TEMA 4 Climas

You might also like

Download as pptx, pdf, or txt
Download as pptx, pdf, or txt
You are on page 1of 15

TEMA 4: O CLIMA

• Sabes cal é o lugar máis caloroso do planeta? E o máis frío?

• Pensas que na zona que vives gozas dun bo clima?

• Que área bioclimática cres que é mellor para vivir?

• Sabes con que aparello podemos medir a humidade? E a presión atmosférica?

Cando vai frío no hemisferio norte, no hemisferio sur vai calor; e ao revés: cando vai frío no hemisferio sur, no hemisferio
norte vai calor. Nos polos vai sempre frío; no ecuador, sempre calor.
Sen dúbida, o clima é un fenómeno que implica cambio, non só porque varía moito duns lugares a outros senón porque
tamén ten a capacidade de mudar o noso estado de ánimo, ou condicionar a nosa forma e estilo de vida.
Por exemplo, como te sentes animicamente cando quenta o Sol? E cando chove?
Como nos afecta o clima?
O poboamento do planeta é desigual, isto é debido en gran medida a que algunhas características do clima favorecen a vida humana e outros limítana. O

frío, a aridez e o calor húmido son condicións adversas para o desenvolvemento da vida.

• Frío extremo: limita a vexetación e a práctica da agricultura, porque o chan está case todo o ano conxelado. Por iso as montañas máis altas e as rexións

polares están practicamente deshabitadas.

• Aridez: a falta de precipitacións dificulta o crecemento das plantas. Os desertos están case deshabitados polo difícil acceso a auga, elemento esencial para

a vida.

• Zonas moi cálidas e húmidas: aquí as densas selvas, con altas temperaturas e humidade facilitan a propagación de enfermidades e que os alimentos se

descompoñan con rapidez.

• Temperaturas suaves: polo contrario, as temperaturas suaves e precipitacións moderadas favorecen o asentamento de persoas.

• As precipitacións moderadas axudan ao crecemento da vexetación, e polo tanto, da agricultura. Ademais, as chuvias inflúen nos réximes dos ríos,

fundamentais para a supervivencia.

Por todo isto, as rexións de climas temperados, as áreas costeiras e as cuncas dos grandes ríos son as zonas máis poboadas.

Aínda así, cada vez o clima é menos condicionante para os asentamentos humanos, pois os avances técnicos permiten habitar lugares que antes sería máis

difícil (novos materiais, calefacción, regadíos, presas, desvíos do cauce dun río, etc.)
1. DIFERENCIA ENTRE TEMPO E CLIMA

Non debemos confundir tempo e clima.


•O tempo é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento concretos. Cando
miramos o ceo para saber a roupa que imos poñer, estamos observando o tempo
que vai. Polo tanto, podemos dicir que hoxe o tempo en Galicia é chuvioso ou que fai
sol ou que en Berlín onte foi un tempo frío e seco.

•O clima é o estado da atmosfera nun lugar durante un período de tempo amplo.


Para isto cómpre medir o tempo durante un mínimo de 30 anos. O clima son as
características xerais que ten a atmosfera nun lugar. Polo tanto, podemos dicir que o
clima en Galicia é oceánico (temperado e chuvioso).
2. ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA:
A) A TEMPERATURA:
A temperatura é a cantidade de calor que contén o aire da atmosfera debido á radiación solar. Mídese en graos
centígrados (ºC) mediante o termómetro, e represéntase nos mapas coas isotermas, liñas que unen puntos con
igual temperatura.
FACTORES QUE MODIFICAN A TEMPERATURA:
As temperaturas non son as mesmas en todos os lugares do planeta, varía en función da latitude, da altitude e da
distancia ao mar.
 A latitude: As temperaturas son máis elevadas no Ecuador e descenden progresivamente cara os polos.
- Na zona próxima ao ecuador, os raios solares inciden inclinados e a enerxía solar repártese por un territorio máis extenso,
polo que perden intensidade.
- Entre os trópicos e os polos, os raios solares inciden inclinados polo que perden intensidade.
 A altitude: As temperaturas diminúen coa altura. A temperatura descende unha media de 0,6ºC por cada 100m
que ascendemos.

