Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

Asociación A Monte

Reflexións sobre a bioeconomía e o seus afectos e


desafectos sobre o sector forestal de Galicia.

Antecedentes. Trending topics.

Afortunadamente, nos últimos anos A tendencia de consumo “ecofriendly” está


apreciamos unha tendencia da sociedade a provocar que axentes económicos
(política e social) para mudar o actual achegados ao consumidor final (téxtil,
escenario económico, baseado no embalaxes, enerxía e mesmo a
consumo de produtos xerados en base a construción e electrónica) teñan unha
explotación de recursos fósiles limitados e urxente necesidade de presentar
de alto impacto ambiental, a un novo alternativas aos produtos tradicionais que
paradigma, onde os produtos e servizos comercializan e comecen a procurar novas
procedan de recursos renovables e de fontes de recursos sostibles para dar
baixo impacto ambiental. resposta as demandas dos seus clientes.

Infelizmente, tamén observamos que as Con estas premisas é de esperar que se


propostas e medidas para reducir o intensifique o interese sobre os produtos
consumo, aumentar a duración dos bio-baseados, aumentando a demanda de
produtos e potenciar o reemprego e a materiais e produtos naturais, renovables,
reciclaxe non parece que cóalle nunha sostibles e de baixo impacto ambiental.
sociedade afeita a un consumo masivo,
global e de obsolescencia rápida dos Neste senso, e recoñecida por todos a
produtos capacidade que a madeira e os seus
produtos derivados presentan para axudar

Páxina 1|8
Asociación A Monte

a mitigar os efectos do cambio climático, celulosa en cantidade.


como material sostible e renovable e con
múltiples oportunidades de A enerxía verde, tan necesaria para evitar
aproveitamento e diversificación das súas a dependencia enerxética, atopa resposta
aplicacións e produtos. na biomasa forestal, onde ademais de
empregar refugallos dutros procesos,
Así pois, semella que o mercado da tamén avalía os cultivos intensivos con
madeira vai enfrontar importantes cambios fins enerxéticos como subministradores de
no curto prazo. Mudanzas que virán da materias primas para a combustión nas
man de novos demandantes: axentes súas caldeiras.
cunha elevada capacidade de compra,
pero acostumados a operar en mercados
altamente competitivos, que requirirán
elevados volumes de subministro con
ciclos de consumo curto e, nalgúns casos
con obsolescencia inducida e de tempada.

Este novo paradigma é visto polas persoas


produtoras e fabricantes do sector forestal
como unha oportunidade para que a Ao tempo que isto acontece, falla de
biomasa forestal, a madeira e os produtos madeiras de calidade fai que o sector da
e materiais derivados da madeira tomen construción en madeira, que ten que xogar
posición para satisfacer as demandas da un importante papel na bioeconomía e no
nova bioeconomía. hábitat do rural, importe madeira e
métodos construtivos doutras latitudes
Unha demanda que, o noso entender, só “allende los Pirineos” ou, traballe en
se dará satisfeito cunha determinada presentar propostas e produtos de
oferta. “madera técnificada” para aproveitar as
madeiras de baixa calidade e de
Novas oportunidades, vellas crecemento rápido do pais. Produtos
formas. semellantes aos importados, empregando
tecnoloxías baseadas en coñecemento
Para satisfacer esta demanda, as actuais, importado e competindo con produtos
ou novas empresas, precisarán para importados, feitos por aqueles a quen lles
incrementar os niveis e capacidades de mercamos a tecnoloxía. Importa que algo
produción, dunha materia prima queda.
homoxénea, con tempos de explotación
rápidos, custe reducido e cunhas
capacidades e características tecnolóxicas
moi especificas e definidas.

As necesidades do sector téxtil, envases e


embalaxes atopan nas fibras de celulosa
da madeira un material axeitado para os
seus requirimentos técnicos. Está claro cal
é a especie forestal que presenta en
Galicia o mellor currículo para proporcionar

Páxina 2|8
Asociación A Monte

Soamente se nos ocorre un modelo de


xestión que dea resposta a estes
requirimentos de subministro de materia
prima: plantación de monocultivo de
especies de crecemento rápido.

