecieron al mundo», de


John Reed.

“Ao saír á praza botamos a correr, agachándonos e apertándonos uns a outros.


Corremos así ata chocar co pedestal da columna de Alejandro (...). tras uns minutos de
permanencia alí, o destacamento, que contaba con varios centos de homes, cobrou
ánimos e de súpeto, sen ningunha explicación, volveu lanzarse adiante. Rubimos ás
barricadas de leña e, ao saltar abaixo, lanzamos berros de triunfo: aos nosos pés había
cheas de fusís abandonados polos cadetes. As portas do edificio a ambos os dous lados
das entradas principais estaban abertas de pao a pao (...). Ás 2 horas e 10 minutos do 26
de outubro, o Palacio de Inverno xa se atopaba en mans dos insurrectos; os ministros
do goberno provisional foron detidos.”

John Reed. Dez días que estremeceron ao mundo. 1919.

O Goberno Provisional do Partido Bolchevique

Os efectos da I Guerra Mundial e a decrepitude do aparto de Estado, as desercións masivas dos


soldados que facían do exército unha institución inoperante, e o descrédito dun goberno político
incapaz de atender ás demandas populares de paz e alimento para un campesiñado en ruínas, foron
os factores esenciais que explicaron o éxito definitivo dos bolcheviques; os únicos que tiñan
presentes todas estas demandas populares.

“Cidadáns do Estado ruso:

Un gran acontecemento produciuse. O antigo réxime foi derrocado grazas ao poderoso


impulso do pobo ruso. Naceu unha Rusia libre e nova. Este gran derrocamento coroa
numerosos anos de combate. A acta promulgada o 17 de outubro de 1905 pola presión
das forzas populares sublevadas prometera a Rusia liberdades constitucionais. Estas
promesas non foron cumpridas. A Duma -portavoz das esperanzas populares- foi
disolta. A segunda Duma correu a mesma sorte. Incapaz de quebrantar a vontade
popular, o goberno decidiu, mediante a acta do 3 de xuño de 1907, quitar ao pobo parte
dos seus dereitos para participar na obra lexislativa, previamente concedidos. Durante
nove longos anos foi privado progresivamente dos dereitos que conquistara. Unha vez
máis o país afundiuse nun abismo de absolutismo e arbitrariedade. Todos os intentos de
facer entrar en razón ao goberno foron inútiles, e a gran conflagración mundial á que o
inimigo arrastrou á nai patria sorprendeuna nun estado de degradación moral, de
indiferenza polo futuro da patria, alleo ao pobo e afundido na corrupción.”

Declaración do Goberno Provisional. En Izvestia. 7 de marzo de 1917.

35
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

O Primeiro Congreso Panruso dos Sóviets de Deputados dos Obreiros e Soldados (xuño – xullo,
1917) foi convocado pola Conferencia Nacional dos Sóviets, confirmou a supremacía do Goberno
Provisional Ruso. No Congreso, os
socialistas moderados (maiormente
soldados, intelectuais e campesiños), en
efecto, representaban cinco sextos de
todos os delegados, mentres que os de
extrema esquerda (esencialmente
obreira) apenas contaban cuns cento
vinte representantes. A maioría
moderada, desdeñou a proposta e o
ofrecemento de Lenin de aceptar a
responsabilidade de gobernar. E anque a
moción aprobada, con todo, limitaba a
confianza outorgada polo congreso, confirmou o Goberno Provisional Ruso de Lenin. Impúxose a
proposta de Lenin de tomar acción e facerse co poder en San Petesburgo e Moscú
(fundamentalmente). Establecen de inmediato un Goberno no que, nun principio, só se integraron
dirixentes bolcheviques, e comezan a se poñer en marcha os decretos máis importantes. Comezan,
entón, o que coñecemos como as Xornadas de Outubro.

• (1) DECRETO SOBRE A PAZ. O Goberno obreiro e campsiño instituído pola Revolución do
24 – 25 de outubro, propón a tódolos pobos en guerra e ós seus gobernos, entablar de
xeito inmediato conversacións de cara unha paz democrática equitativa.
«O goberno obreiro e campesiño instituido pola revolución do 24 – 25 de outubro e
apoiándose nos Soviets de deputados obreiros, soldados e campesiños, propón a todos os
pobos en guerra e aos seus gobernos establecer inmediatamente conversacións con vistas a
unha paz democrática equitativa. O goberno considera unha paz equitativa ou democrática,
tal como deséxana a inmensa maioría dos obreiros e as clases traballadoras esgotadas,
atafegadas e martirizadas pola guerra en todos os países belixerantes -paz que os obreiros e
os campesiños rusos han reclamado da maneira máis categórica e tenaz desde o
derrocamento da monarquía zarista- unha paz inmediata sen anexións (é dicir, sen a
conquista de territorios estranxeiros, sen a incorporación violenta de pobos estranxeiros),
nin indemnizacións (...)».

• (2) DECRETO SOBRE A TERRA.


a) A gran propiedade sobre o chan declárase inmediatamente abolida sen ningunha
indemnización.
b) As leiras dos terratenientes, do mesmo xeito que todas as terras da Coroa, os conventos, a
Igrexa, con todos os seus gandos e apeiros, os seus edificios e todas as dependencias, pasan
a depender dos comités agrarios comarcais e dos Soviets de deputados campesiños de
distrito, ata que a cuestión sexa regulamentada pola Asemblea Constituínte.

36
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

c) Todo detrimento causado aos bens confiscados –que de agora en diante pertencerán a todo
o pobo- contemplarase como delito grave que castigarán os tribunais revolucionarios(...).

• (3) DECRETO SOBRE AS NACIONALIDADES. O Consello de Comisarios do Pobo decidiu


establecer como base da súa acción na cuestión das nacionalidades os seguintes
principios:
⎯ Igualdade e soberanía dos pobos de Rusia.

⎯ Dereito dos pobos de Rusia á libre determinación, incluíndo o dereito para separarse
totalmente e constituírse en Estado independente.

⎯ Supresión de todos os privilexios e restricións de carácter nacional ou relixioso.

⎯ Libre desenvolvemento das minorías nacionais e os grupos étnicos que poboan o territorio
de Rusia.

• (4) DECLARACIÓN DE DEREITOS DO POBO TRABALLADOR (10 agosto 1918, 5º Congresoo


dos Soviets). Primeiro texto constitucional dos bolcheviques. Primeiro intento de
institucionalizar ese xoven estado soviet.

a) Rusia declárase a ser unha república dos Soviets de deputados obreiros, soldados e
campesiños dos Deputados.Todo o poder central e local pertence aos Soviets.
b) A República Soviética de Rusia está organizado sobre a base dunha unión libre de nacións
libres, como unha federación de repúblicas soviéticas nacionais.
c) É tamén con este fin que o Congreso dos Soviets insiste en poñer fin á política bárbara da
civilización burguesa, que permite aos explotadores dunhas poucas nacións elixidas para
escravizar por centos de millóns da poboación activa de Asia, das colonias, e dos países
pequenos en xeral.
d) O Congreso dos Soviets eloxia a política do Consello de Comisarios do Pobo na
proclamación da plena independencia de Finlandia, no retiro de tropas de Persia, e en
proclamar o dereito de Armenia á libre determinación.

• (5) MULLERES EN IGUALDADE DE DEREITOS, SUPRESIÓN DOS TÍTULOS NOBILIARIOS,


ADOPCIÓN DO CALENDARIO OCCIDENTAL E TRASLADO DA CAPITAL DE SAN PETESBURGO
A MOSCOVA

A chegada ao poder dos bolcheviques manifestou unha hostilidade xeralizada por parte dos países
europeos, os cales van apoiar a aqueles sectores antibolcheviques. Esta hostilidade, era o resultado
das efectivas denuncias dos bolcheviques sobre o imperialismo e os seus acordos secretos (como
foi o caso de Sykes – Picot).

37
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

“A misión civilizadora da que fala a sociedade capitalista é tan só un pretexto para


esconder a súa ansia de explotación e de conquista (...). Inimigo de toda explotación do
home polo home, defensor de todos os oprimidos sen distinción de razas, o Congreso
condena esta política de roubo e conquista, aplicación desvergonzada do dereito do
máis forte que pisa o dereito dos pobos vencidos, e comproba tamén que a política
colonial aumenta o perigo de tensións internacionais e de guerras entre os países
colonizadores”.

Resolución da IIª Internacional de Stuttgart en 1907.

Asimesmo, esta hostilidade tamén sería en gran medida, o resultado da negación por parte do
Goberno Provisional de asumir a débeda contraída polo goberno zarista para con Francia e Gran
Bretaña, na que había implicados moitos inversores privados que adquiriran débeda pública. E
porque ademais, os bolcheviques pretendían a construción dun Estado que se dicía alternativo ó
capitalismo.

Todos estes motivos, en suma, foron máis que suficientes para que as potencias occidentais
amosasen animadversión fronte o novo goberno ruso, e apoiasen a todos aqueles sectores internos
dispostos a botar ós bolcheviques do poder polo medio que fose.

Tanto foi así, que a inicios de 1918 comézase a xestar unha ampla coalición en contra do Goberno
bolchevique a pesar de que no mes de decembro este conseguira sumar un aliado que vai ingresar
no goberno de coalición durante uns poucos meses: o sector esquerdista do Partido dos Socialistas
Revolucionarios. Mais a cuestión fundamental do fracaso desta alianza xiraba en torno á cuestión
da «paz», é dicir, á cuestión do armisticio con Alemaña. Mais no mes de decembro, o Goberno
bolchevique establece un armisticio; e a partir de aí, alemáns e bolcheviques comezan a negociar
para asinar un «goberno de paz», situación par a cal Alemaña se dispoñía vantaxosa fronte Rusia.
Polo tanto, a proposta Alema xeraba un importante debate no seno gubernamental bolchevique,
definindo dúas tendencias:

 Os dispostos anegociar un tratado de paz con Alemaña aínda que iso supoña importantes custos
para o Goberno, pero logrando estabilizarse no contexto internacional e afianzando o seu poder.
Será a liña dirixida por Lenin, e será a que saia vitoriosa.

 Os que se negan a negociar un tratado de paz, propoñendo manter o esforzo bélico para non
aceptar condicións lesivas para Rusia.

Finalmente, asínase o Tratado de Brest – Litovsk (marzo 1918), polo que se poñía fin á participación
rusa na I Guerra Mundial. O Tratado foi un tratado asinado por Rusia, Alemaña, o Imperio
Austrohúngaro, Bulgaria e o Imperio Otomán na cidade de Brest- Litvosk, actual cidade de
Bielorrusia que a inicios do século XX pertencía ao imperio ruso. Con este tratado Rusia perdería
moitos territorios, aínda que grazas a el puido consolidar o seu goberno xurdido tras a revolución
de outubro e prepararse para a guerra civil rusa que se aveciñaba. Foi, en definitiva, unha cuasi –

38
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

imposición alemá que provocará a saída dos aliados esquerdistas do Goberno, que volta a ser
exclusivamente bolchevique.

O Estado de Guerra Civil e de debilidade internacional

Será entón cando os zaristas e contrarrevolucionarios emprendan a súa ofensiva contra o Goberno
Bolchevique, e haberá que ter sempre presentes as enormes dimensións do país ruso para
comprender o devir dos acontecementos.

Algúns estados intentan beneficiarse dese estado de debilidade bolchevique, un deses estados é
Polonia, que xurdira da caída zarista, e que foi apoiada por Francia para constituírse como potencia
media para limitar a expansión do comunismo en occidente. E nese contexto de guerra civil e da
intención dos polacos é tomar Kiev e agrandar os límites establecidos na Conferencia de Versalles
(a chamada «Operación Kiev», que finalmente fracasou no seu obxectivo final pero lle permitiu a
Polonia agrandar en gran medida os seus territorios iniciais) os bolcheviques dominarán unha parte
moi reducida do territorio ruso. En definitiva:
➢ Aqueles sectores militares ligados aínda aos sectores tsaristas crean unha ofensiva en contra
do poder bolchevique.
➢ Exércitos estranxeiros desembocan en distintas zonas, tanto na fronteira europea como no
extremo oriente, quedando os bolcheviques limitados a un espazo moi pequeno, Moscova,
San Petesburgo e algunhas cidades na conca do Volga.
➢ Estes apoios estranxeiros son os principais aliados de estes sectores militares
antibolcheviquista que provocará un estado de Guerra civil entre 1917 e 1921.
O exército vermello triunfa pola desunión existente no bando opositor, porque a alternativa dos
opositores ao bolcheviquismo era unha volta á época do zarismo, o que era incluso unha alternativa
peor para a poboación.

39
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Xoves 17 setembro – xoves 11 outubro (Eva P. Vidal)


Recomendación de lectura: «El Don Apacible» (M. Sholojov).

3. A construción do socialismo. Política económica do Estado Soviético.


Dende o punto de vista da política económica, podemos dividir as etapas iniciais do estado soviético
en varias fases:
➢ Comunismo de Guerra (1918 – 1921).
➢ Nova Política Económica – N.E.P. – (1921 – 1917).

Comunismo de Guerra (1918 – 1921)


Esta fase coincide plenamete co período de Guerra Civil e de intervención estranxeira. Agora, os
bolcheviques márcanse un obxectivo inmediato: o obxectivo táctico de gañar esta guerra. Isto,
permitía alcanzar «un estratéxico»: salvar a Revolución. É dicir, que consideraban que o proxecto
comunista só se mantería se saían vitoriosos da Guerra Civil. Así, toda a actividade do país iría
enfocada na liña deste único obxectivo, que implicaba un gran esforzo bélico.
O Estado vai ter nas súas mans o control de tódolos sectores e actividades económicas e comerciais,
exercendo un control exhaustivo da economía. Isto, tradúcese en:
a. Emprenndemento dunha serie de medidas que se concretan nun proceso de nacionalización
de tódalas industrias e empresas.
b. Política de confiscación da produción agrícola para abastecer con ela cidades e exército.
c. Loita contra os especuladores ou acaparadores de produtos, exercendo unha intensa
vixilancia.
d. Control de tódalas actividades comerciais a nivel tanto interior como exterior por parte do
Estado.
A pesar de todo isto, as consecuencias da Guerra Civil teñen sido moi intensas en termos humanos
e de descenso produtivo, atendendo a un cese – cando non desaparición – da actividade comercial
exterior, así como un descenso da actividade comercial interna que supuña o peche de fábricas e
de vías de comunicación, así coma unha moi elevada inflación que colocaba ó país ó borde do
colapso económico. É dicir, que Rusia ten que pagar un prezo moi elevado para vencer ós exércitos
zarista e á intervención estranxeira, desaparecendo en moitas zonas, incluso a moeda como
instrumento de intercambio, que torna ó mecanismo do troco.

“Mediante a Revolución de Outubro a clase traballadora había esperado lograr a súa


emancipación. Pero o resultado foi unha maior escravización dos seres humanos. O
poder da monarquía, co seu policía e a súa xendarmería, pasou a mans dos usurpadores
comunistas, que deron ao pobo non a liberdade senón o constante temor de ser
torturados na Checa (...).

40
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

A través do control estatal dos sindicatos encadearon aos traballadores ás súas


máquinas. (...) Ás protestas dos campesiños, expresadas en alzamentos espontáneos, e ás
dos obreiros, cuxas condicións de vida empuxáronlles á folga, responderon con
execucións en masa e un derramamiento de sangue que excede mesmo ao dos xenerais
zaristas. A Rusia dos traballadores, a primeira que levantou a vermella bandeira da
liberación, está empapada en sangue.”

Declaración dos mariñeiros sublevados de Kronstadt. 8 de marzo de 1921.

Este proceso inflacionario, afectaba sobre todo á


cidadanía do mundo urbano. E a confiscación de
produtos, afectaba esencialmente á cidadanía rural. En
1920 – 21, os bolcheviques fanse conscientes de que teñen
que modificar a súa política económica vista a
conflitividade social entre campesiños e traballadores, ao
que lle habería que sumar as tendencias separatistas en
áreas como Ucrania, e outros episodios de conflitividade
social inducidos polos sectores anarquistas. Por exemplo,
no caso ucraniano, cabe destacar ó dirixente anarquista N. Majnó, quen vai protagonizar os
enfrontamento máis importantes.
Prodúcese un cambio radical, de 360º, na política económica soviética. Se isto non tivera lugar, o
máis probable fora que o novo proxecto rematase sucumbindo ante ás dificultades.

A “Nova Política Económica” (N.E.P.) – (1917 – 1917)


Se falabamos que o comunismo de guerra supuña unha “estatalización da economía”, esta nova
política económica supuña a liberalización da economía a través da desnaciolización das pequenas
e medianas empresas. Comezan a se lle ar facilidades ó capital estranxeiro para que faga
investimentos nos sectores produtivos soviéticos. Os obxectivos fundamentais da nova política
económica serán os seguintes:

• Incremento da produció de alimentos.


• A reactivación da economía.
• A posta en marcha daquelas empresas que pecharan durante tempos da Guerra Civil.
O que pensan é que en caso de se aceptar a liberalización da economía, aparecerían esas pequenas
e medianas empresas, que traerían consigo traballo asalariado, é dicir, empresarios que
contratarían a traballadores para as súas industrias.
No campo ten lugar a fin da política confiscatoria, que é substituída por un modelo fiscal de imposto
metálico. O campesiño, vai poder dispoñer libremente das parcelas que cultiva, non podendo
vendelas. E sobre todo, o campesiñado poderá comercializar toda a súa produción no mercado. O
rural, vai ter, polo tanto, a seguridade de que canta máis produción acade, máis amplos serán os
seus beneficios, xa que os seus cultivos non van ser confiscados polo Estado na súa totalidade ou
nunha gran parte.

41
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

“Avanzamos demasiado na nacionalización do comercio e da industria, no bloqueo dos


intercambios locais. Era un erro? Certo. Podemos admitir en certa medida o libre
intercambio local, sen destruír o poder político do proletariado senón, ao contrario,
consolidándoo. (...) O campesiño pode e debe traballar con celo no seu propio interese
debido a que xa non se lle pedirán todos os seus excedentes senón soamente un imposto,
que é necesario fixar canto antes de antemán. O fundamental é que o pequeno campesiño
estea estimulado, impulsado, incitado.”

Discurso de Lenin no X Congreso. 1921.

 A que prezo vai a poder vender o campesiño esa produción?

Pois ao prezo do mercado, xa que non vai ser establecido polo Estado como comunismo de guerra
como anteriormente (no que prezos e salarios viñan determinados polo propio Estado). Mais nunha
economía liberalizadas, os prezos e os salarios van ser definidos polo propio mercado mediante o
xogo da oferta e da demanda. Isto, supuña un gran cambio no punto en que moitos países
occidentais propagaban a idea de que os bolcheviques volveran adoptar mecanismos propios da
economía capitalista ao dárense conta da inefectividade do comunismo.
a. Establécese un Banco do Estado.
b. Suprímese a limitación para posuir cartos
c. As empresas de gran dimensión son permitidas na medida en que no supoñan un lastre para
o Estado, sendo controladas por el.
d. O comercio interior e o sector financeiro continúan en mans do Estado
E no medio deste contexto, o Partido Bolchevique conta con todo o poder político nas súas mans,
de aía posibilidade de facer efectivas todas estas medidas. Sen embargo, isto non significou que
dentro do partido houbese opositores da N.E.P. que foi proposta por Lenin, quen a vía como unha
“pausa obrigada” na construción do socialismo, dadas as condicións económicas nas que quedara o
país. Non foi máis que unha solución conxuntural indefinida na que predominaron os mecanismos
propios da economía capitalista.

 En que medida a N.E.P. vai cumprir os seus obxectivos?

Vai ter bastante éxito á hora de incentivar a produción agrícola, que aumenta no país dende os
primeiros momentos, aumentando así a superficie cultivada, a produción e a gandaría. Isto, é froito
de:

⎯ Os incentivos que se lle concederan ó agricultor para que incrementase a súa produción,
permitíndolle vender a súa produción no mercado sen ningún tipo de límite por parte do
Estado.

⎯ Tamén se benefician a pequena industria e o artesanado, estimulados pola demanda e o


comercio privado.

42
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

⎯ Onde o fracaso foi máis notable foi no caso da industria pesada, en boa medida estratéxica,
que atendeu a un crecemento moito máis lento, sobre todo con motivo da falta de capitais, ao
non seren capaces os bolcheviques de atraer os capitais estranxeiros.

Evolución da superficie sementada (en miles de hectáreas) entre 1913 – 1927


Produtos Ano 1913 Ano 1925 Ano 1917
Cereais 94.400 87.300 94.700
Algodón 688 591 802
Liño 1.398 1.576 1.581
Remolacha 649 534 665
Patacas 3.064 5.023 5.426
Outros 4.801 9.276 9.190
TOTAL 105.000 104.300 112.400

Evolución do índice de produción de varios sectores industriais (1912 = 100)


Sectores Ano 1920 Ano 1922
Industria textil (lá) 36 55
Industria textil (fío) 35 72
Industria textil (algodón) 6,5 15,5
Minaría 35 30
Industria petrolífera 16 39
Industria metalúrxica 6 7

De tódolos xeitos, a N.E.P. tamén presenta algúns problemas que están vinculados especialmente ó
ámbito agrícola, xa que a properidade da agricultura favoreceu sobre todo ós campesiños máis
acomodados: os kulaks 18. Entre tanto, aqueles campesiños que dispoñían de menos fincas, víanse
obrigados a – en ocasións – vender a súa forza de traballo mediante a labor asalariada para faenar
nas propiedades dos kulaks. Mais os kulaks non constituían un apoio ideolóxico ao Partido
Bolchevique, xa que eran opostos ó proxecto socialista. E paradoxicamente, a N.E.P. beneficiou
fundamentalmente ós seus contrarios, e non ós seus máis fieis partidarios: os pequenos
campesiños.
Na cidade, pequenos comerciantes e industriais tamén se verán beneficiados desta tendecia político
– económica: os NEPmen 19 ou “homes da neve”. En moitos dos casos, os kulaks e os NEPmen poñen
en práctica todo tipo de prácticas especulativas con respecto ós prezos dos produtos agrícolas, para
reter parte da súa produción e comerciar con ela en períodos nos que o seu prezo fose máis elevado.

18
Os kulaks ou kulakí eran os agricultores da Rusia zarista que posuían terras e contrataban traballadores.
Posteriormente o termo utilizouse para designar a todos os propietarios agrícolas condenados por opoñerse ás
colectivizacións.
19
Os NEPmen eran homes de negocios na nova Unión Soviética que aproveitaron as oportunidades para o comercio
privado e a manufactura a pequena escala que ofrece a Nova Política Económica ( NEP, 1921-1928).
43
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

En conclusión, estes dous grupos sociais, que teñen un importante poder económico e que son
hostís ó socialismo, vanse ver realmente beneficiados. E polo contrario, os campesiños pobres e os
traballadores que loitaran pola Revolución, son os menos favorecidos.
Estes feitos orixinaron intesos debates dentro do Partido, e que se viron acentuados en 1924 cando
no mes de xaneiro falecía Lenin. Imos asistir entón a unha loita polo poder dentro do Partido
Bolchevique e dentro do Partido Soviético, tanto con respecto a cuestións políticas como
económicas.
A N.E.P. é cuestionada por moitos sectores, que incluso
plantexan o seu abandono e posterior adopción doutra
política económica. Estámonos a referir moi especialmente
ó debate entre Trotsky (dta.) e Stalin (esq.). Trotsky eríxese
no abandeirado das tendencias da «Revolución
permanente» 20 , tentando que a Revolución triunfase
noutros países que ademais sumarían apoios ó comunismo
ruso. Pola outra banda, Stalin falaba de que o contexto
internacional non favorecía a construción do socialismo, e que por iso a prioridade era máis interna
ca externa, e polo tanto, a prioridade era a construción do socialismo en Rusia.
En definitiva, estamos ante dúas formas de comprender o proceso revolucionario, e os militantes
apoiarán a un ou outro líder, agrupándose en distintos sectores dentro do Partido. Stalin será quen
acade maiores apoios, e Trotsky é expulsado da Unión Soviética. Agora, Stalin atópase con “carta
branca” para realizas as súas propias accións políticas.

20
Revolución permanente é un termo teórico do trotkismo, usado por León Trotski, con quen está máis comunmente
asociado o termo ao escribir, en 1929, o libro A revolución permanente e que fose publicado ao ano seguinte en Berlín
pola Oposición de Esquerda. Tradicionalmente esta teoría contraponse á teoría de Iósif Stalin do socialismo nun só país.
Segundo a concepción trotskista da revolución permanente, a burguesía contemporánea dos países subdesarrollados
é incapaz de levar a cabo a revolución democrático-burguesa debido a algúns factores como a súa debilidade histórica
e a súa dependencia do capital imperialista. Por tanto, é o proletariado o que debe conducir á nación cara á revolución,
empezando polas tarefas democráticas e continuando polas socialistas. Ademais, a revolución non pode limitarse a
unha nación concreta, senón que debe ser internacionalizada, porque só sobrevivirá se triunfa nos países máis
avanzados.
44
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Planificación centralizada (1928)

Despois da instauración de Stalin no poder, este orixina unha criba no interior do Partido ca fin de
“eliminar” aqueles dirixentes contrarios ás súas propsotas. Estámonos a referir, especialmente, ós
anos trinta, e debemos mencionar a afectados como (de esq. A dta.) Kamenev 21 , Zinoviev 22 ,
Bujarin23 ou Tomsky24. Estas medidas afectarán tanto ós compoñentes do Partido Comunista da
Unión Soviética (PCUS) como a aqueles que non militaban. Por exemplo: os «Procesos de Moscova».

A Gran Purga , aínda que máis comunmente coñecida na Rusia actual como Gran terror, foi o
nome dado á serie de campañas de represión e persecución políticas levadas a cabo na Unión
Soviética no final da década de 1930. Centos de miles de membros do Partido Comunista
Soviético, socialistas, anarquistas e opositores foron perseguidos ou vixiados pola policía; ademais,
levaron a cabo xuízos públicos, enviouse por centos de miles a campos de concentración gulags e
outros foron executados. A campaña de represión desatada na Unión Soviética foi crucial para
consolidar no poder a Iósif Stalin.

En torno a 1927 – 1928, Stalin xa declaraba obsoleta a N.E.P., optando pola instauración dunha nova
política económica: a Planificación Centralizada. Isto supuña un xiro de 360 graos na política
practicada ata o momento. E a súa implantación coince coa instauración de Stalin no poder tralas
desputas con Trotsky, e polo tanto, o proxecto do triunfo socialista en Rusia nun contexto de forte
oposición e hostilidade estranxeiras.

21
Lev Borísovich Kámenev foi un revolucionario bolxevique e un destacado político soviético, ademais foi un veterano
membro do Politburó. Foi o primeiro xefe de Estado do Estado soviético ruso, precursor da futura URSS, entre o 9 e o
21 de novembro de 1917.
22
Grigori Yevséievich Zinóviev, foi un dos dirixentes bolxeviques máis destacados durante a Revolución de Outubro
de 1917, e un importante membro do Politburó. Presidente do Comintern e un dos principais competidores de Stalin
polo control do Partido Comunista da Unión Soviética tras a morte de Lenin, cando formou o triunvirato directivo do
Estado xunto a Iósif Stalin e Lev Kámenev. O 25 de agosto de 1936 morreu executado xunto a Kámenev por acusación
de oposición a Stalin.
23
Nikolái Ivánovich Bujarin, foi o principal ideólogo da Nova Política Económica durante a década de 1920, opúxose á
colectivización agrícola forzada. Tras colaborar con Stalin na derrota da Oposición Unificada, foi apartado do poder por
leste en 1929. Reapareceu en cargos menores a mediados da década seguinte antes de ser vítima da Gran Purga, morreu
executado en 1938.
24
Mijaíl Pávlovich Tomski foi un sindicalista e revolucionario bolxevique. Foi o máximo dirixente do Consello Central
de Sindicatos de Rusia entre 1918 e 1929.
45
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Mais, cal foi o obxectivo da Planificación Centralizada? Pois o fundamental era acadar a
industrialización acelerada da nación, e con elo, garantir a «viabilidade do socialismo». A
«viabilididade do socialismo» debía ser a “gran guía” para conseguir a independencia nacional e
continuar a Revolución. E así mesmo, implicou toda unha serie de obxectivos tácticos e estratéxicos
que se perfilarán á hora de establecer a política económica planificada.
No ano 1920, xa se puxera en marcha o Plan de Electrificación (Goelru), apuntado como precedente
desta nova tendencia económica.
Mais opción da Planificación Centralizada supoñía, ademais, que desbotaran as leis da oferta e a
demanda. Así, o Estado viña a ocupar o espazo que ata entón ocupara o mercado, é dicir: a
economía non se ía someter ás leis do mercado, senón que estaría administrada polas autoridades
e institucións estatais. O que implicou:
a. Estatalización de tódolos sectores produtivos, incluído o comercio a pequena escala. Dito
doustro xeito: é a fin da iniciativa privada no ámbito económico, que fora un elemento clave
en tempos da N.E.P.

b. Constitución dun Consello Supremo de Economía Nacional, que vai ser o que determine os
obxectivos principais da planificación. Todas as medidas xorden en Moscova, e son
imperativas; é dicir, que todos teñen a obrigación de cumprir co establecido no plan

c. Constitúese un comité específico, o Gosplan, que determinaría os obxectivos produtivos de


tódolos sectores (o que debe producir cada sector). Isto implicou a construción dun enorme
aparato burocrático administrativo, que ás veces non dispuxo moito coñecemento de causa
con respecto ó consumo, a produción, os prezos, os salarios e o investimento necesario para
cada sector. Polo tanto, as empresas apenas van ter autonomía ou capacidade decisoria sobre
os obxectivos produtivos. A nivel global, esa planificación tería dous granes obxectivos: (1) a
consecución da industrialización acelerada, e (2) a colectivización da agricultura.
En suma, a adopción da Planificación Organizada, igual que supuña a desaparición da iniciativa
privada no sector industrial, implicou tamén a eliminación dos kulaks como grupo social.

 O primeiro plan (1928 – 1932):

O primeiro plan quinquenal constitiu en fixar como obxectivo a duplicación da produción industrial
en tódolos sectores, pero máis en especial na industria pesada. Agricultura e industria lixeira,
quedan relegadas a un segundo plano en favor da tendencia ós grandes complexos industriais con
naves con miles de traballadores, sobre todo nos sectores siderúrxico e mineiro. E efectivamente,
foi sobre todo neste ámbito – siderúrxico e mineiro – onde se recolleron os éxitos máis importantes,
chegando a acadar os obxectivos da planificación.
Mais como viñamos dicindo, non foi o caso da industria lixeira nin da agricultura, onde os
crecementos foron moito menores do previsto. Nisto influíu a ausencia dunha man de obra
cualificada, a deficiente inversión, as dificultades de transporte e os sucesivos anos de malas
colleitas.

46
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

 O segundo plan (1933 – 1937):

Os obxectivos establecidos neste segundo plan son máis equilibrados, non potenciando
primordialmente a industria pesada, mais continuando coa concesión prioritaria ós sectores
estratéxicos en medio dun contexto económico con maior capacidade e polo tanto de esforzo no
investimento.
Destacan as actuacións agrícolas, modificando por completo a estrutura produtiva agrícola
soviética. A medida da colectivización forzosa e en moitos casos vía violenta, eliminou toda forma
de propiedade privada, incautando as fincas dos
kulaks e candeándoos ata a súa desaparición
como grupo socioeconómico.
Xa en 1936, estaba practicamente colectivizada
a integridade da agricultura soviética. E a partir
de entón, a actividade agrícola vaise basear en
dous tipos de explotación esenciais: os koljoses
(‘granxas colectivas’) e os sovjoses (‘granxas
soviéticas’).

⎯ Koljoz: configuración dunha cooperativa agrícola que non pertence ao Estado. Posúa os seus
propios medios de produción, a maquinaria, e o produto final, que é vendido ó Estado ou a
outras cooperativas dentro do que se chamou o «mercado koljosiano». Isto significaba que os
traballadores do koljoz non son asalariados do Estado, xa que reciben unha parte dos
beneficios xerados polo mesmo en función da súa aportación (é dicir, do traballo realizado nel).
Mais «mercado koljosiano» non está liberalizado, senón que os prezos son controlados polo
Estado. A meirande parte a agricultura soviética dependía destas cooperativas, e os seus
membros podían contar cunha pequena parcela dentro da súa casa ó xeito de economía
auxiliar, é dicir, para o autoconsumo ou o troco con outros membros do koljoz.
⎯ Sovjoz: explotación agrícola moi extensa (entre 8.000 e 10.000 hectáreas) na que traballan
obreiros asalariados do Estado. É unha granxa estatal altamente mecanizada na que os
laboradores, por asalariados, perciben un salario mensual.

A evolución da colectivización
Data Núm. de koljoses Núm. de fogares Núm. de persoas
01/10/1926 17.874 217.200 868.800
01/10/1927 18.840 286.100 1.185.900
01/10/1928 38.139 595.500 2.534.700
01/06/1929 60.282 1.094.300 4.814.800

En canto á industria, atendemos á fabricación de avións, de automóbiles e de maquinaria agrícola.


Ademais, agora é cando se aprecia o fenómeno de desprazamento industrial dende o occidente ruso
de cara ó interior do país (Siberia e máis aló).

47
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Avánzase nas comunicacións das distintas áreas nacionais con diferentes vías, e non soamente
mediante o tren, senón a través da construción de enormes canais navegables como o do Volga,
que vai facilitar o comercio a distancia no país.

Dende o punto de vista propagandístico, a URSS foi o único


país que non se viu afectado pola gran crise do 29, mostrando
deste xeito, que o seu sistema era “inmune” ás crises cíclicas
propias do capitalismo. Desenvólvese o culto á personalidade
de Stalin, cada vez máis evidente na publicidade, que vai
parella ó proceso de industrialización e construción do
socialismo e do Estado Soviético.

 O terceiro plan (1938):

O terceiro plan vese interrompido polo ataque da Alemaña nazi á URSS. É o momento en que a
industrialización nacional xa era un feito consumado tras sentar as bases para superar o illamento
internacional e os posibles ataques grazas á súa independencia político – económica (de feito, a
diversificación industral e o autoabastecemento permitiu que a URSS se erixise, en tanto dalgúns
produtos específicos, nos primeiros postos da economía mundial). Gran parte dos gastos – ademais
de na agricultura e na industria – foron reparar no ámbito militar nun momento de esforzo bélico a
nivel europea nos intres previos á II Guerra Mundial.
Aqueles campesiños que se opoñían á política da coletivización foron enviados ós gulags, así como
tamén a poboación común considerada opositora, e deste xeito, contribuíron, en definitiva, a ese
esforzo bélico da industrialización mediante traballos forzosos e construción de gran parte das vías
de comuniación.

Lecturas recomendadas: El gran miedo (James Harris) e El Stalin desconocido (Medveden).

48
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

4. Balance final da Revolución Rusa.


En suma, nos vinte anos transcorridos entre 1919 e 1938, o país experimentou enormes cambios:

• Dende o punto de vista político – económico:


⎯ Paso dunha Monarquía absoluta a un réxime comunista.
⎯ Cambio na condición da poboación, de “súbditos” a “cidadáns”.
⎯ Transición dunha sociedade fundamentalmente agraria a unha sociedade industrial.
⎯ Da anterior preponderancia da Igrexa ortodoxa, transítase á división entre Igrexa e Estado.

• Dende o punto de vista económico – social: atenúanse as enormes diferenzas sociais e


desaparecen moitos privilexios de clase pertencentes á aristocracia e á ala burguesía, agora
inexistentes como grupo social.

