Download as pptx, pdf, or txt
Download as pptx, pdf, or txt
You are on page 1of 58

Tema 4.

Clima e paisaxes
da terra

1º ESO
1. Os conceptos de
TEMPO e CLIMA
O CLIMA é o conxunto de condicións
atmosféricas que se dan nun lugar
determinado ao longo dos anos. Para
establecer o clima dun lugar xeográfico
medimos as precipitacións, a humidade,
o vento e a temperatura.

O TEMPO é o estado que presenta a


atmósfera nun momento determinado
do día, no que medimos a temperatura,
humidade, vento e precipitacións.
Temperatura

2. Os Precipitacións

elementos
Vento
do clima
Presión atmosférica
2.1 Temperatura
A temperatura é a cantidade
de calor que contén o aire da
atmósfera. Exprésase en graos
centígrados e no planeta temos
varias zonas climáticas que
dependen da temperatura:
cálida, fría e temperada.
Factores que
determinan a
temperatura
1. Latitude: é a
distancia que hai dende
un punto da terra
calquera ata o Ecuador.
Mídese en graos.
Dependendo da
situación latitudinal dun
lugar xeográfico, este
terá de media maior ou
menor temperatura.
Factores que
determinan a
temperatura
2. Altitude: as
temperaturas diminúen
coa altura a razón de
0,6ºC por cada 100
metros que ascendemos.
Os lugares situados a
máis altura terán climas
máis fríos.
Factores que
determinan a
temperatura
3. A distancia ao mar: o mar
suaviza as temperaturas, xa que
quece e enfría con maior lentitude
que a terra. Por iso, o verán no
interior sen mar é máis cálido que o
verán nos lugares de costa, porque a
terra quece máis e máis rápido que o
mar.
2.2
Precipitacións
Qué son as precipitacións: denominamos
precipitacións á auga que cae á superficie terrestre
procedente da atmosfera. Pode caer en forma de
chuvia, neve ou sarabia.

A auga acumúlase na atmósfera como resultado da


evaporación da auga dos ríos, lagos, océanos e
terreos húmidos.

