Download as ppt, pdf, or txt
Download as ppt, pdf, or txt
You are on page 1of 81

Rexímenes políticos non

democráticos
• Lecturas preparación tema:
• Bibliografía específica:
• Brooker, P.,(2008), “Authoritarian Regimes” en
• Caramani, D.(Ed.) ( 2008), Comparative Politics.
Oxford: Oxford University Press. Pp. 134-153
• Diz,I./Lois, M./ Novo,A. (2012) Ciencia política
contemporánea, capítulo III
• Huntington, S. (1994), La tercera ola, Paidós.
• Linz, J y Stepan, A. (1996), Problems of
democratic transition and consolidation:
southern Europe,, South America, and Post
Comunist Europe, Baltimor, John Hopkins
University press. .(En fotocopiadora capítulo)
• Estado da democracia no mundo
(Freedomhouse)
% Países Países Países non
Poboa libres parcialmente libres
ción libres

1973 44 (29%) 42 (28%) 65 (43%)


1983 53 (32%) 56 (33%) 58 (35 %)
1993 72 (38%) 63 (33%) 55 (29%)
2003 88 (46%) 55 (29%) 49 (25%)
2009 89 (46%) 58 (30%) 47 (24%)
2011 87(45%) 60 (31%) 48(24%)
DEMOCRACIAS ELECTORAIS
- Sistema multipartidista competitivo
- Sufraxio universal
- Celebración regular de eleccións nas que se
garante o voto secreto, a seguridade á hora de votar
e na que se rexistra a ausencia dun fraude electoral
que leve a uns resultados pouco representativos da
vontade dos cidadáns
- Acceso dos principais partidos aos medios de
comunicación e garantía dunha campaña electoral
limpa
1997 117
2002 121
2009 116
2011 117
Sistemas políticos non democráticos
Referentes históricos
Alemania nazi, España franquista e a Italia
fascista ou a Unión Soviética estalisnista

TIPOLOXÍA DE LINZ
TOTALITARISMO E AUTORITARISMO
Totalitarismo
• Pluralismo
• Ideoloxía
• Movilización
• Liderado
Pluralismo
• Ausencia de pluralismo
• Un partido único oficial encabezado por un líder
ou un grupo reducido de líderes posúe de iure e
de facto o monopolio do poder
• Anulación de todos os elementos plurais na
sociedade e o Estado. Unha vez que o novo
réxime organiza as súas propias estruturas, isto
é, o partido único e as organizacións vinculadas
a él, a destrución das institucións,
organizacións e grupos de interese dos
sectores sociais do réxime anterior é
prioritario
• Organizacións novas: correas de transmisión
Ideoloxía

• Ideoloxía- guía complexa


• Unha utopía alcanzable
• A ideoloxía nos réximes totalitarios vai máis aló
dun programa particular, leva un significado
último, un sentido de propósito histórico e unha
interpretación da realidade social. Caracterízase
ademais por ter uns límites ben establecidos,
calquera interpretación que vaia máis aló deles
será sancionada
Movilización
• Movilización amplia en moitas organizacións
obrigatorias creadas polo réxime
• Activismo de cadros e militantes
• Realízase a través do vasto abanico de
organizacións obrigatorias creadas polo réxime.
A participación da cidadanía nesta movilización
activa é alentada, demandada e premiada
desde o réxime, o que leva á condena da
obediencia pasiva e das esferas da vida privada
afastadas desta militancia
• Herencia movementos obreiros e de masas
M. Walzer

