Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO Ecosistemas

OS ECOSISTEMAS
A ecoloxía é a ciencia que estuda os ecosistemas. Por tanto, a ecoloxía estuda as
relacións dos organismos entre si e co medio no que habitan.

1.- COMPOÑENTES DO ECOSISTEMA


Un ecosistema é o conxunto formado polos
compoñentes abióticos do medio físico (o biótopo),
polos organismos (compoñentes bióticos) que viven
nel (a biocenose ou comunidade), e polas relacións
que se establecen entre todos os seus compoñentes e
o medio no que viven.
Por exemplo, o lago é un ecosistema acuático
de auga doce máis ou menos transparente, no que
viven algas, plantas acuáticas, insectos, vermes etc.
O bosque é outro ecosistema caracterizado no que
viven plantas e animais adaptados a este ambiente, como árbores, tomiño, romeu, lebre,
lagartos, paxaros etc.
O biótopo é o lugar ou o medio físico no que viven os seres vivos dun ecosistema.
Inclúe un substrato (chan, auga, aire, rochas...) e as condicións físicas e químicas dese
medio (temperatura, humidade, luminosidade etc.).
Os principais factores ambientais que determinan as características físicas e químicas do
biótopo son:
 A luz. Os seres fotosintéticos necesitan luz.
 A auga. Necesítana todos os organismos, uns requiren moita humidade, outros menos.
 A temperatura. Hai seres que necesitan temperaturas máis cálidas e outros máis frías.
 A salinidade da auga. Determinada pola concentración de sales disolvidos na auga, hai
organismos que poden vivir en auga doce, salgada ou salobre.
 O pH. É o grao de acidez ou basicidade do medio.
Pódense distinguir dous medios distintos que caracterizan o biótopo:
 Medio terrestre. Caracterizado polo tipo de chan, grao de humidade, a temperatura do
aire, a cantidade de luz, o substrato sobre o que se asenta o organismo.
 Medio acuático. Caracterizado polo grao de salinidade da auga (doce, salgada, salobre),
pola súa transparencia e luminosidade, temperatura, cantidade de gases e nutrientes
disoltos.

1 Ecoloxía
Xenética Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

A biocenose ou comunidade biótica dun ecosistema é o conxunto de todos os seres


vivos que viven no biótopo, e as relación que s establecen entre eles.
Unha poboación é o conxunto de
individuos da mesma especie que viven nun
lugar determinado. Vivir xuntos permítelles
alimentarse, defenderse, reproducirse ... en
mellores condicións que se vivisen illados. Por
exemplo, a poboación de coellos dun campo.
Por tanto, a biocenose está formada polo
conxunto de poboacións que viven no mesmo
lugar e que se relacionan entre si.

2.- TIPOS DE ECOSISTEMA


Segundo o medio dominante os ecosistemas poden dividirse en: acuáticos e terrestres
2.1. Ecosistemas acuáticos
Nos ecosistemas acuáticos o biótopo
é unha masa de auga, como ríos, lagos,
mares, océanos, pantanos. Distínguense
dous tipos:
 Ecosistemas mariños. Caracterízanse
pola alta salinidade das súas augas,
uns 35 g/l, e comprenden os mares e
océanos.
 Ecosistemas de auga doce. A concentración dos sales é menor a 1 g/l, e comprenden
os ríos, lagos, humidais...
2.2. Ecosistemas terrestres
Nos ecosistemas terrestres o biótopo é o chan e o aire.
Están moi influídos polas características climáticas de cada
zona. Exemplos de ecosistemas terrestres son o bosque
mediterráneo, a tundra, a sabana, o deserto...
As especies de plantas e animais de cada hábitat teñen
características diferentes, xa que se adaptaron a vivir nesas
condicións.