• Dende o punto de vista cultural: aparecen artistas de vangarda.


Por exemplo, na cinematografía temos a Esenstein, Pudovkin, ou
Vertov; na escrita a Mayakovsky, Ehrenburg, Pasternak ou Babel;
e na pintura, contamos con Kandisky, Goncharov e Larionovh, así
como tamén cabe destacar o «construtivismo soviético» 25 de
Tatlin. En definitiva, foi unha etapa cultural dourada, viva e fértil
na que primaron grandes campañas de alfabetización. O poder
soviético vai ir orientado ós artistas, xerando un arte socialista
propio: o «realismo socialista». É unha arta do “novo proletariado
e campesiñado” que retrata o éxito do poder soviético. En canto
á música, cabe mencionar a Stravinsky.

* Imaxe: exemplo de construtivismo ruso.

Xunto con todo o anterior, tamén cabe destacar:

• UNHA SOCIEDADE MÁIS CONTROLADA E UNIFORMIZADA.


⎯ O gran control sobre os sindicatos a fin de suprimir a conflitividade social.
⎯ Os grandes custos que trouxo consigo o proceso de colectivización, no que viña implícito
o envío dos “inimigos do Estado” ós campos de traballo forzoso (gulags).
⎯ Luces e sombras dun proceso que se deixa institucionalizar nos anos 20; e que nos anos
30 xa se atopa nun ámbito ditatorial.
• O discurso igualitarista de cara o emprego masivo de man de obra feminina, pero xunto co
incremento da burocracia ou funcionariado estatal (Nomenklatura) despois da posta en marcha
dos plans quinquenais.

25
O constructivismo é un movemento artístico e arquitectónico que xurdiu en Rusia en 1914 e fíxose especialmente
presente despois da Revolución de Outubro. O termo construction art ("arte para construción") foi utilizado por
primeira vez, de maneira despectiva, por Kasimir Malévich para describir o traballo de Aleksandr Ródchenko en 1917.
49
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

• Na política exterior, apréciase un intento de construción de vínculos diplomáticos con países do


seu entorno inmediato.
⎯ Xa en torno a 1900 – 21 establécense pactos de amizade en colaboración con nacións como
Turquía, Irán ou Afganistán. Máis difícil vai ser definir relacións coa área occidental – agás
Alemaña, tamén condenada polas potencias internacionais –.
⎯ En 1922, establécese un vínculo con Alemaña vía Tratado de Rapallo 26 , no que ambos
Estados, condenaos ó ostracismo internacional, deciden aliarse. Mediante este pacto,
ambos países pretendían superar ese illamento ao que estaban sendo sometidos polas
demais potencias mundiais. E de aquí, a URSS vai acadar certas vantaxes comerciais,
mentres Alemaña se vía beneficiada ó evitar algunhas das imposicións que lle foran esixidas
tras Versalles. O tratado permanece en vigor ata 1933 – 34, é dicir, ata a chegada do nazismo
á política de Estado alemá.
⎯ Mais a situación tamén comezara a mutar nos países occidentais a mediados dos anos vinte,
cando o triunfo da coalición socialista francesa e do Partido Laborista británico, se xeraron
azos que consideraron á URSS unha entidade de dereito internacional. Xa en 1933, coa
chegada de Roosevelt á presidencia norteamericana, a URSS é oficialmente recoñecida a
nivel internacional. E en 1934, Rusia ingresa na Sociedade de Nacións e establece pactos de
axuda mutua con Francia e con Checoslovaquia.

⎯ A partir de 1936, a URSS vai apoiar ó goberno da II República Española; e en 1938, inícianse
as conversacións entre Francia, Gran Bretaña e a URSS para establecer un pacto ante a cada
vez máis ameazante política exterior nacionalsocialsita.

En definitiva, dalgún xeito, o proceso de institucionalización ou afianzamento dos bolcheviques no


poder vai ser unha evidencia xa dende os anos vinte, o que facilitou o coñecemento mutuo entre a
URSS e as nacións occidentais. Mais isto non implicou que non persistira unha profunda
desconfianza entre os distintos polos, e de feito vai impedir o establecemento dunha política de
seguridade colectiva eficaz de cara a oposición do expansionismo nazi, derivando así no que será a
II Guerra Mundial. Tal desconfianza e desacordo foi, sen dúbida, aproveitada pola diplomacia alemá
para o cumprimento dos seus propios obxectivos.

26
O Tratado de Rapallo foi un tratado de amizade e cooperación entre a RSFS de Rusia e Alemaña, asinado na localidade
italiana de Rapallo respectivamente por Georgi Chicherin, ministro de Relacións Exteriores da Unión Soviética e
Walther Rathenau, ministro alemán de Relacións Exteriores, o 16 de abril de 1922.
50
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Tema 3 A crise das democracias parlamentarias

Introdución:
En 1918 daba a impresión de que o triunfo da Entente significaba, en definitiva, o triunfo da
liberdade e da democracia. Todo facía pensar que unha vez fosen eliminados os vellos imperios,
como o Austrohúngaro (“cárcere de pobos”), tería lugar a expansión da democracia como forma de
goberno neses territorios. Sen embargo, o sucedido foi algo ben distinto, sendo, no seu lugar, o
autoritarismo o modelo sociopolítico triunfante.
En definitiva, a consolidación destes sistemas ditatoriais ou totalitarios van a conlevar nun último
extremo ó enfrontamento coas democracias e ó estalido da II Guerra Mundial apenas vinte anos
despois de que finalizase a primeira. Naqueles países de tradición máis democrática, como os PPBB,
Francia ou Gran Bretaña, van a sufrir crises con motivo dos problemas económicos e o xurdimento
de partidos fascistas que tiñan como obxectivo principal rematar coa estrutura democrática. É certo
que alí non van prosperar, pero si o farán noutras zonas de Europa.
De 1918 a 1939 vemos como a democracia vai sufrir unha crise con altibaixos en determinados
momentos, que se acentúa dende 1929 coa crise económica mundial. Neses anos aparecen dous
sistemas de goberno alternativos á democracia: o sistema socialista na URSS, e o modelo fascista
en Italia.
Ao mesmo tempo existe unha identificación entre o sistema económico liberal coa forma política
da democracia. Esta identificación fai que cando a economía atravesa unha crise, a
“responsabilidade” recaia sobre a mala marcha do sistema político. De tal xeito, que esas crises van
ser o contexto máis adecuado no que os partidos fascistas ou autoritarios leven a cabo a súa
propagando, e que en moitos casos, acaden importantes éxitos electorais. Son os casos da Italia de
comezos dos anos vinte e da Alemaña dos primeiros anos trinta.
Os partidos fascistas, declaraban abertamente as itencións da supresión dos parlamentos
democráticos, a instauración de executivos moi fortes, unha manifestación nacionalista exacerbada
e unha profunda intolerancia a partidos de ideoloxías distintas ás súas. Estes movementos teñen
máis audiencia en determinados países, non só pola propia tradición democrática, senón polas
políticas que acontecen nos mesmos.
Dende a outra cara da moeda, despois da I Guerra Mundial, nos países nórdicos e occidentais danse
políticas de carácter social acentuado, tratando de integrar no mundo político á meirande parte dos
cidadáns, tamén integrando o movemento sindical, a través de acordos que paliaban a difícil
situación que vivían as clases máis desfavorecidas. Sen embargo, noutros países, isto non foi posible
por causas tales como a falta de tradición ou investimento, polo que se irán deslizando
paulatinamente cara formas de goberno ditatoriais.

1. Francia.
No caso de Francia temos que partir do feito de que foi un dos países que máis sufriu durante a I
Guerra Mundial. É un país moi debilitado en 1918, e que se ten que enfrontar a grandes problemas,
sobre todo de tipo económico.
51
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Entre 1919 e 1939 o sistema democrático francés caracterízase pola alternancia no poder de
distintos partidos políticos, mais podemos destacar como elemento importante a chegada dos
socialistas.

 SUCESIÓN NO GOBERNO FRANCÉS ENTRE 1919 – 1939


• GOBERNO BLOQUE NACIONAL. Dereita republicana e radicais.
1919 -
1924
• Poincaré.

• COALICIÓN RADICAL - SOCIALISTA.


1924 -
1926
• E. Herriot.

• GOBERNO UNIÓN NACIONAL. Dereita e radicais.


1926 -
1932
• Poncaré e Chautemps.

• COALICIÓN RADICAL - SOCIALISTA.


1932 -
1934
• E. Herriot.

• GOBERNO UNÓN NACIONAL. Dereita e radicais.


1934 -
1936
• Gastón Doumergue.

• FRONTE POPULAR.
1936 -
1938
• L. Blum.

• COALICIÓN DEREITA E RADICAIS.


1938 -
1940
• E. Daladier.

O primeiro goberno que se instaura é o do «Bloque


Nacional» (1919 – 1924), unha coalición de partidos
de dereita republicana e radicais encabezada por
Poincaré, e que vai facer fincapé na necesidade que
ten Francia de percibir as indemnizacións de guerra
de Alemaña. Para Francia, isto era fundamental para
facerlle fronte á débeda externa. Fiábase o éxito da
política económica ao pago desta indemnización, o
que fracasou estrepitosamente, xa que Alemaña nun
momento determinado vai deixar de cumprir esa
responsabilidade para con Francia. Este feito tamén
afectará a outros países.
En 1923, Alemaña deixa de pagar estas indemnizacións. Francia neste momento reclama a débeda
en especie, ocupando militarmente e explotando economicamente a conca do Ruhr (1923 – 25). Así
é como vai aumentar a inestabilidade política en Alemaña, respondendo á ocupación cunha folga

52
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

xeral. Será entón cando EE.UU. adopte un plan de axuda a Alemaña para que esta poida facer fronte
ao pago das indemnizacións: o Plan Dawes27, desocupando o Ruhr Francia e Bélxica.

A escisión do Partido Socialista dá lugar ó P.C.F. (Partido Comunista Francés).


Ó respecto temos que falar dun Goberno de coalición radical – socialista
liderado por E. Herriot (1924 – 26)28:

• Non logra recuperar economicamente ó país.


• Aumenta a débeda.
E. HERRIOT • Crece a inflación.

Ese fracaso fai que despois de dous anos, se forme un goberno de «Unión
Nacional» (1926 – 1932), formado pola dereita e radicais, outra vez ao mando
de Poincaré.

• Busca estabilizar a moeda para evitar a inflación devaluándoa.


• Pretensións por reducir o gasto público e aumentar os impostos.
R. POINCARÉ • Estabiliza a economía e crea certa prosperidade vía expansión industrial.

Mais co crac de 1929 na bolsa de Nova York, a comezos dos 30 a economía francesa vese moi
afectada, xerando un novo periodo de inestabilidade política.

A partir de entón, teñen lugar sucesións de gobernos cada dous anos, que non
logran asentarse, como foi o caso da «Fronte Popular» en 1936, presidida por
L. Blum29, e que vai levar a cabo un gran traballo no ámbito social.

• O éxito máis importante son os chamados Acordos de Matignon, que


supoñían o establecemento de pactos entre sindicatos, o capital e o
goberno; o que leva consigo unha diminución da conflitividade social, un
L. BLUM
incremento salarial, o establecement legal da semana laboral de 40 horas e
as vacacións pagadas.

27
Denomínase Plan Dawes ao programa establecido en 1924, baixo o auspicio dos Estados Unidos para conseguir que
os aliados vencedores da Primeira Guerra Mundial (sobre todo Gran Bretaña, Francia, e EE. UU.) conseguisen as súas
reparacións de guerra establecidas no Tratado de Versalles, mentres á vez buscábase estabilizar a economía de Alemaña
e evitarlle maiores prexuízos como resultado dos devanditos pagos. Charles G. Dawes, presidente da comisión
encargada de reexaminar as reparacións de guerra do Tratado de Versalles e por cuxos traballos lle outorgaron en
1925, o premio Nobel da Paz.
28
Édouard Herriot (1872-1957) foi un político e escritor francés, xefe de goberno en tres ocasiones durante a Terceira
República.
29
Léon Blum (1872- 1950) foi un político socialista francés. Foi un dos líderes do Partido Socialista Unificado - Sección
Francesa da Internacional Obreira ( PSU - SFIO) e Presidente do Consello de Ministros, desempeñando o papel de
Primeiro Ministro en dúas ocasións, de 1936 ata a súa dimisión en xuño de 1937, e novamente de marzo a abril de 1938
como xefe do goberno da Fronte Popular francés. As súas reformas representaron importantes avances sociais
(vacacións pagas, participación da muller no goberno, redución da xornada de traballo, entre outras) e hoxe en día é
considerado como unha das grandes figuras do socialismo francés.
53
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

• Pola contra, foi incapaz de estabilizar a situación


económica, moi afectada polo impacto da crise de
1929.
• Ademais a coalición tivera que facerlle fronte a
situacións complicadas da política internacional,
como a Guerra Civil Española, habendo grandes
diverxencias existentes ó respecto entre os
partidos da coalición: uns buscaban apoiar a
Azaña, mentres que outros apostaban pola non
colaboración.

En 1938 os radicais abandonan a coalición e establecen un


goberno cos conservadores, con E. Daladier30 ao fronte.
Gobernan ata 1940, facendo fronte ó estalido da II Guerra
Mundial.

2. Gran Bretaña.
Unha situación similar se produce en Gran Bretaña, onde tamén van a acceder ao poder os
Laboristas, despois da tradicional alternancia entre tories e wigs. Serán, en esencia, gobernos de
coalición nacional no que están presentes os tres partidos políticos máis importantes. Todo isto
vaise desenvolver en medio dun clima social moi tenso, con grandes cambios no ámbito político e
social.
Os Partidos Conservador e Liberal téñense que adaptar a unha nova situación na que o Partido
Laborista vai a chegar por primeira vez ao poder en 1924, con R. Mac Donald, e de novo en 1929
(repetindo este o mando da presidencia).

30
Édouard Daladier foi un político francés, deputado polo Partido radical socialista de Vaucluse, ministro e xefe do
goberno francés a comezos da Segunda Guerra Mundial.
54
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

As mulleres xogaron un papel cada vez máis importante non só dende o punto de vista económico,
senón tamén no político. No 1928 conseguen o dereito ao voto e dende o 1931 van a comezar a
participar na vida política, o que vai a transformar profundamente á sociedade inglesa.

 SUCESIÓN NO GOBERNO BRITÁNICO ENTRE 1919 – 1940


• GOBERNOS DE COALICIÓN CONSERVADORES E LIBERAIS.
1919 - 1922 • Lloyd George.

• GOBERNOS CONSERVADORES.
1922 - 1924 • B. Law (1922 - 23) e S. Baldwin (1923 - 24).

• GOBERNO DE COALICIÓN LABORISTA E LIBERAL.


1924 • R. Mac Donald.

• ETAPA CONSERVADORA.
1924 - 1929 • S. Baldwin.

• GOBERNO LABORISTA.
1929 - 1931 • R. Mac Donald.

• GOBERNOS DE UNIDADE NACIONAL.


1931 - 1940 • R. Mac Donald (1931 - 1935), S. Baldwin (1935 - 1937) e N. Chamberlain (1937 - 1940).

Pero tamén mutaran outras cuestións, Gran Bretaña xa non sería a gran potencia mundial que fora
nun pasado, e son agora, EE.UU. e Xapón as que se atopan en plano auxe. Así, o novo contexto para
Gran Bretaña confórmase da seguinte maneira:

 A súa moeda ten que competir con outras con gran forza, como o dólar.
 Perda de peso como país a nivel mundial, e que está presente dalgún xeito a nivel interno, xa
que é unha nación na que a conflitividade social vai en ascenso, tendo a súa máxima
expresión na folga xeral de 1926, cunha gran mobilización dos traballadores e sindicatos.
Encabeza e lidera a folga o sector mineiro. Nesa folga, non obstante, triunfan as posicións do
goberno e da patronal, e nese enfrontamento ó goberno impón una limitación da
convocatoria de folgas e ó aumento salarial. Pero ao mesmo tempo aproba unha serie de
políticas sociais, como a aprobación dos subsidios de desemprego.

2.1. A cuestión da independencia de Irlanda.


Un problema que estaba moi próximo era a cuestión de Irlanda, que culmina coa creación dun
Estado irlandés independente, a excepción duns condados do norte na zona de Belfast que
continúan en mans inglesas. A ocupación efectiva da illa, tivera lugar no século XVI, e fora tratada
igualmente que unha colonia, provocando un movemento nacionalista moi forte, encabezado por

55
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

De Valera 31 . Aproveitando a situación de 1918, Irlanda consegue a súa


independencia en 1921, despois da sucesión de acontecementos
dramáticos e enfrontamentos moi tensos co ocupante inglés, como os de
Dublín en 1919.
Finalmente, Gran Bretaña non ten outra saída que aceptar a
independencia de Irlanda en 1921, salvo eses cinco condados do norte de
maioría protestante partidarios de seguir permanecendo á metrópole.
Mais foi unha zona que continuou sendo un foco de conflito despois de
E. DE VALERA 1945, e moi especialmente nos anos 60.

2.2. A cuestión colonial.


Outro dos problemas de Gran Bretaña é a cuestión colonial, onde se van producir certos cambios.

• Aqueles antigos dominios británicos que foran poboados por continxentes brancos e
administrados por estes, van conseguir a súa independencia nestes anos 20. Son Sudáfrica,
Australia ou Nova Zelanda, no ano 1931, co Estatuto de Westminster32.

• A monarquía inglesa vai seguir figurando como xefe de


estado a efectos meramente simbólicos.

• Nas outras colonias establécese a «Commonwealth»33.


E na medida que concede certa autonomía, Gran
Bretaña mantén a súa presenza neste ámbito colonial.
Os franceses seguen este modelo coa «Comunidade
Francesa», aínda que con maior autonomía.
x
Gran Bretaña atópase cun sistema de acreditada solvencia democrática, que a pesar dos problemas
políticos segue sendo un sistema enormemente estable. En moitos casos vanse crear gobernos de

31
Éamon de Valera (1882–1975) foi unha das figuras políticas dominantes de Irlanda no século XX. Líder importante
na independencia de Irlanda do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e na oposición ao Tratado Anglo-Irlandés que
desatou a guerra civil irlandesa, De Valera foi o autor da Constitución de Irlanda.
32
O Estatuto de Westminster de 1931 é unha Acta do Parlamento do Reino Unido (do 11 de decembro de 1931) que
estableceu un status de igualdade lexislativa entre os dominios auto-gobernados do Imperio Británico e o Reino Unido.
33
A organización ten as súas orixes na Conferencia Imperial de 1930, cando o goberno británico recoñeceu certos
dereitos de autodeterminación das súas colonias e iniciou os traballos que culminaron co Estatuto de Westminster en
1931, e que deron orixe á Mancomunidade (nese entón consistente nun puñado de ex colonias aínda leais á monarquía).
Actualmente, a Mancomunidade de Nacións, é unha organización composta por 53 países soberanos independentes e
semiindependientes que, coa excepción de Mozambique e Ruanda, comparten lazos históricos co Reino Unido. O seu
principal obxectivo é a cooperación internacional no ámbito político e económico, e desde 1950 a pertenza a ela non
implica submisión algunha á Coroa británica, aínda que se respecta a figura da Raíña do Reino Unido. Co ingreso de
Mozambique, a organización favoreceu o termo Mancomunidade de Nacións para subliñar o seu carácter
internacionalista. Con todo, o adxectivo británico séguese utilizando con frecuencia para diferenciala doutras
mancomunidades existentes a nivel internacional.A raíña Isabel II do Reino Unido é a cabeza da organización, segundo
os principios da Mancomunidade, «símbolo da libre asociación dos seus membros».
56
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

unidade nacional, onde se encontran integrados tódolos partidos máis sobresaíntes. E co goberno
de Neville Chamberlain (1937 – 40) Gran Bretaña ingresa na II Guerra Mundial.

3. Alemaña. Do II Imperio á República de Weimar.

De Guillerme II a F. Ebert:
No armisticio de 1918 están moitas das claves
que nos axudarán entender a situación en
Alemaña no período de entreguerras. No 1918,
os altos mandos militares vólvense conscientes
da imposibilidade de que Alemaña saia
vitoriosa do conflito. Entre eles están
Hindenbur ou Ludendorff, falando de setembro
– agosto de 1918. Estes comunícanlle ao kaiser
que o exército non está en condicións de gañar
o conflito e que nesa tesitura o máis intelixente
GUILLERME II F. EBERT
sería tratar de buscar un “alto ao fogo”, un
armisticio ou un acordo de paz cos aliados (Armisticio de Compiegne, 11 novembro 1918). A fronte
do este fora liquidada, pero na fronte occidental os xerais alemáns víanse incapaces de conseguir a
vitoria, e plantéxanse esa posibilidade sobre a base dos 14 puntos que anunciara Wilson a comezos
do século XX.
A principios do mes de outubro, o o kaiser nomeara un novo xefe de goberno, o Príncipe Max von
Baden, entre tanto a situación a nivel interno tamén se fora empeorando cunha gran axitación
social, folgas, manifestacións, etc., que tamén se foi trasladando ao exército. E nese contexto, o 4
de novembro sublévanse os mariñeiros da frota que estaba concentrada na cidade do norte de
Alemaña báltica: Kiel. Isto foi seguido por pronunciamentos similares nas outras guarnicións
militares ao longo e ancho do país. Os soldados, apoiados tamén polos traballadores constitúen os
chamados «Consellos Revolucionarios», que adoptan unha serie de medidas para conseguir os seus
posicionamentos. O 9 de novembro, e ante a imposibilidade de frear ao exército, Guillerme II decide
abdicar e abandonar o país, producíndose a caída da monarquía alemá.
Deste modo o poder vai pasar ás mans do Partido Socialdemócrata Alemán, un dos máis
importantes do parlamento. Vai ser o seu presidente, F. Ebert, o que asuma o cargo de chanceler,
dándolle garantías aos militares de que a sublevación dos mariñeiros, soldados e traballadores non
ía implicar a instauración dun goberno como o que se instaurara en Rusia.

A República de Weimar (1918 – 1933):


En todo caso, a chegada de F. Ebert ao poder significa a fin da monarquía e instauración dun novo
goberno, que será o que deberá firmar a paz coas potencias aliadas. Iniciábase así unha nova etapa
que vamos a coñecer co nome de REPÚBLICA DE WEIMAR (1918 – 1933), cidade onde se vai aprobar
a nova Constitución do Estado. O día 10 de novembro, xa está constituído o Goberno, e polo tanto,
tamén instaurada a república, e o día 11, este goberno de Ebert será obrigado polos aliados a firmar
o chamado Armisticio de Compiegne.
57
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Os aliados vanlle impoñer a Alemaña un


armisticio e un Tratado de Versalles que nada
tiña que ver cos 14 puntos Wilson. Senón que se
tratou dun armisticio imposto polos vencedores
a un vencio. Tanto o alto mando alemán e os
sectores ultranacionalistas, van considerar que
o goberno de Ebert traizoara a Alemaña na
firma do armisticio, acusándoo a el e ó seu
goberno socialdemócrata de propiciar unha
puñalada polas costas ó exército almán, que
non fora vencido no campo de batalla senón
mediante esta “traizón”.
En definitiva, a culpa de todo o que ocorrera, caía diretamente sobre os dirixentes do Partido
Socialdemócrata Alemán que ocuparan o poder en novembro de 1920. E de feito, en moitos dos
seus discursos, Hitler aludía a esta traizón.
Recomendación de lectura: Burgueses y soldados, Alfred Döblin
Destacamos a postura dos líderes da esquerda socialdemócrata, como Rosa
Luxemburgo (enriba) e K. Liebknecht (enbaixo), que abandonan o partido e se
integran no movemento espartaquista que vai crear o Partido Comunista
Alemán. En xaneiro de 1919 crean unha Folga Xeral para conseguir a chegada
dos traballadores ao poder, pero fracasan ao ser sofocados polo goberno.
O goberno de Ebert contaba con grupos paramilitares, freikorps, de soldados
desmobilizados polo armisticio que afundirán a mobilización dos sublevados
comunistas. Polo tanto de algún modo Ebert cumpría con aquela promesa feita
aos militares, a de non impulsar un sistema de tipo soviético, mantendo as
institucións ata entón existentes en Alemaña. Eliminaba así, esa oposición de
esquerdas que aparecera naquel momento con bastante forza.

Unha vez que se produce isto, Ebert acomete o proceso de institucionalización do novo réxime
político, que se produce en xaneiro de 1919 coas eleccións ao parlamento alemán.

Revolución e República Soviética de Baviera ( novembro 1918 – maio1919):


Os freikorps tamén contribúen a sufocar este levantamento, actuación que deixa tras de si centos
de mortos. Algúns dos líderes ultranacionalistas e incluso nacionalsocialistas van formar parte
destes corpos. O feito de que Ebert lograra sofocar estes levantamentos, inicia un proceso de
institucionalización do réxime político, no que xogaron un gran papel as eleccións de xaneiro de
1919. Trátase das primeiras eleccións con sufraxio autenticamente universal, e o SPD (Partido
Socialdemócrata de Alemaña), que presidía Ebert, se constituíu como primeiro partido do
Parlamento, seguido polo «Zentrum», partido de carácter católico, o DDP (Partido Demócrata
Alemán), ou o DNVP (Partido Nacional do Pobo Alemán, nacionalistas e de dereitas).

58
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Van crear unha coalición, a «Coalición de Weimar». E como función principal, terá a de crear unha
nova constitución, a Constitución de Weimar. Esa constitución vai ter unha importante influencia
no devir constitucional alemán pero tamén no de outros países europeos. Foi aprobada a finais de
1919.

A Constitución de Weimar:
a. Establecía unha república encabezada por un presidente. O primeiro presidente vai ser Ebert.
b. O réxime consta de dúas cámaras: Congreso e Senado. No Congreso estarían os deputados
populares, e no Senado habería unha representación dos distintos estados («länder»), xa que
Alemaña era un Estado Federal.
c. Constitución que atribuía de moito poder ao presidente, que en momento difíciles incluso
podía gobernar sen recorrer ao Parlamento.
d. Sufraxio universal directo e secreto.
e. Sistema electoral que era estritamente proporcional, non maioritario.
f. O máis interesante é que esta constitución inaugura o chamado “constitucionalismo social”,
non só incluíndo os dereitos políticos, senón que tamén fai unha mención na expresa os
dereitos sociais, laborais e económicos. Constitúese así no precedente do que foi chamado
«Estado de Benestar» a partir de 1945. E de feito, a Constitución de 1931 da II República
Española, inspirouse na de Weimar.

O contexto socioeconómico:
a. Inestabilidade e inflación sen precedentes que alimentou algún intento de golpe de estado por
parte de sectores nacionalistas, ultranacionalistas e de carácter militar.
b. Os freikorps eliminaran ós sectores esquerdistas, e algúns deles van protagonizar o intento de
golpe de estado de marzo de 1920, Putsch de Kapp, que fracasa pola intervención dos
sindicatos e a propia desmantelación destes corpos. En novembro de 1920 inténtase outro
golpe de estado, Putsch de Munich, apoiado por altos mandos militares. Atendemos, polo
tanto, a un ánimo revanchista e vingativo.
c. As cousas comezan a cambiar a partir de, sobre todo, 1924. Neste momento, os aliados son
conscientes de que esta situación era bastante insostible, en boa medida, grazas á
benevolencia coa que trataron os tribunais aos golpistas alemáns, en parte porque algúns dos
membros desas institucións do estado compartían as súas ideas, e tamén pola propia
debilidade do goberno de Weimar. Tanto foi así, que Hitler só pasou uns anos na cárcere pese
a ser un golpista, período onde escribe o “Main Kampf” (A miña loita).

59
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

 ETAPAS POLÍTICAS EN ALEMAÑA ENTRE 1918 – 1933


•Revolución de novembro de 1918.
•Goberno de F. Ebert (SPD e USPD) en 1919.

•Coalición de Weimar (SPD, Zentrum, Demócratas).


•Gobernos de Scheidemann (SPD), Müller (SPD), Wirth (Zent), Stresemann (DVP), W. Marx (Zent).
•Presidencia de F. Ebert (1919 - 1925).

•Gobernos de W. Marx (1926 - 1928, Zentrum) e H. Müller (1928 - 1930, SPD).


•Presidencia de Hindenburg (1925 - 1934).

•Gobernos de Brüning, von Papen e von Schleicher (1930 - 1933).

•Hitler accede á Chancillería (30/01/1933).

Os aliados asumen que é insostible a presión baixo a que se atopa Alemaña. EE.UU. manda unha
serie de axudas mediante o Plan Dawes a Alemaña para que esta lle poida pagar as débedas aos
aliados. Estabilízanse entón a moeda e a inflación, e chegan capitais e inversións exteriores, sobre
todo de empresas estadounidenses como a General Motors.

60
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Nuns primeiros momentos, ata 1925, en Alemaña douse unha sucesión de gobernos continua.
Moitos gobernos en pouco tempo de duración. Logo vanse alternando en períodos máis longos ata
1929. O impulso da economía alemá vese freado cando xorde a crise económica mundial de 1929.
O primeiro que fan as empresas estadounidenses é recuperar os capitais que invertiran en Europa,
EE.UU., que xa non ten esa capacidade financeira para colaborar na economía alemá. O
desemprego, o peche de fábricas, a redución da produción, o incremento da débeda, a inflación,
etc. dan lugar á gran inestabilidade política e á conflitividade social. É entón cando o Partido
Nacionalsocialista vai ter unha maior audiencia, presentánose como o único capaz de garantir a
estabilidade de Alemaña e illala do caos vivido en 1920. Os gobernos de Brüning, von Papen e von
Schleicher alimentan aínda máis esa conflitividade social. Hitler logra entrar na Cancillería o 30 de
xaneiro de 1933.

4. Introdución ó Fascismo e ás ditaduras.

En medio dun contexto de crise económica e emerxencia de pensamentos fascistas e autoritarios,


había países que se crearan na mesa de Versalles, e que van ter problemas de viabilidade. Países
que manteñen contenciosos e problemas fronteirizos cos seus veciños, o que suporá un gran foco
de tensión. Estámonos a referir a Estados que incluso internamente presentan problemas de
vertebración política e integración cultural, ao seren poliétnicos. Neles, existen “etneas
secundarias” que van a ser pisadas pola “etnea dominante”. É dicir, que son Estados multiculturais
en termos étnicos, lingüísticos e relixiosos. E ó memso tempo, tamén son países agrícolas e
escasamente industrializados, nos que a servidume permanecera ata ben entrado o século XIX.

61
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Estas nacións quedaran bastante desarticulados dende o punto de vista produtivo porque as novas
fronteiras establecidas impedían os intercambios comerciais. E moitos deles son estados con escasa
ou nula tradición democrática, que foran sometidos ao Imperio Austrohúngaro, Otomán ou Tzarista.

• Sistema democrático moi fráxil e ameazado tanto a nivel interno como exterior.
• O impacto da crise económica de 1929 é moi intenso, o que vai influír na débil estabilidade
social e política.
• Esa difícil estabilidade interna vai ser o caldo de cultivo de tendencias nacionalistas dentro
do propia estado (Iugoslavia, Croacia, Eslovenia). Esa situación de crise da lugar a miúdo
enfrontamento entre as distintas etneas ou culturas que convivían nun mesmo país, sendo
bastante habituais os progroms xudeus ou contra a poboación musulmá.
Nese contexto de ameazas internas e externas, disidencias políticas entre determinados sectores,
fai que xurdan ditadores que se presentan como “heroes do pobo”. Estes movementos autoritarios
teñen un discurso con moitos puntos en común entre eles, que apela a determinados principios
fundamentais, entre eles o control do orde social en contra da subversión. Aparecen tamén como
garantía da tradición, do espírito da nación, do pobo, para que este non sexa traizoado. Fan bandeira
da loita contra o que eles denominan como a anarquía ou os movementos extremistas na súa
terminoloxía, intentando por tódolos medios o mantemento do aparello do estado. Valores como
os de tradición, patria e relixión, son constitutivos na nación e deben ser defendidos a ultranza. A
defensa do orde está tamén moi ligada á defensa da propiedade, en definitiva, o interese supremo
da razón do estado debe situarse por enriba de tódolos intereses individuais. Neste contexto nacen
os pretextos ultranacionalistas, antisemitas e a condena dos “vicios” do sistema democrático, o
que ven sendo o pluripartidismo, que eles denominan como partitocracia (Miguel Primo de Rivera:
“politiquería”).
Estes oligarcas teñen tamén importantes apoios sociais. APOIOS SOCIAIS Ó
AUTORITARISMO
Loxicamente apóianse nas institucións máis tradicionais, a
Igrexa e o exército, dous puntas fundamentais en todo este IGREXA
proceso de establecemento dos sistemas autoritarios. Apóianse
tamén nas elites económicas e sociais, nas oligarquías EXÉRCITO
tradicionais, aínda que aquí hai distintos niveis, podendo haber
en algúns destes Estados certo grao de pluralismo político ou ELITES SOCIOECONÓMICAS
sindical.
Hai algúns dos gobernos que van a ter unha maior influencia do fascismo, pero a maior parte destes
gobernos autoritarios non son fascistas. Nalgúns países, como Croacia ou Eslovaquia a finais dos 30,
instálanse gobernos moi próximos ó fascismo; pero a meirande parte son máis próximos a un corte
tradicional, aínda que podemos ver certa influencia do fascismo, que soe ser moi débil.
Recomendación de lectura: La escalada del odio, Jerzy Wojciech Borejsza.
Nalgúns países, o sistema antidemocrático imponse xa nos anos 30: é o caso de Grecia, Iugoslavia e
Romanía.
A finais de 1918 – comezos de 1919, en Hungría prodúcese unha situación similar á alemá, e créase
unha República Socialista, a «República dos Consellos» (21 marzo – 1 agosto, 1919). Pero ao pouco
62
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

tempo acaba sendo deposta pola intervención de exércitos de países limítrofes, que se reparten
parte do territorio. E dende 1920 ata finais da II Guerra Mundial, intáurase a Ditadura do Xeral
Horthy.
Tamén temos movementos de tipo fascista en Croacia, encabezados por Ante Pavelic, ou o caso de
Romanía, na chamada «Garda de Ferro». Así mesmo, hai movementos similares en Eslovaquia,
encabezada por un sacerdote católico Dr. Jozef Tiso, con ideas antisemitas. E foi tamén o caso de
Hungría cos Szálasi, os «Cruces de Frecha»; e, finalmente, Grecia.
Pero en definitiva, o que predomina nestes países son esas tendencias autoritarias, tradicionais e
de tinte oligárquico con certa influencia fascista, pero moi tenue.

"Pero iso era en 1920: toda Italia estremecíase coa febre revolucionaria e moi rápido a
cousa cambiou de carácter. Os obreiros pensaron que chegara o momento de
apoderarse definitivamente dos medios de produción. Preparáronse armados para a
defensa, transformando moitas fábricas en verdadeiras fortalezas e comezaron a
organizar a produción pola súa propia conta. Os patróns foron apartados ou declarados
en estado de arresto. Era a abolición de feito do dereito de propiedade e o goberno
deixaba facer porque sentía impotente para opoñerse.

O movemento se extendia e tendía a englobar ás outras categorías: aquí e alá os


campesiños ocupaban a terra. Era a revolución que comezaba e que se desenvolvía
dunha forma, diría eu, case ideal."