• “O totalitarismo é incompatible coa


pasividade, obtén este poder especial
dunha poboación disciplinada, activa e
comprometidfa, demanda xente que
desfile”
• A relevancia deste tipo de movilización non poden ser
entendidos sen a referencia ao papel central que neste
tipo de réximes políticos cumpre o partido único.
Orgánicamente, burocratizado e xerarquizado. Ao redor
do mesmo articúlanse unha serie de organizacións,
tanto a nivel territorial (partido a nivel local ou rexional)
como sectoriais (sindicatos, organizacións de mulleres,
xuvenís...) a través das cales o partido cumpre funcións
vitais para o establecemento e mantemento do réxime
totalitario.
• A resocialización política lógrase a través dunha
mestura de propaganda, educación e coerción. O
partido cumpre unha función fundamental con respecto
ao liderado do réxime. é dentro da estrutura do partido
que se produce o recrutamento, o exame, a selección e
o adestramento da nova elite política
Liderado
• O liderado do réxime coincide co vértice
do partido único de maneira que a
estrutura do Estado e do partido
confúndense. O liderado totalitario
frecuentemente é carismático, aínda que
quizais o trazo máis importante do mesmo
sexa a arbitrariedade coa que se exerce o
poder.
• Os líderes no totalitarismo gobernan sen
límites e as súas reaccións son
imprevisibles. A arbitrariedade é tal que
alcanza tanto a cidadáns como a
membros da elite. Esta característica fai
que moitas veces se vincule este tipo de
réxime coa política do terror
• Linz na súa concepción do totalitarismo
salienta sobre todo a forma na que o
réxime organiza completamente a vida
política e a sociedade.
• As características que considera esenciais
do mesmo son unha ideoloxía ríxida, un
partido único de masas que canaliza
unha alta participación e a concentración
do poder nun individuo ou un pequeno
grupo de individuos.
O autoritarismo
• Pluralismo limitado
• Non hai un actor capaz de monopolizar todos os
recursos politicamente importantes. A elite do
réxime está formada por grupos distintos
que son independentes e que teñen gran
influencia política. Este pluralismo político vai
da man dun pluralismo social, cultural e
relixioso. Os actores plurais da elite nacen deste
pluralismo que ten as súas raíces na sociedade
anterior ao establecemento do réxime
• Pluralismo limitado e non responsable
• Para distinguir o pluralismo dos
autoritarismos daquel que é a base dos
sistemas democráticos.
• O distintivo fronte ao pluralismo
democrático é que existe control e
represión por parte dos gobernantes.
• A non responsabilidade destes grupos
ante os votantes nunhas eleccións libres e
competitivas indica a segunda gran
diferenza coas democracias
As persoas que chegan ao poder
representando os intereses de certos grupos ou
persoas, derivan a súa posición non só do apoio
destes grupos senón da confianza que deposita
neles o líder ou grupo gobernante que ten en
conta o seu prestixio e influencia.
O acceso restrinxido a esas posicións de elite,
xunto co pluralismo social que caracteriza a este
tipo de sistemas, leva a que moi frecuentemente
se cre un espazo para a semioposición

É necesario distinguir entre opoñentes dentro e


fóra do sistema
• A semioposición aqueles que non son dominantes
ou que non están representados no grupo de goberno;
aínda que realizan unha crítica parcial perseguen
participar no poder sen cambiar fundamentalmente o
réxime (ex. unha asociación relixiosa, un grupo editor,
unha institución educativa)
• Oposición alegal opoñentes cuxas actividades sen ser
estritamente ilegais non teñen ningunha sanción legal
aínda que se opoñen ao espírito das leis do réxime.
Persegue un cambio básico no réxime e as súas
institucións políticas e, en maior medida, un cambio
básico na estrutura social e económica
• O paso dunha situación de alegalidad a unha de
ilegalidade depende fundamentalmente da definición
dada polos gobernantes ás accións que van tolerar e a
non tolerar
Ideoloxía
• O pluralismo limitado require unha forma de legitimación
o suficientemente flexible para que se logre un acordo
mínimo entre as elites denomidada por Linz
“mentalidades peculiares”

• Vaguedade que suaviza as liñas divisorias na coalición,


permitindo a lealdade dos distintos compoñentes.

