Como Se Elabora Un Ensaio Critico

You might also like

Download as ppt, pdf, or txt
Download as ppt, pdf, or txt
You are on page 1of 19

Cómo se elabora un

ensaio crítico
Marta Lois González
• ENSAIO CRÍTICO
• Extensión: Máximo 5 folios ( interlineado
dobre, tamaño de letra 12)
• Ao escrito académico chámase ensaio
• - Un tipo de documento que brevemente
analiza, interpreta ou avalía un tema
• - Contén unha redacción formal por eso non
debe empregarse o vocabulario coloquial
• O fin fundamental do ensaio é demostrar os
propios coñecementos sobre as lecturas do
xeito máis completo posible
• PARÁMETROS AVALIATIVOS DO
ENSAIO CRÍTICO
• 1- Presentación. Ortografía e sintaxe
correcta
• 2- Estrutura / Claridade
• 3- Argumentación
• 4- Inclusión de bibliografía
• 5- Grado de orixinalidade e contribución
persoal
Presentación Insufiente Aceptable Satisfactoria Notablemente
Diseño, ortografía e demostrada
sintaxe correcta
Estrutura / Claridade Plantexamento Parcialmente Satisfactoria Moi clara e precisa
confuso entendible

Estrutura / Claridade Non hai relación entre Algunha relación Existe unidade no Notable unidade,
os párrafos e contido traballo relación e
progresión

Argumentación Argumentacións Hai algunhas Hai abundantes Hai razóns


infundadas razóns razóns consistentes e
relacionadas entre

Inclusión de Non Citas incorrectas Ben citada Integración crítica


bibliografía (mínimo 3
referencias)

Grado de orixinalidade Non ten elementos Hai algunha Contribución Ampla


e contribución persoal deste tipo creatividade ou persoal presente creatividade e
autonomía autonomía
• Antes de comezar a redactar
• Facer unha lista de ideas. Organizalas
cunha orde lóxica e categorías
• Antes do texto definitivo
• Recoméndase a redacción de varios
borradores
• Organización do ensaio
• Introducción
• - Indica ao lector-a o tipo de texto, autoría.
• - O achegamento o tema elaborando unha tese:
unha frase que consiste na resposta a pregunta do
texto analizado
• - A organización que seguirá o ensaio
NON
• Sen referencias á vida ou obra completa do autor-a
• Sen imaxes
• SI
• ¿Qué obra comento? ¿Autor/a?
• Escola de pensamento, obxecto de estudio.
• Idea principal.
• Desenvolvemento
• Desplegue dos aspectos que se indicaron na
introdución
• Non se fai uso da descrición (non é un
resumo) senón da exposición: inclúe
declaracións xerais e evidencias específicas
para apoialas
• Ideas principais- non exemplos, reflexións
secundarias etc.
• En orde, que permitan entender a
argumentación do autor/a.
• Non ten que ser necesariamente a orde en que
este/a as expón.
• Posible aportación crítica:
Poden ser referidas a:
• ¿Que aspectos non contempla a obra? ¿Cales
son os seus puntos febles? ¿E as súas
contribucións? ¿Qué variables son discutibles?
¿Hai hipóteses alternativas? Etc.
• Desenvolvelas
¿En qué me baseo?:
• Manuais de referencia.
• Literatura complementaria.
• Reflexións propias- en forma de preguntas
abertas, exemplos prácticos, suxestións etc.
NUNCA VALORACIÓNS PERSOAIS EXPLÍCITAS
• Conclusións
• Breve recapitulación das ideas
expostas. Recoméndase rematar
cunha frase que chame a atención
do-a lector-a sobre o punto clave do
artigo. Esta frase pode servir para
situar a idea central dentro dun
contexto máis amplo
• Bibliografía
¿Por qué é importante citar e citar ben?
• Permite a outros atopar os textos que nós
utilizamos.
• Permite demostrar que dominamos a
literatura.

PERMITE AVANZAR NO COÑECEMENTO


CIENTÍFICO.
• A ciencia é un traballo colectivo e
acumulativo- non hai que “reinventar” a roda
continuamente’.
Cómo citar?

• Palabras textuais- “………” (Autor/a,


ano: páx.).
• Mesmas ideas con diferentes
palabras- ………. (Autor/a, ano: páx.)
• Cita indirecta- “………..” (Autor/a
citado en Autor/a, ano: pax.)
¿Cómo citar?
• Hai que citar no texto.