3.- NIVEIS TRÓFICOS DUN ECOSISTEMA


Os niveis tróficos son cada un dos conxuntos de

2 Xenética
Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO Ecosistemas

organismos dun ecosistema que obteñen a materia e a enerxía da mesma forma, polo que
ocupan un lugar equivalente na cadea alimenticia.
A enerxía que necesitan os seres vivos para realizar as funcións vitais (nutrición,
relación e reprodución) provén do Sol. As plantas encárganse, mediante a fotosíntese, de
transformar a materia inorgánica en orgánica. Esta materia e enerxía pasará ao resto de
organismos do ecosistema, como os animais herbívoros e carnívoros. Por último, os
organismos descompoñedores serán os encargados de descompoñer esta materia orgánica
en inorgánica, pechando o ciclo.
Por tanto, podemos distinguir tres niveles tróficos:
 Os organismos produtores son autótrofos (plantas, algas e algunhas bacterias). Son
capaces de fabricar a súa propia materia orgánica a partir de materia inorgánica (auga,
sales minerais e dióxido de carbono) e a enerxía do sol, por iso chámaselles
produtores.
Os organismos produtores
constitúen o nivel trófico
máis baixo, sendo a base
sobre a que se sustentan os
niveis superiores. Son os
únicos que, mediante a
fotosíntese, son capaces de
captar a enerxía solar e transformala en enerxía química.
 Os organismos consumidores son heterótrofos (herbívoros, carnívoros, preeiros).
Fabrican a súa materia orgánica a partir da materia orgánica que procede doutros
seres vivos, por iso chámaselles consumidores. Tamén son produtores (fabrican a súa
propia materia orgánica), pero non son produtores primarios. Á súa vez, os
consumidores tamén poden ser a fonte de materia orgánica doutros consumidores que
se alimentan deles. Segundo isto, distínguense varios tipos de organismos
consumidores:
─ Consumidores primarios. Aliméntanse directamente dos produtores primarios. En
xeral, este nivel nos ecosistemas terrestres inclúe aos herbívoros, que comen
plantas ou algas, e nos ecosistemas mariños, ao zooplancto, que se alimenta do
fitoplancto. Neste nivel tamén se inclúen tamén os parasitos, mutualistas e
comensais que se alimentan das plantas.
Este nivel é o segundo na cadea trófica, recibindo a materia e enerxía do primeiro
nivel (produtores primarios) e proporcionándollas ao terceiro nivel (consumidores
secundarios).

3 Ecoloxía
Xenética Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

─ Consumidores secundarios. Aliméntanse dos consumidores primarios


(herbívoros), polo que se lles chama carnívoros. Constitúen o terceiro nivel trófico.
─ Consumidores terciarios. Aliméntanse dos consumidores secundarios. Son
grandes depredadores que se alimentan de consumidores primarios (herbívoros) e
secundarios (carnívoros). Tamén se lles chama supercarnívoros ou
superdepredadores.
A enerxía que pasa dun nivel a outro se estimou que é unicamente do 10 %, polo que
o número de niveis tróficos non adoita ser superior a cinco. A este feito coñéceselle
como regula do 10 %.
Lembra tamén que tamén son consumidores outros organismos heterótrofos, como os
protozoos, os animais parasitos ou os animais preeiros que se alimentan da materia
orgánica xa elaborada polos produtores.
 Os organismos descompoñedores (bacterias e fungos principalmente) son
organismos heterótrofos que obteñen a materia e a enerxía dos restos orgánicos
doutros seres vivos de niveis inferiores. Son os encargados de transformar a materia
orgánica (feces, cadáveres) en materia inorgánica que pode volver ser utilizada polos
produtores. Por iso sen esenciais para a reciclaxe da materia, pechando o ciclo da
materia do ecosistema.

4.- RELACIÓNS TRÓFICAS


As relacións tróficas ou alimentarias son as relacións de dependencia alimentaria que
se establecen entre os distintos niveis tróficos dun
ecosistema. Os organismos dun nivel trófico obteñen a
materia e enerxía dos organismos do nivel trófico inferior.
Distínguense dous tipos de relacións tróficas:
 Cadeas tróficas. describe o proceso de transferencia
de materia e enerxía entre os organismos dun
ecosistema. É unha secuencia lineal na que se
indica, mediante frechas, a dirección que seguen os
nutrientes e enerxía dun organismo a outro.
 Redes tróficas. conxunto de cadeas tróficas
relacionadas que expresan todas relacións
alimentarias que se dan entre os organismos dun
ecosistema.

