Download as ppt, pdf, or txt
Download as ppt, pdf, or txt
You are on page 1of 46

O ESTADO

LECTURAS
 DIZ,I.& LOIS, M.& NOVO,A. (2012) Ciencia política
contemporánea, ed.UOC, Barcelona (capítuloII)

 COLOMER, J. M. (1999). “Las instituciones del


federalismo”, Revista Española de Ciencia Política,
1, 1. 41-54

 VALLESPÍN, F. (2003)“Globalización y política: la


crisis del Estado” en A. Arteta/ E. García Guitián/ R.
Máiz, Teoría política: poder, moral, democracia, ed.
Alianza, pp.402-423
 O Estado comezou a debuxarse fai
aproximadamente cincocentos anos no contexto da
Europa occidental e o seu éxito estendeuse
progresivamente ao resto do mundo converténdose
na unidade política básica obxecto fundamental de
estudo da Ciencia Política

 No seu conxunto ofrecen realidades moi diversas


 Os Estados varían de maneira moi significativa ao
longo do tempo
 O factor tamaño importa

 Vinculado a outras nocións como pobo, nación,


comunidade, sistema político, Estado-nación
que en moitas ocasións se solapan ou
sinxelamente empréganse como sinónimos
 A globalización está a introducir importantes
cambios respecto á forma en que pensamos o
Estado
 O fenómeno globalizador implica
desterritorialización
 No presente, as dimensións relativas á soberanía
e as funcións do Estado necesitan ser valoradas á
luz dos cambios producidos pola globalización

 Moitas actividades e interaccións sociais xa non


teñen lugar en espazos coincidentes cos límites
establecidos pola organización do Estado
 Definición de Estado

 No terreo da Ciencia Política e da Teoría do Estado


non resulta sinxelo atopar definicións precisas
 O interese pode dirixirse tanto cara aos principios
institucionais, normativos, como ás funcións, ás
estruturas
 A radical innovación da noción de Estado moderno
é que supón un ámbito diferenciado da
política con circuitos propios de decisión
 Tende á máxima institucionalización da
relación política
 É incompatible coa idea dun poder político
disperso ou fragmentado depositado noutras
instancias como ocorría na etapa feudal
 Xa non conta a tradición, nin as características
persoais do que manda, senón as leis, a
despersonalización e profesionalización do
poder

 Xorde como institución moderna, e por tanto con


grandes diferenzas respecto dos modelos anteriores

Constitúe unha organización que monopoliza o


poder político, exclúe calquera fonte de poder
dentro do seu territorio, a súa forza reside na
autonomía
 Caracterízase por ter un territorio fixo e unhas
fronteiras formais baixo as cales se afirma a súa
soberanía
 Organización complexa do poder político na cal
se leva a cabo un proceso gradual de
expropiación dos medios de dominación política,
isto é, de produción legal, administración de
xustiza, recadación fiscal, recursos militares
e relación diplomática
 O Estado sepárase da sociedade civil no seu
conxunto, representa e xustifica como tal unha
realidade de actividades exclusivamente
políticas : lexislación, xurisdición, policía, acción
militar, políticas públicas- complementarias

 Son actividades diferenciadas das sociais que o


Estado non promove nin controla expresamente
Atributos do Estado

Monopolio da violencia
Soberanía
Lexitimidade
Territorialidade
 Monopolio da violencia

 O Estado posúe o monopolio exclusivo da coacción


 1- Produción de dereito na cal se atopan contidas
todas as normas obrigatorias

 2- A administración da violencia a través dos


exércitos, a policía, as institucións penais, as sancións
físicas, económicas, etc.

 Dentro do seu territorio o Estado organiza o


monopolio da violencia co fin de prover os bens
públicos básicos de defensa e seguridade, o cal
implica elementos de vixilancia, sanción ou
protección
 Cando o Estado non posúe o control desa coacción
dentro do territorio outros centros alternativos de
poder poden actuar con impunidade

O Estado non admite competencia con outros


centros de poder como ocorría coas antigas formas
políticas dos imperios ou as poliarquías feudais
 Os Estados obtiveron este monopolio grazas á
prohibición dos exércitos privados e mesmo,
dependendo dos países, do uso público da
autodefensa -incluída a posesión de armas- por
parte dos individuos de forma privada. Esta
situación permitiu que o Estado puidese empregar a
violencia e as forzas de seguridade para protexer
aos civís desarmados
 Soberanía
 Capacidade exclusiva de goberno, capacidade
exclusiva na toma de decisións vinculantes no marco
dun territorio