E dicir, estratexias dunha economía


produtiva intensiva xa coñecidas no monte
galego: mellora xenética e biotecnoloxía
enfocadas a crecemento e volume,
introdución de novas especies alóctonas
para a adaptación climática a zonas Moitas persoas propietarias e produtoras
adversas, silvicultura de plantación forestais, que obteñen rendas de
intensiva, procura de novos espazos e plantación de monocultivo de especies de
usos do solo para incrementar superficie crecemento rápido, tamén ben como unha
dispoñible, emprego intensivo de boa nova estas incorporacións de outros
maquinaria pesada e aplicación de compradores no mercado, e mesmo falan
tratamentos ante pragas e enfermidades. de ruptura de monopolio e de novas
oportunidades de comercialización.

E concordamos plenamente, o
aproveitamento da madeira é unha das
mellores opcións pola que a sociedade
pode apostar para mudar un modelo
económico baseado en recursos fósiles e
economía lineal.

Regos torcidos.

Pero, tamén dá magoa e carraxe que o


aproveitamento dun recurso tan estimable,
sexa para dar satisfacción a un modelo de
Moitas industrias do sector forestal consumo que continua necesitado dunha
acreditan que este modelo é a mellor produción intensiva, con afección polo
opción para mudar dinámicas de consumo monocultivo e avida de recursos e
de produtos e tecnoloxías derivados do territorio.
chapapote. Que representa unha
oportunidade para asentar poboación en Como di un tal Lewis e outros colegas,
zonas rurais e valorizar terreos rurais algúns “policymakers” están
baleiros, sen aproveitamento e con “misiinterpreting” o termo restauración
problemas endémicos de xestión. Que forestal e inclúen modelos de plantación de
proceden de bosques de plantación si, monocultivos de especies de crecemento
pero con certificados avalados por selos de rápido como propostas de actuacións.
recoñecido prestixio e tecnoloxías de
produción máis eficientes e respectuosas
co medio ambiente.

Páxina 3|8
Asociación A Monte

Parece que auguran bos tempos para Sen dúbida un tema interesante para
monte fast wood, onde os criterios de seguir.
rendibilidade transforman en atractivo e
cativador vivir entre eucaliptais e, os A biodiversidade, que debería, por
indicadores da bioeconomía permiten definición, estar presente en todo o
presumir de ser referentes para una nova territorio, queda relegada a nichos
era do “ecobiopower”. ecolóxicos e reservas “indias” protexidas
deixando o resto do territorio sumido nun
“deserto verde” de monocultivo ultra
produtivo e rendible, pero tamén exposto
as penalidades asociadas e este sistema
de xestión (estado sanitario das
masas forestais con novas pragas e
enfermidades, esgotamento do solo,
emprego de equipos e máquinas pesadas
en solo degradados, etc.).

É así cando, ao noso entender, a magnifica


oportunidade que presenta a madeira
como referente para a mitigación do
cambio climático, torce o rego e
atopámonos que os razoamentos e
argumentos que sustentán esta idea vense
postos en entredito.

O beneficioso efecto da capacidade de


retención da madeira sobre a mitigación da
pegada de carbono, non atopa tempo para
reter ou secuestrar CO2 si se emprega
para produtos cun ciclo de vida curto e
sometidos a unha obsolescencia inducida Un modelo que provoca que as persoas
por motivos de moda, e non de capacidade propietarias e as empresas forestais
do material. concentren a súa capacidade en moi
poucas especies de madeira e nuns
Son moitas as voces que pregoan a poucos produtos, en moitos casos cun
capacidade de retención do carbono das baixo valor engadido, pasando a ser
plantacións forestais de crecemento rápido “maquiladoras” de produción intensiva,
e quendas de corta curtas, do mesmo pouco resiliente ante os vaivéns dun
xeito tamén son moitas as que difiren e mercado global, onde abundan
mesmo argumentan que o bosque natural competidores con regulacións laxas e con
presenta maiores capacidades de custes de explotación moi baixos.
retención do carbono que as plantacións.

Páxina 4|8
Asociación A Monte

Slow Wood. Estas persoas propietarias, que tamén


pagan impostos, apostan por vivir, nun
Existen outras persoas propietarios e rural “vaciado”, do seu traballo e do
empresas forestais que pensan que tamén aproveitamento dos recursos naturais que
poden “cabalgar sobre las olas de la lles toca xestionar, aspirando a obter
modernidad”, e aproveitar esta nova rendas que lles permita manter unha vida
tendencia para ofertar produtos e servizos digna e darlle oportunidades as súas
á sociedade, intentando sacar adiante un familias, como calquera outro fillo de
modelo de xestión con azos de veciño con plantación de eucaliptos.
rendibilidade económica, baseado nun
monte con especies autóctonas, mais É verdade que non é doado artellar un
lento pero diverso, multifuncional e sostible “modelo de negocio” para este tipo de
que lles permita seguir desfrutando dos xestión da propiedade e que os “Key
montes e doutro xeito de entender a Performance Indicator” presentar valores
relación co medio rural. tan malos como o colesterol dun urbanita
cheo de fast food.

