Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Páxina: 1 de 4

Entidade de
contratación: Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. TD06-014
Órgano de
contratación: Órgano Contratación Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. PLT40070CMC-XEXE0101

Denominación
do expediente: Servizo de seguridade privada para a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
Código de verificación : PLTc0963e0c9b7edd8e

Ref. Expediente: CRT-2024-0010 Harmonizado: Si Lotes: Non


Procedemento: Aberto Tipo contrato: Servizos Prórroga: Si
Tipo tramitación: Ordinaria Criterios: Pluralidade de Criterios Plurianual: Si

79.710000-4 Servizos de seguridade.


CPV: 79.714000-2 Servizos de vixilancia.
Orzamento base
de licitación: 666.170,71 € Valor estimado: 1.117.982,60 € Prazo: 1 ano/s

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN

1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro.- O 12 de marzo de 2024 a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. iniciou un expediente para
a contratación do Servizo de seguridade privada para a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.,
mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, de conformidade cos
artigos 156 a 158 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público pola que se traspoñen
ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e
2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en adiante LCSP), cun valor estimado de 1.117.982,60 € do que foi
aprobado o gasto con data de 13 de marzo de 2024.

Segundo.- O 13 de marzo de 2024, remitiuse para a súa publicación o anuncio da licitación do contrato ao
Este documento é Copia Auténtica segundo o artigo 27 da Lei 39/2015, do 2 de Outubro. A veracidade deste documento pode

Diario Oficial da Unión Europea. O 15 de marzo de 2024 publicouse no perfil do contratante da Corporación
Radio e Televisión de Galicia, SA na plataforma de Contratos Públicos de Galicia (en adiante CPG) a resolución
pola que se anuncia a licitación do expediente de contratación. O prazo para presentar as ofertas remataba o
comprobarse no seguinte enderezo: https://www.conselleriadefacenda.es/csv?csv=PLTc0963e0c9b7edd8e

15 de abril de 2024.

O 20 de marzo de 2024, o órgano de contratación ditou a resolución de corrección dun erro material no prego
de cláusulas administrativas particulares do contrato, dita resolución publicouse nesa mesma data na CPG.

Terceiro.- Segundo consta no certificado de rexistro de ofertas xerado automaticamente polo Sistema de
Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), presentaron oferta neste procedemento as seguintes
empresas:

Núm EMPRESA

1 SALZILLO SEGURIDAD, S.A.


2 EULEN SEGURIDAD, S.A.
3 GRUPO CONTROL EMPRESA DE SEGURIDAD, S.A.

Cuarto.- A Mesa de contratación nomeada para propoñer a adxudicación do procedemento reuniuse o día 17
de abril de 2024, en sesión constitutiva, e para a apertura dos arquivos electrónicos A. Tras a análise da
documentación, a Mesa acordou admitir as empresas que presentaron a súa oferta ao achegar a súa
documentación no tempo e forma.

1 de 4

Asinado por: ALFONSO SANCHEZ IZQUIERDO


Cargo: Director Xeral
Data: 20-06-2024 11:55:44
Páxina: 2 de 4

Quinto.- O 22 de abril de 2024 tivo lugar, en acto público, da Mesa de apertura do arquivo electrónico B do
procedemento relativo aos criterios avaliables mediante xuízo de valor.

Unha vez realizadas a través do SILEX as operacións de descifrado e recomposición das ofertas procedeuse á
comprobación da validez dos documentos asinados dixitalmente. Na mesma sesión a Mesa acordou solicitar
Código de verificación : PLTc0963e0c9b7edd8e

un informe respecto das ofertas técnicas presentadas polas empresas. O informe emitiuse por persoal técnico
do Departamento de Recursos Humanos da Corporación, o 3 de xuño de 2024.

Sexto.- Na reunión da Mesa de contratación do 6 de xuño de 2024 examinouse o referido informe


aceptándose as súas conclusións, polo que a continuación, en acto público, levouse a cabo a apertura do
arquivo electrónico C das ofertas.