• As mentalidades son máis emocionais que racionais e


non están tan orientadas ao futuro como as ideoloxías
utópicas. Baséanse en grandes principios como a orde,
a patria, etc.
Movilización
• A mobilización política é a excepción antes que
a regra no caso das ditaduras autoritarias. A
excepción ocorre nos estadios máis temperáns do
réxime e en momentos de crises do mesmo.
Durante as fases de maior estabilidade búscase a
desmovilización das masas. Para iso, e coa
utilización de aparellos represivos, levarán a cabo
acciones que manteñan á sociedade civil fóra da
area política.
• A baixa movilización controlada desde arriba fai
que o partido único apareza nos
autoritarismos moi debilitada ou ben non
exista
• O partido único deste tipo de réxime forma
parte do pluralismo do mesmo. Neste sentido,
aínda que estes partidos poidan reivindicar o
monopolio do poder tal e como fan os partidos
totalitarios e realicen as mesmas funcións-
ideologización, movilización (nos momentos que
o réxime o require) e recrutamento e instrución
da elite-, normalmente non logran tal
monopolio
• Hai outros actores no sistema que realizan
tamén esas funcións.
Liderado
Un líder ou un grupo reducido de líderes
exerce o poder. Un proceso constante de
cooptación dos líderes é o mecanismo a
través do cal os diferentes sectores ou
institucións chegan a ser participantes
no réxime. Estes grupos teñen a súa
base política, económica, cultural ou
relixiosa independente do mesmo
Presenza dunhas elites cuxa
característica principal é a
heteroxeneidade nos seus currículos e
modelos de carreira
• Exercicio do liderado dentro dos límites
formalmente mal definidos pero que en
realidade son normas bastante predicibles
• Non existe arbitrariedade total como nos
réximes totalitarios, pero a ausencia de normas
ben definidas contrasta co Estado de dereito
propio das democracias.
• Permítese a discrecionalidad do poder dos
gobernantes á vez que o control da
sociedade civil. O cidadán neste tipo de réxime
carece de garantías fronte ao poder autoritario
Subtipos de autoritarismo
Burocrático-militares/ Estatismo orgánico/ Reximenes
de movilización e Dictadura persoal
• Linz distingue tres dimensións
• - Coalición dominante
– Institucionais (burocracias, militares)
– Políticos ( partidos / sindicatos)
- Axentes socioeconómicos (terratenientes,
burguesía,etc.)
- Valores (tradicionais, modernos,etc.)
- Cantidade de movilización
• Linz e Stepan (1996)
• Sultanismos e Post-totalitarismos
• SULTANISMO
• Desenvolvemento extremo da
discrecionalidad do ditador
Fusión entre o privado (familia do
ditador) e o público e por iso presenta
unha estrutura moi pouco
institucionalizada.
• Pluralismo económico e social. Está
suxeito á intervención despótica e
impredicible do líder.
• Ningún grupo da sociedade civil, da
esfera política nin do Estado está libre
do despotismo do mesmo.
• Ideoloxía:
• Non hai un intento de xustificación ideolóxica do
poder e as accións do líder.
• Non existe ideoloxía elaborada e guía, pero
tampouco unha mentalidade peculiar.
• Manipulación arbitraria dos símbolos e unha
glorificación extrema do líder

• Movilización:
• A glorificación do líder é tamén o obxectivo da
movilización que se dá neste tipo de réximes,
aínda que esta normalmente é ocasional.
• Non se desenvolve ningunha organización
permanente da movilización. A movilización
cando existe faise a través de métodos
coercitivos ou clientelares.
• Liderado:
• Personalista e arbitrario
• A fusión entre o público e privado concrétase na
tendencia dinástica propia do Sultanismo

• A obediencia ao líder está baseada no medo e


as recompensas persoais
• O liderado exércese sen ningún tipo de límites,
nin racionais nin legais. A arbitrariedade é
máxima. é neste último aspecto no que reside o
trazo definitorio do sultanismo
• O persoal non está constituido por unha
organización con pautas de ascenso
formalizadas
• Os cargos públicos e o staff do líder
recrútanse principalmente entre a súa
familia, amigos e compinches
• Tamén forman parte destas posicións
socios de negocios e individuos
directamente implicados no uso da
violencia para o mantemento do réxime
• Uso do poder personalista e particularista
para fins esencialmente privados do
gobernante e os seus colaboradores
converte o país nunha inmensa finca
• Nestes rexímenes o lider non pode confiar
nunha amplia base de apoio procedente
de organizacións como un partido único,
un exército profesional disciplinado,
intereses organizados, etc. Este tipo de
réxime corrompeu este tipo de
organizacións
• Aínda que estes gobernantes non
exisen á poboación un apoio activo,
todo o mundo se sinte ameazado
polo seu exercicio arbitrario do poder
• Impera un medo difuso e os
opositores, ou presuntos opositores,
son castigados arbitraria e
duramente, creándose unha
atmósfera de terror
• O vacío creado polo goberno sultanísitico
fai difícil unha oposición organizada e
asegura a continuación destes réximes ata
que unha rebelión popular ou unha
conspiración elimina físicamente ao
gobernante e a os seus seguidores
• O seu derrocamente fai máis probable que
leve a outro réxime non democrático
• Ex. Batista en Cuba
• Somoza en Nicaragua
• Ceaucescu en Rumanía
Os sistemas pos-totalitarios
• A desaparición dos réximes de partido único de
Europa do leste marcou un punto de inflexión
para as concepcións académicas destes
réximes.
• Coa caída do muro de Berlín comeza un debate
centrado na discusión sobre a utilidade do
concepto de totalitarismo para explicar este tipo
de réximes e o seu derrubamento.
• Linz :necesidade de ampliar a súa anterior
clasificación para entender mellor o que está a
ocorrer en Europa do leste (Linz e Stepan,
1996).
• este modelo permítenos comprender mellor
tanto a natureza dos réximes pos-estalinistas
como a natureza das abruptas e repentinas
transicións democráticas de 1989-91
• o sistema post-totalitario preséntase como máis
pluralista e menos ideolóxico e movilizador
que o réxime totalitario.
• Falta dunha sociedade civil tradicional,
dependencia dunha ideoloxía guía aínda que
non se crea nela, prácticas ritualizadas de
mobilización política e control exercido aínda
polo liderado do partido.
• Países do sur de Europa
• España, Portugal e Grecia
(Autoritarismos)

