Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 7

Os músicos no Romanticismo:

1.O piano romántico.

A finais do século XVIII e principios do século XIX as cidades que destacaron pola
súa industria pianística foron Londres, Viena e París. O piano convértese no
instrumento por excelencia.

Un dos compositores asociados a este instrumento é Dussek, nado en Bohemia, e


que percorreu Centroeuropa e Inglaterra como compositor, pianista e editor.
Compuxo gran número de sonatas para piano a principios do século XIX.

Czerny, discípulo de Beethoven, de quen realiza a primeira biografía documental.


Pronto tivo gran zona como intérprete e compositor.

Shubert: pode facerse unha dobre clasificación das súas obras; intimistas destinadas
aos afeccionados ao instrumento e pezas de grandes dimensións. Entre as primeiras
destacan obras pequeñas de carácter alegre e xuvenil.

Schumman. Gran compositor de música para piano, instrumento para o que


compuxo case en exclusividade. Destacan as Escenas para nenos, o Concerto en La
menor Op 54, Papillons (primeira obra importante para piano e está formada por un
conxunto de pezas vinculadas á danza).

Chopin: home apaixonado, sensible, enfermizo, culto, patriótico, viaxeiro. Compuxo


sobre todo pequeñas formas instrumentais entre as que destacan os nocturnos, as
polonesas e as mazurcas.

Liszt: supón o culme do piano no romanticismo. Foi compositor e intérprete. Usa en


varias ocasións o folclore da súa nación como inspiración, por exemplo nas súas
rapsodias húngaras.

2.A música sinfónica no romanticismo:

Varios son os compositores contemporáneos de Beethoven que continúan cultivando


a sinfonía clásica: Weber, Muzio Clementi…

2.1.Shubert.

Nado e morto en Viena. Fillo de mestre de escola. Adicase por completo á


composición.

Considerado durante tempo como compositor clasicista romántico.


1
Autor prolífico. Destacan entre as súas obras instrumentais 8 sinfoníase 12 cuartetos
de corda. Nas primeiras usa unha linguaxe ligada a Mozart e Haydn en canto á
orquestación, escritura e orde dos movementos. As liñas melódicas son orixinais.
Destaca a 4º sinfonía ligada a quinta de Beethoven.

Tamén é importante a música camerística.

2.2.Mendelssohn.

Pertence a unha familia con grandes recursos. Recibiu formación esmerada dende
pequeño. Recoñecido director, recuperou parte do patrimonio musical alemán e o
levou ao concertó público.

Busca nas súas obras o equilibrio herdado do clasicismo. Compuxo cinco sinfonías
entre as que destaca a escocesa, na que introduce a gaita e a italiana, con formas
propias da música italiana.

Escribe tamén música de cámara na que destacan os seus cuartetos e dúas oberturas
escritas cunha elaborada linguaxe: As Hébridas, o soño dunha noite de verán…

3.A música vogal romántica.

3.1.O Lied.

A canción alemá goza de gran desenvolvemento no século XIX. Toma como base un
poema que é cantado con acompañamento instrumental, xeralmente para piano.

Un destes escritores foi Goethe. Entre os compositores de lied; Schubert.

Os lieder teñen diferentes formas, a máis extendida é a forma estrófica composta por
varias estrofas, todas coa mesma música. Outra forma é o lied en tres partes, das que
a primeira e terceira estrofa teñen a mesma música.

3.2.A ópera no Romanticismo.

No Romanticismo faise patente a separación entre os compositores de música


dramática e os compositores de música sinfónica.

Mozart é o último músico que reúne as dúas facetas como ocorría dende séculos
atrás. Nin Beethoven, nin Schubert, Brahms ou Mendelssohn foron grandes
compositores de óperas, mentres que Rossini, Wagner, Verdi, tampouco o foron para
a música instrumental.

2
Os estilos nacionais diferéncianse respecto á época anterior, así a ópera alemá amosa
unhas características propias respecto ao estilo italianizante que imperaba na música
teatral.

Os asuntos épicos, mitolóxicos, históricos dan paso ao sobrenatural, ao tráxico.

3.2.1.A ópera francesa.

París convértese no berce da ópera europea durante todo o Romanticismo. Aos


teatros de ópera desta cidade acuden compositores, intérpretes, empresarios e
orquestas de todas partes para lograr a fama. Esta circunstancia é impulsada por
Napoleón III e pola burguesía que fixo da ópera unha das súas affeccións.