E. Malatesta. Publicado en L ' Umanitá Nuova. 28 de xuño de 1922.

“O acordo de Locarno presenta a novidade de substituír o espírito de desconfianza por


un espiritu de solidariedade. E é pola solidariedade humana que hai que facer que a
guerra sexa imposible. Aí teño, diante do meu, aos delegados de Alemaña ... e iso non
quere dicir que eu non siga sendo un bo francés, como eles son, a recado, uns bos
alemáns. Pero é que aquí todos nós non somos máis que uns bos europeos. Basta de
guerras, basta de solucións sanguentas para as nosas diferenzas. Desde logo que non
desapareceron, pero a partir de agora vai ser o xuíz quen fixe o dereito. Do mesmo xeito
que os cidadáns individuais van solucionar as súas dificultades ante os maxistrados,
tamén nós imos solucionar as nosas por procedementos pacificas. Atrás os fusís, as
metralladoras, os canóns! Que deixen lugar á conciliación, á arbitraxe, á paz!”

A. Briand. Declaracións sobre o Tratado de Locarno.

63
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Tema 4 A economía: reconstrución, crecemento e crise


(1918 – 1929)

Introdución ós ciclos económicos ata 1929:

 BOOM ECONÓMICO:
Inicialmente, falamos dunha fase moi curta, dun período moi limitado; ese boom na economía en
1919 ten que ver co aumento inicial do consumo privado e da inversión, que só dura uns meses
ata 1920.

 RECESIÓN ECONÓMICA:
Vai seguida dunha fase de contracción da economía de 1920 a 1922, que está provocada por
distintos motivos, en gran medida porque os Estados teñen que reorientar a súa economía a unha
etapa de paz, despois de estar centrada tantos anos na acción bélica. Acontecen desaxustes a nivel
financeiro e de política económica que crean grandes dificultades. E a desmobilización do exército
implica un gran número de traballadores que quer acceder a un posto de traballo, o que afectaría
tamén ó traballo feminino en moitos países.
A nova situación norteamericana. Economías como a de EE.UU., que entre 1914 e 1918 aumentara
a exportación dos seus produtos, vaise a ver afectada cando os países europeos, ó final da guerra,
comecen a producir os seus propios produtos provocando a caída das exportacións
estadounidenses, e aumentando en gran medida os seus stocks. Así, EE.UU., en 1920 deixa de
conceder préstamos aos países europeos, o que tamén impactará na economía continental.
64
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

E a suma disto temos a escasa demanda interna dos Estados europeos. Países que experimentan o
enorme peso da débeda externa, o que implica que destinen menos capitais para financiar os
proxectos industriais. Se iso afecta a países como Francia e Gran Bretaña, afectaba con maior
intensidade a países vencidos como Alemaña, Austria ou Hungría.
Os gobernos modifican a súa política económica e tenden a unha política cada vez máis
proteccionista, subindo os aranceis para favorecer a certos sectores industriais (en EE.UU.
súbenselle os aranceis ós produtos europeos). Trátase dunha visión nacionalista do ámbito
económico que vai afectar á economía mundial, a pesar de que se teñen feito accións importantes
como a convocatoria da Conferencia de Xénova (1922)34, que pretendía establecer unhas pautas de
comportamento xeneralizadas. A conferencia non ten o éxito que cabía esperar.
Dende o punto de vista xeoestratéxico, EE.UU. emerxe en 1919 como a gran potencia mundial.
Neses anos, contaba co 40% das reservas mundiais de ouro, o que é un claro indicador do
beneficiosa que foi en termos económicos a I Guerra Mundial para EE.UU.; desprazando ás ata ese
momento economías máis importantes, a inglesa e a alemá. Tamén é unha demostración da gran
débeda que os estados europeos contraeran con EE.UU. Eses países debían aproximadamente 12
mil millóns de dólares, unha cantidade inxente naquel momento.
Hai outros elementos que actúan negativamente, como a fragmentación dos estados en Europa,
que se traduce no crecemento do proteccionismo e dificultan as operacións monetarias e o tráfico
de mercancías.

 EXPANSIÓN ATA 1929:


A partir de 1922 vivimos un proceso de certa recuperación
económica, pois a pesar de non funcionar a Conferencia de
Xénova, tomáranse algunhas medidas para propiciar a situación.
Atendemos á colaboración económica entre os países debedores
e os acredores que foi a clave nesta melloría. Os «Felices anos
20» son a máxima expresión do crecemento da economía
estadounidense a partires de 1922 – 1924: progreso económico,
transformacións políticas, cambio social, manifestacións
culturais, etc.

“Mentres os EE. UU. só eran produtores de materias primas, o mundo seguía o seu
camiño fixándose na moda francesa para os vestidos, as xoias ou os perfumes;
comerciando segundo os métodos ingleses; viaxando a Alemaña para buscar ciencia e
música. Pero nós agora cambiamos todo iso. O jazz americano está a piques de expulsar
a Wagner de Alemaña, a arquitectura americana supera á da Grecia clásica, o cocktail
americano conquistou os cafés de París e os boxeadores ingleses se naturalizan
americanos.”

34
A Conferencia de Xénova foi a Segunda Conferencia Monetaria Internacional convocada pola Sociedade de Nacións
que tivo lugar na cidade italiana de Xénova do 10 de abril ao 19 de maio de 1922.
65
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Esta última é, polo tanto, unha fase expansiva, máis nuns países que en outros. Produce alivio nos
países europeos, aínda que é derribado en 1929. A crise de 1929 é unha das crises das que máis
estudos se teñen feito ao longo da historia, sobre todo pola dimensión que alcanzou, e que en certo
modo foi algo imprevisto para os políticos, economistas e sociedades máis desenvolvidas. O que
dicían os expertos economistas uns meses ou semanas antes de que estalara a crise era que “todo
ía moi ben” é que incluso ía mellorar. Sen embargo, si houbo algún economista que a comezos de
1929 chamaba a atención sobre o crecemento dalgúns indicadores industriais.

“O Congreso pode considerar o presente con satisfacción e encarar o futuro con


optimismo, xa que a fonte principal para esta bendita situación do estribo sen
precedentes reside no carácter do pobo norteamericano.”

Calvin Coolidge. Declaracións. Decembro de 1928.

 OS INICIOS DA CRISE DE 1929:


Neste intre, coinciden dúas crises: a crise da Bolsa de Nova York, e a crise industrial que califican
como de sobreprodución, o dificulta a súa análise. O autor Galbraith sempre fala da necesidade de
separar e concretar estes dous procesos.
Recomendación de lectura: El crack de 1929, J.K. Galbraith
Algúns autores apreciaron o constante crecemento dos valores das accións da Bolsa de Nova York
e advertían sobre este feito. A crise respondía a un estancamento da economía produtiva
acompañado dun aumento do valor das accións das empresas no mercado bursátil, o que non
debería ir ligado, sendo contraditorio. Ese aumento dos prezos da bolsa é un fenómeno
esencialmente especulativo, onde participan algún dos grupos financeiros máis importante da
época. Non había ningún tipo de regulación ou control do Estado sobre as actividades das empresas
na bolsa (enxeñaría financeira levada a cabo por estas) .

xoves 18 outubro 2018

ALGÚNS DATOS FUNDAMENTAIS DA CRISE DO 29


• A súa orixe: en EE.UU. • O feito que afectase a tódolos sectores produtivos,
finanzas e comercio; tamén que afectase a tódolos
• O seu alcance internacional.
aspectos da vida social.
• A longa duración que vai ter
• O feito de que fora orixe de profundos cambios políticos.
esta crise (practicamente
unha década). • Pon en cuestión o papel do sistema capitalista.

A crise foi o crítico máis feroz do capitalismo, pois a realidade viuse superada polos seus efectos
catastróficos. O cuestionamento foi tal, que rematou cun dos dogmas máis asentados dentro da

66
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

ortodoxia liberal ou capitalista: a non intervención do Estado na vida económica. Incluso en países
de longa tradición liberal como Gran Bretaña ou EE.UU., o Estado vai acabar intervindo na economía.
Puxo de manifesto que o capitalismo non é a “sociedade da abundancia”, ou en todo caso, que
esta estaba moi mal distribuída. Que non bastaba traballar para ter éxito persoal, e que en moitos
casos era imposible garantir isto.

“Para aqueles de nós que vivimos os anos da Gran Depresión, aínda resulta incomprensible que
a ortodoxia do mercado libre, tan patentemente desacreditada entón, puidese presidir novamente
un período xeral de depresión a finais dos oitenta e principios dos noventa, no que se demostrou
igualmente incapaz de achegar solucións. Este estraño fenómeno debe servir para lembrarnos un
gran feito histórico que ilustra: a incrible falta de memoria dos teóricos e prácticos da economía.
É tamén unha clara ilustración da necesidade que a sociedade ten dos historiadores, que son os “
recordadores” profesionais do que os seus cidadáns desexan esquecer.”

E. Hobsbawm. Historia do século XX.

1. Causas (I). A especulación bursátil dende 1927.

35

A economía norteamericana dos anos vinte sustentábase sobre fráxiles alicerces pois, en boa parte,
estaba orientada á especulación. Unha substanciosa parte das ganancias empresariais non era
destinada a mellora da produtividade senón a negocios fáciles e rápidos. Os excedentes monetarios
ían parar ás bolsas onde se adquirían accións a baixo prezo e vendíanse en canto a súa cotización
era elevada.

A partir de 1926 ese modelo económico entrou en declive. A saturación do mercado e o descenso
da demanda provocaron unha diminución do investimento industrial. O campo viuse afectado por
unha crise de sobreproducción e os agricultores sufriron unha substancial redución dos seus

35
Media Industrial Dow Jones é a expresión coa que se pode traducir ao español o nome do Dow Jones Industrial
Average, un de moitos índices bolsistas creados por Charles Henry Dow, editor do xornal The Wall Street Journal
durante o século XIX e co-fundador da empresa Dow Jones & Company.
67
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

beneficios. Paradoxicamente este panorama non se correspondía coa euforia que vivía o mercado
bolsista, onde a escalada na cotización dos valores era ininterrompida e alentada pola presión da
demanda.

A razón esencial deste crecemento hai que buscala na crise industrial, xa que a diminución dos
beneficios empresariais alentaba ao capital para buscar outros ámbitos onde facer cristalizar os
negocios.

Teoricamente, a evolución da bolsa, obedecería a unha evolución positiva dos índices de produción
industrial. Apreciamos, non obstante, a partir de 1927 un incremento moi substancial; unha
incrementación desa valoración da bolsa, que obedecía fundamentalmente a esa febre
especulativa. Unha práctica especulativa onde participan, efectivamente, todo tipo de
inversionistas. Pero na que loxicamente, tiñan maior importancia os grandes inversionistas: as
grandes compañías financeiras, que son as que verdadeiramente sacan ventaxa deste tipo de
prácticas.

Esta aparente xeración de beneficios permanentes da inversión en bolsa, acelera aínda máis as
expectativas alcistas e acentúa o desfase entre esa economía bursátil e a economía produtiva. Este
ciclo finaliza cando o prezo das accións descende de maneira incluso máis intensa e acelerada en
medio de ventas masivas de títulos de bolsa a prezos de practicamente saldo. Esta situación pode
trasladarse ó contexto da burbulla inmobiliaria española. Pero nesa participación xeralizada, algún
sacan máis beneficios que outros.

En resumo: pode dicirse que gran parte da actividade económica dos anos vinte sustentábase en
investimentos fáciles e a curto prazo, eludindo as actividades efectivamente produtivas, afectadas
polo fenómeno da sobreproducción.

TESTIMONIOS DO CRAC DO 29

«En 1921, Jones tiña 2.000 dólares aforrados. Como non sabía que facer con eles, comprou accións
da RCA e de Goodyear a un prezo que oscilaba entre 2 e 5 dólares a acción. En 1924 felicitábase
polo seu acerto: as súas accións valían xa 10.000 dólares. Multiplicara
por 5 o seu capital. Animado, decidiu non vender e adquirir outro
paquete. Non tiña diñeiro, pero depositando as súas accións como
garantía puido obter facilmente un crédito de 6.000 dólares e así volveu
comprar accións na Bolsa. En 1927 os seus títulos valían 36.000
dólares. Cheo de confianza no futuro decidiu non vender máis que o
que fose indispensable para pagar os intereses dos préstamos.
Ademais, decidiu comprarse un coche e unha boa casa cunha hipoteca.
Continuou facendo investimentos en bolsa, sempre a crédito,
naturalmente, participaba en todas as ampliacións que se ofrecían. En
1928 xa posuía 250.000 dólares, pero como daban poucos dividendos
debía destinar parte do seu soldo para pagar as débedas contraídas. A
comezos de 1929 xa posuía 285.000 dólares, pero necesitaba diñeiro con urxencia para pagar as letras
do coche, os prazos da hipoteca, os intereses dos préstamos bancarios… Decidiu vender accións, pero
68
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

todos os Jones do país teñen que vender tamén. Nun mes, as súas accións só valen 39.000 dólares…
ten que revender o coche, malvender a súa casa e, ao final, perdeu o seu traballo: a empresa onde
traballaba crebou…».

«Moi pronto, un negocio moito máis atractivo que o teatral atraeu a miña atención e a do meu país.
Era un asuntillo chamado mercado de valores (...). Se un compraba oitenta mil dólares de accións,
só tiña que pagar en efectivo vinte mil, o resto deixábaselle a deber ao axente (...). O mercado seguía
subindo e subindo (...). O máis sorprendente do mercado en 1929 era que ninguén vendía unha soa
acción. A xente compraba sen cesar (...). O fontaneiro, o carniceiro, o home do xeo, todos anhelando
facerse ricos arroxaban os seus mezquinos salarios –e en moitos casos os aforros de toda a vida– en
Wall Street (...). Un bo día o mercado empezou a vacilar.
Algúns dos clientes máis nerviosos foron presa do pánico
e empezaron a vender (...); ao principio as vendas facíanse
ordenadamente, pero pronto o pánico botou ao carón o bo
xuízo e todos empezaron a lanzar ao rodo os seus valores
(...) e os axentes empezaron a vender accións a calquera
prezo (...). Logo, un día, Wall Street tirou a toalla e
derrubouse. Iso da toalla é unha frase adecuada porque
para entón todo o país estaba a chorar.»
Groucho Marx. Groucho e eu, 1981.

«O chofer do rico conducía cos seus oídos postos nos asentos de atrás para recoller noticias sobre un
inminente movemento en Bethlemen Steel; el mesmo posuía cincuenta acciones polas que depositara
unha aval que lle cubría unha variación de dez enteiros. O home que limpaba os cristais da xanela na
oficina do axente de cambio e bolsa facía unha pausa para observar os valores, pois estaba a considerar
a oportunidade de converter os seus escasos aforros nunhas poucas accións de Simmons. Edwin
Lefèvre (informador da marcha da bolsa) referiu o caso do criado dun axente de cambio que gañou
case un cuarto de millón xogando no mercado; o dunha veterana enfermeira que consechó trinta mil
grazas ás confidencias de agradecidos pacientes; e o dun pastor de Wyoming que vivía a trinta millas
do ferrocarril máis próximo, quen compraba ou vendía miles de accións nun día.»
Harper. Only Yesterday. 1931. An Informal History of the 1920's.

O domingo, o mercado ocupaba as primeiras páxinas dos xornais. Os


titulares do Times voceaban: «Os valores afúndense, mentres o mercado se
engolfa nunha onda de vendas». (…). Os xornais coincidían —(…)— que
o peor pasara. Prognosticouse que ao día seguinte o mercado comezaría a
recibir un sostén organizado. Non se toleraría por máis tempo, pronto se
vería, a tendencia recesionista do mercado. (…) O luns (21 de outubro), o
profesor Fisher dixo (…) que o esborralle supuxera unicamente un
«espertar de quen estaba nos biosbardos». A continuación explicaba que el
tiña a impresión de que os prezos dos valores durante o auxe non
representaban o seu verdadeiro valor e por que aqueles haberían de subir
máis alto aínda. Durante a primeira semana de pánico a carnicería só fixera
estragos entre os inocentes. Pero esta segunda presentaba certos indicios de
69
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

que os opulentos e poderosos pasaban por un proceso de nivelación só comparable en magnitude e


rapidez ao que sufriron os seus colegas rusos en tempos de Lenin. (…). O martes 29 de outubro foi o
día máis devastador na historia da Bolsa de Nova York e, posiblemente, o máis devastador na historia
de todos os mercados.

2. Causas (II). O círculo vicioso da crise.

Pero, cal é a solución pola que se opta nese momento? En principio, non facer nada. Lembremos o
principio naturalista de que “o capitalismo posuía os mecanismos necesarios para se equilibrar a sí
mesmo” entre oferta e demanda, produción e consumo. Así, considerábase que a crise sería de moi
curta duración.

E VOLUCIÓN DO DESEMPREGO EN ESTADOS UNIDOS


Man de obra total en Parados en millóns de Porcentaxe (%) de B
Ano
millóns de persoas persoas en A
1929 47,80 1,50 3,10
1930 48,40 4,20 8,80
1931 49,00 7,90 16,10
1932 49,60 11,90 24,00
1933 50,10 12,60 25,20

Só unha vez pasados os meses e vendo que o “autoequilibrio” non se establecía, decídese recorrer
á política económica co obxectivo de equilibrar os presupostos do Estado. Para iso, vaise a incidir
na necesidade de diminuir os gastos estatais, limitando o crédito fronte a aquela política previa a
70
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

1929 (créditos sinxelos e baratos). Tamén se opta por un descenso dos custos salariais e unha
diminución das importacións para estimular a industria interna. O obxectivo era alcanzar ese
necesario equilibrio presupostario como elemento clave para contribuir ao equilibrio do sistema
capitalista.

3. Causas (III). A crise de sobreprodución.

Marx xa reflexionara sobre as crises do capitalismo: os ciclos expansivos eran seguidos de períodos
recesivos. Ata comezos do século XX a economía capitalista padecera desequilibrios que o propio
mercado resolveu en forma de crise. Pero a que acaeceu en 1929 conmoveu os fundamentos da
economía liberal. Unha das causas que a xestaron foi a sobreproducción.

Como xa vimos, a entrada en guerra dos Estados Unidos en 1917 inaugurou unha etapa de forte
crecemento. A súa economía continuou a pleno rendemento durante os anos de posguerra
alcanzando a súa cenit en 1924. O mercado asolagouse de mercadorías, pero a demanda non
creceu a igual ritmo, o que conduciu a un desequilibrio que induciu á saturación do negocio e a
acumulación de stocks invendibles. O corolario foi a caída das taxas de gañanza empresarial. O
descenso de vendas tentouse corrixir mediante o recurso a créditos fáciles e a venda a prazos. Os
estadounidenses endebedáronse recorrendo aos bancos en busca de financiamento para a
adquisición de electrodomésticos, automóbiles e outros bens de consumo. Esta situación
prolongouse durante algún tempo, ata que finalmente entrou en conflito coa economía real.

O mercado americano viuse desbordado, tras unha sucesión de excelentes colleitas, de produtos
agrícolas. Os stocks fóronse acumulando por canto a demanda europea, moi elevada durante os
anos de guerra, contraeuse tras o conflito. A reacción dos produtores ao tentar manter as súas
ganancias foi intensificar a produción, pero o efecto que se conseguiu foi negativo: o esborralle dos
prezos. Os custos de produción comezaron a superar aos beneficios. Entón as autoridades federais
puxeron en práctica unha política de signo proteccionista baseada no incentivo da destrución de
colleitas e a adquisición de excedentes coa pretensión de estabilizar os prezos.

A crise de sobreprodución segue actuando e con maior intensidade, non soamente ante a caída da
bolsa, senón por tda unha serie de factores que interviñan no desmelloramento económico:

a) Distribución desigual dos beneficios que eran captados por unha pequena parte da poboación.
Isto significaba unha meirande parte da poboación con capacidade adquistiva limitada.

b) Prezos de monopolio; industrias como cárteles.

c) Desfase entre os prezos agrícolas e industriais, de tal modo que os primeiros saen
desfavorecidos. O valor do produto xerado polos agricultores é cada vez menor, vendo
perxudicada a súa capacidade de compra de produtos industriais.

d) As economías europeas comeazaban a súa fase de estabilidade producindo novamente para a


sociedade de consumo ao tempo que freaba as importacións estadounidenses provocando a
acumulación de stocks americanos.

71
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

4. Consecuencias e evolución da crise.

Xa en 1932, anos despois de comezar a crise, os estadounidenses e a meirande parte dos países
onde tivera efectos, son conscientes de que a situación continuaba igual. Unha das consecuencias
máis importantes desta crise foi o peche de empresas e o aumento do desemprego. A crise, en
anos posteriores aínda non tocara chan, mais continuaba afundíndose.

Vemos como en 1929, os desempregados xa supoñían o 3% de toda a man de obra do país. En 1930
– 31 segue aumentando o desemprego, ó igual que o último ano (1933), máis que en 1932. Isto
amosa unha intensificación da crise, a tendencia non se invirte, senón que se profundiza. Cando se
decatan disto, políticos e economistas deciden cambiar a política económica e abandonan ese
principio inmutable da non intervención estatal na economía.

En catro anos non só se acadara o equilibrio oferta – demanda, senón que as cosecuencias negativas
da crise seguían aumentando. De aí a decisión de proceder ó intervencionismo aínda que iso
supuxese a creba deses dous principios fundamentais capitalistas: a non intervención e o
autoequilibrio económico. Asistiremos a un proceso intervencionista en amplos sectores da
economía co obxectivo de conseguer ese ansiado equilibrio oferta – demanda. Adaliz desas ideas
intervencionistas: J. M. Keynes, «The general theory of employement, interest and money». Keynes
avogou polo abandono da ortodoxia do "laissez- faire" que guiara o capitalismo do século XIX e
propuxo un maior protagonismo do Estado na vida social e económica. Foi precisamente o que
mediante o New Deal puxo en práctica en Estados Unidos o presidente F. D. Roosevelt a partir de
1933.

O New Deal coincide na súa posta en marcha coa chegada do Partido Demócrata con T. Roosevelt.
Roosevelt gaña as eleccións de 1932 con este programa no que o Estado xoga un papel máis que
significativo. As actuacións encamiñáronse a poñer fin á prostración dos máis de 12 millóns de
parados estadounidenses. Para iso considerou prioritario fomentar a demanda e incrementar o
consumo como medios para reactivar a produción.

72
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Dúas ideas a ter en conta: (1) a única nación que non se ve afectada polo impacto da crise económica
é a URSS, e (2) o desemprego implica modificacións nas políticas económicas dos países.

As medidas paliativas para a crise:

A intervención do Estado a través de programas económicos. De xeito directo ou indirecto


mediante incentivos ou lexislacións.

Modelo keynesiano de reactivación económica: intervención do Estado mediante obras públicas


(xeran emprego e polo tanto poder adquisitivo), axudas empresas, beneficios fiscais, e compras do
Estado que incrementan o déficit presupuestario.

Construción de toda unha serie de embalses e centrais eléctricas que afectaba a 7 dos estados máis
deprimidos do país (The Tennessee Valley Authority – mapa). Certa planificación da actividade que
intentaba favorecer a expansión da industria nese ámbito.

Medidas marcadamente proteccionistas que teñen como


obxectivo fundamental a defensa do mercado nacional interior.
Freo á competencia os produtos exteriores. Esta politica
proteccionista podíase aplicar mediante distintos mecanismos.
Por exemplo, na gráfica vemos o mecanismo do arancel: aranceis
elevados para determinados produtos importados doutros países;
e cuxa importacion podía facer competencia a outros xerados no
país. Pero non era es aa única vía que podían empregar os estados
para limitar esas importacións. Senón tamén por exemplo, a
concesións de licencias de importación sobre determinados produtos: algúns so podian ser
comercializados por aquelas persoas con licencia de importación; esta foi habitual incluso na España
franquista que orixinou grandes fortunas no país. Os cupos, que conssiten en limites cuantivativos
das importacions. E o control de cambios.

Todo isto inflúe na contraccion do mercado mundial. O obxectivo fundamental era a busca do
equilibrio da balanza comercial (importar e exportar o mesmo valor). Isto era importante na medida
73
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

en que un desequilibrio supuña unha perda de divisas, que polo tanto tiña efectos negativos dende
o punto de vista financeiro para o Estado.

Ese proteccionismo tamén dependía da capacidade de presión dos grupos eocnómicos


hexemónicos de cada país. Por exemplo, en España tómanse medidas de proteción en dous
ámbitos: nos cereais (benefciando a terratenentes do centro peninsular) e no carbón (beneficiando
á minaría do norte península, como a de Asturias). A protecióon dos cereais fronte a importación
destes supoñía o encarecemento do prezo do pan.

A devaluación e o control monetario eran outras das vías ou mecanismos que ían a favorecer a
demanda exterior, dificultando as importacións e favorecendo as exportacións. En xeral, todos os
países acudiron á devaluación monetaria (uns antes, outros máis tarde), pero incluso grandes
potencias como Gran Bretaña tivo que acudir á devaluación, xa que de non ser así perxudicaría á
súa mesma industria por ser un país moi caro nun mundo barato. A intervención monetaria é algo
ó que recorren con frecuencia os países a pesar de que politicamente non estaba moi ben visto; de
feito en España, Primo de Rivera se negou durante moito tempo a proceder a unha devaluación da
peseta, que políticamente simbolizaba como moeda nacional a súa potencia como nación. E en certa
medida o mesmo lle sucedeu a Mussolini en Alemania. Mais en ambos casos deben recorrer a ela
para non pperxudicar á industria nacional.

Na maioría destes países se tende de cara un nacionalismo económico


fronte á previa liberalización e globalización. Pretenden a busca dunha
maior autosuficiencia económica. Incluso alguns van a levar un paso
máis alá esa autosuficiencia economica, o que significa AUTARQUÍA.
Pero isto é bastante xeralizado nos países europeos: Italia, Alemaña,
Xapón, España etc. Tamén coa previsión do inicio da II Guerra Mundial.
Por exemplo, a autarquía franquista emprendida en 1939 é brutal. E xa
nos 60 – 70 alguns apoloxetas do réxime pretenden facer pasar esta
autarquíaa como algo obigado, mais fora escollido libre e voluntariamente pola ditadura como
política económica máis adecuada ós intereses de España naquel momento. A autosufiecincia
atópase ligada a outros conceptos coma o da nacionalización das materias primas, entendida non
como que o estado as nacionalice en senso estrito, senón como o feito de que as industrias
españolas poidan conseguir en España todas as necesarias para a sua produción (non
estatalización). Isto tamén significaba unha menor dependencia do exterior, e en consecuencia,
unha contribucion ao equolibrio da balanza comercial.

Control por parte do Estado de determinados sectores estratéxicos. Incluso nalgúns casos como
no New Deal, cunha mior planificacion da actividade económica.

Na seguinte gráfica, vemos como evoluciona o índice de produción de cada país con repecto ó índice
de 1913. Para o caso de EE.UU. podemos facer a seguinte lectura: é a nación máis favorecida da I

74
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Guerra Mundial; despois de 1929 sucede o que non ocorreu no 18, o cambio de tendencia de cara
1932.

EVOLUCIÓN ÍNDICES DE PRODUCIÓN MANUFACTUREIRA 1913 – 1936


Ano 1913 1920 1925 199 1932 1934 1936
Mundo 100 93,2 120,7 153,5 108,4 136,4 178,1
EE.UU. 100 122,2 148,0 180,8 93,7 121,6 171,0
Alemaña 100 59,0 94,9 117,3 70,2 101,8 127,5
G.B. 100 92,6 86,3 100,3 82,5 100,2 119,1
Francia 100 70,4 114,3 142,7 105,4 111,4 116,3
URSS 100 12,8 70,2 181,4 326,1 437,0 693,3
Italia 100 95,2 156,8 181,0 123,3 134,7 168,2
Japón 100 176,0 221,8 324,0 309,01 413,5 483,9

Segundo a seguinte gráfica, na primeira década, EE.UU. está á cabeza. En 1913, a evolución de
Alemaña remata por superar a Gran Bretaña. E esa situación mantense no ano 28 con un matiz: que
EE.UU. alcanza o 40%.

PARTICIPACIÓN NA PRODUCIÓN MANUFACTUREIRA MUNDIAL, 1890 – 1938


(Porcentaxes)
Ano 1890 1900 1913 1928 1938
G.B. 22,9 18,5 13,6 9,9 10,7
EE.UU. 14,7 23,6 31,0 39,3 31,4
Alemaña 8,5 13,2 14,8 11,6 12,7
Francia 7,8 6,8 6,1 6,0 4,4
Rusia 7,6 8,8 8,2 5,3 9,0
Aus. – Hung. 4,4 4,7 4,4 - -
Italia 2,5 2,5 2,4 2,7 2,8

POTENCIA INDUSTRIAL DAS POTENCIAS EN PERSPECTIVA RELATIVA


(Gran Bretaña en 1900 = 100)
Ano 1890 1900 1913 1928 1938
G.B. 86 100 127,2 135 181
EE.UU. 46,9 127,8 298,1 533 528
Alemaña 27,4 71,2 137,7 158 214
Francia 25,1 36,8 57,3 82 74
Rusia 24,5 47,5 76,6 72 152
Aus. – Hung. 14 25,6 40,7 - -
Italia 8,1 13,6 22,5 37 46
Xapón 7,6 13 25,1 45 88

75
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

GASTOS DE DEFENSA DAS GRANDES POTENCIAS (1930 – 1938)


En miles de millóns de dólares
Ano 1930 1933 1934 1935 1936 1937 1938
G.B. 512 333 540 646 892 1245 1863
EE.UU. 699 570 803 806 932 1032 1131
Francia 498 524 797 867 995 890 919
Alemaña 162 452 709 1607 2332 3298 7415
Italia 266 351 455 966 1149 1235 746
URSS 722 707 3479 5517 2933 3446 5429
Xapón 218 183 292 300 313 940 1740

Recomendación de lectura: The general theory of employment, interest and money, J.M. Keynes.

“Nosa máis ardua tarefa, a primeira, é facer que o pobo volva ao traballo. Non é un
problema insoluble se nos enfrontamos a el con prudencia e valentía. Pode realizarse,
en parte, mediante a contratación directa por parte do goberno, actuando como nun
caso de guerra pero, ao mesmo tempo levando a cabo os traballos máis necesarios, a
partir destas persoas contratadas, para estimular e reorganizar a utilización dos nosos
recursos naturais.”

Discurso de toma de posesión de F. D. Roosevelt. Marzo de 1933.

“O ensanche das funcións do Estado, necesario para a adaptación recíproca da


propensión para consumir e da incitación para investir, parecería (a algúns) unha
horrible infracción dos principios individualistas. Este ensanche parécenos o contrario e
o único medio para evitar a destrución completa das institucións económicas actuais, e a
condición para un feliz exercicio da iniciativa individual.”

J. M. Keynes. Teoría xeral sobre o emprego, o interese e a moeda. 1936.

76
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Tema 5 Fascismo e ditaduras

Introdución ós Fascismos:

• Rexeitamento do liberalismo e do parlamentarismo.


• Discurso antimarxista e antidemocrática ("terceira vía").
Rascos • Supremacía do Estado.
políticos • Hipernacionalismo extremo.
• Partido Único.
• Organización en torno a un líder carismático.

• Autarquía económica.
Rascos • Imperialismo e defensa do "espazo vital".
económicos • Programa de obras públicas.
• Economía de guerra.

• Antiindividualismo e control exhaustivo da sociedade


amparándose no benestar colectivo.
• Militarismo.
Rascos • Elitismo (a súa función é a direción da sociedade).
socioculturais • Busca de víctimas expiatorias (comunistas, xudeus, etc.).
• Control dos medios de comunicación.
• Violencia interna.

Recomendacións de lectura: Anatomía del fascismo, R. Paxton; Totalitarian and Authoritarian


Regimes, Juan J. Linz.
O Fascismo é un fenómeno moi complexo que foi adquirindo diversas características en función do
país no que foi implantado. Foi un movemento con consecuencias destrutivas e que supuxo un
desafío a tódolos principios implantados dende a Revolución Francesa, tales como a razón, a
igualdade e a liberdade. Xorde, ademais, nun contexto de crise política e económica con motivo da
I Guerra Mundial, configurándose a partir de 1918 combinando un discurso ultranacionalista,
identitario e que apela sobre todo ós sentimentos, especialmente a aqueles de “comunidade” e de
“pobo nacional”, e non á razón. E este discurso foi empregado xunto cunha práctica política de
masas, como se dou en Italia e Alemaña.
É necesario ter en conta a necesidade ou a amplitude dos movementos fascistas en cada nación,
sendo necesario considerar os particularismos nacionais. O fascismo alude única e exclusivamente
á súa comunidade nacional, buscando ese xurdimento ou novo impulso nacional, para unha
comunidade que os fascistas cosideran que está en perigo de extinción.
Agora ben, o feito de que teñamos en conta esas particularidades nacionais non significa que
teñamos que ver a estos movementos como movementos diferenciados entre si, senón que
debemos entendelo coma un fenómeno xeral de ampla variedade que se foi constituíndo como un
movemento de masas contra a esquerda, os movementos de creba, o liberalismo e a democracia.
Ou dito doutro xeito, debemos de preguntar sempre as particularidades de cada movemento
fascista en cada país, pero iso non nos impide falar dun fascismo xenérico. No caso do liberalismo
ou do comunismo, tamén somos conscientes de que a súa aplicación segundo a nación, xera
particularidades propias en cada Estado.
77
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Se optamos por un estudo individualizado do fascismo segundo o país, caeríamos nun análise en
compartimentos estancos que non nos permitiría ver as características xerais do movemento. É
difícil crear unha definición ideal do fascismo, xa que debemos de analizar o fascismo non como un
proxecto estático, senón que nunha evolución. O fascismo tamén foi evolucionando ao longo desas
décadas, e polo tanto é necesario estudalo deste xeito. En moitos casos os dirixentes fascistas
fixeron gala de pragmatismo.
O fascismo non é similar a outros “ismos” porque non se estableceu a partir dun sistema filosófico
estruturado por distintos pensadores e exposto dunha maneira coherente e sistemática. O fascismo
vai apelar sobre todo aos sentimentos, vai apelar non tanto ao enemente nacional cos seus
presuposto políticos, senón a esa comunidade de espírito entre o líder e as masas, un “pobo que
estaba destinado a cumprir un destino histórico”. Ademais, na súa práctica política, o fascismo foi
mutando os seus principios, e incluso nalgúns momentos, achegouse e ten colaborado cos
movementos conservadores e ata con movementos de carácter liberal. Por exemplo, no caso
italiano, o ascenso ó poder de Mussolini, tivo lugar porque contou con tódolos apoios conservadores
e tradicionais da Cámara dos Deputados.
A nivel teórico, os acercamentos ó fascismo veñen da man de distintas perpectivas que teñen xerado
distintas tendecias interpretativas:

• Por un lado, están as interpretacións de tipo liberal, partindo do concepto de «totalitarismo».


Esta perspectiva, achégase ó concepto dun xeito demócrata – progresista que fai fincapé na
modernización. Para aqueles que parten dunha visión liberal, todo aquilo que non é demcoracia
liberal, debe ser concibido como «totalitarismo» ou como «Estado totalitario». Aínda que agúns
autores van ofrecer unha pequena diferenciación entre «Estados totalitarios» e «Estaos
autoritarios».

• Polo outro, están as interpretacións de tipo marxista, que se desenvolven mediante os


conceptos de «conciencia de clase» e de «predominio capitalista».

• Outros autores, aqueles que analizan o contexto social das ditaduras fascistas, neste caso fan
fincapé no concepto de «modernización», é dicir, na existencia dun desaxuste na evolución
económica e no sistema político, aludindo en moitos casos en que a aparición do fascismo
italiano coincide co fracaso da revolución burguesa, a debilidade da clase nacionalista. En
Alemaña, os junkers, latifundistas do norte que impulsaron a unificación, perderían a súa
preponderancía e permitirían que se dera paso a esta situación.

