Download as ppt, pdf, or txt
Download as ppt, pdf, or txt
You are on page 1of 52

AS POLIARQUÍAS

• Introducción
• Orientación normativa e empírica
• Democracia e poliarquía en R. Dahl
• Tipoloxías
• Presidencialismo, parlamentarismo e
semipresidencialismo
• Democracia maioritaria e consensual en
Arendt Lijphart
• Bibliografía
• Dahl, R. (1993), La democracia y sus críticos, Barcelona , Paidós.
• Dahl, R. (1999), La democracia. Una guía para los ciudadanos, Madrid,
Taurus.
• Dahl, r. (2008) La igualdad política, FCE.
• Del Águila, Rafael, (1997), “la democracia” en Rafael del Águila (ed.)
Manual de Ciencia política, Madrid, Trotta
• Diz, i. & Lois, M. & Novo, A.(2004) Elementos fundamentales de ciencia
política, Tórculo, Santiago
• Lijphart, A. (1968), “Typologies of democratic systems”, Comparative
Political studies, nº 1
• Lijphart, A. (1987), Las democracias contemporáneas, Barcelona, Ariel
(citado como 1984)
• Lijphart, A. (2000), Modelos de democracia, Barcelona, Ariel
• Linz, J. y A. Valenzuela (comp.) (1997) La crisis del presidencialismo,
Madrid, Alianza Editorial
• Morlino, L. (1988), “Las democracias” en Panebianco, A. (ed.), Manual
de Ciencia política. Madrid, Alianza Editorial, pp. 79-127
• Nohlen, D. y M. Fernández (ed.) (1991) Presidencialismo versus parlamentarismo en
América Latina, Caracas, Nueva sociedad
• Sartori, G. (1987), Partidos y sistemas de partidos: marco para un análisis,
Madrid, Alianza Editorial.
• Sartori, G. (1994), Ingeniería constitucional comparada. Una investigación
de estructuras, incentivos y resultados, México, Fondo de cultura
económica
Presidencialismo, parlamentarismo e
semipresidencialismo

• Distinción das democracias asentada nas relacións entre


executivo e lexislativo Os sistemas de goberno parlamentario e
presidencial posúen tres diferenzas esenciais
• 1- Nun réxime parlamentario o xefe do goberno e o seu
correspondente gabinete son responsables ante o lexislativo no
sentido que dependen da confianza do mesmo e poden ser
destituídos das súas funcións nunha votación de confianza ou
censura do lexislativo
• Nun réxime presidencial, o xefe do goberno, é elixido por un
período de tempo constitucionalmente establecido e, en
circunstancias normais, non se lle pode forzár a dimitir en
virtude dun voto de confianza do lexislativo (aínda que é
posible separar do seu cargo a un presidente por conducta
criminal mediante o proceso de destitución)


• 2- A segunda diferenza entre os sistemas
presidencial e parlamentario é que os-as
xefas-es de goberno no primeiro elíxense
mediante votación popular, ben directamente
ou a través dun colexio electoral , mentres que
os/as xefes-as de goberno nos sistemas
parlamentarios son elixidos polos
lexislativos
• Nos sistemas presidencialistas os votantes
elixen directamente ao presidente-a e no
sistema parlamentario os votantes elixen un
parlamento que despois elixirá ao primeiro
ministro.
• 3- Os sistemas parlamentarios posúen
executivos colectivos ou colexiados mentras
que os sistemas presidenciais posúen
executivos unipersoais, non colexiados
• As decisións máis importantes nos sistemas
parlamentarios deben ser tomadas polo
conxunto do gabinete, non só polo primeiro
ministro. Nos sistemas presidenciais, ao
contrario, as decisións máis importantes pode
tomalas o presidente, con ou sen o consello do
gabinete, ou mesmo en contra deste