• Hai que introducir a lista de referencias ao final.

• LIBRO: Apelido, Nome (ano), Título do libro, Cidade:


Editorial

• CAPÍTULO: Apelido, Nome (ano), “Título do capítulo”,


en Nome Apelido (ed.) Título do libro, Cidade: Editorial

• ARTIGO: Apelido, Nome (ano), “Título do artigo”,


Título da Revista, número, págs. xx-xx
• CÓMO CITAR
• Existen varios métodos para citar. Presentamos dous
dos principais
• Recoméndase utilizar o método americano que se
explica en segundo lugar
• É importante incluír toda a información necesaria e
ter un estilo homoxéneo en canto a uso da puntuación,
cursivas, negritas e subliñados
Con nota ao pé de páxina
• Ao final do texto copiado e entrecomillado, ou
simplemente utilizado, ponse unha chamada (nota
numerada) e nunha nota ao pé de páxina proporciónase
autor-a, data, título, lugar, editorial e páxinas exactas
das que se obtivo a referencia.

• EXEMPLO 1
• Linz distingue dúas fases no proceso de
transición: a primeira ata a aprobación da Lei
para a Reforma Política e a segunda ata a
celebración das primeiras eleccións (1).
• ________________
• (1) Linz, Juan J. 1997, “El liderazgo innovador
en la transición a la democracia”, en Manuel
Alcántara y Antonia Martínez (eds.), Política y
gobierno en España, Valencia: Tirant Lo
Blanch, pág. 75.
• A segunda vez que se cite o mesmo texto o
sistema pode abreviarse. A referencia
anterior, nunha segunda cita pasaría a ser:
• EXEMPLO 2
• _______________
• (2) Linz, op.cit., 1997, páx. 76.
• As notas ao pé de páxina ou ao final do
documento non serven só para citar
referencias bibliográficas, senón que
deben utilizarse para introducir
elementos de importancia secundaria e
descargar o texto principal
Método americano
• Colócase no texto (seguindo a idea ou a cita
entrecomillada) unha breve referencia á obra,
composta por autor-a, ano e páxina ou páxinas
de onde se obtivo a referencia, entre
paréntese:
• EXEMPLO 3
• Linz distingue dúas fases no proceso de
transición: a primeira ata a aprobación da Lei
para a Reforma Política e a segunda ata a
celebración das primeiras eleccións (Linz,
1997:75).
• Ao final do traballo inclúense as referencias
completas de todas as obras citadas
A bibliografía final
• Tanto se se cita ao pé de páxina coma se
cítase seguindo o método americano é
imprescindible a elaboración dunha
bibliografía final por orde alfabética a
partir do primeiro apelido dos autores-as que
inclúa todas as obras citadas no traballo, a
práctica ou o exame. O uso de maiúsculas,
estilos (subliñados, negritas, cursivas) e a
puntuación é moi importante e debe ser
homoxéneo. Recoméndase limitar o uso de
negritas e subliñados.
• EXEMPLO 4
• Bibliografía
• Águila, Rafael del (ed.) 1997a, Manual de Ciencia Política, Madrid:
Trotta
• Águila, Rafael del 1997b, “La política: el poder y la legitimidad”,
en Rafael del Águila (ed.) Manual de Ciencia Política, Madrid:
Trotta
• Alcántara, Manuel 1993, “Cuando hablamos de Ciencia Política,
¿de qué hablamos?”, Revista Mexicana de Sociología, núm.4, págs.
147-177
• Alcántara, Manuel 2000, Sistemas políticos de América Latina,
Madrid: Tecnos
• Alker, Hayward 1998, “Political methodology, old and new”, en
Robert E. Goodin y Hans-Dieter Klingemann (eds.), The New
Handbook of Political Science, Oxford: Oxford University Press
• Almond, Gabriel A. y Stephen Genco 1977, “Clouds, clocks and
the study of politics”, World Politics, vol. 29, núm. 3, págs. 489-
523...
• Advertencia sobre o plaxio
• A profesora non tolerará casos de plaxio ou
copia, nin a colaboración activa ou pasiva neste
tipo de prácticas fraudulentas nos traballos
realizados polo alumnado. A sanción consistirá
no suspenso da materia
• Considerarase plaxio a reproducción de frases
ou párrafos de textos doutros autores-as sen
citar a súa fonte orixinal de procedencia, ben
sexa nunha páxina en internet, un libro, unha
revista ou ben traballos de outros-as
compañeiros-as

You might also like