Mais en termos xerais, podemos falar dun fascismo xenérico, xa que todos estes movementos
presentan uns principios comúns:

a. Difusión dun sentimento de “crise total” que ameaza a supervivencia da comunidade nacional
e que polo tanto esixe accións enérxicas capaces de frear a ameaza.

b. Solucións enérxicas que non pasan polas “solucións tradicionais”, senón que se convirten en
alternativas capaces de establecer o marco no que tería lugar o “rexurdimento nacional”. Polo
tanto, solucións excepcionais ante un contexto excepcional.

78
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

c. En certa medida, a idea de comunidade nacional que tiñan eles non se parecía en nada ao
modelo político existente naquel momento. Aspiran a unha comunidade nacional “armónica”,
sen loitas internas ou de clases; xerárquica, piramidal, onde cada un ten unha función que levar
a cabo; e conquistadora, que aspira en moitos casos a un carácter imperial capaz de
engrandecer o espazo que ocupa, e non precisamente por medios pacíficos.

d. Os seus postulados partes, en definitiva, dun desprezo ou desconsideración dos demais


partidos políticos, liberalismo, comunismo e democracia. Poderiamos dicir que todos estes
movementos conta cun carácter antiliberal. Para os ideólogos do fascismo, o liberalismo era
unha ideoloxía débil, porque era incapaz de frear o avance do socialismo e do comunismo. Era
incapaz de garantir a estabilidade dunha sociedade tradicional, especialmente nunha situación
de crise como a vivida en 1918, pero a súa crítica ía incluso máis aló: para eles, a democracia, ou
máis ben o sufraxio universal, eran métodos completamente artificiais e inútiles, xa que
intentaban igualar aquilo que según eles a natureza había feito desigual; pois para o fascismo
era evidente a desigualdade entre os homes.

“A diferenza do Estado liberal, que ten a misión de administrar unha sociedade de


maneira que poidan desenvolverse os individuos, os grupos e a economía sen limitación
da liberdade, o Estado totalitario pretende, mediante a coerción, organizar a sociedade
para evitar os defectos e as taras do liberalismo. [ ... ] O fascismo italiano sitúa o seu
ideal nun Estado todopoderoso, «conciencia inmanente da nación», cuxos intereses
deben prevalecer por encima dos intereses individuais. [ ... ] Ás xentes, desprovistas así
dos seus esquemas habituais de organización, o réxime propón un ideal de unión no
Estado: en lugar das loitas sociais, a colaboración das clases mediante estruturas
corporativistas; no canto da loita dos partidos, un ideal moral de espírito de sacrificio
en favor da comunidade nacional; en lugar da fe relixiosa, a mística comunitaria, da cal
o partido fascista é a encarnación e o sustento. O caso da Alemaña nazi é, á vez,
parecido e distinto. A vontade de unificación da comunidade nacional é idéntica, pero
neste caso é a raza e non o Estado, simple instrumento ao servizo dos obxectivos raciais,
o que constitúe o punto de encontro.”

S. Berstein. Os réximes políticos do século XX.

e. Dalgún xeito, teñen o mesmo plantexamento coa cuestión da liberdade, contemplada con
absoluto desdén, ao defender o principio de xerarquía, véndose obrigados polo tanto, a
defender o principio de obediencia, e así mesmo, defender o principio de disciplina. O
resultado: un modelo social ou de comunidade totalmente distinto, unha comunidade orgánica.

Así e todo, neste modelo que senso tiñan os partidos políticos?

f. Os partidos políticos, son entendidos como meras institucións que derivan en caos por xerar
desorde e conflitos entre os membros da comunidade. Polo tanto, en última instancia, os
partidos políticos debilitarían o espírito nacional; de aí que cando algúns movementos fascistas
79
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

chegan ó poder, o primeiro que fan é ilegalizar e perseguir tódalas formacións políticas,
exceptuando, como é obvio, o Partido Fascista baixo o liderazgo dun caudillo, e que pasará a se
configurar como Partido único e de masas. O Partido estará presente en tódolos sectores
sociais, e contará de entre os seus membros, con personalidades de moi distintas procedencias
e condicións. Trátase de partidos nacionais porque aglutinan individuos da pequena e da gran
burguesía, do campesiñao, da clase traballadora e das elites. Pola contra, un partido comunista
ou socialdemócrata, non contaría con seguidores de tódolos estratos sociais e económicos. Esta
é unha das principais cuestións que nos axudan a entender a vitoria política do fascismo
europeo. Son de carácter antimarxista, xa que partían dunha análise social caracterizada por
unha «loita de clases» que chocaba frontalmente coa idea nacionalista e uniformizadora da
comunidade nacional.
g. O fascismo convértese no máximo expoñente da oposición ós movementos de “desintegración
nacional”, de aí que dende un primeiro momento, cando se constitúen os Partidos Fascistas e
os grupos paramilitares a el asociados (as S.A., as escadras fascistas), o primeiro obxectivo a
combater mediante a violencia, foron os partidos marxistas, anarquistas e esquerdistas en xeral,
así coma os seus sindicatos. En certo modo, esta medida tamén lle granxeou a simpatía das
clases sociais que vían con certo medo ou aprehensión o xurdimento dos partidos e sindicatos
de esquerda.

h. Exaltan a autoridade e o militarismo porque o fascismo vai concebir a sociedade como


xerárquica, obediente e disciplinada, e a máxima representación destes principios é o exército,
polo que ve ao Estado como unha estrutura militar onde cada individuo debe realizar unha
función específica, sen ningún tipo de disidencia ou de indisciplina, así, non había lugar para a
discrepancia, para o debate ou para a disidencia; e toda disidencia ou discrepancia debía ser
eliminada de calquera forma, incluída a violencia, en uso permanente por estes réximes.
Violencia como práctica política. Doutra banda, son militaristas, pero dende outro punto de
vista. Cando chegan ao poder impulsan a importancia das forzas armadas e dos exércitos, xa que
constituían unha peza fundamental dentro do
seu obxectivo de constitución dun imperio en
medio dunha política claramente agresiva e
expansionista. Por exemplo, a política
expansionista de Hitler só se podía levar a cabo
cun exército o suficentemente forte para
sustentala; e a idea de Mussolini de devolver a
Italia o esplendor dos tempos de Augusto só se
podía conseguir a través do exército. E hai que
ter en conta que moitos dos dirixentes destes
movementos procedían do ámbito militar. Son membros dos freikorps 36 que pasan a ser
membros das tropas de asalto do nacionalsocialismo (traizón dos socialdemócratas ao exército);
e dos arditi 37 de Italia saen moitos dos rascos iniciais dos fascios de combatimento (vitoria

36
Freikorps (dos alemán "corpos libres" ou "corpos francos") foi a designación aplicada orixinalmente aos exércitos de
voluntarios formados en pequenos Estados alemáns entre os séculos XVII e XVIII.
37
Arditi foi o nome adoptado polos soldados de asalto de elite do Rexio Esercito na Primeira Guerra Mundial. O seu
nome derívase do verbo italiano ardire, traducíndose como "Os Ousados".
80
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

mutilada). Esa exaltación dos valores militares e virilidade sitúan á muller no seu papel
tradicional de nai e esposa.

“Vexo moitos soldados. Moitos guerreiros, é o que querería ver! "Uniforme” chámase o
que levan posto. Oxalá non sexa uniformidade o que encobre! Debedes ser daqueles
cuxos ollos buscan constantemente un inimigo, o seu inimigo. E nalgúns se descobre o
odio a primeira vista. Debedes buscar o voso inimigo, debedes facer a vosa guerra, e
facela polos vosos pensamentos. E se o voso pensamento sucumbe, a vosa honradez debe
cantar vitoria por iso. Debedes amar a paz como medio para novas guerras, e a paz
breve mellor que a longa. Non vos aconsello o traballo, senón a loita. Non vos aconsello
a paz, senón a vitoria. Sexa o voso traballo unha loita, sexa a vosa paz unha vitoria!
Soamente pódese calar ou descansar cando se dispón dunha frecha e dun arco. En caso
contrario non se fai senón charlar e disputar. Sexa a vosa paz unha vitoria! Como é que
dicides que unha boa causa santifica incluso unha guerra? Eu dígovos: a boa guerra
santifica toda causa! A guerra e o valor fixeron cousas máis espléndidas que o amor ao
próximo. Non a vosa piedade, senón a vosa valentía é o que salvou ata agora aos
náufragos periclitantes.”

Nietzsche. Así falou Zaratustra.

i. Gala dun nacionalismo exacerbado, que defende a primacía da comunidade, a primacía do


grupo nacional, sobre todos aqueles axentes internos e externos que poñían en cuestión esa
primacía. O principio fundamentals sería a unidade nacional, en torno a un partido único, e
dirixido por un único caudillo. Este nacionalismo extremo toma formas diferentes nos distintos
países, e apela a historias ou tradicións distintas, pero maniféstase en todos eses movementos.
É impriscindible a consideración do papel de dirixente máximo, líder carismático designado pola
providencia para conseguir esa restauración nacional e renovación da nación. Ese caudillo,
führer ou duce, encarna o sino histórico da nación cuxa vontade superior non está sometida a
nada, salvo a unha cousa, á vontade divina.

j. Lexitímanse dun xeito plebiscitario: tódolos partidos únense en torno á figura dun xefe que ten
poderes absolutos sobre o partido, o Estado e sobre a sociedade. O líder ademais debe ser
carismático, e simbolizar tódolos grandes valores da nación, así, a súa imaxe sempre vai ser
ensalzada pola propaganda. Os líderes fascistas, “nunca se equivocan” (lema do fascismo
italiano: “Mussolini ha sempre racione”).

k. Propaganda que se adhería para canalizar ou entrelazar aínda máis esa imbricación entre o líder
e as masas, o caudillo e o seu pobo. O primeiro que fan ao chegar ao poder é suprimir tódolos
medios de expresión contrarios ó fascismo e aqueles que criticasen os principios e a ideoloxía
fascista. O fascismo apela a todas esas innovacións, como a cinematografía, considerada moi
importante. J. Goebbels, por exemplo, foi un gran ministro de propaganda nacionalsocialisma
que con arengas na radio alemá contribuía a esa exalatación.

l. Debemos insistir nese carácter ou ambición expansionista, e no dereito que según eles tiñan
distintos pobos a expandirse a costa dos demais. Se como vimos dicindo, o fascismo consideraba
que tódolos seres humanos eran diferentes, este pensamento tamén o aplicaba ás nacións, o
81
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

que promoveu a creación de proxectos expansionistas. Cada un apelaba á historia ou tradición


máis próxima: Mussolini, coa idea de imperio e Mare Nostrum da época de Augusto, volvía á
ambición de conquista do Mediterráneo; Hitler, concibía o novo Reich Alemán como a
conclusión daquela marcha cara o este de Europa que iniciaran séculos atrás as ordes teutónicas,
e coa figura de Federico Barbarroja. Incluso durante o Franquismo, vemos que hai unha
exaltación dos tempos dos Reis Católicos. No caso do nacionalsocialismo, considerábase que
ademais de Estados diferentes, había pobos diferentes, teoría do “espazo vital”. E o
antisemitismo non era algo exclusivo do nacionalsocialismo, aínda que esa visión constituiu o
eixo central sobre todo da ideoloxía nazi, pero tamén doutros movementos fascistas, anque
apenas tivo presenza, ou tívoa moi escasa no fascismo italiano (volvemos ós particularismos
nacionais). Autores como Henry Ford, foi un dos máis declarados antisemitas, e incluso
condecorado por Hitler. As Leis de Nüremberg (1935), prevían a expulsión dos xudeus da vida
política e social, pero aínda non plantexaban a súa eliminación sistemática. Así mesmo, o
fascismo tamén se aplicou en determinados países contra outros pobos ou etnias, como por
exemplo: en Croacia, durante a ditadura de Pavelic, lévase a cabo o exterminio de serbios e
xitanos.

" Lugano, sábado, 1 de abril de 1933. Onte chegaron novas noticias de Munich. Para
cada saída ao estranxeiro é necesaria a presentación dun certificado de inculpabilidad
política. (…) Malignidad estúpida no modo de levar a cabo o boicoteo contra os xudeus:
as súas tendas han de permanecer abertas e han de pagar aos empregados, pero
impídese á clientela entrar nelas, e o que entre, a pesar de todo, é filmado e mostrado
publicamente. Marcas amarelas nos establecementos xudeus. Todo isto é incriblemente
bestial e absurdo."

Thomas Mann. Diarios, 1918-1936.

xoves 8 novembro 2018

1. Fascismo italiano.

Sabemos que Italia foi un dos países vencedores da Primeira Guerra


Mundial , mais considerouno unha vitoria “mutilada” ao non se cumprir
os compromisos do Pacto de Londres que outorgaban a Italia unha serie
de ganancias. Esa negativa dos aliados a cumprir con todas as condicións
do tratado, provocou en Italia unha sensación de descontento pola
descompensación das perdas materiais e humanas durante a guerra. É
unha sensación de engano e humillación.

O conflito tamén provocara unha situación complicada no ámbito


económico. Era un país cunha acusada asimetría: a industria
concentrábase na zona norte, mentres o resto do país era esencialmente
agrícola. As súas estruturas económicas eran aínda moi arcaicas, e a

82
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

maioría da poboación aínda se adicaba ás actividades agrícolas na súa maioría.

Italia sae moi endebedada do conflito, tendo que recorrer a créditos para compensar o seu esforzo
bélico. E hai que ter en conta a transición dunha economía de carácter bélico, a unha economía
“pacífica”, que orixina serios problemas industriais na reorientación da actividade produtiva. Ó igual
que noutros países, hai que considerar o proceso inflacionario e a débeda italiana.

Todo isto orixina unha tensa situación social na que a conflitividade daba a lugar a continuas
alteracións da convivencia urbana. Pero no campo tamén houbo unha gran axitación, en parte
tamén – en ámbolos dous casos – por eses ecos procedentes de Moscú que pretendían mobilizar
aqueles sectores máis débiles de poboación e xerar medo nos sectores dominantes.

Dende o punto de vista político, a situación italiana cambiou considerablemente dende 1919. Ese
cambio nótase principalmente no sector católico (Partido Popular Italiano; líder: Don Stuceto) e no
Partido Socialista Italiano (PSI) que experimentan un ascenso considerable. Isto ten que ver con que
no 1919 as eleccións son universais (masculinas), e o sistema electoral italiano era estritamente
proporcional (tantos votos, tantos diputados). As eleccións de 1919, en termos porcentuais, o
partido máis votado é o PSI (32,3%). Isto orixina partidos débiles con sucesivos cambios de goberno
nun contexto de axitación social e de crise económica.

EVOLUCIÓN DO VOTO ENTRE 1904 – 1919


Ano 1904 1909 1913 1919
Liberais 409 364 307 211
Católicos 3 17 28 100
Socialistas 29 38 79 156
Outros 67 73 90 40

E nese contexto posterior a 1918 é no que aparecen os chamados Fascios Italianos de Combate que
encabezaba un antigo líder socialista Benito Mussolini (Avanti). Constitúense nunha amalgama de
moi diversas procedencias políticas que inclúe dende militares, excombatentes, antigos socialistas,
sindicalistas intervencionistas, estudantes nacionalistas, inclusive anarquistas. É un grupo moi
heteroxéneo que se presenta ás eleccións de novembro de 1919. Sen embargo, ese feito non lle vai
impedir desenvolver unha actividade política na que a violencia vai xogar un papel fundamental
para dar a coñecer e impoñer as súas ideas: violencia esencialmente dirixida contra os sindicatos e
sectores de esquerda implicados en folgas e movemento. A violencia está moi presente neles
porque entre moitas outras cousas, moitos dos seus compoñentes foran soldados, inclusive de
primeira liña; para eles, a violencia era case un xeito de expresarse de maneira natural. As súas
demostracións iniciais, son sobre todo demostracións de forza, enfrontándose ós sectores
socialistas que se manifestaban nas fábricas, é dicir, manifestacións de esquerda.

83
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

ELECCIÓNS 16 / 11 / 1919
P. Democrático Sociale 10,9 60
Liberais, radicais (varios) 15,9 96
Partido Liberal 8,6 41
PPI 20,5 100
PSI 32,3 156
Outros 11,8 55

En 1921, Mussolini aceptou a proposta que lle fixo un dos vellos dirixentes da
política italiana e que fora primeiro ministro en diversas ocasións gobernando
Italia durante moitas décadas: Giolitti. Mussolini aceptou a proposta para
ingresar nunha lista nacional que o colocaría á cabeza das eleccións de 1921.
Así, conseguiu constituír un pequeno grupo de 35 deputados no Parlamento
italiano. Isto era moi relevante para a súa estratexia política, xa que lle daría a
presenza institucional que antes non tiña. Definíase como o único capaz de
frear o avance do PSI e doutros partidos que ameazaban o Estado e a nación
italana. É dicir, como garantía de estabilidade. En tanto que segue no Parlamento, segue con ese
uso cotidiano da violencia disolvendo municipios considerados inimigos (socialistas), atacando as
Casas do Pobo (sedes do PSI) e conta coa complicidade dos aparatos e poderes do Estado.

Tamén nesa época, inicia unha ofensiva para achegarse a aqueles sectores institucional e
economicamente máis influintes de Italia, como podían ser, a un lado, a Patronal da Gran Industria
(Confindustria), e polo outro, os que constituian a Patronal da Agricultura (Confagricoltura), e que
tamén contribuira a paliar as necesidades económicas fascistas do momento.

Tamén se achegan ás institucións. Nun inicio, á Monarquía (aínda que nun


inicio non se declaraban monárquicos; mais rematan por se declarar un dos
firmes defensores da monarquía italiana de Victor Manuel III – imaxe esq.)
que é un paso significativo en tanto que son conscientes de que precisan do
seu apoio. Tamén á Igrexa, que xogaba un importantísimo papel na política
italiana.

ELECCIÓNS 15/05/1921
Bloque Nacional 19,1 105
P. Democratico Sociale 4,7 29
Liberais democráticos 10,4 68
Partido Liberal 7,1 43
PPI 20,4 108
PSI 24,7 123
PCI 4,6 15
Outros 10,0 44

84
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Un paso máis nesa consolidación política ten lugar coa propia fundación do Partido Nacional
Fascista (1921). Presenta unhas características máis homoxéneas das que presentaban os Fascios
de Combate. É menos contraditorio. Mussolini centraliza todo o poder e a partir de aí, comeza unha
polítia de fustigamento de cara ós sectores socialistas e gubernamentais aludindo á súa
incapacidade para a resolución dos gobernos italianos. É unha situación propicia para un golpe
contra o Goberno Liberal, como única garantía de estabilidade.

En 1922, o Consello do Partido Fascista, propón levar a cabo unha marcha sobre a capital para
convencer ós sectores políticos de lle entregar o poder a Mussolini: a Marcha sobre Roma (29
novembro 1922). Mais é un momento no que Mussolini xa ten bastante asegurado que será
nomeado polo monarca. De feito, esta marcha
podería ser sofocada polo exército se o goberno
italiano houbese recibido esa orde por parte do
monarca. Ese anuncio de Mussolini, en todo caso,
provoca que L. Facta propoña ó monarca decretar o
estado de excepción e declarar a prohibición da
marcha. Pero Victor Manuel non só decide non firmar
o decreto e impedir a marcha, senón que nomea a
Mussolini dirixente do goberno.

Os fascistas xa tiñan o apoio social, económico e institucional. Mussolini chegou ó poder mediante
unha vía estritamente constitucional, xa que foi designado polo monarca como xefe do goberno. A
continuación, presentou ó Parlamento o seu proxecto de goberno, xurou fidelidade á monarquía e
á Constitución como o requería a Lei, e obtuvo plenos poderes do Parlamento.

Dalgún modo, o fascismo deixaba atrás eses momentos iniciais nos que facía énfasis na utilización
da violencia nas calles, aproximándose ós grupos de poder. Agora, conseguido o poder dunha
maneira legal mediante a “politiquería” que tanto criticara nos seus inicios pero que rematou por
lle favorecer, emprende o desmantelamento paulatino do Estado Democrático para establecer a
Ditadura Fascista de ambición totalitaria. Este proceso emprendido en 1922, é tido en conta unha
vez fracasa o Putsch de Múnich, para demostrarlle a A. Hitler que pode adquirir o poder pola vía
constitucional.

85
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

“Italianos: Este é o programa dun movemento italiano feito por italianos. É revolucionario porque é
antidogmático e antidemagógico; é un programa de renovación porque se levanta contra todos os anteriores
prexuízos. [...] No que concierne aos problemas sociais propugnamos:
a) A inmediata aprobación da lei que garanta e asegure a xornada de oito horas.
b) Establecemento dun salario mínimo.
c) Inclusión dos representantes obreiros na execución técnica da produción industrial.
d) Traslado de industrias e servizos públicos ás organizacións proletarias (aquelas que adquirisen a
suficiente madurez moral e técnica para iso).
e) A nacionalización inmediata dos ferrocarrís e de todos os medios de transporte.
f) Modificación das leis sobre o seguro de vellez e invalidez. Establecemento do límite de idade en 55
anos en 1 lugar de 65. [...]
Polo que respecta aos problemas financeiros:
a) Establecemento dun forte imposto sobre o capital, de tal maneira que obre como nivelador parcial
da riqueza.
b) Confiscación de todos os bens propiedade das ordes relixiosas [...].
c) Revisión de todos os contratos sobre a subministración de material de guerra e confiscación do 85 %
dos beneficios de guerra.”
Programa político dos Fasci italianii dei combattimento. Agosto de 1919.

1.1. Comeza o «Ventenio Fascista».

a. Etapa 1922 – 1926. Ultraliberal.

Momento en que ten lugar a supresión da oposición e o desmantelamento das institucións


democráticas. Seguen mantendo o uso da violencia sobre os considerados adversarios políticos.

"Fálase moito da actividade violenta dos fascistas. Nos arrogamos para nós sós o
dereito de controlala e, se o caso chega, de eliminala (...). Entre tanto e mentres o
consideremos necesario, seguiremos golpeando con maior ou menor intensidade os
cranios dos nosos inimigos, é dicir ata que a verdade penetrase neles (…) O programa
da política exterior do fascismo comprende unha soa palabra: expansionismo.”

Benito Mussolini. Fragmento dun discurso. 1921.

Agora, esas escuadras fascistas incluso terán o apoio das institucións policiais e gubernativas (cousa
que antes non posuían). E esa acción contra os inimigos políticos, foi tan violenta en ocasións que,
nalgún momento dado, algún dos socios do partido, se viu obrigado a abandonalo.

Como víramos, os fascistas tiñan moi pouca presenza parlamentaria, polo que van a convocar
eleccións para 1924; pero Mussolini fará un pequeno cambio no sistema electoral que, loxicamente,
lle favorece. Ou mellor dito, crea unha lei electoral á súa medida: Ley Acerbo (1924). Segundo ela,
o partido que obtivese un maior número de votos, automaticamente obtiña os 2/3 dos escanos, e

86
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

polo tanto, a maioría absoluta. Nese contexto de violencia política se produce tamén determinados
asasinatos de líderes políticos da oposición.

Mussolini elabora unha lista ou coalición electoral con todos aqueles partidos que o apoiaran ata
aquel momento e, como podemos supoñer, gañou as eleccións de 1924 como partido máis votado.

A violencia acadaba tales niveis que no mes de xuño, o deputado socialista


G. Matteotti foi secuestrado e asasinado pola escuadra fascista,
provocando o abandono xeralizado da oposición parlamentaria, de xeito
que o seu camiño político quedou libre para a instauración dun goberno
ditatorial. Iso sucederá a partir de 1926, xa con ningunha oposición no
Parlamento. Agora promulga as chamadas Leis Fascistísimas: disolución
de todos os partidos políticos (loxicamente, excepto o Partido Fascista), o
establecemento dun tribunal penal para xulgar a todos aqueles inimigos
considerados adversarios do fascismo; o establecemento dunha policía
Giacomo Matteotti
política encargada de perseguir a tódolos considerados desafectos; e a
limitación de tódolos dereitos e liberdades dos cidadáns italianos (supresión da liberdade de prensa,
asociación, reunión, etc.). Mussolini: convertido en duce ou caudillo.

“En plena noite, cando a xente honrada está na súa casa, durmindo, os camións dos
fascistas chegan ás pequenas aldeas situadas no medio do campo, ou aos caseríos
dalgúns centenares de habitantes. Chegan en compañía dos dirixentes da Agraria local
(organización patronal), naturalmente, sempre conducidos por eles, pois pola contra
sería imposible, en plena escuridade. recoñecer a casa do xefe da liga (o sindicato
agrario local) ou a pequena oficina de colocación. Chegan ata unha das casas e óese a
orde: «Rodeade a casa». Son de vinte a cen homes armados con fusís e revólveres.
Chaman ao xefe da liga e ordénanlle que baixe. Se este non obedece #dicir: «Se non
baixas, queimaremos a casa, coa túa muller e os teus fillos». Entón o xefe da liga baixa.
Ábrese a porta, cólleno, átano, sóbeno ao camión, onde lle someten ás torturas máis
inverosímiis, simulando que o van a afogar ou a matar, e despois abandónano en pleno
campo atado a unha árbore, espido. Se, pola contra, leste é un home con agallas, que
non abre a porta e utiliza algunha arma para defenderse, entón o resultado é o asasinato
inmediato do cento por un.”

Matteotti. Discurso de marzo de 1921.

Un ano despois, en 1927, promúlgase a Carta del Lavoro, segundo a cal desaparecían tódolos
sindicatos de clase, sendo substituídos por unha nova institución, que eran as Corporacións segundo
os sectores produtivos, que integraban – tecnicamente – tanto ós traballadores como ós patronos
industriais, nun intento por “rematar” con esa loita de clases que consideraban unha das grandes
ameazas que asoballaban á nación italiana. No fondo, as corporacións non eran outra cousa que
unha forma de intervención do Estado na economía, un sistema que establecía un estrito control
sobre os traballadores italianos, que xa non podían dispoñer de sindicatos independentes, e que
beneficiaba amplamente ós sectores empresarias. Era, en definitiva, unha maneira de someter ós

87
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

traballadores, aínda que teoricamente dicíase que pretendían harmonizar os intereses de


traballadores e empresarios co fin de evitar a conflitividade social. A Carta del Lavoro vai ter unha
gran influencia sobre un documento similar que foi adoptado polo Franquismo en España: o Foro
do Traballo. O fascismo italiano tivo moita influencia no Franquismo, especialmente nos sus
primeiros anos. Ó tempo que estendía o control sobre os traballadores, pretendía amplialo a tódolos
sectores da poboación, integrándoos en diversas institucións que obedecían ós mecanismos
ideolóxicos fascistas e que servían para xustificalo fronte as masas (exemplos: Dopolavoro, para a
regulación do ocio e do tempo libre dos traballadores; igual que facían os estudantes a través da
Juventu Italiana, ou os Balilla). En definitiva, tratábase de integrar a tódolos cidadáns en
determinadas organizacións inspiradas nos principios fascistas para controlalos ó tempo que
socialiazaban a súa ideoloxía de xeito transversal. Esa era, en todo caso, a súa ambición.

“El (Mussolini) é nomeado e revogado polo rei ante o cal é responsable da orientación
da política xeral do goberno; é a encarnación suprema do poder executivo; elixe os seus
ministros que son responsables ante o rei, pero tamén ante el; el decide o número de
ministerios e pode asumir persoalmente varias carteiras ministeriais; forma parte do
Consello de tutela dos membros da familia real e exerce as funcións de chambelán da
Coroa; as Cámaras non poden abordar ningunha cuestión sen o seu consentimento
previo; transcorrido un prazo de tres meses, ten o dereito para volver a presentar un
proxecto de lei previamente rexeitado por unha das dúas Cámaras; do mesmo xeito pode
tramitar e someter a votación dunha das dúas Cámaras unha proposición de lei
rexeitada pola outra Cámara (...). Quenquera que atenche contra a vida, a integridade
física ou a liberdade do xefe do goberno será merecedor dunha reclusión cuxa duración
non será inferior a quince anos, e en caso dun atentado fatal, castigaráselle coa pena de
morte. Quenquera que ofenda con actos ou palabras ao xefe do goberno será castigado
cunha pena de reclusión de seis a trinta meses.”

Lei do 24 de decembro de 1925.

"Aos poucos os defectos desaparecen e o fascismo preséntase chamado a dirixir os


destinos do pobo italiano. É a forza nova, que sinala o advenimiento dos tempos novos.
Levamos esta soberbia confianza no noso espírito, sentimos que regula o ritmo do noso
corazón e non ignoramos que co fascismo traballa a mocidade máis sa, máis bela, máis
ardente de Italia (…). Moi pronto os conceptos de fascismo de Italia confundiranse nun
mesmo pensamento. Porque a nosa fórmula, creación dun réxime político novo, é a que
segue: “Todo no Estado, todo por e1 Estado, nodo fose do Estado.” Ademais,
achegando á vida todo o que sería un grave erro confinar na política, crearemos (..) a
xeración nova. Cada un cumprirá un deber determinado. Ás veces sorrime a idea de (…)
creación de clases: unha clase de guerreiros presta a morrer, unha clase de xuíces
competentes e rectos, unha clase de gobernadores enérxicos e autoritarios, unha clase de
explotadores intelixentes e atrevidos, unha clase de soberbios capitáns de industria.
Unicamente por esta selección metódica sistemática créanse as grandes categorías, as
cales á súa vez crean os grandes imperios."

88
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Benito Mussolini. O fascismo exposto por Mussolini. 1934.

 Os Pactos de Letrán como punto de inflexión entre as relacións Estado Italiano – Estado
Vaticano:

Eses anos iniciais da primeira década que pasan no


poder, leva algunha iniciaitvas no ámbito
diplomático interno, das que a más importante é a
que os levou a firmar os famosos Pactos de Letrán
(11 febreiro 1929; Mussolini e Gasparri) co Vaticano.
Isto supoñía un cambio sustancial no que foran ata
entón as relacións Vaticano – Estado Italiano, que
estiveran moi enfrontados sen sequera exisitr
relación diplomática entre eles. Deste modo, Mussolini achégase a todos os sectores italianos
católicos, que ven nel unha figura capaz en chegar a acordos co Vaticnao, supoñendo un
afianzamento para si mesmo.

Ao mesmo tempo, o Estado Vaticano se comprometía ó recoñecemento diplomático do Estado


Italiano e facía a Mussolini unha especia de símbolo da Italia fascista. Era un cambio fundamental
para todos os italianos na medida en que o Estado laico pasaba ser un Estado católico, co todo o
que iso supoñía de presenza relixiosa do catolicismo a nivel institucional e educativo. Iso non
significa que desaparecesen totalmente as polémicas entre Vaticano – Estado Italiano, que si as
houbo, pero modificaba substancialmente as relación entrambos, esencialente en tanto das
políticas asociacionistas. O Estado italiano pagaba unha indemnización polos prexuizos que lle puido
causar en épocas pasadas ó Estado Vaticano.

 Política natalista:

Desplega unha importante campaña en favor do aumento da natalidade. Para Mussolini e o


Fascismo era necesario un aumento demográfico (o que logo foi esgrimido para xustificar o seu
Imperialismo). É unha política natalista que funciona mediante incentivos ás familias e impositiva
para os solteiros.

 A superioridade racial:

Dicíamos que a superioridade racial era algo que


identificaba plenamente ó nacionalsocialismo,
pero no caso italiano, aparece de xeito tardío, ós
inicios da Segunda Guerra Mundial. O Manifesto
della Razza (25 agosto 1938). A ocupación de
Etiopía (Abisinia) xustificouse deste xeito; pero a
cuestión antisemita non apareceu ata os anos
corenta por influencia do nacionalsocialismo. Leis

89
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

antisemitas: segregación racial xudeus/italianos no ámbito político (non podían pertencer ó Partido
nin ás Institucións), educativa (non poden pertencer ás Escolas Nacionais). O que si estaba na orixe
era a idea de superioridade étnica e racial, e se manifestou sobre todo cando as campañas africanas.

 A política económica:

Como dicíamos que era complicado establecer unha caracterización do Fascismo nos tempos
iniciais, igual ocorre no asunto económico. Como poderíamos calificar a súa política económica
segundo as dúas manifestacións de Mussolini pouco antes de acceder ó poder? Ultraliberal
(manchesteriano) e nada partidario da intervención do Estado na economía (hai que adelgazar o
estado e sacarlle o control sobre os sectores económics que aínda domina para os deixar ó son da
iniciativa privada). Esta primeira política económica é propia da primeira etapa (1922 – 1926:
liberal). Leva a cabo unha privatización da economía en mans do estado que conlevou a supresión
de determinados controles do goberno sobre a economía e que proviñan do tempo da Primeira
Guerra Mundial; supuxo a eliminación dalgúns monopolios do Estado. A concesión de incentivos ó
capital estranxeir para que fixera investimentos no país, a eliminación de determinados impostos
sobre os beneficios das empresas e o establecemento de toda serie de axudas para empresas en
crise ou que se viron perxudicadas pola coxuntura economica. O ministro de finanzas ata 1926 será
De Stefani, que pertencía ó ambito das grandes finanzas.

O Estado italiano intervén para evitar a creba e salvar entidades financeiras como o Banco di Roma
ou a Banca Italiana Disconto con cartos públicos; socializa os gastos, dito doutra maneira (como o
que ocoorreu en España fai uns poucos anos, exactamente igual). Tamén pretende salvar industrias
como Ansaldo ou Ilva (grandes corporacions siderúrxicas do aceiro e do armamento). É unha política
estritamente liberal, manchesteriana.

“Queremos privar al Esado de todos sus poderes económicos. Basta ya del ferroviario estatal, del
cartero estatal, del asegurador estatal. Basta ya de un Estado mantenido a expensas de los
contribuyentes que pone en peligro las exhaustas finanzas del Estado italiano”.

“Nuestra política será completamente liberal. El Gobierno fascista inauguraría una nueva era de
libertad económica, gastaría menos e ingresaría más, equilibraría las exportaciones y las
importaciones, aunque hacerlo significara que los italianos tuvieran menos que comer, y el gasto
público se reduciría al mínimo”.

Entrevista Manchester Guardian, 20/10/1922.

b. Etapa 1926 – 1930: Intervencionista.

 A política económica:

A partir de 1926 comeza a abandoar esta liña liberalizadora, e a ter unha atitude máis
intervencionista e dirixista. En certa medida, xa vimos como a Carta del Lavoro era unha medida de
intervencionismo no ámbito produtivo. Nesta época, ese dirixismo evidénciase na posta en marcha
dalgunhas das chamadas “grandes batallas” da economía. Emprende a Batalla do Trigo, que tiña

90
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

como obxectivo fundamental, incrementar o nivel do autoabastecemento de Italia en cereais,


esencialmente en trigo. Sabedes que os italaianos consumen bastante pasta non, e a pasta faise con
trigo. O obxectivo era non depender das importacións para o abastecemento alimentario de Italia.

En 1937 chégase, senón ó autoabastecemento, casi. Pero para iso, o Estado viuse obrigado a
sacrificar outros cultivos, que is houbo que importar ainda que en menor medida.