• Países de Europa central e oriental


• Rumanía (Sultanismo)
• Polonia (Autoritarimo)
• O resto de países (Post-totalitarios
• Pluralismo
• O partido é o que aínda ten formalmente o
monopolio do poder
• Dentro das institucións partidistas créanse
varios grupos sen base social algunha que
compiten entre si polas vantaxes que o réxime
segue ofrecendo.
• Diversidade económica, cultural e social. Este
pluralismo nace desde unha sociedade
aplanada no sentido de que permite o pluralismo
só despois dun período totalitario que eliminou a
sociedade civil a través do desenvolvemento do
seu proxecto ideolóxico.
• Independentemente de que os grupos poidan
invocar tradicións relixiosas ou nacionais, as
institucións tradicionais foron destruídas hai
tempo e as posibilidades de continuidade
son escasas
• Nalgúns países pode xurdir unha sociedade
paralela formada por redes de disidentes
normalmente en forma de pluralismo cultural
e social. Aínda que normalmente non retan
directamente ao poder político do Estado

• Nunha situación de crise onde a elite comunista


comeza a perder o control, poden chegar a
ofrecer unha alternativa latente de poder.
• Ideoloxía
• Sofre algúns cambios. Aínda que a ideoloxía
guía sigue sendo parte da realidade deste tipo
de sistema prodúcese un debilitamento do
grao de compromiso e obrigatoriedade coa
mesma.
• As decisións e o debate sobre as políticas
descansan agora nun consenso programático
afastado das referencias á ideoloxía

Aínda que se seguen proclamando metas
utópicas como razóns para a mesma, estas xa
non son cridas
Movilización
A debilidade do compromiso ideolóxico
tamén se reflicte na movilización
percíbese un grao de politización da
cidadanía moito menor, neste sentido,
abandónase tamén o obxectivo de
control da esfera privada por parte do
Estado
• Liderado
É colectivo e non persoal e moito máis
burocratizado e menos carismático
O exercicio do poder está limitado polo que Linz
chama legalidade socialista, é dicir, os controis
ao liderado realízanse a través das estruturas e
procedementos do partido
O partido oficial segue sendo a principal sede
na que se produce o recrutamento. Con todo, os
líderes cunha carreira construída dentro da
organización do partido xa non son os únicos
con posibilidades de alcanzar postos de
decisión
Moitas destas posicións empezan a ser
ocupadas por tecnócratas do partido
dentro do aparello do Estado: escolas,
universidades e organizacións vinculadas
ao partido convértense en sedes do
recrutamento neste tipo de sistemas.
Sistemas en cambio: transición e
consolidación democráticas
•Sistemas que se atopan nun proceso de transición dun
tipo de réxime a outro. Intervalo entre un tipo de réxime e
outro
•Caídas de réximes democráticos *
•Caídas de réximes autoritarios
Como un réxime autoritario evoluciona cara a un
democrático. As reflexións sobre o tema refírense ás
transicións á democracia que se produciron nas últimas
décadas.

É necesario levar a cabo unha perspectiva sobre os


diferentes procesos de democratización que se
produciron nun período máis longo do tempo.
• Samuel Huntington, identificou distintas ondas
de democratización nos últimos dous séculos
(Huntington, 1994)
• Onda de democratización: conxunto de
transicións dun réxime non democrático a outro
democrático, nun determinado período de tempo
e que superan significativamente ás transicións
en dirección oposta durante ese mesmo
período. Implica normalmente a liberalización
ou a democratización parcial en sistemas
políticos que non se converten por completo en
democráticos