 Un Estado é soberano na medida en que é capaz


de exercer a autoridade gobernamental impoñendo
as súas propias leis sobre a comunidade sen que
outros Estados ou actores externos impoñan as súas
Implica tanto o monopolio interno do poder
como de non inxerencia nos asuntos doutros
Estados
A maioría dos países do mundo actual asumen este
principio de soberanía como base fundamental do
dereito internacional e que se remonta aos Estados
modernos da Europa dos séculos XVII e XVIII
 Na súa vertente interna o Estado é soberano
porque posúe o monopolio do dereito e a
violencia e ha de imporse no seu territorio sobre
calquera outra fonte de autoridade civil,
eclesiástica, económica ou doutra natureza
 A forma en que un Estado organiza e exerce a
súa dominación no interior é un asunto que
corresponde a decisións de política interna
 A soberanía equipara a todos os Estados nas súas
relacións recíprocas e no control das súas
fronteiras e territorios
 En aras da convivencia pacífica entre Estados é
condición suficiente que estes recoñezan
mutuamente a soberanía forma sobre cada
territorio e, desta maneira, trátense como iguais.
O concepto de soberanía - do mesmo xeito que o
termo nación- constitúe un dos termos máis
controvertidos e que maior grao de confusión xerou
 Existencia de factores nacionais e internacionais
que afectan en maior medida a determinados
países. Así por exemplo, a Unión Europea (UE)
constitúe un bo exemplo de como se foi
transformando a concepción da soberanía no marco
dun contexto máis globalizado e interdependiente
 O ingreso na UE significou para os Estados
membros unha restrición da súa dimensión exterior,
por exemplo, en canto á renuncia á capacidade
estatal de regular algunhas actividades económicas
e comerciais, e en moitos casos, tamén en canto á
supresión da moeda estatal a favor do euro como
moeda única.
 Nos últimos anos o papel xogado polo dereito á
inxerencia humanitaria en determinados países
modificou os propios límites da soberanía en canto
xustificación dun actor exterior no territorio dunha
entidade estatal co obxectivo de salvagardar
dereitos fundamentais e condicións de vida
ameazadas pola imposibilidade do propio Estado
 A pregunta de difícil resposta: ¿ a quen corresponde
avaliar a necesidade ou non dunha inxerencia
humanitaria, ás entidades interestatais ou ao propio
Estado?
 No que concierne ao aseguramiento da paz, a
imposición dos dereitos humanos así como a loita
contra o crime internacional organizado ou as
limpezas étnicas, ponse entre paréntese o principio
de non inxerencia no espazo territorial dos demais
Estados.
 Lexitimidade
 Elemento fundamental do Estado, non só para os
sistemas democráticos senón mesmo sistemas de
carácter autoritario reclamaron sempre algunha sorte de
lexitimidade para as súas accións

 Dobre sentido, dende o punto de vista dos gobernantes


significa dereito a mandar e exercer a autoridade e en
consecuencia, a obrigación por parte dos gobernados a
obedecer
 Dende a perspectiva dos gobernados, a lexitimidade
significa fundamentalmente unha crenza, relacionada
cos valores da equidade, a xustiza ou a bondade das
accións e leis que emanan da autoridade gobernante
 Eses valores permiten distinguir entre o legal e o
lexítimo
 A lexitimidade é unha noción máis ampla que relaciona
o exercicio do poder estatal co mundo das ideas e dos
valores. A legalidade remite á adecuación dunha
decisión ou dunha proposta á lei vixente, a lexitimidade
expresa o axuste desta mesma decisión a un marco de
valores que se sitúan máis aló da propia lei escrita
 A lexitimidade democrática descansa de
maneira especial na crenza na superioridade
deste sistema político fronte a outros e no
cumprimento das regras que definen a
democracia
 Elementos varios como a socialización
política mediante a familia e a educación , os
medios de comunicación, a tradición, o
carisma persoal dos líderes, a eficacia e a
efectividade, a identificación co Estado ou a
nación, etc. (Linz) propios da lexitimidade
dos estados democráticos
Eses valores permiten distinguir entre o
legal e o lexítimo
 A lexitimidade é unha noción máis ampla
que relaciona o exercicio do poder estatal co
mundo das ideas e dos valores. A legalidade
remite á adecuación dunha decisión ou
dunha proposta á lei vixente, a lexitimidade
expresa o axuste desta mesma decisión a un
marco de valores que se sitúan máis aló da
propia lei escrita
 Territorialidade
 A dominación territorial delimítase sobre un
espazo concreto onde as fronteiras existen, non
só como consecuencia da marcaxe necesaria
fronte a posibles pretensións de dominación
por parte doutros Estados, senón tamén como
consecuencia das limitacións fácticas para
poder facer efectivo o exercicio do poder

