Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

CAROLINA PEDRIDO RODRÍGUEZ

Literatura Galega | Aula interativa de 17 de outubro

A partir da leitura atenta da seguinte cantiga, desenvolve os seguintes exercícios:

1. a) Identifica os principais repertórios formais e estéticos do texto, incluído o


subgénero a que pertence, e relaciona esses repertórios com o conceito de literatura
vigente na Idade Média.

b) Com apoio no texto, explica as principais funções sociais e as relações com o


campo do poder do subgénero a que pertence a cantiga.

A)
Este texto pertence ao subxénero das cantigas de amor. Sabemos isto porque no o termo
senhor aparece no primeiro verso e non se volve a repetir, o cal é unha característica
especial deste tipo de cantigas. Outra forma na que se menciona ó senhor dun xeito máis
indirecto atopámola no primeiro verso da segunda estrofa: “a que” (como se a propia
mención do senhor causase sufrimento).
Outro elemento común a este subxénero que podemos atopar nesta cantiga ten que ver
coa repetición: o recurso do paralelismo (temos que atender, por exemplo, aos versos
iniciais de cada estrofa).
En canto á función ou actitude da amada, neste caso vemos que se trata dunha actitude
pasiva: non fai nada, máis a súa función é a de causar coita.

Na primeira estrofa aparece a coita provocada pola señora. Maldice: a si mesmo, ao


mundo, e a deus (gradación de termos a partir do verbo maldicir: individual, colectivo, e
por último o máis sagrado, o cal reflexa a intensificación da coita). Maldecir a Deus
parece un pouco problemático, incluso blasfemia. Como a explicamos literariamente? A
través do recurso da esaxeración: a hipérbole.
Segunda estrofa: A que me fai querer mal: a si mesmo (MI MÊDES), os amigos, e
(perder a esperanza en) Deus. Vemos unha mesma gradación que na primeira estrofa
(isto sería outro exemplo de paralelismo no texto). Para atenuar esa blasfemia: que mi
pês ( que me pesa, cousa que non me é grata).
Na terceira estrofa aparece a idea ou a sensación de morrer, de perder o sentido (sen) e a
razón.

A coita aparece en cada estrofa asociada a elementos de sufrimento diferentes: temos


tamén unha intensificación ou gradación nas estrofas: Primeiro, maldicir; despois,
querer mal; e por último, sentir que morres. Polo tanto, o sentimento de coita vai
aumentando en cada estrofa.
É importante mencionar o tema do campo semántico da visión: os ollos, ver, e non ver.
O que causa a coita no inicio e vela. Aparece no inicio deste xeito a cuestión de ver a
amada, o mal de que os seus ollos a viran. Ver é o inicio do namoramento.
Mais temos que contrastar isto co refrán (o que se repite é moi importante):
Encabalgamento: desde que non a vexo, non teño pesar doutra cousas máis que dela,
porque nunca me poido lembrar doutra cousa que non sexa ela.
Polo tanto o que máis re repite ao longo da cantiga e a coita por non vela: tópico máis
empregado/característico da época.

B)
As condicións sociais de produción da literatura galego-portuguesa medieval veñen
ligadas co estamento da nobreza.
Neste momento, a nobreza sentíase ameazada polo aumento de poder da monarquía. Co
fin de acumular poder, a herdanza pasa a ser dirixida ao primeiro varón, en lugar de
repartila entre todos os fillos. Como resultado, moitos segundos fillos teñen moita
dificultade co matrimonio. Os homes tiñan como saídas a milicia e o clero; as mulleres,
os conventos. Ademais, estes segundos fillos, ao sentirse fóra do mercado matrimonial,
non teñen un comportamento cabaleiresco.
A solución do momento foi a creación dunha literatura co fin de regularizalos e, e de
lograr unha maior cohesión no estamento. Estas producións literarias son as cantigas de
amor, como o texto que acabamos de analizar.

You might also like