Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DO ÓRGANO DE CONTRATACIÓN

EXPEDIENTE PTG 6/2022

Contratación dos Servizos de Seguridade do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Mesa de contratación:

Presidente: Javier Taibo Gallego, Director Xerente de Parque Tecnolóxico de Galicia S.A.

Secretaria: Noemí Lorenzo Carbajales, persoal do Departamento de Administración e Finanzas.


Vogais:

- María Luísa Pena Nieto, Directora do Departamento de Administración e Finanzas de PTG.

- Isabel Soto Amigo, persoal do Departamento de Administración de PTG.

Vogais suplentes: Edita Araceli Alonso Correa e Digna Pérez Saavedra, ambas persoal do Departamento
de Administración de PTG.

Características do procedemento:

Procedemento de adxudicación: aberto

Data de publicación do anuncio: 28/06/2022

Data de apertura pública das proposicións técnicas, sobre B: 18/07/2022

Data de apertura pública das proposicións económicas, sobre C: 21/07/2022

Primeiro.- OFERTAS PRESENTADAS

Presentáronse en prazo 3 proposicións sendo as entidades as seguintes:

Nome do licitador
GRUPO CONTROL EMPRESA DE SEGURIDAD S.A.
SEGURSYSTEM EUROPA S.L.
EULEN SEGURIDAD S.A.

Todas as ofertas recibidas foron presentadas a través do Sistema de Licitación Electrónico


(SILEX).

A Mesa acordou admitir todas as propostas presentadas.


Segundo.- CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS ADMITIDAS

O prego fai referencia aos criterios de adxudicación de forma resumida no punto 7 do “Cadro de
características do contrato”, tal e como se transcribe a continuación:

1. CRITERIOS QUE DEPENDEN DUN XUÍZO DE VALOR (de 0 a 55 puntos): supoñen un peso
do 55% na valoración total e valorarase de acordo cos seguintes criterios:

- Calidade da oferta técnica elaborada de acordo co especificado no Prego de Prescricións


Técnicas onde aparecerá acreditado o dominio conceptual, metodolóxico e técnico
adecuado para a execución do contrato e reflectirá a capacidade técnica e requisitos
necesarios para dar o servizo segundo o desenvolvemento previsto (máximo 55 puntos).

Esíxese un mínimo de 25 puntos a alcanzar neste criterio, por baixo do cal se considerará
que as ofertas non reúnen os requisitos mínimos e por tanto serán descartadas e excluídas
do procedemento de adxudicación.

A valoración e ponderación deste criterio de adxudicación (calidade da oferta técnica)


realizarase atendendo aos seguintes aspectos (subcriterios de valoración), outorgando a
puntuación máxima en cada subcriterio ao licitador que presente a mellor oferta e ao resto
de forma proporcional:

1.1. Plan de seguimento, control e avaliación continuada da calidade do servizo. Terase


en conta a dedicación do coordinador do servizo, a efectividade da proposta de
seguimento e supervisión do traballo e a axilidade da coordinación co responsable
do contrato (máximo 20 puntos).

1.2. Medios técnicos e materiais relacionados co servizo (máximo 15 puntos).

1.3. Proposta de programa de formación específico relacionado co servizo, con detalle


dos cursos, a súa relación coas necesidades do servizo e o número de horas
formativas (máximo 15 puntos).

1.4. Medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar, que se aplicarán na


execución do contrato. Valoraranse melloras dos permisos legalmente establecidos
ou beneficios sociais para a atención das responsabilidades familiares que se
aplicarán na execución do contrato. Para a valoración deste criterio terase en conta
a existencia na empresa dun plan de igualdade ou de conciliación no que deberán
estar reflectidas as medidas concretas anteriormente citadas (máximo 5 puntos).
2. CRITERIOS QUE NON DEPENDEN DUN XUÍZO DE VALOR (de 0 a 45 puntos): supoñen un peso
do 45% na valoración total e valorarase de acordo co seguinte criterio:

2.1. Valoración económica pola prestación de servizos (máximo 45 puntos)

Valoraranse con cero (0) puntos aquelas ofertas que propoñan como prezo de adxudicación o
orzamento base máximo de licitación establecido neste Prego (apartado 4 do Cadro de características
do contrato).