O compositor máis destacado é Giacomo Meyerbeer, discípulo de Weber, aínda que


pronto se separou do estilo do mestre. A gran ópera concebida por Meyerbeer para
por ter cinco actos en lugar de tres: debe explotar ao máximo a teatralidade inherente
da ópera e manter as súas partes nunha orde fixa, estas esixencias danse cita na súa
ópera os Hugonotes.

Avanzado o século destaca a ópera Carmen de Bizet, ambientada en España,


concretamente en Sevilla, e na que o compositor traza unha historia de amor, ciumes
e norte, que foi mal aceptada ata tempo despois. Destaca a orixinalidade da voz de
Carmen, a coloratura das súas liñas melódicas coas cadencias tipicamente andaluzas.

A súa protagonista, Carmen é unha apaixoada cigarreira que primeiro se enamora do


sarxento Don José e despois do toreiro Escamillo, o militar, por celos acaba por
asesinar a Carmen.

3.2.2.A ópera alemá: de Weber a Wagner.

Carl María Von Weber (1786-1826) é considerado como o iniciador da ópera


romántica. Foi un músico notable, ao que o seu pai intentou explotar como un neno
prodixio ao estilo de Mozart (con quen emparentou por vía da súa muller). Director,
intérprete de piano e compositor de sinfonías e música relixiosa, a súa fama débese
principalmente ás súas óperas.

O seu primeiro gran drama musical foi Der Freischütz, dende a súa estrea foi
considerado a exaltación da ópera nacional alemá.

Euryanthe, estreada en 1828, tivo menos éxito, ainda que os compositores


posteriores a considerasen como o gran exemplo de ópera seria nacional. A súa

3
última gran obra foi Oberon, estreada en 1826, cuxo argumento transcorre no mundo
ds fadas, a música transmite sensación de fantasía polos cromatismos e viveza
melódica dos seus temas.

Sobre estas bases aséntase a obra de Wagner (1813-1883). De formación


autodidacta. Despuntou pronto como director de orquesta, sobre todo do repertorio
italiano, o que se deixa sentir nas súas primeiras composicións. Como compositor
considerou sempre o idioma alemán como o máis idóneo para as súas óperas e a
historia ancestral e mitolóxica do seu país como fonte dos seus dramas. As súas
composicións divídense en tres períodos:

-Etapa de mocidade: destacan óperas como Reinzi e as fadas, marcadas polo estilo
da gran ópera francesa. O Holandés Errante, afástase desta tendencia para
introducirse nun estilo nacional cos seus coros de mariñeiros e doncelas. Neste
período xorden algún dos elementos característicos do estilo wagneriano, como a
non separación entre recitativo e aria, a non separación entre escenas e actos, cunha
música que flúe sen interrupcións.

-Segunda etapa: inaugurada en 1845 con Tannhaüser, do que o libreto narra a dúbida
deste personaxe medieval entre o amor espiritual e o amor carnal. Lohengrin é a súa
última ópera composta nesta etapa, na que vive en Dresde, tamén ambientada no
pasado, o drama musical está cheo de elementos simbólicos: o protagonista é un
guardián do Santo Grial. Faise patente o característico uso de unir elementos
musicais con referencias concretas do drama. O ritmo e as melodías resultan
conservadoras, se ben presenta novidades respecto das anteriores. A orquesta ten un
papel fundamental.

-Terceira etapa: debido ao carácter revolucionario da música este debe deixar Dresde
e emprender o seu exilio. Adicase neste momento a escribir ensaios, teorías e
reflexións sobre a música e a sociedade, que toman corpo en tres libros: arte e
revolución, a obra de arte do futuro e ópera e drama.

En canto ás súas composicións destaca o uso que fai do Leitmotiv ou motivo


conductor e unificador das óperas, co que se representa musicalmente cada
sentimento.

O senso de Wagner de concibir a música ponse de manifestó na súa Tetraloxía,


conxunto de catro óperas chamado o anel do Nibelungo que forman un todo: o ouro

4
do Rin, a Walkiria, Sigfrido, o ocaso dos deuses. Os libretos toman como base a
mitoloxía xermánica e narran a busca do ouro custodiado polos nibelungos, sobre
todo dun anel. A historia e a música das catro óperas son concibidas polo compositor
como un todo.

Todo neste conxunto resulta grandioso: a trama argumental, a concepción


declamatoria das voces e a concepción da masa orquestal, na que a orquesta
romántica convencional amplifícase, sobre todo no referente ao grupo de metal e de
percusión e na inclusión doutros instrumentos como seis arpas.

Ademáis escribiu tamén unha ópera cómica: os Mestres cantores de Nuremberg,


outra de temática amorosa: Tristán e Isolda e unha relixiosa: Parsifal.

