Campo Galego_ Amonte

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Asociación A MONTE.

Asóciación para a valorización das frondosas autóctonas de Galicia

Estratexías, tacticas, modelos e maniquíns.

A pesares da importancia da superficie de monte en Galicia, por volta dos 2/3 do total
do territorio, as políticas sectoriais disque inda non acadarón a receta de como
compatibilizar a xestión do monte coa necesaria e buscada virtude que se espera de
tomar amores cun triángulo de funcionalidade económica, social e medioambiental.

Seica imperan as estratexias deseñadas para unha economía de escala, industrializada


e productivista que precisan traballar con parámetros de uniformidade, homoxeneidade
e adaptación a produción en serie que favorece a presenza de modelos de plantación
coñecidos no monte galego: mellora xenética e biotecnoloxía enfocadas a crecemento
rápido e volume, introdución de novas especies alóctonas para a adaptación climática a
zonas adversas, silvicultura de plantación intensiva, procura de novos espazos e usos
do solo para incrementar superficie dispoñible, emprego intensivo de maquinaria
pesada e aplicación de tratamentos crónicos ante pragas e enfermidades.

Un modelo que provoca que as persoas propietarias e as empresas forestais, lonxe de


xestionar un territorio multifunional que de contido ao famoso triangulo virtuoso,
concentren a súa capacidade en moi poucas especies e nuns poucos produtos, en
moitos casos cun baixo valor engadido, pasando a ser “maquiladoras” de produción
intensiva, con rendementos e reditos económicos individuais que poden ser
sustanciosos a curto prazo, pero, entendemos, que colectivamente procuran escenarios
pouco resilientes ante os vaivéns dun mercado global, onde abundan competidores con
regulacións laxas e con custes de explotación moi baixos, e mesmo sometidos a un
ferreo control por parte das empresas alfa dominantes do sector.

Fast Wood.
Infelizmente, parece as propostas e medidas para reducir o consumo, aumentar a
duración dos produtos e potenciar o reemprego e a reciclaxe non parece que cóalle
nunha sociedade afeita a un consumo masivo, global e de obsolescencia rápida dos
produtos.

A tendencia de consumo “ecofriendly” está a provocar que axentes económicos


achegados ao consumidor final (téxtil, embalaxes, enerxía e mesmo a construción e
electrónica) teñan unha urxente necesidade de presentar alternativas aos produtos
tradicionais que comercializan e comecen a procurar novas fontes de recursos
sostibles para dar resposta as demandas dos seus clientes.

1
Con estas premisas é de esperar que se intensifique o interese sobre os produtos bio-
baseados, aumentando a demanda de materiais e produtos naturais, renovables,
sostibles e de baixo impacto ambiental.

È por todos recoñecida a capacidade que o forestal e os seus produtos derivados


presentan para axudar a mitigar os efectos do cambio climático, como material sostible
e renovable e con múltiples oportunidades de aproveitamento e diversificación das
súas aplicacións e produtos.

Pero, tamén dá magoa e carraxe que o aproveitamento dun recurso tan estimable,
sexa para dar satisfacción a un modelo de consumo que continua necesitado dunha
produción intensiva, con afección polo monocultivo e avida de recursos e territorio. É
así cando, a magnifica oportunidade que presenta o forestal como referente para a
mitigación do cambio climático, e paradigma para una economía circular, torce o rego
e atopámonos que os razoamentos e argumentos que sustenten este idea vense
postos entredito.

Son moitas as voces que pregoan a capacidade de retención do carbono das


plantacións forestais de crecemento rápido e quendas de corta curtas, do mesmo
xeito, tamén son moitas as que difiren e mesmo argumentan que o bosque natural
presenta maiores capacidades de retención do carbono que as plantacións. O
beneficioso efecto da capacidade de retención da madeira sobre a mitigación da
pegada de carbono, non atopa tempo para reter ou secuestrar CO 2 si se emprega para
produtos cun ciclo de vida curto e sometidos a unha obsolescencia inducida por
motivos de moda, e non de capacidade do material.

A biodiversidade, que debería, por definición, estar presente en todo o territorio, queda
relegada a nichos ecolóxicos e reservas “indias” protexidas deixando o resto do
territorio sumido nun “deserto verde” de monocultivo ultra produtivo e rendible, pero
tamén exposto as penalidades asociadas e este sistema de xestión, e lonxe do que
moitos entenden por monte.

Visto o visto, auguran bos tempos para a lirica dun monte fast wood, onde os criterios
de rendibilidade transforman en atractivo e cativador vivir entre eucaliptais e, os
indicadores da bioeconomía permiten presumir de ser referentes para una nova era do
“ecobiopower”.
Slow Wood.

Existen outras persoas propietarios e empresas forestais que intentan sacar adiante un
modelo baseado nun monte con especies autóctonas, mais lento, diverso,
multifuncional, sostible e mesmo rendible, que lles permita seguir desfrutando dos
montes e doutro xeito de entender a relación co medio rural.

