Artai, o Neno Xigante

You might also like

Download as pptx, pdf, or txt
Download as pptx, pdf, or txt
You are on page 1of 22

CPI AS

MIRANDAS
Un día un neno moi grande chegou a unha vila que lle pareceu un pouco
especial.
Toda a xente era moi pequena, moito mais pequena que
el. Ao seu lado parecia un xigante.
O neno, que se chamaba Artai, tiña moita fame e
pediulles de comer.
Como Artai non atopou aos seus pais naquel pobo, deu as grazas pola comida
e cando ía marchar para seguir buscando aos seus pais...

MOITAS
GRAZAS!!!
Dixéronlle que o que comera custaba moito diñeiro e que
tería que pagar por iso. Pero o diñeiro que tiña Artai non valía
para pagar naquel lugar. Así que dixéronlle que tería que
traballar para pagarlles a súa comida.
Artai contestou que el non
sabía traballar porque era un
neno. Contestáronlle que era
demasiado grande para ser
neno e que podía traballar
mellor que ninguén porque
era un xigante.
Así que Artai, que era moi obediente, púxose a traballar
limpando as rúas da vila.
Como traballou moito entroulle moita fame e tivo que
comer outra vez.
Como traballou moito entroulle moita fame e tivo que comer outra vez. E de novo tivo que
poñerse a traballar.
O pobre Artai, de tanto traballar,
xa non podía máis
E como estaba tan canso tivo que quedar a durmir alí.
E ao día seguinte tivo que traballar
outra vez para poder pagar a
comida e o aloxamento. Cada día
traballaba máis, cada día tiña máis
fame e cada día tiña que pagar
máis pola comida e a cama. E cada
día estaba máis canso porque era
un neno.
A xente do pobo estaba encantada. Como Artai, o neno xigante, facía
todo o traballo, eles cada día tiñan menos que facer.
En cambio, os nenos estaban moi preocupados: Artai estaba cada
día máis delgado e máis triste.
Todos lle levaban as súas merendas e sóbras de comida das
súas casas; pero aínda así Artai seguía pasando fame.
E aínda que lle contaron historias marabillosas non se lle
pasaba a tristeza.
Así é que decidiron que, para que o seu amigo puidese
descansar, eles farían o traballo. Pero como eran nenos,
aquel traballo tan duro esgotáballes e ademais, como
estaban sempre traballando non podían xogar, nin ir ao
cine, nin estudar.
Os pais vían que os seus fillos estaban cansos e débiles. Un día os pais
descubriron o que ocorría e decidiron que había que castigar a Artai por
deixar que os nenos fixesen o traballo que tiña que facer el.
Pero cando viron chegar aos pais de Artai, que percorrían
o mundo en busca do seu fillo, comprenderon que
estaban equivocados. O xigante era de verdade un neno!
Artai foise cos seus pais, e os maiores daquel lugar tiveron que volver
ás súas tarefas como antes. Xa nunca obrigarían a traballar a un neno,
aínda que fose un neno xigante.

You might also like