PRODUCIÓN DE TRIGO (MILL. QUINTAIS)

80
70
60
50
40
30
20
10
0
1913 1919 1928 1937

No ámbito financeiro, a batalla que tenta Mussolini, é a Batalla da Quota Novanta (Quota 90, antes
153) (1927). Tenta manter unha equiparación entre a libra esterlina inglesa e a libra italiana.
Empéñase en manter esa equivalencia. O que vai a supoñer, é a dificultade, en gran medida, da
exportación de produtos italianos nun mundo en que a maioría dos países procedían a dvaluación
das súas moedas. Isto supoñía que o aumento do valor da moeda italiana dificultaba súa
exportación, facéndoas menos competitivas. O que fai o goberno para que as exportacións gañen
competitividade, é baixan os salarios nun 10% mediante os acordos das Corporacións.

Inicíaronse distintas actuacións en diversos ámbitos: campañas de saneamento na agricultura


(desecación de pantanos no val do Po, por exemplo, e que se poñen novamente en produción; isto
tamén ocorre na política agraria franquista: consturción de autopistas, grandes edificios, etc.). Todo
isto tamñen formaba parte dunha actividade propagandística que tentaba demostrar os triunfos
fascistas.

Se manifestaban algúns desaxustes económicos, pero ata 1929, máis ou menos, íanse mantendo.
Mais 1929 supuxo un auténtico shock para a economía italiana, aínda endebedada con algúns
países como os EE.UU. A crise é intensa: diminúen as exportacións, pechan fábricas, aumenta o
desemprego, Mussolini vese obrigado a devaluar a moeda nun 40% pese aos seus previos esforzos,
etc. Esta política económica iniciada a comezos dos anos 30, ten o obxectivo fundamental de
consecución da autarquía. Que Italia se autoabastecera de todos aqueles produtos de primeira
necesidade sen contar para nada co mercado exterior, é dicir, coas importacións. Isto vai a levar a
un maior control da economía por parte do Estado. Esta política autárquica vaise acentuar polos
acontecementos de 1935 – 1936: teñen que ver coa conquista de Etiopía, que supón que a
Sociedade de Nacións estableza unha serie de sancións económicas contra Italia. En 1936 estábase
cada vez máis preto do segundo conflito mundial que asolou Europa, e segundo a concepción de
91
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Mussolini, a independencia económica era a base fundamental da independencia política dun país;
e iso era especialmente así en caso de conflito bélico no que o primeiro que se producía era unha
alteración de tódolos circuítos comerciais, correndo o risco de quedar illado de tódalas importacións
xerando serios problemas de abastecemento. Así pretendeu o autoabastecemento, esencialmente
en certos sectores estratéxicos. Esa tendencia autárquica está orientada, en gran medida, de cara o
inicio da Segunda Guerra Mundial, é dicir, de cara unha economía de guerra.

A situación pola que pasa a industria, ou algúns dos sectores industriais


italianos nestes tempos, foi o suficientemente negativa como para que
Mussolini crease unha nova institución denominada Instituto de
Reconstrución Industrial (I.R.I.) que tiña o obxectivo de levar a cabo
investimentos naqueles sectores nos que a iniciativa privada consideraba
escasamente interesante dende o punto de vista dos beneficios. Tamén
se empregou para salvar a algunhas empresas en crise. E tamén foi un
modelo copiado polo franquismo nos seus primeiros intres, e chamoulle
I.N.I. (Insituto Nacional de Industria).

 Política exterior:

En canto á política exterior italiana, nun primeiro momento, a Italia de Mussolini seguiu mantendo
a súa alianza tradicional cos Aliados Occidentais (Gran Bretaña e Francia). É máis, Mussolini incluso
desconfiaba dalgúns dos obxectivos que establecera Hitler na súa dinámica exterior (conseguir a
unificación con Austria). Mais, por que motivo lle preocupaba a Mussolini ese obxectivo de Hitler?
Polo conflito tradicional territorial no norte de Italia. Mussolini temía que unha Austria anexionada
a Alemaña podería converterse nunha gran potencia capaz de reclamar o norte de Italia. E para
evitar esa posibilidade, Gran Bretaña, Francia e Italia, firman o Pacto de Stresa (abril 1935) que
declara a independencia de Austria. É dicir, que estes tres países estaban en contra da anexion
austríaca ó Estado alemá, como unha garantia da súa independencia. Cando se produce o asasinato
do canciller austríaco Dollfuss, Mussolini despraza o seu exército á fronteira con Austria para lle
facer saber a Alemaña que non vai admitir un cambio de goberno, e moito menos a anexión.

Isto cambia en 1935/36, cando Italia inicia por fin a conquista de Etiopía nese proceso de construción
dun Imperio Mediterráneo. Pero a conquista de Etiopía foi considerada unha ameaza por Gran
Bretaña e Francia. Non porque ingleses e franceses estiveran preocupados polos etíopes, pero para
ingleses e franceses, o feito de que Italia ocupara a zona de Somalia – Eritrea, e aínda porriba Etiopía,
significaba que debilitaban as súas posicións en África. A Sociedade de Nacións condenan a política
expansionista italiana. Alemania, pola contra, vaia a apoiar efectivamente a Italia na conquista,
porque pretende dividir esa coalición occidental, buscando un aliado no sur de Europa como unha
vía mediterránea que empregaban ingleses e franceses camiño á India. Iso significa un cambio total
na política exterior Italia: pasa da gran alianza franco – británica a unha “gran amizade” entre Hitler
e Mussolini.

Esta alianza Alemaña – Italia culmina co Pacto de Aceiro (22 maio 1939 – Ciano e Hitler). Será o
pacto que provoque o ingreso de Italia na Segunda Guerra Mundial.
92
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Foi destituido e detido para definir un Goberno Provisional (Badoglio). Foi detido e levado a unha
prisión nos Apeninos e estando alí, foi liberado por un operativo das S.S. do exército alemán,
encabezado por Otto Schorzeni. A iniciativa de Hitler, Mussolini volveu a tomar o poder naquela
parte de Italia que non fora lierada polo aliafdos e que pasou a ser coñecida como República de Saló
ou República Social italiana. Isto era un auténtico goberno títere en mans de Hitler, que unicamente
servía de tapadera nazi para ocupar militarmente toda esa zona e etablecer unhas liñas defensivas
fronte ao avance dos aliados.

A República de Saló durou o tempo que aguantou Alemaña as ofensivas aliada, que a medida en
que avanzaban, rematou por desaparecer. A República de Saló foi configurada como unha república
e non como unha monarquía sen desenvolver máis actividade política que a contribución a
obstaculizar o avande dos aliados durante a Segunda Guerra Mundial. Iso sí, unha das accións que
levou a cabo neste periodo, foi unha especie de axuste de contas con gran parte daqueles que o 25
de xullo de 1943 firmaran a súa destitución, ordenando a execución de cinco daqueles altos
dirixentes (entre os que estaba o Conde Ciano, casualmente casado cunha filla de Mussolini). “En
cuestións tales, lembremos a sabiduría de Vito Corleone: a familia é o primeiro”.

A fin: Mussolini é executado en Piazza Madonna polos partisanos. “A fin de contas, Mussolini
rematou onde empezou pero cabeza abaixo”.

Xoves 15 novembro 2018

2. Fascismo alemán.

Alemaña despois de Versalles. Inflación, desemprego, inestabilidade social e política, son os rasgos
dos primeiros anos da República de Weimar. En 1920 nacía o Partido Nacionalsocialista capitaneado
por Adolf Hitler, austríaco de orixe e combatente na I Guerra Mundial no exército alemán, onde
ascendeu a cabo. Foi un enconado adversario do Tratado de Versalles, e inimigo daqueles socialistas
que, na súa opinión, deran unha puñalada polas costas ó exército alemán. En definitiva: nacionalista
e antisemita.

En 1919, Baviera entra en contacto cun novo grupo político: D.A.P., antisemita e panxermanista
composto esencialmente por artesáns. En 1920 prodúcese o cambio de nome do partido, que pasa
a chamarse Partido Nacionalsocialista dos Traballadores, ó tempo que adopta un novo programa
político de 25 puntos e que permanecerá invariable ó longo deste período. Neste programa, en boa
medida, podemos ver aqueles elementos máis definitorios desa ideoloxía nacionalsocialista. A súa
estratexia política atopaba a solución nun golpe de
asalto ó poder por medio da violencia. O Pustch de
Munich (novembro 1923) é o exemplo
paradigmatico desa estratexia de acceso ó poder
nun golpe no que participan antigos altos militares
alemáns (Ludendorff) xunto con membros de
grupos ultranacionalistas. Este intento fracasa
totalmente, levando a Hitler e ós seus cabecillas ó
PUSTCH DE MUNICH
cárcere por pouco tempo – uns meses – e será útil
93
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

en tanto que convence a Hitler dunha nova


táctica de acceso ó poder mediante o
constitucionalismo definido pola República de
Weimar. O fracaso golpista de 1923, significou
a definición do futuro procedemento
estratéxico, que quedará definido no Mein
Kampf.

Unha vez sae do cárcere, Hitler acomete unha


reorganización do partido e constitúese unha
garda persoal do führer (S.S.) e un grupo
paramilitar asociado a esta (S.A.). Estes son os
anos de estabilidade económica, crecemento, estabilidade política, e nesa segunda metade da
década de 1920 este partido continúa sendo minoritario e con pouca intervención na vida política.
En 1928, tan só contaba con doce deputados no Parlamento Alemán.

1. Esiximos a unión de todos os alemáns para constituír unha gran Alemaña, fundada no dereito da
independencia de que gozan as nacións.
2. Esiximos para o pobo alemán a igualdade de dereitos nos seus tratados coas demais nacións e a
abolición dos Tratados de Paz de Versalles e Saint-Germain.
3. Esiximos espazo e territorio para a alimentación do noso pobo e para establecer ao noso exceso
de poboación.
4. Ninguén, fóra dos membros da nación, poderá ser cidadán do Estado. Ninguén, fóra daqueles por
cuxas veas circule sangue alemán, sexa cal for o seu credo relixioso, poderá ser membro da Nación.
Por conseguinte, ningún xudeu será membro da Nación.
24. Esiximos a liberdade para todas as denominacións relixiosas dentro do Estado mentres non
representen un perigo para este e non militen contra os sentimentos morais da raza alemá. O Partido
defende, no seu carácter de tal, a idea do cristianismo positivo, máis non se compromete, en materia
de credo, con ningunha confesión en particular. Combate o materialismo xudeu infiltrado entre nós
e está convencido de que a nosa nación non logrará a saúde permanente senón dentro de si mesma
e grazas á aplicación deste principio.
PROGRAMA DO PARTIDO OBREIRO ALEMÁN, 1920

A ideoloxía que expón está condensada, por unha parte, neses 25 puntos, mais tamén no Mein
Kampf, especialmente no primeiro tomo. Non é un proxecto ideolóxico moi argumentado e definido
porque é un discurso caótico e pouco estruturado; en todo caso si podemos apreciar algúns
elementos fundamentais na súa ideoloxía e que en certa medida o particularizan cos demais
fascismos europeos.

94
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

• Concepción biolóxica da nación alemana. A superioridade da raza branca, e dentro desta, a


da poboación de orixe aria. A existencia dunha serie de etnias que ocuparan os demais escalóns
inferiores.

⎯ Darwinismo social. Unha lectura de Darwin para a sociedade: sobrevivirán os máis fortes.

⎯ A necesidade de que este substrato biolóxico permaneza sempre inalterable: defensa da


pureza racial; e polo tanto, a prohibición da mestura poboacional que envilece e dexenera
o substrato biolóxico alemán puro.

⎯ E dentro da poboación aria, considera que aqueles que padezan algún tipo de discapacidade
psíquica deben ser eliminados: aplicación de métodos euxenéxicos na mesma poboación
aria. Eliminación sistemática aqueles alemáns con discapacidades psíquicas.

⎯ Forte tradición antisemita, que se convirte nunha idea obsesiva a raíz da “puñalada polas
costas” á nación alemá. Materialízase no fustigamento e persecución ó pobo xudeu que nun
determinado momento fundaméntase nun aparato legal.

• Panxermanismo. Idea dunha gran


Alemaña na que convivan todos os
seus pobos xunto coa necesidade de
construir un espazo vital que
posibilite a construción dese gran
Imperio. Veremos a súa aplicación
práctica nos tempos sucesivos.
Tamén ligado a este proceso
expansionista, está a tentativa de
rematar coa maior humillación
sufrida por Alemaña dende a súa existencia como Estado: O Tratado de Versalles. Estará moi
presente no discurso nacionalsocialista dende un primeiro momento.

En 1928 os nazis tiñan doce deputados, pero coa crise do 29 e os sucesivos gobernos que non foran
capaces de mitigar os seus efectos, van acadar cada vez máis presencia parlamentaria e federal.
Acadará case 1/3 dos votos (33%) nas eleccións de 1932. Isto situaba a Hitler nunha posición
excepcional para ser nomeado chanceler. Vai aproveitar esa incapacidade dos outros partidos para
chegar a un acordo e acadar unha certa estabilidade política. Vai acadar tamén apoios doutros
partidos de dereita para presionar a Hidenburgh e que este rematase por nomear chanceler a Hitler
(persoa á que despreciaba bastante, polo que non tiña intención de cumprir). Mais dados os apoios,
non terá máis remedio que delcaralo en 1933.

Partidos como o de Von Papen estaban convencidos de que poderían controlar a Hitler unha vez
fose nomeado chanceler. Aínda que o que aconteceu demostrou que estaban bastante
equivocados. Como dicíamos, o PNS recadara un 33% dos votos, votos que proceden de tódolos
sectores da sociedade alemana: pequena – mediana burguesía aterrada polo avance do comunismo,
clases medias acomodadas procedentes das profesións liberais, desempregados e obreiros
95
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

desfavorecidos. É un partido de carácter nacional con audiencia en tódolos escalóns da cidadanía,


o que lle concedeu capacidade de manobra con respecto ós demais partidos de dereita e de centro
para acceder ó poder, facilitando o seu nomeamento como chanceler. Produto deses apoios, vai ser
o seu primeiro goberno, que ó igual que fixera Mussolini, non vai confeccionar un consello de
ministros só con membros do partido, senón un nos que os ministros nacionalsocialistas serán a
franca minoría, sendo minoría os procedentes doutros partidos de dereitas ou vinculados a
determinados sectores económicos ou soicais de dereita. É unha táctica que tamén empregara
Mussolini nun primeiro momento. De feito, Von Papen será parte deste consello, de aí que
concebise nun inicio a facilidade de control sobre o novo chanceler.

ELECCIÓNS AO REICHSTAG 6/11/1932


PARTIDOS VOTOS % ESCANOS
NSDAP 11.737.395 33,1 196
SPD 7.251.690 20,4 121
KPD 5.980.614 16,9 100
ZENTRUM 4.230.545 11,9 70
DNVP 3.792.563 8,3 52
BVP 1.206.247 3,1 20
DVP 660.889 1,9 11
DDP 336.447 1 2
OUTROS 12
TOTAL 35.196.390 584

Hitler era un político cauto que se asegurara a colaboración da policía, e a través das S.A. como
forzas parapoliciais tiña garantizado o control das cidades, e polo tanto, o control do país. Dende
que chega ó poder, o seu labor centrarase en desmantelar todo o entramado constitucional de
Weimar, coincidindo con aqueles políticos de dereitas que nunca apoiaran o sistema. E por outra
banda, comeza a suprimir a aqueles inimigos políticos que puidesen supoñer un obstáculo para a
súa consecución dictatorial. Vai ter unha gran ocasión para iniciar esta política de supresión da
oposición nos acontecementos de febreiro de 1933: o incendio do Parlamento Alemán (Reichstag).
Empregaráo como o gran argumento apra solicitar plenos poderes ó parlamento e suprimir os
partidos. Deste incendio foron culpados os comunistas alemáns, sendo detido un antigo militante
comunista holandés que naquel momento era unha persoa psicoloxicamente enferma; pero os
nacionalsocialsitas aproveitan o feito para culpar ó Partido Comunista Alemán e emprender unha
política de persecución: en catro días son detidos máis de 4.000 militantes do partido e son
eliminados os sindicatos de orientación comunista.

Hitler solicita a aprobación parlamentaria da Lei de Protección do Estado e da Nación Alemana, que
supoñía que disporía de amplos poderes para gobernar sen ter en conta ó Parlamento. Eses amplos
poderes empregounos para limitar as liberdades individuais e democráticas, alegando sempre á
necesidade de dotar de seguridade ó Estado. Neste contexto celébranse as eleccións de marzo de
1933, nas que buscaba unha maioría absoluta que non alcanza.
96
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

"Somos un partido antiparlamentario, con bos fundamentos, que rexeitamos a


Constitución de Weimar e as institucións republicanas por ela creadas; somos inimigos
dunha democracia falsificada, que inclúe na mesma liña aos intelixentes e os parvos, os
aplicados e os preguiceiros; vemos no actual sistema de maioría de votos e na
organizada irresponsabilidade a causa principal da nosa crecente ruína. Que imos facer
por tanto no Reichstag? Imos ao Reichstag para procuramos armas no mesmo arsenal
da democracia. Facémonos deputados para debilitar e eliminar o credo de Weimar co
seu propio apoio. Se a democracia é tan estúpida que para este mester facilítanos dietas
e pases de libre circulación, é asunto seu. (…). Tamén Mussolini foi ao Parlamento. E a
pesar diso, non tardou en marchar coas súas camisas negras sobre Roma.”

J. Goebbels. Artigo en Der Angriff. 1928.

Uns poucos meses despois, en xullo dese mesmo ano, tras


persecucións, é ilegalizado o Partido Socialdemócrata, que fora
o maior partido de masas ata entón. E a continuación, nas
seguintes semanas, decreta a supresión de tódolos demais
partidos políticos, incluído o centrista Partido Católico. É dicir,
que todos aqueles que pensaban que poderían controlalo unha
vez ascendera ó poder, ven como non só son incapaces, senón
tamén como son ilegalizados ou sometidos polo PNS. Deste xeito,
practicamente quedaba desmontado o Estado democrático de
Weimar. Hitler conseguira en moi poucos meses eliminar a
tódolos seus supostos adversarios políticos, e unha vez o fixo,
pasou a eliminar aqueles que dentro das súas propias filas podían
obstaculizar os seus obxectivos. Estámonos a referir a algúns sectores das S.A., das tropas de asalto,
como Röhm ou Heines, que podían constituír un impedimento para os seus intereses. Hai que ter
en conta que nese momento, as S.A. xa estaban constituídas por centos de miles de membros, non
é unha organización tan pequena como as S.S. Algúns dos líderes das S.A., tiñan ademais, en
ocasións, un discurso que non era visto con simpatía por determinadas elites político – económicas,
porque tiñan feito gala dunha linguaxe supostamente esquerdista (falaban de nacionalización de
empresas, por exemplo), e porque garantían a posibilidade de se converter no auténtico exército
alemán.

O verdadeiro exército estaba limitado por Versalles, sendo as S.A. moito máis amplas
cuantitativamente. Unha das esixencias que lle fai o alto mando alemán é precisamente a de que
someta ás S.A. á súa disciplina. Coa eliminación destes dirixentes acadaba dous obxectivos: someter
de xeito directo ás S.A. e ó tempo compracía ó alto mando militar, que se comprometía co seu
goberno sempre que impedise que as S.A. puidesen ameazar o monopolio da forza que tiña o
exército.

Pouco tempo despois falecía o presidente Hidenburgh, acumulando Hitler o título de Presidente da
República, controlando xa tódolos poderes e elementos do Estado. Está listo para instaurar o

97
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Estado Totalitario. Foron momentos nos que todos os cidadáns alemáns que non compartían o
ideario nazi, estaban en risco de ser enviados ós campos de concentración. De feito, o primeiro que
se constrúe é o de Dachau (1934) para presos políticos.

“Tanto o nazismo como o fascismo italiano lograron agrupar un núcleo considerable de


apoio dentro da clase obreira que non se obtivo -na miña opinión- pola promesas tan
liberalmente formuladas de rescatala do desemprego e a penuria (aínda que é
indubidable que tiveron certa influencia, especialmente nas primeiras etapas do
desenvolvemento do movemento). A maioría do apoio obreiro foi atraído ao nazismo
moito máis polo seu intransixente nacionalismo e racismo que polo seu atractivo
económico.”

G.D. Cole. Historia do pensamento socialista. Socialismo e fascismo, 1931-1939. 1940.

Hai todo un proceso de represión contra os opoñentes ó réxime, xunto cunha exaltación de todo o
considerado alemán. Asisten os alemáns entre 1934 – 35 a espectáculos públicos consistentes na
queima de libros considerados “antialemáns” ou “disolventes”: desde Hegel, Marx, Thomas Mun,
libros de auto de xudeus, etc. E o mesmo sucede con todas as manifestacións artísticas, condenadas
como arte dexenerado mentres se exaltaba o modelo de arte tradicional que ensalzaba sobre todo
as supostas virtudes do pobo alemán.

Progroms e leises antisemitas (15 – 9 – 1935):


Esa política de control pasaba en todo caso por unha solución definitiva ó problema da poboación
xudía. A poboación xudía, nese momento, nin sequera supuña o 1% da poboación. No censo de
1930 estímanse en torno a 500.000 xudeus en toda Alemaña sobre 65 millóns (aprox.) de cidadáns.
A poboación xudía foi acosada dende – ó igual que os opositores – o primeiro momento no que
Hitler accede ó poder. Sanciónase legalmente a tentativa antisemita.

As Leises de Núremberg van supoñer a


definitiva legalización da persecución ó
pobo xudeu, obrigando unha serie de
prohibicións como a de mestura cos
nacionais alemáns. Defínense toda unha
serie de límites respecto ós matrimonios
xudeus – arios co fin de evitar a
“dexeneración” desa pureza racial aria.
Tiña que ser un matrimonio
previamente autorizado que
demostrase a súa ascendencia familiar.
«Isto é un absoluto disparate, non lle
imos dedicar máis tempo».

98
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Recomendación de cine: Infiltrado no Ku Klux Klan, Spyke Lee.

Os outros países foron conscientes do significado da aplicación das leises de Nuremberg. E a


inicitiavia de Roosevelt convocaron unha reunión en Suíza para tratar unha solución para a
persecución xudía en Alemaña. Non chegaron a ningún acordo, aínda estando de acordo en que era
unha situación preocupante, porque ningún dos países estaba disposto a acoller semellantes
cantidades xudías nas súas fronteiras.

Profundamente convencido de que a preservación do sangue alemán é a condición primeira da


supervivencia do pobo alemán e animado da irredutible vontade de asegurar definitivamente o porvir
da nación alemá, o Reichstag adoptou por unanimidade e promulga a seguinte lei:
Artigo 7: 1. Quedan prohibidos os matrimonios entre xudeus e súbditos de sangue alemán ou
asimiladas. Os matrimonios concertados a pesar desta prohibición son nulos de todo dereito, mesmo
se, para burlar a lei, fosen contraídos no estranxeiro. 2. Só o Procurador pode invocar unha causa
de nulidade.
Artigo 2: Quedan así mesmo prohibidas as relacións extraconyugales entre xudeus e súbditos de
sangue alemán ou asimilado.
Artigo 3: Queda prohibido que os xudeus contraten como empregadas de fogar a mulleres de sangue
alemán ou asimilado, de menos de 45 anos
Artigo 4: 1. Queda prohibido que os xudeus enarboren ou engalanen coas cores nacionais. 2. En
cambio, poden engalanar con coloréeos: xudeus. O exercicio deste dereito queda garantizac: polo
Estado.
LEIS DE NÚREMBERG 15/09/1935

A Noite dos Cristales - Kristalnacht (10 novembro 1938):


As S.A. levan a cabo detencións e envíos a campos de miles de
xudíos, incendios de sinagogas, etc. Mentres Hitler e Goebbels
chamaban á pacificación, as súas forzas militares levaban a
cabo un auténtico progom sobre os xudeus. Como vemos, a
política antisemita, de todos xeitos, foi aumentando.

Un dos máximos responsabes do xenocidio xudeu foi A.


Eichmann (quen fuxira a Arxentina e foi capturado polos
servizos secretos xudeus e condenado a morte en Xerusalén), que estivera nos anos 90 en Xerusalén
tentando enviar á poboación israelí a Palestina.

Pero cando integra Austria e avanza cara Polonia ocupando a URSS, o problema dos xudeus
convértese nunha imposible solución (xa que só concebían un exterminio definitivo), polo que
planifican unha supresión sistemática a través dos campos de exterminio.

99
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

O Estado Totalitario
En canto á instauración do Estado Totalitario, Hitler tenta encadrar todos os segmentos da
poboación dentro das organizacións nacionalsocialistas: asociacións xuvenís, femininas, etc. Un
intento por controlar o conxunto social. Igual ocorre no caso dos traballadores en canto á
constitución da Fronte Alemá do Traballo, que aglutinaba a tódolos traballadores e empresarios
alemáns en algo similar – senón exactamente igual – a aquelas corporacións que establecera
Mussolini para rematar coa loita de clases; e para o nacionalsocialismo, a loita de clases tamén era
un dos principais disgregadores da nación alemana. Esta fronte non cumpría outra función máis alá
que a de someter ós traballadores ás demandas do nacionalsocialismo (política de tutelaxe e
control que impídese calquera tipo de protesta e alteración da vida laboral alemana, favorecendo
especialmente ós empresarios). Era un elemento máis nese proceso de integración cidadá no
nacionalsocialismo.

Construíron a través de todas estas asociacións un gran entramado institucional favorable ó


totalitarismo. Inclusive aquelas organizacións que tiñan como obxectivo planificar e controlar todas
as actividades culturais da poboación alemana: controlar á poboación non só no traballo, senón
tamén durante os seus momentos de ocio/ vacacións (Kraft Durck Freude – Forza pola Alegría),
tendo certo parecido con aquela organización italiana Dopolavoro.

No caso das mulleres, a proposta nacionalsocialista é tremendamente tradicional (nenos, cociña e


Igrexa). “Kinder/Küche/Kirche”.

Exposición de arte degenerado (19/09/1937). Entartete Kunst


(Arte degenerado), foi a expresión adoptada polo réxime nazi
alemán para describir toda esa arte moderna, unha abominación
que os nazis combateron cunha dos seus mellores armas: a
propaganda. Prohibidas como arte «non alemán» ou directamente
«arte xudía» ou «arte comunista», as obras de 112 artistas de
vangarda foron obxecto de burla, e mesmo o aparello nazi
comisionó varias exposicións para que a poboación puidese
ridiculizarlas.

100
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Economía
Hjalmar Schacht, foi un político e financeiro alemán, Ministro de Economía do Terceiro Reich entre
1934 e 1937.

A economía alemana deste período podemos dividila en dous grandes subperíodos: ata 1936, o
goberno alemán emprega unha política paliativa e liberal contra a crise; e dende 1937 en diante,
ponse en marcha unha política cun obxectivo claramente autárquico, nun momento en que se
anunciaba o inicio da II Guerra Mundial.

O principal mando económico reside nas mans de H. Schacht, que tamén fora xefe do Banco Central
Alemán en 1924, cando se empezou a aplicar o Plan Young 38. Foi o primeiro ministro de economía
do goberno de Hitler ata 1937. E ao mesmo tempo, vai ser ata 1939, presidente do Banco Central
Alemán. Ten un gran poder económico moi ben conectado cos círculos financeiros e empresarias, e
que emprende unha política de programas púlicos co obxectivo de autmentar o emprego (en
Alemaña, cerca dun terzo da poboación estaba desempregada): autopistas, fomento doustras obras
públicas. Isto era algo que se estaba a facer
noutros países, e que daría o propio
Roosevelt en EE.UU. Polo que nese senso,
non é unha política moi novedosa. Hai dous
grandes obxectivos nesa política económica
que se intenta conciliar dende o primeiro
momento: diminuir o desemprego, e
impulsar a produción mediante a inxección
de presuposto público. O segundo gran
obxectivo ó que se vai destinar o carto
público (findamental para entender a
evolución aelaman) é a política
armamentística e expansionista (beneficia en gran medida os intereses dos grandes complexos
industriais, grandes industriais que en xaneirod o 33 apoaron defeinitivamente a Hitler). Política de
rearme.

Esta política funcionou uranteun tempo, pero remata por se converter nun auténtico “colo de
botella”, porque chega un momento en que a débeda pública alemana acada unha dimensión tan
elevada que obriga a elixir entre un dos dous obxectivos. Vulgarmente plantexado: canóns ou
manteiga? :’) Iso soluciónase en 1937 coa asunción do ministerio por parte de H. Goerwg, que
elabora un plan cuatrienal para a consecución da autarquía sobre todo naqueles sectores
estratéxicos e fundamentais para o funcionamento nacional nun cotexto bélico. Este fomento da
política armamentista tivo como consecuencia unha diminusción do consumo interno. No deseño

38
O Plan Young foi un programa establecido entre 1929 e 1930, para resolver o problema das reparacións de guerra
impostas a Alemaña ao finalizar a Primeira Guerra Mundial, mediante o Tratado de Versalles de 1919. O Plan Young
substituíu ao Plan Dawes de 1924, que fixaba montos elevados de pago anual en calidade de reparacións de guerra.
En canto fíxose evidente que Alemaña nunca podería cumprir tales compromisos por un prazo indefinido, os países
vencedores da Gran Guerra decidiron buscar outras alternativas.
101
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

deste plan cuatrienal tamén xogaron un papel fundamental algunhas grandes empresas,
especialmente, o gran complexo químico que era I.G. Farbent.

Esas políticas públicas iniciadas polo nacionalsocialismo, conseguiron a diminución do desemprego


que en 1933 se situaba en torno a un 30% da poboación activa. Pero tamén conseguiron un
incremento da débeda nacional.

Vemos como dende 1934 o gasto en armamento cada vwe é mais importante, en en 1938
practicamente se equipara con todolos demais. Isto implicaba un alto porcentaxe do PIB en armas.
Ese incremento da débeda alemana significaba un futuro crac a pesar de que nalgúns momentos o
nacionalsocialismo privatizou algunhas empresas do Estado para conseguir liquidez/financiamento.

A única alternativa que quedaba no 38 para soportar tal débeda externa, era a política
expansionista: absorción e anexión de Austria; posteriormente a ocupación de Polonia; e o saqueo
de todos aqueles países que van ser conquistados polo exército alemán (de bancos, industrias, etc.)
como única vía de salvamento capaz de perpetuar a política armamentística e paliar a débeda
nacional.

Debemos ter en conta que hai un vínculo estreito entre a gran industria alemana e os dirixentes
políticos do nacionalsocialismo. Que é unha coalición de conveniencia baixo as regras do
capitalismo con máis ou menos controis do Estado, que permite tamén a algúns investigadores
definir o nacionalsocialismo como un Estado Policrático, con varios centros de poder; un centro de
poder sería o mesmo Partido e os seus dirixentes; outro as altas finanzas e intereses económicos.

“A continuación falou da alianza concertada entre o seu partido e o partido popular


nacional alemán. Este último fora, namentres, reorganizado polo señor Von Papen.
Finalmente, tocou o punto que, na miña opinión era o verdadeiro motivo da reunión.
Recalcou a necesidade de que os dous partidos acabados de mencionar alcanzasen a
maioría nas eleccións que se aveciñaban para a formación do Reichstag. Krupp van
Bohlen deu a Hitler as grazas polo discurso e este abandonou acto seguido a sala. O
doutor Schacht propuxo crear un fondo electoral de tres millóns de marcos; esta
cantidade sería repartida equitativamente entre ambos os aliados, con arranxo ás súas
forzas respectivas.”

Xuízo de Nurenberg. Declaración xurada de Von Schenitzler.

Tamén durante este período, a política económica nacionalsocialista acelerou o proceso de


contrentación empresarial – de capital, algo que tamén beneficiou ós grandes poderes industriais,
ós grandes complexos (concentración de empresas en determinados sectores).

Dende 1937 a política oriéntase a consecución da autarquía, do autoabastecemento económico do


país. Por iso se vai potenciar a produción de artigos nacionais, a limitar ó mínimo as importacións
de produtos procedentes do estranxeiro, tratando de conseguir esa autosuficiencncia que podía dar
unha vantaxe importante a Alemaña no próximo conflito e que parecía case inevitable en poucos
meses.
102
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

En certa medida, seguía tamén o mesmo camiño que víramos no caso de Italia: na conqusita de
Etiopía, Mussolini aceleraba esas políticas autárquicas en previsión do conflito bélico, convencido
como estaba de que a independencia económica era a base da independencia política.

Xoves 22 novembro 2018


Política exterior
Nos primeiros momentos, a política exterior de Hitler foi cauta e un tanto diferente en
comparación coa que practicara a Alemaña de Weimar ata o momento. O primeiro feito significativo
foi a saída de Alemaña da Sociedade de Nacións. Tentou dar unha apariencia de “dirixente
moderado” capaz de establecer pactos e acordos con outros países e estados a pesar das diferenzas
que podían existir entre eles, intentango gañarse a confianza, nun primeiro momento, de
determinados Estados que podían ver con certa aprehensión a chegada de Hitler ó poder.

Un dos primeiros acordos internacionais que se


establece é, precisamente, co Vaticano, do mesmo
xeito que fixera Mussolini no Pacto de Letrán en 1929.
Pretende entrar nun marco de colaboración con certa
seguridade xurídica ó tempo que se presenta como un
líder próximo ó catolicismo, o que tamén colabora ante
a comunidade internacional á hora de amosar esa
moderación e serenidade da que presumía. É o
Concordato Vaticano (20 agosto 1933, Von Papen –
Pacelli).

ARTIGO 7. Para asumir un emprego ou oficio estatal ou de entes públicos dependentes do mesmo,
requírese para os eclesiásticos o nihil obstat do seu Ordinario diocesano, como tamén do Ordinario
do lugar; o nihil obstat é sempre revocable por graves motivos de interese eclesiástico.
ARTIGO 16. Os bispos, antes de tomar posesión das súas dioceses, prestarán en mans do
lugartenente do Reich no estado competente ou ben en mans do Presidente do Reich un xuramento
de fidelidade segundo a seguinte fórmula: “Diante de Deus e sobre os Santos Evanxeos, xuro e
prometo, como corresponde a un bispo, fidelidade ao Reich alemán e ao Estado...”.
ARTIGO 21 – O ensino da relixión católica nas escolas elementais, profesionais, medias e superiores
é materia ordinaria de ensino e será impartida en conformidade cos principios da Igrexa católica. No
ensino relixioso coidarase particularmente a formación da conciencia nos deberes patrios, civís e
sociais, segundo as máximas da fe e da lei moral cristiá, o que se fará tamén no resto do ensino.

O Pacto Nazi – Soviético. Realmente, Stalin foi o último en pactar con Hitler. Por exemplo, en 1924,
modificando totalmente a súa política exterior, Hitler chega a establecer un pacto de amizade con
Polonia, polo que antes que Stalin, foi en xaneiro de 1934. É unha demostración de que é capaz de
chegar a acordos con países cos que mantiña relacións contenciosas, mais debemos ter en conta
que os unía un profundo anticomunismo. Esta alianza terá moitos anos de duración.

103
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Fronte a Austria, Hitler demostra as súas aspiracións anexionistas. En 1943, prodúcese un intento
de golpe de estado en Austria, no que chanceler autoritario era Dollfus. Ese golpe foi impulsado por
nacionalsocialistas austríacos e apoiado por Alemaña, pero fraca ante un contexto internacional non
favorable para o seu proxecto. Pois diante desta situación, Mussolini mobilizara o seu exército á
fronteira austríaca como sinal de advertencia de cara ás pretensións alemás de adhesión. Como
sabemos, esta situación orixina o Pacto de Stressa (1935), no que Gran Bretaña, Francia e Italia
garantían a independencia de Austria. Nese mesmo ano, Alemaña vai tomar importantes éxitos: por
un lado, lévase a cabo o plebiscito previsto pola Sociedade de Nacións en 1920 para que os
habitantes do Sarre decidiran o seu sino. A maioría destes cidadáns optan pola súa integración na
nación alemá (Plebiscito do Sarre, 1935).