Pero tamén é verdade que o mercado


demanda e aprecia produtos feitos con
madeira de calidade e degustar alimentos
saudables, polo que cada vez e necesario
importar maiores cantidades de madeira
de frondosas, das mesmas especies que
son autóctonas de Galicia, e traer
alimentos ecolóxicos a Galicia, manda
truco, doutras latitudes.

Non son desertores do sacho, perroflautas


e fodechinchos fin de semana que falan
dun monte con axudas, reservas da
natureza, bonus track de CO2 e mesmo
rendas para que os do rural sigan
mantendo este ecosistema tan entrañable
e enxebre, en estado de permanente
beatitude, e marco incomparable para foto
de prebostes, políticos eco saudables (a Non coñecemos outros actores máis
maioría de fotos de políticos son en necesarios e eficientes para manter una
montes de frondosas, moi poucos, ou paisaxe resiliente (como se pide dende
ningún, en eucaliptais) e como, dixo un algunha administración) cunha
economista de renome, “¿frondosas?, solo biodiversidade que se pronuncia como o
para turismo”. pilar fundamental para o mantemento da
nosa sociedade (disque o di a propia

Páxina 5|8
Asociación A Monte

Europa) asentando poboación en zonas publican, e intuímos que sería como


rurais, valorizando terreos abandonados e montar unha nova planta de celulosa en
redistribuindo riqueza no territorio. base a xénero eucalipto (a actual consume
aprox. 1,2 millons de m3 para 450.000 t de
Rabiosa Actualidade. celulosa (proporción: 2,6 m3 por t de
pasta).
Nestes momentos, desgraciadamente,
derivado dun virus que mandou parar a Entón, supondo que se manteña o
unha sociedade estancada no consumo consumo de eucalipto adicado para pasta,
global intensivo e insostible, parece que para as exportacións, para usos
imos a dispor dunha especie de Plan enerxéticos e demais, (agora nuns 6
Marsahll ou Plan E para incentivar unha millóns de m3) e teñamos que sumar o
reactivación economíca baseada nunha millón largo da nova demanda da viscosa
economía verde, circular, bioeconomica, galega, con un hipotético e previsible
redonda e dixital con consumo de novas efecto chamada, onde as persoas
materias primas alternativas “chachi propietarias forestais dediquen esforzos a
pirulis” e wonderfull. facer novas plantacións (eficientes,
produtivas e dixitalizadas) e, supomos,
As novas que achegan os medios falan de que ampliando mais superficie, ¿como
“950 millones de euros para construir la afectará esta situación e como quedarán
primera fábrica de viscosa en toda la as novas previsións do novo Plan Forestal
comunidad, generar 250.000 toneladas de que se presenta estes días?. Xa se verá..
fibra de celulosa anuales y un consumo de
1,5 millones de m3 de madera por año ( Unha cuestión tecnolóxica: A viscosa é un
proporción: 6 m3 por t de fibra celulosa). proceso de valorización da celulosa, e dicir
Que llevaría una "explotación sostenible primeiro é necesario obter celulosa e
del monte" y "cerrar el ciclo de despois é necesario realizar un complexo
aprovechamiento". tratamento químico para obter un produto
téxtil de viscosa. Este tratamento podo ser
tremendamente contaminante, con
tratamentos químicos que emprega
disulfuro de carbono, hidróxido de sodio e
ácido sulfúrico e con produtores chineses
indonesios e indios como referencia, ou
por medio dun proceso, disque mais
respectuoso, desenvolvido pola
multinacional austríaca Lenzing.

Non din que tecnoloxía se empregará na


planta, entendemos e esperamos que
sexa a austríaca ou similar. Pois o mesmo
Como non se sabe máis do proxecto, que na madeira técnica, a importar
(especies de madeira, localización, coñecemento e tecnoloxía e a por a
tecnoloxía empregada, ciclo produtivo, materia prima. Algo habitual no sector
axentes químicos empregados, residuos forestal e na madeira, inundado e por
xerados) so falaremos dos datos que se máquinas, equipos e tecnoloxía alemana,
austríaca e italiana.