• Nos réximes parlamentarios a posición
do primeiro ministro no gabinete pode
variar desde un predominio até unha
igualdade respecto dos outros
ministros/as, pero sempre existe un
alto grao de actuación colexiada na
toma de decisións. Sen embargo, os/as
membros dos gabinetes presidenciais son
meros conselleiros e subordinados do
presidente
• Sartori
• O funcionamento adecuado do parlamentarismo
reside en ter partidos cuxos membros non se
aparten, nas votacións das cámaras, dos
lineamentos do partido
• Nos presidencialismos a indisciplina podería ser
benéfica, no caso parlamentario sempre é sen
dúbida unha desvantaxe
• Os partidos adecuados para o parlamentarismo
son partidos que se manteñen unidos no apoio
ao goberno que designaron. A comprensión do
parlamentarismo supón certo coñecemento de
quen controlan os partidos e do que estes, á
súa vez, controlan
• Sartori establece que o xefe do executivo nos
sistemas parlamentarios pode relacionarse cos
integrantes do mesmo como:

• 1) un primeiro por encima dos seus desiguais


• o xefe do goberno é á vez xefe do partido
• Dificilmente pode ser destituído polo voto do
parlamento e é quen designa e cambia aos
ministros-as do seu gabinete segundo a súa
propia vontade con bastante liberdade. De
maneira que este primeiro, do que sería un bo
exemplo o primeiro ministro británico, goberna
aos seus ministros-as e de feito pode contradicir
as súas ordes
• 2) un primeiro entre desiguais
• o xefe do goberno podería non ser o líder
do partido oficial, aínda que con todo non
se lle podería destituír nun mero voto
parlamentario de confianza: espérase que
permaneza no cargo aínda que os
membros do seu gabinete cambien
• Ex. canciller alemán, pode destituír aos
seus ministros-as pero non cae con eles-
as
• 3) un primeiro entre iguais, é o primeiro
ministro que cae co seu gabinete. Sobre o
gabinete ten pouco control e nel xeralmente
debe incluír ministros-as que lle son impostos

• Estas tres posibilidades son fórmulas para


compartir o poder xa que impiden a
concentración do mesmo nunha soa persoa
característico do presidencialismo e que
exemplifica perfectamente o presidente
estadounidense
• Nos sistemas presidenciais, o goberno é o
gabinete do presidente, un gabinete privado, e a
súa posición constitucional faille preeminente
• O semipresidencialismo
• O presidente é elixido directamente e á vez o primeiro
ministro é elixido polo parlamento e depende da súa
confianza. O funcionamento do sistema semipresi-
dencialista baséase por tanto no poder compartido: o
presidente debe compartir o poder co seu primeiro
ministro; á súa vez, o primeiro ministro debe conseguir
un apoio parlamentario continuo
• Estrutura de autoridade dual, unha configuración
con dúas cabezas. Deste xeito calquera constitución
semipresidencialista deberá establecer dalgunha
maneira un executivo cun presidente elixido polo pobo,
que é o xefe de Estado, e un primeiro ministro elixido
por un parlamento que encabeza o goberno
• O presidencialismo ten o seu mellor
exemplo histórico, tanto en funcionamento como
en duración, nos Estados Unidos
• A gran maioría dos países latinoamericanos
tamén adoptaron esta forma de organización
• Europa non ten sistemas presidenciais puros e a
razón é histórica , non se trata dunha decisión
deliberada
• Cando os Estados europeos empezaron a
practicar o goberno constitucional case todos
eran monarquías e as monarquías xa tiñan un
xefe de estado hereditario
Mentres en Europa non daba cabida aos
presidentes electos, no novo mundo case todos
os países conquistaron a súa independencia
como repúblicas e por tanto deberon elixir aos
seus xefes de Estado, é dicir, aos seus
presidentes
Sistemas presidenciais e os parlamentarios:
solución a necesidades históricas concretas
• Enxeñaría constitucional / Avaliación
comparativa das formas en que funcionan
ambos sistemas para asegurar a
estabilidade
• Juan Linz (Linz, 1987) O presidencialismo
funcionou en xeral mal. Coa única excepción
dos Estados Unidos, todos os demais sistemas
presidenciais foron fráxiles e sucumbiron
regularmente ante golpes de estado
• En América Latina o remedio non é mellorar o
presidencialismo senón eliminalo de todo, e
adoptar no seu lugar unha forma parlamentaria
de goberno
• Ten menor capacidade para soster réximes
democráticos estables
• Limita as expectativas de influir no proceso
político dos que podrían estar en minoría
• Os sistemas presidenciais son ríxidos, mentres
que os parlamentarios son flexibles
• En tempos de crises, debe preferirse a
flexibilidade á rixidez porque a flexibilidade
reduce ao mínimo os riscos
• As crises dos sistemas parlamentarios son
crises de goberno, non de réxime