Créase a Wehrmacht en 1935, o servizo militar obrigatorio. Mediante esta medida, o exército
alemán pasaba a ter unha gran cantidade de soldados que violaba a normativa de Versalles de non
superar os 100.000.

Establécese un acordo naval con Gran Bretaña: Tratado naval anglo – alemán (xuño de 1935). É
clave para a súa política exterior, e implica unha violación de Versalles en tanto que se lle prohibía
unha flota naval, e tamén submarina. Os británicos acceden ó tratado por buscar un equilibrio de
poderes no ámbito europeo, e porque na súa mentalidade comezaba a tomar corpo era idea de
permitir a Hitler acadar certos dos seus obxectivos esperando que así limitase as súas ambicións.
Isto coñeceuse como “Política de apaciguamento”. E polo mesmo feito, entre outras cousas,
ingleses e franceses farán a vista gorda ante a intervención alemá na guerra civil española.

Tamén a comezos de 1936, Hitler acaba con outra das cláusulas de Versalles trala remilitarización
de Renania (área que Versalles declarara orde de desmilitarizar).

A súa política decididamente anticumonustia o vai levar a que en 1936 firme con Xapón o Pacto
Antikomintern, ó xeito dun pacto de axuda mutua para loitar contra o comunismo. A esa alianza
sumarase Italia, Rumanía, España, etc.

A intervención alemana en España tamén rompe


coa declaración de “non intervención” das
potencias europeas no conflito nacional.

En 1938 prodúcese o chamado “Anschluss”: a anexión de Austria. Hitler tiña a suficiente capacidade
de intervención para obrigar ó chanceler austríaco para que admitise a anexión trala realizción dun
plebiscito que en realidade non tiña ningún valor práctico, senón puramente formal, xa que a
preponderancia alemá era evidente. Así, o “Memorandum Hossbach” era a definitiva xustificación
da expansión cara o este de Europa. O que viña a dicir, era que o seguinte obxectivo era a aconquista
de todo ese “espazo vital” que Alemaña precisaba en terra europea.

104
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

O Pacto de Munich (1938) é a culminación da política


de apaciguamento (“Appeasement”, 1934). O que se
decidiu en Munich foi, en definitiva, a afirmación de
que Alemaña ocuparía aqueles lugares que contasen
con poboación alemana. Así, Hitler mira cara
Checoslovaquia. En conclusión, Munich significa a
entrega dos sudetes a Alemaña e a colocación dun
goberno “títere” en Checoslovaquia. Pero ¿que lle
prometía Hitler ós occidentais? Que non invadiría
máis países, que as súas ambicións estaban colmadas. Nome dos catro asinantes do tratado. A partir
de entón, hai un punto de inflexión no que parece inevitable a II Guerra Mundial.

Non todos estaban de acordo con esa política fronte a Hitler. De feito, en 1934, L. Barthou, ministro
de exteriores francés, propón un pacto cos soviéticos como advertencia ó nacionalsocialismo
alemán de que había países dispostos a enfrontalos. Tamén asina un tratado con Checoslovaquia,
así como o segundo tamén o asinara coa URSS. Mais non contaban cunha cláusula militar, polo que
o seu alcance resultaba limitado.

En Gran Bretaña, por exemplo, tamén había temerosos da presión de Hitler. Churchill fala do Pacto
de Munich nas súas memorias como unha “gran catástrofe” que definía unha situación de total
inseguridade en Europa, e que dende entón, “tódolos países da Europa Central e Oriental,
buscaríanse a vida de xeito independente nun sálvese quen poda”. Tamén lle botaba en cara
Churchill ós seus dirixentes que non tiveran en conta a oferta soviética para establecer ese sistema
de seguridade colectiva. Houbo intentos de tódolos xeitos, entre Gran Bretaña, Francia e a URSS
por establecelo. En 1939, a delegación das tres nacións discutían en Moscú sobre unha solución
militar capaz de enfrontar a política de Hitler. Mais neste caso, ingleses e franceses non tiñan moita
intención de pactalo, e foi nese momento e ante esa actitude, cando Stalin aceptou a proposta
alemana dun pacto de non agresión. O que iso supoñía para a URSS, era gañar tempo nun conflito
que parecía inevitable. E para Alemaña, era beneficioso en tanto que impedía unha coalición
poderosa na súa contra.

«Estamos fronte a unha catástrofe de primeira magnitude, que acaba de sorprender a Gran
Bretaña e a Francia. Non pechemos os ollos ante este espectáculo. Agora debemos facernos á idea
de que todos os países de Europa central e oriental arranxaranse con Alemaña o mellor que
poidan. Arruinouse o sistema de alianzas de Europa central sobre o que Francia fundaba a súa
seguridade.»

E así sucedeu. Vemos como a ocupación dos sudetes, foi seguida da ocupación dos países checos
(onde os alemáns establecen, por exemplo, en Eslovaquia, un estado fascista presidido por un
sacerdote católico: Tiso. A desaparición de Checoslovaquia supoñía unha alteración da Conferencia
de París que lle dera nacemento. Desta desparición, ademais de Alemaña, saen beneficiados outro
como Hungría, que ocupan a súa zona este; e Polonia, que ocupa a zona de Teschen). Polo tanto,
Polonia e Hungría tamén se beneficiaron da desaparición de Checoslovaquia, o que é bo telo en

105
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

conte diante de relatos victimistas de certos nacionalismos (“e ás veces tamén son verdugos, dígoo
polos polacos, que sempre se presentan como víctimas de todo”).

Finalmente, o fracaso das conversacións entre franceses, ingleses e sovíeticos, leva á URSS a aceptar
un pacto de non agresión con Alemaña, recuperando parte do territorio que estivera en mans de
Polonia ata o momento.

Pacto xermano – soviético (1939). O que tiña Alemaña en caso e conflito bélico era o risco de
pelexar en dúas frontes. Isto ten que ver con que en 1938, os exércitos soviéticos e xaponés
enfréntanse na Batalla do Lago Jasán, e despois na área de Mongolia. Polo tanto, aceptando o pacto
de Hitler (tralo inicio da expansión xaponesa con ambicións en Siberia que significarían o choque
cos soviéticos) a URSS conseguía tempo e evitaba a posible loita en dúas frontes.

En 1940 ten lugar o Pacto tripartito, que daba forma diplomática e política á entente existente entre
Alemaña, Xapón e Italia. Engadiranse Finlandia, Hungría e Bulgaria.

106
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

BLOQUE III
SEGUNDA GUERRA MUNDIAL E NOVA ORDE INTERNACIONAL

Tema 6 – Evolución e consecuencias da II Guerra Mundial (1939 – 1945).


1. Causas e evolución da II Guerra Mundial.
2. As consecuencias da II Guerra Mundial.
3. A nova configuración mundial.

Tema 7 – Estratexias, fases e principais conflitos da Guerra Fría.


1. A evolución da política internacional a partir de 1945.
2. Os principais focos de tensión trala polarización.
3. A política de bloques.
4. As estratexias do bloque capitalista (EE.UU.).
5. As estratexias do bloque comunista (URSS).
6. O Plan Marshall.
7. O conflito de Corea (xullo – setembro, 1950).
8. O conflito de Suez (Exipto).
9. A Crise dos Misís (1962, Cuba).
10. Indochina: a Guerra de Vietnam.

107
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Tema 6 Evolución e consecuencias da II Guerra Mundial


(1939 – 1945)

1. Causas e evolución da II Guerra Mundial.

Cando comeza entón a II Guerra Mundial? Coa invasión de Polonia por Alemaña o 1 de setembro
de 1939. Aínda que para os asiáticos, empréndese en 1931. Aceptando esa enfoque europeo, as
“hostilidades” inícianse no 39 ante o ataque a Polonia. O que sucede inmediatamente despois, é a
declaración de guerra de Francia e Gran Bretaña a Alemaña, e o posterior ataque soviético. «Guerra
de Broma», «Drole de guerre», porque ninguén ataca a ninguén ata abril de 1940, cando Alemaña
inicia a invasión de Dinamarca e de Noruega, e unhas semanas despois, o 10 de maio, Alemaña
emprende a ocupación de cara Holanda, Bélxica e Francia. Pero entre setembro 1939 – maio 1940,
“non pasa nada”, só cando Hitler empréndese sobre Francia márcanse de xeito evidente as
hostilidades.

Trala ocupación alemá de Polonia, a URSS traslada as súas fronteiras á liña Curzon, que pasa máis
ou menos pola cidade de Brest – Litovsk, é dicir, ás fronteiras do antigo Imperio zarista.

A ocupación de Francia prodúcese en moi pouquiñas semanas. O embolsamento das tropas inglesas
en Dunkerque conseguen pasar á illa.
108
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

A continuación, a partir de Francia, prodúcese a Batalla dos Balcáns, a ocupación de Iugoslavia e


Grecia. E en xuño de 1941, a ofensiva alemana sobre a URSS (con apoio dos exércitos finlandés,
italiano, húngaro). En 1942, a finais, o mapa europeo viña a ser máis ou menos (imaxe). É o momento
de máxima invasión militar alemana: dende o Atlántico ata o Volga polo este, con tódolos seus
estados aliados e satélite.

En 1942 é cando se produce o punto de inflexión en Europa a partir de Stalingrado, que é a primeira
gran vitoria do exército soviético e derrota alemá significa un cambio de tendencia que coincide con
outro cambio de tendencia no escenario do Pacífico cando se inician as vitorias estadounidenses.

Dende entón son os aliados os que teñen a iniciativa militar e van avanzando paulatinamente os
seus exércitos en distintos frontes como no norte de África (onde desembarcan a finais de 1942,
mismo moento en que se combate en Stalingrado), o desembarco aliado en sicilia e despois en Italia
no primeiro semestre do 43, os avances dos soviéticos polo oeste, o Desembarco de Normandía. E
todo conclúe en maio de 1945 coa capitulación alemana trala entrada do exército soviético na

109
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

capital. Aquí vemos como a partir de 1942, que é a máxima línea de avace alemán no este de Europa,
a partir da batalla de stalingrado prodúcese a inflaxión para se decantar por ingleses
estaudonidenses e soviéticos o 9 de maio do 45.

Se analizamos a situación no Pacífico vemos como tamén foi o 42 o ano de máxima expansión do
poderío xaponés en Asia, que foi ocupando todas as antigas colonias francesas, ingles,
estadounidenss e holandesas. E a partir de entón é cando se produce o cambio de tendencia. A
expansión de Xapón en Asia foi en varias fases/momentos:

a. 1894 – 95: Formosa, península de Corea.


b. Desde 1931: Manchuria (goberno títere), ó sur cara Pekín, costa meridional de China.

Pearl Harbour: Capitulación de Xapón tralas bombas atómicas de Iroshima e Nagasaki.

110
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

2. As consecuencias da II Guerra Mundial.

As vítimas. As consecuencias foron moito


peores no este europeo que en occidente; xa
que foi unha especie de paseo militar para
Alemaña. Mais no este, asistimos ó que os
propios alemáns definiron como unha
“guerra de exterminio” do inimigo racial
(xudeus) e do inimigo ideolóxico
(bolxeviques). Gráfica vítimas. O asedio de
Leningrado causou un 1,5 millóns de
falecidos, mais non tanto polos bombardeos
como pola fame. O emprego da poboación
civil como obxectivo militar é algo novidoso.
A culminación de todo este proceso son as
bombas atómicas de Iroshima (100.000
falecidos nun par de minutos) e Nagasaki
(60.000). É un grado destrutivo nunca antes alcanzado. Cifras verdadeiramente espeluznantes. E
nestes dous últimos casos, hai unha secuela engadida: as consecuencias a corto prazo resultado do
emprego de armas nucleares perxudiciais non só para a poboación, senón tamén para o propio
ecosistema.

As infraestruturas (comunicacións, fábricas, etc.). Destrución moito máis intensa en oriente que en
occidente. Na URSS o grao de destrución de estrutura civil foi moito máis elevado orixinando todo
tipo de escaseces: materias primas, produtos enerxéticos, alimentos básicos, alza dos prezos,
xurdimento dun mercado paralelo (“mercado negro”), fortísimo descenso do nivel de vida,
incremento da débeda externa, da débeda pública, inflación, desarticulación da economía, etc. que
repercutía especialmente sobre as clases subalternas máis necesitadas. Perda dun importante
potencial laboral e científico que se puxera de manifesto ata 1945.

As fronteiras. Modificacións que implican desprazamentos forzosos da poboación. Hai intentos


dalgúns países por formular un novo mapa etnográfico cun obxectivo bastante claro: acadar países
cunha maior homoxeneidade étnica, xa que a heteroxeneidade era concebida como un foco de
problemas internos polos dirixentes europeos. E en certa medida, o ocorrido anos antes abalaba
este plantexamento, xa que o que puxo en definitivo perigo a existencia do Estado checoslovaco,
foi a poboación alemana, que agora serán expulsados dos sudetes. Así, asistimos en definitiva, a un
axuste da poboación: dos alemáns procedentes de Checoslovaquia a Alemania; dos húngaros de
Transilvania a Hungría, xa que Transilvania pasa a Rumanía; de alemáns da antiga Prusia oriental,
agora ocupados por Polonia; dos polacos que viven en novo territorio soviético; etc. Toda unha serie
de traslados de poboación que nalgúns casos se poden considerar casos de “limpeza étnica” como
unha das consecuencias máis importantes do conflito. Migracións europeas de cara Canadá, EE.UU.
e Australia por parte de tódolos países e, en especial, de alemáns. E no conxunto de Europa, a saída
de poboación xudía cara Palestina.

111
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

• Cambio fronteirizos en Polonia cara occidente a costa de Alemaña (Silesia, Pomerania, Prusia
oriental). Antes Polonia accedía ó Báltico polo pasillo de Danzig, pero agora, en lugar dun
pasillo, acada centos de kilómetros de costa.

• A URSS avanza as súas fronteiras ata a cidade de Brest – Litovsk xustamente ata onde
establecera no 19 a Conferencia de París (a liña Curzon). Quédase coa área Báltica de Lituania
Letonia, e Estonia, e a actual Moldavia.

• Hungría perde Transilvania.

• Fiume queda en poder de Iguslavia, Trieste queda en poder de Italia (nin puta idea de como se
escriben en vdde).

• En Asia: Xapón abandona toda a posesión do continente asiático, perde as illas kuries (pasan a
mans da URSS), a península de Sajalin. EE.UU. quédase con illotes do pacífico sur e quea como
potencia hexemónica no pacífico.

Campos de exterminio. O seu descubrimento como lugares de aplicación da solución final, onde foi
exterminada a poboación xudía, eslava, xitana, republicanos españois, etc. consituíu un auténtico
desastre moral que desatou unha crise sen preecendes en Europa que constituiu e constiúe de feito
unha pesada lousa sobre a nación alemana, e debido a iso se plantexou a cuestión do grao da
responsabilidade civil alemana no proceso. A participación foi por parte, non soamente dos sectores
políticos nacionalsocialistas, senón tamén doutras institucións públicas e privadas nese proceso de
explotación e exterminio desas poboacións consideradas subhumanas.

As iniciativas do goberno alemán, de carácter antisemtita, foran crecendo paulatinamente dende o


35 (Leis de Núremberg) ata o 38 (Noite dos cristais); e a partir do 41, a drixencia nazi considera quea
única maneira de eliminar o problema xudío é a eliminacion física desa poboación, porque a
conquista de Polonia e Iugoslavia, e especialmente da URSS, refuxíabase na elevada presenza xudía.

Conferencia de Wannsee: tómase a decisión final de exterminar previa explotación desa poboación.
Un dos que están presentes nesa conferencia é Heydricht (xefe das policías alemanas, da oficina de
seguridade do Reich alemán e lugartenente de Hitler), que toma a decisión de establecer unha
especie de sistema máis ou menos industrializado que permitise a eliminación dos “indesexables”,
porque o que fixeran ata entón os grupos especiais das SS en ocasións co apoio do exército alemán
(elminiacion física de xudios, eslavos, dirixentes politicos soviéticos etc.) maniféstase impotente
para unha resolucion ante unh problema de tal magnitude. De aí a creación do sistema
industrializado mediante cámaras de gas que permita un exterminio masivo tras deixar de ser
rentables para a explotación laboral.

Participan empresas privadas que empregan man de obra dos campos en réxime de escravitude ou
semiescravitude: KRUPP, VOLSKWAGEN, SIEMENS. Polo tanto, non só son os altos dirixentes nazis
os responsables do proceso, senón que tamén deberan ser estendidas a outros sectores privados.

Tamén parece excesivo e inapropiado estender a responsabiliade ó conxunto da nación alemana,


se ben é certo que se benficiaron do holocausto grazas á apropiacion das propiedaes xudías a un
112
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

precio módico, como se fose un Black Friday. En todo caso, pódese acusar de omisión, pero non de
participación.

Outras empresas estranxeiras teñen levado a cabo negocios con ese nacionalsocialismo. O
estadounidense E. Black fixo un estudo sobre os negocios de IBM co goberno alemán.

Noutros países, sen chegar a esa eliminación sistemática da poboación xudía ou eslava, se teñen
producido algúns actos de exterminio: o máis paradigmatico é o caso de Jasenovac, un campo en
Croacia, (unha vez alemaña ocupa Iugoslavia, Croacia convértese nun estado independente dirixido
por A. Pavelig, máximo líder dun partido fascista denominado Ustacha). En Jasenovac foron
eliminados sobre todo serbios, xitanos, zíngaros, etc.

Eslovaquia foi constituída tamén como Estado independente (supostamente, máis definitivamente
dependente de Alemania, dirixido por Tiso) no que o propio Hitler estaba asombrado de como o
gobernante enviaba xudeus a Alemaña para os seus campos de concentración. Dende a Francia
ocupada tamén se cumprían envíos de xudeus. En Italia ocorreu o mesmo mentres permanecía en
poder alemán dende a caída de Mussolini. Mais nos campos non só matan xudeus, senón tamén
eslavos, zíngaros e prisioneiros soviéticos.

113
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Unha vez que comezan as vitorias aliadas, os alemáns tratan por tódolos
medios de eliminar tódalas probas deste xenocidio, mais son abundantes
aínda os testimonios. Por exemplo, foi relevante o testimonio gráfico de
Francisco Boix, español e fotógrafo, republicano en Mauthausen que fai miles
de negativos fotográficos que amosan o funcionamento das cámaras de gas.
Hai alguns sectores que aínda “consideran” que esas cámaras e exterminio
nunca existiron: Le Pen en Francia, por exemplo; Hairag, do Partido Liberal
Austríaco, etc. Son os denominados negacionistas do exterminio.

Algúns dos máximos responsables alemáns foron detidos e xulgados, pero outros conseguiron
escapar coa axuda doutros estados como España e o Vaticano. Sudamérica foi un destino moi
buscado por algúns destes criminales, e noutros casos, tamén EE.UU. Foron xulgados algúns deles,
mais posiblemnete a gran maioría nunca o foron. Por exemplo, A. Eichmann conseguira fuxir a
Arxentina cunha identidade falsa, pero foi identificado nun momento dado, e un operativo xudeu o
secuestrou e o levou a Xerusalén, onde foi xulgado e executado. Outro destino interesante para os
nazis fuxidos, será a ditadura paraguaia.

 Recomendación de lectura: A banalidade do mal, Hannah Harent.

114
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Xoves 29 novembro 2018


En 1945, cando Alemaña capitula, e en vista do sucedido, tendo en conta o proceso de exterminio
que levara a cabo o goberno hitleriano, a comunidade internacional considera a necesidade de
crean un Tribunal Penal constituído por xuíces das catro potencias aliadas (EE.UU., Gran Bretaña,
Francia e URSS) que se encargaría de xulgar aqueles crimes humanitarios. Tiña un significado
especial, porque era a primeira vez que se constituía un tribunal destas características para penar
estes feitos, ó tempo que significou certo afianzamento do dereito internacional. Os xuízos
comezaron en xullo de 1946 e tiveron lugar na cidade de Nuremberg, que ademais tiña un gran
simbolismo para os propios nazis. Alí xúlganse a algúns dos principais cabecillas nacionalsocialistas
que foran capturados. Sabemos que outros suicidáronse, ó igual que o propio Hitler, e que outros
lograron fuxir a outros países. Este tribunal, determina tamén que os crimes contra a humanidade
teñen unha particularidade: que non prescriben nunca. Polo tanto, vemos como mesmo hoxe en
día, algúns asuntos criminais nazis poden aínda ser xulgados.
“A economía ten necesidade dun desenvolvemento san e progresivo. Os numerosos partidos políticos
loitaban entre eles no medio da anarquía. Nós, (…), non somos idealistas, senón realistas. Tiñamos a
impresión de que Hitler daríanos a posibilidade dun san desenvolvemento. Polo demais, fíxoo. Ao principio
votamos polo partido populista (conservador); pero os conservadores non podían gobernar o país: eran
demasiado débiles. Nesta loita implacable polo pan e o poder, tiñamos necesidade de ser guiados por unha
man vigorosa e firme. A de Hitler o era. Tras os anos transcorridos baixo o seu mando, sentiamos moito
máis satisfeitos. Queriamos un sistema que funcionase ben e que nos proporcionase os medios para
traballar tranquilamente. [...] dixen que ignoraba todo sobre o exterminio dos xudeus, e engadín: “cando se
compra un bo cabalo, non se repara nalgúns defectos”.

Estes tribunais teñen establecido unha serie de condenas: aproximadamente doce deses criminais,
teñen sido condenados a morte; outros a cadea perpetua; e outros, a determinados anos de prisión.
Poderíamos dicir que todos os xulgados eran criminais contra a humanidade, pero non estaban alí
todos os que os acometeron. É dicir, que “eran todos os que estaban, pero non estaban todos os
que foran”. Nese senso, considérase que o proceso de desnazificación en Alemania, afectou
soamente á alta cúpula dirixente nacionalsocialista, habendo moitos outros criminais ós que nunca
se lles aplicou xustiza.

Algo similar fixo EE.UU. no Xapón, unha vez que o segundo capitula. Empréndense xuízos contra os
militares xaponeses de alto grao, aos que se lle aplican penas polos crimes producidos na súa
expansión asiática. Posiblemente, un daqueles máximos responsables, foi Hirohito39, mais nunca foi
xulgado, senón que mesmo foi mantido no poder pola mesma potencia ocupante.

3. A nova configuración mundial.

En 1945, cando os países do Eixo capitulan, dalgún xeito, procédese á instauración dunha nova orde
política internacional. O equilibrio de forzas a nivel mundial cambiara substancialmente; o declive
das vellas potencias imperiais é máis que evidente, ó igual que o é o ascenso da nova gran potencia

39
Hirohito foi o 124.º emperador de Xapón desde 1926 ata 1989. Subiu ao trono tras a morte do seu pai Yoshihito.
Tras o seu falecemento, e de acordo á tradición xaponesa, o seu nome póstumo é o emperador Shō wa.
115
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

(EE.UU.), e en menor medida, o ascenso doutro núcleo como a Unión Soviética. Esta nova orde foise
configurando ó longo dos anos da II Guerra Mundial.

Sucesivas conferencias bilaterais ou multilaterais entre os estados aliados participantes no conflito,


fóronse deseñando os perfís desta nova configuración internacional. Algunhas desas conferencias
ocupáronse de asuntos puntuais relacionados especialmente coa evolución do conflito. Noutras
conferencias tómanse decisións de maior alcance; de xeito que marcaban a pauta do que sería o
mundo tras 1945.

A primeira destas conferencias verdadeiramente influíntes, é a que manteñen o presidente


estadounidense, T. Roosevelt, e o primeiro ministro inglés, W. Churchill, en augas do atlántico
norte, concretamente nun buque, no mes de agosto de 1941. Desta conferencia vai sair un acordo
fundamental para a configuración dese gran bando de países aliados que se van emparentar ás
potencias do Eixo. Churchill e Roosevelt asinan a chamada Carta do Atlántico. Este, foi o primeiro
intento de deseñar unha nova organización política a nivel mundial, nun momento no que EE.UU.
aínda non ingresara no conflito.

• Vai ter unha importancia significativa en tanto que formula unha serie de principios políticos
(algúns deles xa nos son familiares dende a Conferencia de París, dende os 14 Puntos Wilson
e dende a Constitución da Sociedade de Nacións, como o é o dereito das nacións a se
autogobernar, isto é, o principio de autodeterminación).

• Igualmente, considerábanse ilegais todas as anexións cometidas ou conseguidas por medio


da violencia, así como esixían a volta ás fronteiras de 1939.

• Esixían tamén o desarme de Alemaña, Italia e Xapón.

• Defendían o dereito de tódolos países a participar no comercio internacional; o dereito dos


buques e tódolos países a empregar as augas de tódolos océanos, isto é, a liberdade de
navegación marítima.

• Incentivar a cooperación internacional entre as nacións; e manifestaban a súa oposición á


utilización da violencia como medio de solventación de desacordos e diferenzas
internacionais, que deberían ser resoltos mediante diplomacia.

Algúns destes principios serán claves no deseño das futuras Nacións Unidas (ONU).

Un mes antes, en xullo de 1941, ingleses e soviéticos, ámbolos dous países xa inmersos na loita
contra as potencias do Eixo, firmaban un pacto de axuda mutua no que sobre todo, comprometíanse
a non asinar a paz por separado con Alemania. Acordo anglo – soviético (12 xullo 1941).

En xaneiro de 1942, un total de 26 países asumen os principios establecidos na Carta do Atlántico.

Pacto de Washington (1 xaneiro 1942). Tamén foi coñecido como “Pacto das Nacións Unidas”, como
unha das primeiras veces que aparece o concepto “Nacións Unidas”. Comprométense tamén a non
establecer ningún tratado de paz por separado cos países do Eixo.

116
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

En maio do mesmo ano, 1942, soviéticos e ingleses afianzaban o seu pacto de amizade no chamado
Tratado de Londres (26 maio 1942).

Un ano moi importante neste sentido, 1942. Conferencia de Moscú (agosto) xúntanse por primeira
vez os delegados das potencias vencedoras, xunto con Stalin. É o primeiro encontrar das potencias
vencedoras que van deseñar o mapa posterior a 1945.

O de 1943 foi un ano importante na toma de decisións. Comeza coa Conferencia de Casablanca (14
– 24 xaneiro 1943). Churchill, Roosevelt, De Gaulle, Giraud.

Conferencia do Cairo (Exipto, 22 – 26 novembro 1943). Churchill, Roosevelt e Chank – Kai – Chek. O
que van a plantexar na xuntanza son as accións militares contra Xapón, a ofensiva estadounidense,
e o futuro de Asia unha vez Xapón capitule, así como das ocupacións xaponesas, como é o caso da
península coreana.

CONFERENCIA DE CASABLANCA CONFERENCIA DO CAIRO

Conferencia de Teherán (novembro – decembro 1943). Primeira vez que se xuntas as potencias
vencedoras (Stalin, Churchill e Roosevelt). Discútese o desembarco aliado en Europa occidental, o
segundo fronte que reclamaban os soviéticos dende había tempo, e o que meses despois será o
desembarco de Normandía. Fíxanse as fronteiras occidentais da URSS nesa mesma liña de Lord
Curzon no 19.

Conferencia de Dumbarton Oaks. É importante porque están presentes cinco delegacións de países
(EE.UU., URSS, inglesa, china, francesa). Fálase en detalle da necesidade de establecer unha
organización de ámbito mundial unha ez que se consiga a vitoria e que tivese como obxectivo
garantir a paz e a estabilidade mundial. Estanse sentando as bases do que será a ONU. E ao mesmo
tempo, siviéticos e ingleses celebraban unhas conversacións en Moscú nas que definían,
delimitaban as zonas de influencia que cada un deses países ía manter en Europa oriental e nos
Balcáns. É importante telo en conta polos sucesos posteriores a 1945: soviéticos terán máis
predominio en determinados países de europa oriental, e os ingleses noutros. Esa delimitación de
áreas de influencia soviética e inglesa na europa oriental e nos balcáns é discutida nesas
conversacións moscovitas.

Iniciado 1945, ten lugar a Conferencia de Ialta (Crimea,, URSS) febreiro 1945. Establécense
definitivamente as fronteiras occidentais da urss e de polonia. Decídese a divisón de Alemania en

117
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

varias zonas de ocupación baixo o mando dun consello aliado. Tamén o monto da indemnización
que deberia pagar Alemania polos danos xerados. E a URSS comprométese a atacar a Xapónnun
prazo de tres meses despois de que capitule Alemaña. Producida a capitulación alemana, a URSS
debería atacar Xapón nun prazo de tres meses. Coincidirá co ataque de EEUU sobre Iroshima e
Nagasaki.

CONFERENCIA DE IALTA CONFERENCIA DE POSTDAM

Conferencia de Postdam (17 xullo – 2 agosto, 1945) Alemaña capitulara dous meses antes. Os
aliados ven de cerca a capital alemana. Vemos a Stalin, Truman (que scedeu a Roosevelt despois de
ser vicepresidente), Clement Attlee (Partido laborista tras perder as eleccions britanicas Churchill).
Delimita as zonas e ocupación dos vencedores, aínda que aí só están presentes os líderes das tres
potencias vencedoras, a eses efectos a ocupación de Alemania, Francia tamén foi consideraa
vencedora. Alemaña divídese en catro areas: soviética, estadounidense, inglesa e francesa. Aínda
que o aporte de Fancia á vitoria fora infinitamente menor que o de calqueira deses tres países ou
que outros pobos como o igugoslavo. Pero era unha cuestión de xeoestratexia. Establécese un
consello supremo aliado que será o encargado da administración de Alemania nese periodo de
dominio/ ocupación provisional aliada. É aí cando se decide o establecemento dun tirbunal penal
internacional (nurembreg). Tamén se divide a capital de Alemaña (Berlín) en catro znoas. Aínda que
a capital qudara dentro da área soviética, porquefora quen conquistara berlín. Decídese a súa
divisón en catro zonas de ocupación. Decídese igualmente a ocupación de Austria, aínda que se
considera que esta non debe pagar indemnizacións dado que toda a responsabilidade cae sobre
Alemania. Tivo sorte, non pagou no 18 e non pagou no 45. Hai algúns que nacen de pé. E por
suposto, decrétase o desarme de Alemaña.

Neste ano, realmente, convén destacar a Conferencia de San Francisco, a que da lugar á
configuración da ONU. A mediados de 1945 ten lugar. Están presentes un total de 50 nacións.
Adóptase a constitución dunha entidade internacional que tera´a cmo obxectivo a defensa da paz e
da seguridade a nivel internacional. Para aquel momento xa eran evidentes as diverxencias
ideolóxicas dos países vencedores, pero iso non impediu a búsqueda dunha fórmula de compromiso
que permitise materializar a creación dun novo organismo fundamental no futuro mundial. Unha
entidade que debía ter en conta os problemas e as debilidades que evidenciara a Sociedade de
Nacións para non volver a caer nos mesmos erros quedando como unha institución inoperante.

118
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Nese senso, algunhas das leccións extraídas desa experiencia, esixían a implicación de tódolos
países, u polo menos, das principais potencias aliadas, no funcionamento das Nacións Unidas. Pois
considerábase que un daqueles problemas fora a ausencia unha gran potencia como EE. UU. E nese
senso, crían que tódolos países debian asumir os principios da ONU sen ningún tipo de apelación a
políticas illacionsitas. Tiña unha serie de obxectivos fundamentais:

a. Defensa dos dereitos humanos. Declaración de dereitos do home. Dentro dos dereitos humano
incluíndo non soamente os de tipo político, sneón tamén de tipo económico, social, laboral,
educativo, cultural, (a eucacion, ao trbaallo,a cultura, a un salrario digno, etc.).
b. Garantir paz e seguridade internacional.
c. Fomento dos vínculos entre os distintos países. Cooperación e solidariedade internacional.
d. En todo caos, a busca dunha solución pacífica e diplomática a todos aqueles problemas dun
futuro inmediato.

Ían ter un deseño en certa meida similar ó da Sociedade de Nacións, pero con modificacións
importantes.

a. Asemblea xeral: composta por tóidolos países membros.


119
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

b. A Asemblea elixe un Secretario xeral, máximo representante da ONU.

c. Consello de seguridade: o que vai tomar as decisións, ca maior capacidade decisiva no


organigrama das Nacións Unidas, porque a Asemblea Xeral discute sobre as cuestións
pertinentes plantexadas polos seus membros.

Pero as decisións da Asemblea Xeral non son obrigatorias para o


conxunto dos países, é dicir, que non son vinculantes e son
sinxelamente «recomendacións» que as distintas nacións poden ou
non, poñer en práctica. As decisións que son vinculantes e
obrigatorias son as emanadas do Consello de Seguridade, única e
exclusivamente.

Actualmente, o Consello de Seguridade da ONU componse de


quince países, e de entre eses, cinco “colleron un sillón” no 1945
que non “soltaron” a día de hoxe (é dicir, que son membros permanentes). Deses quince, dez son
elixidos cada certo tempo, mutando cada dous anos. Os cinco países permanentes son: EE.UU.,
URSS, U.K., Francia e China. É dicir, as nacións da Conferencia de Dumbarton. Outro dos beneficios
dos que desfrutan eses cinco países é o do dereito de veto: calquera decisión tomada polo Consello
de Seguridade pode ser vetada e impedida a súa aplicación por calquera de eles. Se o Consello de
Seguridade toma por maioría unha decisión que perxudique os intereses de, por exemplo, EE.UU.,
este pode vetala impedindo para sempre a súa aplicación. O mesmo ocorrería nos casos da URSS,
de China, Francia e U.K. Isto é o que explica en boa medida, esa actuación controvertida que tivo a
ONU dende a súa creación ata a actualidade.

Por exemplo, sendo eles quenes toman a dianteira decisoria,


empréndese a intervención dos «Cascos Azuis» 40 como forza de
interposición en moitos dos conflitos internacionais, mais non en
todos. Pois no conflito palestino – xudeu (limpeza étnica da
poboación árabe en Palestina e ocupación sionista), nunca se
permitiu que a ONU establecese unha forza de interposición, dado
que ó Estado Israelí non lle interesa; e nese senso, EE.UU. é quen
garante os desexos sionistas no Consello de Seguridade.

Outra mostra da “Inoperancia” (cando non “operancia de intereses”) da ONU, ten lugar ntre 1974 –
1975, adoptouse un plan para un plebiscito no Sáhara, para decidir pola independencia ou a anexión
a Marrocos. Ata hoxe en día, a ONU foi incapaz de levalo a cabo. É dicir, que esa composición das

40
As Forzas de Paz da ONU, popularmente coñecidas como os cascos azuis debido á cor dos mesmos, son corpos
militares encargados de crear e manter a paz en áreas de conflitos, monitorear e observar os procesos pacíficos e de
brindar asistencia a ex combatentes na implementación de tratados con fins pacíficos. Actúan por mandato directo do
Consello de Seguridade da ONU e forman parte membros das forzas armadas e policiais dos países membros integrantes
das Nacións Unidas integrando unha forza multinacional.
120
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Nacións Unidas, finalmente supuxo un obstáculo considerable en moitos casos para buscar unha
solución a determinados problemas internacionais.

