Download as ppt, pdf, or txt
Download as ppt, pdf, or txt
You are on page 1of 8

LITERATURA GALEGA I

O rexurdimento da literatura galega. Rosalía de


Castro.
3º ESO
Segundo trimestre.
Acto
Presentación do tema e esquema.
Rosalía de Castro. Esquema xeral
1. Datos biográficos
2. Unha muller entre homes
3. A obra.
3.1. Cantares Gallegos.
3.1.1.Publicación
3.1.2.Composición.
3.1.3.Temática.
3.2.Follas Novas
3.2.1.Publicación
3.2.2.Composición
3.2.3.Temática
3.2.4. Forma
1. Rosalía de Castro. Biografía.
1.Datos biográficos
1.1 Orixe.-
Filla extramatrimonial dunha fidalga solteira e un seminarista. Criarase
cunha tía paterna en Castro de Ortoño, que a agocharía dos prexuízos sociais
da época. Alí aprenderá a fala, os costumes, as crenzas..., do mundo rural
galego dende nena.

1.2 Formación.-
Santiago.- Coa súa nai, estuda debuxo e música.
Madrid.- Con 19 anos, trasládase a Madrid.
1.3.- Madurez
Casa con Manuel Murguía e reside fóra de Galicia. A pesar da mala saúde,
nes época escribe Cantares Gallegos, Follas Novas e as novelas en castelán.
De volta en Galicia, en 1871, vive en A Coruña, Vigo e Padrón. Escribe En
las orillas del Sar. Morre a causa do cancro o 15 de xullo de 1885.
2. Rosalía de Castro. Muller escritora.
2.Unha muller entre homes.
Ate o XVIII moi poucas mulleres puideran publicar obras literarias. A pesar diso,
dende mediados do XIX imos atopar un numeroso grupo de escritoras que, se
atreven a exercer o seu dereito a expresarse en igauldade de condicións que calquera
outra persoa. Non obstante, deberán facelo nunha sociedade hostil e contraria ás
saídas da muller do ámbito domésticos ao que semellaban condenadas.
En boa medida, este avence parte das ideas da Ilustración e dos seu interese pola
alfabetización universal.
Xunto con ela, podemos falar de Pardo Bazán, Concepción Areal, Fernán Caballero...
3. Rosalía de Castro. Obra.
3.Obra
3.1. Cantares Gallegos.
3.1.1.Publicación
17 de maio de 1963, inicio do Rexurdimento pleno. Día das Letras Galegas.

3.1.2.Composición.
No prólogo, a xustificación da autora: cantar a beleza de Galicia e loitar contra a
lenda negra.
36 poemas que glosan cantares populares, que Rosalía, fusiona cos seus versos.
No 1º poema, e no último, aparece a voz textual ficticia da nena. Primeiro presnetada
pola autora e despois lamentando a súa pouca graza para cantar tanta beleza.

Os 34 restantes son os seus cantos, nos que ás veces cede a voz a outros personaxes .
3. Rosalía de Castro. Obra.
3.Obra
3.1. Cantares Gallegos.
3.1.3.Temática.
Amorosa.- Sentimento amoroso dende a óptica popular, con distintas
situacións e circunstancias.
Intimista.- Sentimentos propios.
Costumista.- Costumes, personaxes típicos e paisaxes.
Social-patriótica.- A emigración, coas consecuencias individuais e sociais
que provoca, e a situación da muller.
3. Rosalía de Castro. Obra
3.Obra
3.2. Follas Novas.
3.2.1.Publicación
1880, pero escrito 20 anos antes, durante a estancia en Simancas.

3.2.2.Composición.
Prólogo “Dúas palabras da autora”, no q cualifica aos seus versos como “pobres
enxeños da miña tristura” ou “fillos cativos das horas de enfermidade e ausencia”.
Obra estruturada en 5 libros:
P. subxectiva e intimista P. obxectiva e social
I.- Vaguedás IV.- Da terra.
II.- Do íntimo. V.- As viúdas dos vivos e as
viúdas dos mortos
III.- Varia. (p. obxectiva e subxectiva)
3. Rosalía de Castro. Obra.

3.2.3.Temática.
Á liña reivindicativa comezada en Cantares... engádense novos temas de interese e, ademais,
intensifica outros camiños que xa esbozara alí, no relativo á presentación das súas inquedanzas
persoais (dor existencial, saudade, paso do tempo, morte...). Aparece neste libro de poemas, con
claridade, o espírito atormentado da autora, na procura do sentido da vida.
3.2.3.1. Temática subxectiva.- Poemas intimistas que falan dos seus sentimentos máis íntimos, a
súa interioridade e existencia. Aparecen os grandes temas que preocupan ao ser humano. Ton amargo
e pesimista. Libros I, II e parte do III.
3.2.3.2. Temática obxectiva.- Análise das inxustizas que se padecen no noso país, como a
emigración masiva da mocidade galega cara a América.

3.2.4.Forma.
. Orixinalidade métrica: octosílabo + hendecasílabo; decasílabo + alexandrino, etc

You might also like