• Un sistema presidencial aumenta a ameaza nun


proceso de transición á democracia coas
incertidumes sobre quen e de qué forma alguén
debe gobernar
• Algúns autores recoñecen no presidencialismo
un perigo de morte para as novas democracias
sempre que este vaia acompañado de
pluripartidismo (Mainwaring e Shugart, 2002)
• Outros puntos de vista críticos :
• os réximes latinoamericanos matizan as
características negativas que Linz adxudícalles
e suxiren a exploración doutras causas que
expliquen os problemas de gobernabilidade
destes países (Nohlen e Fernández, 1991 e
1992).
Tipoloxía Arendt Lijpjhart
• Recolle a complexidade de relacións institucionais dos
sistemas políticos no seu conxunto
• Multidimensionalidade
• Criterio sobre o que basa da distinción entre o modelo
maioritario e consensual: principio adoptado para a toma
de decisións
• Evolución da tipoloxía
• Typologies of Democratic Systems (1968)
• Democracies (1984)
• Patterns of Democracy (1999)
• Thinking about Democracy (2007)
• Patterns of Democracy (1999)
• 36 países
• 19 países europeos
• Esixencia mínima 19 anos de democracia
• Análise das primeiras eleccións ata 1996
• Modelo bidimensional
• Maioritario
• Consensual
• Maioritario
• Goberno do pobo e para o pobo como goberno
da maioría
• Concentración do poder político
• Excluínte, competitivo e de confrontación
• Consensual
• Goberno do pobo e para o pobo como goberno
da maioría mais ampla
• División e ampliación do poder político
• Inclusión, pacto e compromiso
• Dimensións do modelo
• Empírica
• Prescriptiva (¿É importante o tipo de
democracia?)
• 10 diferencias institucionais
• 10 variables que proporcionan contrastes
dicotómicos entre os modelos
• 2 dimensións separadas:
• Executivos-partidos
• Federal-unitaria
• Non soe haber modelos puros. En Europa hai
casos puros, semipuros e mixtos
DEMOCRACIAMAIORITARIA DEMOCRACIA CONSENSUAL

I.Dimensión executivos-partidos

1. Gobernos maioritarios e monocolores 1.Gobernos de coalición


2. Predominio do Gabinete 2. Equilibrio poderes
3. Sistema bipartidista 3. Sistema multipartidista
4. Sistema electoral maioritario 4. Sistema electoral proporcional
5. Pluralismo de grupos de interese 5. Corporatismo