• Huntington identifica tres ondas
democratizadoras:
• Primeira onda, extensa (1828-1926),
• Segunda onda, breve (1943- 1962)
• Terceira onda comeza en 1974 e coa
democratización dos países do Leste dura
até a actualidade
• Primeira onda (1828-1926)
• As raíces da primeira onda democratizadora
atópanse nas Revolucións norteamericana e
francesa, aínda que a aparición das institucións
democráticas é un fenómeno propio do século
XIX.
• Desenvólvense gradualmente as institucións
democráticas e é difícil especificar unha data a
partir da cal un sistema político poida ser
considerado democrático. Nesta onda inclúense
a democratización das que son consideradas as
democracias máis antigas: EE.UU e Reino
Unido pero tamén Francia, Suiza...
• Criterios para dicir que os sistemas
políticos do s. XIX acaden a cualificación
de democrática mínima
• 1- 50% dos varóns poden ser elixidos para
votar (democracias defectuosas,
poliarquías masculinas)
• 2- Un poder executivo responsable, que
debe manter o apoio da maioría dun
Parlamento
• Segunda onda (1943- 1962)
• A comezos da Segunda Guerra mundial tivo
lugar unha nova democratización
• A ocupación aliada promoveu a instauración de
institucións representativas nos países
europeos que sufriran as crises democráticas do
período de entreguerras: Alemaña occidental,
Italia, Austria, Xapón e Corea
• Tamén comprende América Latina na que,
coincidindo coa bonanza económica,
democratízanse os países do cono sur, Brasil,
Venezuela, Perú ou Colombia
• Fin do colonialismo: África e Asia producíronse
gran número de novos estados contribuíndo
tamén a esta segunda onda
• Terceira onda
• 1974 Portugal
• Durante os 15 anos seguintes os réximes
autoritarios de ao redor de 30 países en Europa,
Asia e América latina foron substituídos por
outros democráticos. Así, esta marea
democrática manifestouse primeiro no sur de
Europa coas transicións portuguesa,
española e grega, seguíronlle algúns países
latinoamericanos e finalmente os países de
Europa do leste coa caída do muro de Berlín
• Contraondas
• Primeira contraonda: 1922-1942
• Prodúcese unha expansión dos rexímenes non
democráticos no mundo especialmente nos tipos
totalitarios e autoritarios
• Auxe do fascismo e o totalitarismo
• Categoría europea na súa definición porque a
loita ideolóxica e o conflicto prodúcese
fundamentalmente en Europa
• Segunda contraonda: 1958-1975
• Non afecta ao continente europeo, afecta
fundamentalmente aos países en vías de
desenvolvemento. Etapa de autoritarismos que
ten especial incidencia en Latinoamérica
• Diferentes variables para explicar a democratización.
Todas as explicacións son multicausais
• En cada onda as explicacións causais soen incidir en
variables diferentes:
• Primeira onda
• A importancia do desenvolvemento económico, a
industrialización e a urbanización, o ascenso da
burguesía e a expansión da clase media
• Segunda onda
• Factores políticos e militares. A maioría dos países que
se democratizan son aqueles onde os aliados impuxeron
a democracia
• Ex. Alemania occidental, Italia e Xapón
• Ademais a victoria dos aliados axudou a impulsar
procesos internos de democracia. É o período no que se
conxelan os rexímenes non democráticos, evolucionan e
se transforman pero non sofren unha crise significativa
ata mediados dos anos setenta
• Terceira onda
1- Os problemas de lexitimación dos rexímenes non
democráticos
2- O crecemento económico mundial
3- Os cambios no seo da igrexa católica
4- Os cambios en políticas de actores externos
5- O efecto bola de neve
1- Os problemas de lexitimación dos rexímenes non
democráticos nun mundo onde os valores democráticos
eran ampliamente aceptados
Dificultade de lexitimidade para os rexímenes non
democráticos
¿De ónde procede o “dereito” dos líderes autoritarios a
gobernar?
No pasado da tradición, relixión, dereito diviño