Art.1. Os propósitos das Nacións Unidas son:


1. Manter a paz e a seguridade internacionais, e con tal fin: tomar medidas colectivas eficaces para
previr e eliminar ameazas á paz, e para suprimir actos de agresión ou outros quebrantamentos da paz;
e lograr por medios pacíficos, e de conformidade cos principios da xustiza e do dereito internacional,
o axuste ou arranxo de controversias ou situacións internacionais susceptibles de conducir a
quebrantamentos da paz;
2. Fomentar entre as nacións relaciones de amizade baseadas no respecto ao principio da igualdade
de dereitos e ao da libre determinación dos pobos, e tomar outras medidas adecuadas para fortalecela
paz universal.
3. Realizar a cooperación internacional na solución de problemas internacionais de carácter
económico, social, cultural ou humanitario e no desenvolvemento e estímulo do respecto aos dereitos
humanos e ás liberdades fundamentais de todos, sen facer distinción por motivos de raza, sexo, idioma
ou relixión; e
4. Servir de centro que harmonice os esforzos das nacións por alcanzar estes propósitos comúns.
Obxectivos das Nacións Unidas (Carta de San Francisco, 26 de xuño de 1945).

Ademais de esas institucións, a ONU tamén dispón dunha serie de axencias que se ocupan de
distintos ámbitos de aplicación política: UNESCO, OIT, UNICEF, etc. Todas elas dependentes da ONU
e limitadas na súa aplicación polo presuposto.

En definitiva, son as potencias as que perfilan a nova orde política internacional. E dicimos
“política”, porque pola outra banda, algúns destes países van a cometer a tarefa de “construír” unha
nova orde económica internacional que teoricamente vai fomentar a “colaboración económica”
entre os países e os intercambios comerciais (globalización). Esta nova orde está baseada, en boa
medida, en propostas librecambistas e como garantía da estabilidade política e social (ou iso dicían).

E no deseño desta nova orde, tamén tiveron en conta os antecedentes: especialmente, o que
sucedera en Europa a consecuencia da crise económica de 1921, e moi especialmente de 1929. Pois
aquelas crises económicas foran xeradoras de múltiples problemas políticos e sociais. Esa busca
dunha saída individual baseada no proteccionismo e no nacionalismo económico que practicaron
as distintas nacións, fora o caldo de cultivo no que emerxeran e tiveran éxito algunhas das propostas
políticas máis extremistas que levaran ó mundo ó segundo gran conflito armado do século XX. Se a
desorde monetaria, a inflación e o proteccionismo impulsaran aquelas tendencias políticas
extremistas que provocaran a II Guerra Mundial, pensouse que a creación de vínculos económicos
máis estables á orde financeira, á estabilidade monetaria e ó fomento de intercambios
librecambistas, podían ser, ademais de beneficiosos economicamente, “antídotos” para impedir a

121
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

aparición desas tendencias políticas que tan negativas foran para a poboación mundial. E por iso,
decídese convocar unha conferencia nos EE.UU.: a Conferencia de Bretton Woods, na que os países
participantes ían tentar acadar un acordo de mínimos en torno a unha serie de puntos fundamentais
co obxectivo de establecer un sistema económico estable. Preséntanse, esencialemnte, dous
grandes plans:

1. Un dos plans é o que elabora John Maynard Keynes (1833 – 1946):

Keynes tamén era xefe da delegación inglesa na conferencia. O obxectivo que


se marcaba era definir un sistema económico que garatise un crecemento
económico a nivel global e que evitase, na medida do posible, esa sucesión de
crises cíclicas. Para iso, considerou necesario establecer unha serie de
institucións de ámbito internacional que xogarían o papel de dinamizadores
da economía mundial. Por exemplo:

 Banco Central Mundial (BM), cunha función fundamentalmente crediticia que aportase
estabilidade financeira e liquidez.

 Sistema internacional de pagos, de compensacións que facilitasen os intercambios entre os


países ligados ó sistema. É dicir, que dese seguridade a tódalas transaccións efectuadas a
nivel internacional.

 Opinou que tamén era convinte o establecemento dunha moeda mundial que denominou
«bancor».

 Fondo Monetario Internacional (FMI).


 Organización Mundial do Comercio (OMC); creada na década dos 90, e que se encarga de
dar estabilidade ó prezo dos produtos básicos.

Nun primeiro momento, o que estableceu foi unha institución denominada GATT; e tamén se
meditou sobre o establecemento dun programa de axudas xestionado pola ONU e destinadas a
aqueles países máis necesitados en tanto que axudas – subvención a fondo perdido. É aí cando se
configura o sistema de Bretton Woods tal como vai existir ata practicamente os anos 70, xa que
entón sofreu modificacións. No que discrepaban Keynes e White foi, xustamente, na cuestión da
moeda.

2. O pland e H. D. White:

White era o xefe da delegación estadounidense. En canto á moeda, tiña unha proposta diferente:
para eles, os estadounidenses, a moeda “internacional” xa existía, e era o dólar (“ante todo
humildes, eh”). Así, o dólar vaise converter unha especie de moeda mundial na que todos os países
farán as súas transaccións.

122
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Este sistema modifícase a finais dos anos sesenta e principios dos setenta, cando o presidente Nixon
tivo que practicar unha acusada devaluación da moeda nacional, perdendo esa equivalencia que
fora establecida no 45.

En Bretton Woods está, nun primeiro momento, a URSS, e sen embargo, despois abandónaa
considerando que a constitución do dólar como moeda mundial de referencia supuña unha maior
dependencia económica da Unión Soviética a EE.UU., de aí que ela e os seus aliados nunca se teñan
sumado ó sistema.

Hoxe, aínda persisten gran parte desas institucións constituídas (BM, FMI), aínda que a súa labor
ten sido cuestionada en determinados momentos, sobre todo en relación coa chamada «débeda
externa» dos países do terceiro mundo.

Ademais das cuestións económicas, especialmente Gran Bretaña estaba preocupada pola
estabilidade social, sobre todo tralos acontecementos que seguiron a 1929. No ano 41, o goberno
británico encargoulle ó economista inglés W. Beveridge (1879 – 1963) a
elaboración dun infrome sobre os seguros sociais existentes na Gran Bretaña
do momento. Beveridge, que fora de orixe hindñu e profesor da London
School of Economist, foi unha personaxe de mentalidade política liberal. Este
economista vai elaborar un informe a partir dos diversos seguros sociais que
existían no país co obxectivo de configurar un sistema de seguridade social
integral non composto por distintos seguros aislados, senón transversal e
completo que, algún xeito, constituíse unha especie de pacto entre o Estao e
os cidadáns. Tratouse de evitar, en definitiva, o que ocorrera durante a crise do 29, cando miles de
cidadáns ingleses se viran no desemprego, quedando dalgún xeito, fóra do sistema. Buscouse evitar
que ningún cidadán deixase de percibir determinados beneficios xerados polo sistema, e que
ninguén quedase sen os elementos básicos e fundamentais para a supervivencia.

 O plan que deseñou Beveridge baseouse, efectivamente, nese pacto Estado – Cidadáns, a
través do cal, o primeiro que se garantizou ós segundos, foi unha asinación usual en caso de
desemprego para que non cesasen nos ingresos.

 Tamén se definiu unha asinación en función do número de fillos que tivese un matrimonio,
e unha axuda económica cando ese matrimonio fose constituído.

 A garantía do acceso a unha educación básica para a poboación, tamén foi unha das ideas
centrais do novo sistema social.

 Acceso gratuíto ós servizos de saúde.


 Garantía dunha percepción mensual unha vez que o traballador finalizase ou alcanzase o
límite de idade laboral (paga por xubilación).

123
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

En suma, e como dicía a propaganda da época, tratouse de axudar ó cidadán “da cuna á tumba”.
Mais había que plantexar un mecanismo que puidese garantir a pervivencia dese sistema de
seguridae social; ou dito doutro xeito, que é o que aporta o cidadán a ese sitema? Pois os impostos
con certa finalidade redistributiva. Este sistema garantiuse sempre mentres os cidadáns aportasen
un tanto por cento dos seus ingresos. E prevese, ademais, un imposto de carácter progresivo:
aqueles que máis ingresan, son aqueles que porcentualmente, máis van pagar. Esta era a base do
sistema de seguridade social que vai poñer en práctica o Partido Laborista unha vez acceda ó poder
en 1945, pero cuxo plantexamento perfilou Beveridge en 1942. Estamos ante o que pasou á historia
como o «Estado de Benestar», e que se expandeu por tódolos países da Europa occidental, mais
debemos ter en conta as diferenzas: en Suecia, o sistema é un tanto distinto ó español, por exemplo.

É certo que no caso de España comezouse un pouco tarde, mais tamén é certo que no de Suecia, a
imposición fiscal oscila en torno ó 50 – 60%, “e se a iso lle sumas que probablemente as grandes
fortunas teñan menos contas en Suíza das que hai de españois...”. En todo caso, dicía o economista,
que se queremos garantir un Estado de Benestar o máis amplo posible, debemos pagar impostos, e
se non se pagan relixiosamente, o certo é que é dificil mantelo.

Este modelo tamén pervive tal cual se constitúe en gran medida ata os anos 80, cando o triunfo das
posturas ou plantexamentos neoliberais de Margaret Tacher – no caso inglés – e con R. Reagan –
no caso estadounidense – supuxeron o ataque de certos elementos do Estado de Benestar, primeiro
neses países, e logo nos europeos. Así, o modelo neoliberal cuestionaba o papel do Estado en tanto
que pretendeu limitar a súa actuación nos ámbitos de seguridade e redistirbutivos.

Recomendacións de lectura: La Wehrmacht y los crímenes del ejército aleman (W. Wett) / El
holocausto asiático (L. Rees).

124
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Tema 7 Estratexias, fases e principais conflitos da Guerra Fría

1. A evolución da política internacional a partir de 1945.

EUROPA DE POSGUERRA, 1946

MUNDO DE POSGUERRA, 1946

125
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Partimos, neste caso, dunha nova distribución de fronteiras a nivel mundial e o declive das vellas
ptencias europeas que xa advertíamos en 1918, agora é algo totalmente inevitable. O auxe dunha
gran superpotencia, EE.UU., que durante varios anos vai ter a hexemonía mundial tanto en termos
económicos coma militares na medida en que é o único país con capacidade nuclear.

Mais tamén ten lugar a aparición dunha nova potencia europea: a URSS. Vai xogar un papel moito
máis importante a nivel internacional do que desempeñara ata entón. De tódolos xeitos, nese
momento hai unha gran diferenza entre EE.UU. e a URSS, entre outras cousas, con motivo das
perdas que a II Guerra Mundial ocasionara á segunda. Vinte anos despois da guerra civil rusa e da
participación da I Guerra Mundial, un conflito asolaba de novo á súa área occidental cun coste
humano e económico elevadísimo. Polo tanto, a que debemos considerar, en senso estrito, como
única superpotencia, é EE.UU.

E agora tamén, cando esa colaboración que ata entón presidira os contactos entre EE.UU. e a URSS,
vai deixar paso a unha política de confrontación, de enfrontamento entre as dúas potencias e que
se estende a cada un dos bloques políticos controlados polas mesmas. Algúns investigadores, falan
do establecemento dunha psicoloxía da desconfianza que presidira en 1939, e que volve a
instalarse. Esa desconfianza desaparecera no momento en que os aliados tiveron que loitar contra
o inimigo común: Alemaña. É dicir, que nos estamos a referir á existencia dun inimigo común que
contribuíra en boa medida a unha política de colaboración. Agora ben, desaparecido o
nacionalsocialismo e vencidas as potencias do Eixo, emerxe novamente esa desconfianza e iníciase
deste xeito unha auténtica espiral de enfrontamentos entre a URSS e EE.UU. en tódolos ámbitos a
nivel mundial (no político, no económico e no cultural).

Efectos da Bomba atómica.

"O artefacto Little Boy detonou a uns metros de/chan e todo sucedeu moi rápido. Tras o cegador brillo inicial
da explosión, absolutamente todos os obxectos, edificios e persoas nuns
centenares de metros ao redor do punto cero quedaron vaporizados: unha
imaxe que se fixo famosa mostra unha sombra humana de cinzas sobre unha
superficie medio queimada. Tras a calor veu a onda expansiva, que destruíu
practicamente todos os edificios do centro da cidade. A bomba matou
instantaneamente a unhas 80.000 persoas. Decenas de milleiros máis
morrerían nos seguintes días, semanas e anos de queimaduras, exposición á
radioactividade e enfermidades e malformacións xenéticas causadas pola radioactividade." Na imaxe bomba
nuclear " Little boy" que destruíu Hiroshima.

J. M. Zavala, A reportaxe da Historia, páx. 721

Hai varios motivos que van agudizar e intensificar as discrepancias entre os antigos colaboradores,
entre os antigos aliaos. E unha desas cuestión ten que ver, efectivamente, coa posesión da bomba
atómica, que lle aba a EE.UU. unha hexemonía mundial evidente tralas demostracións de Iroshia e
Nagasaki. E aínda que a ONU estableceu unha comisión que perdura ata os nosos días, que é a
Axencia Internacional da Enerxía Atómica, co obxectivo de conseguir un acordo de tódolos países

126
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

para o desenvolvemento pacífico da enerxía nuclear, esas diferenzas e esa desconfianza impediu
chegar a ningún tipo de trato para compartir os coñecementos sobre enerxía nuclear, e polo
contrario, deu lugar a unha espiral armamentística no que as principais potencias intentaban por
tódolos medios acadar a superioridade militar sobre o inimigo.

.A continuación das explosións experimentais que levara a cabo EE.UU. no Pacífico, a adopión dunha
lei pola cal EE.UU. suspenía o intercambio de información sobre cuestións nucleares cos demais
países, determinou que a URSS e inclusive os aliados de EE.UU. iniciasen un programa de
investigación co obxectivo de conseguir capacidade nuclear. E así foi como en 1949, a URSS levaba
a cabo a primeira explosión dun artefacto nuclear.

Loxicamente, para aquel entón, EE.UU. xa tiña un importante arsenal nuclear nas súas mans, pero
en certa medida, a URSS conseguira unha certa equiparación. En 1952, foi Gran Bretaña a que
conseguiu esa capacidade nuclear; en 1960, Francia; e a fins da década dos 60, China. É dicir, que
paradoxicamente, a finais dos anos sesenta, os cinco países que formaban parte do Consello de
Seguridade da ONU, os encargados de velar pola «paz mundial» xa tiñan un bonito arsenal de
bombas atómicas e de bombas «H» (bombas de hiddróxeno con maior capacidade destrutiva), así
como de toda unha serie de misís capaces de trasladar ditas bombas ós lugares respectivos.

A obtención da bomba atómica, supuxera un éxito para o Programa Manhattan de EE.UU. na II


Guerra Mundial, e no que participaban ademais, moitos científicos europeos como o italiano Fergi
ou o alemán Einstein, que non eran máis que algunhas das cabezas visibles de exiliados ou
emigrados. Tamén, nese éxito norteamericano na fabricación de cohetes, están implicados algúns
científicos alemáns que participaran na creación das «bombas volantes» e foran captados pola
intelixencia estadounidense.
Mércores 5 decembro 2018
Desacordos concretos sobre os
futuros acordos entre a URSS e os
EE.UU., van definir no momento a
súa estratexia, fundamentada en
garantías para os seus intereses.
Dende 1945, preséncianse cambios
entre os dous países, e polo tanto,
entre tódalas nacións aliadas.
Churchill, que nese momento xa
non era Primeiro Ministro, fala,
nunchas conferencias de 1946, da
caída do “telón de aceiro” 41 en

41
Cortina de ferro ou pano de aceiro é un termo histórico que provén das expresións alemá Eiserner Vorhang e inglesa
Iron Curtain. Fai referencia á fronteira política, ideolóxica, e nalgúns casos tamén física, entre a Europa Occidental e
Europa Oriental, tras a Segunda Guerra Mundial.
127
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Europa, que dividía ó continente e que deixaba ás antigas capitais orientais europeas baixo a zona
de influencia soviética.

Dalgún xeito, esa distribución de influencias xa fora acordada por Gran Bretaña e a URSS nas
Conferencias de Moscova (1944), e a partir de 1947, esas areas de influencia xa estaban plenamente
conformadas. A fronteira ascendía dende Setin (no Mar Báltico) ata Triste (Italia), dividindo Europa
en dous bloques claramente diferenciados.

Na estratexia estadounidende, xogou un papel moi importante o chamado Telegrama Kennan, que
analizaba a actitude da URSS, e segundo este, EE.UU. estaríase enfrontando a un “poder fanático”,
a unha “forza fanática” que só tiña como obxectivo principal a destrución do modo vida americano,
e do seu modelo económico e sociopolítico. Segundo o informe, a URSS non ía invadir Europa, pero
tiña como obxectivo aumentar a súa influencia continental, polo que EE.UU. “debía” aoptar unha
política de contención do comunismo e do expansionismo soviéticos, ou así foi como o comprendeu
Kennan, quen era un diplomático estadounidense destinado na embaixada moscovita, onde realiza
esa análise das pretensións rusas as cales calificou como perigosas para os intereses nacionais
americanos.

O afirmado por Kennan, coincidou con algúns sectores da política de Whasington, que buscaba un
endurecemento da práctica exterior nacional, o que se vai rpoducir pouco despois da redacción do
informe. Ocorreu naqueles puntos nos que os intereses de EE.UU. estabán en maior perigo,
esencialmente naquelas zonas de influencia soviética.

128
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Eses intereseses estadounidenses eran, en certa medida, similares á propia análise que fixeron os
dirixentes soviéticos. Para estes, a presenza de EE.UU. en Europa e o seu dominio no Océano
Pacífico, significaba un claro avance do imperialismo. Polo tanto, a estratexia da URSS debía pasar,
segundo moitos dos dirixentes soviéticos, e sobre todo segundo o Informe Zhdanov (1947), por
conformar un bloque de países de campo socialista para facer fronte a ese imperialismo
norteamericano que buscaba aislar á URSS. Así foi, que para Stalin tratouse, en definitiva, de
construir unha especie de «estados – tapón» de carácter defensivo na súa fronteira occidental, xa
que tódalas invasións que se produciran ata o momento, pasaban polas chairas de Polonia, e o seu
control parecía ser un asunto de primordial importancia. Isto foi o determinado por Zhdanov na
Conferencia de tódolos países de influencia comunista: Kominform (xeito polo que o partido
soviético ía controlar a tódolos países comunistas na súa area de influencia). En 1943, Stalin xa
suprimira a Internacional Comunista nese contexto de colaboración cos aliados, pero de novo, en
1947, vólvese a establecer ese vínculo cos países de influencia soviética.

En ámbolos dous países, tamén houbo partidarios de continuar esa política de colaboración, pero
finalmente, rematou por se impoñer o medo e a obsesión que dalgunha maneira, estiveran sempre
presentes entre a URSS e os países occidentais.

Mais, en que lugares asistimos a ese endurecementeo das relacións entre os aliados occidentais e a
URSS? E que zonas foron os primairos lugares de tensión ou enfrontamento entre as grandes
potencias?

2. Os principais focos de tensión trala polarización.

Nos anos corenta, interénsannos moi especialmente os casos das tensións en Grecia, Turquía, Irán
e Berlín.

Grecia

O caso de Grecia é o primeiro caso no que se emprega a violencia por parte dos aliaos para impoñer
a súa área de infleucnia. Grecia era unha peza clave na estratexia inglesa de control do Mediterráneo
de cara o acceso a Suez, xa dende a época de Lord Byron. É unha cuestión estratéxica duncamental.

Grecia fora ocupada polo exército alemán, e neste contexto, apareceran unha serie de movementos
de oposición á ocupación; o máis importante foi o ELAS, cuxo brazo de actuación era a EAM ó xeito
dun movemento partisano e militar que tivo o seu papel máis relevante na loita antinazi. Pero nestes
órganos de resistencia predominaban os membros de orientación comunista.

A finais de 1944, os alemáns vense obrigados a abandonar Grecia, e nese mesmo ano, establécese
un goberno no exilio ligado á monarquía e a Gran Bretaña. Os británicos buscaban efectuar un
acordo para que Grecia permanecese baixo a súa influencia. Mais isto, evidentemente, chocou coas
aspiracións do ELAS que loitara contra os alemáns.

129
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Para impedir que ese vacío d epoder fose ocupado polos partisanos esquerdistas do ELAS, Churchill,
en virtude dun acordo con Stalin para acaparar a influencia, envía miles de soldados a Grecia co
obxectivo de impedir a toma de Atenas por parte destes, buscando establecer un goberno
monárquico ligao a Gran Bretaña. A chegada dos militares ingleses dou pé aos primeiros
enfrontamentos entre os ingleses e os partisanos, que despois dunha breve pausa no 1945, derivou
nunha Guerra Civil que se estendeu ata 1949 entre os partisanos do ELAS, fronte a un goberno
monárquico apoiado por Gran Bretaña e os Batallóns de Seguridade colaboradores dos nazis entre
1941 – 1944.

Para Gran Bretaña, facíase cada vez máis difícil manter este esforzo bñelico, que será relevado por
EE.UU. provocando o triunfo dos sectores moárquicos ligaos a EE.UU. e a Gran Bretaña. Os
partisanos do ELAS non tiveron, pola contra, o apoio da URSS (debido a ese acordo británico –
soviético entre Churchill e Stalin), procedendo a única colaboración de Iugoslavia (Partisanos de
Tito). Vemos entón, como Grecia foi o primeiro país no que esa loitade influencias se dirime
mediante a utilización da forza militar.

En definitiva, vemos como Grecia se converteu no primeiro país no que a loita de influencias se viu
con maior claridade.

EXÉRCITO DE LIBERACIÓN DE GRECIA  FRONTE DE LIBERACIÓN DE GRECIA  MOVEMENTO


PARTISANO POLÍTICO – MILITAR QUE LEVOU A CABO A LOITA MÁIS RELEVANTE CONTRA A
OCUPACIÓN NAZI E NA QUE PREDOMINOU A IDEOLOXÍA COMUNISTA

130
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Irán

En 1941, Irán foi coupado polos exércitos


soviético e inglés dad a desconfianza destes de
cara aquel, e para evitar que constituise un
enclave estratéxico para Alemaña. No 45,
cando capitula Alemaña, estes países deberían
abandonar Irán. E sen embargo, Gran Bretaña
e EE.UU. consideran que para os seus intereses,
Irán xogaba un papel fundamental e
estratéxico, considerándoo vital para manter a
súa influencia.

A situación de Irán era un tanto confusa en


termos políticos, porque a debilidade do
Goberno Central dera lugar á constitución
dunha autonomía en Azerbayán. E incluso en
1946, na zona occidental de Irán, estableceuse
durante uns meses, unha República Autónoma
constituíta por población kurda. En suma, era
unha situación inestable ante un goberno constituído polas distintas formacións políticas do país:
unha ampla coalición nacional na que incluso houbo tres ministros comunistas.

Gran Bretaña e EE.UU. van presionar cada vez máis ó goberno para que, por un lado, lle garanticen
toda unha serie de concesións petrolíferas en torno ó Golfo Pérsico, e a liña da fronteira con Iraq,
que ademais tiña a vantaxe de que limitaba coa URSS. En vista desto, a URSS esixía tamén a Irán a
firma dun tratado para obter concesións na zona do Azerbayán iraní, que limitada coa URSS, pero a
presión de ingleses e estadounidenses foi o suficientemente potente para que o goberno de Irán
negase calquera calquera tipo de concesión á URSS, aceptando en todo caso as propostas aliadas
ocientais, expulsando e tal xeito ós ministros comunistas do goberno de Teherán.

Así, os occidentais acadan un espazo cunha notable importancia estratéxica na medida en que o seu
control facía efectivo o acceso ó Golfo Pérsico nunha das principais áreas petrolíferas do momento.
Os intereses de EE.UU. e Gran Bretaña, foron os que prevaleceron ata practicamente 1979, sendo
Irán, un peón fundamental na estratexia americana en oriente medio (foi o seu xendarme
fundamental ata a caída do Sha42).

En 1951 tiveron lugar eleccións en Irán; de feito, era a primeira vez que había eleccións libres. Foron
gañadas por un candidato de programa nacionalista: Hossadegh, quen pretendeu levar a cabo o seu
proxecto de modernización política, económica e social para Irán. Para iso, pretendeu contar, sobre

42
A Revolución iraniana (tamén coñecida como Revolución Islámica ou Revolución de 1979)refírese ao proceso de
mobilizacións que desembocaron no derrocamento da Dinastía Pahlaví baixo o shah Mohammad Reza Pahleví en
1979 (quen tiña o apoio de Reino Unido e Estados Unidos), e que significou a instauración da República islámica
actualmente vixente en Irán. O líder da revolución foi o aiatolá Jomeini, quen tivo apoio de varias organizacións de
esquerda e islámicas máis os movementos estudantís iranianos mentres estaba no exilio.
131
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

todo, coas divisas procedentes do petróleo. O control do petróleo iranía estaba en mans de
compañias estranxeiras, especialemente en mans da chamada AngloIraian Oil Company
(antecedente da actual British Petrolian Company). Esta personaxe acometeu a nacionalización do
petróleo, que foi considerada por occidente como un acto bélico que inciou de inmediato, e a
través da CIA, un proceso de desestabilización que rematou cun golpe de Estado da man dos
militares e que obrigou ó exilio a Hossadegh. Dalgunha maneira, o goberno democrático que tiña
Irán en 1953, foi desbaratado por un golpe de estado convocado polos supostos patrocinadores
da democracia occidental.

Turquía

Outra zona de conflito e punto de tensión xirou en torno ós estreitos do Bósforo e de Dardanelos,
tamén cun claro carácter estratéxico, moi especialmente para os soviéticos, porque a frota soviética
do Mar Negro só podía acceder ó Mediterráneo e ó Índico mediante estes dous estreitos.

En 1936 teñen lugar os Acordos de Montraux, que especifican que o control dos estreitos quedaban
en mans de Turquía, e que os demáis países debían recorrer ó seu permiso.

Na Conferencia de Ialta, a URSS pedira a modificación deses acordos, de tal xeito que se lle facilitade
o paso dos seus buques polos estreitos sen depender para nada das concesións de permisos parte
de Turquía para transitar esa zona. Gran Bretaña e EE.UU., nese momento acceden e
comprométense a modificalos unha vez Alemaña capitule. Pero en 1947, cando a URSS plantexe esa
aplicación dos acordos de Italta, EE.UU. e Gran Bretaña vanse negar a cumplir o pctado, e polo tanto,
os estreitos, ou, máis ben, o paso das frotas por eles, vai seguir dependendo de Turquía.

132
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Alemaña (Berlín)

Outro punto de tensión concentrado entre 1945 – 1947, foi Alemaña. Como sabemos, Alemaña foi
dividida en catro zonas de ocupación, e fora constituída cun Consello Supremo Aliado que,
tecnicamente, era o encargado da administración do país ata que se decidise o estatus de Alemaña,
e esta puidese elixir ás súas institucións e órganos de goberno. Durante esta intriguidade, o Consello
dos Aliados, formado polas catro potencias vencedoras, era o que se ía ocupar da administración de
Alemaña.

Tamén fora dividida en catro partes a capital de Berlín: dentro da zona de ocupación soviética, en
principio, os aliados coincidían en que Alemaña debía seguir sendo un país unido, e garantían polo
tanto, a súa integridade territorial; mais había diferenzas en canto ós prazos e procedementos a
seguir. E esa desconfianza que aparece entre as potencias, tamén se vai poñer de manifesto neste
caso, dando lugar a unha dinámica de acción – reacción segundo a cal determinadas iniciativas
levadas a cabo por EE.UU. e os seus aliados, ían ser contestaas de igual modo pola URSS, dando
lugar a unha espiral de enfrontamentos que levou a un incremento das diferenzas e das tensións.
Por exemplo, a decisión soviética de unificar o Partido Socialista e o Partido Comunista, así como a
súa área de influencia, foi contestada polos estadounidenses coa suspensión da entrega das
indemnizacións que lle correspondían á Unión Soviética.

Por outro lado, a unificación das forzas aliadas a comezos de 1947 nunha única zona, foi interpretada
polos soviéticos como un intento estadounidense por aislar a área rusa e por constituir un Estado
Alemán independente. O fei foi que os aliados impulsaron tamén o establecemento dun sistema
monetario común, deixando á marxe á zona soviética, o que foi considerado polo goberno ruso
como unha clara violación dos acordos de Postdam; e ademais, consideraron o posible feito de que
133
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

os aliados puideran establecer un estado independente dividindo Alemaña en dous nacións


diferenciadas. Neste momento, os soviéticos abandonan o Consello Supremo Aliado.

Mais o enfado ruso foi aínda maior cando os occidentais manifestaron a súa pretensión de practicar
todas esas medidas non só na zona occidental, senón tamén na controlada polos aliados dentro da
capital aemana, porque na súa opinión, iso só podía culminar coa división de Alemaña e coa
pretensión occidental de establecer un estado independente.

Cando os occidentais consideran a


posibilidade de aplicar todas esas
medidas tamén dentro da capital
(Berlín), a URSS, a finais de 1948,
decide bloquear o acceso á cidade,
que estaba localizada na súa área de
control; e os aliados, deste xeito,
dependerían de pasar por aí para
acceder ó territorio de control
soviético.

A ese control soviético, contestaron


os aliados creando unha ponte aérea co obxectivo de abastecer a capital a través. E case un ano
despois, xa en maio de 1949, a URSS decide levantar ese bloque de Berlín, dado que tampouco
conseguira as súas pretensións. Pero nese mesmo ano, asistimos á definitiva creación das

134
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

“dúas Alemañas” que se prolongarán


ata a década de 1990 (coa caída da
URSS) e cuxa fronteira será un
permanente foco de tensións entre os
dous bloques tanto na fronteira como
na propia capital de Berlín, que vai
seguir sendo ocupada en parte por
ambos bandos: o soviético e o aliado. E
xa nos anos sesenta, levántase o
famoso Muro de Berlín, que dividiría
fisicamente as dúas zonas da capital.

Asistimos á clara configuración dunha nova orde mundial que vai permanecer máis ou menos
inalterable durante case cinco décadas.

Pero, cales son ascaracterísticas desa nova orde mundial e desa política de bloques?

3. A política de bloques.

En 1948, establécese un sistema bipolar encauzado pola URSS e EE.UU. que permanece inalterable,
ou alomenos con moi poucas modificacións, nas décadas seguintes. Ámbalas dúas potencias van
establecer un control moi efectivo sobre tódolos seus aliados e sobre aqueles países baixo a súa
influencia en Europa, limitando en boa medida, a súa autonomía ou independencia, especialmente
naqueles aspectos que podían afectar á seguridade do bloque ou á súa integridade (bloque
occidental vs. bloque oriental).

Este sistema non permitía disidencias entre os membros de cada un dos bloques, e aínda así, vanse
producir – aínda que sendo máis a excepción que a norma –.

Disidencias máis destacadas no bloque oriental:

a. A primeira disidencia ocorre no bloque oriental protagonizada por Iugoslavia en 1948,


derivada da actitude pola independencia do Mariscal Tito fronte á tutela da URSS.

b. Nos anos 60, ocorre en Albania, no contexto de maior enfrontamento no bloque oriental
(conflito chino – soviético).

Disidencias máis destacadas no bloque occidental:

a. Destaca o caso de Cuba ante o Movemento 26 de xullo, e tralo ascenso de Fidel Castro.

b. Tamén o caso – aínda que de moi pouca duración – de Chile ante o ascenso do socialista
Salvador Allende, ata o golpe de Estado do xeral Pinochet.

135
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

En moitos casos, estas disidencias remataban de xeito abrupto. E outros intentos de sacarse de
enriba esa tutela das potencias, tamén quedaron reflexadas en Hungría no 56; en Checoslovaquia
no 68 (Primaveira de Praga; socialismo humano). No caso europeo, Hungria e Checoslovaquia
requerirán a intervención militar soviética.

No caso dos EE.UU. pretenderán levar unha política independente países como Guatemala no 54;
na República Dominicana no 65; e Allende en Chile no 76. Todos finalizaron coa intervención do
exército de EE.UU; e no caso de Chile, rematou cun Golpe de Estado protagonizado por Pinochet.

EN DEFINITIVA: PRETÉNDESE UN SISTEMA BIPOLAR INALTERABLE

Salvador Allende e Fidel Castro

Haberá unha tensión permanente entre os polos, na que cada unha das superpotencias tratou de
evitar a superioridade do inimigo. Isto dou lugar a unha loita política, ideolóxica, diplomática e e
cultural; en suma, a unha loita permanente que se estendeu a tódolos ámbitos e que se manifestou
sobre todo a través dos medios de comunicación de cada un dos bloques.

Sen embargo, nunca houbo enfrontamento direto entre EE.UU. e a URSS. Poderíamos dicir que
ambas potencias median as súas forzas e as súas influencias en conflitos locais ou máis ou menos
localizados (como en Grecia, por exemplo); mais non participan diretamente co seu potencial
militar, senón que o fan vía forzas locais a través de apoio político – financeiro segundo os seus
intereses na causa. E pola contra, estas tensións e colaboracións, obrigan a un crecemento
constante da súa capacidade militar.

A ONU, teoricamente constituída para farantir a paz e a estabilidade, vai ter un papel moi limitado
na arbitraxe do proceso, precisamente pola súa particular conformación. Non obstante, hai un
elemento positivo: a ONU era, polo menos, o único lugar en que EE.UU. e a URSS podían dialogar, a
única plataforma de diálogo “aínda que fose como fixera Kruschev: sacando un zapato e golpeando
na mesa”.

Atendemos a unha escalada armamentística que se desata dende 1945, ano en que EE.UU. dispçon
da hexemonía militar mundial con motivo da posesión da bomba atómica; e ademais, tiña soldados
nacionais en practicamente tódolos continentes. Nun primeiro momento, hai unha gran disparidade
entre a capacidade militar de EE.UU. e a da URSS (moito máis limitada). A URSS conseguira explorar
o seu artefacto atómico en 1949, pero para entón, EE.UU. xa tiña un arsenal considerable. É dicir,

136
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

que as diferenzas son notables en canto ó punto de partida, que se prolonga durante o período de
bloques.

O que si vai acadar a URSS, vai ser a construción dun arsenal nuclear con suficiente capacidade
disuasoria, de tal xeito que vai ser ese medo ó inimigo o que dalgún xeito, tamén contribúa –
paradoxicamente – a que non haxa ningún enfrontamento directo entre as dúas superpotencias.

Chegado un momento, esa espiral aramamentística dou lugar ó que algúns estudosos chamaron a
«Época da destrución mutua asegurada», xa que en caso de se xerar un conflito, non habería
vencedores, mais si vencidos: ¡¡todos!!. Agora, é cando comezan a tomar conciencia,
especialmente trala Crise dos Misís en Cuba, de que nun choque directo entrambas nacións non
habería vencedores. Aedmais, gran parte do presuposto público destínase ó presuposto militar no
detrimento doutros sectores de investimento.

Esta situación dificultou o avance económico e social dos países do Terceiro Mundo, aqueles que
procedían á independencia, porque as potencias, presionaban para que se aliasen ó seu bloque.

Algúns investigadores teñen tratado de establecer fases neste período:

• A I fase (1947 – 1953): fase de máxima tensión.

• A II fase (1954 – 1979): fase de coexistencia pacífica. Aínda que isto non significou a ausencia de
conflitos, porque entón tiveran lugar tanto a Guerra de Vietnam como a Crise dos Misís en Cuba.
Mais fálase de pacífica porque foi sobre too dende 1960, coa chegada de Kennedy ao poder
estadounidense (que coincide en parte coa presidencia de Kruschev na URSS e co seu viaxe a
Washington) cando se dou un paso importante para o diálogo. Foi, máis ben, un período de
distensión. E en 1970 – 71, fírmanse tratados de limitación de armas estratéxicas, poñendo por
primeira vez, un límite a esa dinámica armamentística: Tratados Start (1971, 1979).