 A distancia ao mar: O mar suaviza as temperaturas. A terra quece e arrefría con maior rapidez ca a auga. Por esta
razón, no verán o interior dos continentes quece moito e de forma máis rápida ca os océanos, que refrescan a
costa. No inverno, a terra arrefría rapidamente, mentres que a auga mantén máis tempo a calor acumulada e
suaviza as temperaturas costeiras.
AS ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA:
Segundo a incidencia dos raios solares, e polo tanto da temperatura, a Terra divídese en 5 zonas climáticas: unha zona cálida, dúas
temperadas e dúas frías.

Zona cálida: Sitúase entre o Trópico de Cáncer e o Trópico de Capricornio. As temperaturas son sempre elevadas, oscilan pouco
entre o día e a noite, e apenas cambian entre unha estación e outra, a temperatura media anual é superior a 20ºC.

Zonas temperadas: Entre os trópicos e os círculos polares. Os raios solares chegan máis inclinados, polo que as temperaturas
son menos elevadas ca na zona cálida e varían ó longo do ano. Hai estacións.

Zonas frías: Dentro dos círculos polares, onde a incidencia dos raios solares é oblicua durante todo o ano. As temperaturas son
sempre frías.
Para estudar as temperaturas dun lugar compre coñecer estes
conceptos:
• Temperaturas máxima e mínima absoluta: Temperatura máis alta ou máis baixa
que se deu nun período de tempo.

• Amplitude térmica: Diferenza entre a temperatura máxima e mínima nun


período de tempo determinado.

• Temperatura media mensual: Obtense sumando as temperaturas medias de


todos os días dun mes e dividindo o resultado entre o número de días do mes.

• Temperatura media anual: Obtense sumando as temperaturas medias de cada


mes e dividindo o resultado entre os 12 meses do ano.
B) A HUMIDADE E AS PRECIPITACIÓNS:
A humidade é a cantidade de vapor de auga que contén o aire e podemos medila cun higrómetro.
Este vapor de auga, ao elevarse arrefría; isto provoca que se condense en diminutas pingas que se unen entre si,
formando as nubes. Estas pingas seguen a aumentar segundo van ascendendo en altura e, como pesan moito, caen e
forman as precipitacións, tanto en forma líquida (choiva) coma sólida (neve ou sarabia). Como recordarás, todo isto
forma parte do ciclo da auga.
A cantidade de choiva caída mídese cun pluviómetro e exprésase en milímetros (mm) ou litros por metro cadrado (l/m 2).
Para representar as precipitacións nun mapa debúxanse liñas imaxinarias chamadas isohietas, que unen puntos ou
lugares da superficie terrestre que presentan unha mesma cantidade de precipitacións
Os factores que modifican as precipitacións son:
A latitude. As áreas próximas ao ecuador rexistran máis choiva porque son áreas máis cálidas e, daquela, prodúcese
unha maior evaporación de auga. Por outra banda, nos polos apenas chove porque o frío impide a evaporación de auga.
A altitude. As zonas elevadas presentan un maior número de precipitacións que as zonas máis baixas.
A influencia do mar. As precipitacións son máis elevadas nas costas que no interior porque o mar é unha fonte de
humidade.
(Tamén as correntes mariñas ou os ventos dominantes poden alterar as precipitacións)
C) A PRESIÓN ATMOSFÉRICA E O VENTO:

A presión atmosférica é o peso que exerce o aire nun lugar da superficie terrestre. Canto maior é o peso, maior é a presión. A presión mídese

cun barómetro e exprésase en milibares (mb) ou en hectopascais (hPa). Nos mapas represéntase mediante liñas chamadas isóbaras, que

unen puntos con igual presión.

Factores que inflúen na presión:

•A altitude: Nas zonas baixas a presión é maior ca nas zonas máis altas, porque sobre elas hai máis aire.

