Professional Documents
Culture Documents
AnuncioG0474-280624-0001_gl
AnuncioG0474-280624-0001_gl
42299
A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional das enerxías e
a busca de novas fontes enerxéticas calou de forma importante no enfoque das adminis-
tracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio
ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética ou enerxías renovables se están a
desenvolver na actualidade.
como outro investimento público elixible o 40 % no caso de que os beneficiarios sexan en-
tidades públicas (na liña de proxectos de eficiencia enerxética en infraestruturas públicas).
– Obxectivo político: 2. Unha Europa máis verde, baixa en carbono, en transición cara a
unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transi-
ción enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a miti-
gación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade
urbana sustentable.
– Ámbitos de intervención:
a) Indicador de realización:
• RCO01-Empresas apoiadas.
b) Indicador de resultado:
• RCR26-Consumo anual primario de enerxía (do cal: vivendas, edificios públicos, em-
presas, outros) en MWh/ano.
Por outra banda, as axudas sometense aos requisitos e límites establecidos no Regu-
lamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determina-
das categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107
e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención
por categorías), publicado no DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014 salvo no caso das
empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e
da acuicultura. Dada a súa exclusión do anterior, estas estarán sometidas aos requisitos e
límites establecidos no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro,
relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea
ás axudas de minimis.
RESOLVO:
Bases reguladoras
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para realizar
proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas que cumpran cos requi-
sitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras (código de proce-
demento IN417Y).
enerxética en edificios.
Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Re-
gulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, ou ben o inicio dos traballos
de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipamentos ou
outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior; a merca de
terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estu-
dos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.
3. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude incluirá
un único proxecto técnico, que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións
homoxéneas executadas nunha mesma localización, e que se valorarán de xeito conxunto.
Considéranse actuacións homoxéneas que deben recollerse nunha única solicitude: to-
das as actuacións de iluminación que se realicen no centro de traballo e a renovación de
varios equipamentos para o mesmo fin. Por exemplo, a instalación de varios compresores
ou de dúas caldeiras para proceso, aínda que estas non sexan iguais (ademais, debe
incluírse no mesmo proxecto calquera actuación relacionada que se efectúe na sala de
caldeiras, como pode ser a instalación dun economizador ou tanque de revaporizado). Ta-
mén se considerará actuación homoxénea a mellora integral dun edificio cando este estea
incluído no ámbito de aplicación da normativa vixente de certificación enerxética e exista
metodoloxía de cálculo recoñecida para a súa certificación.
Considera actuacións non homoxéneas e que, polo tanto, deben cursarse en solicitudes
independentes a combinación de proxectos independentes, por exemplo, a renovación dun
compresor, a renovación dos equipamentos de iluminación, a renovación das caldeiras, a
instalación de variadores de frecuencia en motores, etc.
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
marco para facilitar os investimentos sustentables que fixa os obxectivos ambientais que
protexer:
Artigo 3. Financiamento
Orzamento Orzamento
Distribución por liña de axuda Total ( €)
2024 ( €) 2025 ( €)
PAPEME. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en
1.100.000,00 1.900.000,00 3.000.000,00
pemes
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
O crédito máximo recollido na táboa anterior poderá ser redistribuído se, pasado un mes
desde a apertura do prazo de solicitudes, nalgunha das epígrafes non se rexistran solici-
tudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe
de espera.
O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de
ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamen-
taria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009,
do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria
que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde
de prelación de solicitantes.
Artigo 4. Beneficiarias
Para poderen ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar
en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha empresa das incluídas no
ámbito de actuación das presentes bases e deberán contar, en todo caso, co visto e prace
do titular da instalación, por se a concesión da axuda der lugar á modificación do contrato
existente entre ambas as partes.
– As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha
decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
2. Serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguais
ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:
Para o paso de enerxía final a enerxía primaria utilizaranse os factores de paso estable-
cidos na memoria técnica a que se fai referencia no artigo 12.
de enerxía asociadas ás actuacións de aforro para as cales se solicita axuda. Será sub-
vencionable a realización de auditorías enerxéticas que inclúan en detalle a actuación sub-
vencionada, salvo que se trate dunha auditoría obrigatoria conforme a normativa vixente.