Así, fórmanse as nubes. Se as gotas que forman as


nubes son pequenas e teñen pouco peso, quedan
suspendidas na atmósfera. Cando aumentan de
tamaño e peso, non aguantan suspendidas e
precipitan.
Factores que
determinan as
precipitacións
◦ Latitude: as zonas máis cálidas
son as máis chuviosas do
planeta, xa que se evapora
moita máis auga que logo acaba
precipitando.
◦ Altitude: nas zonas máis
baixas, polo xeral, chove menos
que nas máis elevadas.
◦ Distancia ao mar: as
precipitacións son maiores nas
zonas de costa, posto que o mar
é fonte de humidade.
2.3 O vento
O vento é simplemente aire en
movemento. Orixínase polas
diferenzas de presión atmosférica
entre unhas zonas do planeta e
outras. Existen 4 tipos de ventos:
constantes, estacionais, diarios e
locais.
2.3 O vento
Os ventos constantes: son
ventos que sopran sempre na
mesma dirección. Por exemplo:
os alisios, dende os trópicos
cara o Ecuador.
2.3 O vento
Ventos estacionais: son ventos
que cambian a súa dirección
segundo as estacións. Por
exemplo: os MONZÓNS do
suleste asiático.
◦ No verán, o monzón sopra
dende o océano cara o
continente, traendo
abundantes chuvias.
◦ No inverno, sopra dende o
continente cara o océano,
traendo tempo estable e seco.
2.3 O vento
Ventos diarios: experimentan
cambios diariamente. Por
exemplo, as brisas mariñas:
durante o día, o aire sopra do
mar cara a terra e, de noite, ao
revés.
2.3 O vento
Ventos locais: orixínanse por
determinadas circunstancias
locais ou específicas de
determinados territorios ou
localidades. Por exemplo, o
cierzo, en Aragón, que se
forma debido á diferenza de
presión entre o Mediterráneo e
o Cantábrico.
2.4 A presión
atmosférica
Qué é a presión atmosférica:
é o peso que exerce o aire nun
lugar da superficie terrestre.
Canto maior é o peso do aire,
maior é a presión. Nos mapas
represéntase mediante
isobaras, que son liñas que
unen puntos de igual presión.
Mídese en milibares.
2.4 A presión
atmosférica
FACTORES QUE DETERMINAN A PRESIÓN
SON:
◦ A altitude: nas zonas baixas a presión é
maior que nas zonas altas, xa que soportan
máis masa de aire.
◦ A temperatura do aire: o aire quente pesa
menos que o aire frío e, polo tanto, exerce
menos presión. Por iso, a zona de menor
presión atmosférica é o Ecuador.
◦ A dinámica da circulación xeral
atmosférica: o movemento xeral dos ventos
ao longo do planeta.
2.4 A presión
atmosférica
A presión normal do aire é de 1013
milibares. Por iso:
◦ Nas zonas que teñen unha
presión inferior a 1013 milibares
fórmanse BORRASCAS ou
ciclóns, que adoitan xerar tempo
inestable e chuvias.
◦ Nas zonas que teñen unha
presión superior a 1013
milibares fórmanse
ANTICICLÓNS, que adoitan
xerar un tempo estable e seco.
ALTA PRESIÓN = BAIXA PRESIÓN =
ANTICICLÓN BORRASCA
2.4 A presión
atmosférica
◦ Nos mapas de isobaras, as
BORRASCAS indícanse
cunha “B” e as isotermas
están moi xuntas. Sen
embargo, os ANTICICLÓNS
indícanse cunha “A” e as
isotermas están moi
separadas.
◦ Cando as isotermas están moi
xuntas, quere dicir que hai
moito vento. Cando están
separadas, quere dicir que hai
calma (non hai case vento).
3. Os climas
na terra e as
súas paisaxes
Con tódolos factores estudados ata
agora, podemos distinguir na terra
tres zonas climáticas (temperada,
fría e quente) e, en cada unha delas,
temos varios tipos de clima, a saber:
◦ Zona fría: clima polar e de alta
montaña.
◦ Zona quente: ecuatorial, tropical
e desértico.
◦ Zona temperada: mediterráneo,
oceánico e continental.
3.1 Os climas
cálidos
O clima
ecuatorial
◦ Temperaturas elevadas todo o
ano, en torno aos 27º.
◦ Precipitacións abundantes todo
o ano.
O clima
ecuatorial
Ríos e paisaxe:
◦ Ríos: moi caudalosos e regulares. Amazonas, en
América, e Congo en África.
◦ Paisaxe: a calor e a humidade favorecen un tipo de
paisaxe moi característica: a SELVA.
◦ SELVA:
◦ Bosque denso e exuberante, sempre verde,
caracterizado pola gran diversidade de
especies tanto vexetais como animais.
◦ Debido á calor e á humidade, as condicións de
vida para os humanos son moi duras. Por iso,
están prácticamente deshabitadas. Só viven
nelas antigas tribus milenarias.
O clima
ecuatorial
As tribus ailladas.
◦ Na actualidade, sobreviven en zonas de
América, África e Asia algunhas tribus
ailladas.
◦ As tribus ailladas son pobos que non teñen
contacto coa civilización occidental.
◦ Viven do medio no que viven: pescan,
cultivan, recolectan…
◦ Teñen as súas propias costumes, lingua e
relixión.
◦ Non podemos aplicarlles o termo “pobres”
porque dispoñen de todo o que precisan para
vivir.
◦ Non desexan ser contactados nin adquirir
os modos de vida occidentais.
O clima
tropical
Conforme nos alonxamos do Ecuador,
dentro da zona cálida aínda, temos o
CLIMA TROPICAL.
As temperaturas son sempre
elevadas, ao igual que no Ecuatorial.
As precipitacións son tamén
abundantes, pero concentradas nunha
época do ano.
◦ Estación seca.
◦ Estación húmida.
O clima tropical
Ríos:
◦ Caudal abundante pero irregular, dado que existe
unha estación seca. Ex.: Nilo.

Paisaxe: a SABANA.
◦ Enorme chaira cuberta de herbas que poden
alcanzar unha gran altura.
◦ Entre as herbas crecen algúns arbustos e
árbores de folla caduca, como as acacias e os
baobabs.
◦ Nas beiras dos ríos, aparecen árbores propias da
selva, pola humidade, formando o que
chamamos un “bosque-galería”.
Bosque-galería tropical
O clima
tropical
Polas súas condicións
extremas, a poboación humana
é escasa e está concentrada nas
beiras dos ríos, adicada á
agricultura.

◦ Os podokos en Camerún.
◦ Os sereres en Senegal.
◦ Os kikuyos en Kenya.
O clima
desértico
A principal característica do clima
desértico é a falta de auga.

Sen embargo, pola temperatura


distinguimos dous tipos de
desertos:
◦ Os desertos cálidos.
◦ Os desertos fríos.
O clima
desértico
Os desertos cálidos:
◦ Sitúanse arredor dos trópicos.
◦ Durante o día, as temperturas son moi elevadas
(50º). Pola noite, descenden moito (ata os 0º).
◦ Estas características non varían durante o ano.
◦ Exemplos:
◦ Sáhara.
◦ Arábigo.
◦ Kalahari.
O clima
desértico
Os desertos fríos:
◦ Sitúanse na zona temperada.
◦ Teñen temperaturas diferentes
segundo as estacións: no verán,
temperaturas moi elevadas; no
inverno, temperaturas moi frías,
de ata -10º.
◦ Exemplos:
◦ Gobi.
O clima desértico
Os ríos:
◦ Están secos a maior parte do ano e só levan
auga nas poucas ocasións nas que chove.
◦ A estes ríos intermitentes chamámoslles
uadis.
O clima desértico
Paisaxe desértica:
◦ Desertos de area: predominan as dunas, que poden
alcanzar os 300 m de altura.
◦ Desertos pedregosos: destacan amplas superficies de
pedras e rochas.
O clima
desértico
A vexetación e a fauna, debido á
falta de auga, son moi escasas. As
prantas e animais que existen nos
desertos están adaptadas ás
condicións de aridez: cactus e
dromedarios.
Nas zonas máis “húmidas”
fórmanse oasis, onde atopamos
palmeiras datileiras.
O clima
desértico
Polas condicións extremas, as
poboacións humanas son moi
escasas. Nos desertos vive menos
do 2% da poboación mundial.