A puntuación outorgable ás restantes ofertas admitidas realizarase de forma proporcional mediante a


seguinte fórmula:

Puntos a = 45 x ([Pm - Pa] / [Pm - CB])

Sendo:

Puntos a = puntuación valoración económica da oferta “a”

Pm = orzamento base máximo de licitación (sen IVE)

Pa = prezo da oferta “a” (sen IVE)

CB = contía da oferta situada no limiar da anormalidade.

Só para os efectos da valoración da oferta económica, o limiar de anormalidade calcúlase descontando


o 5% da media aritmética das ofertas admitidas.

A oferta coincidente coa CB recibirá a puntuación máxima.

Cando aplicando esta fórmula a puntuación resultante dunha oferta supere a puntuación
máxima prevista para a oferta económica, aquela oferta obterá a referida puntuación máxima.

Quedarán excluídas do procedemento de adxudicación aquelas ofertas que superen o orzamento base
máximo de licitación.

Ofertas anormalmente baixas.


Consideraranse anormalmente baixas as ofertas económicas situadas por baixo do 80% da media das
ofertas presentadas e admitidas, segundo se establece na cláusula 19 do presente prego

Terceiro.- VALORACIÓN DAS OFERTAS ADMITIDAS

Puntuación acadada polos licitadores nos criterios que dependen dun xuízo de valor:

A mesa de contratación acordou por unanimidade aceptar a valoración proposta no informe do


comité de expertos outorgando as puntuacións que se transcriben a continuación e onde aparecen os
subcriterios seguindo a mesma orde que consta no cadro de características do Prego:
PUNTUACION CRITERIO 1.1 CRITERIO 1.2 CRITERIO 1.3 CRITERIO 1.4 TOTAL

EULEN 20 15 15 5 55

GRUPO 18 13 12 4 47
CONTROL

SEGURSYSTEM 16 10 10 2 38

Puntuación acadada polos licitadores nos criterios que non dependen dun xuízo de valor:

- Valoración oferta económica:

Tendo en conta o establecido no Prego a puntuación que lle corresponde á cada proposta
presentada e admitida é a seguinte:

Na aplicación da fórmula a puntuación resultante da oferta de SEGURSYSTEM EUROPA S.L.U.


supera a puntuación máxima prevista, polo que se axusta aos 45 puntos de máximo neste criterio.

- Puntuación total acadada por cada licitador:

Cuarto.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN.

A Mesa de Contratación, examinadas todas as ofertas e baseándose nos criterios de valoración


mencionados, adxudicou a mellor puntuación á oferta presentada por EULEN SEGURIDAD S.A. e polo
tanto presentou proposta de resolución a favor desta entidade.
Quinto.-

En data 22 de xullo de 2022 o licitador EULEN SEGURIDAD S.A. recibiu a comunicación da proposta de
resolución de adxudicación ao seu favor e déuselle o prazo de 10 días hábiles para aportar a documentación
establecida nos Pregos.

Dentro do prazo estipulado a empresa procedeu a entregar a documentación requirida na comunicación de


proposta de adxudicación.

En base a todo o anterior, o Órgano de Contratación,

RESOLVE:

1) Adxudicar á empresa EULEN SEGURIDAD S.A. a “Contratación dos Servizos de Seguridade


do Parque Tecnolóxico de Galicia” nº expediente PTG 6/2022, conforme á súa oferta técnica
e económica, por un importe de 121.075,06 € (IVE non incluído), con suxeción ás condicións do
Prego de Cláusulas Particulares e do Prego de Prescricións Técnicas que rexen a presente
contratación.

2) Publicar esta adxudicación no Perfil do Contratante na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia


e notificar esta adxudicación á empresa adxudicataria e aos licitadores.

3) Formalizar o correspondente contrato dentro dos prazos establecidos, logo da notificación desta
resolución aos licitadores.

En San Cibrao das Viñas, na data da sinatura dixital.

O DOCUMENTO ORIXINAL FOI ASINADO DIXITALMENTE EN DATA 8/08/2022

Asdo. Patricia Argerey Vilar

Representante do órgano de contratación de Parque Tecnolóxico de Galicia S.A.

You might also like