 Mediante a fixación de fronteiras delimítase o


territorio e regúlase a asignación estatal de
competencias e por tanto, acóutase o ámbito
de poder do Estado. As fronteiras serven tamén
para controlar os movementos migratorios de
persoas que entran e saen dun territorio
 As restricións de entrada mediante fronteiras
estatais, para persoas que solicitan asilo ou
emigran procedentes doutros territorios, non
son unha realidade só en países con sistemas
autoritarios senón tamén son propias de
numerosos Estados democráticos
 Á vez que se eliminan importantes restricións
respecto da libre circulación de mercadorías,
os Estados economicamente máis
favorecidos levantan fronteiras cada vez
máis infranqueables contra os crecentes
movementos migratorios procedentes dos
países menos favorecidos
 O territorio serve para identificar o espazo
onde o Estado debe ser capaz de protexer e
defender á poboación facendo uso exclusivo,
se é necesario, da violencia. En efecto, o
territorio non é simplemente o lugar das
actividades do Estado senón que simboliza
tamén a parte física da identidade estatal, o
sentido da súa existencia e a súa
continuidade histórica
 Un Estado asentado nun territorio implica
necesariamente falar das persoas que o
habitan, identificar un pobo ou unha nación
 Un pobo ou nación: elementos
compartidos ,unha lingua, unha relixión,
unha historia común, unha cultura

 Estado adoita empregarse de maneira
indistinta como sinónimo de nación, con
todo, constitúen conceptos diferentes. O
Estado remite fundamentalmente ao marco
de institucións político-administrativas dun
país, mentres que a nación está relacionada
co sentido de pertenza, cunha identidade
diferenciada que reclama para si un territorio
 A identidade nacional devén a conciencia de
pertenza a unha comunidade que descansa,
ben en características étnicas e culturais,
ben no recoñecemento de dereitos e
obrigacións comúns
 Desde a Revolución Francesa destaca unha
tradición de pensamento occidental que
desenvolveu o concepto de Estado-nación ou
Estado nacional caracterizado pola
congruencia entre os límites territoriais e as
identidades ou identidade dun pobo que vive
nese territorio
 A distinción entre Estado e nación descansa no
feito de que un Estado non sempre coincide
coas fronteiras dunha única nación. O mundo
de hoxe está formado por Estados
plurinacionais e por nacións sen os seus propios
Estados , son poucos os países que expresan
unha correspondencia clara entre Estado e
nación
 A organización territorial do Estado
 O desenvolvemento do Estado-nación: o modelo
centralizado
 Revolución Francesa ( monopolización e
“centralización” do poder político)
Soberanía nacional e igualdade de dereitos
 Modelo centralizado para territorios máis extensos
 - Administración e institucións comúns
- Ordenamento xurídico homoxéneo, suprimíndose os
sistemas intermedios entre corporacións e gobernantes
 En Europa triunfou, coa excepción de Suiza, o modelo
de organización unitario, en América seguiuse o
modelo federal dos Estados Unidos xurdido da
Constitución de 1787
Os modelos principais de organización territorial do
Estado que se manexan hoxe en día continúan sendo o
Estado Unitario e o Estado Federal
 Estado Unitario
É aquel Estado onde o poder político reside nun
único centro, desde o cal se conecta e proxéctase
a todo o territorio do Estado
 Este centro adopta todas as decisións políticas
posúe o monopolio da creación de normas
xurídicas, aplicables en todo o territorio e a todos
os cidadáns.