II. Dimensión federal-unitaria

6. Goberno unitario e centralizado 6. Goberno federal


7. Unicameralismo 7. Bicameralismo Simétrico
8. Flexibilidade constitucional 8. Rixidez constitucional
9. Ausencia de revisión xudicial 9. Revisión xudicial
10. Banco non independente 10.Banco central independente
Dimensión Executivos- Partidos
1- Gobernos maioritarios e
monocolores / Gobernos de coalición
• Refírese á amplitude da participación dos
representantes do pobo na rama executiva do
goberno
• poder concentrado en gabinetes maioritarios
fronte a un executivo formado por amplas
coalicións partidistas
• Esta diferenza resume o contraste entre o
principio maioritario de concentrar o poder en
mans da maioría e o principio consensual de
ampliar ao máximo a división do poder
• Indicadores empíricos para medir esta
variable
• 1- Se o goberno é de partido único ou de
coalición
• 2- O tipo de base de apoio parlamentario
de que disfruta o goberno
• Atendendo a teoría das coalicións
distínguense 3 alternativas:
• Gabinetes ganadores mínimos
• Gabinetes sobredimensionados
• Gabinetes de minoría
• Gabinetes ganadores mínimos
• Típicos dos gobernos maioritarios. Controlan a maioría
dos escanos, pero os mínimos xa que non inclúen
ningún partido que non sexa necesario. Comprende os
casos dun só partido
• Gabinetes sobredimensionados
• Con máis partidos dos necesarios para o apoio
parlamentario. Típicos do modelo consensual
• Gabinetes de minoría ou infradimensionados
• Non reciben o apoio da maioría parlamentaria

• Para medir esta variable o autor emprega o indicador


de % de tempo no que nun país houbo gabinetes
mínimos e o % de tempo que houbo gabinetes dun só
partido e fai un promedio entre as dúas porcentaxes
• Táboa 6.3
• Os valores da terceira columna miden o grao global de
maioritarismo na formación de gabinetes
• As puntuacións nas dúas primeiras columnas están
fortemente correlacionadas
• Na parte superior da táboa os valores tenden a ser
baixos (tendencia consensual) e altos na parte baixa
(tendencia maioritaria)
• Na parte central sitúanse países onde estes elementos
se combinan de forma desigual
• Algúns países teñen gabinetes gañadores mínimos pero
poucos gabinetes dun só partido (Bélxica, Alemania,
Islandia e Luxemburgo) e outros teñen relativamente
poucos gabinetes gañadores mínimos pero moitos
gabinetes dun só partido como España e Suecia
• Suiza atópase enriba da táboa; a súa
única coalición gañadora mínima tivo lugar
entre 1955 e 1959, cando o executivo foi
de 3 partidos, sen os socialdemócratas,
en lugar dos 4 partidos habituais
• Bélxica debería estar máis arriba na táboa
se se analizasen só as décadas máis
recentes
• No extremo maioritario atópase o Reino
Unido
2- Predominio do Gabinete / Equilibrio
poderes
Refírese á relación que o gabinete mantén
co lexislativo
As democracias maioritarias mostran neste
sentido un claro dominio do executivo,
mentres que nas democracias de consenso
os dous poderes están equilibrados
Na vida política real poden darse moitas
situacións diferentes
En Europa mairoritariamente atópanse gobernos
parlamentarios o único caso con un nivel
desviación significativa é Francia
(semipresidencial)frente a Finlandia*,Islandia,
Irlanda, Austria,Portugal máis proximos o sistema
parlamentario que o presidencial
Diferentes clases de xefatura de Estado
Practicamente a metade das 36 democracias son
monarquías en Europa:
Bélxica, Dinamarca, España, Luxemburgo,
Holanda, Noruega, Reino Unido, e Suecia
3- Sistema bipartidista / Sistema
multipartidista

Os sistemas bipartidistas tipifican o modelo


maioritario e os sistemas multipartidistas o
modelo consensual
Vinculación do número de partidos coas liñas
divisorias (cleavages) Sistemas bipartidistas:
carácter unidimensional (cuestións
socioeconómicas)
O modelo consensual: aséntase en sociedades
plurais con varias liñas divisorias e presenta un
sistema de partidos de carácter multidimensional
4- Sistema electoral maioritario / Sistema
electoral proporcional