5.- PIRÁMIDES TRÓFICAS


As pirámides tróficas ou ecolóxicas son unha

4 Xenética
Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO Ecosistemas

representación gráfica das relacións tróficas nun ecosistema, na que se mostra como varían
os distintos niveis tróficos segundo a enerxía, a biomasa ou o número de individuos.
Na base da pirámide están os produtores, sobre estes, sitúanse os consumidores
primarios, logo os consumidores secundarios e por último, os consumidores terciarios.
Existen tres tipos de pirámides ecolóxicas:
 As pirámides de enerxía representan a enerxía almacenada en cada nivel trófico nun
momento determinado e que se atopa dispoñible para o nivel superior.
 As pirámides de biomasa representan a cantidade de biomasa (materia orgánica viva
ou morta) de calquera nivel trófico.
 As pirámides de números, cada barra representa o número de individuos de cada
nivel trófico.
É posible atopar
pirámides invertidas de
biomasa, como a dun
ecosistema acuático no que
os produtores representan
pouca biomasa pero
reprodúcense moi rápido ou
numérica, o número de insectos que se alimentan dunha árbore. As pirámides de enerxía
nunca poden ser invertidas, xa que a enerxía do nivel trófico inferior sempre ten que ser
maior que a do nivel superior.

6.- AUTORREGULACIÓN DO ECOSISTEMA


A autorregulación dun ecosistema consiste nun conxunto de factores abióticos e
bióticos que limitan o crecemento das poboacións que o constitúen e manteñen ao
ecosistema estable.
Algúns dos factores abióticos que regulan o crecemento das poboacións son os
recursos dispoñibles, como a superficie de solo, a luz, a temperatura e a cantidade de auga.
Os factores bióticos que regulan a cantidade de organismos nun ecosistema son as relacións
que se dan na biocenose e poden ser:
6.1.- Relacións intraespecíficas
Son as interaccións que se establecen entre individuos da mesma especie. Estas
relacións poden ser prexudiciais, se provocan a competencia entre os individuos, ou
beneficiosas, se favorecen a súa cooperación.
 As relacións de competencia prodúcense cando dúas ou máis individuos compiten por:
 Os recursos do medio: alimento, comida, luz etc.
 A reprodución: tratando de conseguir parella para a reprodución.

5 Ecoloxía
Xenética Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

 As relacións de cooperación permiten obter beneficios, como protexer ás crías, facilitar


a reprodución, conseguir alimento ou defensa. Algunhas destas relacións de
cooperación son:
 Relacións familiares. Os grupos están formados polos proxenitores e
descendentes. Facilitan o coidado das crías. Ex: elefantes, lobos, ...
 Relacións gregarias. Grupos de individuos reúnense ocasionalmente para buscar
alimento, defenderse, reproducirse ou emigrar. Ex: bandadas de aves, ñus, ...
 Relacións sociais. Son relacións xerárquicas que se producen entre individuos
que viven formando unha sociedade con diferentes categorías. Ex: formigas,
abellas...
 Relacións coloniais. Os individuos permanecen unidos fisicamente, de forma
inseparable, formando colonias. Ex: os corais.

6.2.- Relacións interespecíficas


Son as interaccións que se establecen entre individuos de distinta especie. Poden ser
relacións negativas, neutras ou positivas
 Relacións interespecíficas de competencia. Establécense entre individuos de distintas
especies do ecosistema que compiten por recursos limitados (alimento, auga, espazo
...), a especie mellor adaptada desprazará á outra.
 Relación de depredación. Unha especie (depredador) aliméntase doutra (presa), que
normalmente morre. Ex: gato e rato.

6 Xenética
Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO Ecosistemas

 Relación de parasitismo. Relación na que unha especie se beneficia (parasito) vivindo á


conta doutra que se prexudica (hóspede) Ex: pulgas.
 Relación de mutualismo. Os individuos asócianse temporalmente, non de forma
permanente nin obrigada, para obter un beneficio mutuo. Ex: Os insectos e as flores
 Relación de simbiose. Parecida ao mutualismo, xa que as dúas especies saen
beneficiadas, pero diferéncianse en que se trata dunha relación obrigada, xa que non
poden vivir de forma independente. Ex: Os liques (alga e fungo), Rhizobium e
leguminosas.
 Relación de comensalismo. Unha das especies (comensal) benefíciase da outra pero sen
prexudicala. Ex: o peixe rémora
 Relación de inquilinismo. Relación moi parecida ao comensalismo, unha especie
(inquilino) atopa acubillo nunha estrutura doutro organismo ao que non prexudica nin
beneficia. Ex: cangrexo ermitán.