 Para que o seu poder sexa máis efectivo ten


cabida a delegación de competencias e
distribución de recursos entre institucións que se
ocupan de gobernar as institucións subestatales:
municipios , comarcas, condados, provincias,
departamentos, rexións

 Aíndaque nalgúns casos estas
competencias poden ser considerables o
importante é que estas poden ser
revocadas polo centro mediante decisión
unilateral

 Os recursos que controlan como os materiais,


financeiros ou persoais dependen tamén da
vontade do centro político que o cede ou
transfire ao seu arbitrio

 Unha clara xerarquía vertical entre as


institucións centrais, con competencia sobre a
totalidade do territorio estatal, e as
institucións territoriais
 Os Estados unitarios contan sempre con entidades
políticas locais que constitúen o que se denomina o
goberno local ou administración local encargado de
desenvolver as funcións políticas que a lei estatal ten
atribuídas.. O grao de competencias varía duns países
a outros aínda que as súas funcións estean sempre
tuteladas polo Estado

Hoxe en día, a aparición de realidades sociais máis
complexas (en educación, sanidade, ordenación
territorial, promoción económica, servizos sociais)
levou a moitos estados unitarios a moderar o
centralismo e buscar fórmulas de cooperación
interterritorial e de descentralización para
satisfacer unha mellor demanda da cidadanía
 Novos equilibrios centro-periferia (ex. Francia, estado
unitario descentralizado)

Estados compostos: federación e autonomía
Unitarios e centralizados
Bahamas Jamaica Francia
Barbados Luxemburgo Trinidad
Botswana Malta Italia
Colombia Mauricio
Costa Rica Nueva Zelanda
Grecia Portugal
Islandia Reino Unido (antes de 1999)
Irlanda
Unitarios e descentralizados
Dinamarca Noruega
Finlandia Suecia
Japón

Semifederais
Israel Papúa-Nueva Guinea Bélgica (antes de 1993)
Países Bajos España Reino Unido* (a partir de 1999)

Federais e descentralizados
Australia Suiza Bélgica (a partir de 1993)
Canadá Estados Unidos
Federais e centralizados
Venezuela Austria
India
Fonte: elaboración propia a partir de Lijphart, 2000
 Estado Federal
A Constitución americana de 1787: o modelo federal

A Constitución Américana é a fonte de inspiración de
todos os modelos federais posteriores
 É un estado onde o poder político repártese
orixinariamente entre institucións que controlan
ámbitos territoriais diferentes, compártese o poder
entre niveis de goberno, non se delega, non hai
un centro único que poida imporse aos demais actores
institucionais en todos os campos de intervención
 Fronte ao principio de xerarquía vertical predomina
o principio de coordinación horizontal entre
institucións

Exemplos: Brasil, India, EEUU, Alemaña, Suiza,
Bélxica, Canadá, Austria, México, Rusia, Sudáfrica,
Nixeria, Venezuela, Australia
 Non existe un único modelo de estado federal
 No Estado federal se superponen dúas estruturas: a
da Federación e a dos Estados membros,
interrelacionados entre si
Tomando como referencia o federalismo de EEUU e Suiza
vexamos as características xerais da Federación serían:

1- á Federación dispón dunha distribución
constitucional de competencias como a moeda,
defensa, política exterior e outras materias de
interese común e deixa para os Estados federados todas
as demais. As competencias da Federación suponse son
poucas e ben establecidas

 2- Unha das competencias máis relevantes ten que ver


coa capacidade tributaria, subliñando como se
distribúe entre a Federación e os Estados no seu dereito
a impor tributos e rendemento dos mesmos
 3- A existencia dun Parlamento, un goberno federal,
un Tribunal superior, etc. en cuxa composición
interveñen os estados federados. O lexislativo
está composto por dous cámaras, unha das
cales representa ao pobo no seu conxunto e a
outra ás unidades constitutivas da Federación.
Na Cámara federal hai unha sobrerrepresentación
das unidades constitutivas máis pequenas
 4- A existencia dunha Constitución federal que
coexiste coas Constitucións dos Estados
membros. Esta non pode cambiarse (agás Austria)
sen consentimento das unidades constitutivas. A
Constitución federal fixa os dereitos e deberes dos
Estados membros, impondo certos límites ás súas
constitucións e , á vez, garantindo a súa
participación na vontade federal
 5- A existencia dun Tribunal Central ou Federal
con competencias para decidir sobre os conflitos
que enfronten á Federación cos Estados ou aos
Estados entre si