Non son desertores do sacho, perroflautas e fodechinchos fin de semana que falan dun
monte con axudas, reservas da natureza, bonus track de CO 2 e mesmo rendas para
que os do rural sigan mantendo este ecosistema tan entrañable e enxebre, en estado

2
de permanente beatitude, e marco incomparable para foto de prebostes, políticos eco
saudables (a maioría de fotos de políticos son en montes de frondosas, moi poucos, ou
ningún, en eucaliptais) e como, dixo un economista de renome, “¿montes de
frondosas?, solo para turismo”.

Estas persoas propietarias, que tamén pagan impostos, apostan por vivir nun rural
“vaciado”, do seu traballo e do aproveitamento dos recursos naturais que lles toca
xestionar, aspirando a obter rendas que lles permita manter unha vida digna e darlle
oportunidades as súas familias, como calquera outro fillo de veciño con plantación de
eucaliptos.

Un territorio cunha paisaxe multifuncional e diversa pode proporcionar recursos para


establecer distintas vías de negocio e aproveitamento de xeito complementario e
cooperante. Asi, aporta unha ampla variedade de biomasas e materiais lignocelulósicos
para enerxía, fertilización, química sostibel e da saúde, novos materiais biobaseados,
elementos para construción, e, por suposto, alimentación saudable en base a
agroforestería e procesado de produtos alimenticios ecolóxicos, de calidade e de
proximidade. A súa biodiversidade presenta unha oportunidade para enxeñar
propostas de emprendemento, por parte da industria cultural, onde por en valor o
patrimonio cultural, natural e paisaxístico do territorio.

Non é doado artellar modelos de negocio para un aproveitamento individual dun


territorio con bosques autóctonos, multiespecie e de crecemento lento e mesmo con
destino a mercados locais con déficit de consumidores. Pero tamén é verdade que o
mercado demanda e aprecia produtos feitos con madeira de calidade e degustar
alimentos saudables, polo que cada vez e necesario importar maiores cantidades de
madeira de frondosas, das mesmas especies que son autóctonas de Galicia, e traer
alimentos ecolóxicos a Galicia, manda truco¡¡¡¡, doutras latitudes.

Todo isto sin falar, que daría para moito e quizais mais importante que un modelo de
negocio, dos servizos ecosistémicos, apoiados en actividades de economía local e de
mantemento dunha paisaxe resiliente (como se pide dende algunha administración)
cunha biodiversidade que se pronuncia como o pilar fundamental para o mantemento
da nosa sociedade (esto pideo a propia Europa) e asentando poboación en zonas
rurais, valorizando terreos abandonados e redistribuíndo riqueza no territorio.

Temén é arduo e complexo para un só emprendemento acadar unha excelencia e unha


calidade diferenciábel, con respecto a unha economía global e aberta, en produtos e
servizos que precisan de especialización, coñecemento e estruturas, e onde un só non
ten tantas oportunidades e capacidades como un conxunto de actores con distintos
intereses, pero complementarios en canto ao aproveitamento de recursos e
patrimonio.

É por iso que é de interese modelos e propostas de emprendemento colectivo onde se


deseñe un aproveitamento multiactividade en cascada, que, atendendo as
posibilidades que aportan os materiaís e os produtos do agroforestal, deseñen unha
oferta mais robusta e diferencial que permita retornos mais acaídos para a

3
supervivencia do conxunto do modelo.

Do mesmo xeito, é necesario fortalecer tecnicamente os argumentos para definir


conxuntamente, produtores, consumidores e prescriptores, criterios claros e medibles
que terman dun consumo sostible e de baixo impacto social e ambiental, diferenciando
claramente as bondades deste modelo de xestión sobre modelos “monos” de
implantación de mono-cultivo e mono-especie e mono-produto.
Asociación A Monte.

A diferenza das especies de crecemento rápido, onde contan con importantes efectivos
no eido empresarial, académico e asociativo (clúster, asociacións e fundacions
forestais, centros tecnolóxicos e grupos de investigación) que xuntan os seus esforzos
na promoción e dinamización destas especies, as frondosas autóctonas adoecen dunha
estrutura minima que permita artellar politicas e estratexias que valoricen
axeitadamente as suas potencialidades.

A asociación A Monte nace coa idea ser un laboratorio de ideas onde poida circular o
coñecemento e crear condicions para que poidan xurdir iniciativas e propostas de
actuacións no campo da silvicultura, dos aproveitamentos forestais, do
desenvolvemento de produtos e servizos, a mellora de tecnoloxías, a conservación da
biodiversidade forestal e o emprendemento sostible e rendible.

Nestes intres A Monte anda na procura de tecer alianzas e redes con outros actores
para a favorecer a creación dun ecosistema formado por empresas, axentes de
desenvolvemento rural, académicos, entidades sociais, medioambientais e
administración para acometer actividades de formación, divulgación técnico científica,
desenvolvemento de proxectos de innovación e demostradores para visibilizar,
comunicar e amosar as vantaxes dun modelo multifuncional e biodiverso basado nas
frondosas autóctonas de Galicia.

Asociación A Monte

Allariz, 28 decembro 2020

You might also like