O número de partidos no sistema está estreitamente


vinculado ao tipo de sistema electoral adoptado
As democracias maioritarias caracterízanse por
sistemas de maioría absoluta ou relativa con distritos
uninominales
Lóxica representación-mandato: delegación outorgada a un
partido para desenvolver unha determinada política de
goberno
O método electoral fai que o gañador lévao todo
As democracias consensuais adoitan utilizar a
representación proporcional
O obxectivo é a distribución dos escanos en función do
número de votos obtidos. Con iso perseguen a máxima
proporcionalidade na representación
-5 Pluralismo de grupos de interese/
Corporatismo

Grupos de interese de competencia libre fronte aos grupos de


interese coordinados e corporatistas
Nas democracias maioritarias, a competencia e o conflito
tamén son característicos do seu sistema de grupos de interese:
un sistema de pluralismo competitivo
predominan múltiples grupos de interese que exercen presións
ao goberno de forma competitiva e con falta de coordinación
Democracias consensuales: corporatismo
Os grupos de interese poucos, amplos e poderosos en cada un
dos sectores operativos
Búscanse acordos en materia de políticas económicas
(concertación)
Os acordos alcanzados a miúdo denomínanselle acordos
tripartitos
Dimensión federal-unitaria
II. Dimensión federal-unitaria

6. Goberno unitario e centralizado 6. Goberno federal


7. Unicameralismo 7. Bicameralismo Simétrico
8. Flexibilidade constitucional 8. Rixidez constitucional
9. Ausencia de revisión xudicial 9. Revisión xudicial
10. Banco non independente 10.Banco central
independente
6. Goberno unitario e centralizado/ Goberno federal

Variable referida á estrutura territorial do


Estado. Para manter a regra da maioría,
no modelo maioritario puro, o goberno
central debe controlar non só o aparello
de goberno central senón tamén os
gobernos non centralizados que poderían
competir con él
O goberno maioritario é por tanto unitario
(non federal) e centralizado
O goberno consensual está inspirado polo
obxectivo oposto: a non concentración do
poder. Así, a característica crucial do
modelo consensual en relación a esta
dimensión é a dispersión do poder entre
institucións políticas separadas e, por tanto,
a adopción de ordenamentos do
federalismo e descentralización
Nos gobernos unitarios e centralizados os
gobernos locais a pesar de que realizan
unha serie de funcións importantes son
dependentes do goberno central, os seus
poderes non están garantidos
constitucionalmente como ocorre no
sistema federal-. é máis, desde o punto de
vista financeiro dependen do goberno
central
Pirámide organizativa: nas que os niveis
se distinguen como altos o baixos (diseño
institucional)
• Federalismo e Descentralización: atende a
unha división territorial do poder na cal as
unidades están xeográficamente definidas
• Unidades: estados (en EEUU, India,
Autralia e Venezuela), provincias (en
Canadá), Lander (Alemaña e Austria),
cantóns (Suíza) e rexións (Bélxica)
• O obxectivo fundamental: garantir a
división de poder é asegurar que unha
parte substancial do poder poida ser
exercido a nivel rexional.
• O federalismo tende a empregarse en
dous tipos de países: os países
relativamente grandes e as sociedades
plurais
• India e EEUU, son países federais
• O federalismo desempeña a función
tamén de dar autonomía ás minorías
étnicas, por exemplo, catro dos nove
sistemas federais estudados por Lijphart
son sociedades plurais: Bélxica, Canadá,
India e Suíza.
7. Unicameralismo / 7.Bicameralismo
Simétrico
• Na democracia maioritaria atopámonos con lexislaturas
unicamerales ou con bicameralismo asimétrico, isto é,
no que unha cámara, a baixa, ten maior poder
• Nas democracias consensuales ten que haber
bicameralismo e este ha de ser simétrico, é dicir, as
dúas cámaras son igualmente fortes.
• É necesario o cumprimento de dúas condicións para que
esta representación da minoría resulte válida:
• 1- a elección da cámara alta debe levar a cabo de
maneira diferente á da cámara baixa
• 2- debe ter un poder real, tanto poder como a cámara
baixa. Estas dúas condicións cúmprense no sistema
suízo, por exemplo
• O Consello Nacional é a cámara baixa e
representa ao pobo suízo e o Consello
dos Estados é a cámara alta ou federal
e representa aos cantóns
• As cámaras lexislativas teñen gran
variedade de nomes: Cámara dos
Comúns, Cámara dos Representantes,
Cámara de Deputados, Bundestag...
• Cámara alta ou segunda cámara. A
primeira cámara ou Cámara baixa é a
mais importante
• No Estado español o Senado corresponde coa
segunda cámara ou Cámara Alta, supón un
órgano de representación territorial e está
formado por dous tipos de membros. Un
primeiro grupo de 208 senadoras-es de elección
directa, composto por catro senadoras-es por
cada provincia, dúas por Ceuta e dúas por
Melilla. E un segundo que se designa nas
distintas cámaras das Comunidades autónomas,
as cales poden nomear un senador , e outro
máis por cada millón de habitantes do seu
respectivo territorio
8. Flexibilidade constitucional / 8. Rixidez
constitucional
9. Ausencia de revisión xudicial 9. Revisión
xudicial
• A democracia maioritaria posúe segundo Lijphart unha
constitución flexible que acepta emenda mediante
maioría simple; mentres que as constitucións na
democracia consensual unicamente poden cambiarse
por maioría cualificada o que as converte en
constitucións ríxidas
• Respecto á revisión constitucional, isto é a quen
controla a lexislación que se aproba, nos sistemas
maioritarios é o parlamento o que ten a última palabra
fronte ao modelo consensual onde a revisión xudicial
atribúese a tribunais supremos ou constitucionais
• O feito de que a Constitución non estea escrita
ten implicacións importantes: é flexible porque
pode ser modificada polo Parlamento da mesma
forma que outras leis mediante maiorías
regulares en lugar de supermaiorías ou maiorías
cualificadas, como as maiorías de dous terzos
que se requiren en moitas outras democracias
para modificar as súas constitucións escritas.