Páxina 6|8
Asociación A Monte

Por outra banda, ENCE no seu plan de


expansión para o ano 2023 fala de montar Propostas Asociación A Monte.
en Navia (antes falaban de montar en
Pontevedra) unha liña de fabricación de Parece, pois, que deixaremos pasar unha
viscosa de 100.000 toneladas (serían oportunidade para aproveitar estes fondos
outros centos de miles de toneladas a e apostar por dedicar recursos e tempos,
maiores de consumo de eucalipto, dende o público e o privado, para “albiscar
seguramente a maioría galegas). Dadas e lobrigar” e seguir investigando e
as condicións actuais do mercado da innovando en novos produtos, servizos e
celulosa, en ENCE deciden parar este ano sistemas de xestión para aproveitar os
as inversións ata mellores perspectivas. montes de frondosas autóctonas.

Tamén cumpre comentar como referencia,


que a empresa SNIACE de Torrelavega,
na actualidade en concurso de acredores,
fabricaba viscosa.

Parece que as referencias empresarias


mencionadas non son moi alentadoras,
pero imaxinamos que o grupo de expertos
consultados manexará datos que debuxen
mellores escenarios para o
desenvolvemento do mercado.

Disque construír a fábrica dará traballo a


1000 persoas, non din cantos postos Dende a Asociación A Monte, “venimos a
directo ou indirectos se crearan co seu hablar de nuestro libro” e propomos
funcionamento. 950 millóns de euros dan establecer un plan de actuacións que
para por en marcha ou retomar moitas permita acadar un aira común onde:
iniciativas no rural que tamén xerarían
empregos e que, posiblemente, sexan • deseñar un modelo de traballo
capilares e axeitados para o asentamento colaborativo de ordenación do
de poboación no rural . territorio, co obxectivo de acadar
superficies de xestión mínimas, que
permitan propor un enfoque
multifuncional e diverso para os nosos
montes autóctonos, buscando a
necesaria rendibilidade económica.

• articulación de actuacións financeiras


e axudas para atraer e impulsar
oportunidades de emprendemento
local en base á valorización dos
ecosistemas forestais autóctonos
(polo menos xo solo cun mínimo
porcentaxe da intensidade coa que se

Páxina 7|8
Asociación A Monte

esta a axudar a outros) sen desdeñar arquitectos, de todo tipo, visión, credo e
a nova tecnoloxía e a xestión pelaxe que teñen en común unha cousa: o
empresarial, interese en que o forestal represente unha
oportunidade para Galicia.
• crear un ecosistema de innovación
estable e dotado para fomentar De todos xeitos, o que nos ilumina para
deseños, produtos e propostas escribir é un copo de licor de sabugueiro
innovadoras e cércanas, de de Carabuñas, acompañado de queixo do
proximidade, recoñecibles e Rexo e bica de Faragullas ao carón do
certificables, lume na Arca da Noe. Exemplos dos
Environmental Heroes do noso pais.
• fortalecer tecnicamente os
argumentos e os discursos para tecer Obrigadas e agradecidas O Sequeiro,
alianzas con consumidores, https://osequeiro.wordpress.com/,un
deseñadores e prescriptores onde laboratorio de ideas para un monte vivo ao
definir conxuntamente, con confianza, servizo das persoas e á inmensa Mar
con criterios claros de consumo e Océano polas achegas e comentarios.
impacto social e ambiental,

• visibilizar e amosar os distintos Francisco Pedras


aproveitamentos ecosistémicos, Asociación A Monte.
ambientais e culturais apoiados en asociaciónamonte@gmail.com
actividades de economía local.

Pero, o dito, parece que non é un bo


momento para deixar políticas de “reserva
india” e apostar por un concepto novidoso
e rupturista: slow fashion, slow wood, e
tamén, como non, slow food.

Referencias.

Un montón en Internet que se atopan


facilmente. As fotos son como son,
algunhas da casa, outras atopámolas polo
camiño.

Este non é un artigo científico, pero si que


consultamos varios paper, noticiarios e
relatorios para redactar con fundamento.
Pero sobre todo, temos en conta as moitas
conversas-discusións mantidas con
propietarios, silvicultores, empresarios,
industriais, perroflautas, investigadores,
políticos, artesáns, agricultores, gandeiros,
ecoloxistas, periodistas, mestres e

Páxina 8|8

You might also like