Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx.

41771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia


e Dinamización Demográfica, pola que se publica o requirimento de emenda
de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de
abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento
de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os
anos 2024, 2025, 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de
procedemento BS403C).

O 14 de maio de 2024 publícase no Diario Oficial de Galicia número 93 a Orde do 26


de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de conce-
sión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e
2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

A Consellería de Política Social e Igualdade convocou para os anos 2024, 2025, 2026 e
2027, a través da Orde do 26 de abril de 2024, as axudas para a posta en marcha de casas
niño (Diario Oficial de Galicia número 93, do 14 de maio de 2024).

O artigo 10 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das


solicitudes. No seu número 2 establécese que o prazo para a presentación das solicitudes
será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Ofi-
cial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 11 determínase a documentación complementaria que deberá


CVE-DOG: rb0j9bo7-xdu8-qnx6-b051-7gfaqh4l81d0

achegarse no momento de presentación da solicitude co anexo I, ou ben no prazo previsto


no artigo 4.2, xunto co anexo IV relativo á presentación da documentación non achegada
coa solicitude.

Unha vez revisadas polo órgano encargado da instrución do procedemento as solicitu-


des presentadas ao abeiro da convocatoria, identificáronse aquelas que non contan coa
documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por
non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa
posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 10.3 da citada Orde do 26 de abril de 2024 e de conformi-


dade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento adminis-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 134 Xoves, 11 de xullo de 2024 Páx. 41772

trativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos
exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas
interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os
documentos preceptivos, coa indicación expresa de que, si así non o fixeren, se terán por
desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución nos termos previstos no ar-
tigo 21 da dita lei.

Así mesmo, tal e como se establece no artigo 18 da convocatoria, publicaranse no Dia-


rio Oficial de Galicia, de conformidade o establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como
a correspondente resolución. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento di-


tado polo órgano responsable da tramitación, o día 3 de xullo de 2024, de emenda das so-
licitudes presentadas no procedemento BS403C de concesión de axudas para a posta en
marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, que non están debidamente
cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido
nas bases reguladoras. Este acto coa relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes relacionadas no


anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados
a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia,
CVE-DOG: rb0j9bo7-xdu8-qnx6-b051-7gfaqh4l81d0

emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non facelo, teranse por


desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no
artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información


durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servi-
zo de Conciliación Familiar a través da conta de correo: demografiaeconciliacion@xunta.gal

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

Jacobo Rey Sastre


Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


CVE-DOG: rb0j9bo7-xdu8-qnx6-b051-7gfaqh4l81d0

ANEXO

DOG Núm. 134


Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento: BS 403C concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027.
Acto administrativo e data: requirimento de emenda de solicitudes do 3 de xullo de 2024.
Órgano competente: órgano instrutor.
Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publi-
ISSN1130-9229

cación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non facelo, teranse
por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Xoves, 11 de xullo de 2024


Relación de expedientes:
Depósito legal C.494-1998

Nº de expediente Solicitante NIF Documentación requirida

Nome do proxecto, que non será coincidente co nome dos proxectos xa en


BS403C/2024-1 Sonia Calvin López ***8395** funcionamento.
Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

BS403C/2024-2 Alba Prieto Rolan ***2928** Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

Nome do proxecto, que non será coincidente co nome dos proxectos xa en


funcionamento.
Completar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número
https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade,


apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto
Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.
Completar a proposta pedagóxica básica orixinal asinada pola persoa que desenvolverá
o proxecto, que en todo caso aborde a organización do período de adaptación e a
adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e
BS403C/2024-4 Ana Rodríguez González ***3736**
a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación
xeral dunha xornada.
Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do
proxecto, que comprenderá as características e composición de todos os elementos

Páx. 41773
recollidos no artigo 4.1.c).
Plan de actuación orixinal cos nenos e coas nenas ante unha emerxencia durante
o desenvolvemento do proxecto, elaborado pola persoa solicitante, que aborde as
diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.
Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.
CVE-DOG: rb0j9bo7-xdu8-qnx6-b051-7gfaqh4l81d0

Nº de expediente Solicitante NIF Documentación requirida

DOG Núm. 134


Documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia
recollidas no artigo 4.1.a) 4º e 5º.
Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá,
logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos
BS403C/2024-5 Noemi Sánchez Casado ***9545**
supostos de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao
cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a
vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico
da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.
Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá,
ISSN1130-9229

logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos


supostos de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao
BS403C/2024-6 Miriam Díaz Díaz ***5716** cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a
vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico
da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.
Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

Xoves, 11 de xullo de 2024


Documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia
Depósito legal C.494-1998

BS403C/2024-7 María del Carmen Pérez Sande ***4999** recollidas no artigo 4.1.a) 4º e 5º.
Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.
Completar a proposta pedagóxica básica, incluíndo un exemplo de xornada adaptada ao
grupo de idade de 0-1 e 1-2 anos.
Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá,
logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Nos
BS403C/2024-8 María Barrio Díaz ***7830** supostos de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao
cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a
vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico
da edificación (CTE) que lle sexan de aplicación.
Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.
https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Nome do proxecto, que non será coincidente co nome dos proxectos xa en


funcionamento.
Documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia
BS403C/2024-9 Nerea Santín Fernández ***4061** recollidas no artigo 4.1.a) 4º e 5º.
Completar a proposta pedagóxica básica, incluíndo un exemplo de xornada adaptada aos
nenos e nenas dunha casa niño.
Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V.

Páx. 41774

You might also like