Logo de comprobar a inexistencia de ofertas anormalmente baixas conforme ao previsto no apartado L do


cadro de características do PCAP, e tras a aplicación dos criterios de adxudicación establecidos para o
presente procedemento de contratación, coas puntuacións resultantes que se recollen no Anexo I da acta da
sesión publicada en CPG, determinouse a clasificación dos licitadores por orde decrecente de puntuación:

Á vista da anterior clasificación, a Mesa de contratación consideou que a oferta de mellor relación calidade-
Este documento é Copia Auténtica segundo o artigo 27 da Lei 39/2015, do 2 de Outubro. A veracidade deste documento pode

prezo e a presentada pola empresa EULEN SEGURIDAD, S.A., polo que se acordou propoñer ao órgano de
contratación a adxudicación do contrato do Servizo de seguridade privada da Corporación Radio e Televisión
de Galicia, SA á citada empresa.
comprobarse no seguinte enderezo: https://www.conselleriadefacenda.es/csv?csv=PLTc0963e0c9b7edd8e

Sétimo.- O 7 de xuño de 2024, reuniuse a Mesa de contratación para a corrección dun erro material na
puntuación outorgada as ofertas das empresas admitidas ao procedemento, en relación co criterio de prezo
global do servizo de seguridade privada, e en consecuencia na puntuación total atribuíble ás ofertas. Unha vez
efectuadas ás correccións indicadas, a clasificación dos licitadores por orden decrecente de puntuación
resultou ser a seguinte:

Á vista desta clasificación, e dado que non resultaba alterada a orde de clasificación realizada na sesión da
Mesa do 6 de xuño de 2024, non se veu afectada a proposta de adxudicación do contrato do servizo de
seguridade privada para a Corporación Radio e Televisión de Galicia, SA, acordada na dita sesión a favor da
empresa EULEN SEGURIDAD SA.

2 de 4

Asinado por: ALFONSO SANCHEZ IZQUIERDO


Cargo: Director Xeral
Data: 20-06-2024 11:55:44
Páxina: 3 de 4

Oitavo.- O 7 de xuño de 2024 requiriuse á empresa a documentación xustificativa sinalada no artigo 150.2 da
LCSP, e que se achegou no prazo habilitado a tal efecto.

Reunida a Mesa de contratación sesión do 19 de xuño de 2024, tras a súa análise, considerou acreditada a
posesión e validez da documentación requirida á empresa EULEN SEGURIDAD, S.A. para a adxudicación do
Código de verificación : PLTc0963e0c9b7edd8e

Servizo de seguridade privada para a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. CRT-2024-0010.

CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS


Primeira.- A competencia para ditar esta resolución corresponde ao Director Xeral da Corporación de Radio e
Televisión de Galicia, SA, en virtude do establecido no artigo 26 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios
públicos de comunicación audiovisual de Galicia, e no artigo 22 dos Estatutos da Corporación Radio e
Televisión de Galicia, SA.

Segunda.- Ao presente expediente de contratación resúltanlle de aplicación as disposicións da Lei 9/2017, do


8 de novembro, de Contratos do Sector Público pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as
directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 e do
Real decreto 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de Contratos das
Administracións Públicas.

Terceira.- O expediente de contratación informouse favorablemente pola Subdirección Xeral da División de


Auditoría Pública e Control Financeiro da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Xunta de Galicia, ao
abeiro da súa conformidade coa Resolución do 31 de marzo de 1999, pola que se ordena a publicación do
acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 1999, no que se lle da aplicación á previsión do
artigo 103 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, respecto do control financeiro.

Cuarta.- O artigo 151.1 da LCSP establece a obriga de acordar a adxudicación dos contratos mediante
Este documento é Copia Auténtica segundo o artigo 27 da Lei 39/2015, do 2 de Outubro. A veracidade deste documento pode

resolución motivada.