 6- A Federación aparece como suxeito soberano


no ámbito internacional, e configura unha
unidade territorial e de nacionalidade

 É a forma máis importante de división de poder:


divide o poder entre niveis enteiros de
goberno

 Vantaxes do federalismo: promover autonomía


para grupos minoritarios en sociedades plurais e
permitir a experimentación institucional
 Nos estados federais as institucións encargadas
das actividades de goberno toman decisións
finais
 Enténdese como unha distribución do poder
entre unha multiplicidad de centros , e non
como a devolución do poder desde un único poder
ou cara abaixo da pirámide

O federalismo tende a usarse en dous tipos de países
: os países relativamente grandes e en sociedades
plurais. Nas sociedades plurais, o federalismo
desempeña a función de dar autonomía ás minorías
étnicas

 Pódese establecer unha distinción entre federalismo


congruente e incongruente (simétrico ou asimétrico)
 1- Doble nievel de gobierno con poder
executivo, lexislativo e xudicial
independentes
 2- Garantía de participación das unidades
federais na Federación (ex. Senados)
 3- Existencia dun árbitro institucional
(Tribunal supremo ou constitucional)
 4- Reforma constitucional sempre mediante
consentimento da maioría das partes
 5- Procedementos de coordinación e
cooperación entre nivel federal e as
entidades federadas (competencias
compartidas)
O federalismo congruente/ simétrico
está composto por unidades territoriais
cunhas caraterísticas sociais e culturais
similares en cada unha das unidades e na
federación como conxunto
É un sistema federal perfectamente
congruente, as unidades constitúen reflexos
en miniatura dos aspectos importantes do
sistema federal no seu conxunto
As relacións entre as unidades federais e a
federación son similares em todos os casos
(EX. EEUU, Australia)
O federalismo incongruente/asimétrico
está composto por unidades cunhas
características sociais e culturais que
difiren entre si e do país no seu conxunto
 Outra maneira de expresar esta diferenza
é comparando as fronteiras políticas
entre as unidades compoñentes da
federación e as fronteiras sociais
entre grupos como as minorías étnicas
 Nas federacións incongruentes estas
fronteiras tenden a coincidir
 A heteroxeneidade da federación no seu
conxunto transfórmase nun alto grao de
homoxeneidade ao nivel das unidades
estatais
 A constitución federal establece relacións
diferentes para algunhas desas unidades
reflexada en diversos niveis competenciais,
en aspectos de entramado institucional, na
política fiscal, etc.
 Bélxica constitúe un exemplo de federación
asimétrica (1993)
 Un grao elevado de asimetría non significa
necesariamente mais autogoberno por parte
das unidades federadas (Malasia) e ao
contrario, a simetría pode ser compatible con
entidades subestais con gran capacidade de
decisióne autogoberno (EEUU)
 O CASO ESPAÑOL
 Estado das Autonomías ¿Estado federal?

 O Estado das autonomías xurdido da Constitución


de 1978 supón unha configuración atípica e un
tanto ecléctica dentro da política comparada
 cumpre as seguintes características básicas

 -Dous niveis de goberno constitucionalmente


establecidos, cada un deles elixido directamente
polos e os cidadáns
 -Unha distribución constitucional de
competencias lexislativas, executivas e de
fontes de ingresos
 -Unha representación das visións das unidades
constitutivas nas institucións centrais
 - Unha Constitución suprema que non se
pode reformar unilateralmente

 -Un tribunal para a resolución de disputas entre


niveis de goberno :o Tribunal Constitucional-

 -Institucións para a colaboración


intergubernamental como as conferencias
sectoriais.
 Algunhas características que impiden
cosideralo estrictamente federal:

 As unidades constituintes (CCAA) non son


propiamente unidades. No art.2 da constitución
fálase da “indisoluble unidade da Nación española
e o pobo español como ”suxeito da soberanía”.
Algunhas comunidades non existían con
anterioridade ao proceso político que plasma a
constitución
 -A Constitución non inclúe a definición de España
como federal (de iure)
 -As Comunidades Autónomas non participan da
reforma da Constitución
 - División de poderes. A división de poderes lexislativos é
bastante incerta. As leis de bases garantes que o poder central
manteña certa hexemonía
 Poder xudicial. En contraste co poder lexislativo e executivo, o
estado das autonomías non ten incidencia practicamente na
estrutura do poder xudicial. Segue parámetros dun estado
unitario centralizado
 Senado. Non pode ser considerado unha cámara de
representación territorial. A maioría dos senadores-as son
escollidos polas “provincias”, divisións administrativas que datan
do sec. XIX. As CCAA non desempeñan ningún papel central en
el poder legislativo de la “federación”

 Non hai suficientes mecanismos de cogoberno para que as


Autonomías participen nas institucións centrais (shared-rule).
 -O Senado constitúe unha cámara de representación territorial
imperfecta
 funcionalmente federal (Peces-Barba), cuase-federal (Máiz ), un federalismo
imperfecto (Moreno,; Agranoff e Ramos), un federalismo non institucional
(Colomer, 1998), ou unha federación disfrazada (federation in disguise) (Moreno)
 Unión Europea
 As CCAA non son consideradas como actores
políticos en relación coas institucións da UE, en
contrastes coas federacións europeas
(Alemania, Bélxica)
 Reforma constituciónal As CCAA non
participan no proceso de reforma. Este proceso
mantense en mans do parlamento central e do
conxunto dos cidadáns do Estado a través de
referendum

 Un modelo intermedio que non pode ser


incluído en ningún dos tipos ideais e que
convidaa tratar o eixo unitario federal como un
continuum e non como unha variable
dicotómica
 A Constitución Española constitúe un dos
elementos que contribuíu á difícil
clasificación do caso español con respecto a
este eixo
 O modelo de Estado no respectivo á
distribución territorial do poder quedou
esencialmente “desconstitucionalizado” ante
a falta de acordo optouse por unha
constitución “de ambigüidades calculadas”
(Romeu, 2002
 A descentralización política e a creación do
nivel autonómico concibíase máis como a
apertura dun proceso aberto,
indeterminado, voluntario etc.- que como a
concreción dun modelo
O caso español correspóndese co que Linz
denomina un federalismo holding together,
aquel que serve para manter unidos territorios
que mostran tendencias desintegradoras (1998)
 O Estado das Autonomías responde, nos seus
inicios, esencialmente á necesidade de
acomodar a vontade de autogoberno de
Cataluña e o País Vasco e Galicia e non prevía
un modelo territorial pechado e uniforme para
todo o territorio

 As Comunidades Autónomas contan cun alto


grao de autogoberno, manifestado polos seus
poderes lexislativos, executivos e
dministrativos, así como pola súa capacidade de
gasto e ingreso
 O eixo uninacional-plurinacional.
 Incongruencia entre Estado e Nación

 Aínda que gran parte dos estados federais


clásicos caracterízanse polo seu
uninacionalidade, cunha Nación ou
comunidade política que se corresponde con
todo o territorio estatal, outros como Bélxica
ou Canadá mostran a presenza de varias
comunidades políticas con vontade de
autogoberno
 España é amplamente recoñecida como un
Estado plurinacional no cal varios demoi
(pobos) conviven nun mesmo espazo político
 Elementos linguíisticos, sistema de partidos
propio…
A clasificación do estado español como plurinacional
xerou un amplo debate ao redor da existencia dunha
ou varias nacións
 Dita caracterización choca coa propia Constitución
que pon de manifesto a indisoluble unidade da nación
española no seu artigo 2

 Pódense citar os recentemente reformados Estatutos


de Autonomía nos cales se pon de manifesto unha
diverxencia clara ao redor da unidade da nación
española, que é resaltada por uns, como é o caso dos
textos valenciano ou andaluz, e cuestionada por
outros, como ocorre no estatuto catalán
SOBERANÍA
Capacidade exclusiva de gobernar a colectividade
que habita no territorio dun país, sen a interferencia
de forzas externas
A soberanía non é un concepto atemporal e
inalterable, é un concepto socialmente construído,
moldéao e define unha combinación específica de
factores nacionais e internacionais

You might also like