1. Levar asociado o aforro enerxético mínimo requirido para cada proxecto segundo o
indicado no artigo 6. O dito aforro debe quedar xustificado na memoria técnica e na ficha
de consumos, a que se fai referencia no artigo 12. Non se considerarán válidos para a
xustificación os resultados de experiencias anteriores, a menos que se presente a docu-
mentación que acredite tales aforros.
4. Para o caso de proxectos que requiran da realización de obra civil, deberán cumprirse
as seguintes condicións específicas durante a execución do proxecto:
a) Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigo-
sos (excluído o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Listaxe europea de
residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados na execución do proxecto será
preparado para a súa reutilización, reciclaxe ou recuperación doutros materiais, incluídas
as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
1º. As axudas deben inducir unha mellora da eficiencia enerxética do edificio, medida
en enerxía primaria, de como mínimo un 20 % en comparación coa situación anterior ao
investimento. A demanda inicial de enerxía primaria e a mellora estimada estableceranse
por referencia a un certificado de eficiencia enerxética, tal como se define no artigo 2, pun-
to 12, da Directiva 2010/31/UE.
No caso destas obras combinadas indicadas nas epígrafes a) a d) anteriores, o custo total
do investimento das distintas instalacións e equipamentos constituirá os custos subvencio-
nables. Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
Sen prexuízo do disposto nos parágrafos a), b) e c), os custos subvencionables pode-
ranse determinar sen a identificación dunha hipótese de contraste. No devandito caso, os
custos subvencionables serán o total dos custos de investimento directamente vinculados
á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética e as intensidades de axuda
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
a) Os gastos de legalización.
3. Os proxectos que non cumpran cos requisitos técnicos mínimos recollidos nos arti-
gos 6 e 7 non serán subvencionables.
2. Para axudas de más de 100.000 €, limítase a axuda conforme o aforro enerxético xus-
tificado, segundo a seguinte táboa. Para estes efectos, da aplicación deste límite no caso
de proxectos da liña PAP, utilizarase a epígrafe específica para esta tipoloxía de proxectos:
Onde:
3. Establécese unha axuda máxima por expediente de 300.000 euros no caso de acoller-
se ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 de minimis e de 1.000.000 euros no caso de acollerse
ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías).
5. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser supe-
rior ao valor do mercado.
4. Para formular a solicitude e que esta sexa válida, ademais de cubrir o correspondente
formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (anexo I da solici-
tude) deberase achegar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:
5. As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inad-
mitidas a trámite.
6. Os fondos solicitados e os validados polo Inega para cada liña poderán visualizarse
en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude,
a aplicación informática descontará a contía da axuda correspondente ao expediente dos
fondos dispoñibles para a liña de axudas de que se trate. Polo tanto, a axuda máxima que
se vai conceder ao expediente estará limitada pola axuda indicada na solicitude inicial.
De se chegar a esgotar os fondos dispoñibles para unha liña de axudas, as seguintes so-
licitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera para esta liña; no momento da pre-
sentación, a aplicación informática informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de
espera. As inadmisións, desistencias, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes
con fondos asignados liberarán fondos, os cales poderán ser reasignados aos expedientes
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
que estean na listaxe de espera segundo a orde de prelación que lles corresponda.
a) Documentación administrativa:
ii. As tres ofertas que debe ter solicitado o solicitante da axuda cando o investimento sen
IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior
a 15.000 €.
Cando o investimento sen IVE da actuación non sexa superior a 15.000 €, o/a
beneficiario/a deberá achegar unha oferta que avale o orzamento do proxecto.
Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, salvo cando a actuación sexa
inferior a 15.000 €, deberá solicitarse como mínimo tres ofertas de diferentes provedores
con carácter previo á contratación e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas pre-
sentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou a
subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e
edificacións.
Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante. Para estes
efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se se dan as circunstancias
previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43.2 do de-
creto que desenvolve a citada lei. Así mesmo, tomarase en consideración a definición de
«empresas asociadas» ou «empresas vinculadas» establecida nos números 2 e 3, respec-
tivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
2º. Deberán incluír, como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente; o nome
ou razón social da empresa solicitante da axuda; a data de expedición e unha descrición
detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan capacidade
para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e
formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia
non habitual, entre outros).
iii) As empresas, xunto coa solicitude, presentarán a documentación prevista nos puntos
i) a ii) deste artigo e, ademais, deberán achegar:
1º. Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da em-
presa, tal como: declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades
económicas. Tamén se aceptarán os documentos en que aparezan as actividades recolli-
das no IAE que se correspondan coas seccións do CNAE 2009.
2º. As empresas, cando non estean obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil
ou calquera outro rexistro público, presentarán copia da documentación acreditativa da
constitución e da representación correspondente (non é necesario no caso de que o solici-
tante sexa unha empresa pública).
que debe estar situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia son os centros
de consumo.
4º. Cando unha empresa de servizos enerxéticos xestione total ou parcialmente instala-
cións consumidoras de enerxía, deberá achegar, ademais:
5º. Declaración responsable de que non se trata dunha empresa en crise e de que non
está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión.
7º. Para acreditar condición de pequena ou mediana empresa ou grande empresa, de-
beranse achegar, ademais:
a. As contas anuais da empresa solicitante, así como das empresas asociadas ou vin-
culadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante que foron
depositadas no rexistro correspondente.
b) Documentación técnica:
sumo enerxético de todas as facturas (electricidade, gas, fuel óleo, gasóleo…) do período
anual tomado como referencia (2023 ou últimos doce meses), así como os datos enerxé-
ticos do proxecto. Non será preciso a presentación desta ficha no caso de proxectos de
iluminación. No caso de proxectos de mellora dun edificio, poderá tomarse como referencia
de consumo inicial o certificado de cualificación enerxética.
iv. Plano de situación das instalacións no establecemento coa distribución dos equipa-
mentos.
viii. Ademais, nas instalacións de iluminación que estean incluídas total ou parcialmente
no ámbito de aplicación do documento HE3 do Código técnico da edificación, achegarse
xustificación asinada por un técnico competente de que cumpre coas exixencias estableci-
das nel. Nos casos en que a instalación non estea incluída total ou parcialmente no ámbito
de aplicación do HE3, xuntarase escrito xustificativo dos motivos.
ix. Ademais, nos casos en que proceda, tamén se debe achegara «Memoria técnica
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no proce-
demento a oposición expresa da persoa interesada.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica
supere os tamaños máximos establecidos (10 MB) ou teña un formato non admitido, per-
mitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma
indicada no número anterior.
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
1. A solicitude de axuda con reserva de fondos será avaliada polos servizos do órgano
instrutor do Inega en función dos datos relativos ao solicitante e ao proxecto declarados na
solicitude de axuda e na documentación complementaria presentada.
De ser o caso, tamén poderán ser avaliadas as solicitudes de axudas que figuren nos
postos de máis prelación da listaxe de espera, sen que tal avaliación supoña garantía de
que os expedientes se cheguen a subvencionar ata que, eventualmente, se dite resolución
expresa de concesión de axuda.
3. Logo do informe dos servizos técnico e xurídico, se existe algún elemento de contro-
versia, un Comité de Avaliación, formado pola persoa titular do Departamento de Enerxía,
5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, rea-
lizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común.
1. Recurso de alzada no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da notificación da re-
solución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en
que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio adminis-
trativo, ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, se-
gundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas.
No caso de que o/a beneficiario/a dunha subvención desexe renunciar á axuda conce-
dida para a súa solicitude, deberá enviar un escrito, por medios electrónicos a través da
aplicación informática, en que comunicará este feito co fin de arquivar o expediente.
Son obrigas das persoas beneficiarias, sen prexuízo das demais obrigas que figuran no
artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
2. Xustificar ante o Inega o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a reali-
zación da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou gozo
da subvención.