• A III fase (1980 – 1990): dúas subfases. A primeira subfase abarca de 1980 – 1985, e é un período
de tensión ante o inicio da intervención soviética en Afganistán. A segunda subfase abarca de
1985 – 1991, e é un período de distensión dende as cumbres entre Reagan e Gorbachov,
finalizando coa desaparición da URSS. De tódolos xeitos, debemos empregar a periodización con
sumo coidado e flexibilidade.

En 1947, cada potencia comezaba a sinalar unha estratexia a longo prazo para se enfrontar á suposta
ameaza que procedía do atlántico e das estepas siberianas. Falaremos, entón, das estratexias dos
bloques.

4. As estratexias do bloque capitalista (EE.UU.).

A estratexia americana, pasa dende o primeiro momento pola creación e mantemento da súa
hexemonía militar, a cal lle permitía actuar en calquera parte do mundo alí onde considerase que

137
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

podían estar en perigo os seus intereses, ou que o inimigo pretendía avanzar a costa das súas
posicións.

Establece un plan de axuda económica para os seus aliados que lle vai permitir aumentar a sú
influencia política e afianzar a súa hexemonía económica ó tempo que beneficia á propia economía
estadounidense.

Establece tamén acordos de axuda ou colaboración militar de tipo bilateral ou multilateral que lle
vai posibilitar establecer bases permanentes do seu exército en múltiples lugares do mundo,
especialmente naqueles que teñen un maior valor estratéxico. Nese senso, buscará o control de
tódalas encrucixadas e pasos estratéxicos para a navegación a nivel mundial, ben dexeito directo ou
indirecto: Suez, Panamá, estreitos bálticos, etc. todos eles, puntos fundamentais que EE.UU. vai
controlar en gran medida, ben persoalmente, ben a través dos seus aliados.

Establece unha especie de «cordón sanitario» ó xeito dun asedio militar fronte á Unión Soviética,
mediante a constitución ou creación de toda unha serie de pactos militares.

⎯ Un deses bloques constitúese no 48 no continente americano: DEA.

⎯ Outro, en 1949: OTAN. A Organización do Tratado do Atlántico Norte é unha alianza militar
intergobernamental que se rexe polo Tratado do Atlántico
Norte ou Tratado de Washington. A organización constitúe un
sistema de defensa colectiva, no cal os Estados membros
acordan defender a calquera dos seus membros se son
atacados por unha potencia externa.

⎯ En 1951: ANZUS.

⎯ En 1954: SEATO.

⎯ En 1955: CENTO.

Desenvolve tratados militares bilaterais con Corea do Sur, con España (1953, soldados permanentes
e bases militares que derivan na bomba atómica de Palomares; o tratado foi vital para España na
súa apertura á comunidade internacional).

En xaneiro de 1966, un B – 52 con


catro bombas termonucleares
estrelouse ca avión nodriza que lle ía
suministrar combustible en pleno
voo. Tres das bombas estrélanse no
campo, e unha caeu no mar. Para
evitar a alarma no turismo, Manuel
Fraga e o embaixador
estadounidense, protagonizan un
chapuzón. Pouco despois, a bomba
foi atopada por un pescador.

138
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

En último lugar, a estratexia americana consistiu en propagar a ideoloxía anticomunista: o “inimigo


da civilización occidental”. Practicouna en tódolos ámbitos, sobre todo no cultural a través dos
servizos secretos, e moi especialmente, a través da CIA. Tamén, en determinados momentos, ese
engrosamento de bloques tivo unha lectura en clave interna, debido a que nos anos cincuenta e
sesenta, deuse unha persecución de persoas pertencentes a organizacións de esquerdas, partidos
comunistas ou sindicatos deste corte. Foi a chamada «Caza de Bruxas», promovida polo senador
McCarthy (macartismo43).

 Recomendación de lectura: La guerra fría y cultural y la CIA, F. Sanders.

5. As estratexias do bloque comunista (URSS).

En boa medida, a estratexia soviética foi moi similar á norteamericana por esa dinámica de acción
– reacción.

Incrementa o seu potencial militar a costa de conseguir, polo menos, a suficiente capacidade
disuasoria para impedir un suposto ataque estadounidense, aínda que o punto de partida, como xa
dixemos, foi moi distinto. A situación obrigou á URSS a un gran esforzo económico para se equiparar
ós EE.UU. E en 1955 conformouse un bloque militar con tódolos países que se atopaban baixo a súa
influencia nos Pactos de Varsovia (1955).

Avanza un programa de axuda económica denominado Consello de Axuda Mutua Económica


destinado ós seus aliados, buscando a integración das economías socialistas. É dicir, que axuda a
eses países aliados mediante ingresos, envíos de petróleo, etc. E vai seguir apoiando a tódolos
movementos de partisanos, de liberación nacional e anticolonialistas, algúns dos cales compartían
a súa marca ideolóxica (o comunismo). E na medida en que consideraba que o acceso das
independencias significaba debilitar ó bloque inimigo e ós grandes imperios como o inglés e o
francés, tamén apoiará a tódolos movementos de carácter pacifista que xorden en occidente:
constitúa o Consello Mundial pola Paz.

Somete ós aliados á política defensiva da URSS mediante a existencia de soldados soviéticos en


determinados países de Europa Oriental como Alemaña, Hungría ou Checoslovaquia.

Os seus medios de propaganda tamén van divulgar unha ideoloxía anticapitalista que presentaba
ós Estados Unidos como o “gran inimigo do progeso social”, o “inimigo imperialista da paz” e como
aliado dalgunhas significadas ditaduras, especialmente en América Latina.

43
É un termo que se utiliza en referencia a acusacións de deslealdade, subversión ou traizón á patria, sen o debido
respecto a un proceso legal xusto onde se respecten os dereitos do acusado. Orixínase nun episodio da historia de
Estados Unidos que se desenvolveu entre 1950 e 1956 durante o cal o senador Joseph McCarthy (1908-1957)
desencadeou un estendido proceso de declaracións, acusacións infundadas, denuncias, interrogatorios, procesos
irregulares e listas negras contra persoas sospeitosas de ser comunistas. Os sectores que se opuxeron aos métodos
irregulares e indiscriminados de McCarthy denunciaron o proceso como unha «caza de bruxas» e levou ao destacado
dramaturgo Arthur Miller a escribir a súa famosa obra As bruxas de Salem (1953). Por extensión, o termo aplícase ás
veces de forma xenérica para aquelas situacións onde se acusa a un goberno de perseguir aos opoñentes políticos ou
non respectar os dereitos civís en nome da seguridade nacional.
139
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

A nivel interno, esta situación de confrontación de bloques tivo o seu impacto na persecución,
detención e encarcelamento daquelas persoas consideradas disidentes ou aliadas do bloque
occidental. Esa persecución alcanzou tódalas esferas, incluíndo o caso de notables científicos.

O CAME (Consello de Axuda Mutua Económica) porase en marcha toda vez que a URSS prentenda
impedir que países como Polonia ou Checoslovaquia se sumen ó denominado Plan Marshall.

O Plan Marshall foi unha iniciativa de Estados Unidos para


axudar a Europa Occidental, na que os estadounidenses
deron axudas económicas por valor duns 13 000 millóns de
dólares para a reconstrución daqueles países de Europa
devastados tras a Segunda Guerra Mundial. O plan estivo en
funcionamento durante catro anos desde 1948. Os
obxectivos de Estados Unidos eran reconstruír aquelas zonas
destruídas pola guerra, eliminar barreiras ao comercio,
modernizar a industria europea e facer próspero de novo ao
continente; todos estes obxectivos estaban destinados a
evitar a propagación do comunismo, que tiña unha gran e
crecente influencia na Europa de posguerra.

Xoves 13 decembro 2018

6. O Plan Marshall.

Dende 1947, decidiuse a posta en marcha dun plan de axuda económica a Europa, que tamén foi
coñecido como o Plan Marshall, por ser dito militar o seu autor. Ese plan era o outro produto da
toma de conciencia de EE.UU. sobre a difícil situación económica que atravesaban os países
europeos no 45. E esa difícil situación económica, era preocupante para EE.UU. na medida en que
as dificultades que vivían os países europeos podían incrementar a influencia comunista, e na
medida en que esa debilidade financeira podía afectar negativamente á economía estadounidense.

En definitiva, durante os nos da II Guerra Mundial, os países europeos adquirían a maior parte dos
seus produtos no mercado estadounidense; mais se eses países quedaban sen capacidade
financeira, eso afectaría negativamente ás exportacións estadounienses e, polo tanto, tamén á
súa industria. Así foi como se evidenciou en certa medida o panorama de 1946.

Nesa situación, Marshall e a elite estadounidense consideran necesario dotar ós países europeos
desa capacidade económica que lles permitise sair adiante, polo menos neses primeiros meses ou
anos posteriores á fin da II Guerra Mundial.

Ó mesmo tempo, EE.UU. convertíase nun elemento clave, esencial na reconstrución da economía
europea e na estabilidade política e social do continente.

140
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Nun primeiro momento, a iniciativa de Washington ía dirixida a tódolos países europeos, incluídos
os países do leste, mesmo a propia URSS. Pero xa antes dos inicios e despois das conversacións entre
soviéticos e americanos, a URSS non aceptaría participar nese plan de axuda, considerando que
supuña a limitación da súa independencia. En definitiva, para a URSS, a aceptación do Plan Marshall
significaba un sometemento ós intereses e á hexemonía estadounidense. Por ese mesmo feito, a
URSS tamén presionou a aqueles países da Europa do leste que quedaran baixo a súa influencia –
tales como Polonia ou Checoslovaquia – para que non participen das axudas, alegando que eran o
mecanismo que a potencia establecera para sometes ós demais países e así garantir a súa
hexemonía en Europa.

Definitivamente, cando se pon en marcha o Plan Marshall, que estará en vigor entre o 48 e o 52,
este implicou a unha boa parte das nacións europeas, especialmente na Europa occidental, aínda
que con diferente intensidade en función das necesidades e das debilidades.

En definitiva, co plan, EE.UU. pretendeu que eses países superasen esa situación económica tan
difícil, e polo tanto, que isto obstaculizase ou frease o ascenso dos partidos comunistas en
occidente.

Hai que ter en conta que naquel momento, en Francia, Italia e incluso en Bélxica, os partidos
comunistas estaban entre os máis votados, e nese senso, EE.UU. considerou que debía impedir por
tódolos medios que aumentasen o seu alcance. E ó mesmo tempo, axudaría a unha evolución
positiva da economía norteamericana, posto que as axudas que van percibir estes países a través
do Plan Marshall, en total, sumarán os 13 mil millóns de dólares en cifra aproximada. Estes cartos,
as nacións europeas debían invertilas na adquisición de produtos agrícolas ou industriais
estadounidenses, e ese era o modo en que Marshall tentaba beneficiar ó tempo, a economía
nacional en tanto de industria e agricultura. E un 90% desas axudas serían a fondo perdido; mentres
que o 10% restante, sería en concepto de préstamo.

A URSS impediu que algúns países que demostraran o seu interese (Polonia, Checoslovaquia)
acordases estas axudas.

As concesións económicas máis importantes foron para as grandes potencias: Gran Bretaña (case
un 25%), Francia, e en menor medida, Alemaña, Italia e os PPBB.

EE.UU. tamén lle esixiu ós países que se acolleron o plan, que limitasen a presenza dos comunistas
nas institucións, e moi especialmente no ámbito de goberno, de tal modo que en Francia, en Italia
e en Bélxica, os ministros comunistas foron expulsados dos gobernos de coalición ou concentración
nacional, cumprindo precisamente, unha das cláusulas que conlevaba o desfrute destas axudas. E
nesa medida, o Plan Marshall consituíu tamén unha peza máis desa política de contención do
comunismo.

Para a distribución das axudas e para facilitar os intercambios entre os países europeos, tamén se
fixo necesario a promoción e constitución de determinadas institucións económicas
supranacionais:

141
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

• OECE (hoxe OCDE): Organización Europea de Colaboración Económica.

• UEP: Unión Europea de Pagos, que facilitou os intercambios entre os países que recibiron a
axuda.

• CECA: Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro.

Son institucións de carácter internacional para a xestión económica que veñen incluídas no plan
Marshall con motivo da integración económica mundial dos países europeos.

Pero, en que medida o Plan Marshall tivo unha incidencia positiva na evolución da economía
europea neses vinte anos seguintes de crecemento e estabilidade en Europa?

O certo é que hai debate entre os historiadores económicos; pois é difícil calcular cal foi a incidencia
desas axudas. Suponse que esas axudas tiveron un efecto positivo, pero os analistas ou
investigadores defiren en canto a ese potencial do efecto positivo, entre outras cousas, porque os
que tiveron un crecemento máis acelerado neses anos, como Alemaña, non foron precisamente
os que máis axuda recibiron. Mais Gran Bretaña captará un 24%, e sen embargo, o seu crecemento
foi máis lento.

A participación no Plan Marshall, ademais, levou á constitución dunha organización supranacional


da man da URSS: o Consello de Axuda Mutua Económica. Os países da Europa oriental eran os
menos desenvolvidos a nivel económico, atopándose moi por detrás dos países occidentais. E nese
senso, este foi un programa moito menos importante e debilitado pola escasa capacidade financeira
da URSS do momento. En todo caso, foi o inicio dun proceso de integracións das economías deses
países que logo serían denominados «economías socialistas do leste de Europa».

7. O conflito de Corea (xullo – setembro, 1950).

Na medida en que EE.UU. deseñara unha


estratexia de ámbito mundial, eses conflitos
rituais tamén van aparecer no continente
asiático: o Conflito de Corea.

Na imaxe, unha pintura alusiva á masacre


coreana da man de Pablo Picasso,
claramente inspirado nos fusilamentos de
Francisco de Goya.

Nun primeiro intre, temos que falar da ocupación xaponesa que era efectiva dente 1910, e que xa
estaba plenamente establecida. É unha ocupación que perdura ata 1945, sendo catro décadas nas
que en Corea xorden movementos de oposición e de loita antixaponesa.

142
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

En 1945, o exército soviético avanza sobre as zonas de China ocupadas polos xaponeses, e tamén
polo norte de Corea dende Vladivostok. Xa no mes de agosto, EE.UU. lanza unha iniciativa a Rusia
que consistía en que ocupasen a metade do país, mentres EE.UU. ocuparía a zona sur. Un pouco ó
xeito do que ocorrera en Alemaña coas catro zonas de ocupación.

Os soviéticos aceptaron a proposta estadouniense, e establécese


unha liña divisoria totalmente arbitraria, escollida a puro azar. E
ó igual que sucedeu en Alemaña, pronto se puxeron de manifesto
as diferenzas á hora de decidir o futuro da península, se ben todos
coincidían e que debía ser un estado unitario pola independencia.
Pero a diferenza residiu no tipo de sistema político e
administrativo a establecer, xa que neses núcleos de oposición
antixaponesa que houbo en Corea, especialmente na zona norte
que limitou coa URSS e con China; a area estaba hexemonizada
en boa medida polos comunistas coreanos do PTC (Partido do
Traballo de Corea), dirixido por Kim Il Sung (dta.).

A zona ocupada polos soviéticos facilita que no norte se poña unha administración co PTC ó mando.
E na zona sur, establéranse consellos de organización de esquerda de liberación, pero coa chegada
de EE.UU., son eliminaos os comités e establécese unha administración cun coreano ó mando que
ata entón estivera en EE.UU.: Syngman Rhee. Esa administración tiña unhas características
claramente opostas ás da Pionyang comunista.

Esta situación de incapacidade de ambas administracións para establecer acordos e deseñar un plan
de futuro para Corea, deu lugar a unha sucesión de enfrontamentos e escarmuzas militares na zona
da fronteira administrativa.

En 1948, vanse tódolos soldados estadounidenses, mais un pouco antes retiráranse os soviéticos;
sen significar todo isto, a redución da tensión, a cal se mantivo no 48 e no 49 con enfrontamentos
moi localizados e concretos.

Todo facía pensar que nun determinado momento, os enfrontamentos podían das paso a unha
escalada bélica. E isto sucedeu en xullo de 1950 cando ten lugar unha ofensiva do exército de Corea
do Norte que remata en éxito, acadando a conquista de practicamente toda a península coreana.

De feito, nese momento, só a zona do Polígono de Busan quedou en poder do exército de Corea do
Sur e dos soldados estadounidenses que chegaran na súa axuda. Nese momento e ante o contexto,
EE.UU. considera que a cuestión de Corea non é un asunto interno dos coreanos, senón que tamén
lle compete, e considera que tralo triunfo dos comunistas chinos na guerra civil e o ascenso ó poder
de Mao Tsetung, o establecemento doutro poder esquerdista na península era unha ameaza para
os intereses norteamericanos no Pacífico. A súa intervención faise tamén baixo o “paraugas” da
ONU, levando o conflito ó Consello de Seguridade, que adopta unha resolución favorable á
intervención estadounidense. Isto foi posible porque no consello non estaba presente a URSS, non
puidendo exercer o dereito de veto e permitindo que EE.UU. asumise ese papel interceptor.

143
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Os soldados americanos estaban dirixidos por MacArthur (dta.), “por riba de


quen só estaba Deus”, aínda que “ó final, mándano a pasear”. O xeral estaba
convencido da debilidade do exército coreano, de que eses (“por dios isto non
o anotedes”) “malditos amarelos non valían para nada” (está claro que era un
supremacista racista). En todo caso, a intervención ten éxito tras un
desembarco anfibio e aéreo nas liñas inimigas, e en pouco tempo, avanza á
fronteira chinosoviética.

Para entón, Mao en China, xa decidira a intervención do exército popular. E a ofensiva do seu
exército conseguiu en moi pocuo tempo, darlle un volco total á situación. Nunhas semanas, o
exército chinés levou case por completo á fronteira do paralelo 38º, vencendo en sucesivas
ocasións a EE.UU., chegando xa inclusive a sobrepasar dito paralelo.

É nese momento cando MacArthur plantexa a utilización de varias bombas atómicas sobre Corea
do Norte e sobre a fronteira China, para así suprimir toda a oposición. A proposta foi rexeitada polo
presidente Truman. Pero entre o 1952 – 53, leva unha masiva campaña de bombardeos aéreos, en
moitos casos con napalm; bombardeos en alfombra que deixaron practicamente tódalas cidades
de Corea do Norte feitas puras cinzas.

[Encarecida recomendación: revisar na aula virtual o artigo do profesor estadounidense B.


Cumings, que é un dos máis importantes investigadores do conflito de Corea; “se ledes este artigo,
xa saberedes moito máis que tódolos comentaristas televisivos sobre o conflito de Corea, quenes len
a Wikipedia cinco minutiños antes... que? Non me miredes así, porque é evidente que é o que adoitan
facer”)].

Ningún dos dous bandos demostrou ter a suficiente capacidade como para conseguir a vitoria do
conflito, o que levou ó establecemento dun «alto o lume». Estamos falando dun armisticio, mais
non dun acordo de paz (son dúas cousas ben distintas). De feito, aínda hoxe, non se estableceu
ningún acordo de paz entre Corea – EE.UU, puidendo reanudar en calquera momento e calquera
mando, as hostilidades.

Dende entón, como sabemos, en Corea do Norte e en Corea do Sur, instálanse dúas administracións
diferenciadas: no norte comunista, unha administración de partido único; e no sur, unha ditadura
pseudomilitar que durará ata a década dos noventa, cando se liquida en Seoul transitando de cara
unha fase democrática. Veremos como a península coreana segue dende aquela sendo un foco de
tensión permanente a raíz dun conflito xerado nos comezos da política de bloques da Guerra Fría.
Tanto é así, que a disolución da URSS en 1990 non supuxo sequera a disolución do conflito coreano.
E mesmo na actualidade, o problema vese moi influido pola loita entre EE.UU. e China con motivo
da loita pola hexemonía no Océano Pacífico.

En conclusión, ¡¡¡esta era a primeira vez que EE.UU. participaba nun conflito e non saía vencedor!!!
Mais será tamén en Asia, despois de Vietnam, cando volva a saír perdedir. Neste senso, Corea non
foi máis ca unha mera advertencia.

En EE.UU. o conflito de Corea foi unha “guerra esquecida”, como dixo B. Cuming. E dende aquel
momento, Corea unirase á «carreira» do armamento nuclear.
144
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

8. O conflito de de Suez (Exipto).

Ó mesmo tempo, en Indochina asistimos ó proceso de independencia dos seus pobos contra
Francia. E nesa loita dos pobos indochinos tamén tiñan un papel moi relevante os comunistas, co
cal xa nos podemos imaxinar que o seguinte paso da política de contención vaise a dar en Vietnam
unha vez que son vencidos os franceses. Pero antes diso, cambiamos novamente de escenario e de
continente, e ímonos a Exipto (canal de Suez).

O conflito de Suez ten certas peculiaridades. Unha delas é que é o único conflito da Guerra Fría no
que EE.UU. e a URSS coinciden na solución aínda que sexa por motivos distantes.

O conflito de Suez enmárcase nese proceso de loita dos países africanos e


asiáticos pola independencia. Quen estaba na presidencia de Suez en 1956 era
o líder do nacionalismo árabe, un home fundamental para a comprensión do
conflito e da evolución de Exipto, así como na constitución do movemento de
países non alineados nos anos cincuenta: Nasser (dta.) un militar exipcio que
participara no derrocamento da monarquía de Faruk en 1949. En 1952, un
grupo de oficiais e militares encabezado por Nasser, destitúa a Faruk e
instálanse no poder co obxectivo de acadar a modernización política,
económica e social do país árabe.

145
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Encabezando ese grupo de oficiais denominados oficiais libres, Nasser figuraba dende 1954 como
Presidente de Exipto, e lanzou o seu ideario nacionalista e árabe panarabista de unidade do mundo
árabe, participando ó tempo, na Conferencia de Bandung onde se constituíu o Movemento de
Países Non Alineados 44 no que houbo tres líderes fundamentais: o africano Nasser, o asiático
Nehru e o europeo Tito.

A política exipcia cambia totalmente, e sobre todo, a súa política exterior, na medida en que Nasser
vai apoiar a todas aquelas loitas dos países árabes pola independencia nacional moi especialmente,
porque naquel momento, era o punto álxido. Estámonos a referir á loita da Fronte Nacional de
Liberación de Arxelia contra o colonialismo francés, por exemplo. Esta defensa de Nasser dos
dereitos dos pobos árabes vai complicar en certa medida os plans para o desenvolvemento
económico do país, cuxa modernización económica pasaba pola construción de grandes
infraestruturas. Un dos símbolos desas infraestruturas constituíao o proxecto de presa de embalse
de Assuan (un gran embalse no Nilo que garantise o suministro de enerxía eléctrica e auga para a
agricultura nas áres inmediatas; en definitiva, que fose o motor impulsor da economía exipcia).

Nun primeiro momento, EE.UU. comprometeuse a financiar esta presa. Pero tendo en conta a
política exterior independente que practicaba Nasser, EE.UU. deu marcha atrás no seu compromiso,
negándose a financiar a construción de Assuan. E nesa tesitura, a única alternativa de Nasser para
buscar esa financiación foi tal que así: o canal estaba en mans dunha empresa anglofrancesa que
obtiña grandes dividendos, porqu tódolos buques que pasaban por el pagaban unha peaxe “algo
máis barata que a da AP – 9”, pero ó fin ó cabo, unha peaxe. Nasser decidiu a nacionalización do
canal para recadar fondos para a construción da presa de Assuan. Esta nacionalización provocou
unha reacción inmedianta en Francia e Gran Bretaña, que en boa medida seguían a pensar que aínda
vivían no século XIX puidendo actuar como considerasen. Co apoio do Estado xudeu, Francia e Gran
Bretaña lograron ocupar o canal de Suez ¡¡ vía paracaidismo !!.

Parecía que a manobra de Nasser estaba destinada ó fracaso, pero é o momento que aproveita a
URSS para ameazar ás potencias que interviran mediante unha actuación militar se estas non
abandonaban o canal de Suez. Deste xeito, a URSS aproveitaba a través do seu apoio, aparentar
unha “potencia defensora” dos intereses do Terceiro Mundo, e máis especialmente, dos pobos
árabes, xa que ata aquel momento, a URSS non tiña ningún tipo de influencia naqueles territorios.
Iso foi o que obrigou a EE.UU. a intervir, porque non podía aceptar que a URSS quedase como a
auténtica defensora, e polo tanto, que gañase presenza e influencia no mundo árabe, e menos
nunha área tan sensible como o era Exipto, xustamente pola existencia de Suez.

EE.UU. tiña dúas posibilidades: (1) apoiar ós seus aliados, e (2) apoiar a Nasser. A decisión é clara:
EE.UU. opta por apoiar a Nasser, e de paso, así tamén “lavábase a cara” como apoio do Terceiro
Mundo e como inimigo das prácticas coloniais de Francia e Gran Bretaña (jajjjajajaajja).

44
Movemento de Países Non Aliñados ( NOAL ou MPNA). Agrupación de Estados que se formou durante a chamada
Guerra Fría na segunda metade do Século XX. A finalidade dos membros de NOAL era conservar a súa posición neutral
e non aliarse a ningunha das superpotencias Unión Soviética e Estados Unidos. Xestouse e fundou no medio da quebra
do sistema colonial e da loita emancipadora dos pobos de África, Asia, América Latina e outras rexións do mundo.
146
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

De certa maneira, EE.UU. obriga a Francia e a Gran Bretaña a abandonar o canal de Suez; e ingleses
e franceses, decátanse por vez primeira de que se queren levar a cabo unha acción exitosa no
ámbito internacional, antes debían pedir permiso a EE.UU. É dicir, que toman conciencia definitiva,
o cal é sempre sen dúbida moi doloroso, de que xa non eran grandes potencias.

O gran vencedor deste conflito foi Nasser, polos seguitnes motivos:

1. Consegue manter a nacionalización do canal, que volve a mans de Exipto.


2. Aumenta o seu prestixio a nivel nacional.
3. Aumenta o seu prestixio a nivel internacional como un líder capaz de se enfrontar ás antigas
potencias coloniais.

Entón, tamén a URSS aumenta a súa influencia en Oriente Medio, sobre todo nos países árabes, que
a partir de entón establecen unha alianza con Exipto que se fará máis intensa dende o 67 (Guerra
árabe – xudía). En boa medida, o éxito de Nasser foi a vitoria dos países do Terceiro Mundo, dos
países non alineados que facían un enorme esforzo por manter os seus intereses nun mundo
bipolar.

9. A Crise dos Misís (1962, Cuba).

Foi unha das crises máis severas que tivo lugar entre EE.UU. e a URSS; e tamén aquí, temos unha
serie de antecedentes.

O Movemento 26 de xullo, que conseguira a expulsión da ditadura (tutelada


por EE.UU.) de Fulgencio Batista (dta.), que vai dar paso á instauración dun
goberno de tipo nacionalista (e non socialista por entón), cuxas medidas
iniciais afectarán a algúns intereses económicos das empresas
estadounidenses.

Dende EE.UU., tómase conciencia da situación


xerada na illa e dos plantexamentos nacionalistas de Fidel Castro e do
Movemento 26 de xullo, considerando que poden ser unha ameaza
moi próxima para os seus intereses. Un feito que debemos ter moi
presente durante to m… ndo o conflito é o de que Cuba queda
inmediata a Miami; 80 – 90 millas son as que separan Cuba de Florida.
E nese senso, EE.UU. inicia unha campaña de fustigamento ó novo
goberno cubano, así como de apoio a tódolos sectores de oposición,
esencialmente formados por membros do antigo réxime batistiano.
EE.UU. financiou inclusive un movemento que derivou na invasión de
Cuba en Bahía Cochinos (Praia Girón, 1961), de tal xeito que
determinou que, progresivamente, Cuba se alinease coa URSS buscando garantías para se
enfrontar á atitude hostil e á agresividade de EE.UU.

147
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Unha das medidas que consideran que podía ser disuasoria para EE.UU. foi o establecemento en
Cuba de misís soviéticos de curto e medio alcance, de tal xeito que nun determinado momento de
1962, dese comezo a súa instalación de maneria secreta, camuflados por outro tipo de operacións,
ata que en outubro dese mesmo ano, un espía estadounidense en Cuba obtivo fotografías que lle
permitiron á CIA e ó Pentágono (departamento de defensa estadounidense) coñecer as verdadeiras
operacións dos gobernos cubano e soviético.

Eses misís, aínda que fosen de curto ou medio alcance, podían afectar a moitas cidades ca costa
leste dos EE.UU. E nese momento, inícianse quince días moi intensos nos que EE.UU. decidiu
proceder ó bloqueo marítimo da illapara impedir o acceso dos materiais bélicos procedentes da
URSS. Hai ameazas por ambas partes de tomar todo tipo de medidas, incluídas de guerra, para
acadar a consecución dos seus respectivos obxectivos. E en ámbolos dous
países/gobernos/exércitos, hai xentes e persoas partidarias de forzar a situación ó máximo, aínda
que ese feito supuxese situar ó mundo ó borde dun conflito nuclear. Non obstante, tamén en
ámbolos dous bandos, rematan por se impoñer aqueles sectores que buscaban algunha saída
negociada do conflito.

148
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

Naquel momento, a URSS estaba dirixida por Nikita Kruschev, e os EE.UU. por Kennedy. Establecen
negociacións para a busca dunha saída pactada da crise, e así evitar unha espiral de enfrontamentos
de alto risco. Desta maneira, a finais do mes de outubro, Kruschev e Kennedy selan un pacto
segundo o cal a URSS se comprometía a desmantelar os complexos de misís en Cuba e levalos de
volta a Rusia; e pola outra banda, EE.UU. comprometíase a non invadir nin apoiar a invasión da illa
nun futuro, así como a eliminar os misís que tiña despregaos en Turquía na fronteira con Rusia.

Esta foi a maneira en que se desactivou unha crise que puxera ó mundo ó borde dun claro conflito
nuclear, e que dende entón, tamén permitiu o establecemento dunha liña de comunicación direta
entre Whasington e Moscú, aínda que hai algúns elementos que a día de hoxe aínda non son
totalmente coñecidos en tanto da resolución final, e tampouco en que medida ambos dirixentes
tiñan o control dos mandos militares (é dicir, que non está claro en que medida este conflito puido
influir na evolución política posterior da URSS, nin na decisión do Comité Central do Partido
Comunista da URSS de destituír a Kruschev).

Outros investigadores, alegan que tampouco está claro en que medida a decisión de Kennedy de
chegar a un acordo con Kruschev tivo que ver co seu asasinato posterior. Mais en todo caso, ambos
saíron bastante mal parados (“peor Kennedy, claramente”). En suma, hai algúns elementos que
permiten afirmar que esta crise e o xeito en que se solucionou puideron influir nesa destituciónde
Kruschev e nese asasinato de Kennedy.

149
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

En conclusión, so cabe dicir que este foi o máis evidente conflito produto desa política de bloques
que de feito, é arrastrada ata os nosos días: o actual bloqueo de EE.UU. sobre Cuba non é outra
cousa que unha evidencia de todos estes acontecementos e desa antítese de bloques.

10. Indochina: a Guerra de Vietnam.

En 1945, a Francia liberar optou por seguir mantendo as súas colonias


en Indochina. Os indochinos independentistas, que estaban
encabezados polos seus líderes máis destacados, como Ho Chi Minh
(esq.), declaran a independencia nese mesmo ano, mais Francia non
estaba pola labor de aceptar a súa decisión. De tal xeito que Francia
enviou ós seus soldados, paracaidistas e lexionarios a Vietnam, coa
intención de re – impoñer o poder colonial francés ante o
convencimento de que “era máis fácil pelexar con vietnamietas que con
alemáns, non si?”.

A pesar do empeño francés, en 1954 e despois do triunfo vietnamita en batala, os franceses vense
obrigados a pactar a súa sañida de Indochina nos Acordos de Xenebra (1954), que lle impoñían a
Francia a saída definitiva de Indochina, dando lugar a tres estados independentes: Camboia, Laos
e Vietnam.

Isto sucedía ó tempo que EE.UU. poñía en práctica a súa política de contención en Corea, e o feito
de que Ho Chi Minh fose do PCV (Partido Comunista Vietnamita), fixo que EE.UU. considerase que
a caída de Indochina en mans do comunismo sería tamén un elemento profundamente negativo
para os seus intereses en Asia e no Pacífico, polo que se vai definir como o novo substituto
imperialista e como continuador da presenza occidental en Indochina, e moi especialmente en
Vietnam do sur apoiando unha administración moi influenciada e dependente de EE.UU.

Estes acontecementos dan lugar, novamente e como ocorrera en Corea, á cristalización de dúas
administracións: unha no norte con sede en Hanói e dirixida por Ho Chi Minh; e unha no sur dirixida
por EE.UU.

Nun primeiro momento, a presenza estadounidense non foi moi notable, mais aumentará de xeito
paulatino, porque en Vietnam do sur existía un importante movemento partisano denominado
Fronte de Liberación Nacional de Vietnam do Sur (“iso que nas pelis de Hollywood chaman «Viet
Congs»”), e que vai obrigar a EE.UU. a escalar a súa presenza, quen aproveitará para xustificala,
algúns incidentes máis ou menos inventados, “sendo fiel ós seus «principios diplomáticos»”.

Dende 1954, iníciase unha escalada considerable da presenza estadounidense en Vietnam que vai
levar, uns poucos anos despois, á presenza de 500.000 soldados norteamericanos en Vietnam. É a
maior presenza militar de soldados estranxeiros na época. Son soldados que loitaban xuntamente
cos de Vietnam do sur en contra dos guerrilleiros partisanos e do exército de Vietnam do norte.

A intervención de EE.UU. foi claramente masiva en termos militares. Calcúlase que EE.UU. lanzou
sobre Vietnam máis da cantidade de bombas que a suma de tódolos países na II Guerra Mundial,
150
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

facendo, ademais, un uso masivo do napalm e doutros axentes químicos con gran poder
destrutivo, especialmente do axente laranxa. De feito, aínda hoxe, hai moitos nenos recén nacidos
que presentan toda unha serie de malformacións conxénitas produto da exposicións dos civís a eses
axentes tóxicos [consultar páxina web «Tu Du Hospital», onde hai un balance das noticias ó respecto
das secuelas]. A pesar dese emprego masivo de produtos químicos e de armamento, EE.UU. tivo
que abandonar Vietnam en 1973, e xa no 1975, conseguíase a unificación do país. Era a primeira
vez que EE.UU. participaba persoalmente en semellante conflito e saía vencido.

En orixe, este é un conflito esencialmente ligado ás políticas anticoloniais e independentistas.


Vietnam foi, ademais, en certa medida un dos conflitos máis televisados, con moitísima influencia e
repercusión a nivel internacional.

Coincidiu con maio de 1968, coa loita dos estudantes, e coa loita polos dereiros civís en EE.UU. E de
feito, moitos dos soldados enviados a Vietnam eran negros, en moita maior medida que os brancos,
o que supuxo un elemento crucial en dita loita polos dereitos civís en EE.UU.

151
Prof. Eduardo Rico Boquete Historia Contemporánea II Valeria Martínez Lema

VENRES 18 DE XANEIRO EXAME (11.30 H.)

• 1 COMENTARIO DE TEXTO.

• PREGUNTAS DE EXTENSIÓN APROXIMADA DUNHA PÁXINA. POR EXEMPLO:

a. A POLÍTICA EXTERIOR DE MUSSOLINI.


b. AS CONFERENCIAS INTERNACIONAIS DURANTE A II GUERRA MUNDIAL.

60% DA NOTA FINAL

152

You might also like