3.2.3.A ópera italiana: do belcantismo ao verismo.

Rossini (1792-1868). Nace en Pésaro no seo dunha familia de músicos. Casou coa
soprano española Isabel Colbran, para a que compuxo varios papeis segundo as súas
características vogais, o que se deixa ver no seu estilo compositivo. Rossini saborea
o éxito moi pronto e é recoñecido como o gran representante da ópera italiana tanto
dentro como fora do seu país. Na cima da súa gloria deixou de componer sendo un
dos poucos compositores que abandona a súa gran vocación en pleno
recoñecemento.

Amosou dende novo unha extraordinaria facilidade para compoñer e as súas óperas
percorren toda Italia con gran éxito. Foi capaz de escribir entre 1814 e 1815 catro
óperas entre as que destaca o Barbeiro de Sevilla. Nesta ópera o número de
Recitativos é menor que nas épocas anteriores. Todos os personaxes da ópera entoan
arias de moita cor, que antes estaban destinadas ás voces protagonistas.

A súa última ópera é Guillermo Tell: escrita en 1829, ten unha obertura moi vivaz e
cantábile e unha forte explotación do compoñente melódico da voz, apoiada nunha
armonía sinxela. A acción transcorre en Suíza. Guillermo Tell é o heroe suízo que é
obrigado a disparar unha frecha sobre unha mazá colocada na cabeza do seu fillo.
Malia o seu acerto é encadeado por orde do gobernador, con todo consegue escapar
ne comeza unha revolución que libera ao seu pobo dos tiranos.

A obertura interpretada por moitas orquestas como peza de concertó é case un


poema sinfónico. Divídese en catro partes a última con ritmo de cabalgata.

5
Verdi (1813-1901). Supón a culminación de toda a tradición operística italiana.
Recibe a primeira formación musical en Busseto, logo trasládese a Milán. A súa
obra caracterízase por:

a)explotación da voz humana nun senso melódico e natural.

b)desenvolvemento dos coros como parte fundamental das súas óperas.

c)interese dos argumentos de tipo historicista, romántico e relacionado coa


unificación italiana.

d)estructura da ópera baseada en catro actos.

A traxectoria da ópera divídese en tres períodos:

-Obras do primeiro estilo: formada por 16 óperas nas que está patente a influencia
dos seus predecesores. Destacan as obras de carácter político, xa que nesta época o
músico está vinculado ao movemento unificador de Italia: Il Risorgimento; entre
elas destaca Nabuco, escrita para o teatro Scala de Milán. O argumento que trata a
liberación dos hebreos en Babilonia, foi visto polo pobo italiano como unha
translación da súa invasión por parte dos austríacos. As referencias políticas ocupan
tamén outras óperas como I Lombardi ou Macbeth, baseada en obras de
Shakespeare.

-Estilo intermedio: linguaxe dramática e psicolóxica de gran calado. Compuxo tres


das súas óperas máis coñecidas: Rigoletto, Il Trovadore, e a Traviata. Estas obras
caracterízanse por un marcado uso do ritmo e de melodías moi cantábiles. O
protagonista primeira é un chepudo, bufón dun conde disoluto. Destacan nesta ópera
os dúos de gran efecto dramático en detrimento das arias.

O estudo psicolóxico alcanza o culmen a Traviata, onde o drama se establece ao


redor das relación ilícitas entre Alfredo da alta sociedade e Violeta unha moza. A
canción estructúrase en semifrases de dous compases cada unha. O ritmo é moi
marcado sobre todo na introducción insrumental co uso do Puntillo, xa que toma
como base a corchea. O acompañamento instrumental móvese ao redor dos acordes
moi básicos na tónica e dominante. Unha das características da escritura verdiana
atópase no compás 9, onde a melodía instrumental suspéndese de repente.

6
-Estilo de madurez: moitas obras deste período foron escritas para teatros non
italianos, o que se reflicte nun estilo ampuloso e magnificente. Don Carlo, obra que
lle encargaron en París non tivo moito éxito, caso contrario a Aida.

Nas últimas óperas o estilo cantábile vai transformándose nun estilo declamatorio, o
recitativo e a aria nunha soa fórmula musical co obxectivo de darlle continuidade á
trama e á música operística.

A útima gran ópera é Falstaff.

Tras as achegas á ópera de Verdi, os compositores líricos inclínanse pola tendencia


chamada verismo, que se inicia na literatura e que se interesa polos personaxes e
situacións da vida cotiá. Dentro dos compositores desta etapa destaca Puccini.

You might also like