◦ Bosquimáns en Kalahari.
◦ Tuareg no Sáhara.
◦ Beduinos en Arabia.
◦ Mongois no Gobi.
3.2 Os climas
temperados
O clima
Mediterráneo
Sitúase en torno ao Mediterráneo,
aínda que noutras zonas do mundo
danse climas coas mesmas
características.
As temperaturas son elevadas no
verán e suaves no inverno.
As precipitacións non son moi
abundantes e concéntranse na
primavera, outono e inverno. Os
veráns son secos.
O clima
Mediterráneo
Os ríos teñen un caudal irregular:
moi secos no verán e caudalosos na
época de chuvias.

A vexetación: O BOSQUE
MEDITERRÁNEO.
◦ Árbores como as aciñeiras
(encinas), sobreiras
(alcornoque) ou piñeiros.
O clima
Mediterráneo
A paisaxe mediterránea está moi
poboada polo ser humano e, polo
tanto, moi transformada.
◦ Agricultura:
◦ No interior: tala de bosques
para crear campos de cultivo
de trigo, vide e oliveira.
◦ No litoral: hortas de legumes,
froitas, verduras e hortalizas.
◦ Turismo.
O clima
Continental
Esténdese polo interior de Europa,
Asia e América do Norte. Só existe
no hemisferio norte.
As temperaturas son moi
extremas e contrastadas: moito frío
no inverno e moita calor no verán.
As precipitacións prodúcense,
polo xeral, no verán, pero depende
da zona xeográfica.
O clima
Continental
Os ríos son irregulares: permanecen
conxelados durante os meses máis
fríos do inverno e na primavera, ao
desconxelarse, prodúcense grandes
enchentes. Ex.: río Lena en Rusia.
A vexetación está caracterizada por:
◦ Bosque boreal ou TAIGA: dase en zonas con invernos

O clima Continental longos e moi duros e veráns curtos e frescos. Alberga


árbores de folla perenne, como os abetos e os piñeiros.
O clima Continental
A vexetación está caracterizada por:
◦ A pradaría dase en zonas húmidas e menos frías. Está
formada por herbas altas e é carácterística das chairas do
interior.
◦ Nas zonas máis cálidas e secas aparece a estepa, composta
por herbas de pequeno talle.
O clima
Continental
A poboación distribúese de
maneira desigual:
◦ A taiga está pouco habitada.
Tradicionalmente viviron alí
pequenos grupos de
cazadores e pastores de renos.
◦ A pradaría está máis
habitada que a taiga, dado
que a súa temperatura é máis
elevada. Nela atopamos
cidades e extensos campos
agrícolas.
O clima
Oceánico
Esténdese polas zonas
costeiras occidentais das
zonas temperadas.
As temperaturas son suaves
durante todo o ano, debido á
influencia do océano.
As precipitacións son
abundantes e regulares, pois
poden producirse en tódalas
estacións.
O clima
Oceánico
Os ríos son regulares e caudalosos debido ás
elevadas precipitacións.

A vexetación é tamén abundante e verde.


◦ Extensos prados.
◦ Bosques de árbores de folla caduca, como
as faias (hayas), os carballos e os freixos
(fresnos)
◦ En zonas con terreos pouco fértiles aparece a
landa, unha formación vexetal de arbustos,
herbas e matogueiras.
Landa
O clima
Oceánico
A poboación é moi abundante,
polo que a paisaxe está moi
transformada.
3.3 Os climas fríos
O clima Polar
Comprende a zona ártica e a
antártica. É o clima máis frío do
mundo.
As temperaturas son moi baixas.
O inverno é longo e duro (-20 / -
50º), o verán prácticamente non
existe e só se alcanzan os 10º. A
noite nos polos dura cerca de 6
meses.
As precipitacións son moi escasas
e en forma de neve.
O clima Polar
Polas condicións climáticas
extremas, a vexetación é
escasa e ás veces inexistente.
O xeo e a neve son as
características principais da
PAISAXE POLAR.
Algunhas das poucas especies
de animais aclimatadas a estas
condicións son as focas, os
pingüíns e os osos polares.
O clima Polar
Nas franxas máis próximas á zona temperada aparece un
curto verán que permite que o xeo desapareza e se
desenvolva a vexetación. Así aparece a TUNDRA:
◦ Formada por juncos, liques e algúns outros arbustos
de pouco talle.
◦ Habitan alí renos, raposos, lobos, etc.
O clima Polar
Polo extremo do clima, as poboacións humanas son moi
reducidas:
◦ Na zona Ártica habitan pequenos grupos tribais de saamis e
inuít.
◦ Na Antártida, en cambio, non existen poboacións humanas.
Só algunhas decenas de científicos que viven alí unha
época do ano.

You might also like