Nos contratos de servizos enerxéticos que teñan unha duración inferior a cinco (5) anos
terase que achegar un documento asinado polo/a propietario/a da instalación en que asu-
me o compromiso de manter o investimento ata que se cumpra este período.
a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes
sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co
nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión
Europea.
c) Exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño míni-
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
12. A aceptación da axuda cofinanciada con fondos Feder implica a aceptación da in-
clusión das entidades beneficiarias na lista de operacións que se publicará no portal da
Dirección General de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Función Pública co
contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
14. O beneficiario estará obrigado a facilitar os datos do titular real dos perceptores de
financiamento da Unión, no caso de que, tras ser requirida a dita información ás autorida-
des competentes, non poida dispor dela.
2. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se apro-
ba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo com-
petente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables
nas xustificacións presentadas polos beneficiarios, porao no seu coñecemento e concede-
ralle un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán
notificados tal e como se establece no artigo 21 destas bases reguladoras.
3. No suposto de que transcorra o prazo establecido para a xustificación sen terse pre-
sentado ningunha documentación, requirirase igualmente ao beneficiario para que no pra-
zo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente.
A presentación da xustificación no prazo adicional de dez (10) días non eximirá das
sancións que, conforme a lei correspondan.
3. Documentación xustificativa que se ten que presentar xunto coa solicitude de paga-
mento:
2º. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de paga-
mento, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil xunto coa documentación
bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamen-
to do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na
conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.
No caso de que non quede acreditado o concepto do gasto, deberá achegar, ademais,
xustificante de recepción asinado e selado polo provedor en que se especifique o número
de factura pagada, número e a data do cheque e o NIF e nome da persoa receptora do
cobramento.
A data dos xustificantes de gasto e a do pagamento debe ser posterior á data de so-
licitude de axuda e o límite para a súa validez e admisión será o último día do prazo de
xustificación previsto no artigo 27.
En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das acti-
vidades subvencionadas nos supostos recollidos nas alíneas a), b) e c) do artigo 27.7 da
Lei9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso da Administración local, a certificación ten que estar expedida pola intervención
ou o órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade
e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida. Farase constar, como mínimo:
c) Declaración expresa por parte do beneficiario de que o proxecto foi executado confor-
me o indicado na solicitude e na documentación inicial ou indicando os cambios aconteci-
dos, que o proxecto se axusta á normativa vixente e que se obtiveron todos os permisos e
autorizacións necesarios para a súa execución. Na páxina web do Inega (www.inega.gal)
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
h) Sempre que sexa obrigatorio, o beneficiario da axuda deberá contar coa autorización
emitida pola consellería competente en materia de industria para a posta en servizo da
instalación. No caso de que aínda non se obtivese a autorización, si deberá acreditar docu-
mentalmente a súa solicitude.
n) Para o caso de proxectos que requiran da realización de obra civil, deberán achegarse:
2º. Certificado da empresa contratista conforme para a execución da obra non se uti-
lizou amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da listaxe de subs-
tancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2066.
A presentación da garantía terá validez ata que o Inega autorice a súa cancelación,
unha vez que o beneficiario da axuda acredite a realización e o pagamento dos investimen-
tos e o cumprimento dos obxectivos e condicións estipulados na resolución de concesión
da axuda.
d) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comuni-
dade Autónoma.
2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de
fraude ou irregularidade, en relación con proxectos ou operacións financiados total ou par-
cialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente con-
vocatoria, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación
Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a
través da canle habilitada para o efecto neste enderezo:
https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx
2. Para todo o non previsto no punto anterior, será aplicable o disposto no artigo 30 da
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 57 e seguintes do seu
regulamento.
Xusta e Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financei-
ras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, Fondo de Se-
guridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de
visados (DOUE L231, do 30 de xuño).
ANEXO I
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
□ □
ANEXO I
(continuación)
□ □
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
ANEXO I
(continuación)
(1)
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
ANEXO I
(continuación)
□
□
□
□
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
ANEXO I
(continuación)
□
□
□
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
ANEXO I
(continuación)
□
□
□
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
ANEXO II
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
□
□
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71
ANEXO III
(continuación)
□
□
□
□
□
CVE-DOG: pwpahsc0-f4a0-u7k6-scp3-1ghlurog7w71