No presente da ideoloxía (nacionalismo ou marxismo-
leninismo)
Entorno intelectual: crecente uso da retórica e as ideas da
democracia
Nos países do leste de Europa: comunismo e sistema de
partido único. O nacionalismo fonte potencial de
inestabilidade
• Co paso do tempo os gobernos comunistas
tiveron dificultade para lexitimarse invocando a
ideoloxía
• A burocracia do Estado estancouse e as
desigualdades económicas fosilizáronse
• A ideoloxía comunista volveuse un obstáculo
para o crecemento económico e frustrou a
posibilidade de lexitimarse sobre a base do
crecemento económico
• A lexitimidade da maioría dos rexímenes decae
co paso do tempo, cando se esgotan as
opcións, as promesas non se cumpren e
avanzan as frustracións
• As democracias, pola contra, renóvanse
mediante as eleccións
2- O crecemento económico mundial
Relación complexa entre desenvolvemento económico e
democracia
Especialmente a partir dos anos sesenta. Elevación dos
niveis de vida e aumento do acceso ao sistema educativo
Ascenso das clases medias urbanas. Esta variable explica
mellor uns casos que outros (Ex Europa do sur)
O rexímenes comunistas de Europa do leste estiveron
relativamente aillados dos acontecementos da economía
mundial. Imposición da economía dirixida dende a Unión
Soviética (crecemento rápido nos anos 50, lento nos 60 e
estancamento nos 70 e 80). O fracaso económico xenerou
un gran descontento e oposición o sistema vixente
Forzas políticas e externas retrasaron o movemento ata a
democracia ata finais dos anos 80 en Europa oriental
3- Os cambios no seo da igrexa católica
Cambio da Igrexa Católica nos anos sesenta
Atende aos cambios que se producen nas
igrexas estatais, a partir do Concilio Vaticano II
(dende 1962 a 1965). Oposición aos rexímenes
autoritarios e defensa de melloras económicas e
sociais
A Igrexa ofrece un manto para a organización
da sociedade civil. Cambios non homoxéneos
Maior pluralismo no seo da igrexa católica.
Novas correntes teolóxicas radicais, un maior
compromiso cos dereitos humáns
As relacións entre os rexímenes autoritarios e a
Igrexa van a ser máis conflictivas
4- Os cambios en políticas de actores externos
A partir dos anos sesenta débese incluir a
actitude da Comunidade Económica Europea
respecto a ampliación dos seus membros
Condición de pertenza: que o país sexa un
réxime democrático
Cambio de política exterior
Importancia dos dereitos humanos
Cambio de política que inaugura Gorbachov a
finais dos anos oitenta e que supón o fin do
imperio soviético
• 5- O efecto bola de neve
• O efecto demostración, contaxio , un estímulo de acción
que se produce gracias especialmente aos medios
internacionais de comunicación
• Coa caída do muro de Berlín prodúcese un efecto
dominó (Huntington) producido polos efectos dos
medios de comunicación (inmediato)
• Este efecto foi moi evidente en Europa oriental. Cando
a Unión soviética aceptou a chegada ao poder de non
comunistas en Polonia (agosto 1989), a onda de
democratización avanzou sucesivamente sobre Europa
oriental: Hungría en setembro, Alemania oriental en
outubro, Checoslovaquia e Bulgaria en novembro,
Rumania en decembro
• Natureza das distintas democratizacións
• Cómo se produce a evolución dun sistema ditatorial
cara a unha democracia e o porqué desta
evolución
• Factores que influíron no enfraquecemento do
réxime autoritario e na instauración da democracia
• Robert Dahl distingue dous procesos
fundamentais de cambio: liberalización e
inclusividade. Ambos procesos relaciónanse
entre si e están vinculados á vez cos distintos
aspectos institucionais que caracterizan a unha
democracia de masas
• Liberalización
• Grao en que se admite o disenso, a oposición, a
competencia entre as distintas forzas
políticas.Refírese sobre todo aos dereitos civís,
como a liberdade de asociación e reunión, a
liberdade de pensamento e de palabra, a
liberdade de prensa