7.- CICLOS BIOXEOQUÍMICOS


A materia existente no planeta é constante e circula desde o medio abiótico ata os
seres vivos e viceversa. Os elementos químicos que forman parte das moléculas dos seres
vivos son os mesmos que pasan pola atmosfera, a hidrosfera, o chan, minerais etc.,
constituíndo un ciclo.
Os organismos autótrofos transforman a materia inorgánica en materia orgánica, e os
descompoñedores encárganse de converter a materia orgánica en inorgánica, pechando o
ciclo e permitindo que os compostos inorgánicos poidan volver ser utilizados polos
produtores.

7 Ecoloxía
Xenética Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

Algúns dos principais ciclos bioxeoquímicos son o do carbono, nitróxeno e fósforo.


7.1.- Ciclo do carbono
O carbono é a base da estrutura da materia orgánica (glícidos, lípidos, proteínas,
ácidos nucleicos).
Na natureza podemos atopar o carbono:
 Na atmosfera, formando CO2.
 Nos seres vivos, sendo o
constituínte fundamental da
materia orgánica.
 Nos océanos, disolto na auga dos
océanos e nos seres vivos.
 Nas rochas carbonatadas, por
exemplo, as calcarias.
 Nos combustibles fósiles como o
petróleo, o carbón e o gas natural.
 No interior da Terra (manto e
cortiza).
O ciclo do carbono resúmese en:
 Os organismos produtores, terrestres e acuáticos, captan o carbono en forma de CO 2
da atmosfera e, mediante a fotosíntese, incorpórano a moléculas orgánicas.
 Os organismos consumidores incorporan o carbono mediante a alimentación.
 Os organismos produtores, consumidores e descompoñedores, liberan CO 2 á atmosfera
pola respiración celular.
 Algúns restos orgánicos son enterrados e poden transformarse en rochas carbonatadas
(esqueletos e cunchas) ou en carbón e petróleo (restos orgánicos).
 O carbono retido na xeosfera libérase ao queimar os combustibles fósiles ou durante
as erupcións volcánicas, contribuíndo á contaminación atmosférica.
7.2.- Ciclo do nitróxeno
O nitróxeno é un elemento esencial dos seres vivos, xa que forma parte de todas as
proteínas e ácidos nucleicos.
O ciclo do nitróxeno pódese resumir nos seguintes pasos:
 As bacterias fixadoras de nitróxeno atmosférico do chan utilizan o nitróxeno para crear
nitratos que as plantas poden absorber polas súas raíces e sintetizar as súas propias
proteínas.
 Os herbívoros, e despois os carnívoros, incorporarán o nitróxeno necesario a través da
alimentación. Con este nitróxeno poderán crear as súas propias proteínas e ácidos
nucleicos.
8 Xenética
Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO Ecosistemas

 Os microorganismos
descompoñedores transforman
as substancias nitroxenadas
orixinadas na excreción dos
seres vivos, como a urea, e os
restos de organismos mortos,
para que poidan ser utilizados
novamente polas plantas.
 As bacterias nitrificantes
transforman o amonio
producido polos
microorganismos
descompoñedores en nitratos que as plantas absorben. As bacterias desnitrificantes
transforman parte deses nitratos en nitróxeno, que é devolto á atmosfera.
O nitróxeno é un factor limitante para o desenvolvemento das plantas, debido a que a
súa escaseza provoca problemas no desenvolvemento das plantas.
7.3.- Ciclo do fósforo
O fósforo é un compoñente dos ácidos nucleicos e o ATP, molécula que utilizan os
seres vivos para intercambiar enerxía nas súas reaccións químicas. Ademais, o fósforo é
parte esencial dos esqueletos e cunchas.
O ciclo do fósforo é o máis lento, porque a maioría está nas rochas sedimentarias
fosfatadas. Pódese resumir en:
 Ao meteorizarse as rochas fosfatadas, o fósforo pasa ao chan e ás augas superficiais.
 As plantas poden absorber os fosfatos do chan e incorporalos ás súas moléculas. Os
herbívoros, ao alimentarse
das plantas, farán que o
fósforo pase das plantas ao
resto de niveis da cadea
trófica.
 Cando as plantas e animais
morren, os fosfatos son
liberados e poden ser
absorbidos polos organismos
detritívoros ou incorporados
ao chan.
 Os fosfatos tamén poden ser
transportados pola auga a