• Case todas as constitucións do mundo son


escritas, sendo moi pouco comúns o non
escritas soamente tres teñen constitucións non
escritas: Reino Unido, Nova Zelandia - os dous
exemplos máis importancias de democracias
maioritarias- e Israel
10. Banco non independente /
10.Banco central independente

Os bancos centrais son os responsables


da política monetaria dos Estados. A
diferenza que establece Lijphart reside na
independencia dos mesmos con respecto
ao executivo. Neste sentido, nas
democracias maioritarias, os bancos
centrais están controlados polo goberno;
mentres que nas democracias de
consenso os bancos centrais gozan de
independencia
• O feito de otorgar poder independente aos
bancos centrais é outra forma de dividir o poder
e encaixa no conxunto de características de
división de poder do modelo consensual
• Os bancos deciden a política monetaria
• A consecuencia disto está en que se considera
que os bancos independentes son mellores á
hora de controlar a inflación e de manter a
estabilidade dos prezos, e, por tanto. parece
que este caso as democracias de consenso
logran maior efectividade na súa política
monetaria
Que nos achega esta tipoloxía? Ten algunha relevancia
que os países adopten un tipo ou outro de institucións?

A argumentacións: a necesidade da calidade referida á


representación e participación de todos os grupos
sociais na toma de decisións
a importancia da efectividade, o logro, a través dunha
rápida toma de decisións, dunhas políticas públicas
coherentes. O autor conclúe, unha vez
operacionalizadas e testadas estas dúas variables, que
sen dúbida a democracia consensual resulta máis
vantaxosa.
na súa opinión, o modelo consensual é a opción máis
atractiva para os países en proceso de democratización
ou aqueles que contemplan unha reforma democrática.
Esta opción é especialmente pertinente, mesmo urxente,
para sociedades con profundas divisións culturais e
étnicas, aínda que tamén o é para países homoxéneos.

You might also like