Inclusividade
• Proporción de poboación que ten o dereito de
participar, de controlar e de oporse aos
gobernantes. Expansión dos dereitos políticos
(electorado activo e pasivo).
As dúas dimensións conforman un espazo, o
que se chamou a caixa de Dahl
• Hexemonías pechadas
• Oligarquías competitivas
• Hexemonías incluintes
• Poliarquías, ou liberal-democracias de
masas, onde coinciden unha alta liberalización
e unha alta participación

• Unha vez que a política de masas imponse, as


súas transformacións son tales que resulta
extremadamente difícil volver a sistemas
pechados á participación.
• Novos estudos que relacionan a difusión da
democracia con variables socioeconómicas
• Seymur Martín Lipset
• Relaciona a existencia ou non de democracia co
proceso de modernización experimentado por países
europeos, anglosaxóns e latinoamericanos
• Modernización: diferenciación gradual e a
especialización de estruturas sociais que culmina na
separación das estruturas políticas doutras estruturas,
facendo así posible a democracia
• Implica o paso dunha sociedade tradicional a unha
moderna, maior nivel educativo, maior riqueza, máis
urbanización e industria
• A modernización estaría relacionada coa aparición de
procesos democráticos
• A cadea causal: industrialización, urbanización,
educación, mobilización, inclusión política
• Prodúcense unha serie de cambios que
preparan á sociedade para que chegue ao final
do proceso: a democratización. Todo isto
lévanos á hipótese central da teoría da
modernización de Lipset : un país que se
desenvólve ao longo dun período baixo un
réxime autoritario, todas as consecuencias da
modernización terán tempo para acumularse, e
entón estes réximes abrazarán a democracia
• Críticas:
• Dankwart A. Rustow (1970)
• Os elementos que compoñen as variables
esenciais utilizadas por Lipset e outros
deben entenderse como factores que
colaboran no mantemento da democracia
• Unha democracia ten máis posibilidades
de triunfar e consolidarse en países
desenvolvidos economicamente.
• É preciso identificar outras razóns
• Modelo dinámico para a análise das
transicións á democracia
• Tres fases diferentes do proceso de cambio de
réxime e a incidencia de cada unha delas sobre
a fase seguinte
• Reivindica a importancia das explicacións
propiamente políticas na análise das
transicións
• Subliña o compromiso e os pactos entre actores
políticos principais como explicación lóxica e
fundamento das novas democracias nas súas
orixes
• Nos anos noventa esta perspectiva desplazouse en
favor de investigacións centradas en accións
estratéxicas das elites
• Enfoque micro ou estratéxico
• proceso de democratización analizado a partir do
papel e as estratexias dos actores políticos, pondo
de relevo os seus particulares intereses e
percepcións
• Desenvolvemento das transicións en termos de
posibilidades e opcións dos devanditos actores que
se inserten en situacións históricas concretas

Distintas fases: transición, instauración e
consolidación
• A transición é a fase de paso dun réxime a
outro cando as regras do vello réxime deixan de
funcionar pero aínda non se definiron
completamente as do que se vai a instaurar
• Linz e Stepan (1996)Éxito dunha transición:
• 1) chega ao poder un goberno que é elixido
democraticamente con voto popular e libre
• 2) o goberno é o único que ten competencia
exclusiva para xerar novas política
• 3) cando o poder executivo, o lexislativo e o
xudicial non teñen que compartir por lei o poder
con outros corpos
• O final da transición coincide coa fase de
instauración democrática que leva o
recoñecemento pleno dos dereitos civís e
políticos, a aparición dun sistema de
partidos e a adopción de procesos e
institucións democráticas

• fase de consolidación supón a


lexitimación da democracia en todos os
sectores e ámbitos do sistema político
• Respecto ao comportamento das elites unha
democracia está consolidada cando ningún
actor político, económico ou social relevante é
capaz de mobilizar ningún tipo de recurso contra
o réxime democrático
• Atendendo ás actitudes da poboación, un
sistema democrático está consolidado cando
unha gran maioría cre que as institucións e os
procedementos democráticos son apropiados e
lexítimos, e cando o apoio a alternativas
antisistema ou antidemocráticas é moi baixo
a illado
• En relación á estrutura constitucional unha
democracia está consolidada cando
non existen dominios de poder ou
reservas de poder que exclúan certas
políticas públicas importantes
daquelas que son determinadas polas
leis, os procesos e as institucións
• Algunhas debilidades das teorías que até agora
explicaban a democratización
• A primeira das debilidades reside en que esta
literatura está dominada por estudos centrados
no sur de Europa e América Latina
• Linz e Stepan (1996) tratan de analizar os
cambios experimentados polos países do leste,
pero a análise desta rexión non foi moi habitual
• Así mesmo a atención adicada a outras
latitudes foi case inexistente. Este rumbo
xeográfico provocou un escaso
desenvolvemento teórico que analice outras
causas que poidan estar detrás dos cambios de
réxime nestes países
• Doutra banda, a énfase do enfoque
estratéxico na democratización como proceso
levou a que moitos destes estudos contemplen
o cambio de réxime como un camiño inevitable
cara á consolidación democrática
• A introdución na literatura de conceptos como
democracia iliberal, autoritarismo
electoral, réximes híbridos, parece
indicar que moitos dos Estados que
estableceron institucións e prácticas
democráticas non lograron a súa consolidación
• Grazas á asunción de moitas destas críticas
apareceu unha segunda e terceira xeración de
teorías da transición. Os estudos pertencentes á
segunda xeración centráronse na identificación
dos factores que axudan á tripla transición que
sufriron os países do leste de Europa, isto é, a
transición a estados novos, a transición a un
réxime democrático novo e a transición a unha
economía de mercado
• Pola súa banda, a literatura pertencente á terceira
xeración ocúpase dos réximes híbridos e a súa
posible democratización
• Réximes híbridos
Combinan trazos democráticos e autoritarios
• Inadecuación entre un número importante de
casos empíricos e as tipoloxías duais
democracia/autoritarismo
• As investigacións máis recentes afastáronse
destas clasificacións estritamente dicotómicas
co obxectivo de elaborar tipoloxías que
contemplen esta rexión intermedia, a dos
réximes híbridos, que se atopa entre aqueles
sistemas que son claramente autoritarios ou
claramente democráticos
• Scott Mainwaring, Daniel Brinks e Anibal Perez
Liñan (2001) tres tipos de réximes distintos: a
democracia, a semidemocracia e o
autoritarismo
• Pola súa banda Larry Diamond (2002)
complexiza máis as diferenzas entre os réximes
establecendo unha tipoloxía que inclúe: a
democracia liberal e a democracia electoral
no polo das poliarquías e o autoritarismo
competitivo, o autoritarismo electoral
hexemónico e o autoritarismo pechado no
polo das non-democracias.
• Levitsky e Way
• o concepto de autoritarismo competitivo
• (o que maior aceptación está a alcanzar
na actualidade)

