Download as pptx, pdf, or txt
Download as pptx, pdf, or txt
You are on page 1of 17

Tema 8. Mesopotamia e Exipto.

As civilizacións fluviais
Os beneficios do río Nilo

Os exipcios obtiñan do Nilo moitos beneficios:


1. Auga para beber e asearse.
2. Alimentos (pesca no río e caza polos animais que se achegaban a beber).
3. Auga para regar os cultivos con terras máis fértiles. Nas súas beiras cultivaban cereais como a avea
e o trigo, legumes, vide, oliveira, froitas (dátiles e higos) papiro (soporte para escribir) e liño para
confeccionar tecidos con teares.
4. Principal vía de comunicación, xa que o transporte fluvial (por río) é o máis rápido que por terra.
Primeiro usaban barcos de remos e logo inventaron os barcos a vela. Con eles subían e baixaban o río
transportando mercadorías. Para comerciar con outros pobos practicaban o trueque, é dicir,
intercambiaban uns produtos por outros. Así obtiñan doutras civilizacións madeira, metais e escravos e
dábanlles produtos artesanais de cerámica e de vidro. É posible que os exipcios descubrisen o vidro ao
quentar por azar por minerais.
5. Barro para as súas construcións, humidade necesaria para elaborar adobes e ladrillos.
A unificación das terras do Nilo

As terras de Exipto estaban formadas por dúas rexións:

- O Baixo Exipto, composto por un extenso val no delta.

- O Alto Exipto, unha zona árida onde só era posible a vida na


estreita franxa anegada polo Nilo.

Ao longo do século V a.C, as tribos que vivían dispersas por todo o


territorio concentráronse á beira do Nilo.

Cara o ano 3000 a. C, o rei Narmer unificou o Baixo e o Alto


Exipto e coroouse faraón de ámbolos dous reinos, creando un
estado forte e unificado.

A partir dese momento Exipto estivo gobernado por sucesivas


dinastías de faraóns, que se mantiveron no poder por un periodo
de máis de 2500 anos.
As etapas do antigo Exipto

O poder do faraón.

O faraón tiña o poder absoluto: político, militar, e


relixioso.

Era considerado un deus e a súa misión era gobernar no


seu nome. Tamén era o dono de todas as terras e
controlaba as obras.

Unha serie de funcionarios e sacerdotes encargábanse de


facer cumprir as leis ditadas polo faraón.
A sociedade exipcia
A forma de vida das persoas era moi diferente segundo o grupo
ao que pertencían, o grupo social. Polo tanto, a sociedade
estaba moi xerarquizada, a igual que a mesopotámica.

Formaban parte da clase privilexiada:

- Os altos funcionarios e os sacerdotes, xa que posuían a


meirande parte da terra e ocupaban os cargos de poder. Os
escribas encargábanse de administrar os impostos, organizar o
exército e transcribir as ordes do faraón. Tamén formaban parte
da clase privilexiada.

Formaban parte da clase non privilexiada:

- Os campesiños, artesáns e comerciantes, que eran a maioría


da poboación. Aínda que eran libres, os campesiños estaban
ligados á terra, debían pagar impostos e estaban obrigados a
traballar para o faraón. Tamén existía o grupo dos escravos: a
maioría deles capturados das guerras ou eran persoas con
débedas.
As mulleres en Exipto

A autoridade familiar era do home, pero as mulleres exipcias tiñan algúns dereitos
semellantes aos dos homes: podían posuír bens, rexentar un negocio, exercer o
comercio, escoller marido e divorciarse. Tamén herdaban en iguais condicións
que os homes e podían nomear herdeiros propios.

A xustiza trataba e castigaba coas mesmas penas a homes e mulleres.

As raíñas faraón

As mulleres tamén podían exercer o cargo de faraón. Cinco mulleres fórono, e


entre elas destacan Hatshepsut e Nefertiti, a quen o seu esposo, Amenofis IV,
converteu en faraona en igualdade con el.
A escritura exipcia: os xeroglíficos
Os exipcios escribían en papiro que logo enrolaban. Crearon a escritura xeroglífica, na que os diferentes obxectos
ou pictogramas representaban ideas e tamén sons.

Empregábase para textos oficiais e relixiosos, e esculpíase sobre pedra, pintábase nas paredes ou escribían en
papiros.