Da análise da documentación que figura no expediente, tendo en conta a proposta da Mesa de contratación, e
visto que a oferta de EULEN SEGURIDAD, S.A. é a oferta con mellor relación calidade-prezo no
comprobarse no seguinte enderezo: https://www.conselleriadefacenda.es/csv?csv=PLTc0963e0c9b7edd8e

procedemento, procede a adxudicación á dita empresa do contrato do Servizo de seguridade privada para a
Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Polo anteriormente exposto e despois de examinar a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do sector
público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do
Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, do Real Decreto 1098/2001, do 12 de
outubro, polo que se aproba o Regulamento da lei de contratos das administracións públicas e demais
normativa de desenvolvemento, e a proposta da Mesa de contratación,

RESOLVO:

PRIMEIRO: Adxudicar a citada contratación, de acordo coa proposta técnica efectuada pola empresa no
arquivo electrónico B, e nos seguintes termos:

Empresa adxudicataria EULEN SEGURIDAD, S.A.

Prezo global do servizo ordinario de IVE Prezo global do servizo ordinario de


seguridade privada (IVE excluído) seguridade privada (IVE incluído)

506.125,00 € 106.285,25 € 612.411,25 €

3 de 4

Asinado por: ALFONSO SANCHEZ IZQUIERDO


Cargo: Director Xeral
Data: 20-06-2024 11:55:44
Páxina: 4 de 4

Prezo por hora do servizo de seguridade IVE Prezo por hora do servizo de seguridade
privada en retransmisións (IVE excluído) privada en retransmisións (IVE incluído)

24,95 € 5,24 € 30,19 €


Código de verificación : PLTc0963e0c9b7edd8e

Prezo por hora do servizo de seguridade IVE Prezo por hora do servizo de seguridade
privada extraordinario (IVE excluído) privada extraordinario (IVE incluído)

22,10 € 4,64 € 26,74 €

Visita mensual de supervisión da prestación de seguridade privada adicional á prevista no prego de


prescricións técnicas: SI
Políticas empresariais en materia de igualdade e conciliación da vida persoal, familiar e laboral que se
apliquen na execución do contrato: SI

SEGUNDO: Notificar esta resolución aos candidatos ou licitadores, e publicala no perfil do contratante na
Plataforma de Contratos Públicos de Galicia na ID: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?
N=822187, de conformidade co sinalado nos artigos 63 e 151 da LCSP.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, o
recurso especial en materia de contratación regulado no artigo 44 e seguintes da LCSP ante o Tribunal
Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal), no prazo de quince días
hábiles a partir do seguinte a aquel no que se remita a notificación desta resolución, ou directamente recurso
contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses
contados dende o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto conforme ao artigo 46 da Lei
Este documento é Copia Auténtica segundo o artigo 27 da Lei 39/2015, do 2 de Outubro. A veracidade deste documento pode

29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A presentación do escrito de interposición do recurso especial efectuarase nos lugares establecidos no artigo
16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas,
no rexistro do órgano de contratación ou no rexistro do órgano competente para resolvelo: Tribunal
comprobarse no seguinte enderezo: https://www.conselleriadefacenda.es/csv?csv=PLTc0963e0c9b7edd8e

Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal), situado na Rúa Raxeira
52, 2.º andar. 15781 Santiago de Compostela; https://tacgal.xunta.gal/.

Os escritos presentados en rexistros distintos dos dous citados especificamente no parágrafo anterior,
deberán comunicarse ao Tribunal de maneira inmediata e do xeito máis rápido posible.

Santiago de Compostela, na data da sinatura dixital


O Director Xeral Corporación Radio e Televisión de Galicia

Alfonso Sánchez Izquierdo

4 de 4

Asinado por: ALFONSO SANCHEZ IZQUIERDO


Cargo: Director Xeral
Data: 20-06-2024 11:55:44

You might also like