9 Ecoloxía
Xenética Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

ríos, lagos e océanos, onde os organismos acuáticos poden absorbelos.


 Os compostos fosfatados dos corpos ou refugallos dos seres mariños acumúlanse no
fondo e xeran novas rocas sedimentarias. Estas rochas permanecerán aquí moitos
anos ata se erosionen e liberen o fósforo, que usarán outra vez as plantas.
Unha reserva importante de fósforo son as acumulacións dos excrementos de aves
mariñas, chamadas “guano”, que poden ser utilizadas como abono.
O fósforo é o principal factor limitante dos ecosistemas acuáticos. Nas zonas onde as
correntes mariñas soben fósforo do fondo mariño, prodúcese a proliferación do plancto e dos
peixes que se alimentan deles.

8.- AS SUCESIÓNS ECOLÓXICAS. A EVOLUCIÓN DOS ECOSISTEMAS


Unha sucesión ecolóxica é un proceso de cambio, continuo e lento, do ecosistema
como consecuencia das variacións que se producen no medio e na poboacións que o forman.
Distínguense dous tipos de sucesións ecolóxicas:
 Sucesión ecolóxica primaria. É a que se produce cando se inicia o ecosistema de
forma natural nun medio de nova
creación que non fose colonizado por
seres vivos. Por exemplo, cando se
colonizan chans volcánicos, dunas, nova
illa volcánica etc.
 Sucesión ecolóxica secundaria.
Prodúcese nunha zona que xa estaba
habitada por comunidades pero que, por
causas naturais ou humanas, foron
modificadas. Por exemplo, un campo de
cultivo abandonado, un bosque despois
dun incendio etc.
8.1.- Características dunha sucesión
Todas as sucesións ecolóxicas, en condicións naturais, prodúcense de forma similar.
É un proceso longo que pode duran ata centos de anos, caracterizado por:
 Aumento da biodiversidade. Cada vez hai máis especies distintas, unhas substitúen
a outras, creando maior número de nichos ecolóxicos.
 Aumento da biomasa. A medida que avanza a sucesión, substitúense as especies
por outras de maior masa e volume.
 Aumento da complexidade de ecosistema. Cada vez hai máis especies e maior
número de relacións entre os organismos, creando complexas cadeas e redes
tróficas e outras relacións interespecíficas.

10 Xenética
Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO Ecosistemas

 Aumento da resistencia aos cambios que se poidan producir no ecosistema. O


ecosistema ten mecanismos de autorregulación que lle permiten resistir as
alteracións que se produzan.
8.2.- Fases dunha sucesión ecolóxica
A tendencia dunha sucesión ecolóxica é a de ir gañando complexidade ata alcanzar o
seu máximo grao de estabilidade ou clímax. As etapas características dunha sucesión
ecolóxica primaria son:
 Fase inicial. Nunha zona na que aínda non se creou o chan, prodúcese o
establecemento de especies pioneiras ou oportunistas. Liques, musgos, fungos e algas,
organismos sinxelos que descompoñen a rocha para transformala nun solo.
 Fase media. Cando o chan ten máis de espesor, é colonizado por especies herbáceas
que achegan materia orgánica ao chan e permite a aparición de artrópodos, vermes...
 Fase de maduración. Cando o solo está desenvolto, aparecen vexetais máis grandes,
como arbustos e árbores, e tamén aparecen outras especies animais no ecosistema.
 Fase final ou clímax. Cando o ecosistema alcanzou o seu máximo desenvolvemento,
danse condicións estables e de equilibrio entre os seus compoñentes, alcánzase o
clímax, fase de a maior diversidade de especies, moitas delas especialistas.

11 Ecoloxía

You might also like