A súa lectura era moi complicada: constaba de máis de 5000 signos e podíase ler de dereita a esquerda, de
arriba a abaixo ou ao revés.
Cultura e relixión exipcias

A relixión era politeísta, é dicir, adoraban a varios deuses. Como a gandería era
moi importante, os seus deuses tiñan trazos de animais.

- Ra: deus do Sol e da vida, foi o máis


importante no Imperio Antigo.
- Maat: deusa da harmonía e a xustiza, filla
de Ra.
- Amón: deus do vento e dos segredos. Co
tempo converteuse en pai de todos os
deuses e dos homes.
- Anubis: deus da momificación e guía dos
mortos no xuízo de Osiris.
- Osiris: deus do máis aló, dos mortos e a
resurrección. Cando o seu irmán Seth
asasinouno, a súa irmá-esposa Isis
devolveulle a vida.
- Isis. Esposa-irmá de Osiris. Deusa da
fertilidade, do amor e da maxia.
- Horus: fillo de Osiris e Isis, era deus do
ceo.
https://www.youtube.com/watch?v=-
GWHeI2uQxE
Os deuses na sociedade exipcia
• O benestar da comunidade dependía dos Os sacerdotes eran os responsables do culto
deuses, que dominaban as forzas da aos deuses, e só eles e o faraón podían ver e
natureza como o aire, a auga ou o lume. comunicarse cos deuses. Ademais, os sacerdotes
Eles propiciaban a enchente do Nilo, practicaban a ciencia, administraban as terras
controlaban as súas augas e permitían as do templo e supervisaban aos campesiños.
colleitas.

Para honrar aos deuses, os fieis celebraban


• A poboación era moi supersticiosa e procesións e cerimonias nos tenpos, pero só
acostumaba a protexerse dos malos podían acceder a algunhas partes do templo, xa
espíritos con amuletos. que a imaxe do deus sempre se mantiña oculta
para eles.
• O templo era a morada (onde vivían) os
deuses na Terra. Pero tamén era un
centro de coñecemento, en que se
realizaban observacións astronómicas,
cálculos matemáticos e estudábanse as
técnicas construtivas e hidráulicas. Os
exipcios estableceron un calendario de 365
días, dividido en 24 horas.
As crenzas funerarias

Para os exipcios, os seres humanos estaban


formados por un corpo e unha alma (ka). Crían que
cando o corpo morría, o ka accedía á vida de
ultratumba no reino de Osiris.

Para ser aceptado no reino dos mortos, o corpo


debía permanecer incorrupto. Para iso, o defunto
debía ser momificado, seguir un ritual, ser enterrado
nunha tumba que garantise a seguridade da momia
para toda a eternidade e, guiado polo deus Anubis,
superar o xuízo ante o Triunal de Osiris.

As clases máis humildes non podían permitirse este


ritual, nin construír unha gran tumba. Por iso, a maioría
dos exipcios eran enterrados na area do deserto.
As crenzas funerarias
A crenzas funerarias
Arte: Arquitectura en Exipto
• As distintas manifestacións artísticas da arte exipcia (arquitectura, escultura e
pintura) tiñan unha función de enxalzar aos deuses. A arquitectura caracterízase
polo uso da pedra e o colosalismo, é dicir, o gran tamaño das construccións. As
principais obras foron as tumbas e os templos.

• Os templos más famosos son os de karnak, Luxor e Abu Simbel. A maioría tiñan os
seguintes elementos:

- Unha avenida de esfinxes (animales fantásticos con corpo de león e cabeza humana).

- A entrada a forma un pilono, unha enorme estrutura con paredes inclinadas. A


cada lado, se situaban obeliscos (columnas rematadas nunha pequena pirámide) e
estatuas colosais.

- Dentro había un patio e salas con columnas (hipóstilos), no fondo do templo


achábase o santuario, cámara coa estatua do deus. E preto había un gran estanque
que simbolizaba a orixe da vida.
Un templo exipcio
Arte exipcia: Escultura en Exipto

A escultura e a pintura usábase para decorar o


interior dos templos e das sepulturas. Como buscaban
reflexar a solemnidade, o seu estilo é antinatural, é
dicir, que non se parece ao que vemos na natureza.
As posicións son frontais e ríxidas e os rostros son
serios e inexpresivos.

As pinturas usáronse para decorar palacios, templos


e tumbas. O estilo pictórico chámase canon de perfil
(tronco e ollos de fronte, resto de perfil). Facían as
figuras de distinto tamaño segundo a súa importancia
e utilizaron cores planas (sen sombras nen luces)
Arte exipcia

You might also like