•A temperatura do aire: O aire cálido pesa menos ca o aire frío, e polo tanto, exerce menos presión.

A presión normal do aire a nivel do mar é de 1015mb.

-As zonas que teñen unha presión inferior a 1015 mb chámase baixas presións ou Borrascas, e adoitan orixinar un tempo inestable e de

chuvias. Nelas o vento circula no sentido contrario ás agullas do reloxo no noso hemisferio.

-As zonas que teñen unha presión superior a 1015 mb denomínanse altas presións ou Anticiclóns, e adoitan orixinar un tempo estable e

seco. Neles o vento circula no sentido das agullas do reloxo no noso hemisferio.
O Vento é unha masa de aire en movemento. A velocidade do vento
mídese co anemómetro e exprésase en quilómetros por hora (km/h).
Para coñecer a súa dirección utilízase o catavento.
O vento orixínase polas diferencias de presión atmosférica entre unha
zonas da terra e outras. O aire sopra dende as zonas de alta presión cara
ás zonas de baixa presión.
Existen diferentes tipos de ventos:
- Ventos constantes: sempre sopran na mesma dirección (ex: alisios).
- Ventos estacionais: cambian de dirección segundo a estación (ex: monzóns)
- Cambios diarios: como as brisas mariñas.
- Ventos locais: o Cerzo no Val do Ebro, o levante, o nordés, etc.
INTERPRETAR MAPAS DO TEMPO EN SUPERFICIE:

Para interpretalos fíxate en :

 O valor das isóbaras


 Onde se sitúan os centros de altas presións (A) e de
baixas presións (B) e cal é o seu valor.
 A dirección do vento, tendo en conta que o aire
sopra das altas ás baixas presións e, no noso
hemisferio, no sentido das agullas do reloxo nos
anticiclóns e no sentido oposto nas borrascas.
(Se o vento sopra do norte, será frío. Se vén do sur
será cálido. Se procede do mar húmido e se sopra
dende o continente seco).
 A proximidade entre as isóbaras. Canto máis xuntas
estean, máis fortes serán os ventos.
3. OS CLIMAS DA TERRA
Dentro de cada zona climática do planeta, danse climas moi diferentes:
•A ZONA CÁLIDA:

- Ecuatorial: Temperaturas elevadas todo o ano (+20ºC) Precipitacións regulares e abundantes.

- Tropical: Temperaturas elevadas todo o ano. Precipitacións concentradas na estación húmida.

- Desértico: As temperaturas son moi altas e as precipitacións moi escasas.


•AS ZONAS TEMPERADAS:

- Oceánico: Temperaturas suaves durante todo o anos. Precipitacións abundantes e regulares.

- Mediterráneo: Presenta invernos suaves e veráns cálidos. Precipitacións escasas, concentradas na primavera e no outono, con sequía no verán.

- Continental: Temperaturas extremas, gran oscilación térmica. Invernos moi fríos e veráns moi cálidos. As precipitacións concéntranse

principalmente no verán.
•AS ZONAS FRÍAS:

- Polar: As temperaturas son moi frías (inferiores a 0ºC) e as precipitacións case inexistentes.

- Alta montaña: As temperaturas descenden por efecto da altitude. Invernos con temperaturas moi baixas e veráns curtos e frescos (non

superan os 10ºC) As precipitacións aumentan coa altitude, soen caer en forma de neve.
3. CLIMOGRAMAS:
Un climograma é un grafico no que se representan as temperaturas e as precipitacións que se
produciron nun lugar ao longo dun ano. Axúdanos a coñecer o clima dese lugar.

Consellos para analizar un climograma:


1º. Analiza a temperatura media, para saber se estamos a falar dun clima da zona cálida, temperada ou fría.
2º. Analiza as precipitacións anuais para saber se é un clima húmido ou seco.
3º. Analiza cando se producen as precipitacións (todo o ano, nuns meses concretos, no outono, ...)

You might also like