• “The Rise of Competitive authoritarianism”


(Levitsky e Way, 2002),
• Son partidarios de deixar de pensar en
termos de transición e optan por falar de
tipos específicos de réximes políticos

Consideración das institucións da democracia
como o medio principal para o acceso ao poder e o
exercicio do mesmo
• Agora ben, nestes sistemas os titulares do poder
cometen a violación das regras democráticas
con tanta frecuencia e até tal extremo que o
réxime fracasa en alcanzar uns estándares
democráticos mínimos
• Exemplos de autoritarismo competitivo: a Serbia
con Slobodan Milosevic, Rusia con Vladimir Putin e
a Perú con Alberto Fugimori,
• A diferenza fundamental coa democracia
refírese ás características do campo de
xogo entre o goberno e a oposición
• Aínda que as eleccións nos réximes de
autoritarismo competitivo realízanse
periodicamente e están libres dunha
fraude masiva, as violacións dos criterios
democráticos que comenten os titulares
do poder crean un campo de xogo
desigual entre goberno e oposición

• Apropiación e utilización indebida por parte
do funcionariado dos recursos do Estado, a
negación á oposición dunha cobertura mediática
adecuada, acoso as-os candidatas-os da
oposición e os seus seguidores, até, nalgúns
casos, a manipulación dos resultados electorais
• Ademais, xornalistas ou políticos da
oposición e outros críticos do goberno poden
ser espiados, ameazados, acosados ou
arrestados, chegando mesmo a ser
encarcerados ou asasinados

Con respecto aos réximes autoritarios a
diferenza fundamental atópase no papel que
xogan as institucións democráticas
• Os gobernantes dos réximes que estamos a
describir teñen a posibilidade de manipular as
regras democráticas pero non poden nin
eliminalas nin convertelas nunha mera fachada
• Estas institucións democráticas son
significativas: son areas a través das cales as
forzas da oposición poden representar un reto
importante ao poder, chegando mesmo a
vencelos
Un réxime de natureza contraditoria,
caracterizado por un intento de alcanzar e
manter un exercicio do poder autoritario a través
de medios aparentemente democráticos
• Catro areas de competencia democrática
• Area electoral
• Os rexímenes autoritarios non teñen eleccións
competidas
• Nos autoritarismos competitivos as elección
están fortemente disputadas e os fraudes non
poden ser a gran escala debido a observación
internacional
• Area lexislativa
• Tende a ser débil ou en ocasións convírtese en
punto focal da actividade da oposición .
Plataforma pública de denuncia do réxime
• Area xudicial
• Tentativa de subordinacón da rama xudicial (mediante
persecución, soborno, extorsión, mecanismos de
cooptación/ clientelismo, chantaxe, corrupción...)
• É posible, sen embargo, unha apertura a xuíces
independentes
• Os medios
• Nos rexímenes autoritarios os medios son propiedade
do Estado e altamente censurados e sistemáticamente
controlados
• Nos autoritarismos competitivos os medios
independientes son legais e teñen gran influencia aínda
que están sometidos a mecanismos sutís de represión
(soborno, difamación, impostos, leis restrictivas de
prensa
• Parece claro que moitos autoritarismos
sobreviviron á “terceira onda” de
democratización, noutros casos parece
que o seu colapso non levou á
democracia senón a outro tipo de
autoritarismo
• É necesario non abandonar o estudo das
non-democracias e dedicar algo máis da
atención politolóxica á aparición e
persistencia deste tipo de réximes é ir
mais ala do “paradigma da transición”

You might also like